domingo, 31 de mayo de 2009

TEMPO DE INVENTARIOS

George Steiner (foto de El País), do que Xesús López é un modesto e fervoroso lector. Steiner é o actual Erasmo da cultura occidental.
A Coruxa, a Razón, que vai voar pra inventaria-lo que aínda poida quedar do naufraxio no que nos afogamos, agredida a nosa cultura, a natureza, os patrimonios históricos e artísticos, etc. ...
-
Pontevedra, 31.05.2009
-
Entrada n. 965 do blog
-
Artículo semanal do 1.06.2009
--
Tempo de inventarios,
por Xesús López Fernández
-
Non-os quedan máis comezos. Esa é a afirmación que George Steiner fai na arrancada do seu libro “Gramáticas da Creación”. A palabra latina “incipit” sobrevive na nosa xa cansa e chea de póo “incipiente”. E a primeira significa comezo e primacía, daquela que o escriba medieval marque o capítulo novo cunha maiúscula iluminada, remuíño de dourado e carmesín, un tanto adaptado á máxima de Platón de que a orixe era o máis excelso, nas cousas da natureza como do humán. Hoxe, non obstante, os cambios de percepción e medos en Occidente pertencen máis ó mediodía e ó lusco-fusco, ó que Kierkegaard chamou “as feridas da negatividade”. Na cultura occidental ten habido moitas veces a sensación de estarmos abocados a unha fin próxima, de que incluso o recén nacido poida ser dabondo vello como pra morrere. Sentímonos como se chegaramos xa tarde, incapaces pra salva-la cultura da situación de entropismo, de descomposición, ou simplemente da actuación dos novos bárbaros.

Dúas guerras mundiales demostraron que as culturas poden morrer, según Paul Valèry. I esta descoberta, reitera George Steiner, marca unha profunda angustia, tempo de inventarios. A coruxa de Atenea/Minerva, símbolo do saber, é recuperada por Hegel como emblema da Filosofía. E dela afirma que “só voa cando chega o ocaso”. Tempo cheo de contradicciós, sen posibles novos comezos, sóo pra recontar e inventariar, porque a memoria debe ser documentada e almacenada antes de se facer tarde en demasía prá súa conservación. Pero é que a palabra, escrita ou impresa, ten revelado ser efímera, porque a inmensa maioría dos libros e textos do mundo antiguo desapareceron. Cita Steiner varios exempros, como o caso dun barco afundido cando xa avistaba a Venecia do seu destino. Con el desapareceron pra sempre os clásicos da literatura e da filosofía rescatados do saqueo de Constantinopla.

Ou o caso do incendio da Biblioteca de Alexandría, no 642 a. de C., ou no 1992 a de Sarajevo, como mostra da barbarie que ten destroído manuscritos endexamáis editados ou reproducidos e numerosos incunables nunca reimpresos. Pero que a “coruxa de Hegel” estea actualmente a desenvolver un xigantesco traballo de almacenamento ou de creación de novos zigurats prá salvación de tantísimas culturas, produce unha certa sensación de impotencia. Téñase presente que dende a escritura en arxila i en caracteres cuneiformes do poema de Gilgamesh, en Sumer, ata os nosos días, pasaron uns 5000 anos da historia da Humanidade na que a oralidade, presente aínda hoxe en moitas tribus do ancho mundo, cobre moito máis tempo.

A edición de libros e outros documentos, a máis exponencialmente, é xa imposible de inventaria-la producción existente, ademáis da que vai conformando a súa presencia no ciberespacio. Por eso cabe dubidar se os esforzos dos que fala Steiner [a obra citada está editada, en España, no 2002] van ser realmente útiles: a nova British Library, que vai acoller dezasete millós de libros; a François Mitterrand, en París, con máis de doce millós de volumes situados nun depósito de 420 kilómetros que se pode desprazar, si se quer, sobre oito kilómetros de cintas transportadoras e que está preparada pra acollere cada ano a dous millós e medio de lectores e catalogare duascentas mil novas adquisiciós. Nada en comparanza coa Biblioteca do Congreso de Washington, que sobrepasa os trinta millós de libros, oitenta millós de artículos, separatas e folletos en 850 kilómetros de almacenaxe. Con 4500 empregados e unha constelación de salas intermedias, teñen que faceren fronte á catalogación de 7000 novas adquisiciós diarias, cun presuposto anual que sobarda os 400 millós de dólares. O inventario faise complexo, porque tamén entra aquí o Big-Ban das novas tecnoloxías, configúrase unha especie de “biorreactor”, xerador dun seu dinamismo inercial, que mesmo fai supoñer que o inventario do saber que “fai a coruxa”, a razón, resulta corto. E que o escriba medieval mire pra nós con desprecio.

