miércoles, 11 de junio de 2008

ZP, NA CONTA ATRÁS [11.06.2008]

Manuel Pizarro, o experto economista que entrou no PP pra traballar con pico e pá; que parecía estar aparcado por Rajoy, resulta que está traballando firme, como o demostra o feito de que, aínda tendo asinado 200 perguntas en mancomún con outros diputados populares, desta volta é noticia por ter persentado outras 50, asinadas por el en exclusiva, relacionadas con asuntos da Comunidade de Madrid presidida por Esperanza Aguirre, que conta con el como colaborador. Se no debate con Solbes estivo máis certeiro, agora está claro que o vicepresidente de Economía de ZP estaba a contar mentiras. Tal como se pon o panorama, as trolas van ter pró seu partido un acedo resultado. Pizarro precisa, certamente, dunha maior independencia porque pode opinar, sobre economía, con máis autoridade e rotundidade que Solbes. E que Rajoy, por suposto.

Pontevedra, 11.06.2008

Entrada n . 508 do blog

ZP, na conta atrás,
por Xesús López Fernández

Introduzo estas anotaciós inspirado na crónica que hoxe publica José María Carrascal no ABC.

Dí o cronista que Zapatero tiña solución pra todo, e algús creérono e votárono. Así, o de ETA resolvíase con negociaciós. O do nacionalismo, con novos estatutos. O da inmigración, legalizando ós ilegales. O do choque de civilizaciós coa famosa alianza promovida por ZP, ó tempo que a cruzada de laicidade.

Así daba gusto. España era Jauja, envidia do mundo mundial. Sería cousa de pouco tempo, ou eso pensaban, a chegada de expertos extranxeiros de todas partes pra conoceren as nosas recetas.

Pero veu o tío Paco e non coas rebaixas, senón coa sobida, porque o tío Paco é o petróleo. E os altos intereses e o paro ascendente, e os automóviles inmóviles, e os pesqueiros amarrados, e o ladrillo que non se move, e as tasas de crecemento máis baixas da UE. Todo consecuencia da imprevisión, do diletantismo, a semántica e o autismo do noso presidente, que desta volta aínda non reconoceu que estamos en crisis.

Dentro de pouco teremos ocasión de llo lembra-los españoles todos, salvo os que vivan da política, con palabras fortes por ser causante dos males que nos están a caere enriba. E non toda a razón vai ser dos que agora denuncian, ós que haberá que lles perguntar a quén votaron o 9 de marzo do 2008. Tanto ós transportistas en folga como ós armadores que amarran os seus barcos nos portos, ou ás estaciós de servicio e supermercados, e ós que queiran protestar, que han ser bastantes máis.

ZP terá de se adaptar á realidade, pero xa sabemos que ésta, a realidade, é de dereitas. De todas formas podemos decir que Rajoy tivo sorte ó non gaña-las elecciós, porque o paquete-bomba do conflicto socioeconómico que está en marcha estaba xa armado antes das elecciós, i el non merecía ese premio.

Ó mellor, pra que o PP poida gañar unhas elecciós, terán que se pudrir máis as cousas. E o PP cambiar de líder. ¿Quén se lembra de Manuel Pizarro, o número dous do PP por Madrid? Pois hai que lembrarse, claro que sí, porque si foi cofirmante con outras xentes do partido dunhas 200 perguntas feitas ó Goberno, agora acaba de asinar en solitario outro paquete de 50, referidas todas elas a asuntos da Comunidade de Madrid. Ou sexa que o home está a traballar, aínda que a Rajoy poida non lle gustar. Pizarro, puntual e traballador, non perde unha sesión parlamentaria pra exemplo de todos e procurou estar á marxe do cisma que parece estar vivindo o partido da gaivota, escaso de democracia. Rajoy, no seu día nomeado sucesor polo dedo de Aznar, volveu perde-las elecciós deste ano. E resulta increíble que se teña que convocar un congreso no que vai ter, como contrincante, a sí mesmo, pra dese xeito verse máis lexitimado democráticamente.

No hay comentarios: