domingo, 30 de noviembre de 2008

CRISTINA PATO

Cristina Pato, actualmente en Nova York.

Pontevedra, 30.11.2008
Entrada n. 729 do blog

CRISTINA PATO,por Xesús López Fernández

A nosa gaiteira leva xa catro anos en Nova York. La Voz de Galicia desta data, ó tempo que fai unha visión retrospectiva do que representou a rapaza no panorama artístico galego, a gaiteira dos pelos de colores, que xunto coa Seivane aviveceu o noso folklore.
Nacida en Ourense no 1980, aínda é unha moza. Pero ten pinta de executiva según a describe a crónica. Pero no seu maletín non viaxa nengún ordeador, non; viaxa unha gaita, unha Seivane coa que este pasado martes participou nun acto organizado polo ministerio de Igualdad.
As cousas cambiaron moito pra Cristina, que en Nova York é tratada como doutora i está por asuntos maiores. Pero mellor leé-la crónica de
La Voz, clicando aquí.

sábado, 29 de noviembre de 2008

A NATURALIDADE DE AGUIRRE

Montoro, en La Razón, 29.11.2008. O anxo da garda de Esperanza Aguirre estivo atento ós seus deberes durante a viaxe a Bombai da presidenta de Madrid.

Pontevedra, 29.11.2008

Entrada n. 728 do blog

A NATURALIDADE DE AGUIRRE,
por Xesús López Fernández

Parece que os yihadistas que cometeron o múltiple atentado de Bombai, xa están controlados. Un gran susto prá embaixada española que estivo alí presente, que se salvou por pouco.

A prensa d´hoxe informa do epílogo da viaxe, de cómo Esperanza Aguirre saeu indemne e tamén o resto da delegación.

Censuran algús a Esperanza Aguirre, que según Pepiño Blanco marchou correndo da India --sería voando, digo eu--, sen lle importare a sorte do resto da delegación que aínda permanecía alí. O ABC, 29.11.2008, informa do comentario, un tanto procaz, de Pepiño Blanco, que ó mellor sigue creendo na alianza de civilizaciós que predica o seu mestre.

Parece como se os terroristas islamistas, desagradecidos da financiación española da cúpula de Barceló en Xenebra, nos sinalaran como obxetivo, según artículo de Ignacio Camacho no ABC desta data, dentro da operación da que se dí foi un claro aviso a Obama, xa acusado por Al Qaeda de sere un escravo dos brancos. A este respecto resulta interesante a lectura do editorial do ABC en relación coa nova dimensión internacional do terrorismo.

José María Marco, nun traballo titulado "La naturalidad de Aguirre", en La Razón, do que está tomado o título desta entrada, dí:

El objetivo de los ataques de Bombay han sido hoteles donde se alojan empresarios indios y extranjeros, centros de comunicación y de difusión cultural. Son por tanto un zarpazo al corazón de la modernización y la globalización de La India, el 11-S de aquel país. Así ha sido entendido allí. Como el escenario ha cambiado recientemente, hay que añadir que los ataques de Bombay son el primer desafío del yihadismo a Barack Obama. Habrá que ver cuántos seguidores del presidente electo siguen encandilados con las buenas intenciones. Por desgracia, serán muchos. Nuestras democracias mediáticas generan una muchedumbre anestesiada ante el dolor ajeno, personas que prefieren no ver, no actuar, refugiarse en el localismo para intentar esquivar al monstruo. Aquí, además, el terrorismo nacionalista nos ha acostumbrado a vivir con el horror. La presencia de un grupo de españoles encabezados por Esperanza Aguirre en el escenario del ataque podría contribuir a cambiar esta situación. Esperanza Aguirre ha estado admirable de entereza, de coraje y de sensibilidad. Ha demostrado una vez más su capacidad de liderazgo y sobre todo su naturalidad aplastante. Una ventaja en política, aunque se perdona mal. Por eso ha suscitado una ola de simpatía y de apoyo, incluso de identificación. Cuando Esperanza Aguirre ha dirigido el foco a las víctimas, a los compatriotas que seguían sufriendo las consecuencias del ataque y al hecho fundamental del significado del horror que acababa de vivir, ha vuelto a demostrar su talla. Decir que no se debe olvidar la amenaza terrorista ni siquiera en momentos de crisis como los actuales requiere una visión especial. Habiendo vivido en primera línea el 11 M, ahora le ha tocado sufrir como víctima la realidad de lo que se ha convertido en uno de los principales frentes de la lucha contra el terror, como es Asia, y más en particular, La India. Con gestos como éste, España tiene la ocasión de proclamar su compromiso con la libertad y la civilización. Esperanza Aguirre ha demostrado que piensa y actúa naturalmente en términos globales. Sólo eso es ser muy valiente.

Visión distinta da de Pepiño Blanco e máis analítica. E son moitos os españoles que, si veían nela á figura que debería lidera-lo PP, agora reafírmanse na súa idea. ¿Cómo tería reaccionado Blanco no caso de ser detido polos islamistas e de sere sometido á proba do algodón dos rezos musulmáns?. Algún membro da delegación mirou cómo executaban ós extranxeiros que non se identificaron como islamitas nen sabían face-los oportunos rezos que ZP debería incluir no catón da Alianza de Civilizaciós.

Esteban, en La Razón. 29.11.2008. A Alianza de Civilizaciós que predica Zapatero non funcionou. Polo menos desta volta.

viernes, 28 de noviembre de 2008

VARIAS NOVAS PONTEVEDRESAS

Unha das cancelas, a maiores, que marcan o terreo onde xa resulta imposible o exercicio do comercio. Aí mesmo acaba de cerrar CASA, un establecemento que parecía puxante.
Fotografía dun dos "paraugas" que están a faceren, prós do botellón, no "recinto" feiral. ¿E Costas qué fai?
O marisqueo, coidado e cos debidos controles sanitarios, pode ser unha riqueza certa. Difícil cando as cidades e industrias verten as súas miserias e venenos e non existe unha verdadeira política ambiental. Foto de La Voz de Galicia.

