viernes, 29 de febrero de 2008

AS JALESCOLAS [29.02.2008]

Pontevedra, 29.02.2008

Entrada n. 446 do blog.

AS JALESCOLAS,
por Xesús López Fernández


A cuestión das galescolas polas que Quintana ven pulando está a ter unha certa contestación social, non polo feito en sí de que os nenos poidan ser escolarizados en galego dende 0-3 anos. Non. O que se denuncia a nivel social é o feito de que as queren convertir en fraguas do "galegués" ou normativo de concordia polo que o Bloque ven traballando con vistas a acabaren coa lingua lar i embarcar a esta sociedade, reconvertida por medio do seu trampitán, nunha tribu nacionalista, na construcción do Portugaliza destos visionarios, polo que os paisáns coido non estamos.

Estas xentes non perciben que si antes había un certo complexo diglósico derivado do feito de sere o castelán unha lingua máis prestixiada socialmente que o galego, desta volta estamos a ver que o idioma do país caeu a cotas de máis desprestixio, que incluso pode estar a traballarse, con criterios máis de comisariado político que pedagóxico, o esquecemento do depósito enxebre da fala que algús nenos aínda portan cando van á escola. Hai que falar galegués, é a consigna, non a lingua lar de cuia conservación son precisamente os pais desos alumnos os últimos, talvez os derradeiros artesáns.

No antroido pontevedrés, o martes, estiveron presentes as galescolas, pero en versión de burla total ó evanxelio de Quintana. Deso falan as seguintes fotografías dunha jalescola montada na antigua terraza do Café-Bar Savoy.

1. Cartel indicador da jalescola.
2. Panorámica da aula, antes de comeza-la clase.
3. Outra panorámica máis lograda. Percíbese que estamos contemplando un aula nacionalista, con tanta badeiriña pendurada, algo que hai que lle inculcar ós infantes.
4.- O profesor comeza a dar algunha explicación.
5.- O mestre quere ensinarlle ós "rapaces" a versión castelá de "A Virxe de Guadalupe".
6.- Un alumno protesta. Insiste en que ten que decir "ondiñas veñen, ondiñas veñen", que Quintana non lle permite decir "olitas vienen, olitas vienen...."
7. Unha vista da clase, na que se percibe a atención que prestan os "nenos".
8. O mestre, expoñendo por medio de láminas, un novo tema.

9.- Nesta vista percíbese que no mandilón do profesor, ó igual que nos dos "nenos" luce a franxa azul da bandeira galega, coa estrela vermella de cinco puntas, do Bloque estalinista, sobreposta. Máis "jalescola", imposible.



miércoles, 27 de febrero de 2008

ALARMA MEDIOAMBIENTAL [3.02.2001]

A xunqueira de Lérez. Foto histórica, na que se aprecian os peares da ponte do ferrocarril antes de estare a obra rematada. Empeñáronse en convertir en campus universario o espacio da xunqueira, no canto de reservalo como depuradora biolóxica do sistema río ría, como relicario de vida.
O Brado, de Edvard Münch, ven ser un icono útil pra explica-lo que está a pasar en Lourizán, porque non están a pensaren en rexenera-las marismas, senón na reconversión en solar daquel espacio, como xa se lles escapou en certa ocasión. Coa pasarela que comezou Ana Pastor por Lourizán e que o Bloque quer continuar ata As Corbaceiras, os persoaxes do fondo do cadro, presuntos recalificadores, poden ser identificables. Podémoslle poñer nomes e, case seguro, acertar.
O mercurio non desaparece da auga. Na ría de Pontevedra ten unha presencia constadada dende os estudios do Escorp. Na primeira fase, 13g por tonelada de cloro fabricada; na segunda fase, os vertidos foran a máis e pasaban dos 17gs. por tn. de cloro fabricada na factoría Elnosa. Cánto informe non se terá desbotado, ocultado, pra así manteren ás xentes desinformadas!
O Gulag medioambiental sigue apoderándose da ría de Pontevedra. ¿Cánto tempo lle pode quedar ó resto da xunqueira d´Alba aínda viva, que foi unha das grandes depuradoras biolóxicas desta ría, xunto coas outras xunqueiras?

Pontevedra, 27.02.2001

Entrada n. 445 do blog. Outro traballo do 2001 este agora pendurado no blog. O traballo non precisa de explicación. Podemos sí deducir que as cousas non cambiaron moito dende a súa redacción. A asignatura do medio ambiente sigue ausente nos discursos políticos, máis alá dalgunhs frase sen sentido, algunha especie de globo. Case sempre mentiras. Agora parece que están pensando case todos en Lourizán como solar. ¿Por qué será?


ALARMA MEDIOAMBIENTAL [3.02.2001],
por Xesús López Fernández


Continúa o escándalo das vacas tolas, das fariñas cárnicas, da súa posible distribución a nivel global, incluso antre os paises do terceiro mundo. Total que o home, na súa actitude irresponsable, parece estar a orquesta-la desaparición non soamente da vaca. Tamén está en cuestión, no noso país, o touro de lidia. A posible aparición dun sóo exemplar con EEB nunha gandería importante –coa normativa europea na man— podería supo-la súa case total desaparición. Non están as cousas claras ou algo se nos está a ocultar. E mentres o mal está xa en Menorca, o goberno alemán anuncia o sacrificio de 400.000 vacas nos próximos meses. ¿Por qué este sacrificio masivo? ¿É que o mal é tan contaxioso? A este paso, perdida a razón e a ética, parecería normal a eliminación de familias con algún enfermo de Kreutzfeldt-Jakob, aplicando a lóxica dos que tentarían, dese xeito, salva-la nosa especie.

É evidente a culpa do home no caos que se está a apoderar das nosas vidas. O aviso de Miguel Delibes de Castro en La naturaleza en peligro, debería servir pra que se cambiara de política, porque están a desaparecer antre 1.000 e 10.000 veces as especies que o planeta podería repoñer. Afirma o autor que os dinosaurios puideron demorar na súa desaparición un millón de anos e que a vida dos homes é demasiado breve pra perciberen os cambios, pero sí nos decatamos de que hai unha aceleración no proceso da desfeita. Que non saibamos cómo nos pode afecta-lo que está a acontecer non impide ver que a nosa supervivencia está en xogo. Delibes fai un chamado á conservación da biodiversidade porque as comunidades máis probes, os monocultivos, son as máis proclives á invasión de plagas, como aquí acontece co eucalipto, infectado polo gonípteros scutellatus, de non fácil eliminación. 

E sobre o cultivo intensivo do eucalipto que esquilma tanto monte comunal galego, en Lourizán acaban de descobri-la pólvora, algo sabido dende hai moito tempo. Debe limitarse a superficie cultivada e renunciar a cortas masivas. O informe de Lourizán debería ser estudiado e complementado coa presencia doutras especies máis nobres e a reorientación do vacuno cara unha gandería extensiva. Non sei si eso vai ser posible porque, mentres que o de Tafisa pode finalmente decantarse nun traslado a outro lugar, dende a SEPI anuncian a internacionalización e diversificación de ENCE. Flick/Feldmühle tería a opción de reconduci-las súas inversió s a esta terra, a súa asignatura pendente, nun principio destinataria –ano 89— da fábrica de pasta kraft que o grupo tiña que cerrar no lago Constanza por imposición da Unión Europea. Con Tafisa comezou o “gulag” pontevedrés; con Celulosas foi xa a loucura. ¿Por qué non unha solución como a de Tafisa, traslado e nova fábrica sen vertido? 

