miércoles, 30 de abril de 2008

SOBRE VASURAS URBÁAS [3.08.2001]

Ence-Elnosa e a "Edar de Lores" veñen producir sobre a ría un efecto como o do Prestige. Unha morte distinta nos medios, que non se aprecian pero van minando, matando, contaminando o fondo todo da ría. Non abonda con que o señor alcalde se poña un "meyba", saramitaino, como Fraga en Palomares, e queira nega-la existencia do mercurio e organoclorados. É decir, as autoridades siguen a ser cómplices. (Dibuxo informático do autor, "Marea negra, marea branca", alusión ó drama do Prestige).

Pontevedra, 30.04.2008

Entrada n. 476 do blog.

Van alá case oito anos do traballo agora recuperado. Coido que se pode reiterar de novo, ratifica-la censura feita sobre as distintas familias políticas, demostrado desta volta a falacia xacente no programa ecoloxista do Bloque, que hoxe apunta máis á querencia do solar que poden deixar Ence-Elnosa-A Edar-Holcim, se a Xusticia entra en razón e deixa de dormir. Seguimos sen recollida selectiva. A ría, hoxe e pola histeria saramitaina (armadanzas) i entubadora do Bloque, convertida na gran balsa de decantación das miserias industriales e urbáas. Dentro de pouco poden ser convocadas novas elecciós, desta volta autonómicas, non porque teñan nada que prometer; mais ben polo feito de andare o PP en horas baixas, sometido á dictadura do novo equipo.

SOBRE VASURAS URBÁAS [3.08.2001],
por Xesús López Fernández

A máxima ecoloxista de “pensar globalmente e actuar localmente” ten unha especial aplicación na cuestión do tratamento dos residuos sólidos urbáns, que moitas veces conleva problemas de difícil solución. As sociedades avanzadas, de tódo-los xeitos, van encontrando camiños, convertindo incluso as vasuras dos contornos urbáns en fontes de riqueza, en materias primas prá fabricación de cristal, papel, aluminio, etc.; posibilitando, nunha palabra, o desenvolvemento sostible, a saída desa especie de vía sen retorno á que semellabamos condenados caso de segui-lo impulso de confiar á natureza a responsabilidade última de degrada-las nosas inmundicias, ora de orixe industrial, ora de orixe urbá. “Actuar localmente”, din os ecoloxistas, ¿pero qué se ten feito no noso espacio inmediato dende os últimos comicios ou qué se nos vai prometer na campaña das autonómicas que están á volta?.

Hai uns dez anos que a cidade de Nova York convertía en fonte de ingresos o papel usado que ata pouco antes lle representaba un gasto de 7.000 millóns de dólares ó ano. E todo porque o papel, no canto de ter como destino último unha incineradora, pasara a ser materia prima prá fabricación de papel reciclado. Dende aquel ano, nos EE.UU. montáronse non poucas fábricas orientadas a ese consumo, precisadas do suministro das cidades; preocupadas por acada-las entregas necesarias por medio de contratos cerrados con concellos como Boston, Chicago, San Francisco. Eso representaría tamén unha menor contaminación das augas e unha máis baixa demanda de árbores. Xa existen fábricas con vertido cero, cuestiós éstas que xa teño comentado nalgún traballo anterior. Hoxe quero centrarme, soamente, en salienta-la necesidade dunha política realista no tema dos residuos urbáns porque parece que, tristemente, estamos lonxe de acomete-la andaina da reciclaxe, da reducción, da recuperación, da reutilización. (As tres “erres” son agora catro.)

Un paseo pola cidade permitiríanos ver que a xestión das vasuras non mellorou nos últimos anos, que a vontade política manifestada nas últimas elecciós non se fixo realidade no tempo despois e que non hai outra política máis alá de Paco Vázquez ou de Sogama, atrancada ademáis por unha recollida selectiva ausente ou pouco coidada. Penso que a sociedade se extraña ó non advertir un control mínimo sobre a recollida de botellas –non aumenta o número de iglús--, de papel –son precisos máis contenedores--, dos residuos orgánicos cuia fin debera se-la compostaxe, dos botes de aluminio, das pías e plásticos non degradables. E un resístese a ver, como horizonte inmediato de moitas desas vasuras, a incineración, tamén contaminante. Total, que cada vez pagamos unha factura máis alta por non querer considera-los residuos urbáns como materias primas antes que como combustible, foto finish da economía do despilfarro.

A consellería de Medio Ambiente da capital caracterizouse ata o d´agora por unha xestión apoucada. As asociaciós de veciños van pular –din-- por unha política ecoloxista certa.. Así o espero e non me pasou desapercibido o comunicado da Asociación Boa Vila no sentido de que Allariz e Poio –a cita é clara-- se caracterizan por unha boa xestión no tratamento do lixo, a imitar. A nosa sociedade cambiou o sentido do voto nas anteriores elecciós porque pensou que certas cuestiós –tamén o tema Ence-- poderían resolverse con vontade política doutro signo. Confundida, ve que ésta non acaba de cristalizar, e a cidade e o seu entorno seguen faltos dunha xestión ambientalista mínima. Sentenciada a ría, atacados por terra, mar e aire, a cuestión das vasuras contribúe tamén ó debuxo do desastre final ó que parecemos destinados...I en outono, novas elecciós: ¿Qué nos van contar os uns e os outros?. ¿Que van “actuar localmente” na xestión medioambiental?. ¿Vivirémo-la alborada dunha política ecoloxista enriquecedora?. Mellor, antes do discurso.

domingo, 27 de abril de 2008

AVISOS CON CLORO [28.04.2008]

Ence i Elnosa, fábricas de miseria. Vista dende Lourido.

Pontevedra, 27.04.2008

Entrada n. 475 do blog.

O Traballo corresponde ó luns 28.4. Coido que a manifestación do 25 quedou corta, tirando a fracaso; que nela mesmo estaban algús dos políticos culpables de que o horror permaneza en Lourizán, de que a ría vaia morrendo cada día un pouco máis. Esos políticos formaban parte do goberno do ano 2004, cando Salvemos Pontevedra, no exercicio da acción pública persentou, sen resultado, unha ponencia pra ser leída nun pleno, ó que non accedeu o goberno "demócrata" de Lores. Foi persentada dúas veces. E nela tiña o goberno local a folla de ruta necesaria pra acabar co drama de Lourizán, co drama da ría toda.

Ausenteime un par de días de Pontevedra. Agora leo que o conselleiro de Medio Ambiente, despois de celebrada a manifestación, dí que a súa consellería non vai abandona-la nosa cidade, cando a realidade é que hai tempo que o está polas tres administraciós, culpables. Non é necesario que pasen, como el dí, dous ou tres anos. ¿Qué nos conta con éso, que Touriño minteu no mitin de maio do 2005, no Galicia Palace, precisamente en Pontevedra?. As mentiras, como as permanentes do Bloque, son éso, mentiras. Detrás delas andan os contubernios.

Avisos con cloro [28.04.2008],

por Xesús López Fernández

As empresas instaladas nas Marismas de Lourizán, culpables coa edar da degradación da ría e da perda do seu capital natural, andan a voltas coa tan traída e levada “autorización ambiental integrada”. Os partidos, cos seus laboratorios de ideas, queren xustifica-lo inxustificable: a permanencia dos procesos contaminantes en Lourizán ó tempo que queren seguir vendendo unha mensaxe falaz, que xa non cola, descoberta a súa esquizofrenia dende hai tempo pola sociedade. ¿Por qué non en Santiago a manifestación do 25.4, ante as administraciós culpables da non aplicación das leis vixentes? Gostaríame tocar este asunto polo miúdo, pero faise longo e, pra lle dar ó lector unha información a xeito, non se me ocurre mellor cousa que remitilo ó blog de Salvemos Pontevedra, onde vai atopar, seguro, unha amplia información. Buscade en "meinteresalavida". Recomendo a lectura da entrada do 5.3.2008, clarificadora, e a doutros asuntos tratados no blog, que se vai decote colmando de información que, gracias a Google, está á disposición de todos.

Volve haber nos medios un certo incremento da publicidade das empresas desta volta cuestionadas, pra neutralizaren, presuntamente, a información ecoloxista. Incluso Elnosa tiña previsto montar unha emerxencia especial pra este pasado 18.4, ás 12 do mediodía. Sonarían as sirenas durante unha hora. Pero nada aconteceu. Non houbo sirenas nen megafonía de nengún tipo. ¿Por qué?... ¿E non será por lle teren dado aviso do que estaba a acontecer en Gualba, Barcelona, onde se produceu un escape de cloro con motivo dun trasvase efectuado na empresa Sociedad Española de Carburos Metálicos?. Os medios foron pródigos en dá-la noticia, se ben foi matizada de diversa forma. E así, La Vanguardia comunicou que, en contra dos primeiros datos, as alarmas destinadas a advertiren ós veciños, non saltaran. O incidente aconteceu sobre as 13,20 no interior da factoría, situada no polígono industrial de Gualba de Baix, cando estaban a faceren un trasvase de cloro e fallou unha tubería. Se ben a fuga foi detectada e detida con celeridade, a actuación non impideu que o gas saíra, en forma gaseosa, pola chimenea da nave.