Pontevedra, 28.11.2008

Entrada n. 727 do blog

VARIAS NOVAS PONTEVEDRESAS,
por Xesús López Fernández

RECUPERACIÓN AMBIENTAL.

¿Será certo que, ó abeiro do plan de ordeación, van recupera-lo espacio d´As Correntes, o mesmo pró que están a pensaren nunha nova e innecesaria ponte?. Neste blog temos xa denunciada a actitude do Concello, a súa actitude negativa á hora de considera-la aplicación da Axenda21Local, que se refire precisamente á recuperación do capital natural.
[La Voz de Galicia, 28.11.2008: Consellerías e ministerios terán de faceren mudanza na Xunqueira d´Alba]

NOVA ORDENACIÓN VIARIA

O Concello, despois de ter aganado á cidade, de arruinala con saña, de deixala privada de arterias, de eliminar 2500 prazas de aparcamento en superficie, vese obrigado a introducir cambios que non han valer pra nada.

En La Voz de Galicia está aberto un debate e alí alguén, moi cáustico, di te-la solución: Cando estos se vaian. Pero a estos hai que botalos i eso só se pode facer por medio dun partido que prometa acabar coa política de baldoseo aldeán do BNG e se comprometa a abrir de novo as vellas arterias: Benito Corbal-Michelena, con conexión a Arzobispo Malvar i Echegaray; Augusto G. Besada-Riestra-praza de España-Arzobispo Malvar; Cobián Roffiñac-Daniel la Sota-Peregrina-Estrada de Vigo. Potencia-lo protagonismo de Sagasta ou da actualmente chamada Lores de Arabia (General Mola), básicas pra unha verdadeira permeabilización do tránsito e revitalización do tecido comercial, etc.

[La Voz de Galicia, 28.11.2008: Pontevedra afronta unha novva ordeación viaria que afecta a 15 rúas]

COSTAS SIGUE CO DESAHUCIO DA FAMILIA ABOAL

Tocado este tema nunha entrada recén, pergúntome cómo se pode xustifica-la obra qu´o Concello está a facere na Xunqueira pra amparo dos do botellón. ¿Cara ónde mira Costas?

[La Voz de Galicia, 28.11.2008: Costas decreta el desahucio....]

AS COFRADÍAS QUÉDANSE SEN MARISCO

Sen marisco ou con marisco contaminado levan moitísimos anos, sen que Sanidade entrase neste asunto a fondo. A orixe da contaminación está clara. E tamén o compadreo político cos recheos feitos pra lle facilitaren solares, gratis total, a certas industrias non relacionadas co mar. Por exemplo Gonvarri, cerrada en Cataluña por contaminación con zinc e cadmio, outra forma de traballa-la Xusticia, cos nosos políticos "ecoloxistas" mirando pra outra parte. Agora parece incluso que lles corre presa por consolidar Lourizán como solar.

[La Voz de Galicia, 28.11.2008: As cofradías estiman qu´os recheos do porto eliminan 300 postos de traballo]

jueves, 27 de noviembre de 2008

BREVES DO DÍA

José Cendón, secuestrado en Somalia. Foto do Faro de Vigo.

Pontevedra, 27.11.2008

Entrada n. 726 do blog

BREVES DO DÍA,
por Xesús López Fernández

Introduzo, a modo de breves, algunhas noticias do día, cos seus correspodentes enlaces:

O fotógrafo galego José Cendón e o periodista británico Colin Freeman, secuestrados en Somalia, polos seus traductores, cando traballaban xuntos nun reportaxe pró Daily Telegraph sobre a piratería do país. [Faro de Vigo, 27.11.2008]

MEDIO AMBIENTE. Bruselas ameaza con denunciar a España por vertidos á auga en máis de 400 poboaciós. [La Voz de Galicia, 27.11.2008]

DESCENSO SISTEMÁTICO DOS DELITOS CONTRA O PATRIMONIO. Forma ambigua de dá-la noticia, cando as agresiós ó patrimonio público fanse co pretexto de obras das Administraciós. Exemplo, a reconfiguración urbanística de Pontevedra, versus talibanismo en estado puro e reconversión en ruína da zona monumental [La Voz de Galicia, 27.11.2008].

Brufau pide ós interesados en Repsol que "crucen a línea máxica" e lancen unha opa. [ABC, 27.11.2008]

CAROD GASTA 272000 EUROS NUNHA FESTA PRA PRESUMIRE DE AXUDAS ÓS pPAÍSES DO TERCEIRO MUNDO [PERIODISTA DIGITAL, 27.11.2008]

A VIOLENCIA DO GALEGUÉS

Ermitas Valencia, nova voz dos galizos contra a "violencia de xénero, contra o castelao", non contra a inmersión lingüística no galegués por eles inventado. Discurso sectarizado. Foto de La Opinión, A Coruña.

Pontevedra, 27.11.2008Entrada n.725 do blog

A VIOLENCIA DO GALEGUÉS,
por Xesús López Fernández

A forza de querer cambiarlle a alma ó país co galegués inventado polos galizos, creen algús desa cofradía que se está a practicare unha violencia de xénero contra as náis ás que se lles condiciona a educación dos fillos por medio do asolagamento no castelao, dito así polo que se relata máis adiante, nesta entrada. Realmente, os galizos, coa súa esquizofrenia a voltas, están en contra do galego enxebre e do castelao.

Que se deixen de caralladas porque neste país chamado Galicia nunca se falou o galegués por eles promocionado, e a convivencia antre castelao e galego foi de sempre viable. Certo que considerado o galego, por diglosia, como lingua de rango inferior, o que non impediría qu´o titular deste blog participase nos anos 1966 e 67 nunha serie de programas en lingua galega, 92 en total, en Radio Pontevedra. E xa choveu, aínda que algús sigan decindo qu´o noso idioma estaba prohibido.