Como a contaminación sempre se fai global e afecta á saúde do planeta, á vida mesma, quero traer aquí a memoria dun persoaxe aludido na obra Patagonia Express, de Luis Sepúlveda. Refírome a Klaus Kucimavic, o home que descobreu o burato do ozono, Premio Nobel Alternativo de Física, nunca recollido. O home, esloveno, loitara cos ustachas croatas, do lado dos nazis. Rematada a guerra, buscou vida na Arxentina. Profesor de Física na Universidade de Bos Aires, desapareceu dalí a raiz da caza de Adolf Eichmann por axentes xudeos i escondeuse en Río Mayo, na Patagonia. Adoutara unha nova identidade, Carlitos Carpintero. Inventaba cousas e facía pequenos traballos. Querido por todos, a súa preocupación final foi que deixaba un refrixerador sen reparar. Saído do coma que precedeu á súa morte dous minutos antes de se lle apaga-la vida, dixo, Qué cagada, turco, qué cagada, no te arreglé la nevera. E morreu. O bo do home confirmara a Sepúlveda a existencia do burato do ozono. Os casos de cegueira irían en aumento, pero non quixo saber do premio, Diga a esos boludos que antes de dar premios detengan la polución atmosférica, era a súa frase, algo que dende o “gulag” pontevedrés tamén pedimos, estafados como fomos.

domingo, 24 de febrero de 2008

BUSCADE EN GOOGLE [25.02.2008]

Anuncio das elecciós xerales do 9M, polarizadas antre PSOE e PP.
Mariano Rajoy, que vai debatir con Zapatero, ás 22h p.m., en Televisión. Rajoy ven anunciando programas de rexeneración. ¿...?
Zapatero confórmase con empatar no debate do 25.2.2008. ZP asegura que non vai pedir perdón ós españoles, nen ás víctimas, pola súa mentira permanente en relación coas conversaciós con ETA.

Pontevedra, 25.02.2008

Entrada n. 444 do blog. Traballo remitido a diversos medios prá súa publicación nesta data. O tema ten tela, porque a través de Google pódense conocer moitas das carencias e pecados dos partidos, mesmo a súa impotencia, como queda dito no artículo, pra urxi-la reposición da legalidade en tantísima cousa denunciada como existe. A impresión que moitas veces se pode sacar é a de que os partidos non controlan nada, que son reféns dos grupos de presión. E nesas circunstancias é difícil votar por nadie, ata o punto de que moitos cidadáns pensan en votar contra alguén, contra o peor. Google pode aclarar algunhas cousas.

Buscade en Google [25.02.2008],
por Xesús López Fernández

Según os medios, Rajoy e Zapatero preparan a conciencia o debate desta noite, que pode ser importante nunha campaña que aparece bipolarizada, tendencia ésta que, dende que temos democracia, diríase que se vai conformando máis e máis en cada novo comicio, especialmente desta volta. As enquisas demoscópicas veñen pescudando na opinión pública pra ver de nos ofrecer un resultado anticipado, de nos presentar a un gañador. Así, daban unha certa avantaxe ó PSOE que parece que, nos últimos días, vai decantando nunha especie de empate técnico. E si o debate inicial, máis ben unha parodia, antre Solbes e Pizarro, parece se resolveu a favor do primeiro, segundas e terceiras lecturas do mesmo permiten unha estimación distinta: o incremento do paro, a crisis do ladrillo, os impagados das hipotecas disparados ata un 123 por cen en xaneiro; que o crecemento previsto pola CE apunta pra España a un 2,70% neste 2008, son datos que valen pra rubrica-la afirmación de Pizarro de que España non vai ben e que só unha verdadeira xestión económica pode endereita-lo errático rumbo do país. Por eso falan algús analistas da necesidade de vontade política e patriótica, pra lle devolve-lo pulso a unha Nación que o ten perdido.

Os actos de campaña mostran a un Zapatero na línea da tensión e dramatismo anunciados despois da súa charla con Gabilondo, como dono dun certo mesianismo; Rajoy aparece máis pausado, como querendo converti-los escenarios nos que intervén en aulas pró dialogo coas xentes alí presentes. Son dúas pedagoxías distintas, dous estilos diferentes, que no debate que esta noite vai moderar Campo Vidal non é doado saber cómo van converxer. E andan tamén na campaña os partidos menores, os nacionalistas, coa esperanza de se convertir na bisagra necesaria prá formación de goberno. Diríase que a crispación tamén cristaliza [¿consignas?] en actos menores, incluso académicos, nos que comparecen grupos antidemocráticos pra reventaren charlas como a de María San Gil, en Santiago; a de Dolors Nadal, en Barcelona; a de Rosa Díez, na Complutense, ou tamén, fóra da campaña electoral, na conferencia de Galicia Bilingüe no auditorio da Obra Social de Caixanova, en Vigo, o pasado día 20.

Outra forma de facer campaña é a contínua publicación nos medios de artículos asinados por políticos, moitas veces cuestionados cando o medio dixital no que aparecen así o permite. É nese foro aberto ó pe de cada traballo onde os cibernautas dan ideas, a favor ou en contra, ou simplemente intentan amplifica-lo debate, porque existen, certo, carencias, mensaxes capadas, silencios que non se poden consentir. ¿Ónde está o discurso claramente ambientalista que moitos de nós agardamos? ¿Está definido na campaña, de forma xenerosa, o necesario apoio á independencia xudicial ou á supresión do imposto sucesorio da que falou Pizarro...? Nada. Xogan moitos coa desmemoria e contra ela asume un certo protagonismo a memoria crítica dalgún comentarista: “Buscade en Google”,,,,”El caso Brindisi, el caso Reganosa”.. Ou Cabo Vilán, Tradepana, ferrocarril d´Os Praceres, a edar do Lagares...

O esforzo dalgunhas asociaciós en xudicializar denuncias das que, á vista da Constitución, do Raminp, da Lei de Costas, parecen claras infracciós, estaría fóra de lugar si existise unha verdadeira política ecoloxista que pode estar nos discursos, sí, dos que temos que decir que son, ás veces, rotundamente inaceptables. Buscade en Google, efectivamente, o que se vos ocurra: leis, sentencias, delitos ecolóxicos, actuaciós próximas conocidas nas que algús partidos fixeron xa, nun debate local de campaña, declaración de clara impotencia pra pular pola reposición da legalidade.... Pra que as cousas sigan como están, pra convertiren moitas veces os discursos en rendas descalificatorias antes que en exame de conciencia, mellor estar calados. A ver se no debate desta noite, antre Rajoy e Zapatero, asoma algo de esperanza. De tódo-los xeitos, buscade en Google, na rede. Pra aguza-lo voto.

viernes, 22 de febrero de 2008

GALICIA BILINGÜE [22.02.2008]

Representación gráfica de que o idioma vai mal, de que as normas do Diktatt non funcionan. Dibuxo do autor.
Pergúntome se os garulos do galegués, do galego da normativa da concordia, saben as cento e pico de palabras que atesouran/atesouraban os carros de bois, que é seguro poden manter algún uso. Digo esto porque o noso idioma non pode esmorecer víctima dos "cultismos" lusos dos que botan man esos palurdos.

Momento da intervención da Policía contra os saboteadores da conferencia de Galicia Bilingüe do pasado 20.2.2008, no Salón de Actos da Obra Social de Caixanova, en Vigo.


GALICIA BILINGÜE [22.02.2008]
por Xesús López Fernández

Entrada n. 443 do blog. Resulta encomiable o labor da organización Galicia Bilingüe, que na súa corta andaina está a obter unha aprobación certa da nosa sociedade. O seu lema "Tan galego como o Galego", na defensa da ensinanza en castelán, vai calando fondamente. Proba delo é que moitos dos seus actos de recollida de asinaturas de apoio, como tamén as conferencias e charlas de divulgación da súa campaña, son saboteadas por grupúsculos radicales de "nazifascistas de esquerdas", término agora acuñado en relación coas xentes reventadoras de conferencias como a de San Gil en Santiago, a de Dolors Nadal na Universidade Pompeu Fabra, en Barcelona, ou a de Rosa Díez na Complutense, como se existise un plan orquestado pra ver de afoga-las libertades das xentes que tentan expoñe-las súas ideas libremente e que non dispoñen de grandes foros. Queren alonxar do sistema ós auténticos demócratas e válense desos grupos de cretinos, como aconteceu novamente o pasado 20 dos correntes no auditorio da Obra Social de Caixanova, en Vigo.