Foi ás 13,30 horas cando o Centro de Emerxencias de Cataluña activou o Plan de Emerxencia Exterior do Sector Químico catalán na zona máis próxima á industria, é decir, en Gualba, onde residen unhas mil persoas. O PEE sería desactivado por Protección Civil ás 14,50 horas. E tanto El País como Público informaron de que a poboación fora confinada polo escape. Ata a fábrica acodiron trece dotaciós de bombeiros da Generalitat e os servicios sanitarios i efectivos dos Mossos d´Esquadra e da Policía Local. Menos mal que a cousa non pasou de susto!... A este respecto, o Laboratorio de Ideas do PSOE funciona, condicionando as declaraciós do 23.4 de Patxi Vázquez a certo medio local, no sentido de que os pasos a dar pra activa-lo PEE, en Pontevedra, consistirían en telefonear a Protección Civil, a Santiago. Alí, un técnico valoraría a necesidade de alertar ós cidadáns ou non. Decir tamén que a dirección provincial do PSOE desmarcouse da protesta do 25.4. Non hai color.

Poderiamos facer historia dalgús dos dramáticos accidentes producidos no ancho mundo ó longo de anos: Bophal, Flixborough, Seveso, Los Alfaques, Aznalcóllar; en Praga, China, Sudamérica, nos Estados Unidos. ¿Seriamos capaces de dispoñer aquí, con urbanismo de corredoiras, a evacuación de 17000 persoas como en Apex, Carolina do Norte, a partir do 5.10.2006, a causa do estoupido dunha fábrica con escape masivo de cloro?.... Mais non se trata de facer inventario de desastres. O que debemos denunciar agora é a xangada política de non se querer poñer ó labor, de non actuar con rigor. Non. Ence-Elnosa, prás que non cabe xa autorización, non parecen ser outra cousa que unha simple bandeira publicitaria prá posta en escea do falso ecoloxismo dos partidos. Pero contos non enchen. Xa non.

miércoles, 23 de abril de 2008

SITIADOS NA ZONA VELLA [9.03.2001]

Feira artesanal portuguesa na praza da Verdura, unha das formas de relanza-la economía da zona vella polos gurús da súa reconversión en espacio de miseria.
Nunha situación similar á recollida na fotografía, a ambulancia medicalizada do 061 non puido atender puntualmente a unha enferma. A demora daquela producida puido ser decisiva e causa da morte da señora, en Montecelo.

Pontevedra, 24.4.2008
Entrada n. 474 do blog

Este traballo, outro máis do 2001, recupera algo da traición á idea de Cobián de traballar por facer de Pontevedra unha cidade universitaria. Si ben é certo que algunhas xentes do seu partido, por exemplo Juan Luís Pedrosa, barallaron a idea de levaren a sede do Concello ó edificio de San Fernando, esa idea "maldita" é agora bandeira do Bloque, que xa ten previsto construi-la nova Facultade de Belas Artes na zona alta do espacio marismeño que veu funcionando como parque de madeiras de Tafisa. É decir, non hai vontade rexeneracionista.

Por outra banda, a praza da Verdura, desnaturalizada, aínda que non chegou prosperar como "praza roxa", sí foi reconvertida nun espacio degradado no que de vez en cando prosperan os decibelios e os malabares da bullanga, ou os rapaces do monopatín, que cos seus brincos van escachando, escachifando, o enlousado da pranta baixa da "Casa da Luz", da que o Bloque botou á policía local, e non soubo buscarlle un destino alternativo. A miseria do rastro dominical é o que alí campa cada sete días. Os residentes témolo cada vez máis difícil. A ver se algún día teño paciencia e recupero as fotos ás que se alude no traballo i, escaneadas, as logro meter neste blog. Ah, a fonte de Sesmeros, restaurada e ubicada en sitio impropio, xa comeza a deteriorarse.

SITIADOS NA ZONA VELLA [9.03.2001],
por Xesús López Fernández

Levantáda-las pedras da praza da Verdura, cortáda-las catalpas, levádo-los bancos pra sabe Deus ónde, derrubáda-las mamparas da agora chamada Casa da Luz, permanece a Rúa Cega choída por ámbo-los extremos --unha gran fochanca na confluencia con Manuel Quiroga, escombros cara a praza da antigua feira--- e parece non se van mellora-los servicios na medida esperada. A fonte de Sesmeros, convertida en depósito de material –terra, xabre, pedras, tubos--, sigue a deteriorarse, seguramente ata que haxa que orzamentar unha restauración millonaria. Agora, o lugar é inaccesible pra ambulancias e coches de bombeiros. E varios particulares con garaxe na zona foron privados de acceso, a consecuencia da desfeita orixinada e do parón conseguinte, porque parece paralizada a actuación comezada. A situación é de sitio permanece, aburados, agredidos, acosádo-los veciños.

A un reporteiro intentaron impedirlle o seu traballo cando se achegou ó lugar pra fotografia-lo derribo das mamparas. E quero aclarar aquí que eu sí dispoño de case catro carretes de fotografías, secuencias do paso-a-paso de todo o proceso. Por certo que os troncos das catalpas –excepto o tramo acaracochado da que caía cara ós Maristas— vense coa madeira limpa e compacta, do sámago ó cerne. Qué boa madeira pra marcos de ventá, exclamou o da motoserra, ó tempo que outros se miraban cun certo sorriso mollado. Fixen novas tomas da desfeita e depósito de material. A entrada da excavadora na Rúa Cega, como un tanque. As pegadas son visibles nas casas, micada a pedra en arcos e fachadas. Sitiados como estamos chegan os ruídos dos primeiros cambios de uso do espacio que limitaban as mamparas: os rapaces, con balón, entrenan a súa puntería contra a porta central –que non principal--. ¿Por qué non a agrandan como se fora unha portería reglamentaria?.

Quero lembrar a Cobián, a súa postura receptiva a raiz dunha carta leída na Opinión, de Radio Pontevedra, nos tempos de Hipólito Fraguas. Na carta propoñíase a ubicación da facultade de Belas Artes no edificio do Cuartel de San Fernando. A idea tivo inmediata acollida por parte dunha señora, habitual participante no programa, que dixo, Quérolle da-la noraboa ó autor ou autora desa carta porque ése é o sitio. Seguidamente entraría no programa outra ointe, suscribindo igualmente a proposición. De seguido, casualidade, solicitaba vez o propio Cobián, que viaxaba dende Caldas a Pontevedra. O alcalde dixo que lle gustaba a idea, que a facía súa e a ver qué daba o tema de sí. E hoxe Belas Artes está no vello cuartel, aínda que hai intentos –no propio PP-- de levala pró campus da Xunqueira. Coido sería un erro, porque aquel espacio ten unha clara vocación brañega, de humedal, i erraron as cabezas pensantes que construiron alí varias facultades, no canto de convertiren Pontevedra en cidade universitaria e de servicios, que parecía a idea de Cobián, un home dialogante que se marchou da política elegantemente.

Sei que o home tería conversado cos veciños en relación coa actuación urbanística denunciada por medio de case duascentas instancias individualizas, espontáneas, non filtradas a través de nengún comisariado político, que representan as manifestaciós –que puideron ser moitas máis— de persoas que, á hora de votar, poden ter en conta a desatención da que foi ouxeto a súa petición, que Mosquera demostra non ter leído. Por outra banda, o concellal Bará parece estar a pensar nunha praza sen arboreda, sen fonte, convertído-los arcos en escenario –teatro, rastro, salsa cubana....--; o resto do espacio en anfiteatro. Pero non, porque a súa caída é contraria a esa fin, salvo que se pense na balconada do edificio como lugar de actuación, como gran púlpito pra mítines. A praza como remedo dunha pequena Quintana, abandonada a idea da Gran Ferrería. Os veciños, sitiados. Claro que me lembro de Cobián.

domingo, 20 de abril de 2008

DÍA MUNDIAL DA TERRA [21.04.2008]

Un dos indicadores da saúde do planeta son as brañas e as xunqueiras. Malo cando resultan agredidas a consecuencia do mal entendido progreso. Dibuxo do autor, Xesús López.
Forma de relacionarse coa terra. Vertedoiro no castro de Traspando. Fotografía da web de Amigos da Terra.
Outro xeito de pensar na terra, na cultura da sustentabilidade, n´As Corcerizas, na Serra de San Mamede. Fotografía da web de Amigos da Terra.

Pontevedra, 21.04.2008

Entrada n. 473 do blog.

Artículo semanal publicado en diversos medios. Podería ser bastante máis longo, tratar de xeito máis incisivo o tema do PHN que no seu día derogou ZP e que, sen restablecelo, fan agora un trasvase a Cataluña xa pactado, secretamente, antes do periodo electoral. Poderiamos terlle dado cabida no traballo ás declaraciós feitas ó Faro de Vigo pola ministra Elena Espinosa, que tampouco parece se-la persoa indicada pra poñer orde no galiñeiro dos incumprimentos, da falta de aplicación das leis, da restauración da legalidade en tantísimo asunto denunciado, sancionado incluso. Sigue o traballo.

