viernes, 30 de noviembre de 2007

CARA Ó 13 DE XUÑO [28.06.1999]

Laberinto ou funilario pontevedrés. Nunca se sabe cómo vai termina-lo camiño, o intento de entrar na cidade. Dibuxo de Xesús López Fernández.

Foi Tafisa a que comezou a tinguir de mourado o fondo da ría, nos anos 50. Despois viñeron cousas máis graves. En relación coa aparición de endrín no ano 2004, que matou a ameixa toda, non se quixo investigar, ou eso se supón. Dibuxo informático de Xesús López.

Pontevedra, 30.11.2007

Artículo do 1999 previo ás municipales daquel ano. Poderíase reiterar, porque nada cambiou sustancialmente. A Xusticia sigue cortiña, os políticos sen conciencia ambiental. Anque desta volta e cara ós comicios xerales de marzo 2008, anden de novo a venderen fume e a faceren novas promesas de Ence mentres esquecen o seu grado de delito, as tres Administraciós, en relación coa depuradora d´Os Praceres. Sí, temos tres Administraciós presuntas delincuentes.



CARA Ó 13 DE XUÑO [28.06.1999],
por Xesús López Fernández

Agora sí que estamos na recta final, coa campaña oficialmente comezada. ¿Qué facer co voto?. ¿Pode alguén realmente merecelo?. ¿Existe algún programa ilusionante ou non procede facer co voto outra cousa que o que propoñía un humorista de La Razón –Caín, 27.05.99—, “enterralo ou incineralo”?. Pode non existir outra alternativa que a proposta polo humorista. I é triste, porque no noso caso habería moito que facer, que ofrecer, que rectificar, que investigar e xudicializar chegado o caso, agora que parece que tamén a Xusticia se vai mover e que un novo xuez vai reforza-la investigación sumarial levada a cabo en relación co presunto delito ecolóxico continuado de ENCE. Parece que o Ministerio Fiscal non sempre estivo apoiado.

Oín xa, nun dos primeiros debates, o discurso de tres candidatos sobre o tema das vasuras. Sobra todo o que supoña insistir na idea da incineración, posposta xa en Francia, onde como consecuencia das dioxinas liberadas no proceso de combustión téñense contaminado grandes praderías. A presencia das dioxinas en carne e leite vendidas en grandes superficies francesas ten sido denunciada por grupos ecoloxistas. Cun pouco de “sorte” tamén se poden mercar aquí. ¿Estáse investigando?. ¿Saben ésto os partidos na campaña?. ¿Sábeo a Xusticia?. Non á incineración e non parece afortunada a renovación do contrato de recollida de vasuras, que poderían ser un negocio municipal, como en Nova York, como en tantas cidades americáas. E sóo no estado de New Jersey existen, polo menos, sete fábricas de papel reciclado.

Outro tema quente é o do Mercado Municipal, que xa debería estar reinaugurado. A demora producida está condicionando compras de temporada, afogando o comercio dunha zona, a vella, tal vez definitivamente arruinada. Privada de espacios de aparcamento reventa polas noites como consecuencia da movida. E agora propoñen os grupos políticos soluciós que non foron capaces de vertebrar, de consensuar no tempo que se lles acaba, por simple falta de sentido común ou por acochar, presuntamente, a defensa de certos intereses máis alá do dereito a descansar dos residentes; por non querer facer un urbanismo con calidade de vida nen tan siquer nas novas áreas urbáas. Pontevedra como funil. O funilario. Parece o nome dun xogo. ¡Quén sabe!.

O tema de Elnosa está claro. Non pode estar aí por lei. E xa un pleno municipal pronunciouse, hai anos, polo seu cerre. Este asunto tiña que estar resolto, como o de ENCE ou o de Tafisa. Se verdadeiramente quixeramos recupera-la ría e mai-lo río tería que estar prantexado xa o cambio urbanístico, a reconversión de Lourizán na gran praia de Pontevedra, nun espacio como o da Concha de San Sebastián. Ou o espacio de Tafisa, coa que comezou a morre-la ría nos anos cincuenta, que parece nunca foi multada. Sí, temos que recupera-la ría e mai-lo río. E a nosa atmósfera. Confiemos na Xusticia que, polo menos en Cataluña, acaba de sentenciar a un empresario textil, por contaminación de acuíferos, a máis de catro anos de cárcere. Coido que algo se está a mover e que non queda outro remedio, como vía de esperanza, que xudicializar estas cuestiós: Ence, Tafisa, O Rapadiño. Pode que tamén algunha institución teña que se sentar no banquiño. Votar polos partidos, xa vai dito, pode equivaler a enterrar ou a incinera-lo voto.

O CASO DAS NORMAS [13.07.98]

Cunqueiro falou de mil primaveras máis prá lingua galega. Sei que non vai ser así, alanceada como está. Dibuxo informático de Xesús López.

Pontevera, 30.11.2007

Traballo do 1998 sobre as normas, sobre a necesidade de sermos realistas e de respeta-lo idioma popular, no que o autor ve unha maior evolución, pola oralidade, que no afrancesado portugués. Coido que o artículo ten unha vixencia total.

O CASO DAS NORMAS [13.07.98]

por Xesús López Fernández

Levo moito tempo de frustración ó comprobar que, á hora de normaliza-la língua, non se ten traballado, no meu modesto entender, no sentido de depura-la lingoaxe popular, a fala, a que aquí resisteu séculos de abandono literario ou de intento de erradicación. O que veu primando, dende o establecemento das normas, foi a imprantación de lusismos e de medievalismos que entendo non se corresponden coa psicoloxía da língua galega desta fín de século. E a eliminación da fala popular, non acadada ó longo da historia, estáse a conseguir, temo, pola vía da supresión no diccionario de usos e de miles de verbas que siguen vivas no léxico popular.

 Esto, a xente do rural nótao, e a língua esmorece máis e máis. Os intentos de promoción oficial do idioma, na medida na que se están a tomaren patrós que non funcionan, tirados do portugués (fortemente afrancesado na súa fonética ou que conserva medievalismos que o galego deixou atrás na súa evolución oral) pode servir prós galegos que están a aprenderen conforme á “nova fala”, pero somos moitos os que vemos nas normas de carácter oficial (pode parecer un pouco forte o que estou a decir) unha renuncia a formas que deberan prevalecer sobre o que se está a inventar. E o galego popular está a esmorecer decote un pouco máis. Un exemplo, cando se vai dispoñer unha forte inversión da Xunta pra promociona-la nosa língua, pode aclara-la cuestión:

Nos primeiros meses do ano tiven ocasión de ver un programa, na Televisión de Galicia, que presentaba Teté Delgado. Ela, no seu galego oficialista, anunciara a presencia alí, aquela tarde, dunha muller chegada da Ribeira Sacra, Celsa, que traía unha historia de lobos. E Celsa contou a súa historia cunha mestría digna do mellor dos nosos contistas. Como a auga ó nacer na fonte, como auga de regato de montaña, así de pura e auténtica sonoume a fala de Celsa. E coido que a propia Teté Delgado tivo unha especie de repente autista, como si se estivera a cuestiona-lo seu papel como mantedora do programa. ¿Non tería que ser Celsa, a muller da Ribeira Sacra, a presentadora? Pareceume unha situación límite.

Coido necesaria unha revisión en profundidade das normas, flexibilizalas, porque o que se leva feito tomando ó portugués como paradigma consigueu facer do noso idioma, en moitos casos, unha fala de opereta. Dende a miña perspectiva da colaboración prestada en noventa e dous programas radiofónicos, en Radio Pontevedra, anos 66 e 67 (a primeira emisión en língua galega da nosa terra), véxoo así. A situación non ten, de certo, mellorado. E propoño un pequeno exercicio de sinceridade, crítico. Collede, por exemplo, unhas cantas palabras, de moda antre os “neofalantes”: inimigo, dicir, asasino, condanado, hepatite, orquite, bronquite, normais, totais, sociais, animais, análise, dose, proxecto, inxección, españois, papeis, paneis, reflectir, coñecer, vacina, conseguíu, seguíu, definíu, etc....Construíde unha frase de vinte palabras ou verbas na que entren dezaséis ou dezasete do corte das propostas. Escoitádevos atentamente e.....coido que remataredes por renunciar á criatura-enxendro que, pouco a pouco, se foi construíndo, ó ver que a ficción fai “masa crítica”. Porque unha cousa é a libertade de uso das palabras; outra distinta a súa imposición como norma ríxida e irreal.

jueves, 29 de noviembre de 2007

ANO 2000 [19.11.1999]

Camiño de Santiago polas estrelas, unha cita coa Universalidade e coas nosas orixes como "nación" europea. Polo Camiño entraron moitas das nosas palabras. Interpretación da Vía Láctea. Dibuxo de Xesús López.



Pontevedra, 28.11.2007

Outro traballo do ano 1999, cando o ano estaba a rematar e a sociedade agardaba acontecementos, xa en relación coas tesis milenaristas, xa cun posible colapso informático. Pero, en fin, nada aconteceu. O traballo é un máis da miña base de datos que vou volcando no blog. 

ANO 2000 [19.11.1999] , 
por Xesús López Fernández

Sempre houbo unha certa tendencia a concebi-la fín do mundo no remate dun milenio. Tamén agora e así, de vez en cando, nos chega a nova do suicidio dalgún grupo milenarista que viaxa cara á eternidade por ese extraño medio, lonxe da concepción dos homes do primeiro milenio da nosa era que sentían a presencia de Deus –per visibiliam ad invisibiliam— na medida en que se progresaba na perfección da arte, na construcción de mosteiros e abadías, na edificación de cada nova catedral, no tránsito do canto gregorián á polifonía.....Deus estaba alí, no medio das novas obras, deixaba por momentos a eternidade pra se instalar na temporalidade humáa, facíase intuir tan próximo que os homes agardaban o retorno triunfante de Xesús, a Parusía.

Neste 1999 o home está confuso nalgús casos. Dende altas tribunas estase a falar decote do tránsito ó novo milenio, como se o 2000 fose en realidade o primeiro do século XXI. E non, porque ata o 31.12.2000 seguiremos no século XX. Así de simple. Pero, claro, poden pasar moitas cousas nesta fín de ano en virtude do chamado Efecto 2000 –Year 2000 ou Y2K problem--, podería o mundo –certas cousas do mundo— paralizarse porque na confianza do home na informática esquecéranse cousas á hora de inventar e programar, as computadoras poden nalgús casos contar pra atrás, poñerse no ano 1900, ó seren incapaces de identifica-las datas do calendario máis alá dos dous últimos díxitos, situación que debería estar correxida hai xa tempo, polo menos as empresas importantes deben ter optimizádo-los seus sistemas por medio de novos programas, servidores e chips de nova xeneración. 

Como sexa o Efecto 2000 ten en certo sentido colapsada á aldea global e máis que na eternidade o home actual está a pensar nas consecuencias dun posible parón que podería afectar ós sistemas financieiros, ó suministro da enerxía eléctrica, á seguridade nos vóos transatlánticos, etc. Acendéronse moitas alarmas pero os sabios levan moito tempo traballando, examinando as posibles consecuencias, rectificando cousas, e afirman que non debe pasar nada porque están xa tomáda-las medidas necesarias...Simuláronse situaciós e parece que os aviós van seguir voando, que o metro non vai parar, e igualmente a Bulsa de Madrid --coa que se fixeron dous ensaios— está xa vacunada....Incluso se subestima o tema do Efecto 2000, aproveitado a efectos de “marketing” por empresas que ofrecen os seus servicios.

De todas formas, hai comunidades que están tomando medidas, como en certa localidade de Iowa, onde as xentes están a faceren provisión de víveres porque como consecuencia do Y2K –din eles-- os caixeiros poden quedar bloqueados. Non sei se terá algo que ver coeses medos a publicación dun libro, un bestseller de Jason Kelly titulado “Y2K-It´s Already Too Late” –Efecto 2000, Demasiado Tarde--, que o autor define como real, basado na evidencia de datos aportados en congresos, documentos militares e declaraciós de expertos informáticos....Pero unha noticia próxima infórmanos de que en Fisterra non quedan prazas hoteleiras pró 31.12.1999. É decir, a xente aquí agarda a fín do ano coa esperanza de ve-lo mesmo que as lexiós romáas ó chegaren á nosa terra: o Sol asolagándose no oceano antre vafaradas de vapor. Alén do Efecto 2000 renovámo-la ilusión. E o século aínda non morre.

miércoles, 28 de noviembre de 2007

CARTA NACIONALISTA A DARÍA [20.1.1988]

Daría: O 1.11.2007 estiven no cimiterio. Tamén, como consta na foto, ante o nicho de Alexadro Bóveda, ó que tí conoceches. O seu nome verdadeiro, que os escritores honrados manteñen, alí consta, en contra da reconversión deturpada ó "galegués" Alexandre.
Campanil da igrexa de San Pedro de Tenorio, que Daría conocía ben. Foto do autor.


Claustro de San Pedro de Tenorio, que inda debe gardar memoria de Daría. Foto de Xesús López.

Pontevedra, 28.11.2007

Esta que agora vai é unha carta aberta a Daría González García, á que fixen alusión o 26.11.2007, con motivo de pendurar no blog un traballo "in memorian" de Fontenla e Daría. Foi publicada daquela, ano 1988, en El Correo Gallego. O dignóstico sobre Coalición Galega resultou exacto. E foi unha pena que o invento non crecera pola vía nacionalista, algo que impediron os tramposos que estaban na arrancada. Hoxe sería, ó seu pesar, o partido que en Galicia tería o monopolio do nacionalismo. Pero mentres parece que só o BNG, nacionalista non galeguista, ten unha certa forza, non emerxe un partido das características do que no seu día soñaron as xentes de Nós ou os que no seu momento colleron o relevo. A situación é dramática pró país, que está a punto de perder incluso o seu idioma.

CARTA NACIONALISTA A DARIA,
por Xesús López Fernández


Benquerida Daría: Xa sabes da miña n-horaboa pola breve conversa que mantivemos ó pouco de ser noticia que che sería outorgado o premio "Cidade de Pontevedra" na festividade do noso patrón, á par que ó outro gañador, a Asamblea Local da Cruz Roxa. Non obstante, coido foi aquela unha conversa mínima e quedan, certamente, cousas por decir que tentarei refreixar dalgún xeito neste espacio do CORREO.

As reseñas falan das túas dificultades, dos atrancos que pra tí conlevou a defensa da idea nacionalista, da túa militancia histórica --dende o 1932--, do ministerio pedagóxico exercido ó longo de corenta anos. De cómo accedes á política municipal nas primeiras elecciós democráticas, ano 1978. 

Quixera glosar aquí algús aspectos do teu nacionalismo, do teu espírito alerta ás trampas, de como salvache -la túa dignidade, porque hai cousas que non trascenden...E deben trascender, se ben se trate aquí únicamente das cousas das que teño conocemento directo ou referencia puntual.

É seguro que o teu nacionalismo non morreu, que sigue vivo mais, ¿ónde estás agora, Daría? Aquel primeiro ensaio de UNIDADE GALEGA, foi prometedor e o número de votos acadado mostraba claramente que a nosa sociedade é nacionalista, moderadamente nacionalista. Pero UNIDADE GALEGA era un extraño híbrido, composto por forzas centrípetas. Acabou como tiña que acabar.

Xa constituído formalmente o PARTIDO GALEGUISTA coincidimos na nosa andaina, no comité local de Pontevedra, e na lista que tí encabezaches nas municipales do 1983. Do noso fracaso garda boa memoria a prensa. Pero foi aquela unha campaña fermosa, levada con inxenuidade porque nós non eramos profesionales. Se nos achegamos á política foi co desexo de servir a Galicia, ó noso nacionalismo, dende o concello. Creímos que algo se había conseguir, mais non foi así. Non tiñamos apenas estructura e faltounos pragmatismo. Eramos galeguistas e non tiñamos presa, o que parece unha constante da nosa idea.

No ano 1984 nacéu COALICION GALEGA. Forzas diversas confluiron no invento. E o poder quedou nas máns dos que a pariran. A ilusión dos galeguistas --que creímos ser protagonistas e que fora boa a decisión dos que acodiran ó congreso de Vigo pra acorda-la morte do noso partido-- pouco durou, porque ó comprender en Ourense que a idea nacionalista medraba e que o que fora concebido como S.A. estaba cristalizando nun partido que se lle ía das mans, asustáronse. O Partido Galeguista fora utilizado porque interesaba soamente o seu pedigree, pero o que estaba a acontecer podía reventa-lo seu invento. Por eso frenóuse a imprantación de comités e, cara ás autonómicas, foran incluídos nas listas homes que non eran nacionalistas. Victorino Núñez --que se decía era o home de Franqueira-- creaba en Ourense Centristas de Galicia. En Pontevedra, o noso comité dimitía nun esforzo pra ver de forza-lo golpe de leme necesario e a asunción do nacionalismo e da democracia interna polos homes da cúpula. Todo estaba perdido. O silencio de Franqueira deixábao a salvo de dúbidas.....E a túa dignidade, Daría, que non creiches no invento, que non aceptába-la desaparición das siglas do P.G., quedóu a salvo.

O partido da piña pouco durou. Houbo unha euforia inmerecida porque nas autonómicas obtiveran once prazas de diputados, proba --como no caso de UNIDADE GALEGA-- que hai un nacionalismo popular expectante...O pobo, certamente, non sabía das liortas internas, pero non lle levou tempo aprender, e nas seguintes elecciós C.G. e mai-lo P.N.G. obterían o voto de castigo. As tensiós que agora se están a produciren parecen anuncia-la próxima sentencia dos coagas e, tal vez, dos peenegués.

Xa séi que, novamente por dignidade, te foches do P.G.-N. Non estaba acordada --nen siquera presentida-- a fusión có P.N.G. Non fun ó seu congreso constituínte, que coido resultóu moi emocionante. Os uns e mai-los outros abrazáronse e chamáronse irmáns. Ogallá a aperta sexa duradeira. O que che digo, polo tanto, dígocho por referencias de testigos do encontro. Xente boa. Pero temo se volva estar xogando cos sentimentos e que o invento non funcione. 