Un grupo de radicales defensores do uso exclusivo do "neogalego", o galegués ou ben outras formas, [especies de caricaturas do portugués], que xa días pasados, o 10, en Vigo, provocaran incidentes co autobús da plataforma que demandaba ós cidadáns a súa posible asinatura en defensa da libertade de lingua, campaña na que van recollidas máis de 50000 firmas; con ese precedente e tamén o doutro enfrentamente n´A Coruña o día anterior, o novo acto de Vigo, en contra da Lei de Normalización Lingüística e coa fin de reivindica-lo dereito dos cidadáns a escolleren a lingua na que os seus fillos han ser educados, así como a libre opción do galego ou do castelán prá súa relación coa Administración autonómica.

Panorama tenso, pois, unha hora antes de comeza-la conferencia de Galicia Bilingüe, prevista prás 20,30 h., axentes da Policía Local tomaban posiciós en Policarpo Sanz pra evitaren que os reventadores conseguiran sabotea-lo acto de defensa da coexistencia de galego e castelán na comunidade, algo xa anunciado nas webs de Galicia Bilingüe.

Ás oito comezaban os problemas, según información do Faro de Vigo, cos radicales [portadores de bandeiras independentistas e pancartas a favor do seu "galegués"] a tomaren posiciós na fachada da Casa das Artes e a insultaren ós que ían chegando ó Centro Cultural de Caixanova.

A tensión foi a máis e, ó non seren dabondo os intentos da policía de mante-la protesta afastada e libre o paso dos peatós pola beirarrúa, procedeuse á carga policial contra os "reventadores" da charla. Varios radicales acabaron no chan e un mozo foi detido e levado á Comisaría, onde acodirían algús dos compañeiros a bradar contra os axentes.

Ó redor de 900 persoas accederon ó Auditorio pra saber da reforma lexislativa que propón o colectivo. Ainda co acto comezado según o previsto, varios garulos infiltrados antre o público quixeron interrumpilo en tres ocasiós e saltaron incluso ó escenario, momento no que a presidenta da organización fuxeu por medo a unha agresión.

Estos nazifascistas non se poden creer donos da verdade absoluta e terían de comprenderen que se o idioma galego está a morrer é porque a criatura que pariron no crisol do Diktatt estalinista, e por carecer ademáis dunha RAG digna de tal nome, está defrontada coa sicoloxía da verdadeira lingua de Galicia.

Que os presentes no acto clamaran en alta voz unha e outra vez "¡Libertad, Libertad, Libertad!" debería servir de aviso pra que, dunha vez por todas, se retirasen os "nazifascistas de esquerdas" ás súas casiñas e dos foros académicos, nos que non teñen nada que ensinar.

É de agradecer tamén que o Faro de Vigo, no que é o novo estilo de periodismo dixital, abrira un foro a seguido da noticia, no que se contabilizaron 225 entradas, algunhas delas francamente interesantes. A xente vai cansa. Aínda así, estaría disposta, na línea do bilingüismo harmónico, a defende-lo uso do galego popular ou, como decía Vicente Risco no 1910, a tratar científicamente a obra literaria de Rosalía ou Curros; ou a construí-lo idioma a partir da fala, como avisaba o noso ilustrado P. Sarmiento no século XVIII, que tamén falaba de cánto de artificio ten o portugués, sobrecarga de diferencialismos que non casan coa lingua galega. Eso é así.

A miña noraboa ás xentes de Galicia Bilingüe. Porque somos un pobo con dúas linguas cuia ensinanza pódese compatilizar incluso mediante cursos de gramática i etimoloxía comparadas. Repito, noraboa e resistencia contra os descerebrados que se queiran defrontar contra o seu labor democrático; a que non é democrática é a Lei pola Normalización Lingüística; nen a Mesa, polo que se ve un claro comisariado político, que confío desapareza nun futuro máis ben corto. A demanda de Galicia Bilingüe deberá ser, en breve, un clamor sentido polo conxunto da nosa sociedade.

Nota. Recomendámo-la lectura das notas dos lectores da noticia no Faro de Vigo ou n´ El Correo Gallego, do 21.2.2008.


jueves, 21 de febrero de 2008

OFICIOS QUE MORREN, OFICIOS QUE VOLVEN [2.03.2001]

Filloeiras de Valongo na Casa da Luz, outro dos esforzos de "reactivación comercial" da zona vella. Foto do autor.
A fonte que se ve na parte baixa da praza, estivo antes na parte alta. Ese era o seu sitio. Foi restaurada, como outras, pero unha fotografía en detalle permitiría vé-lo seu deterioro cando van seis ou sete anos da tal restauración. Un sistema de cinco fontes desas características fornecía d´auga á Pontevedra de Sesmeros, cando aínda non había traída. Foi o tempo das "augadoras" ás que se alude no traballo. Foto do autor. Vista parcial dunha exposición artesanal portuguesa na praza da Verdura, un dos intentos "revitalizadores" da zona vella. Foto do autor.

Pontevedra, 21.02.2008

Entrada n. 442 do blog. Traballo do 2001, forma un trío co titulado "Adeus ás Catalpas" e "As catalpas e algo máis". Publicado no Diario de Pontevedra, remitido tamén a Vieiros, esta web non "resisteu" a carga crítica do mesmo en relación coa política urbanística do BNG, de "renovación" da zona vella. Non precisa de máis comentarios.


OFICIOS QUE MORREN, OFICIOS QUE VOLVEN [2.03.2001], por Xesús López Fernández

Estos pasados días os medios deron noticia da xubilación de María a avisadora, en Humilladero de Málaga. A muller, que traía e levaba avisos, cansa de tanto camiñar, decideu á fin descansar ós seus 76 anos. É o seu un oficio que se perde, que nunca estivo remunerado salvo pola gracia dos seus destinatarios, antre as que conta unha de cinco mil pesetas en certa ocasión. Desconozo a fondura das novas que a muller ten traído e levado; si eran as mesmas cousas de tipo oficial: O Concello avisa dun corte no suministro de fluído eléctrico; se traía recados de vodas ou de nacementos, Que Sara e Ricardo van casar na parroquial no último día do mes en curso, Que Rocío de Manuel acaba de parir un fillo –o seu primeiro-- de peso comprido, que ten ademais ollos grandes de mirada intelixente; se avisaba de cousas roubadas ou de extravíos de outro tipo, Que dona Dorinda a viúda anda como ausente e xentes que a rondan tentan deixala sen cartos e sen alfaias e hai que protexela ou avisar á policía se algo malo lle pasa. María sería aínda máis longa na exposición.

É decir, María constituira, en realidade, unha empresa unipersoal de servicios, moi distante das que agora proliferan incluso en urbes modernas, lectoras de cartas, baralleiras que venden presaxios, avisos de boa ou de mala sorte. Neso prefiro o sistema do que se valía un persoaxe de Cunqueiro, avisos do alén por medio de ovos de galiña nos que chegaba a súa nota asinada, Amañai a chimenea. E a chimenea cae por a sobriña non toma-lo recado en serio. Un caso novo como o de María de Humilladero só sería posible en sociedades ágrafas e probes, sen radio que conte, sen televisión que informe, sen prensa en moitos fogares. A María de turno podería ser como unha especie de gaceta ambulante, pero entendemos que o seu oficio careza de futuro nun mundo sitiado polas mensaxerías de correo rápido no día, ou polo correo electrónico que nos trae noticias nun fisfás. Por Internet tamén se avisa ou compra sen sair da casa. Pero pedir unha pizza é algo que se fai por teléfono. Nuns minutos o repartidor chama á casa, Unha pizza pró sexto A, dí polo telefonillo.

O devandito é oficio de corta tradición, como o dos carteiros publicitarios, cos que hai que tomar medidas se non queremos que infecten o portal, Correspondencia comercial, Por debaixo da porta, por favor, é a resposta. Correspodencia comercial, insiste o mensaxeiro, Por debaixo da porta, vólveselle decir. Por eso se armaron as casas de moitas cidades cunha papeleira adosada ó marco da porta, pra defenderen a súa intimidade, en moitos casos, da colonización; pode que nalgús outros, das bandas de albanokosovares, das que hai aviso serio, Entraron polo tellado dunha casa, Libraron un kiosko de tabaco, Roubaron nunha tenda sen forzaren pechadura, finamente. María, cumpridora e solidaria, avisaría destos casos. E a súa xubilación tráenos lembranza doutro oficio perdido, o de sereo, cando unha brigada deles, armados de can policía, porían seguridade na noite pontevedresa, evitarían que esta cidade se convertise en terra de promisión das bandas que xa están aquí, insisto.