Pero que a posta en valor do idioma non pode pasar pola demencial imposición das normas da deriva, as normas do galegués, pra ilo solagando no portugués, porque a inmersión no Portugaliza do seu delirio é a única esperanza que teñen de salva-lo seu nazionalitarismo estos coitados.

Aínda non comprenderon que portugués e galego son linguas claramente diferenciadas, que son as isoglosas diferenciativas as que marcan a fronteira antre os dous países. E retomarei unha breve historia dun acontecemento producido cando o congreso constituínte de Coalición Galega, alá polo 1982 ou 1983, no parque de verao do Mercantil vigués.

Gustavo Docampo Otero comezaba a lectura da ponencia de Lingua redactada por María do "Carmo" Henríquez Salido. E comezara o home cunha cita da "Biblia" dos galizos, o libro de Castelao, que el citara como "Sempre en Galicia", momento no que interrumpeu Henríquez: Un momento..., o menos que hai que ter é respeto para con os mortos e que eu saiba Castelao escribíu un libro intitulado "Sempre en Galiza", non "Sempre en Galicia". Discúlpase o amigo Gustavo, Sí, muller, foi un erro, pra proseguir coa lectura que arrancaba coa definición da dicotomía existente antre o uso do galego e do castelán..... ¡Castellano!, dixo a Henríquez, o que motivou unha nova disculpa de Gustavo, que quixo seguir...

Pero este que agora escribe dixo, dirixíndose a María do "Carmo": ¿Castellano...?, Sí, sí, castellano, ¿Irmano?, Non, irmán, Ou irmao, digo eu..., Bueno, sí, Ou irmau, como en Lugo, que eu che son moi respetuoso coas formas vivas do idioma, Sí, claro...., Pero mira unha cousa e xa que falabas do respeto "para con os mortos" que eu diría "respeto ós mortos, respeto cos mortos", ¿por qué lle estás a cambiare o nome a Castelao..?, ¿Como dis?, Que estás a cambiare o nome Castelao por castellano, ¿ou non comprendeches que o apelido se corresponde cunha das formas histórico-científicas de decir "castellano" en galego?.

A muller púxose pálida e marchou, privada de argumentos despois da "molladura".

Pero esta Ermitas Valencia d´agora, nun discurso borde, fala de violencia de xénero dos que non se someten ó galegués dos galizos, da fragua do BNG ou dunha RAG que xa non xoga nengún papel. Mellor, leéde a crítica de Lois Blanco en La Voz de Galicia do 26.11.2008.

NOTICIAS DE BOMBAI

En Bombai, o lume prende nun edificio noble a consecuencia dun bombazo.
Bombai. Escenario despois dos atentados.

Pontevedra, 27.11.2008

Entrada n. 724 do blog

NOTICIAS DE BOMBAI,
por Xesús López Fernández

A violencia global parece estar a cobrar un especial protagonismo na India. Con perfiles moitas veces anticristiáns, agora parece estar na fase do horror, do atentado urbán indiscriminado. Onte estivo a punto de lle toca-la "lotería" a Esperanza Aguirre e á delegación da Comunidade madrileña que visitaban a cidade. Algús dos membros aínda permanecen alí. Mellor incluir algún enlace de noticias do día. Curiosamente, moitos medios políticos parece pasaron da situación vivida pola presidenta de Comunidade madrileña e o seu séquito. Siguen os correspondentes enlaces:
[ABC. 27.11.2008. Fotos dos atentados]
[ABC, 27.11.2008. MÁIS DE CEN MORTOS NOS ATENTADOS]
[A COPE. Resume da prensa do 27.11.2008]
[PERIODISTA DIGITAL, 27.11.2008. O goberno indio declara o estado de guerra]
[LIBERTA DIGITAL, 27.11.2008. Contén video. ESPERANZA AGUIRRE SAE ILESA DUNHA MASACRE TERRORISTA (ISLAMISTA) EN BOMBAI, INDIA]

ZP E LUKOIL

martínmorales, en ABC. "¿Te alarma que detrás de Lukoil esté el Kremlin, pero no que aparezca la Moncloa detrás de Repsol?"

Pontevedra, 27.11.2008

Entrada n.723

ZP E LUKOIL,
por Xesús López Fernández

Sigue sen estar claro o asunto da posible entrega de Repsol a Lukoil. Onte, certamente, houbo debate no Congreso. Rajoy, según hoxe reconocía Jiménez Losantos, estivo no seu papel, parecía o Rajoy d´antes de marzo. Pero en definitiva ZP, cun dos seus globos dialécticos, dixo que apoiaría a Repsol sen vetar a Lukoil.

Siguen algús enlaces da prensa d´hoxe:

miércoles, 26 de noviembre de 2008

REPSOL E LUKOIL

Felipe González oponse ó control de Repsol-Ypf polos rusos.

Ponteveda, 26.11.2008

Entrada n. 722 do blog

REPSOL E LUKOIL,
por Xesús López Fernández


A constructora Sacyr, con problemas de liquidez neste momento, pero propietaria dun 20% das acciós de REPSOL-YPF, parece estar disposta a se desprender dese gran paquete a favor da petroleira rusa, que ademáis tenta mercar un 9.9% adicional.

A actitude de Zapatero non está nada clara e parece que non vería con malos ollos a transferencia do gran paquete accionarial desta empresa estratéxica. O PP cuestionou hoxe no Congreso a falta de transparencia de ZP sobre o asunto, no que incluso imputan a El-Rei unha presunta intermediación en favor dos rusos, do que se fixeron eco "Los Clones" de Intereconomía según vídeo que sigue, ilustrado con la música de La Internacional como presentación. El-Rei, nesta parodia, fala ruso, ou eso parece:
FALOU EL-REI CON LUKOIL?

Xentes do propio PSOE, antre elas Felipe González, estarían en contra da operación que parece que ZP non vai evitar. Sigue outro enlace, éste de
Economista 24 , que dá noticia igualmente da oposición do PP á operación.