miércoles, 27 de mayo de 2009

A CRUZADA DAV, EN PONTEVEDRA

Vista fragmentada do autobús DAV, fronte ó edificio dos funcionarios da Diputación, de cando se comezou a deconstruir aquel entorno.
Galizas tentando sabotea-la recollida de sinaturas en defensa da Vida, ó tempo que clamaban "¡Aborto libre, xa!" i espallaban propaganda coa leenda de "¡Derecho a la Vida, fóra de Galiza!". En definitiva, galizos, neste caso galizas, fillas de xa se sabe quén. Ou suponse. De Galicia, non. As pancartas destas rapazas aparecen coa leenda de ¡Stop integrismo católico!. Asinan briga. Un autobús DAV (Derecho a Vivir) como éste, estivo en Pontevedra o 26.05.2009.
-
Pontevedra, 27.05.2009
.
Entrada n. 964 do blog
-
A CRUZADA DAV, EN PONTEVEDRA,
por Xesús López Fernández
-
Se a agrupación que coordina Ignacio Arsuaga ten un extraordinario mérito, en Pontevedra faise aínda máis relevante, porque a cidade, nun proceso claro de involución, de descatalogación como urbe pra non sere nada máis qu´unha probe e gran aldea, sen arterias, sen practicamente vías perimetrales, aparece blindada contra a entrada dos autobuses DAV, tamén doutras demandas na defensa dos dereitos humáns. Aquí goberna o BNG en comandita co PSOE.

O autobús logrou aparcar, á fin, na rúa Alameda, onde tiven ocasión de aprecia-lo labor de DAV, mesmo de conocer ó deseñador da decoración dos autobuses, elentir, ó que dedico dend´este homilde blog un saúdo á par que inclúo un enlace do seu espacio "elentir/Contando Estrelas", no que se dá a noticia da presencia de DAV.
-

O ANO SANTO E A QUINTANA

Santiago, fonte dos cabalos, cando polas Praterías vaise acceder á praza da Quintana, prá que o deán acaba de pedir respeto neste próximo ano santo.
-
Ponteveda, 27.05.2009
-
Entrada n. 963 do blog
-
O ANO SANTO E A QUINTANA,
por Xesús López Fernández
-
Pola porta santa da catedral, na Quintana, vai entrar no próximo ano 2010 un río de xente chamado Europa. Bueno, realmente teríamos que falare tamén doutros ríos humáns, porque cada vez é máis normal atoparse con xentes chegadas doutros continentes, Asia e as dúas Américas, como tamén pretos, mesmo como oficiantes en actos litúrxicos. Fe cosmopolita.
-
Nefecto, Santiago, concentración cultural do Medioevo, meta dun camiño sagrado qu´algús recorrían ó longo da súa vida, como ideal, ó mellor sen dar chegado á súa fin, na porta santa. Camiño sagrado, o conde d´Arcos foi preso, como se conta no seu romance: "...Preso vai o conde, preso,/ preso vai, aprisioado,/ por forzar unha meniña/ no Camiño de Santiago." Cantabámolo na Polifónica de Pontevedra coa letra lixeiramente modificada por Iglesias Vilarelle, e deciamos "..por namorar unha nena..." no canto de "...por forzar unha meniña...".
-
A igrexa quer salva-lo sentido sacral do espacio e pide que non se revente con megavatios nen con manifestaciós do BNG, que nunca está claro cómo van rematar, porque se o día de Santiago é o Día de Galicia, non por éso, en nengún caso, é o día do BNG, que prás súas manifestaciós (como a pasada do 17 de Maio) podería ter outros espacios.
-
A Quintana, espacio público sí, pero Camiño de Fe. Polo menos pró ano santo pídese respeto aínda que despois exerzan de novo os bárbaros deconstructores da fe e do idioma, arrasadores mesmo do patrimonio sagrado ou material, tanto ten.
-
Siguen dous enlaces con novas d´El Correo Gallego:

martes, 26 de mayo de 2009

O ESMORECEMENTO DO GALEGO (7)