Pero hai un oficio vello que con urxencia quere volver, pide vez, o de augadora. En Pontevedra houbo un tempo no que éstas atendían as peticiós das casas e, dende as fontes de Sesmeros, levaban baldes a domicilio. Tivo sona a Perra Chica, que tiña o seu manantial na fonte de Curros Enríquez, que están a restaurar. Cobraba unha perra chica, daí o nome co que aínda é lembrada. E agora que a fonte vai tornar pró sitio, nun tempo de frecuentes cortes de auga --catro ou cinco o pasado martes, tres o Mércores de Cinza— perguntamos se non sería bo reinventa-lo oficio. A fonte, ademais de ornar e servir de nova Lavacolla prós peregrinos do Camiño de Santiago, tería de ser sempre d´auga viva, prá augadora poder atende-la demanda veciñal e xustifica-la súa presencia. Sería como volver ó pasado. Un deseño do Urban.

miércoles, 20 de febrero de 2008

AS CATALPAS E ALGO MÁIS [16.02.2001]

A vella praza da Verdura, cos seus bancos de pedra e catalpas, outra forma de concebi-lo urbanismo. Era un icono da vella Pontevedra, un rincón de cine. Por eso a reitero no blog. Torrente Ballester valorou sempre este espacio, tal como aparece na fotografía.
Baixo da Casa da Luz, agora "zona húmeda". Foto do autor.

Reis, Xaneiro 2008. Acaban de colocar novos bancos, despois de sete anos privados dos de pedra, que son os que a praza sigue a reclamar. Foto do autor.

Pontevedra, 20.02.2008

Entrada n. 441 do blog. Este traballo é continuación doutro anteriormente recuperado, "Adeus ás Catalpas". Non hai nada máis que leelo. Moitos dos presaxios fóronse comprindo. A praza é hoxe un espacio distinto, impropio xa pra fixar residencia. O edificio da Casa da Luz permanece infrautilizado máis alá da súa utilización fidelizadora, de cando en vez. As fotografías inseridas corresponden ó antes e o despois das desgraciadas obras.

(Este traballo foi publicado no seu día no Diario de Pontevedra. Remitido tamén á web de Vieiros, ó se tratar dun medio sectarizado incapaz de asumi-la crítica ó goberno local do Bloque, non foi tomado en consideración)

AS CATALPAS E ALGO MÁIS [16.02.2001],

por Xesús López Fernández

Retomo en parte o tema do meu traballo anterior, porque a tala das árbores da praza da Verdura aínda colea. E vai seguir coleando en tanto non se faga un tratamento digno daquel espacio. Está claro que ás árbores se lles acaba por querer e as xentes, mesmo as chegadas de fóra, quedaban asombradas ante a presencia das nosas catalpas, aínda que as mesmas foran mal tratadas xa dende a súa primeira prantación, sen terra pra afondaren as raices. E, vísta-las árbores xa abatidas a cuestión era simple. ¿Cómo terían resistido de pe? ¿Cómo non cairan?...Coido de razón decir que levaban tempo caindo, cada día máis penzas tres das catalpas. Nun espacio aberto hai tempo que o vento tería acabado con elas. En fin, agora tócalle ós urbanistas escolle-lo tratamento que lle vaian dar á nosa praza, se convén prantar tres, catro, seis ou máis árbores dentro da gama, por suposto, das caducifolias.

Téñase presente a importancia de escoller un cultivar adecuado, algo no que o Centro de Lourizán pode asesorar ou algún Garden Center podería ter xa a solución de recambio, ora no mundo das catalpas, ora no dos arces, liquidámbares, tilos, etc. Que se entenda que hai unha preocupación social certa, que non renunciámo-los cidadáns á calidade de vida que representaba ese espacio de umbra, recanto amable. E os veciños fixemos chegar ó longo da pasada semá máis de 120 instancias particulares ó señor alcalde, tres peticiós asinadas: reposición da arboreda por medio dalgunha especie adecuada, enlousado en función das fachadas, perguntándonos algús o por qué de tanto despilfarro, porque gran parte da pedra vella podería ser reutilizada mentres que un cambio a tonos grises pode mesmo cambia-la idiosincrasia da praza. En terceiro lugar, os veciños solicitamos que non se retiren as mamparas do antiguo edificio da Policía e que se integre naquel espacio algunha actividade positiva.

¿Non se pode pensar en lle dar ó edificio un contido social? Espacios pra exposiciós, aulas prá terceira edade; as asociaciós de barrio poderían dispoñer aí de local, oficina permanente de turismo, viveiro de empresas, mesmo algún colexio profesional, etc. Pero derruba-las mamparas, ir á política a quitar ou poñer mamparas, parece un sensentido, novamente a política do gasto tonto. E sobre todo estaríase a configurar, na práctica, un novo albergue de mendigos, unha asignatura pendente na que os cidadáns estamos sorpendidos do grado de estulticia dun goberno baleiro de soluciós, incapaz á hora de se decidir pola construcción dunha casa de acollida pra esas xentes. E lembro agora unha carta aparecida no Diario de Pontevedra a raiz da pretensión do anterior alcalde de cobri-la rúa da Peregrina. Hai aí un diñeiro de Europa, o 60 por cen dos veciños está dacordo, e vaise facer, fora daquela o discurso do señor Pedrosa. Os veciños que estaban na xuntanza miráronse extrañados porque nengún pertencía ó colectivo do 60 por cen. E cundeu a alarma.

Na carta aludida no parágrafo anterior dábanse ideas: a rúa da Peregrina como albergue de mendigos. Apuntábase a posibilidade de doutalos de sacos pra dormir e facerlles así as noites máis levadeiras. Na ausencia cara o comedor de San Francisco ou ó Vao se lles reservaría a súa praza de tocadores de frauta ou de exhibidores de mimo, etc. Desconozo se a carta valeu dalgo máis alá de avivece-la polémica. Falouse incluso de modelo de cidade –de mendigos--, configurado por esa presencia non desexada. Renunciouse á coberta. E agora estamos preocupados de novo, sonaron as alarmas polo que se vaia facer no entorno da praza, da praza das Catalpas que tamén lle decían. Téñase en conta que a Casa da Luz estaba totalmente cerrada por unha parede branca, situada a porta da entrada no centro do tramo que daba á praza. Tamén se aprecia unha gran chimenea nunha foto histórica. ¿Por qué non a repoñen tal como era se a queren seguir chamando Casa da Luz?. Sentidiño, por favor, pedimos ó Concello e a Patrimonio dende a praza da Verdura ou das Catalpas.

martes, 19 de febrero de 2008

RETRINCOS SOBRE AS ELECCIÓS [19.02.2008]

Ence i Elnosa, dende Lourido, pecado compartido polos tres partidos presentes onte no debate do Liceo Casino, que carecen de mensaxe ambientalista. ¡Cantantes!.
Rosa Díez, saboteada na Universidade Complutense de Madrid. O rector, membro da Plataforma PAZ da cella luciferina, de apoio a Zapatero, non vai denuncia-la actuación dos radicales. Días despois e, nunha desafortunada intervención, Felipe González dixo que tamén a el lle reventaran algunha intervención en tempos pasados e que non por éso chorara.
Con cabeza y corazón, novo cartel de campaña de Rajoy.
Fidel anuncia a súa retirada. ¿Raúl sigue?. ¿Resistirá máis tempo Cuba a privación de todo, a involución causada por un réxime que non foi máis alá do deseño dun Gulag despiadado? ¿Por qué a esquerda española nunca foi crítica co réxime castrista? ¿É que acaso ven ser un paradigma do progresismo que levan in péctore, máis alá dos discursos vácuos?
Sabotaxe en Santiago á conferencia de María San Gil.