UN CORTO CURIOSO

Un fermoso día.... Campolongo, Pontevedra.
Un fermoso día.... Fonte da praza de Galicia, Pontevedra.

Pontevedra, 26.11.2008

Entrada n. 721 do blog

UN CORTO CURIOSO,
por Xesús López Fernández

Hoxe chegoume, co correo electrónico dunha amiga, un corto ó que nun dubidei en lle facer un espacio neste blog, polo que inclúo o correspondente enlace. Incluso pra pedir convén ter imaxinación, e ser un pouco poeta. Que vos guste:

Convén ve-la entrevista ó autor que recolle o último dos enlaces. Alonso Álvarez Barrera, 24 anos, non aceptado nas academias de cine do seu país, gañou en Cannes. Ó concurso, según se conta, presentáronse outros dous mil cortos. Noraboa.

PAÍS, MÉXICO. "HISTORIA DUN LETREIRO" TRIUNFA EN CANNES.

HOXE É UN FERMOSO DÍA, E NON-O PODO VER, VIDEO ORIXINAL

YOUTUBE, ENTREVISTA Ó AUTOR

martes, 25 de noviembre de 2008

INTENTAN CONTROLAR INTERNET

Borja Montoro, en La Razón. Os católicos son cidadáns soamente en canto ás súas obrigaciós tributarias, según dispón o Alto Tribunal da Laica Inquisición. Que haxa máis de mil blogs católicos creando rede, informando reactivamente, é algo que as dictaduras non soportan.
Parodiando a Caín, en La Razón, cada día parece máis difícil ser "apolítico" de dereitas. Controlando internet sería posible, á par de crearen un mundo superaburrido.
Caín, en La Razón. Ó progreso, ó futuro..... Á nada. Eso quixera a intelligentzia da cella luciferina. A sombra da cheka de Bellas Artes....Ai, ai, ai....
Pontevedra, 26.11.2008
Entrada n.720 do blog

INTENTAN CONTROLAR INTERNET,
por Xesús López Fernández
A involución democrática faise decote máis evidente. Non sei se o ideal é tanto a antigua Unión Soviética como China ou a Cuba de Fidel, pero o certo é que, como iniciativa non de lei, un diputado socialista, Simancas, intentou poñe-lo control de internet nas mans do goberno.

Finalmente, a proposta de privación de libertade que na práctica significaba non prosperou. Os grupos votaron en contra menos o PNV.

[Informa o ABC do 25.11.2008: EL PSOE DA MARCHA ATRÁS EN SU INTENTO DE CONTROLAR LOS CONTENIDOS DE LA RED]

Non se pode consentir porque a Rede é hoxe a salvagarda da Democracia, tamén da información non mediatizada ou subvencionada que os involucionistas e deseñadores d´almas quixeran dictar.

MONTE VIVO

O que sí foi monte vivo, o Campillo de Santa María, arestora arrasado polo talibanismo urbanístico do goberno local. Que non falen tanto de "monte vivo". (Clicade en tóda-las fotos pra velas ampliadas).
Os carballos recuperan protagonismo neste monte que foi "deserto verde", no que xa non queda un eucalipto. Veñen os xílgaros ante o estoupido de color. Non houbo subvenciós.
Os liquidámbares qu´o goberno local non quería prantare, reservada a praza prá experimentación "sociolóxica" dos estalinistas. A protesta cidadáa ten agora este premio, que non rectifica o destrozo da praza da Verdura, só o disimula.
Outono 2008, en Campolongo, Pontevedra.
Pontevedra, 25.11.2008
Entrada n. 719 do blog 

MONTE VIVO, 
por Xesús López Fernández

Despois do verán do 2006, daquel periodo infernal de "lume total", nótanse aínda as cicatrices en case tódo-los montes queimados.
Faltou unha mensaxe clara, mesmo sen ideas por parte dalgún partido enganchado ó clúster clorocelulósico e que vería con bos ollos a reposición da masa contínua de "deserto verde", da eucaliptización total coa que algús dos seus prohomes soñaron, algo que lles pode pasar factura electoral nas próximas autonómicas.

Nese tema, e pola doudice asumida no seu organigrama, o BNG, co seu larapeteo do "monte vivo", pódelle estar a gaña-la partida ó PP, que xa non controla o rural por culpa dos do birrete ou ben porque Quintana leva agora a voz cantante nas concentraciós de vellos e vellas. Qu´o BNG fale agora tanto de "monte vivo" pode non pasar de estratexia electoral, pero é que tiña que ser unha demanda social de toda a nosa terra. I eso, ó mellor, non-o entende Rajoy, que dí remar na dirección correcta.

Pero a noticia que hoxe dá La Voz de Galicia, según este enlace, deixa un pouso de resentimento, porque esa iniciativa pola defensa dun monte vivo é algo de caixón. Algunha comunidade de montes xa se tiña pronunciado nese sentido, pero a día d´hoxe non se aprecia que nelas prendera a idea da posta en valor dos montes (riqueza en madeira, en froitos, en colorido outonal, soporte dunha gandería certa, de avenza ou armentío), como se fosen simples vividoras das subvenciós que poden tamén valer pra lles cambia-la alma, etc. [La Voz de Galicia, 25.11.2008]

COS NOSOS CARTOS, NON

El Manifiesto de las clases medias, de Enrique de Diego. A ver si o Che Guevara, que está na portada, se entera.
Manifestación de protesta de xentes da clase media, en Madrid, Plaza de Colón, o 23.11.2008. Fotografía de Periodista Digital. (Clicade nela pra ter unha visión ampliada da mesma).
Pontevedra, 25.11.2008

Entrada n. 718 do blog

COS NOSOS CARTOS, NON,
por Xesús López Fernández
Qu´a situación do país se está a deteriorar máis e máis é algo que só os tontos poden negar. Os doudos [tolos, páparos ou mentecatos] ou os que están instalados na Política que nos levou á recesión, pero da qu´eles fuxen cos seus ingresos blindados pola vía orzamentaria, por medio dunha maior agresión fiscal ós que, día a día, ingresan no pelotón dos sen traballo ou dos que acoden ós comedores sociales, de momento atendidos pola Igrexa e voluntarios. Pero a este paso terá o Goberno, como culmen do seu fracaso en política socioeconómica, que refunda-lo Auxilio Social.