O caos normativo ven xa da época de Galaxia, unha das creaciós, en mancomún con outros idealistas, de Ramón Piñeiro.
-
Pontevedra, 26.05.2009
-
Entrada n. 962 do blog
-
O ESMORECEMENTO DO GALEGO (7),
por Xesús López Fernández
-
Ramón Baltar é un gran escritor. Nos seus artículos, breves, aparecen con frecuencia frases de verdadeiro xenio, e tamén no que hoxe dedica en El Correo Gallego a Ramón Piñeiro, "Un gallego que supo serlo".
-
Pon o dedo no ollo do furacán cando dí que se Piñeiro non estimou comenente a recreación do Partido Galeguista foi porque sabía que non había máis vimbios qu´os que había. I eu teño aquí fondas dúbidas de si o fracaso non estivo, xa, nas normas inventadas por Galaxia que Risco censurou no seu día afoutadamente, cando fixo a traducción ó galego de "La Familia de Pascual Duarte", de Cela, outro autor disconforme coas normas actualmente en uso.
-
A operación REGA non foi máis qu´unha pura simulación por moito que a loen agora os seus biógrafos. E non lle podemos botar culpa algunha a Piñeiro da non recreación do Partido Galeguista. ¿É que acaso foi el o único responsable?. ¿Ou é qu´a sociedade galega non exerceu nunca en clave crítica o nacionalismo duns poucos?.
-
Outros quixemos, sí, poñer en marcha o partido, pero pouco conseguimos máis alá de contabiliza-lo noso fracaso. Algús aínda permanecen, no seu estertor, sumidos no magma estalinista do BNG, coitados.
-
enlace. El Correo Gallego, 26.05.2009. Ramón Baltar escribe sobre Piñeiro.

domingo, 24 de mayo de 2009

O idioma como definición

Fantasía informática sobre a Torre de Babel. A confusión en linguas varias do Ur-Sprache mítico e orixinal derivou en desastre (dis-astrum), constelación de estrelas na qu´o noso idioma galego mantén a súa sentinela milenaria, como vagalume, lucicú ou lucerna a punto de se apagar.
-
Pontevedra, 24.05.2009
-
Entrada n. 961 do blog
-
Artículo semanal
-
O idioma como definición,
por Xesús López Fernández
-
Pasaron xa oito días da nosa festa das Letras Galegas. A verdade é que foron días de polémica en foros diversos á marxe da idea central da celebración: a memoria de Ramón Piñeiro. No canto da relectura da súa obra, do estudio sereo da súa mensaxe sobre a lingua e as linguas, parece que pra moitos non contan outra cousa que as críticas a Núñez Feijóo, ó que mesmo califican de enterrador da nosa fala cando aínda non pasou tempo pra apelumbrare cál vai ser realmente a política ó respecto do seu goberno. Terán certamente que adoutaren medidas de salvación non gratas pra moitos que poden estaren xa noutra realidade lingüística que non a da lingua milenaria do país, o idioma que Piñeiro calificaba como alma do mesmo. Idioma, alma, posto que marca a súa identidade e definición colectiva si estamos a falare de lingua de instalación, porque si somos galegos é pola permanencia en nós da fala en continuo relevo xeneracional dende os seus albores. Lingua con moitas fontes e rexistros, con gran variedade de vocablos como xa ben reconocía no século XVIII o P. Sarmiento, o noso frade ilustrado, que decía: “Facede o idioma a partir da fala”.

Hai un certo desacougo social do que aquí se leva feito e percíbese mesmo un esmorecemento do idioma propio de Galicia porque, como dixo Vicente Risco no ano 1921, non soubemos tratar científicamente o leigado cultural de Rosalía e Curros, os rexistros por eles notariados. E agora resulta difícil retomar, con criterio realista, aquel depósito cultural, a voz coral desta terra, pra unha verdadeira salvación da fala recibida, sometida a distintos e contrarios degaros normativos, cada pouco tempo, mesmo deconstructores da nosa realidade. A lingua, según moitos entenden, está ferida. Non poucas veces nótase, no léxico e formas sintácticas das que algús botan man ós “dogmáticos” da cousa oficial ou ós “predicadores políticos”, e percíbese a súa desinstalación en relación coa lingua enxebre, coa que nos define como pobo, que mesmo pode ser fronteira con outras realidades lingüísticas.

Nun mundo global no que o cruce de culturas está a ampliar e cerrar horizontes, estímase que cada dúas semáas morre unha lingua. Nos diversos universos lingüísticos xa nengún pode creerse na posesión exclusiva do conocemento, como os vellos gregos que definían como bárbaros, como extraños, ós que non falaban a súa lingua. I é Platón o que estima que noutras culturas poden face-la mesma definición, como bárbaros, dos propios gregos. I en definitiva, se somos europeos é pola conxunción, nun mesmo puzzle, do conocemento dos gregos, do dereito dos románs, do misticismo celta, do cristianismo como determinante da civilización occidental, …, según definía Paul Valery. E nese mundo pode ser mesmo difícil salvare unha realidade como a nosa, contra a que se aprecian consignas e palabras ou expresiós sen tradición na nosa lingua; expresiós alóglotas que mesmo poden forzare un abandono do idioma, da nosa identificación co mesmo. A globallzación marca novos tempos, que mesmo poidamos instalármonos en máis dunha lingua e considerármonos partícipes de diversas nacionalidades.
-
Xoán Vázquez, galego emigrado a Nova Jersey, Licenciado en Informática i Económicas, escribeu na web do Xornal.com con data 27 de outono do 2008 unha carta de crítica ós que andan a lle cambia-lo nome á nosa lingua e queren chamala galego-portugués. Non cabe aquí a súa reproducción, por longa, pero sí tomarémo-lo que dí sobre a perda de identidade de prosperare a inxerencia cultural dos que queren somete-lo noso idioma a outra realidade: “O día que o galego pretenda ser algo máis ca fonte e afirmación da nosa identidade […], ese día ha deixar de ser galego, de ser noso, de ser útil […] e ha quedar de nós unha simple caricatura, un país que renuncia a ser…[…]; o galego, como o entendemos, desaparecerá […], Galicia, como a entendemos, tamén”. Urxe salva-lo idioma real de Galicia como identificación.

O ESMORECEMENTO DO GALEGO (6)

Gloria Lago e Carlos Callón, foto do debate que publica La Voz.
O caos normativo, normas da deconstrucción. Dibuxo informático, protesta polo mal que se levan feito as cousas no eido da lingua.
-
Pontevedra, 24.05.2009
-
Entrada n. 960 do blog
-
O ESMORECEMENTO DO GALEGO (6),
por Xesús López Fernández
-
Dend´a manifestación dos galizos coincidindo co Día das Letras Galegas, case tódo-los días aparecen na prensa artículos de diversa "etnia": os que defenden o galego instalados nas normas deconstructoras; os que, sendo promotores das mesmas (que non foron redactadas pola RAG), exprésanse no chamado "galizo da Galiza", ou galegués; e os que piden, como exercicio da necesaria salvación, a abolición do DNL e liquidación da Mesa pola Normalización.
-
La Voz de Galicia d´hoxe publica un corto debate antre Gloria Lago, de Galicia Bilingüe, e Carlos Callón, o iluminado presidente da Mesa, que xa non fala galego, senón galegués da Galiza. Gloria Lago, pola contra, exprésase en castelao, "tan galego como o galego" según o lema da súa asociación. Pero nunca soubo tirar partido ó feito de que o gran nemigo, nemigo mortal do idioma galego, son as normas alóglotas inventadas polos do Diktatt, polos que viven xa noutro país ó qu´eles chaman Galiza.
-
Pra mañán teño remitido xa o meu traballo semanal, titulado desta volta "O idioma da definición", que vai sobre a lingua d´instalación, da nosa alma. Pero, como acostumo, dareille tratamento individualizado nunha entrada independente. O qu´o queira leere pódeo ver, xa, na web de Xornal.com. E mañán, no Diario de Pontevedra.
-
Enlace: La Voz de Galicia, 24.05.2009, "O galego na escola, a debate".