Dende a sereidade, Daría, estou seguro de que todo se ve con outra perspectiva. De pouco valen as demoras se á fin se actúa con présas e o nacionalismo resulta frustrado, burlado unha vez máis. Coido que é un momento no que salva-la dignidade supón quedarse simplemente de espectador.

Salvo que un opte por embarcar noutra nave nacionalista, pero éso, Daría, sei que non vai contigo, nen có teu discípulo e compañeiro de andaina galeguista. Será cousa de agardar, que días virán.. 

Mentres tanto, ó tempo que celebrámo-lo teu premio, pidámoslle a San Sebastián por un futuro sen tebras. E agardemos, Daría. Un cordial saúdo,

Xesús López Fernández

martes, 27 de noviembre de 2007

O NACEMENTO [24.12.1999]

As xentes da aldea oran ante o portal. Nacemento 2006/7. Fotografía do autor.As xentes vanse achegando ó pendello onde Xesús acaba de nacer. Fotografía do autor.


Pontevedra, 27.11.2007


Como estamos case en Decembro inclúo desta volta un traballo do 1999, sobre o Nacemento familiar, que os que teñan interese por el han poder visitar. Un "nacemento" varias veces galardonado.

O NACEMENTO [24.12.1999] ,
por Xesús López Fernández

A tradición belenística mantense antre outras formas de festexa-lo nacemento do Señor. Certo que os “nacementos” supoñen ás veces un gran sacrificio e que, á marxe da institución parroquial, son poucos os belenistas que dispoñen de espacio pra conforma-la escenografía que ilustra de forma homilde sobre o misterio da Encarnación, Deus nacido nun cortello, nun “pendello xunto a un camiño”, como dí unha panxoliña popular, unha noite de xiada. E xa están as figuras en marcha nun belén por mín conocido, que xunta nunha especie de aldea ideal, figuras vidas do século pasado con outras de tempos recentes. O río, en tempos de papel de prata, é agora d´auga viva e moitas figuras teñen movemento –na fragua, no aserradeiro...--. Hai vida na aldea, con abondancia de ovellas polos diversos montes e vagoadas...O castelo de Herodes, no alto. Os pegoreiros que se quecen na gruta reciben a visita dun anxo. A última figura en se integrar é un burro, un rucho feito de olivo, chegado de Terra Santa.

Únicamente San Mateo e San Lucas describen con certo detalle as circunstancias do nacemento, a sagrada familia acodindo dende Nazaret a Belén pra se censar, sendo rei Herodes. De tódo-los xeitos hai cuestiós que están en clara contradicción e o tema segue aberto --según din os especialistas— en canto ó ano no que realmente naceu Xesús, que se supón foi antre o seis e o catro –cando morreu Herodes-- antes da nosa era. O importante é que “o Verbo fíxose carne i entrou na historia”, como deixou dito o Vaticano II. Polo demáis tamén carece de importancia o feito de se saber que a Igrexa estableceu o 25 de decembro como data de celebración do natalicio, cristianizando así as festas que celebraba o mundo román porque o sol, a partir dese momento, comezaba a dar máis luz e os días a crecere ata o 24 de Xuño.

Cando un accede a estos datos, pode sentirse un pouco turbado, confundido. Pero o tema da celebración está debatido dende hai moitos anos, e o propio San Agostiño entendía como positivo o simbolismo establecido antre Xesús e o Sol. Que o nacemento do Mesías fose o ano catro/seis antes da nosa era, que exista un erro demostrable ó fixa-lo seu enceto, é algo que debe agradece-la sociedade toda, hoxe temerosa do chamado efecto 2000. Porque si se agarda con medo o que poida pasar coas computadoras con motivo do cambio de ano, ¿qué non tería acontecido si se houbera contado ben?. Porque é de supoñer que no 1996 ou no 1994 cumpríronse xa os dous mil anos do nacemento do Señor. A tecnoloxía, certamente, adiantou moito nestos últimos catro ou seis anos e hoxe quezáis o temido efecto non pase dun simple pesadelo. Catro/seis anos, un plus de tempo pra inventar. Gracias á Igrexa.

Nos evanxelios apócrifos pódense encontrar fermosísimas descripciós sobre a virxinidade de María, sobre a viaxe a Belén, de cómo o Neno, no pesebre, dílle á súa Nai que é realmente o fillo de Deus, algo que o anxo tamén anuncia ós pegoreiros que o van acompañar no pendello....Virán tamén os Reis Magos.... No “nacemento” ó que fago referencia, un nacemento galego, as xentes irán acodindo con presentes diversos, farán do nacemento unha festa. E, mentres, escóitase unha panxoliña portuguesa: ”O menino que naceu da Virgem cheia de graça, entrou e saíu por ela como o sol pela vidraça...Olhai cara o Neno en palhas deitado, olhai cara o Neno...”. O rucho semella moverse.
video

lunes, 26 de noviembre de 2007

FONTENLA E DARÍA, IN MEMORIAN [23.01.1999]



Compostela, meca do galeguismo. Fotografía do autor, Xesús López.
Pontevedra, 26.11.2007

Lembranza de Xosé Loís Fontenla Méndez e de Daría González García, vellos amigos e mestres do meu galeguismo. No traballo do 1999 cito unha "Carta nacionalista a Daría", coido que do ano 1988, que terei de localizar nalgún arquivo e que agora non atopo na miña base de datos. Ela comprendera que CG, aínda que tiña un barniz galeguista, que mesmo podía parecer un partido nacionalista, non fora máis que un engaño, así dito. Estou dacordo.


FONTENLA E DARÍA. IN MEMORIAN [23.01.1999] 
por Xesús López Fernández 

No espacio de poucas semáas fóronse dous amigos, dous galeguistas históricos, ausentes xa da nosa paisaxe urbáa habitual: Xosé Loís Fontenla Méndez e Daría González García. Pra eles esta miña lembranza que non tenta outra cousa que manifestar públicamente o agradecemento que a ámbo-los dous debo. Porque se Fontenla soupo mostrarme camiños, facilitarme libros de antes da guerra –Vilar Ponte, Cabanillas-- ou publicaciós recibidas de Montevideo, onde o galeguismo seguía vivo, de Daría, [profesora precisamente no curso séptimo da promoción que agora cumpre cincoenta anos da fin do bachelerato, o meu curso], recibín non poucas lecciós de prudencia que xa comentei nunha “carta nacionalista a Daría” publicada no ano 1988, cando lle outorgaran o premio “Cidade de Pontevedra”. 

Á marxe do moito que se poida decir de Fontenla coido que hai que salientar de xeito especial o seu fervor católico, a súa claridade de ideas á hora de traballar pra que a nosa língua fose tamén a língua da Igrexa galega. Aínda hoxe releo con agrado o ordinario promovido por el e polo grupo no que estaba integrado...:”por matinaciós, por falas, por feitos e omisiós...”......”Pois cómpre que o fagamos”, formas máis acordes coa psicoloxía da nosa língua que as que xa serodiamente serían oficializadas. Porque a Igrexa galega leva aínda un gran retraso no seu “aggiornamento”, na súa adaptación á nosa realidade cultural. E Fontenla non deixou nunca de traballar neste eido. Tiven o honor de face-la lectura –un texto do libro do Apocalipsis— na súa misa de funeral, como católico convencido e como home agradecido ó seu maxisterio. Sei que descansa en paz e que outros terán que colle-lo seu relevo. 

Daría, a miña profesora, sería tamén, saltando o tempo, compañeira de candidatura. Contouse xa moito do seu galeguismo histórico, do seu maxisterio, da súa actividade política, concelleira no axuntamento pontevedrés por Unidade Galega. E, reconstituído formalmente o Partido Galeguista, formamos unha candidatura no 1983, na que ela foi o número un por xenerosidade e valentía, porque había que resucita-la vella idea nacionalista. I ela puxo paixón na campaña, campaña preciosa que acabou ....en completo fracaso. Perdeuse deportivamente. Habería, se acaso, que insistir, facer propaganda do noso patrimonio de honradez, da política como servicio a Galicia; pero chegou a trampa de Coalición Galega, na que o partido sería utilizado como lévedo. Puido ter sido un éxito de todas formas, porque había un espacio real, un electorado que aínda agarda a aparición dun partido nacionalista moderado. C.G. foi reventada e o nacionalismo aínda se resinte daquel experimento. Daría, prudentemente, non caíra na trampa, como tampouco caería en outras posteriores. E así llo dixen públicamente no 1988. 

Fontenla e Daría están xa na eternidade e han andar por moles vieiros, por sendas de paz e ledicia perpetuas. Acabouse o seu sofrimento, a súa saída do corredor da morte. Xa non terán que padece-lo desmantelamento de Pontevedra e os ataques á nosa Patria.. “Déixannos sen nós”, dí Méndez Ferrín. E engade “Mencer de cocaína prás camadas emerxentes”. Abandono e loucura colectivos, coido que o noso drama faise cada vez máis fondo. En fín, Xosé Loís, Daría, se pola fe no Corpo Místico de Cristo podemos conectar, dádenos algunha razón pra resistir, pra conseguir que esto cambie. Polo menos pra que teñamos unha Igrexa verdadeiramente galega.

A DEMOCRACIA DA LINGUA [26.11.2007]

Icono informático sobre as normas da traición, as que tragou a RAG. Dibuxo de Xesús López.

Pontevedra, 26.11.2007

Artículo desta data publicado no Diario de Pontevedra e incluído na web de Xornal.com. Insisto en algo pra min evidente: a serie de traiciós das que está a ser víctima a nosa lingua; tamén o pobo dela forxador ó longo de séculos de sentinela. O malo do momento actual é consecuencia da claudicación da RAG ante os "comisarios políticos" que, dende diversos garapitos, están a veren se poden matare dous paxaros dun tiro: mingoa-la presencia do castelán e deteriora-lo galego por medio da inmersión no "galegués", ferramenta de destrucción masiva creada nos seus laboratorios. Que Galicia Bilingüe teña sorte e decisión no que se presenta como unha cruzada; que traballen tamén na recuperación das obras de Rosalía e Curros, os nosos verdadeiros guieiros.

A democracia da lingua [26.11.2007],
por Xesús López Fernández

Témolo comentado outras veces: a formación dos idiomas é eminentemente social. Volvemos recomendar un libro de Alex Grijelmo, “El Genio del Idioma”, no que se fai un relato da formación do español ó longo dos séculos, de cómo o “xenio” marca os “tempos” a unha sociedade ágrafa pra cada nova diferenciación, prós distintos cambios de psicoloxía e que, chegado un momento determinado, extrañamente, non son xa posibles cambios como os operados en tempos anteriores. O xenio está presente, estívoo dende o momento auroral no que o latín comezou a se diversificar. E marcou sempre o camiño pra que a sociedade fose construíndo unha obra suprema como é o castelán, de fácil ortografía; tamén outra obra querida por moitos de nós, o galego, rescatado por Rosalía e Curros, os verdadeiros faros do ben falar, como no 1910 decía Risco: traballar científicamente o leigado de Rosalía e Curros. Non se fixo.

Nalgunha ocasión teño lembrado a recomendación do P. Sarmiento de que fixerámo-lo idioma a partir da fala e non co referente do distanciado portugués, do que o frade avisaba, en relación co diccionario de Bluteau, que “si se retiraban as voces non portugueses, ou que son facultativas extrañas, quedaría reducido a un puro esquelete”. I éso está a pasar dende que, xa por autoodio, xa por estaren asentados nun nacionalismo fracasado, algús están a forzaren a nosa fala a esa deriva “ilusa”, case a dinamitala, metendo no noso léxico, como “propias”, palabras traídas da “cisterna” lusa: outra psicoloxía lingüística, outra pronunciación, outra ortografía e, naturalmente, un nacionalismo non galeguista. Así está o idioma desta volta, no seu peor momento, porque a sociedade galega non se identifica co “galegués” que lle colaron á RAG, cuia aceptación pareceunos un gran erro. Digamos, de paso, que os ingleses non teñen Academia; ou que a Real Academia Española leva moitos anos exercendo o seu lema de “limpia, fija y da esplendor”, dacordo cos cambios que a sociedade vai forxando. A Academia non inventa. E as normas deben cambiar cada moito tempo, como os franceses, que levan máis de cen anos sen lle tocaren ás súas.

É lóxico que o castelán teña gañado terreo na nosa terra contra as normas cambiantes aquí impostas, fin da fala popular. Pasáronse da raia; daí o desleixamento crecente, o desánimo existente…A aparición de “Galicia Bilingüe”, arestora en campaña de recollida de asinaturas, ¡e van 20000!, presente no auditorio de Caixanova o pasado venres 23.11, pode marca-lo camiño de volta ós deberes ben feitos. A asistencia ó acto de 800 persoas é demostrativa da preocupación existente, de que podemos estar a marcar un punto de inflexión na defensa dunha verdadeira ensinanza bilingüe. Os datos aportados pola plataforma son preocupantes, estarrecedores, á hora de enumerar “compra de vontades, servilismos mediante subvenciós, creación de grupos sectarios en tódo-los ámbitos, o labor dos comisarios políticos, a desfiguración do idioma galego por medio de modismos portugueses”, contra o predicado polo P. Sarmiento. O galego está certamente ferido.

Entérome pola web de “Galicia Bilingüe” dalgús aspectos da súa organización. Se no seu manifesto fan defensa de ámba-las linguas e do dereito dos cidadáns a se expresar en calquera delas, afirman tamén que a Administración débese abster de impoñer hábitos lingüísticos, que só os falantes son titulares de dereito. Que a súa actuación estea aínda no nacente non impide que xa teñan acadado un abano de propósitos ben definidos, antre eles o de informaren con criterios pedagóxicos e sociolingüísticos, etc., ser fonte de información e asesoramento, mesmo afirmaren que Bruselas non dou apoio ó decreto do galego e que Galicia Bilingüe é xa consultada por Europa sobre a situación do galego no ensino, o que invita á reflexión, mesmo a considerar que a salvación democrática de galego e castelán, na nosa terra, pode depender da penetración da plataforma na nosa sociedade. Difícil, pero posible.

domingo, 25 de noviembre de 2007

A TRAMPA FORESTAL [14.08.1999]

Outro tipo de forestación. Dibuxo informático de Xesús López.

Pontevedra, 25.11.2007

A trampa forestal é evidente. Non hai directrices políticas claras más alá do discurso electoral. As comunidades de montes, un desastre, por careceren de información ou estaren condicionadas pola política de certo clúster, non acaban de aprender o que é poñe-lo monte en valor. O artículo vai de eso dende a perspectiva do ano 1999. Parece que nada cambiou.

A TRAMPA FORESTAL [14.08.1999]
por Xesús López Fernández

Contoume un amigo que dispón dun terreo de certa importancia, prantado de piñeiros insignes. Vinte hectáreas. O amigo ten un problema importante: que a empresa que lle mercaba a madeira prá fabricación de aglomerados cambiouse ó eucaliptu. O home sinte como se fora obxeto de engano despois de ter prantado unha madeira de crecemento rápido e de fácil saída. I está claro que nada está perdido porque pode agardar pra vende-los piñeiros, dentro de dez ou vinte anos, con outro destino e precio notablemente máis alto. E quédalle a alternativa de ir derivando cara outro tipo de bosco, mixto, con presencia de especies nobles: nogueiras, castiñeiros, píceas, seudoacacias, carballos...

Hai outra trampa á vista, da que están a dar conta algunhas comunidades de montes, embarcadas no seu día na prantación masiva de eucaliptus. E o eucaliptu págase a baixo precio, fundamentalmente prá fabricación de aglomerados e de pasta de papel. A fixación do precio depende do mercado global e das prantaciós feitas noutros países, fundamentalmente no cono sur do continente sudamericán, i en África. Madeira moi barata que está situando á nosa terra, Galicia, no clube dos paises terceiromundistas pola excesiva reforestación coa especie citada. Pero algo parece se está a mover neste asunto, como consecuencia da aparición dunha peste, o gonipteros, que compromete o desenvolvemento do eucalipto, ó que priva das follas novas. E as comunidades de montes queren darlle outro sentido á reforestación, se ben aínda lles falta información e decisión. Pero o gonipteros, esa maldición, pode ser causa de plans de futuro máis intelixentes.

Greenpeace acaba de informar sobre a situación forestal en España, onde sóo quedan 88.859 has. de boscos vellos ou asimilados, é decir, sóo o 0,30% da superficie forestal potencial. E insiste na necesidade de potencia-la reforestación que propicie a biodiversidade, de fuxir do monocultivo forestal de pirofíticas como o eucaliptu. Incluso afirma que, dunha superficie aproximada de 180.000 has. queimadas nos últimos anos en España, cen mil arderon en Galicia. Situación grave, límite, de auténtica trampa mortal. Pode ser un momento bó, crítico, pra escomeza-lo cambio de orientación porque desapareceron xa o 50% dos boscos primarios de todo o mundo e o 50% restante está claramente enfermo. I están sonando toda-las alarmas.

O Worldwatch Institute, como sempre, recolle importante información no seu último estudio, consellos pra un mellor aproveitamento e reducción no consumo de madeira. Sería decisivo o cambio de hábitos do consumidor final, o aumento na capacidade de reciclaxe do papel, hoxe desaproveitada en máis dun 50%; a utilización de productos de natureza non forestal ou deriva-lo mundo das computadoras cara unha maior utilización do correo electrónico ou as ediciós “on line”, como fai unha importante compañía de seguros que aforra, por este medio 14 toneladas de papel ó ano. Existen xa periódicos con edición exclusivamente dixital e a BBC, que imprime 15 billóns de páxinas ó ano, audita ós seus proveedores e ten afirmado que mercaría papel certificado procedente dunha silvicultura sostible. Coido que nos están a marca-lo camiño pra sair da trampa, pra que entremos na silvicultura racional, na biodiversidade.

A LONGA MARCHA [3.07.1999]

Fondo mariño, agora imposible na ría de Pontevedra. Dibuxo informático de Xesús López.

Pontevedra, 25.11.2007
Traballo en relación cunha das marchas anuales sobre Lourizán, cando algús pensabamos que eso podería servir pra algo, antes de quedar claro que a APDR estaría finalmente a disposición do BNG, pra vende-la súa burra ecoloxista. Era o momento no que Lores aínda presumir de ecoloxista. Pero hoxe as cousas están meridianamente claras e si Ence ou Elnosa, ou Horpasa-Holcim manteñen o secuestro do dominio público marítimo terrestre de Lourizán é porque temos un goberno local que se deixa "querer". -

A LONGA MARCHA [3.07.1999], 
por Xesús López Fernández 

Quero facer unhas cortas valoracións sobre a celebración da quinta marcha sobre Lourizán, unha etapa máis da longa camiñata na que estamos comprometidos os que clamamos por unha Pontevedra mellor, por unha ría totalmente limpa, porque actúe unha xusticia que ten nas súas mans as cartas dun auténtico repóker a pouco que queira entrar no tema do deterioro medioambiental ou no das concesiós que, en precario, aquí se foron outorgando ó longo de anos do que veu dar en terrorismo ecolóxico; ou no tema da saúde, no que os médicos reconocen agora que algo pasa aquí. E a este respecto lembro o estudio “Cáncer de mama e medio ambiente. A conexión do cloro”, de Joe Thornton, ano 1992, no que se pormenoriza a persistencia no medio dos organoclorados, a súa transmisión pola vía alimentaria e a carga corporal que cristaliza en diversas formas de cáncer. A supresión do cloro sería a mellor prevención, pero a Xunta dí non á lei da Ría pra facilita-la privatización de ENCE. Polo ben de Galicia, a segregación sigue.

Saímos da alameda a eso das doce e media. A chuvia cesara por completo cando arrancamos. Unha mañá perfecta prá marcha dos alí presentes, cheos de esperanza, que sabemos que a marcha vai crecer como un río en anos sucesivos ata que academos dos políticos o debido respeto, que comprendan que non somos nengún reservorio kayapó ou yanomani –digo estos nomes con fervor relixioso-- cuios paraísos da Amazonia sigue a profana-lo capital transnacional, como aquí decretou a nosa asfixia, malcheiro e perda de valores. E ó longo da marcha, ledos, fomos falando de moitas cousas: de Antolín, o home que prometera devolve-la fragancia á nosa ría en discurso do 1989, ano de fervor a Flick. Morría o lago Constanza e había que buscar en Galicia sitio prá súa papeleira asesina... A “fragancia” de Antolín sigue co PP....

Falamos de moitas traiciós, a última das graves a recalificación como industrial do chan de Placeres-Lourizán, que entendo sigue tendo valedores no Concello, dos que pode vir xogo peligroso pra Lores. Flick pode aínda mover peza dentro do sistema. E agora parece Pita o seu portavoz, co seu cínico discurso en contra do noso dereito a dispoñer dun medio ambiente rexenerado. E falamos tamén das matemáticas de Pedrosa, de cómo 350 traballadores de ENCE constitúen o 20 por cen da forza laboral do concello, a mitade dos postos de traballo que se van perder coa fusión das caixas. E o referente a Pedrosa faise constante porque non se lle viron xestos, eso que o PP, campaña electoral do 1989, prometera tamén a solución final pró drama de Lourizán. Promesa de don Manuel, lembroume un profesor universitario..

Da factoría chegaba, mentres camiñabamos, a vafarada do seu alcatreo, as “fragancias” de Antolín, agora de Pita.... Catro ou cinco espías nun alto daquela ruína ecolóxica, eran testigos da actuación dun colectivo de cidadáns que pedían respeto e que lles devolvan o seu paraíso. Lores dixo que o complexo ten xa data de caducidade. Lembraremos con frecuencia, con datos precisos, que a caducidade hai anos que se produceu, por incumprimento das condiciós establecidas na concesión. Contra os románticos de Flick a marcha farase estrondante, crecerá como unha marea e, finalmente, venceremos nós contra o terrorismo, contra o segregacionismo que supón a mensaxe de Pita.

viernes, 23 de noviembre de 2007

A ESCUMA FERIDA [8.01.1999]

Un fondo mariño, nada que ver cos fondos das rías de Vigo ou Pontevedra. Dibuxo informático de Xesús López. 

Pontevedra, 23.11.2007

Traballo do 1999, relacionado con outro que aínda terei de localizar, como tamén, en días próximas procurarei incluir un pequeno glosario das voces coas que xogo a modo de prosa poética. Van alá máis de oito anos e permanece como verdade todo el e a seguridade de que, dende o poder, non están a faceren os deberes.


                                      A ESCUMA FERIDA (8.01.99),
 por Xesús López Fernández 


Prometín volver sobre algún dos aspectos da conferencia do señor conselleiro de Medio Ambiente do pasado 2.12.98, á que me referín por un traballo anterior. Sería posible facer perguntas e consideraciós ó longo de anos enteiros, día tras día, inventariando fracasos ou propoñendo soluciós, como pode sé-la da compostaxe da fracción orgánica dos residuos sólidos urbáns, que é a que propón o Worldwatch Institute no seu estudio A Situación do Mundo 1998. Ou retoma-lo tema do lume forestal, no que parece haber un claro protagonismo das queimas controladas autorizadas, acusación sobre da que acaba de volver Greenpeace, cando están aí os primeiros incendios do ano, provocados, naturalmente...Ou falar con vagar de biodiversidade ou de agricultura ecolóxica, sobre cuias excelencias se acaba de defini-lo Instituto Rodale, de Pennsylvania, despois de quince anos de traballos de investigación.

Pero hoxe quero tocar, como apunte de urxencia, o tema da contaminación das augas. No coloquio que sigueu á charla do conselleiro unha señora mencionou a posibilidade de que o parque das illas, o santuario das aves que dín van promover nas Cíes-Ons-Sálvora-Sisargas, se vira afectado pola contaminación exportada cara a bocana das rías por medio de emisarios. A señora apuntaba, coido que certeiramente, o feito de que as miserias humáas non van desaparecer aínda que as escondamos polo medio denunciado. Aviso agora que está en marcha a campaña publicitaria do saneamento integral da ría de Vigo --dezasete mil millóns de pesetas menos o que gasten na publicidade dos traballos, claro, que non ha ser pouco-- que lembra a campaña da recuperación integral da ría de Pontevedra, que non sirveu de nada. De nada, repito. Todo foi un engaño, aquel famoso día D, o día CE, o 9.2.92. Hoxe está todo moito peor. ¡Cánta vergonza atobada!

Pero volvo ó tema de Vigo porque o día un de xaneiro estiven na costa da Vela. Dende o alto de Donón o espectáculo era impresionante. O ardentío bradante renovaba o seu suicidio unha e outra vez, as ondas batendo contra o acantilado, desfacéndose en marmaña sotil pra repousaren en encaixes, en rendas de albura virxinal. Algunhas das rendas perdían axiña o seu brancor, tomando a color das miserias humáas. Marea baixa, debía esta-la ría de Vigo librando parte dos seus lodos que, coa dinámica das mareas, entran polo Sul da ría de Pontevedra, denunciada hai moitos anos por contaminar, polo seu Norte, o mar da Lanzada, a península de Meloxo e mái-lo litoral do Grove.

Se as ondas galgantes, chegadas da pratense ribeira –dixo Ramón Cabanillas— contaban no areeiro que Castelao se fora da sereidade, que morrera, poderían estas ondas da costa da Vela traernos lembranzas do Mitch, do que queda do Mitch, pero non. O Mitch, dormido, está xa aquí dende hai tempo. Outro poeta deixou dito aquelo de “auga ferida de fame”, que é o que temos dende hai tempo, como consecuencia da contaminación que está a volver as nosas augas cada vez máis estériles. A natureza pouco pode facer e a mociña Aldana –Aldán, Aldao— difícilmente pode “lava-las rendas de liño” que, profanadas, recibe da costa da Vela. Cara ó interior, en Lourizán, as trouxas, o enxoval, vólvense trousas, vómitos. Os políticos, como o ardentío na Vela, semellan renovaren o seu suicidio contra as rochas da tentación.

jueves, 22 de noviembre de 2007

A CUESTIÓN PENDENTE [11.06.99]

As nubes puxadas polos ventos ábregos, poden ser portadoras de dioxinas, de mercurio atmosférico, de cloro.

Pontevedra, 22.11.2007

Traballo do 1999, hai que ter en conta o que nel se dí, sobre as dioxinas e o seu poder contaminante. No caso de Bélxica houbo, cando menos dimisiós. Aquí non dimite nadie e sigue primando o criterio de colonización aceptada polos políticos. A cousa sigue, por desgracia.

A CUESTIÓN PENDENTE [11.06.99],
por Xesús López Fernández

Cando se publique este traballo conocerase o resultado do 13-Xuño, sustraído o debate necesario sobre unha cuestión quente: o tema das dioxinas, belgas ou galegas. O tema está aí, toda Europa sensibilizada diante dun problema grave como é o da contaminación alimentaria. O trebón belga foi consecuencia, alá, da dimisión de ministros, algo lóxico cando se reconocen responsabilidades na cuestión. E a contaminación chegou tamén ó noso entorno. I é de agradece-la intervención polas nosas autoridades dunha partida de carne de porco, ó mellor de “Galicia calidade”, na presentación final, tendo en conta a libertade existente no movemento de mercancías. Algo se sabía xa.