Pontevedra, 19.02.2008

Entrada n. 440 do blog.

SOBRE AS ELECCIÓS.

Fidel se retira.- Diríase que incluso queren meter na campaña a revolución cubá, agora que Fidel Castro anuncia a súa retirada. Pasádo-los cincoenta anos de dictadura permanente, sen capacidade pra desenvolver mínimamente unha industria autárquica, a era Castro chega á sua fin. E non se ve na poboación da illa unha especial ledicia, senón o electroencefalograma plano no que decantou a persistencia en institucionaliza-lo Gulag, o terceiro grado despois da axitación e propaganda e da represión.

Pero mellor que a reportaxe histórico que pasaron os medios, por exemplo CNN+, sería que presentaran certo powerpoint que anda por internet e que con gusto lle remetiría a quen mo solicitase. Nel aprécianse unha serie de decorados urbáns nos que os distintos espacios que aparecen mostran o esmorecemento do país, o deterioro, a ruina total, o logro do réxime.

Nalgún espacio teño contado dun amigo meu, curmán de Fidel, fillo dos padriños de Raúl, nacido en España. Este amigo é o último de catro irmáns e, se ben o seu pai emigrara cando o de Fidel, un bo día acordou retornar. ¿Qué facemos aquí? E volveuse coa muller e tres fillos. Foi despois de botar raíces aquí de novo cando naceu o meu amigo que, curiosamente, emigra adolescente a América, pero xa non-o fai a Cuba, gobernada ou desgobernada polo seu primo comunista. Faino a Venezuela, da que xa está de volta dende hai anos. Non quero dar máis pistas sobre a súa identidade.

Lembremos, de tódo-los xeitos, que nos diversos programas de intercambio que houbo antre España e Cuba, os camiós Pegaso que chegaron a Cuba daban mellor resultado que os que lle fornecía a Unión Soviética. Deixo dito ésto pra que conste que España, sendo un pais aillado, foi quen de poñer en marcha unha economía autárquica que Cuba, en cambio, non soupo crear.

Elecciós en España. Aínda non é momento de falar de pulsión de cambio, pero sí de que hai medos ante a tensión, o "dramatismo", os insultos que Zapatero está a incluir nas súas intervenciós á procurado do voto dos radicales, dos anticlericales, da chusma en xeral. Non parece que esteamos a vivir nun estado democrático. E si o outro día foi María San Gil a boicoteada e agredida polos de Agir (irmanados con ETA-Batasuna), onde reventaban na Universidade Pompeu Fabra un acto, unha conferencia, no que ía intervir Dolors Nadal, polo PP. Por certo, os reventadores portaban bandeiras barradas de roxo e amarelo, cun triángulo no que se apreciaba, como na bandeira cubá, a estrela de cinco puntas. Dolors Nadal, que pensa volver á Pompeu Fabra pra pronuncia-la conferencia, acusou ós partidos de non ter condenado claramente o atentado.

E por se fora pouco, hoxe houbo outra presencia radical na Complutense, nun acto concurrido, no que Rosa Díez, que non dispón de apoio mediático, presentaba o seu programa. E a pergunta é fácil: ¿Quenes están detrás destos sabotaxes, destas ofensas á democracia? ¿En qué conciencias está encastañado o enanismo que teme a explicación serea, a conferencia académicas, a defensa da libertade?

Entrevista a Rajoy.- Foi onte, en Tele5, actuando de entrevistador Pedro Piqueras. O home está facendo demostración de sereidade e vai expoñendo o seu programa, argumentos, demandando tolerancia e lembrando, sen insultar, os puntos débiles do discurso de Zapatero, o seu anticlericalismo absurdo, as mentiras. ¿Por qué non contestan PSOE e IU á petición de votos prá súa opción feita pola Xunta islámica? A ese respecto calan, como se non oíran.Na fin da entrevista e, coa limitación que se queira supoñer, unha maioría de espectadores telumbraba unha victoria de Rajoy.

Debate en Pontevedra.- Foi no Casino de Pontevedra. Participaron Ana Pastor, Antón Louro e Olaia Fdez Davila. Orientáda-las intervenciós como no programa "59 segundos". Coido que deplorable en xeral, a intervención máis coherente pareceu a de Ana Pastor. ¿Pero non haberá máis temas dos que falar que os das "infraestructuras e circunvalación, Ence, e o idioma galego"?.

¿A que coño lle chaman idioma galego PSOE e BNG, que Louro mentou como galegoportugués? E Olaia sigue coa teima de falar de Galiza, dun país distinto. ¡Pero se o idioma que queren introduciren nas galescolas xa non é o vello idioma do país, senón o galegués parido polo Bloque e aceptado por unha RAG que debería desaparecer!. O galego é un idioma independente, próximo ó castelán máis que ó portugués anque a moitos lles doa. Quéreno facer evolucionar cara a ortografía reintegrada do portugués, un idioma que foi fortemente afrancesado, afastado do galaicoportugués medieval.

¡E falaron tamén de Ence! Os tres. Pra decir, en definitiva, que non tiñan a solución, que están estudiando posibles ubicaciós pra salva-los 275 postos de traballo, pero lonxe todos de solicitar que a xusticia actúe xa na reposición da legalidade. ¡Se non-o fan nen coa sentecia do TS dictada en relación co paso a nivel da praza d´os Praceres, ¿qué nos queren vender?

Faltaron perguntas sobre ese tema, como a da nulidade radical que se dá en relación con Ence, Elnosa, Holcym, a Depuradora d´Os Praceres e a propia autovía, ademáis do tren, pecado dos tres partidos presentes no debate, sen programa ecoloxista.

domingo, 17 de febrero de 2008

AS ELECCIÓS E A IGREXA [18.02.2008]

Felipe en campaña, increpado por alguén con memoria histórica: "Si Zapatero promete un gobierno sin corrupción, ni guerra sucia, ni robo a los fondos de Estado, ¿Tú què pintas ahí arriba, compañero?". (Chiste e texto de Martínmorales, en ABC, el 19.02.2008)
Zapatero co Nuncio, o día do famoso "caldito". García-Gasco insiste en que o PSOE está impoñendo un modelo antifamilia.
Rajoy di que Zapatero minte, como ten demostrado.

Pontevedra, 18.02.2008

Entrada n. 439 do blog. Traballo desta data, remitido a diversos medios. Como nos últimos tempos e no fragor da campaña non parece que os temperamentos se acalmen, vai o traballo sobre a autofinanciación da igrexa. Despois da charla televisiva de Gabilondo e Zapatero [puideron escenificala na cama porque non foi unha verdadeira entrevista], despois do trascendido a micrófono aberto, cando Gabilondo lle pergunta, ¿Cómo van las encuestas?, Bien, pero nos conviene que haya tensión, fue la respuesta de Zapatero, Os vendría bien, recomenta Gabilondo, Voy a dramatizar, prometió Zapatero. E así fixo o 17.2, en Santander, cun discurso sen contido, pletórico de insultos. A famosa axitación e propaganda que nos tempos da Revolución rusa foi seguida por unha segunda fase, a represión, pra finalizar coa imprantación do Gulag. Eso pasou tamén en España, coa República e, xa dende o primeiro momento comezaran coa queima de igrexas, unhas cen no primeiro mes da andaina republicá, de 14.4.1931/14.5.1931.

E agora están entrando na campaña Felipe González [Flick, Gal, comisiós do Ave andaluz....] e Alfonso Guerra [que califica ós bispos de ayatollahs] cando a Zapatero lle estoupan igualmente algús asuntos, como o do ministro Bermejo, fillo de camisa vella falanxista de esquerdas de toda a vida, que acaba de invertir 250000 euros na reparación da súa vivenda, que según a ministra Trujillo, cando ela a deixou, quedaba en perfectas condiciós de habitabilidade. A recuperación dos "dinosaurios" González e Guerra, hai tempo amortizados, é significativa de que Zapatero poder ve-las cousas mal. Aínda se vai atopar con que o PP pode recurrir tamén a tensiona-la campaña en base ós vellos escándalos daquela época.