viernes, 22 de mayo de 2009

A RIVALIDADE ESTÚPIDA

Parece que Núñez Feijóo dou cunha solución salomónica en relación coa revolución que s´estaba a armare polo asunto das delegaciós da Xunta en Vigo e Pontevedra.
-
Pontevedra, 22.05.2009
-
Entrada n. 959 do blog
-
A RIVALIDADE ESTÚPIDA,
por Xesús López Fernández
-
O noso presidente ten agora un asunto difícil que capear: o tema dos delegados da Xunta pra Vigo e Pontevedra. Finalmente e según el explicou vai quedar todo como estaba: o delegado de Vigo non vai ter máis representaciós das que xa existían en Vigo no tempo do bipartito.
-
En Pontevedra protestan cando aquí non se soubo defende-la capitalidade, sometída-las delegaciós ó espacio dun contenedor asentado nunha zona que queda a desmán, Campolongo, pra vergonza dos políticos locales que promoven a morte da boa vila.
-
Protestan Lores e Casal, na capital, que usan da demagoxia pra ver de promoveren unha manifestación o próximo 19 de Xuño, porque saben que aquí váno ter moi difícil en diante por teren reconvertido a cidade en ruína total: comercial, administrativa, ambiental, campos nos que non asumiron os seus deberes.
-
En Vigo é Caballero o que quere máis: máis delegaciós, máis realización d´obras pendentes d´execución, que nen tan siquer foran presupostadas. Simple infografía e maquetas, como lle relembrou a oposición.
-
Alguén podería tamén reclama-la capitalidade provincial, por razós de tipo histórico, pra Tui. En definitiva, a tradición de Pontevedra non chega ós 180 anos.
-
Enlaces:

ENCE, FALAN DO TRASLADO

Núñez Feijóo fala de conversas con Ence, pra Agosto, en relación co posible traslado.
-
Pontevedra, 22.05.2009
-
Entrada n. 958 do blog
-
ENCE, FALAN DO TRASLADO,
por Xesús López Fernández
-
O presidente da Xunta, que prometeu recupera-lo litoral de Lourizán, dixo que pró mes d´Agosto están previstas as primeiras conversas pra tratare do traslado da fábrica e liberar Lourizán. Difícil dende logo ubica-la nova fábrica na bisbarra. Pero hai algo que esquece Núñez Feijóo i é que a factoría xa non ten concesión, perdida cando foi privatizada a empresa sen a necesaria transferencia. A fábrica, se imos polo carreiro legal, ten que cerrare e busca-la vida noutra zona. É o seu problema.
-
Teñamos presente tamén que esta industria d´enclave colonialista representou a eucaliptización de Galicia ata a alma do seu agro, en gran parte arruinado pola semente do demo que ese tipo de forestación veu representar. Lembremos que incluso foron primadas, na época de Fraga, non poucas explotaciós agrarias prá súa reconversión en eucaliptales. Fraga apostou pola irracionalidade en moitos aspectos da nosa vida; a súa política foi un fracaso continuo. E resulta qu´agora ben nos viría un sector primario xerador de riqueza, ou de simple subsistencia. Pero aínda andan a ver se poden acabaren coa nosa gandería.
-
Pero Núñez Feijóo, coa promesa de recupera-lo litoral de Lourizán, vai coa mesma máis lonxe que nadie antes. Que teña vontade de saca-lo tema adiante, como tamén o da execución das sentencias firmes do TS, traballadas por medio de contenciosos dos Defensores da Praza d´Os Praceres [levantamento do ferrocarril, derrubo de Tradepana] é algo que acabarían por llo agradece-los cidadaos todos da ría. Que teña tamén presente o labor de Salvemos Pontevedra, do que se informa neste blog en máis dunha entrada.
-

miércoles, 20 de mayo de 2009

MIGUEL CANCIO E OS BÁRBAROS

A Miguel Cancio reventáronlle onte os bárbaros a súa clase na Universidade composteláa, con galiñas e pancartas en galegués.
-
Pontevedra, 20.05.2009
-
Entrada n. 957 do blog
-
MIGUEL CANCIO E OS BÁRBAROS,
por Xesús López Fernández.
-
Onte foi un día tenso prá lingua. O conselleiro de Educación fixo unhas declaraciós, acompañado polo Secretario Xeral de Política Lingüística, Anxo Lorenzo. Chegouse falar de, incluso, posibles segregaciós nas clases pra garantizaren a ensinanza na lingua de instalación dos estudiantes.
-
Chegado o caso habería que adoutar medidas drásticas, un purgante enérxico pra acabare co DNL, coa Mesa e coas Normas, por seren éstes instrumentos só ó servicio dos que usan o galegués como ferramenta de despotismo acientífico, nova lingua dos bárbaros.
-
Como bárbaros ou energúmenos entraron onte na clase de Miguel Cancio, momento que recolle a fotografía tomada dun medio dixital, posiblemente máis elocuente qu´outras aparecidas en diversos medios. No fondo da foto un iluminado mostra unha pancarta en "trampitán evoluído": "Na Galiza só em galego". Falan doutro país, noutra lingua. Está claro.
-
Enlaces sobre a noticia e outras do día:
-
Las Clases Medias.org: Matones nacionalistas.....

BIBIANA AÍDO E OS HUMÁNS

A vida xa está definida. Neno en formación no claustro materno.
-
Pontevedra, 20.05.2009
-
Entrada n. 956 do blog
-
BIBIANA AÍDO E OS HUMÁNS,
por Xesús López Fernández
-
A inventora da palabra "miembra" non para e promove non só novos neoloxismos senón definiciós contra natura. Acaba de decir que os fetos non son humáns e, ademáis, quéreo avalare con información "científica" como a que lle brinda un "comité de sabios" de El País ou tamén o presidente Zapatero na súa campaña contra a familia, de promoción do aborto. ¿Despotismo ilustrado ou iletrado, incluso satánico? Porque d´eso parece que se trata despois da información do ABC d´onte en relación coa fundación "Alternativas" como promotora da reforma da lei do aborto.
-

martes, 19 de mayo de 2009

O LOBBY ABORTISTA, Ó DESCOBERTO

Un dos autobuses pro-Vida, cos que os novos cruzados defensores dos máis inocentes están a recorreren España. O 26.05, se non me confundo, en Pontevedra.
-
Pontevedra, 19.05.2009
-
Entrada n. 955 do blog
-
O LOBBY ABORTISTA, Ó DESCOBERTO,
por Xesús López Fernández
-
O periódico ABC, practicando periodismo de investigación, logrou descobri-la verdadeira trama abortista, ós inductores que están tra-la decisión do Goberno de promovere aborto libre, contra a fé, contra dos dereitos humáns, contra a sociedade, contra a Constitución. Contra a Vida.
-
Informa elentir/Contando estrelas, no seguinte enlace, con outros varios:
-

lunes, 18 de mayo de 2009

O ESMORECEMENTO DO GALEGO (5)

O caos normativo. Dibuxo de Xesús López.
A viñeta de martinmorales no ABC d´hoxe vale un pouco pra ilustrare a chapuza que, da man de certo laboratorio das linguas, derivou na deturpación actual do galego, lonxe do espírito de Rosalía, lonxe do espírito de Piñeiro.
O galego une, certo; o galegués desune.
-
Pontevedra, 18.05.2009
-
Entrada n. 954 do blog
-
O ESMORECEMENTO DO GALEGO (5),
por Xesús López Fernández
-
A situación de perda real de falantes da nosa lingua é consecuencia da súa sectarización, do asesinato dos seus rexistros e polifonía. A leenda da última das viñetas, "o galego une", pode ser certa, si ese galego non se convirte en simple caricatura: no galegués en tantos foros denunciado.
-
Eso é o que pasou onte na manifestación de Santiago, que os organizadores cifran en 50000 participantes coa praza da Quintana chea, como a encheu no seu día GB e os nazionalistas non galeguistas cifraron a asistencia en 3000. Distintas cabidas, distintas valoraciós pra unha e outra concentración. Nada, a Quintana, que como temos dito é de chicle e pode crecer ilimitadamente se lle convén ó BNG. Con paraugas, ademáis, pódense cobrir espacios aínda que haxa menos xente.
-
Agora ten Núñez Feijóo a posibilidade de demostrare que el sí pode defende-lo galego, algo no que algús comezan a dubidar. Pero deámoslle un tempo de espera co horizonte da abolición do DNL e da disolución da MpN. Pola salvación do galego que a sociedade quer en contra da manifestación dos bárbaros que inventaron unha lingua prás súas manifestaciós e declaraciós.

domingo, 17 de mayo de 2009

RAMÓN PIÑEIRO [17.05.2009]