Green Peace (http://www.greenpeace.es/) informa compridamente na súa páxina web sobre as dioxinas, sustancias cloradas de elevada toxicidade. Conteñen un número variable de átomos de cloro. Son persistentes e poden permanecer no ambiente centos de anos. Transmítense tamén pola vía alimentaria e son bioacumulativas. Conócense máis de duascentas. Sobre a TCDD existe un informe de máis de 2.000 páxinas no que se sinalan como efectos sobre o ser humán, ademáis do cáncer, outros como “alteraciós no desenvolvemento do organismo e nos sistemas reproductor, inmunitario e hormonal”. A súa presencia no leite materno pode trae-la consecuencia da inxerencia polos lactantes dun nivel de dioxinas superior ó tolerado pola OMS.

Greenpeace fai un resume dalgús dos seus efectos nos nosos corpos: cáncer, sistema reproductor masculino, sistema reproductor femenino, efectos en fetos, alteraciós na pel, no metabolismo e no sistema hormonal ou no sistema nervioso, danos no fígado, alteracións no sistema inmunitario. Indican a fonte desta información: “Dying from dioxins”, L.M. Gibbs et al. (1995), a partir do estudio da USEPA de 1994. Citan como fontes das dioxinas “que se xeran de forma casual nos procesos que usan ou fabrican cloro ou productos clorados, ou nos procesos de combustión nos que intervén materia orgánica e cloro ou productos clorados”: 1. Producción de cloro; 2. Fabricación de compostos e productos clorados (PVC, plaguicidas, disolventes); 3. Branqueo con cloro da pasta de papel; 4.Combustión de residuos (Incineración de residuos sólidos urbanos, hospitalarios, etc.); 5. Emprego de organoclorados; 6. Outras: Incendios de oficinas, etc. onde se teña utilizado PVC, etc.

A dioxina pontevedresa non ha ser mellor que a belga. Reclamemos, pois, unha vez máis a atención sobre as dioxinas e o mercurio que se poidan liberar nas factorías de ELNOSA e na fábrica de celulosas. Eso sábese dende os estudios ESCORP I e II, o segundo deles agachado. Tempo despois crearíase un comité científico pró seguimento da contaminación da nosa ría. Pero o comité nunca funcionou. E, mentres non temos que supoñer que as circunstancias son distintas, un letreiro avisa ós tontos de que Lourizán é “zona de marisqueo”. Con toda seguridade, as dioxinas siguen no aire, na auga, nos moluscos e nos vertedeiros onde van para-los lodos. Pero non hai debate nen dimisiós. Mentres os franceses saben que non se pode consumi-lo mexilón da nosa ría, o cáncaro, os procesos alérxicos, a parálisis cerebral, son cousa nosa. Pontevedra, Meca dos alergólogos hispanos. Ó fondo axigántase, xa fóra do tempo, a figura do profesor Bermejo, defensor da verdade. Tamén se sabe.

A CIDADE VELLA A DEBATE [17.9.99]

A escadeira de San Bartolomeu foi sustituída por esa especie de palco de música que se aprecia na foto, tamén prá sentada das iguanas do botellón. Realmente trátase dunha desfeita pactada polo concelleiro de urbanismo, Mosquera, e a delegada de Cultura, Pilar Rojo. Foto do autor.

Pontevedra, 22.11.2007

Ando agora polos traballos do 1999. Este hoxe inserido contén elementos a ter en conta sobre o debate no seu día existente, animado. Pero as cousas derivaron en mal sentido e as restauraciós previstas non foron tales. A situación d´A Ferrería é hoxe lamentable; a asociación Cidade Vella quedaría reducida á nada despois de terse convertido en simple enredo do BNG, pra vender unha reforma mal feita. O referente da recuperación en Camiña, Portugal, da praza do Conselheiro Silva Torres, ten cada día que pasa máis valor. O que teña curiosidade pode achegarse alí. Outro dos temas que están pendentes de solución é o da recollida de vasuras, en fase de permanente involución.

A CIDADE VELLA A DEBATE [17.9.99] 
por Xesús López Fernández

O pasado 15 dos correntes celebrouse no Teatro Principal un acto multitudinario, convocatoria de “Cidade Vella” na que participaron, invitados, concelleiros das distintas formacións políticas presentes na Corporación Municipal. Coido que estamos asistindo a un novo xeito de face-las cousas, primeiros pasos, pero algo ha sair dun diálogo fluído antre as asociaciós e a Administración, ora simples ideas irrealizables, ora denuncias sobre cuestiós urbanísticas e transparencia política --como debe ser-- porque a cousa pública é asunto de todos. Botei de menos intervenciós dun certo calado, relevantes. 

Non intervín no debate. Estiven de oínte apreciando cómo estos encontros, de momento, siguen a ser unha especie de muro das lamentaciós, do laio permanente dun colectivo que non acouga nas noitas porque as autoridades non acaban de lle poñer remedio ó asunto dos decibelios, dos chiringos que, cun sentido de “máquina total”, de donos absolutos da noite, esgázana e converten en discoteca virtual á rúa Chariño, a Isabel II ou Cousiño, cando non o fai o propio Concello --coa disculpa das festas-- coa praza da Ferrería, de xeito especial cada vez que alí se monta algún espectáculo “forte” ou comparecen vehículos longos naquel espacio, coas conseguintes fracturas. Debería terse falado dese gran problema.

Coido que a peatonalización ha traer beneficios co tempo, que algunhas xentes han cambiar de hábitos “sanitarios” a pouco que se vixíe e potencie o alumeado público, algo que xa se está a facer; que o comercio tamén pode sair beneficiado e que se han concebir novos espacios urbáns con outra xenerosidade porque, ¿cántos novos calexós, ademáis do adicado ó señor Filgueira Valverde, non están previstos nas zonas de Eduardo Pondal e mái-la Parda, vergonza urbanística? ¿Por qué se deseñaron con tanto enanismo as rondas de Malvar Figueroa e mái-lo enlace Virxe do Camiño-Eduardo Pondal? Pero regresemos á Ferrería, á emblemática praza da Ferrería, santuario e solar de pombas, de casas deshabitadas, de camelias que morren, etc....

O enlousado da Ferrería é da época de Rivas Fontán, como o pavimento da Gran Vía, na Alameda. Dúas obras desgraciadas que piden unha inmediata reparación. E lembro agora que, daquela, en Camiña, Portugal, dábanlle os últimos toques á praza do Conselheiro Silva Torres. Pois ben, sobre aquela praza parece que non pasou o tempo. Obra ben feita que precisa agora dun retoque mínimo, pero alí están as árbores, tilos, magníficamente tratadas, sen agreder ó chan, unha lección prá que cómpre viaxar a Portugal i evitar cousas como as que aquí acontecen acotío, por exemplo na praza da Verdura. I é que hai que saber escoller as árbores urbáas. E acertar co seu tratamento cultural. A fonte monumental da praza portuguesa parece estar intacta mentres a Torre do Reloxio segue a marca-las horas de silencio e respeto nun entorno harmonioso. Na fonte da Ferrería acampa unha comuna na que conflúen miseria humáa e obxetos roubados. Xa na noite, entran no espacio as motos, ruído a todo trapo, claro reto a unha policía que non comparece. Como gran escombro urbanístico permanece o telón de fondo de trá-la Peregrina, convertido o espacio en horrendo patio de luces, ó que se lle busca remedio. Máis convocatorias como a do 15.9, porque quedan moitos temas. En serio.

A SOSTIBILIDADE [17.02.1999]

PEQUENO MOSTRARIO GRÁFICO DA OBRA MAL FEITA, DE CÓMO SE ACABA COA SUSTENTABILIDADE EN PONTEVEDRA POR MEDIO DO URBANISMSO CATETO DO BNG, QUE ELES CHAMAN ACCESIBILIDADE. EN FIN, UNHA CIDADE DESTROÍDA.
Pavimento insufrible na rúa Sierra, quebrado, fonte, xunto co Mercado, das innumerables pingueiras que se aprecian no garaxe soterraño. Non deixaron prácticamente prazas de aparcamento en superficie.
O Mercado, case inaccesible, co entorno mal pavimentado. Apréciase parte da muralla, posible trampa pra cegos.
A trombosis pode producirse en calquer momento e queda-la cidada paralizada.
Outra panorámica da Corredoira dos Mosquerós, ameaza contínua. Antigua Cobián Roffignac.
Espectáculo fecuente na Corredoira dos mosquerós. Accidentes cotiáns.
Rúa Padre Luís. Nen as ambulancias poden chegar á porta dos enfermos. Fotos de X. López
Pontevedra, 22.11.2007
A sostibilidade, a sustentabilidade, a cidade sostible... O traballo quixo ser unha corta lección no ano 1999, retomando conceptos, conectando coa filosofía predicada no Cumio Medioambiental de Rio Janeiro, ano 1992. A lección sigue en vigor e sen aprender. 