Día Mundial da Terra [21.04.2008],
por Xesús López Fernández

Mañán, 22, celébrase o Día Mundial da Terra, celebración que, ano tras ano, ven dos 70, gracias ás acciós daquela promovidas por un senador norteamericán, Gaylor Nelson, que fixo unha convocatoria prá creación dunha axenda ambiental, á que responderon dous mil universitarios, dez mil escolas primarias e secundarias e centenares de comunidades. É un día pra repensa-la Terra, ferida en tódo-los continentes, nos ríos e nos mares, nunha degradación crecente da que existe un claro culpable: o home, sobre todo os gobernos que non deron sabida a lección do respeto necesario polo que o planeta ven clamando dende hai moitos anos. A regresión dos xeos, no Ártico e na Antártida; a desertización de terras que foron de labor; a crecente eliminación dos boscos primarios, son logros do denunciado cambio climático que tamén incide na perda de biodiversidade, por se non abondara a sobreexplotación de recursos, máis alá das normas dunha sustentabilidade racional.

A celebración faise internacionalmente o 22 de abril, pra salienta-la necesidade de conserva-lo medio ambiente do que formamos parte e, sen esquecer que naceu como un movemento universitario, o acontecemento tense convertido nunha importante reeducación, lonxe aínda da necesaria interiorización a nivel colectivo e de responsabilidades dos distintos gobernos que sí poden levar na súa axenda e programas unha serie de promesas de politica ecoloxista, pero que están aínda lonxe de aproba-la asignatura dunha disciplina real, de demanda-lo cumprimento das leis existentes, de executaren sentencias firmes sancionadoras de agresiós ó medio natural. Por éso, nesta conmemoración invítase a participare ás xentes todas en actividades que promovan a saúde do planeta, tanto a nivel global, como rexional ou local pra asumi-las responsabilidades que como cidadáns nos tocan. A todos.

Neste momento de especial gravedade non faltan os que agoiran unha fin a corto prazo da nosa terra, na que vemos cómo as pautas climáticas van cambiando céleres, máis do que coidabamos, como o propio Al Gore ven de ratificar. Nunha das súas últimas obras, “O ataque contra a razón”, avisa da indefensión contra a corrupción, dos peligros do secretismo, dos abusos do poder executivo, no que analiza unha serie de derivadas do mesmo pra finalmente clamar por que haxa unha cidadanía ben encastañada, comprometida. E na conclusión apunta a necesidade de ver máis alá, de pensar no futuro, citando algo dito por Martin Luther King: “Cecáis estea asomando antre nós un novo espírito. Se así é, sigámo-los seus movementos e preguemos por que o noso ser interior sexa sensible á súa tutela, porque precisamos con urxencia dun novo camiño alén da escuridade que nos está a envolver”. Se non conseguimos trascender a unha defensa real da Terra máis alá das promesas dos políticos que moitas veces non pasan do simple farol publicitario, da mentira; que instalados no sectarismo siguen coa folla de ruta que lle marcan os grupos de presión.

Nas últimas elecciós falouse por activa e por pasiva do travase do Ebro. Negado polo candidato socialista resulta que, ainda que boten man doutras palabras, sí que o vai haber a Barcelona, asunto que aplauden en Valencia, Murcia e Almería ó tempo que reclaman pra eles o correspondente cupo. Entendo que si é posible, sen compromete-lo caudal ecolóxico do Ebro ou a vida no delta da súa desembocadura, deberano deci-los técnicos. Algunhas manifestaciós pola cousa hídrica poden coincidir con este 22. Hai grupos que se manifestan hoxe; ou fixérono o 20, como en Cangas, convocados sen tempo a causa de certos atrancos na autorización, o que, según Salvemos Monteferro, debería ser un maior incentivo prós convocantes, na defensa dun ben común máis xeral: a ría de Vigo. A manifestación anunciouse porque “Cangas está en loita contra a desfeita do Salgueirón e non-os debemos deixar sós. Pola defensa da Ría, pola defensa da Vida, pola defensa da Terra, en Cangas”.

jueves, 17 de abril de 2008

PRIMAVERA 1966 [31.03.2001]



O caos normativo, icono xa reiterado neste blog. Dibuxo informático do autor, Xesús López.

Penso na primavera do 1966, cando arrancaba, en Radio Pontevedra, o noso programa en lingua galega. Nadie dos que nel participamos temos complexo de mártires, dito porque algús creen que o galego, daquela, estaba prohibido. É agora cando sí está prohibido, cinguido por unhas normas mal paridas, a xeito de canga. Dibuxo informático de Xesús López.



Pontevedra, 17.04.2008
Entrada n. 472 do blog.

Cando permanece candente o debate da educación en libertade no idioma que os pais ou os alumnos escollan, en galego ou en castelao, paréceme oportuno traer aquí este traballo do 31.03.2001, conmemorativo do 35 aniversario da primeira emisión en lingua galega da nosa terra. Hoxe serían 42 os anos a contar.

Afortunadamente, na nosa sociedade parece que aínda hai forza pra unha reacción salvífica, á que non é allea a asociación Galicia Bilingüe, de cuia enquisa daban nota os medios de onte. ¿Qué pasa? Pois que o 80% dos galegos non queremos que nos impoñan, por inmersión, o galego de Quintana e da RAG, que caeu na trampa, convertida en especie de cabalo de Troia. Nalgún tempo valeu a explicación da diglosia, de que o galego era unha lingua de menor prestixio social e que estabamos a anoxar ó noso mundo rural, galegofalante, ó impartire educación exclusivamente en castelao. O propio Sarmiento recomendaba no século XVIII que a educación se dera na lingua na que os nenos e nenas estaban instalados, o galego no caso de Galicia. 

Pero como dixo Gloria Lago, a realidade lingüística, nestos momentos, é outra ben distinta. Sobre todo cando están a primaren criterios sectarios e políticos. Porque, en definitiva, o galegués do Bloque é unha lingua sectaria e con ela están a fracturaren aínda máis ó país. A ese partido fáltalle a necesaria autocrítica pra comprendere que o seu devalo pode ter que ver coa súa "parida" idiomática, coa intención de se situar, de nos situar, na deriva portuguesa. No fondo, tódo-los partidos perden, porque, como xa teño dito outras veces, co galegués non se comunica. E faise necesario un profundo debate, que a RAG reconsidere o seu discurso, porque o galego salvouse coa oralidade. Non se perdería nada coa súa disolución. Como tamén sería bó deixare sen efecto, deroga-la Lei de Normalización Lingüística, á par que suprimi-la farsa chamada Mesa pola Normalización, máis ben "pola defunción do idioma".


PRIMAVERA 1966 [31.03.2001]
por Xesús López Fernández 

Debía ser marzo 1966 cando arrancaba en Radio Pontevedra un programa en língua galega. Era o primeiro da nosa terra, remedo do que, ata pouco tempo atrás, mantivera vivo en Radio París Xesús Nieto Pena. O de Nieto Pena titulábase “Aló, Galiza”; o de Radio Pontevedra chamaríase, por asimilación, “¡Aquí, Galiza!”, porque naquel momento primaban certos diferencialismos, como hoxe en moitos medios e grupos de presión política i editorial. Hoxe titularíamolo “¡Aquí,Galicia!”, porque a forma popular debe prevalecer. E volvendo ó programa de Nieto Pena, algús amigos agardabámolo sempre con interese. Xuntabámonos toda-las semáas pra oir música clásica e sintonizar Radio París no tempo da emisión. O Telefunken/Beethoven da miña casa debe gardar memoria daquelas visitas, anos 1965 e 66. Así foi nacendo a idea de cómo facer algo semellante aquí, pró que tentamos crear unha sociedade, “Os Novos”, que non sería autorizada. Daquela foi oportunísima a constitución do Ateneo. Así foi posible forxa-lo programa como unha colaboración da entidade que duraría case dous anos, deica a segunda semáa de decembro 1967.

Foron 92 emisiós. Traballo tenso porque, sen planificación de ningún tipo, había que improvisar celéricamente. Algunhas colaboraciós esperadas quedarían en simples promesas ou intenciós. E o tempo non abondaba porque había que facer creación, á par da consulta de libros ou da traducción dalgún que outro traballo periodístico, amáis de leva-lo guión do programa á censura, despois de correxido, tarea encomendada, naquela andaina, a Isidoro Millán González-Pardo. Unifica-lo tratamento do idioma, coida-la duración dos fonemas vocálicos: ”leenda, creer, alemáa, diocesáa...”. Escritura foneticista... Agora tentan impoñe-lo uso das voces “lenda, crer, ler”, o fonema capado que golpea. Prefiro o uso do vocal dobre, presente en moitos autores, en certo sentido traicionados coa reconversión da súa obra ó estándar. Faltan estudios serios en relación con certos vocablos que están a introduciren, que non son galegos ou están mal asimilados. Desnaturalizan o idioma, arrasan con “reflectir, vacina, dicir, hepatite, análise, animais, xuiz, españois..”. Horror.

Cando por imposibilidade material de seguir traballando atricámo-las emisiós, deixámo-lo material no Ateneo a disposición dos que quixesen colle-lo noso relevo. Demos un preaviso no tempo editorial da penúltima emisión, mai-la xente non estaba polo labor xeneroso, non remunerado –nacionalistas sí, pero non tanto-- e nadie quixo seguir coa carga. Nunca tiven novas de que alguén quixese relanzar un programa como o noso, eso que agora non hai censura previa. Calculo que sobre 850 folios de programación permanecen en poder de alguén, se non se perderon. Porque cada programa estaba composto, nos primeiros tempos, de dez folios. Despois alixeiráramolo coa introducción dun espacio de música popular, sinalado como “Unha cantiga na noite”.. O “Tempo de poesía”, preludiado con música de Elgar, era o marco escollido prá presentación dos nosos poetas: os novos e os vellos.

“¡Aquí, Galiza!” foi o primeiro programa en língua galega da nosa terra. Quezáis naquela mesma primavera naceron outros, en Vigo –Raís e Tempo-- e na Coruña, dos que sí se garda memoria, ata o punto de que no extra do centenario de La Voz de Galicia unha colaboración de Manuel Caamaño Suárez facía crónica do que representaran certas asociaciós na historia da radio en galego. Mais faltoulle a información de que o Ateneo de Pontevedra fora a primeira entidade en se poñer a andar naquela primavera do 1966. Coido traballamos con total seriedade e que 35 anos despois o panorama da língua non mellorou; que moitas veces, xa na tele, xa na radio, escóitase o que parecen traducciós a unha língua nova e dura. Algún diccionario considera non galegas verbas de uso común. Propoñen outras, por diferencialismo co castelán/ao. Ese non é o camiño. Coidémo-lo tesouro popular.

SANEAMENTO E TURISMO DE EXCELENCIA [29.09.2001]

Fantasía sobre as "nove ondas" do mar da Lanzada. Dibuxo informático do autor, Xesús López.
O título orixinal deste dibuxo do autor é o de "acantilado", pero vale pra refrexa-lo que foi un ambiente mariño impoluto, como a ría de Pontevedra que moitos pontevedreses, cada vez menos, levamos na nosa memoria, e da que sentimos verdadeira saudade.

Pontevedra, 17.04.2008
Entrada n. 471 do blog.

Apresentamos un "novo" vello traballo do ano 2001. Hoxe sabemos que os pasos dados en relación co tema do saneamento non foron outra cousa que unha falacia. A depuradora d´Os Praceres, tal como se adiantaba no traballo, non tiña garantizado o seu uso continuo e decote prodúcense atoamentos, resulta atricáda-la súa función. O que queda do areal aparece, como consecuencia, convertido nun tremedal de merda. Os análisis mostran a presencia de "endrín", un insecticida organoclorado prohibido no ancho mundo dende os anos 80, como se Ence seguira usando cloro no branquexado da pasta. ¿É éso o que está a acontecere? ¿Cómo pode disculpar agora o Bloque a súa falta de discurso ecoloxista, a súa permanente mentira, lava-las súas mans? Antre outras cousas e coa lideira do seu "modelo de cidade" cargáronse o turismo de excelencia, do que se fai cita no traballo.

SANEAMENTO E TURISMO DE EXCELENCIA [29.09.2001],
por Xesús López Fernández

Últimos días do verán. Nunha atalaia da banda norte da ría, nun esculcadoiro privilexiado, especie de torre vixía dende a que se dexerga, de lonxe, a evolución dos balandros que participan nunha regata, estamos a falar. Don Juan Carlos estivera nos días anteriores en Sanxenxo. I estaba anunciada a súa próxima visita prás vindeiras datas, como así acontecería. (Visita breve porque a historia do mundo está a cambiar e o atentado das Twinny Towers, de Nova York, está a dictar novos guiós, presencias e non presencias). O meu interlocutor é un home que conoce a nosa ría e que sabe, ademáis, de moitos mares. E se fixou a súa residencia na banda norte non foi por casualidade, senón por permanecer lonxe do complexo de ENCE. O home sabe das actuaciós alí levadas a cabo e de que non hai plan de evacuación exterior.


Naquela tarde de absoluta calma, falamos do que representou Lourizán e do que pode representa-lo anunciado saneamento da ría, das distintas mensaxes que sobre o mesmo nos están a dar. Dende un certo fundamentalismo ecolóxico entendo que só pode haber saneamento coa recuperación do areal perdido, no senso apuntado nun traballo do pasado ano –Lourizán, bandeira azul--, escrito a raiz dunha visita feita á Coruña, envidioso da riqueza que alí teñen ó dispoñeren de tres praias urbás, algo aquí posible con vontade e outra política ambientalista, distinta da que nos están a vender. ¿Eliminación de vertidos ó Lérez ou reconversión dos mesmos nun fluxo único que, polo tubo emisario, iría ó fondo da ría? ¿Estannos a falar en serio cando nos propoñen como salvación a macrodepuradora d´Os Praceres?. ¿E non pode resultar letal en caso de avería? ¡Se xa estaba cuestionada antes da súa inauguración! O meu interlocutor daquela tarde tamén sabe dos avisos dados ó respecto.


¿Quén nos pode garantizar que esa depuradora non vai fallar nunca?. Nadie. Coido que os veciños d´Os Praceres acaban de poñe-lo dedo na ferida ó falaren de necesidade de reconduci-lo saneamento por medio de pequenas depuradoras, algo xa recomendado, cando os debates sobre o P.X.O.U. de Pontevedra --tan contestado--, por un urbanista experimentado que arestora podería aconsellar, tal vez, ó equipo de goberno. Porque nos tememos que a macrodepuradora –que envilece a convivencia cotiá-- poida ser un risco potencial como os depósitos de cloro de Elnosa, ademais de fonte de alcatreo. Xa ten habido problemas. As víctimas, os veciños d´Os Praceres, as primeiras cando comezaron a traballa-las industrias de vertedeiro no areal que nos foi roubado, a praia de tantas xeneraciós de pontevedreses. Hai que oí-las súas voces.


Funlle dando información “histórica” ó meu interlocutor. Ó longo da conversa visítanos unha gaivota que se instala próxima e confiada. Conto a historia doutra gaivota, fulminada ó voar sobre Lourizán, que foi recollida coa esperanza de que un fiscal xeral do Estado entrase de oficio no asunto. A gaivota dagora era testigo doutra realidade neste serán, que poderíamos ilustrar cun adagio de Albinoni, Grieg, ou Mendelssohn. Sorte distinta a da mesma, como escollida pra un póster do que queren promove-los alcaldes de Sanxenxo e O Grove, e Pedro Campos, o amigo de Don Juan Carlos. Pero coa contaminación de Lourizán, cos recheos que van seguir –parece que a distancia da illa de Tambo vaise reducir moitísimo-- aquí non será posible o arelado turismo de elite. Nesta historia hai cousas incompatibles. E mentres o conselleiro de Medio Ambiente nos di que o mercurio é xa historia pasada, Kiko da Silva -- La Voz de Galicia do 27.9— pondera a súa afirmación cun debuxo no que dous peixes están a facérense eco do dito polo home. Un deles –non é máis que un esquelete— repite a mensaxe; o outro –mutado, con tres ollos— di: “¡O que xa é historia é a ría!”. O meu interlocutor sabe que hoxe se pode detecta-la presencia do mercurio, un metal pesado, por medio de satélite artificial. O que está decantado no fondo da ría, pode arrasar pola vía trófica. Incompatible co turismo de excelencia.

martes, 15 de abril de 2008

SE OS CERVOS VOLVESEN [13.10.2001]

Fotografía de José Luís Galovart. Petroglifos de Campo Lameiro.
Mapa de Campo Lameiro no que se indican as zonas de petroglifos e castros.

Pontevedra, 15.04.2008

Entrada n. 470 do blog.

O amigo Bouzas Posse, do que se fala neste traballo do ano 2001, está agora ocupado en lle dar outro contido á paisaxe que corresponde a algunha das súas tenzas, nas que o castiñeiro e a nogueira están agora a reclamaren un certo protagonismo. Aínda é cedo pra ve-los resultados, pero ése é o camiño que complementaría as economías dos que se resisten a abandonaren o rural. Esas e outras especies poden facer de Galicia unha nova terra, máis prometedora prás súas xentes, unha aventura certa que reclama a nosa presencia e protagonismo máis alá do que dispoñan dend´as cúpulas dos partidos, do abuso de poder.

SE OS CERVOS VOLVESEN....[13.10.2001]
por Xesús López Fernández

Un amigo, José Antonio Bouzas-Posse Nicolich, pasoume o pasado mes de setembro a información de que uns veciños de Painceiros foran citados por Florentina Vicente Bergueiro, d´A Estrada, como representante de Maceiras Filloy, S.L., ante o Xuzgado de Paz de Campo Lameiro, pra un acto de conciliación que posibilite a investigación, extracción e comercialización de granitos de carácter ornamental que poidan existir no monte de Painceiros. O acto, sen avenencia, celebrouse o 10 de setembro. O Diario de Pontevedra informou sobre o particular o 5 de outubro. E según a súa noticia a empresa que quere explota-lo monte teríase achegado a algún dos veciños co gallo de mina-las vontades da esperada oposición. O meu amigo requireu a opinión dalgús arqueólogos e todos eles manifestáronse en contra da concesión, que están seguros suporía un disparatado impacto: a morte do monte.

Aínda que son moitos os petroglifos catalogados, poden quedar algús por descobrir. A riqueza existente é impresionante e nese patrimonio ten Campo Lameiro un valor de primeira magnitude, histórico, cultural, turístico. Dibuxos de diversos modelos de armas, escudos, círculos e gran cantidade de cervos, que se supón foron alí frecuentes. Curioso o que está representado no conxunto dos Carballos, en Paredes, grande e con lanzas cravadas no seu lombo. Ou o insculpido noutro complexo importante --o de Rotea de Mendo--, que está bradando i en celo. Sí, moitos cervos e signos e unha serpe longa na Pedra da Boullosa, en Fragas. Poucas especies en comparanza coas de Cussac de Aquitania, en Francia, onde apareceu unha gruta dun kilómetro de fondo. Nas paredes están grabadas 150 figuras do bestiario tradicional: mamuts, rinocerontes, bisontes, cabalos, tamén paxaros. Insculturas ás que se lles supón 28.000 anos de antigüedade. Máis riqueza, certamente, que en Campolameiro.

O meu amigo conformaríase con que aquí tornaran os cervos, algo perfectamente posible. E levoume ó ameazado monte da Conla, que é un alto privilexiado. Difícil de penetra-lo espacio sen esguizarnos, camiñamos por un cortalumes, o chan do mesmo de fina herba, estercado polas vacas e bestas que alí viven. Escasa presencia humáa, algún merlo aparece e desaparece. Un coello cruza o cortalumes. Vista portentosa da Terra de Montes, teñen alí os cazadores e pescadores do refuxio da Conla un santuario pra defenderen por medio dos seus directivos e socios. Que nadie desnaturalice o lugar. O concello de Campo Lameiro ten a posibilidade de conformar un gran parque --un esculcadoiro privilexiado-- se realmente queren potencia-lo turismo e o emprego na zona, no que semellan estaren, según se desprende da información do último pleno, 11.10.

No monte da Conla nace un pequeno regato, o rego dos Calvos, que corre cara ó Lérez, por Cutián. Nel hai un tipo de troita, negra, de pintas roxas, según me informa o amigo. Pasamos por algús lugares nos que se aprecia o absentismo á par que a recuperación dalgunha casa, mesmo a presencia de certas actividades económicas, o esforzo de xentes que se negan a abandonaren, que pensan na aldea como fonte de vida, como apóstolos dunha nova ruralización. Pode que o tempo lles dea a razón. Pero son urxentes medidas de carácter fiscal. A poboación non se recupera coas medidas propostas por Fraga. Pero se os políticos se preocupasen de cancela-lo imposto que grava as transmisiós hereditarias; se posibilitasen a formación de patrimonios importantes no ámbito rural, ou de sanear e ordear ese espacio, a recuperación estaría, posiblemente, en marcha. Porque é moita a xente que sinte a necesidade de fuxir da cidade. O meu amigo aclárame que Nicolich é un apelido escandinavo, con memoria recente de cérvidos, e parécelle boa a idea de que volvan á Conla, a bradar naquel lugar, en celo, a reconocérense nos espellos, nas insculturas de Paredes, Parada, Caneda, Fentáns....

lunes, 14 de abril de 2008

A AGRESIÓN CONTINÚA [14.04.2008]

Nudo de Mollabao proiectado polo Bloque, pra consolida-la presión sobre a autovía a Marín, pra deixa-las Marismas de Lourizán convertidas pra sempre en gran chousa inmobiliaria.
O espacio que se ve na vista aérea debería rexenerarse no momento da fin das concesiós. Salvemos Pontevedra fixo as denuncias oportunas, porque todo o complexo, presuntamente, está fóra da Lei. Pero Medio Ambiente de Cristina Narbona suspendeu a asignatura, non sendo na definición do espacio como "inalienable, inembargable, imprescriptible e insusceptible de desafectación", polo que non procede a declaración de innecesariedade que pretendía Ence ou que sigue pretendendo o Bloque, aínda que non-o diga. A definición que prevaleceu é a defendida por Salvemos Pontevedra, a súa batalla de varios anos, aínda que outros miraran cara outra banda.

Pontevedra, 14.04.2008

Entrada n. 469 do blog.

Inclúo agora o artículo do luns, que xa está en diversos medios [Diario de Pontevedra, Xornal.com]. O resume do dito por Beiras resulta un pouco capado, porque dixo moitas outras cousas, tamén de forma un tanto confusa cando falou da cuestión da "supramunicipalidade" decretada por Fraga en relación coa daquela prevista ampliación de Ence; en relación tamén coas prantas de acuicultura. Pero abonda co dito. Do debate que se abreu a seguido da súa intervención, nada de nada.

A agresión continúa,
por Xesús López Fernández

Pró 25 de Abril está prevista unha nova manifestación contra Ence, que xa está en fase promocional: pancartas, pegadas, charlas…. Fai agora oito días que estivo en Pontevedra, nun acto organizado no Teatro Principal, Xosé Manoel Beiras, que comparteu estrado con García Legísima e Daniel Soutullo, da APDR, que desta volta foi presentador do acto, concurrido, interesado o público en saber máis da famosa “autorización ambiental integrada” que Ence está a solicitar xa fóra de prazo. A lección de Beiras foi amena, sobre todo cando falou das industrias de enclave, as que se montan no terceiro mundo, ou na periferia, á procura de materias primas i enerxía, non pra creare riqueza; pola contra, no caso da fábrica de Lourizán, xunto con outras actuaciós torpes, arrasaron aquel medio sensible, coa acuicultura do ecosistema, co capital natural e a trama social creada en torno á riqueza do marisco da zona, que tamén era a praia dos pontevedreses.

Beiras, que calificou os anos de goberno de Fraga de peste, talvez careza nestos momentos de certa información, porque o andacio continúa, se ben os protagonistas son, agora, outros políticos. Certo canto dixo ó denuncia-la deshonesta repoboación da nosa terra con eucaliptus consecuentemente á presencia nas Marismas de Lourizán da fábrica de celulosas, que nunca cumpreu coas condiciós da concesión do 1958; interesante a súa visión de que, nun futuro inmediato, as fábricas de papel han ter como matería prima, como xa acontece en moitos sitios, papel usado ou ben algún tipo de palla, que non madeira. Efectivamente, como que tamén existen fábricas que recirculan a auga, a depuran e a retoman novamente. Hainas incluso que se valen da auga residual das cidades, depurada. Pero houbo algo que non me gustou do discurso de Beiras: como a insistencia na desaparición de Ence porque por ese espacio podería marcha-lo corredor Pontevedra-Bueu. É decir, non falou da posible recuperación do capital natural, da rexeneración do lugar que deberá face-la empresa no momento no que se estime que xa non dispón de concesión.

Algo de inxenuidade sí houbo no discurso e tamén resulta incomprensible que, nunha actuación máis global, na idea de recupera-la ría, non se barallen orzamentos serios e se actúe según os dictados da Axenda21Local, con férrea decisión política de atrica-lo proceso de degradación. Dende o concello queren impulsa-la construcción dun gran nudo en Mollabao, siniestro total; o proiecto da ponte das Correntes, outra agresión e, curiosamente, a que queren construir, con dous ou catro carrís, nos salós do Lérez, nun espacio que ten a protección máxima, parece un disparate, especie de contubernio pactado polo BNG e mái-lo PP. Algunha agrupación ecoloxista sí se está a mover na dirección necesaria, pero son moitos os pontevedreses que non comprenderon que a depuradora d´Os Praceres precisa igualmente de “autorización ambiental integrada” e que podería ser considerada unha actuación delictiva das tres Administraciós, á vista das normas do Raminp ou da Lei de Costas [ar.44.6].

No seu discurso, Beiras perdeuse despois de ter falado do compromiso pró cerre de Ence pactado polas dúas forzas cogobernantes en Galicia, se ben puxo en solfa o papel do PSOE cando falou dos presuntos acordos da cabeceira de Stolt Sea Farm coa fontanería do partido. Pero quixo salva-lo papel do Bloque, “que brindou unha solución ó caso Ence por medio do seu traslado a Meaño ou por aí….”. Non. A solución que brindaba o Bloque era a de traslada-la fábrica ó polígono de Barro-Meis. Forneceríase de auga do Pontillón do Castro. Financiaríase o traslado coas plusvalías que se xeraran a partir da promoción de vivendas nas Marismas de Lourizán, adscritas como solar á Autoridade Portuaria de Marín-Pontevedra. Ademáis, a fábrica seguiría a verter á ría de Pontevedra. Un insulto, outra actuación desgraciada como algunhas que se están dando á contra do PXOM: o nudo de Mollabao e as pontes citadas, que son unha clara evidencia de que a agresión continúa.

viernes, 11 de abril de 2008

PONTEVEDRA ERA UNHA FESTA [18.08.2001]

Neste momento xa non é posible a presencia de ambulancias, desamparo habitual dos residentes da zona vella. Foto do autor.
Aspecto positivo da Feira Franca. Demostración artesanal dun traballo de cantería-escultura. Foto do autor.

Pontevedra, 11.04.2008

Entrada n. 468 do blog.

Visto na distancia este outro traballo do 2001, non estou dacordo con moito do que nel se afirma sobre as festas da Peregrina e tamén sobre a Feira Franca. Hoxe vexo como un claro retroceso que se teña retomado de novo o marco da Alameda e a parte baixa das Palmeiras. Esos espacios son cada vez máis víctimas das atracciós que sobardan a súa capacidade; os residentes, os que máis sofren. A Franca Franca conleva non poucas incomodidades e peligros. O festival de jazz parece mantén o seu pulo. E non digo máis, porque algús dos temas xa están tocados no blog.


PONTEVEDRA ERA UNHA FESTA...[18.08.2001],

por Xesús López Fernández


Cada ano que pasa trae unha nova configuración do tempo –máis ou menos días— e do espacio onde instalaren as atracciós prás festas, forzosamente limitado. Cando parecía que a Alameda perdera a súa capacidade como marco festivo –ás veces notablemente maltratado— debemos valorar como positivo o retorno de certas actividades a ese recinto –tómbolas, churrerías, etc.— e a ubicación das atracciós no Paseo Reina Victoria, ou a volta das verbenas á Gran Vía, sen outra pega que o alto volume da música e o ruído excesivo, que matan un tanto a elegancia da festa. Como testigos calados chegados doutros mundos, negros do Senegal ofrecen os seus productos; xentes do Ecuador --¿tamén de Bolivia?-- expoñen obxetos múltiples --bisutería, prendas de vestir, echarpes, xoguetes--, a baixo precio, e fanno caladamente, quezáis pensando se valeu a pena cruza-lo oceano.

Teño unha lembranza moi débil das festas da miña infancia, nas que como nun caleidoscopio fóronse sobrepoñendo imaxes diversas, nada que ver coa oferta dos últimos anos ou co dinamismo que arestora representa a presencia nas diversas prazas de actuaciós diversas, oferta moitas veces difícil de atender ou á que cadaquén presta atención según a súa particular afición. E dende o gusto por certa música entendo que a incardinación do jazz na praza do Teucro foi todo un éxito. Unha persoa próxima –que toma lecciós periódicas de Abe Rábade— dérame a mellor referencia do trío, e coido que todo o ciclo foi un acerto, que existe afición e que, cara outros anos, pódese pensar na montaxe dun auténtico festival ó xeito do internacionalmente promocionado en Vitoria. Cando escribo estas líneas, Luar na Lubre acaba de celebra-lo seu concerto. Un novo éxito do grupo que no seu día chamou a atención de Mike Oldfield. E agora o noso grupo é tamén un referente folk mundial, como Milladoiro, que nos visita novamente o próximo día 25.. 

Quedan aínda por celebraren unha serie de actuaciós que renuncio a enumerar porque xa están pormenorizadas no programa editado polo concello. Citar se acaso a recuperación da festa do demo, que pode ser unha especie de tic dos que se din agnósticos, porque o demo está na Revelación e, como espírito puro que é, permanece en rebeldía, non se retracta. Anque aquí é de supoñer que falemos doutro demo e que deste vala decir aquelo de que “Deus é bo e o demo non é malo”. Pero coido que o demo sí tivo algo que ver co caos armado en torno a Santa María e que non podemos minimizar nen consenti-la actuación dos profanadores daquel espacio e do dereito ó descanso dos demáis. Se a solución vai ser incrementa-lo número de residentes, éstos hanse poder defenderen por si mesmos, xa que a policía non vai estar, según se nos dixo. 

E imos ver qué dá de sí a nova edición da Feira Franca despois do ensaio do ano pasado. Se Ribadavia consigueu facer da súa un atractivo prá vila, aquí deberíase poder face-lo mesmo a pouco que o tempo nos acompañase: artesáns e mercaderes chegados de lonxe, da Bretaña ou da Aquitania, cambistas de Xénova e Milán, ferreiros de Taramundi, xentes da cabalo, as prazas recuperadas pró seu mercadeo, museo vivo do que foi o Medioevo. Coido que, cos anos, pode se-la feira franca un dos grandes atractivos das festas, algo máis que unha feira principalmente gastronómica. Culturizala máis e máis, ésa pode se-la clave pra delongala varios días. O digo con sinceridade, aínda non estando xa pra tomar parte activa en moitas cousas. Pero percibín o ambiente certamente festivo, a presencia masiva de xentes na nosa vila –xa pola afirmación de fé nas procesiós, xa por asistiren a diversas representaciós e concertos--. As festas deste verán que se vai deixan tamén pra min a nota triste dos senegaleses i ecuatoriáns a agardaren silandeiros por algún comprador, como un miragre que lles permita dar sentido á súa travesía, á súa presencia antre nós...

miércoles, 9 de abril de 2008

O LUME FORESTAL, QUE VOLVE [29.02.2001]

Xa se produciron novos incendios. As medidas tomadas polo PSOE-BNG non parecen tan eficaces como as de Romay Beccaría no 1990. E co cambio climático, xa real, podería darse a circunstancia de que haxa lume incluso no outono, "no outono traicionado" ó que se refire o dibuxo do autor, en relación co acontecido no 1989.

Pontevedra, 9.04.2008

Entrada n. 467 do blog

Outro traballo do 2001, sobre o lume forestal, sobre eucaliptización salvaxe, mesmo estratexias incendiarias prá ocupación da nosa terra polas empresas de pasta Kraft. Atención ó que se dí no traballo sobre a actuación de Flick. Pero as cousas non están a cambiaren de forma franca na nosa terra. A industria de enclave que permanece na ría de Pontevedra, contra a que falan Bloque e PSOE, sigue aí. A intención dos dous grupos non vai máis alá do seu simple e inmoral discurso, porque agora, dacabalo do novo PXOM de Pontevedra, están a traballaren o deseño final da morte da ría. Non falan en nengún momento da recuperación do capital natural, da Axenda21Local, porque parecen estar vendidos a intereses urbanísticos. Penso tratar no blog o acontecido no acto falaz organizado pola APDR no Principal de Pontevedra este pasado 7.04.2008, no que compareceu o "bruxo" Beiras, retornado pra unha actuación máis ben triste, á marxe "dalgún corto" do seu discurso, no que si dixo algunhas cousas.

O LUME FORESTAL, QUE VOLVE [29.02.2001]
por Xesús López Fernández

Xa escomezou a campaña incendiaria, polo menos xa se dou noticia dos primeiros lumes provocados. Confiemos en que aínda se poida neutralizar ós da tea, algo sempre posible. Polo menos o PP tivo, na época de Romay Beccaría como conselleiro de Agricultura, a solución radical. Lembremos aquela súa foto mostrando os paracaídas incendiarios, primavera do 1.990. Ríranse do señor conselleiro, sí, pero o certo é que, practicamente, non houbo un novo lume no resto do ano. Algo estaba a funcionar e a oligarquía incendiaria acollonouse daquela. Despois da campaña do 1989 (lembremos que houbo máis de 15.000 incendios, que os montes ardían incluso en outubro), os “pirómanos” estaban dispostos a coller carreira, a queimaren de novo con auténtica farnesía. Providencialmente, o señor Romay soupo atalla-lo que a xente entendía estaba planificado, programado pra unha maior presencia do eucalipto.

Aínda hai poucas datas un xornal reconocía que o inventario forestal do 1997 recollía un incremento de dez veces no número de eucaliptos de oito anos antes, é decir, 1989. A xente tiña razón. O lume fora clave na arrancada eucaliptizadora promovida dende certos grupos de presión naquel ano siniestro. Lembremos que a Xunta, entón, pouco máis fixera en contra dos incendios que a edición dun poster de gran tamaño no que aparecía un neno loiro, espido, camiñando polo chan abrasado dun pinal fumegante. O neno, fermoso, ilustraba o aviso institucional do goberno de González Laxe: “Non queimes o seu futuro”. Pero ese lume –local e globalizador-- non era unha cousa de “particulares”. Parecía evidente a existencia dunha trama transnacional incendiaria e aí está o resultado que nos toca a nós: a reforestación protagonizada polo eucalipto; a ruína da nosa paisaxe, a materia prima pra unha contaminación ambiental non sancionada, a perda de valor do noso monte.

Lembremos tamén que naquel ano de lume os ecoloxistas tentaran promove-la defensa do bosco autóctono, da vexetación “climax” --a única que garantizaba a permanencia no rural galego das explotaciós familiares--, por medio dunha lei de iniciativa popular. O texto, avalado por máis de trinta e catro mil asinaturas, sería finalmente rexeitado polo parlamento galego co voto en contra da CG e mái-lo PNG, os socios do PSOE naquela triste andaina. E convén lembrar agora un dato estarrecedor, algo recollido nun informe elaborado por un enxeñeiro da Xunta, anexo ó Inventario Forestal do ano 1986, no que se afirma que á maior presencia do eucalipto “contribúe, en primeiro lugar, o lume, facilitando o seu esparexemento e fomentando a formación de renovos por brotes de cepa”. Téñense contado ata 22.000 por hectárea de monte queimado, algo demasiado concluínte e obxetivo como pra pensar que aquel lume 1989 foi básicamente eucaliptizador.

Non perdámo-la memoria, porque o demo incendiario pode volver, presente nalgún recanto do sistema. Convén lembrar un informe de El Independiente (9.7.89), sen desperdicio. No titular referíase ó apoio do PSOE á imprantación de papeleiras transfronteirizas, así como á nova do holocausto das especies nobres, “carballos, castiñeiros, bídalos, amieiros, freixos, arces..” O xornal afirmaba a existencia, presentida tamén polos cidadáns, de “connivencia antre a Xunta, Goberno e CE”. Galicia como reserva eucalipteira e celulósica da Europa Comunitaria. O intento que, dende as instancias europeas estaban a faceren por acabar coa Galicia gandeira e mariñeira. “Eurogalicia Forestal”, o enxendro no que estaba metido o consorcio Flick, andaba á procura da complicidade política necesaria pra instalar nas Pontes a factoría que, por contaminante, terían de cerrar nas proximidades do lago Constanza. A oligarquía pode intervir novamente no proceso reforestador galego. Que non o faga pola vía incendiaria, en función dos novos enxendros. Os primeiros lumes poden ser un claro aviso. E Romay xa non está. Tornemos á vexetación “climax”.

lunes, 7 de abril de 2008

LEMBRANZA DO XEFE INDIO SEATTLE [7.04.2008]

Xefe indio Seattle.
Poboado da Terra de Suwamish, á que pertencía o xefe indio.
-
Pontevedra, 7.04.2008
-
Entrada n. 466 do blog.
-
Artículo desta data, aparecido en varios medios. A lección do xefe Seattle podería aínda valer, máis en conexión coa Natureza que os políticos que nos gobernan.
-
LEMBRANZA DO XEFE INDIO SEATTLE [7.04.2008],
por Xesús López Fernández
-
Antes que Al Gore, promotor da campaña contra o cambio climático, houbo nos EEUU un gran ecoloxista: o xefe indio Seattle, do que diremos algo neste traballo. Nas elecciós do 2000, Al Gore gañou o voto popular, e moitos demócratas volven a el as súas esperanzas pra, aínda que sexa no último minuto, fuxir da opción Clinton-Obama. El permanece calado, pero xa algún parlamentario, o primeiro deles Tim Mahoney, por Florida, comezou a decir que, se a carreira Clinton-Obama vai durar ata a convención de Agosto do Partido Demócrata, “non nos deberiamos sorprender se atopamos alguén diferente –de Clinton e Obama— á cabeza de lista”. Según o semanario Time lembra, Al Gore ten declarado, en relación co seu posible retorno: “Non-o descarto, non-o esperen, pero se volvo será prá ser candidato á presidencia”. ¿Terá finalmente Norteamérica un presidente verde? Porque é necesario que cambien as cousas.

Lembremos algunhas frases da carta do xefe indio ó Presidente dos Estados Unidos, texto que debería ser lectura obrigada en tóda-las escolas do mundo. Ante a oferta do presidente de lle compra-las súas terras, o xefe indio dí, “con palabras inmutables como as estrelas”: “¿Cómo podedes mercar ou vende-lo ceo ou o calor da terra?. Extraña idea, porque non son nosos o frescor do aire nen o escintileo da auga. ¿Cómo poderían ser comprados? Decidirémolo máis adiante. Teriades que saber que o meu pobo ten por sagrado cada recanto desta terra. A folla ourilocente; a praia de branca area; a néboa da fraga; o calveiro na arboreda e o zoar do insecto, son experiencias sagradas e memorias do meu pobo. A savia que sobe polas árbores leva relembros do home da pel roxa”. Volverei antes de remata-lo traballo con algunha outra mención do xefe indio, pero agora convén citar unha parte importante da súa lección: “Dunha cousa estamos seguros: a terra non pertence ó home; é o home o que pertence á terra. [.....] O home só é un fillo. O sofrimento da terra convírtese á forza en sofrimento prós seus fillos.[...] Tóda-las cousas están ligadas como o sangue dunha mesma familia”. Lección suprema, á par que simple, que non queremos aprender.

Logo haberá novos encontros, acordos e trasacordos sobre o cambio climático consecuencia de que os homes perdémo-lo respeto, a lección da vida en harmonía coa terra; pero difícilmente asumirémo-las nosas culpas, en particular non-a van asumi-los primeiros responsables: os que mandan, os que deixan que o país esgace e apodreza. Social, ecolóxica, políticamente, mesmo parece que os nosos gobernantes perderon o rumbo e que a involución vai seguir. Poderiamos facer inventario de moitos dos disparates recollidos nas crónicas da pasada semáa. Pero hai algo no que me parece que o indio Seattle podería aconsellarnos de forma cabal, como é no tema da política hídrica e hidráulica e na cuestión da difícil realización de trasvases. Persoalmente, coido que deixa-los ríos con menos caudal do que levan é cuestión delicada, que nunca debería servir a actuaciós nas que prime o uso desmedido da auga: macrocidades, campos de golf e urbanizaciós que nunca van estar xustificadas, que deberán mesmo desaparecer.

Volvo coa lección de Seattle: “Os ríos son os nosos irmáns, porque nos liberan da sede. Os ríos levan as nosas canoas e nos dan os seus peixes. Se vos vendésemo-las terras, teriades que lembrar e mostrar ós vosos fillos que os ríos, os nosos irmáns, tamén o son vosos. Teriades que trata-los ríos co corazón”. No debate sobre o tema dos trasvases aduvíñase unha certa falta de corazón, como se o interese primeiro dalgús cidadáns fose o de leva-lo caudal á cisterna da casa ou pra montare un campo de golf nun secarral. I é que se pensa máis no valor económico da auga que na súa función ecolóxica e os correspondentes servicios relacionados, que están na natureza. Non se valora na xusta medida a función sagrada da auga, fonte de vida, como sabía o xefe Seattle. Como tamén sabe Al Gore.

jueves, 3 de abril de 2008

OS PRACERES COMO CONVERXENCIA [5.05.2001]

Unha das esceas de violencia na praza d´Os Praceres, contra os que se opoñían á ocupación do espacio polo tren. Curiosamente, as alegaciós e recursos dos veciños foron coroados por sentencias do TSJ de Madrid, ano 2003, confirmada, contra a pretensión de Fomento, no ano 2007, no mes de marzo. O 15 dese mes, estando eu en Roma, Eladio Torres avisábame de que xa había sentencia firme declarando ilegal o paso a nivel. A día d´hoxe, a sentencia sigue sen executar, presuntamente pola situación de corrupción existente. Pode non ser extraño o mal funcionamento da Xusticia á presencia de Mariano Bermejo á fronte do ministerio. O peor ministro de Xusticia da democracia, tense dito del. E con esta data e por diversos medios denunciábase o feito de que hai máis de 50000 sentencias firmes sen executar. O señor Bermejo está contribuíndo, presuntamente, ó deseño da peor das Españas negras, concepto éste que el, boca quente, manexou na última campaña electoral, cando lle tocou falar. El, fillo dun "camisa vieja de izquierdas de toda la vida". Qué horror.
A contaminación no medio sensible que é a ría de Pontevedra. Dibuxo informático de Xesús López.

Pontevedra, 3.4.2008

Entrada n. 465 do blog.

Este "novo" vello traballo do 2001 poderíase incardinar con outros nos que se fala do tema ambiental, da morte da ría de Pontevedra, da burla política coa careta dunha Carta de Aalborg coa que non queren comprire. Unha burla. Algunhas das actuaciós previstas no marco do PXOM de Pontevedra, en fase de estudio, van claramente contra a posible rexeneración da ría e do fondo intermareal da mesma, decote máis agredido. Curiosamente, nestos momentos está anunciada unha nova marcha sobre Lourizán pola APDR, que xa non pode vende-la súa mensaxe ecoloxista doutra volta... A defensa do Estado de Dereito corre actualmente da man da Plataforma da Defensa da Praza d´Os Praceres e de Salvemos Pontevedra, que mantén viva a súa cruzada xudicial. Recomendamos consulta-lo seu blog . Polo demáis, leede o traballo que sigue.