Ramón Piñeiro, fragmento de retrato.
-
Pontevedra, 17.05.2009
-
Entrada n. 953 do blog
-
Artículo semanal
-
Ramón Piñeiro,
por Xesús López Fernández
-
Como é sabido, o Día das Letras Galegas foi instituído pola Real Academia Galega no ano 1963, no centenario da edición de Cantares Gallegos, de Rosalía, a nosa cantora universal. Achégome decote á súa obra, á edición de Aguilar prologada por Victoriano García Martí, da que tamén se fala na última revista de Grial, dos filtros pasados prá súa edición. Rosalía non resultou sospeitosa pró Réxime nen tampouco outros libros relacionados coa súa obra. Un deles, titulado “7 ensayos sobre Rosalía”, foi o primeiro volume colectivo da Editorial Galaxia e contén traballos de Ramón Piñeiro, Ricardo Carballo Calero, Domingo García-Sabell, Salvador Lorenzana, Carlos Maside e Jacinto do Prado Coelho. Foi editado no 1952 e autorizado pola censura o 3 de Xullo daquel ano, informado polo censor co seguinte comentario: “Conjunto de artículos encomiásticas de Rosalía de Castro, en general de buena calidad, y en donde posibles pequeños lunares no impiden su publicación”.

Precisamente a Ramón Piñeiro, un dos autores citados, adícaselle este ano a celebración do Día das Letras Galegas. Conocido como o filósofo da saudade, o home, nacido no seo dunha familia labrega de Armeá, en Láncara, viveu dende moi novo como galeguista, formando primeiro parte da dirección da Mocedade Galeguista de Lugo, ocupando axiña cargos no Partido Galeguista e nos seus Comités do Estatuto de Autonomía…Despois, tempos de guerra, de estudio, de cárcere… Xa en libertade, instálase en Santiago pra exercere como impulsor culturalista mesmo en contra da línea marcada polo galeguismo do exilio, o que se viría chamar co tempo “o piñeirismo”, con obxetivos claros: lirismo, saudade, o sentimento da paisaxe e o humorismo, obra que iría tomando corpo coa materialización do proiecto editoral de Galaxia, sempre o seu esforzo mancomunado co de Xaime Illa e Paco del Riego.

Queira Deus que os estudios que se publiquen sobre o autor agora celebrado permanezan sempre como referente, pra nos achegare o máis posible á súa xigantesca obra e perfil biográfico. Non deixou de sere unha figura controvertida, culpado mesmo da non re-creación do Partido Galeguista, pero eso queda contestado polo propio Piñeiro en entrevista do ano 1981, de Carlos Fernández. “O galeguismo non é monopolio dun partido concreto”. “O feito de publicar en galego, fose o que fose, xa tiña unha significación política”. No último Grial publícase, antre outros varios artículos, un de Damián Villalaín titulado “Triunfo e fracaso de Ramón Piñeiro”, de comenente lectura. O autor cita, no apartado de “nacionalismo e galeguismo” a afirmación de Piñeiro de que “o galeguismo non implica nacionalismo” e que el mesmo nunca se defineu como nacionalista, nen tan siquer no tempo da súa entrada no Partido Galeguista, no ano 1933 e que conceptos como autodeterminación ou “soberanía nacional” foran sobardados polos acontecementos históricos e condenados á calificación de simples anacronismos, según as súas palabras.

Ó tratare da “reformulación do galeguismo” afirma Villalaín que Piñeiro fíxoo de forma non moi distinta a como fixera anos antes Vicente Risco, e de que existía un galeguismo espontáneo, de raiz ética, que procede dunha identificación preideolóxica coa terra natal e coa comunidade de xentes, “o pobo” que nela vive. Esa lealtade aniñou de sempre no autor do que facemos memoria: “o galeguismo é un sentimento que alenta en tódo-los corazós dos galegos”. A súa eficacia vai depender de que acade a categoría de conciencia. E por aí marcharon os traballos da súa vida. Escritor a recuperar porque non deixou novelas, relatos, dramas ou poemas, é no campo da correspondencia cos amigos [con previstas ediciós], en numerosos artículos i ensaios breves, onde se descobre o seu pensamento bulideiro. E vai quedar pra sempre unha posible pescuda do seu labor en clave socrática [Sócrates non deixou obra escrita] a carón da mesa camilla, ambiente que estes días recrea a Fundación Penzol, en Vigo.

viernes, 15 de mayo de 2009

LEIZARÁN E LOURIZÁN [23.04.1992]