Así as cousas, o Domingo tivo lugar, en Madrid, unha manifestación da clase media que está a tomar conciencia do expolio ó que está sometida. Plan de rescate de bancos e caixas, pero a costa da agonía da clase media que tantos anos levou conformare no país; a costa dos pequenos aforros de millós de españoles que ven o seu futuro inmediato máis negro cada novo día.

Na intervención de Enrique de Diego dixéronse cousas con moita forza e outra que, si estiveramos realmente nun Estado de dereito, tiñan que ser realidade dende hai tempo, como qu´os partidos e sindicatos deben manterse coas cuotas dos seus afiliados, nunca pola vía da subvención; estamos fartos da xente que vive do conto, dos presupostos da nación.

Pagamos impostos pra qu´o Goberno protexa a nosa propiedade, non pra que se incaute d´ela. Pero só nos deixan a opción de pagar e aguantar. Pero aguantar non imos aguantar, e pagar, xa veremos, porque hai facturas que non temos asinado. Etc. Mellor leéde no enlace aquí incluído.


Aínda que moitos medios omiten o comentario da manifestación, Periodista Digital informa compridamente, como moden ver por medio do enlace agora inserido.

DISCURSO COMPLETO DE ENRIQUE DE DIEGO, en su blog.

domingo, 23 de noviembre de 2008

UNHA DECLARACIÓN SEN SENTIDO [24.11.2008]

Esteban, en La Razón, 11.11.2008. O rapaz se instrúe en EpC, I.Prelavado. Aí comeza o traballo da "intelligentzia" pra ideoloxizaren ós rapaces.
Caín, en La Razón, 13.11.2008. A ideoloxía, mellor qu´o esterco prá sementeira.
Caín, en La Razón, 20.11.2008. Baixo o franquismo era imposible ser apolítico de esquerdas.
Borja Montoro, en La Razón. 20N. Repetición en estéreo do parte de defunción de Franco. (Máis a actuación da "intelligentzia", en Bellas Artes, con raíces de cheka, "memoria" que non han querer lembrar).

Os dibuxos dos nosos humoristas valen a modo de prólogo do traballo desta data. Os políticos están a marcaren os tempos do fracaso social e democrático.


Pontevedra, 23.11.2008

Entrada n. 717 do blog

Artículo semanal.

Unha declaración sen sentido [24.11.2008],
por Xesús López Fernández

Resulta que sí, que Franco leva 33 anos morto e que non estaba a facer nengunha cura balnearia. Os interesados poden localizar na rede o seu certificado de defunción. A consecuente decisión de Garzón de se declarar incompetente pra seguire co levantamento de restos fúnebres nas fosas comús, parece orixinou ronchas en certo sector da “progresía kultural”, que presentou, precisamente o 20.11.2008, no aniversario da morte de Francisco Franco, un manifesto de apoio a Garzón. I en anuncio do mesmo compareceu un grupúsculo de 15 persoas no Círculo de Bellas Artes, de Madrid, con memoria de cheka dende o 4 de agosto do 1936, reconvertídos daquela os seus sótanos en sede central do Comité Provincial de Investigación Pública, órgano encargado da represión do bando republicán, según lembrou o xornal El Mundo a raíz deste acontecemento. Tamén memoria histórica, por certo.

Pero o que tivo máis eco da comparecencia foi a presencia no grupo de Cristina Almeida, pra lle dar máis “megafonía” ás declaraciós que se produciron, antre elas a petición delirante de que se considere un anexo da Constitución o auto do xuez estrela. A antigua comunista e visitante de El Corte Inglés propuxo, alabarada, a queima das obras de César Vidal, e do outro, e do outro tamén. César Vidal, naturalmente, non calou; sí comentou que pensaba que Almeida non tería leído nengún dos seus libros, e que ó mellor se estaba a referir a obras de teoloxía. Non lle dou maior importancia, pero lembrou os antecedentes franquistas do pai da abogada, o que abondou prá aplaca-la súa teima pra, de seguido, facere a aclaración de que se tiña loitado pola libertade era pra que César Vidal e outros puideran escribir sobre o que quixeran; tamén que estaba moi orgullosa do comportamento do seu pai, participante no alzamento nacional no ano 1936, pero que eso acontecera antes d´ela nacer. ¿Cómo se explica o seu canto d´agora, en relación con feitos de hai 70 anos?

Na resposta de César Vidal, o home lembrou unha frase de Heine no sentido de que “comézase por queimar libros, acábase por queimare ás persoas”. I éso citouno Alfonso Ussía na súa crónica do 22.11, en La Razón, porque ó seu avó, Pedro Muñoz Seca, queimáronlle íntegra a súa biblioteca, no 1935, no bulevar da rúa Velázquez, Madrid, frente ó número 57, con obras de García Lorca, Valle Inclán, Alberti, Ramiro de Maeztu…. Despois, dí Ussía, queimárono a el, pero a tiros. O 28.11.1936 tivo lugar unha das célebres sacas de San Antón, na que foi detido o home xunto a varios frades agostiños e irmáns de San Xohán de Deus. Cóntase del que, aínda detido, non perdeu o humor e que as súas palabras “Me podeis quitar todo, menos el miedo que tengo” foron pronunciadas na cheka de San Antón, e que incluso se dirixeu ó pelotón de execución manifestando: “Me temo que ustedes no tienen intención de incluirme en su círculo de amistades”.