OS PRACERES COMO CONVERXENCIA [5.05.2001],
por Xesús López Fernández

Oportuna a visita do arzobispo de Santiago, que dalgún xeito parecía estaban a desactivar. O labor do párroco d´Os Praceres veuse así respaldado pola xerarquía. Agora, o BNG solicita ó TSXG un tratamento dilixente do recurso apresentado polos veciños, quenes entenden que as obras comezadas son de carácer ilegal. Non faltaron nervios, medos --nen feridos— dende o seu comezo. Na semáa pasada houbo momentos de gran tensión; as mulleres –heroínas nesta hora— encadeadas pra impediren a consolidación do que pode se-lo acto final da ruína desta ría, despois de que a parcelaran coa construcción da autovía e a imprantación do complexo contaminante de Lourizán. É decir que, cando os mariñeiros de aquí están a quedárense sen caladoiros, non se quer considera-la rexeneración deste espacio como tulla ou despensa e creador de riqueza, arestora sen acuicultura posible pola cuestión do mercurio e dos organoclorados antre outros contaminantes.

A afirmación de Eladio Torres de que “os nenos comezan a guindaren pedras á vía, e van medrare con ese rencor” constitúe un aviso de certa gravedade. En todo momento o home está a recomenda-la non violencia, pero a humildade e o abandono parece que só conducen ó martirio, do que a parroquia sabe moito. Son testigos –eso significa en grego “mártir”— dende os primeiros tempos da ocupación de Lourizán, e a loita dagora é a mesma que prantexaron nos anos sesenta, cando comezou a morte da ría. E non se debe renunciar a outra estratexia, na que se anuncian xa os primeiros pasos: A movilización cidadáa. Ése pode se-lo camiño, apoiada a plataforma veciñal por diversas asociaciós e por colectivos ecoloxistas, mesmo polos do 5-J que hai que sumar. Como daquela, a sociedade pode te-la a chave na procura dun futuro mellor, dispoñer dunha voz máis contundente que os que dictan a lección arrogante da corrupción, de que se vai construir por mandato parlamentario, que non é de progreso e no que ademáis é fácil descobri-lo disfraz dos grupos de presión. Véselles a cara.

Parécenme cortos os pasos dados polos partidos con representación no concello, que non se pronunciaron máis alá dalgunha que outra declaración de consolación. Mais.. ¿Lémbranse eles que Pontevedra suscribeu a Carta de Aalborg vai facer un ano, ou foi unha trola que nos meteron? ¿Ónde está o propósito de mante-lo capital verde, dun desenvolvemento ecoevolutivo posible? Porque nada se fixo no tema da política ambiental máis alá dun certo marketing que non convence a ninguén. En xuño do 2000 escribín sobre este tema algo que coido non perdeu actualidade. Remataba así: “A Carta insiste na necesidade de conservar ou de restaura-lo capital natural, cuestión ésta moi importante, tanto como a do “capital social” que di Fukuyama, claramente encastañadas. Lástima que no noso concello non se celebrara o debate do estado do municipio, porque había temas dabondo: cidade sitiada, en regresión, pasmada, ecolóxicamente agredida. E a oposición política sen ideas.”.

A manifestación dos veciños pode marcar un antes e un despois no deterioro do noso mar e da nosa ribeira, o comezo dun mañán de progreso real. Non sabemos cándo se vai produci-lo acontecemento, pero a marcha ecoloxista da Asociación pola Defensa da Ría está xa anunciada pró 3 de xuño. ¿Sería posible axunta-las forzas, convencer ós veciños de que esa marcha e a súa manifestación son complementarias, que son aspectos da loita contra a presencia berberisca de corenta anos en Lourizán –causa primeira do que agora pasa-- que aí siguen a se ufanar, ata o punto de acadaren unha “Lei das Rías” que lles permita mante-la súa ocupación?. Coido que está claro que son esos os nemigos a batir e que o tren neste momento xa non é necesario. E inda que o fose, non estaría xustificado como instrumento de progreso laceirando outravolta ós que levan/ós que levamos corenta anos de sofrimento. A loita dos de Praceres tamén é nosa, unha batalla máis na guerra pola salvación da ría.

miércoles, 2 de abril de 2008

OS CONTOS DE SCHEHEREZADE [26.05.2001]

Dibuxo informático de Xesús López. Catedral ou mezquita, a tenor do título do artículo recuperado. Das mil e unha noites. Fantasía informática de Xesús López.

Pontevedra, 2.04.2008

Entrada n. 464 do blog.

Debería estar máis centrado nas novas cotiáas, facer relato de cousas do acontecer social, urbanístico e político do país ou da cidade. Pero teño necesidade, unha certa urxencia de recupera-los traballos feitos tempo atrás, hai anos, dende unha rigorosa independencia. E sigo polo 2001. Certo tamén que case tóda-las crónicas teñen unha relación co acontecer caótico desta cidade, privada de gobernantes capaces, apoiados éstos na estulticia dalgún técnico parvaxolo que, prácticamente, desfixo a cidade, privouna do seu carisma. E así, o que aparece notariado no traballo hoxe inserido, ven sendo como unha crónica dende a distancia. A cidade é cada vez máis gueto porque os malos pasos denunciados son como unha especie de paradigma prós novos responsables [alí onde houbo pequenos cambios de protagonismo], incapaces dunha rexeneración certa. Por certo, a miseria ambiental sigue.

OS CONTOS DE SCHEHEREZADE [26.05.2001],
por Xesús López Fernández

O día 24 de maio disfrutamos en Pontevedra, no auditorio do Lérez, dun gran concerto da Orquesta Filharmónica de Silesia, cando estaba prevista a actuación doutro conxunto instrumental, a Orquesta de Moravia. Mantívose a programación da segunda parte, a obra Scheherezade, de Rimsky-Korsakov, compositor ruso do “grupo dos cinco” –xunto con Mussorgsky, Balakireff, Borodin e César Cui, éste en realidade o cronista do grupo--. Teño tres versiós da obra en CD, pero era ésta a primeira vez que disfrutaba en directo da recreación fantástica que o autor fai de varios contos das “Mil e unha noites”, dos que a leenda nos mostra como o leigado de Scheherezade, dos contos ensarillados pra manter viva á súa irmá Dunyazade, casada co Sultán coa condición de que non podían faltare os contos, relatos que servirían pra evita-lo sacrificio da desposada, pois era práctica ritual do Sultán dar morte ás súas prometidas despois da noite de vodas.

Os contos do concerto transcorren en catro tempos. O último remata cos temas do mar e da nao naufragada. A exuberancia instrumental vai recreando ora momentos de alegría e ardentío, ora instantes de gran pesadume. Nos derradeiros acordes a orquesta vaise apagando solermiñamente.. Aduvíñase a nao xa asolagada...Contos encadeados, un pensa no noso mar, neste mar que foi vida, nesta vila que foi mar, nas historias dos nosos mariñeiros e navegantes, na traxedia que tantas veces tingueu as casas mariñás. Penso que aquí faltou o autor comprometido que novelase de xeito cabal e crítico a evolución da nosa relación co oceano. Naos naufragadas, naos aquí botadas, mar xerador de riqueza...Santa María –creación do Gremio de Mareantes--, que miraba cara ó Atlántico, que a están a tapar máis e máis os políticos do desenvolvemento sostible, ese do que se volve falar, agora dende Europa e por medio de documento da OCDE que fixa como obxetivos básicos mante-la integridade dos ecosistemas e aillalos da presión ambiental da economía e da actividade industrial, mellora-la toma de decisiós, a calidade de vida, etc. É decir, dánno-la razón.

Pero temo que non, que seguimos coa serie de contos, se non das mil e unha noites, sí da xustificación das miserias. Contos dende uns foros, contracontos dende outros. Agora, por exemplo, é Bruselas a que denuncia a España por non compri-la normativa de augas interiores, o que podería traducirse nunha multa de sete millós de pesetas cotiás polo incumprimento, algo do que aquí sabiamos e que Ecoloxistas en Acción denuncia públicamente no sentido de que o tal incumprimento da directiva vai por riba do 20% estimado polo Goberno, como que tampouco se pode culpar do problema á pouca auga que levan os nosos ríos xa que a calidade non ten que ver co caudal, senon cos vertidos e a xestión. O grupo ecoloxista fala de inversión escasa e da necesidade dunha maior vontade pra resolvérmo-los problemas de calidade das augas dos ríos, embalses e lagos. E aquí decimos nós que tamén das rías pra posibilitaren a acuicultura –primaria-- que remediaría as miserias das nosas frotas.

Deixo hoxe outras novas sobre situaciós que estamos a vivir. Como fin toco o tema das manifestaciós á vista: a d´Os Praceres, o 31 de maio e a marcha ambientalista do 3 de Xuño. Deféndese en ambas a calidade de vida e o futuro. E vai depender da sociedade que algo se consiga en contra da contaminación, en contra do tren que queren levar por onde non deben. E tornando ó símil da música rusa, estou a oir unha obra de Tschaikovsky, o 1.812, na que se describe a marcha das forzas napoleónicas sobre Moscú, a batalla e a liberación final da cidade, momento no que as campás da capital sonan exultantes mentres o exército de Napoleón se bate en retirada. Curiosamente, César Cui era fillo dun oficial napoleónico. Sería bo que a campá d´Os Praceres e as campás todas de Pontevedra marcasen aquí o triunfo final sobre a miseria ambiental e urbanística, como nun gran conto de Scheherezade.