A SOSTIBILIDADE [17.02.1999] 

por Xesús López Fernández 

O concepto de sostibilidade, daquela aínda non ben definido, arranca da celebración do Cumio Medioambiental de Rio Janeiro, ano 1992. A idea de aldea global, de que todos participamos dunha mesma comunidade e dun mesmo espacio; de que a Terra é un mundo finito, con caducidade, veu gañando adeptos dende entón. E teremos de adecuar a nosa actuación a certos criterios que pouco a pouco se van definindo con maior precisión. A Humanidade toda está comprometida en diversas revoluciós ó servicio desa sostibilidade certa, de non comprometeren os servicios que gratuitamente nos presta a Natureza e, como consecuencia das mesmas –robotización, informatización, reciclaxe-- parece se abre un futuro de esperanza. 

Hoxe sábese moi ben qué queremos decir cando falamos de bosco sostible, que non é outra cousa que a de non nos exceder nos procesos extractivos máis alá do rendemento do citado ben. Un estado como Costa do Marfil perdeu a súa riqueza por non ter en conta a limitación da mesma. Nixeria pasou a ser igualmente dependente das importaciós. A India e mai-la Siberia perden decote masa forestal. Pola contra, hai países onde se asume cada vez con máis intelixencia a idea do bosco diverso, da fraga non entendida como unha prantación de cereal pra unha colleita pronta, e así cada árbore tería un tempo distinto de maduración, pra dentro de dez, quince, trinta anos, debidamente inventariados, primando a idea de calidade. Iríanse cortando os exemplares compridos ó tempo que se faría a súa reposición por medio de planteles novos. O bosco permanecería como espacio sagrado a conservar.

Está claro, co exemplo devandito, que a idea de sostibilidade ten que ser, xa, unha especie de lupa coa que temos que dexerga-las actuaciós nas que nos embarquemos: pesca, xestión de recursos hídricos, xestión de espacios urbáns, tratamento de residuos, etc. E o adxetivo vense aplicando tamén, naturalmente, ó concepto de cidade, máis alá do modelo de urbe do que en cada caso se trate. I está claro que unha cidade --se ha seguir sendo un espacio habitado-- precisa, en principio, resolver algunha das cuestiós citadas. E máis cousas certamente porque na sociedade actual, postindustrial, onde priman ocio e calidade de vida, a cidade como marco de encontro deberá comprender esas dúas premisas, así como á satisfacción das necesidades antes que á creación das mesmas. Procurar, sí, diminui-la complexidade urbáa. Pero facer, de certo, unha cidade con futuro.

Ó chegármonos a este punto queremos facer dúas consideraciós sobre do que é a Pontevedra vella, cun 35 por cen de vivendas deshabitadas. ¿Cómo se pode recrear aquí un espacio con calidade de vida se a maioría dos veciños non van dispoñer nunca de garaxe nen de ascensor? E pode que nen de ambulancia, chegado o caso, por inaccesibilidade da mesma ó seu destino, por unha excesiva peatonalización que non contempla a creación de servicios periféricos. E mantendo, por abandono de funciós, a industria do ruído nocturno, ¿quén pode descansar aquí? Asemade, cun comercio sen tono, sen medidas prá súa revitalización, parece estamos abocados a unha situación de cidade quebrada como quebrou a natureza do entorno, por mala xestión. Como Costa do Marfil cos seus boscos. ¡Que aprendan a lección da sostibilidade!

miércoles, 21 de noviembre de 2007

VOLALLAS AMBIENTALISTAS [11.11.2000]

No artículo fálase do emisario, así concebido prás ilustraciós deste blog. Autor, Xesús López.

Nota de palabras: abaritán, o que falta á promesa establecida nalgún contrato, excomulgado; solerme, lento, que vai amodiño; volalla, bolboreta, avelaíña; sámara, semente de arce; encoro, embalse; abascallamento, asoballamento; asolagamento, somergullamento, alagamento, cobrir coa auga, afundir.


Pontevedra, 21.11.2007

Nos medios d´hoxe hai avisos de peligro: que o Ministerio de Medio Ambiente podería estar disposto a autoriza-la presencia de Ence ata o 2048; que a Consellería de Medio Ambiente de Galicia non sabe nada do traslado de Ence a As Pontes, tal como se tiña comentado tempo atrás. Nada. que seguimos coas volallas ambientalistas, cos foguetes, coas falsas promesas. O artículo mantén a súa vixencia, non envelleceu a pesar de que van alá sete anos. O poder permanece sen alma. Vendido. Parece como se Cuíña e Lores estivesen no mesmo barco: o dos mentireiros.

VOLALLAS AMBIENTALISTAS [11.11.2000]

por Xesús López Fernández

Certo amigo falaría mais ben de foguetes ambientalistas, ou de pataqueiradas, de palabras que leva o vento...En fin, quédome con volallas –bolboretas--, que tamén as leva o vento --como fai coas sámaras agora no outono--, en relación cos discursos últimamente habidos, que xogan coa perda da memoria ou co aparcamento do Estado de Dereito. Un deses discursos sería o de Cuíña sobre o famoso pacto medioambiental, e hai que leer ben a frase de que “a administración autonómica vai tentar chegar ó saneamento integral, ó 100 por cen no 2006 e 2007, sempre que as empresas aporten a súa parte”, volallas, que nós sabemos nunca van cumprir; que o que tentan é atoparse cunha Xunta permisiva ou con comparsas que lles permitan entuba-los seus vertidos por medio do famoso “tubo da risa”, emisario que nace na depuradora dos Praceres, na que os propios veciños do lugar non creen, do mesmo xeito que parece coherente a súa denuncia en relación co ferrocarril a Marín.

No Diario de Pontevedra do pasado día oito publicábase unha carta de Ramón Eixo Blanco, que sintetiza o historial de ENCE ó longo dos corenta anos de horrorosa presencia en Lourizán. Abaritáns de oficio, sempre a incumpriren o acordado, aférranse agora á posibilidade do devandito pacto ambiental, confían en seguiren a evita-lo valemento do Estado de Dereito no noso entorno, porque a verdade máis palmaria de todas é a de que nunca chegaron facer boa a concesión, ó non compriren coas condiciós da resolución administrativa que autorizaba ó INI á construcción da fábrica de Lourizán. Pon especial coidado Ramón Eixo neste punto e lembra a argumentación de Antonio Rodríguez Tourón, que decía que o complexo estaba, ab initio, caducado. Esa foi a súa loita suprema. E databa as cartas en “Lourizán (perdido el aroma de antaño)” en clara alusión á boutade de Antolín Sánchez Presedo e ás promesas de Fraga no ano 1989. Pataqueiradas, foguetes, volallas.

Tornaremos sobre o tema. Hai outras cousas que me gostaría comentar, sobre todo despois das palabras do presidente, con motivo da súa visita a Pontevedra, o pasado día 7. Algunhas interesantes sobre a compatibilidade de progreso e medio ambiente, pero sabemos que cando se degrada éste tamén o home se está a degradar na súa saúde i esperanza de vida, é decir: desaparece o progreso porque, ¿qué sentido ten pró home verse privado da natureza coa que forma un todo, un sagrado? Haberá ocasiós de seguir, pero no dito por Fraga houbo unhas palabras que aínda nos escocen a moitos: a existencia de dúas castes de galegos según esteamos con Sogama ou coa “merda á porta da casa”. Discurso triste en contra da política ambientalista de sir Paco Vázquez, alcalde da Coruña, que non está con Sogama e vai ter que cesar coas súas louvanzas do traballo presidencial, se acaso ofrecerse a Fraga como asesor ambientalista. Sería bó. E dou fé notarial de que na noite do pasado 8.11 o papel dun contenedor foi volcado nun vehículo ordinario da vasura. ¿Política recicladora ou incineradora de Sogama?. Volallas.

Pero o que máis me chamou a atención foi a acusación de demagogos ós que en Caldas se opoñen ó cerre do encoro da Baxe, que evitaría o asolagamento da vila, según dixo. Lástima que a Xusticia marchara tan solerme, pero o certo é que a sentencia do Tribunal Supremo anula a declaración de urxencia do proiecto e ordea a devolución das fincas tomadas; establece un tempus distinto e fainos ve-la acusación como abascallamento porque a obra non é de utilidade pública. A ocupación e venta dos terreos han ser acordadas libremente...Parece que os veciños están preparados pra resistiren, co que semellan estaren a marca-lo camiño ós veciños de Praceres, ós que lles agarda unha batalla longa na defensa dos seus dereitos. Nesa loita como na do traslado de ENCE e a fin da “ameaza” da nube de cloro estamos moitos i en contra dos demagogos; dos que atentan contra o Estado de Dereito. ¿Non-sí?. Volallas.

SOBRE CONTROL ECOLÓXICO [26.5.2000]

Mar profanado pola falta de control ecolóxico. Por Xesús López.