A sociedade española pdoe estar confusa en moitos aspectos da nosa historia recente, que algús queren borrar. Achegármonos con sereidade á nosa memoria histórica aínda debe ser posible, pero non-o vai ser pola vía do que Carlos Herrera denomina "a escenificación do odio [...] dos vixiantes do confín das ideoloxías, que chegaron decir qu´o auto de Garzón debería pasar a sere un anexo da Constitución....". Non cansan de leeren comunicados e resulta reprobable que escolleran prá escenificación do seu acto, e pró retrato, a que fora cheka favorita do roxerío. ¿Un despiste" Pode. Pensémolo así. Cristina Almeida, polo menos, envainou a "afouteza primeira", o ardentío da primeira declaración. Eso, ó mellor, sitúaa fóra do sindicato da "Kultura" no que, agora que Franco non está, xogan a un falso heroísmo e cada pouco constrúen os "valentes" unha declaración antifranquista. O Caudillo, morto, válelles de pretexto. Pero, en fin, sereado o discurso de Almeida, El Corte Inglés pode estar tranquilo. De momento, parece se libraron da queima de libros.

viernes, 21 de noviembre de 2008

EN SANTA MARÍA, PONTEVEDRA.

Parte da cimentación das torres arzobispales dos Churruchaos, aparecidas na cata que se está a facer diante do pazo das Mendoza.
Especulan sobre a posibilidade de que a esfera de 60cm de diámetro que mostra a foto tivese relación cun sistema de ataque ás torres, cunha catapulta.

Pontevedra, 22.11.2008

Entrada n. 716 do blog

EN SANTA MARÍA, PONTEVEDRA,
por Xesús López Fernández

As obras que están a faceren son unha dolor, desconfigurádo-los xardíns da Avenida de Santa María, ou desaparecidos xa. Parece que tamén eliminada a fontiña que alí había como ornamento, mellor pensada e deseñada que non o enxendro da Glorieta de Compostela, mal remedo da existente na praza de Galicia.

Certo que os achádegos ós que se refiren as fotos parecen importantes, pero... ¿qué van facer?. ¿Vai quedar éso á vista pra atrancaren aínda máis a vida urbáa, o pulo económico da cidade, como aconteceu co tramo de muralla que deixaron á vista dediante do Mercado, especie de muro das lamentaciós, moitas veces convertido en especie de contenedor, de ruína terminal?.

Se siguen buscando, ó mellor aínda atopan algún pasadizo do que teño oído falar, do que posiblemente exista unha entrada en certo lugar da enfesta de San Telmo que eu me sei. Se así fose, ó mellor xa tiña Teresa Casal o paseo soterraño que está a pensare.

De certo, a Avda. de Santa María vai quedar arrasada. Era un dos espacios máis emblemáticos de Pontevedra. Agora, o xardín mirra decote máis e máis. ¿Salvaráse o monumento a Castelao? Porque como os nazionalitaristas fixeron del un icono aínda sen te-lo home un pelo de comunista, ó mellor se salva.

Que miren cara atrás e reparen no que fixeron co monumento a Alexandro Bóveda (nunca se chamou Alexandre), antes máis íntimo e sobre un pequeno xardín, agora convertido nunha especie de gran chupa-chups, alí, na praza de Curros Enríquez.

Non quero pensar qué vai pasar con Santa María e o seu entorno, pola carga involucionista que estos gobernantes locales levan na alma. E seguimos sen decidirnos a configurar, a nivel de sociedade civil, unha alternativa real de goberno, porque ó PP, qu´o podería ter fácil, fáltanlle ideas e transparencia prá necesaria reconversión.

CRÍTICAS Á CÚPULA DE BARCELÓ.

Miquel Barceló, actuando. ¿Pintor ou bombeiro?.

Pontevedra, 22.11.2008

Entrada n. 715 do blog

CRÍTICAS Á CÚPULA DE BARCELÓ,
por Xesús López Fernández

Siguen as críticas á obra de arte/ tomadura de pelo/ estafa, ou como se queira chamar á obra de Miquel Barceló no salón da Onu en Xenebra.

Aínda onte, en La Razón, Gabriel Albiac falaba de burbulla artística en relación co fraude que se vende moitas veces como arte. Obras malas poden ter un valor engadido polo feito de seren dun autor famoso. E non son bos os presaxios que fai sobre a conservación da cúpula pintada por Barceló, sobre cuia actuación na realización da obra téñeno presentado algús medios, coa mangueira, chorreando pintura que máis que pintor parecía un bombeiro forestal ou dos outros.

Alex Vidal Quadras, na súa crónica no mesmo xornal, decía que a obra de Barceló era un mal remedo da Cova do Drac, chorreado a mangueirazos. Tamén comenta o home o momento da inauguración, cos representantes públicos alí presentes a ensalzaren a obra, e o sometemento d-El Rei ó bochorno de estare no protocolo, sen entrar no outro tema, o da financiación con fondos FAD ou da entrega dese millón de euros a Onuart, en Xaneiro do 2008, cando esa fundación non existía e que, cando se constitueu, meses máis tarde, foino cun capital de algo máis de 30000 euros. En definitiva, que se desconoce o destino último deses cartos.

Pero na línea crítica á obra de Barceló ilustran tamén os videos dos que se inclúe enlace a continuación:

CRISTINA ALMEIDA, MARCHA ATRÁS.

De Eneko, 19.11.2008. Víctimas do franquismo. A propia Xusticia, víctima actual.
De Eneko. Historia de España. Atapuerca e as víctimas do franquismo.
Caín, en La Razón. Lapidario:" Caín y Abel - 1936-1939 - Ahora volvemos". Algús parecen nerviosos, como se tardasen máis da conta.

Pontevedra, 21.11.2008

Entrada n. 714 do blog

CRISTINA ALMEIDA, MARCHA ATRÁS,
por Xesús López Fernández

Agora todos son valentes contra o franquismo. É decir, son valentes os que viven no resentimento pero que no seu día, ó longo dos corenta anos do réxime autoritario imposto polo Xeneral e nos primeiros anos da transición vivirían, digo eu, como héroes anónimos.

Como a boutade de Garzón non parece estar chamada a outra cousa que ó desprestixio dos que queiran fozar nas fosas comús, nas das presuntas víctimas do franquismo que coas outras (Paracuellos, Alcalá, etc.) non se meten, como si os alí sepultados non deixaran familia que os relembre.

Pero como onte foi día 20 de Novembro, o 33 aniversario da morte de Franco, un grupo de escritores da cofradía da cella zapateira, presentou un manifesto de apoio a Garzón no Circo das Bellas Artes, de Madrid. O de "Circo" vai con toda a intención. E na foto de La Razón aparece, medio agachada, Cristina Almeida, que tivo ocasión de soltar unha soflama, de decir incluso que, cando visita El Corte Inglés e ve alí libros e libros de historia, de César Vidal, do outro e do outro, que non-o comprende, que son libros que habería que queimar.

César Vidal, sorprendido por tanta fouteza, fixo tamén as suas declaraciós.. E á par que decía que entendía que Cristina Almeida non tiña leído nengún dos seus libros, non había que esquece-los antecedentes franquistas de Cristina Almeida.

E con esas declaraciós parece consigueu que a muller rectificara e, nunha especie de "mea culpa", de repente democrático, afirmou que a súa loita, ¿ónde?, foi pra que homes como César Vidal e outros (¿as mulleres non?) puideran escribire sobre o que quixeran. ¡Qué liberal, de súpeto!. Tamén que si o seu pai fora franquista, deso pasaran xa 60 anos. ¿Pero por qué coño queren fozar en fosas, nas que se supón están soterrádo-los restos das víctimas do franquismo, que levan alí, nalgús casos 72 anos?.

César Vidal relembroulle a frase de Heine, que "se comeza por queimar libros e acábase por queimare a persoas". E moito deso houbo aquí antes do 18 de Xullo.

Como coido que foi Periodista Digital o primeiro en informare da rectificación da comunista, deixo aquí o correspondente enlace:

["LO QUE ME GUSTA ES HABER LUCHADO POR QUE CÉSAR VIDAL Y OTROS PUEDAN ESCRIBIR LO QUE QUIERAN", INFORMA PERIODISTA DIGITAL]

O video que sigue, de cómo reventaron unha conferencia de Pío Moa, de cómo o insultaron, emparella ós reventadores co que foi o espírito da República, o espírito da cheka, según comenta o historiador. A ver quén son máis demócratas, se Pío Moa ou os que piden que se queimen as súas obras.

[VIDEO DE YOUTUBE. A XENTE NON QUER DEBATIR, DESOE AS PALABRAS DE MOA]

MADRE MARAVILLAS

martínmorales. ABC, 21.11.2008. Obama comenta con Bush o desprecio dun aliado europeo ignorante que, disgustado co xeito de gobernare de Bush, arremeteu contra a bandeira de tódo-los americáns.
Puebla, en ABC, 21.11.2008. Un novo miragre de Madre Maravillas.

Pontevedra, 21.11.2008
Entrada n. 713 do blog

MADRE MARAVILLAS,
por Xesús López Fernández

Según Puebla, o dibuxante do ABC, Madre Maravillas fixo un novo miragre: conseguir qu´os diputados estivesen presentes no Congreso pra, en definitiva i en contra da proposición inicial de José Bono, facer esquecemento da idea de colocar unha placa na súa memoria, nacida a santa nun dos edificios hoxe agrupados nas Cortes.

Como ben comentou González Pons, do PP, si realmente hai vontade de facelo, pódeo facer Gallardón, o alcalde de Madrid. Pero non, porque o odio do roxerío ó catolicismo sigue vive. E Gallardón quer sair en tóda-las fotos.

O tema da Guerra Civil española sigue vivo, pero na medida na que hai historiadores que fan o seu traballo con dignidade, críticamente, comeza a facerse evidente a "outra memoria histórica". Si despois dunha transición exemplar, na que todo o mundo tentou esquece-los disparates feitos ó longo da guerra que non comezou o 18.07.1936, que viña xa d´atrás, de talvez o propio 14.04.1931, que un mes despois desa data pasaban de cen as igrexas e conventos queimados pola horda marxista.

Que pasados uns anos se lle ocurrira a ZP cedellar no tema da memoria histórica, capala pra convertiren en víctimas únicamente ós asesinados do bando roxo, non deixa de sere unha carallada. Como ten dito Ricardo la Cierva, o Movemento aconteceu porque media España non se deixou matar pola otra media, porque o balance de horrores do período republicán é tremendo. E non se resolve coa patochada proposta por Cristina Almeida de queima-los libros de Pío Moa ou César Vidal.

Levo algús días a leé-lo libro titulado "La Iglesia en llamas", de Jordi Albertí, que no seu día comentaron algús medios, en relación coa súa edición, como tardía pró señor Garzón. Pois non sería mal remedio a lectura obrigada da obra: a el, a Cristina Almeida, a Carrillo e a ZP.

Antre os enlaces aquí incluídos hai algús de blogs. No de Las Cosas Claras cóntase do ADN nacionalsindicalista do ministro Bermejo e tamén, quén o diría, de María Teresa Fernández de la Vega. Ou do pasado franquista do avó de ZP, que parece que últimamente quer tamén aparca-lo tema da memoria histórica. A ver se Madre Maravillas intercede.