As elecciós e a Igrexa [18.02.2008]

por Xesús López Fernández

O comunicado dos bipos sigue a ser obxeto de lecturas varias cando realmente non é difícil interpretalo. Abonda cunha lectura atenta, con leer i entender. E non existe disculpa algunha pra incardina-lo texto do documento eclesial nos discursos da campaña, cando a súa redacción coincide con outro documento do 2006, literalmente. A Igrexa ten dereito a opinar e aconsellar porque nada que poida afectar ó home lle resulta alleo. Cando os bispos norteamericáns se acaban de pronunciar en sentido parecido, a nengún político useño extrañou o seu discurso. Pero aquí poden algús pensar que na prédica episcopal existen elementos pra convertir algún que outro mitin nunha peza de axitación e propaganda, o famoso agit-prop, o instrumento que en tempos pasados fora usado pró asentamento de hexemonías como a soviética. Pero estamos noutro momento e, máis alá das expresiós captadas na Televisión Cuatro a micrófono aberto e xa finalizada a charla mantida por Gabilondo e Zapatero [necesitamos tensión, voy a dramatizar], os discursos deberán levar outro curso, traducirse nun verdadeiro debate. Polo menos é o que agardamos.

Unha cuestión: a financiación da Igrexa. Digamos que xa carece de financiación estatal e que somos os católicos os que, dende o 1.01.2008 teremos que arrima-lo hombro, xa por medio de donativos, xa pola opción de indicar na declaración da renta a opción de destinarlle o 0,70% da cuota a ingresar. Outras confesiós relixiosas escolleron a vía da financiación directa do Estado, como os musulmáns, ós que a Xunta Islámica lles recomenda o voto a favor do PSOE ou de IU, como xa temos comentado e sobre o que ambos partidos calan. Pero é que hai unha serie de gastos asumidos pola Igrexa, un aforro real prás arcas do Estado duns 36060 millós de euros ó ano según o arcebispo Manuel Ureña, pola prestación de servicios de carácter asistencial, benéficos i educativos, antre outros, cifra estimada no 2006, cando a Igrexa recibeu 132 millós de aportaciós tributarias e consignaciós orzamentarias, que non cobrirían nen o 20% do precisado pola Igresa pró seu mantenemento.

As que siguen son cifras dese ano: 5.141 centros de ensinanza, 990774 alumnos, un aforro pró Estado de 3 millós de euros por cada centro e ano. 107 centros hospitalarios, outro aforro pró Estado de 50 millós por hospital e ano. 1004 centros de carácter asistencial con 51312 camas antre ambulatorios, dispensarios, asilos, centros de minusválidos, de transeúntes i enfermos de SIDA, outro aforro pró Estado de 4 millós por centro e ano. Gastos de Cáritas ó ano: 155 millós de euros, saídos do peto dos cristiáns españoles. Gasto de Mans Unidas: 43 millós, da mesma orixe. Gastos das Obras Pontificias (Domund): 21 millós. 365 Centros de reeducación social prás persoas marxinadas (ex-prostitutas, ex-presidiarios, i ex-toxicómanos: 53140 persoas atendidas, outro aforro ó Estado de medio millón de euros. 937 orfanatos, que atenden a 10.835 nenos abandonados, aforro de 100000 euros por centro. O 80% dos gastos de conservación e mantenemento do Patrimonio histórico-artístico eclesiástico. A nota que manexo ten unha corrección á baixa do economista José Barea. Según el serían 31189 millós de euros os que gasta a Igrexa, pra que a economía española vaia ben.

O Estado é o responsable de manter esas actividades, pero fai a vista gorda, porque estamos a falar de moitísimas persoas. Hai un traballo enorme de voluntarios, que nunha organización como Cáritas son 65000. E poderíase pensar, chegado o caso, en ter que solicitarlle ó Estado o pago dos servicios relacionados. Dese xeito, o importe estimado serviría pró sostenemento da Igrexa. Polo tanto, dáse a paradoxa de que hai moitos católicos a faceren o traballo dun Estado anticlerical, que decote está a atacare os seus principios e que, antre as súas fins e cos seus decretos pode mesmo arrredar ós cidadáns das súas creencias relixiosas. Confiemos en que a conversa do Nuncio papal con Zapatero ha servir, cando menos, pra modera-los discursos.

sábado, 16 de febrero de 2008

ADEUS ÁS CATALPAS [15.02.2008]

A praza desalmada. ¡E menos mal que lle puxeron dez árbores, pero sen alcorques debidamente preparados, a consecuencia da protesta producida!. Foto do autor.
A Casa da Luz, baixo, pensado dende o 2001 como recanto de miseria. Escenario urinario. Foto do autor
A traicionada praza da Verdura, a praza das Catalpas. Culpables: Mosquera e Fole e a Corporación municipal que non se soupo opoñer a esa desfeita.

Pontevedra, 15.02.2008Entrada n. 438 do blog.
-
É curioso. O traballo agora inserido, pendurado no blog, é de hai sete anos, case coincidente en día e mes. Nele díse que, en relación co desmantelamento da praza da Verdura, xa chegaron os do bongo, os ruídos que convirten o espacio, ás veces, en inhabitable. A escalada do deterioro foi a máis.
Xunto cos do monopatín, ese é un dos horrores de certos espacios de Pontevedra, que fixo posible o Bloque. E hoxe, cando a precampaña deixou de ser unha simple ficción pra se convertir en campaña pura é dura, o talibanismo do bongo estaba no entorno do Museo, como síntesis da profanación da cidade vella, con xentes ou tribus dispostas a flamea-las bandeiras do Bloque, pra prepararen algún spot publicitario e ver de acadar votos a favor dos políticos magdalanienses.

Claro, ese non é o estilo dos partidos democráticos, porque a bullanga que hoxe armaban é algo que non se pode consentir e que, dalgún xeito, a normativa de ruídos debería evitar. Pero, xa se sabe, a policía local non funciona. Se no seu día foi recluída, castigada a permanecer no auditorio da Xunqueira, desta volta, sen conciencia, están ó servicio do crecente talibanismo do Bloque.
(Téñase presente que no ano 2000 e primeiras semás do 2001, o titular do blog remitía, por lle teren sido solita-las súas colaboraciós, á web de Vieiros. Este traballo, por ser especialmente crítico co labor do Bloque, non foi incluído. E nengún outro a partir dese momento, o que demostra o servilismo de Vieiros en relación co Bloque.)

(Descubro agora que o traballo que sigue xa foi pendurado no blog o 26.06.07, pero opto por mantelo porque o bongo, os ruídos que van convertindo a zona en deserto, están asumidos polos nazionalitaristas en campaña, son parte da súa estratexia de obnubilación, pensada pra unha sociedade subnormal).

ADEUS ÁS CATALPAS [9.02.2001]por Xesús López Fernández

É certo que as catalpas da Praza da Verdura tiveron de sempre detractores que entendían que non eran árbores axeitadas pra aquel entorno, tan recollido; que estarían mellor noutros espacios, presentadas como árbores de alineamento ou de bordura en paseos i estradas, misión na que compiten en certos paises con tilos, plátanos, arces, etc. Foi Antonio Odriozola o que me dou a noticia primeira que eu tiven do seu nome catalpa bignenioides, especie dun colectivo de aproximadamente dez que existen polo mundo adiante. Un colectivo certamente corto comparado con outras árbores. Do arce, por exemplo, cóntanse en torno a noventa especies, algunha delas con diversas subespecies e cultivares, algo a ter en conta cando se decida a reposición da arboreda agora cortada ou trasprantada. Algún medio apuntou xa a posible renovación da praza con inclusión precisamente de arces. ¿Ginnala, campestre, palmatum, pradairo, rubrum, sacharum, negundo...? É importante acertar coa especie, co colorido que a mesma vaia aportar en cada estación. 

As catalpas foron un elemento dinamizador da vida da praza, porque aportaban unha sombra xenerosa que convertía o lugar en espacio vivo, sitio de encontro de diversas xentes e familias, sitio vivo prá conversa, o aperitivo ou a lectura nunha zona abondo deprimida e abandonada. As catalpas, permítaseme decilo, constituían un activo do chamado “capital social”, algo difícil de definir como dí Fukuyama en A gran Ruptura, pero que se percibe en casos claros como éste, contraposición diáfana daqueles outros como o xardín de San Franciso, onde certas presencias convirten o espacio en lugar a evitar, quebrado alí o “capital social”. Confiemos en que han repoñe-la arboreda coidadosamente e que, con exemplares semimaduros, as xentes non han extraña-la ausencia das queridas catalpas por moito tempo, con independencia da especie que agora escollan. Pero convén decir algo máis sobre o tema do “capital social”, alertados como estamos os veciños sobre o que se poida derivar consecuentemente á actuación en curso, enmarcada no plan Urban.

Nada ten que ve-lo edificio que ocupou a Policía Municipal coa Casa da Luz que agora nos queren “vender”, asentada noutrora no mesmo solar. O edificio, especie de extraño piorno infrautilizado na súa parte baixa, espacio asoportalado depositario de moitas miserias, degradado, mellorara a raiz da autorización por Patrimonio do seu cerre por medio de mamparas que deixaban á vista os arcos da casa. O lugar era doutado así dunha funcionalidade certa e deixaba de ser sitio “húmedo” pra alivio dos veciños. A presencia da Policía antes que o seu labor, ó meu ver, era outro activo da zona. Significaba unha garantía, un respeto, aínda sendo remisa pra actuar sobre bares e pubs próximos que agora, desmantelado o cuarteliño, están a mostraren unha maior presencia, aumentan o ruído, posibilitan ou fan escándalos, permanecendo abertos máis alá da hora de cerre. Nunha palabra, estase a chariniza-la zona. Xa chegaron os do bongo e as fiestras dobres non son solución ante esa agresión.

O malo é que o peor pode estar por chegar si se consuma a retirada das mamparas polo cambio de uso dado á pranta baixa do edificio que foi cuarteliño da Policía. É fácil maxina-lo espectáculo sabatino das iguanas con litrona alí concentradas ou a posible transferencia de “capital social” dende o soportal de Sindicatos. Que o concelleiro Mosquera teña falado de medidas no caso de degradación do lugar non ten valor algún, porque ata o dagora non tiveron vontade pra resolveren casos denunciados. Por favor, que manteñan o espacio choído, doutado sí dalgún tipo de actividade positiva. Que se poñan dacordo con Patrimonio porque os veciños queremos vivir e descansar polas noites, algo que calquer manual de política local debe facilitar... Que pranten arces ou catalpas, ben. Que acerten tamén co novo pavimento... E non consintan a crecente “charinización” da zona. Sería a súa morte.

jueves, 14 de febrero de 2008

MEDIO AMBIENTE E FEÍSMO PAISAXÍSTICO [9.06.2001]

Unha forma de restaura-la paisaxe. Neste monte de Pontecaldelas dominan xa os carballos americáns, outra forma de poñe-la paisaxe en valor, de lle devolver á nosa terra o atractivo perdido. Foto do autor, outono 2007.
Foto recente do autor: O monte do Alto da Mira, ou Altamira, chegando a Rubiáns, Vilagarcía, xa case desaparecido. Os enormes petoutos que dalí foron levando aparecían nalgún caso a modo de pezas dalgunha construcción singular, asentados como se formaran murallas ciclópeas. É un de tantos montes arrasados polas pedreiras, sen que Medio Ambiente entre na posible restauración destos espacios, algo que se ven denunciando dende diversos colectivos. Nalgús casos son afectados acuíferos que xa non se volven recuperar.

Entrada n. 437 do blog.

Pontevedra, 14.02.2008 De novo haberá que ter en conta que se trata dun traballo xa vello, do ano 2001. O triste do asunto é que hoxe poderíamolo reiterar de novo, cunha Xunta incapaz de ordea-la paisaxe. O feísmo paisaxístico é un pecado permanente, unha endemia do poder e dos grupos de presión, unha especie de consigna: "Hai que acabar co país porque nos vai ben, ben ás nosas economías particulares". Non se pode entender doutro xeito que non cheguen ós postos de responsabilidade as persoas dispostas a poñer as leis en valor, a practica-la reposición da legalidade en tantísima cousa, urbanismo, medio ambiente, que precisan dun traballo enérxico de salvación. Non hai color, nen desta volta, cando estamos na precampaña das elecciós xerales do 9 de Marzo. De momento paréceme que só Rajoy falou do proyeuto --escríboo así aposta, como aparece nun diccionario de Marcial Valladares-- Costa Natura, de recuperación do capital natural, aínda que non-o dixera con esas palabras. Aí teñen os políticos un viveiro de votos. Pero xa non valen as mentiras. Contos non enchen.

MEDIO AMBIENTE E FEÍSMO PAISAXÍSTICO [9.06.2001],
por Xesús López Fernández

A pasada semáa estivo tinguida de verde, promovida a ecoloxía dende distintos foros, marchas e asociaciós. Simpática a actuación dos nenos dun centro escolar a repoboaren unha zona do Castrove con carballos e castiñeiros, todo elo no marco dun programa de protección ambiental. É tamén de agradece-lo acto da Federación Castelao na punta das Corbaceiras, a lectura de poemas de Amado Carballo e de Otero Espasandín, a entrega de flores á ría, o esforzo rexenerador de verteren alí auga nacente do Lérez e mai-lo Gafos. ¡Xa quixera eu que o Gafos tivese a forza dun gran río, xa que por nomes non é!. Sabido é que o Amazonas cambia de nome; o Gafos tamén, pois en Marcón chámase Pintos, convírtese no Tomeza cando cruza o val, chámanlle tamén Tablada cando pasa pola ponte dese nome en Campolongo, pra desembocar xa como río Gafos en lembranza do edificio que foi alí lazareto, a casa dos gafos, dos enfermos de lepra, lepra que hoxe parece sigue na nosa paisaxe.

Resulta que nesta pasada semáa tamén foi declarada a ría como zona sensible, denominación ésta que se terá de manter polo menos durante catro anos e que nos avisa de urxencias como a de que os lodos das depuradoras e outros fangos non poderán ir á ría, i eso no-lo dín cando está recén o percance da depuradora d´Os Praceres, estoupido de alcatreo que alarmou ó vecindario. Pois ben, non vai abondar coa depuración secundaria, senón que será necesario o tratamento biolóxico dos vertidos, algo reclamado hai moito tempo. Pero, ¿e os posibles accidentes que se han producir se seguimos a pensar nunha depuradora única de dubidosa eficacia? ¿E qué criterios se van adoutar, máis alá das auditorías, pra manter á raia os efluentes das industrias que afean a paisaxe ademáis de comprometeren a saúde dos cidadáns?

Sobre feísmo falouse tamén estos pasados días e asináronse acordos, parece que consecuentemente ó debate promovido por algús urbanistas –Xerardo Estévez, Gallego Jorreto, Precedo Lafuente— que se definiron de forma moi crítica co que aquí se fixo e co que se sigue a facer. “O feísmo é a nosa vergonza, a vergonza de ter descoidado a organización do territorio en trinta anos de desenvolvemento. Temos mercado bonos de fealdade a cambio dun crecemento importante e preocupa que despois de tres décadas de democracia esto aínda aconteza”, son palabras de Estévez. “Falamos de arquitectura popular, pero ¿Cal é a paisaxe galega dende Ribadeo ata Santa María de Oia, con esa invasión de eucaliptus?”, palabras éstas de Gallego Jorreto, moi puntual nesa cuestión que chega a decir que a eucaliptización implica torpeza, desinterese, destrucción estúpida, inconsciencia.

¿Vai pode-la Xunta ordea-la paisaxe? ¿O acordo asinado cos concellos vai servir pra algo, se hai tempo que é a principal responsable na aprobación de plans de urbanización como o de Pontevedra, un acelerador máis do proceso de degradación ambiental?.O día da marcha sobre Lourizán descobría o muro das lamentaciós que se está a construir como parte das obras do ferrocarril, feísmo a consolidar por mandato parlamentario. Tornemos á idea de Gallego Jorreto. Un amigo tenta poñe-lo seu monte en valor por medio de nogueiras e castiñeiros. Actuaciós dese tipo e a recuperación de terras de labor poden marca-lo camiño de retorno ó campo, que tamén quere a Xunta repoboar con xente nova, algo difícil se non se acompaña de medidas como a da supresión do imposto sucesorio, posible si se ten a vontade de face-las cousas ben. Nesta panorámica constitúe unha ameaza seria a permanencia de ENCE, causa en gran parte do feísmo na paisaxe natural “dende Ribadeo a Santa María de Oia”. Os nenos que repoboaron no Castrove deben tamén aprende-la lección de que o eucalipto foi un gran impulsor do feísmo denunciado, causa mesmo do abandono de aldeas. Confío que a Federación Castelao ha ser sempre crítica cos partidos no marco da comisión medioambiental que están a promover. Fala fai.

miércoles, 13 de febrero de 2008

MARÍA SAN GIL, EN COMPOSTELA [13.02.2008]

María San Gil, en Santiago, o día 12.2.2008.
Santiago 12.2.2008. Momento da alteración do orde polo grupo Agir, irmanado con iKASLE-ABERTZALEAK, do entorno ETA-BATASUNA.

Entrada n. 436 do blog.

Pontevedra, 13.02.2008

Con data de onte achegouse á USC, a Santiago de Compostela, a presidenta do PP das Vascongadas, María San Gil, pra pronunciare unha conferencia na Facultade de Economía. Pero unha trintena de nazionalistas independentistas, do grupo AGIR --que mantén unha relación de irmandade con Ikasle-Abertzaleak, a ponla estudiantil dependente de ETA-BATASUNA-- intentou reventa-lo acto académico con violencia.

O vergonzoso do asunto foi o tratamento dado á noticia, como se María San Gil fose unha delincuente fascista que viñera provocar. ¿A provocar a quén? ¿Ós que non resisten unha democracia plural, que outros pensen de distinto xeito ó deles, si é que verdadeiramente pensan?

María San Gil, que debe estar curada de espanto por actuaciós similares e que, incluso nun momento quente da intrusión destos bárbaros estalinistas, mostrou un certo sorriso, como se os persoaxes lles pareceran clónicos dos que pululan no seu País Vasco, --pero sen pistola, de momento--, negouse a sair pola porta traseira. A muller tivo que se arroupar coa súa escolta persoal, privada da presencia policíaca solicitada polo decanato ó Rectorado.

Despois dun día de confusión, de que algús medios sectarizados tratasen a noticia vergonzosamente, parece que por fin a Fiscalía vai entrar no tema en base ás dilixencias policiales e ás probas videográficas e fotográficas existentes. Non se pode consentir un espectáculo como o producido contra unha muller que exerce a Política en condiciós de verdadeira heroicidade.

Algún dos medios dixitales recolleu ata perto de seiscentos comentarios, moitos deles bordes, porque desta volta deben andar algús cibers en campaña, a faceren horas extras, estratexia común de certos nazionalistas, pra intoxicaren. Pero, en fin, máis alá dos comentarios que parecen en sí mesmos delitos de apoloxía da violencia, aparecen outros finos, defendendo o valor desta auténtica heroína da Política española nun momento no que os nazionalistas aparecen crecidos polo entreguismo de pactos i encontros, característica da política de acordos do goberno central destos últimos catro anos, especialmente os rubricados cos políticos magdalenienses (defensores de Magdalena Álvarez).

Pero, como perla, tomemos, do periódico PÚBLICO, o seguinte comentario desta data, co que nos solidarizamos:

Quién le iba a decir a María San Gil, que vivió en primera persona el asesinato de su amigo y compañero, Gregorio Ordoñez, que le iban a llamar fascista y terrorista. Precisamente a ella, adalid de la lucha contra el terrorismo, de la defensa de las libertades de todos y cada uno de nosotros. La semilla que han plantado algunos dirigentes políticos ha germinado -- están a roza-lo monte, a rotealo pra que a semente prenda -- y ya tenemos implantado el totalitarismo, la intolerancia, la idea del predominio del grupo sobre el individuo que defiende el nacionalismo excluyente. Por eso, porque nos va la vida en ello, no podemos permanecer impasibles frente a los atropellos, no podemos ser tolerantes con los intolerantes, no podemos mirar para otro lado, ni podemos mantener equidistancias entre víctimas y verdugos.

Poderiamos traer aquí máis de cen comentarios encomiásticos, pero o reproducido, de Hades, resume moi ben o perfil da política vasca, da heroína San Gil. Se acaso engadir que aquí, en Galicia, hai un certo movemento de grupos que, presuntamente dentro dun organigrama amplio, comezan a estratexia das bombas e graffitti. O mal, de momento, é fácil de erradicar, posible unha desparasitación urxente. Antes que prenda o lume.

14.02.2008

Con esta data i en relación coa noticia anteriormente referida, Cristina Losada publica en Libertad Digital un traballo, profundo análisis da situación que vive Galicia e de cómo se van choendo as libertades, do que vou toma-los tres últimos parágrafos. O título do traballo, pró que queira disfrutar da lectura enteira do mesmo é "¿Cui prodest?".

Ha tenido que ser el secretario general de las Juventudes Socialistas, Sergio Gutiérrez, quien hiciera de portavoz de los miserables que justifican a los matones nacionalistas. La culpa de la agresión a San Gil, señores, es de San Gil. Ya me dirán qué significa sino la sentencia de Gutiérrez de que el incidente es "fruto de la crispación a la que nos ha llevado el PP". Tan viejo como el totalitarismo y tan infame como la complicidad con él. La altura moral de la frase del New Red se sitúa en el mismo socavón que la de los que se pronuncian contra los asesinatos de ETA pero acusan a los asesinados de provocar con su presencia y opiniones. Y naufraga en bajuras semejantes a un BNG que se niega a condenar el Holocausto si no se equipara a los nazis con el estado democrático de Israel.

Son viejos conocidos del campus compostelano los que se lanzaron contra San Gil. Bajo las mismas siglas han tapiado despachos de profesores porque daban las clases en español; han agredido a estudiantes –a una militante de sus JJSS, señor Gutiérrez– por hablar en español en los pasillos; han quemado periódicos universitarios escritos en español y han perseguido al anterior rector, Darío Villanueva, que, al contrario que María, escapaba siempre por la puerta de atrás. Tanto huía, que nunca movió un dedo contra quienes perpetraban esas fazañas. Y ahí siguen, impunes, subvencionados y ahora envalentonados. Los vientos soplan a favor. Razón por la que resulta altamente improbable que el actual rector, heroico antifranquista retrospectivo, se atreva a poner en su sitio a estos "camisas pardas".

Galicia no está inmunizada contra un nacionalismo violento ni contra un abierto terrorismo de ese signo. Ningún lugar lo está cuando falla el Estado de Derecho, cuando las condenas de las agresiones se hacen con la boca pequeña y con "peros", cuando la sociedad civil no reacciona a tiempo. Una minoría amedrentadora puede tener a la mayoría en un puño si cuenta con la pasividad cómplice o la complicidad pasiva de las instituciones, los partidos y el establishment. A fin de cuentas, esas bandas de la porra son útiles para disuadir. Cui prodest?

Nota. A mensaxe de Cristina Losada é claramente entendible. Hai cousas que ó mellor se lle poden escapar en relación coa polìtica lingüística marcada polo Bloque: a de que están a mataren a lingua que chegou a nós gracias á oralidade conservada nas aldeas e que, acrisolada, aparece nas obras de Rosalía, Curros, Cabanillas, Álvaro Cunqueiro, Fole, Risco. E do propio Castelao, de cuio pensamento quérense apropiar.

O que o Bloque quer imprantar xa non é a vella lingua do país, como reiteradas veces temos dito neste blog independente, senón un trampitán que escacha en cada un dos seus discursos ou no dos tontos dos políticos que, no canto de manter viva a lingua real, caeron na trampa oficializada pola RAG.