Pontevedra, 21.11.2000

Asignatura pendente na Política, o control ecolóxico é entendido máis como acto de propaganda que outra cousa. En Pontevedra vaise poñer en marcha o estudio do PXOM que xa, como temos dito, o propio equipo de goberno, BNG-PSOE, tenta neutralizar, maldecir, facer imposible a recuperación do capital natural, da ría e da súa fachada marítima. Están dando claros pasos pra ver de convertiren, como xa temos dito, o espacio das marismas de Lourizán en solar. Pouco a pouco, vaise sabendo das súas traiciós, como xa se comentaba no traballo semanal,
"O antes e o despois", denunciador da actuación da APDR, hoxe un simple instrumento, correa de transmisión, do BNG dende hai varios anos, pra apantalla-lo desprecio do partido cara á Ecoloxía. A presunta corrupción tamén pode andar antre eles.


SOBRE CONTROL ECOLÓXICO [26.5.2000]

por Xesús López Fernández

Na alameda de Pontecaldelas apareceu unha pitón, xa recollida. Arestora deberiase saber se a mesma fuxeu dun circo ou se, mascota dalgún cidadán, foi deixada en libertade polo home finalmente asustado. I é que no tocante a animaliños de compañía hai pra todo-los gustos: gatos, cans, paxariños, iguanas e serpes. E parece como se algús estiveran ensaiando novas vías, ver de conforma-lo seu propio ecosistema, como acontece coas persoas que levan un peiteado en forma de niño de paxaro. Só lles falta portaren, ademáis, un merlo atado por medio dun nylon á orella furada. A todo se ha chegar. Pero acariñarse cunha pitón resulta moi forte, porque esas serpes son temibles e, incluso na India, --en ambientes onde serpes e culebras gozan dunha case total impunidade-- as pitóns e mái-las cobras negras son perseguidas con saña. Cóntao Mircea Eliade, o historiador das relixiós, nun fermosísimo libro de crónicas correspondentes á época na que se estableceu naquel subcontinente, comprído-los vinteún anos e coa carreira de filosofía rematada.

O home viaxara ó país pra estudiar sánscrito e tamén pra ver de encotra-las raíces neolíticas do cristianismo. E viveu alí como un eremita antre eremitas, co indispensable. Conta cómo a comunidade pasou varios días rezando por teren dado morte a unha cobra negra, cando a mesma atacaba e cuspía xa o seu veneno. Tamén dá testemuño dunha pomba, morta hipnotizada por outra cobra negra. Terrible. Vese que o home non estaba afeito a vivir antre serpes e culebras, como algús dos yoguis ós que fai referencia. E narra a historia do seu problema; de cando, de noite, oie asubíos e outros sonidos. Días atrás tiña comprobado que faltaba leite da súa xarra. Culpaba a algún gato, ata a noite dos asubíos. ¿Qué facer? A solución, diríalle outro eremita --pois eles tiñan que facere posible a vida das serpes--, estaba en ter á man unha iguana, existentes tamén naquel entorno. I eso foi o que fixeron: coller unha, introducila na cabana e, coela cerrada, deixar que o animaliño fixera o seu traballo. Ás dúas horas entraron os homes no kutiar. A iguana respiraba pesadamente i estaba hinchada. Dende aquela, Mircea Eliade non volvería senti-los asubíos nocturnos.

Controlar unhas especies con outras é práctica habitual. E aínda hai poucos anos que o alcalde da Coruña, Paco Vázquez, valeuse dos falcós pra ver de reduci-la presencia de gaivotas no ceo coruñés. A “solución” puido estar condicionada polo ecoloxismo que --dende a catástrofe do vertedoiro de Bens— dín profesa o señor Vázquez, ou simplemente foi cuestión de aproveita-los servicios ofrecidos por unha compañía alemá. Como sexa, as gaivotas seguen a ser unha ameaza na Coruña e noutras cidades da costa... No Ferrol están xa a controla-lo o seu número en atención á demanda veciñal mentres que, noutras partes, teñen sido denunciadas persoas por desfaceren niños destas aves na súa terraza. Ou no tellado da propia casa. Consentir esa presencia masiva non ten sentido, como tampouco o exceso de pombas existentes nas cidades, desfacedoras de casas enteiras. E de monumentos.

Eu preferiría que as gaivotas tornaran ós acantilados, praias e illas. Tamén entendo que as pombas deben vivir en pombeiros, nos parques ou no campo, onde abonda o raposo pra que o número non se dispare. Os falcós seguen presentes nos aeroportos e poderían ser tamén bo remedio no caso das pombas. Prás iguanas existe unha alternativa: como alimento... Un destos anos, a Semáa Verde de Silleda ha presentar –estou seguro— a posibilidade das “granxas de iguanas”. En Nicaragua son xa un prato de festa. Dín que se lles aproveita todo, como aquí decimos do porco. Todo virá e se xa son unha realidade as granxas de avestruces e comezan a selo as de búfalas, en pouco tempo han se-las iguanas un renglón da nosa economía. Coido que xa hai algunha como animal de casa. Merlos aniñando nas cabezas de viandantes aínda non. Pouco falta. Pero coidado coas pitóns e as cobras negras. ¡Qué medo!..

martes, 20 de noviembre de 2007

ZONA VELLA, LUSCO-FUSCO [11.2.2000]


Estas obras comezaron en setembro do 2006. Estamos a 20.11.2007. Foto do autor.

Pontevedra, 20.11.2007

O traballo en clave pesimista que sigue, as súas afirmaciós, veríanse confirmadas ó longo destos últimos anos. Podemos decir que o urbanismo pontevedrés está concebido dende un certo talaibanismo ideolóxico. Vale. A fotografía, un recanto de miseria, vale pra evidencia-la incapacidade do equipo de goberno pra concebir unha cidade limpa e restaurada. Só saben vender fume, apoidados por algunha que outra asociación parvaxola, correas de transmisión en definitiva.

ZONA VELLA, LUSCO-FUSCO [11.2.2000]
por Xesús López Fernández

Ven a noite, morre o día... Na zona vella estamos tamén asistindo a unha especie de lusco-fusco e desconocemos se vai haber un tempo despois. A capacidade dos políticos pra resolve-lo tema vai requerir un traballo cotián, a tope, afastando ós infiltrados que tenten consolida-la involución e que han seguir lastrando posibles soluciós --¿a quén defenden?-- que a zona e os que nela resistimos estamos a demandar, como a Asociación Comercial fai coa petición de aproba-lo Peprica que según noticias do concellal de Urbanismo parecía estar a punto de ser desbloqueado. E resulta que non, máis de lusco e fusco, de colapso, según os infiltrados que tentan paraliza-la vida do casco vello, sumilo no abandono á par que na posible expropiación de espacios e acentuación na escalada de cerre de negocios, concomitante co do Mercado.

O congreso sobre Conxuntos e Cascos Histórico-Artísticos que se celebrou antre o 25 e 28 de Xaneiro no Teatro Principal sirveu pra marcar un tempo de esperanza cun estudio pormenorizado sobre a degradación da cidade vella e de posibles soluciós prá súa revitalización; pero despois da noticia do desbloqueo do Peprica entraron de novo en escea os que queren seguir facendo a súa campaña en base ó negativismo, ó bloqueo máis alá do que sería de razón. E a zona acentúa a súa caída na depresión ó tempo que algunha xente aínda almorza coa nova de que o Mercado de Abastos leva inactivo dende o pasado mes de Outono e de que vai haber obras ata o 31.12.2001, i eso porque o Urban determinou esa data como tope, que se non o fixera a cousa iría pra máis longo, cando o prazo tería de acortarse o máis posible --traballar a tres turnos se fora preciso-- sendo como é o Mercado un centro dinamizador, vital prá zona e a cidade enteira. ¿Pra cándo as obras...?

Coa ameaza citada, outras posibles disposiciós poderían encastañarse na serie de realizaciós negativas, como a recollida dos residuos sólidos urbanos con posible retirada dos contenedores e retorno ó sistema das bulsas ó pé das casas. E menos mal que, xustamente na penúltima xornada do congreso, Xosé A. González Ferreira, enxeñeiro industrial, falou do tema dos lixiviados, da escorrentía inherente ás bulsas e das posibles e conseguintes infecciós. ¡A peste!.. Non á regresión, pero sí a algún tipo de contenedor máis integrado no entorno e á potenciación da recollida selectiva que, neste momento, é practicamente nula na zona vella cando existen soluciós xa estudiadas noutras partes, nalgús casos por medio de depósitos soterraños de nova xeneración. Os contenedores afean sempre, non sóo no casco vello. 

Que o xarabaldo noitarego denunciado non era cousa de coña, que era unha forma consentida de violencia está agora claro, cando entraron en escea outros violentos –con balance de feridos-- nunha destas pasadas fins de semáa, algo que tampouco se pode consentir. E todo consecuencia da outra violencia, a da inhibición continuada á hora de procura-las soluciós que viñan rogando as asociaciós de veciños que permanecen na zona máis alá do que é de razón porque o deterioro rampante parece non vai ter solución. O retorno ás bulsas dos sólidos urbanos sería outra forma de tiranía, como a de mante-lo Mercado parado por case dous anos, ou o bloqueo do Peprica. En fin, que podemos estar nun tempo de lusco-fusco sen retorno, cara a ningures.