[MARAVILLAS DEL CONGRESO. Juan Manuel de Prada, ABC, 22.11.2008]


[LIBERTAD DIGITAL. CRISTINA ALMEIDA QUIXERA QUEIMA-LOS LIBROS DE CÉSAR VIDAL E OS DE PIO MOA]
[EL JUEZ EN SU LABERINTO, Ignacio Camacho, ABC, 20.11.2008]
[SANTA MARAVILLAS NON TERÁ PLACA. ABC, EDITORIAL DO 21.11.2008]
[CON FRANCO SE COMÍA (Y SE BEBÍA) MEJOR. El Desternillablog. 20minutos.es]
[FRANCO ERA BASTANTE SOCIALISTA, dixo Aguirre, icult/programación tv]
[LAS COSAS CLARAS BLOG. GARZONADA]
[VIDEO YOUTUBE/ CÉSAR VIDAL/ LOS MÁRTIRES DE LA GUERRA CIVIL]


[GUERRA CIVIL ESPAÑOLA (1936-1939).COM. Contén sete videos, pra que os novos, incluso ZP, aprendan]
[ABC, 25.11.2008. HERMANN TERSCH. Milicianos progresistas]

A VIDA PODE SER COMPLICADA

A vida en movemento, as pequenas cousas.... Dibuxo do titular do blog.

Pontevedra, 21.11.2008

Entrada n. 712 do blog

A VIDA PODE SER COMPLICADA,
por Xesús López Fernández

Hoxe chegoume d´América o video do que insiro seguidamente o oportuno enlace. A vida pode ser complicada, pero a felicidade pódese atopar nas pequenas cousas, das que hai que disfrutar. Nos simples secretos.

Aínda que está en inglés, coido non debe pesentar grandes problemas pra comprende-lo sentido das frases que, como doas dun rosario e de persoaxes célebres, vainos presentando arroupadas por belísimas imaxes.

Cambiade os vosos pensamentos e cambiaréde-lo mundo. Pode que, efectivamente, o eco das pequenas obras non teña fin..... Que vos guste o video.

[VIDEO FINDING JOY, A VIDA PODE SER COMPLICADA... MOTIVATION IN A MINUTE]

jueves, 20 de noviembre de 2008

GALICIA BILINGÜE, EN ESTRASBURGO

Atentado contra Galicia Bilingüe, hai meses. Esa é a resposta "democrática" que algús practican. (Clicade na foto pra ampliar, pra un maior realismo)
Gloria Lago e José Manuel Pousada, líderes de Galicia Bilingüe.

Pontevedra, 20.11.2008

Entrada n. 711 do blog

GALICIA BILINGÜE, EN ESTRASBURGO,
por Xesús López Fernández

Na foto, Gloria Lago e José Manuel Pousada, líderes de GALICIA BILINGÜE, que presentaron en Estraasburgo a denuncia pola sectarización idiomática qu´as autoridades políticas galegas están a introduciren no país, en contra das libertades, en contra incluso da verdadeira fala do país.

Non é a primeira vez que recollo algunha noticia en relación con GALICIA BILINGÜE, coa que me solidarizo. Hoxe é noticia no ABC, que se fai eco da campaña, dos traballos da asociación en defensa da libertade idiomática.

Os interesados nunha maior información da dita asociación, incluso na lectura da ponencia por eles presentada ante Europa, poden consulta-la súa web, cuioo enlace aparece na barra lateral deste blog.

[ABC, 20.11.2008. GALICIA BILINGÜE....]

[www.Galiciabilingüe.es]

TALIBANISMO LINGÜÍSTICO

Parece moito equipara-lo Parlamentiño galego a unha Torre de Babel, pero "babel" sí qu´o hai. Polo protagonismo dos talibáns nazionalitaristas.

Pontevedra, 20.11.2008

Entrada n. 710 do blog

TALIBANISMO LINGÜÍSTICO,
por Xesús López Fernández

Permanece o BNG coa súa cruzada por lle cambia-lo nome a Galicia. E así, a propia RAG, que tragou no seu día as novas normas, parece non ter autoridade pra poñer un pouco de orde na leria do idioma, que morre día a día. Mellor que se disolva.

Raro é o día no que a Mesa non bota novas soflamas coa intención de facer máis e máis presentes as normas da deriva talibáa. E nesa línea, o novo apóstolo dos nazionalitaristas parece se-lo "Benito Lobera" que, en contra do afirmado pola Academia Galega, por medio de escrito a Ánxela Bugallo, no sentido de que o nome do país é Galicia, sigue co seu rifirrafe, como un relo ou cantaruxa, a manter indebidamente, como os seus conmilitós, o uso do Galiza talibán. Xa a Ánxela tivera agachada a carta da RAG, nun caixón, tres meses. E aí siguen coa súa "cruzada", á par que se cargan o idioma salvado pola oralidade.

O PP denuncia esta actitude e, como consecuencia, os estalinistas volvéronos botar, onte, do Parlamentiño, según información de La Voz de Galicia. ¿Cómo se entende? Sigue o enlace:

[La Voz de Galicia, 20.11.2008]

miércoles, 19 de noviembre de 2008

GARZÓN ABANDONA AS FOSAS

martínmorales, ABC, 14.11.2008. Cómo traballan os congresistas. Ó mellor se foron ás fosas. (Se clicades vése todo máis grande, incluso as arañas)
Mingote, ABC, 15.11.2008. (Clicade pra amplia-lo dibuxo)
Puebla, ABC, 19.11.2008. Garzón, derrotado polas fosas. Pra ve-lo dibuxo ampliado, clicade nel.
Pontevedra, 19.11.2008

Entrada n. 709 do blog

GARZÓN ABANDONA AS FOSAS,
por Xesús López Fernández

Gostaríame traer aquí algunhas das historias da "outra memoria histórica". Sería seguramente sairme da línea do blog. Pero, quén sabe, algún día, na deriva un tanto ácrata das cousas que vou inserindo, igual me dá por aí.
Hoxe non quero facer outra cousa que inserir un par de enlaces de noticias que publica o ABC, antre outras cousas o arquivo PDF do certificado de defunción de Franco, algo que tamén Garzón acaba de comprobar. Siguen os enlaces:
[CERTIFICADO DE DEFUNCIÓN DE FRANCISCO FRANCO BAHAMONDE]
[GARZÓN ENTIERRA SU CAUSA SOBRE LA MEMORIA HISTÓRICA TRAS CERTIFICAR LA MUERTE DE FRANCO. ABC, 19.11.2008]