O mar profanado. Representación abstracta das agresiós ó noso medio mariño. (Dibuxo de Xesús López)
-
Pontevedra, 15.05.2009
-
Entrada n. 952 do blog
-
En relación coa entrada anterior sobre Paco Barxa ou Paco López-Barxa, antiguo director do Xornal Diario pontevedrés, introduzo un dos traballos que publiquei naquel medio, como "cartas ecoloxistas", a n. 22 da serie, de data 23.04.1992 (ó mellor foi publicada uns días despois). Sigue o traballo:
-
LEIZARÁN E LOURIZÁN,
por Xesús López Fernández
-
.he xornal diario - cartas ecolóxicas (22) 23.o4.92.
-
Pasóu xa o Día Internacional da Terra. O pasado vintedóus de Abril, ése foi o día, veu cargado de boas intencións pra que os humanos nos fagamos bós e loitemos pola salvación do planeta. E, nese sentido, debemos agradece-la declaración institucional do presidente da Xunta, que por momentos se volve auténtica poesía. Ata se podería decir que o noso porvir medioambietal está en boas mans de non seren polas contradiccións de todos sabidas, existentes antre esa especie de carta-encíclica e as realizacións decote promovidas pola propia Xunta.

Ese mesmo día HB celebraba con cava a aprobación polo Consello de Goberno da Diputación Foral de Guipúzcoa do trazado alternativo prá autovía que vai unir Navarra e Guipúzcoa. A opción pola que se decantaron socialistas e peneuvistas chamaráse a "San Lourenzo", que ven sendo a alternativa "Muga", pero cambiada de nome. Dese xeito, os dous partidos lavan a cara e negan posibles coaccións. O contencioso de Leizarán chega á súa fín. A resistencia e campaña informativas da coordinadora Lurraldea (financiando estudos i espallando un vídeo da realidade ecolóxica do val) non foron vans.


Son, evidentemente, dous xeitos distintos de celebra-lo día da Terra. E como Leizarán e Lourizán son palabras con un certo parecido eufónico, mesmo semántico na medida en que son evocadoras de dúas formas de violencia, coido é procedente traelas a este espacio, unha da man da outra.

En Leizarán, no momento en que a cúpula de ETA acaba de recibir un serio golpe, os partidos con poder de decisión tiveron a cordura de negocia-la saída xa conocida. É curioso que incluso o PSOE, despóis de ter denunciado cínicamente ó PNV polo seu entendemento con HB, se apresurara a suscribi-lo protocolo. Sinal de que a alternativa agora aceptada era, posiblemente, a mellor.

En Lourizán, sen embargo, permanece a violencia da sinrazón, a ferida aberta durante o franquismo que o poder segue a asañar. ¿Qué importa decir "ninguén podería concebir Galicia sen os seus bosques e vales, sen os seus ríos e rías..."? ¡Claro que "forman parte da nosa cultura, da nosa economía, das nosas artes, da nosa poesía e literatura"!.Todo o entrecomillado forma parte da declaración do señor Fraga, pero é rigorosamente certo que a ría de Pontevedra, pola ferida de Lourizán primeiro e polas outras feridas consentidas ou promovidas dende a COTOP despóis, forma parte da Galicia do abandono, da Galicia en fase de liquidación. E cando dende a propia Xunta se está a promove-la agresión ecolóxica resulta obsceno pedirlle ós cidadáns a "conservación e recuperación" do medio natural. Imposible mentres non estea disposta a dá-lo paso necesario e a deixar de ser cómplice de tanta desfeita consentida.

PACO LÓPEZ-BARXAS

Paco Barxas, como eu o conocín, ou Paco López-Barxas, como hoxe é noticia, foi director do desaparecido Xornal Diario, ata qu´o periódico xa non foi viable económicamente. Naquel xornal publiquei máis de 50 "cartas ecoloxistas", ademais doutros traballos baixo seudónimo. Un total de 83.
-
Pontevedra, 15.05.2009
-
Entrada n. 951 do blog
-
PACO LÓPEZ-BARXAS,
por Xesús López Fernández
-
A noticia que hoxe publican os medios do nomeamento como Director Xeral, no organigrama da Consellería de Cultura e Deportes, de Paco Barxas significa que as cousas poden ter un certo sesgo d´esperanza. Teño falado coél non poucas veces en relación coa situación do galego, eu sempre en desacordo cos malos pasos que se estaban a dare e do impropias que resultaban as normas do 1983. Deso temos tratado no seu despacho do Xornal Diario, cando alí me achegaba a lle entregare os meus traballos, moitos deles, por certo, aínda por recuperare e inserir neste blog. Certo qu´o tema da lingua foi a peor co tempo, como sabemos.
-
Noticia da Consellería de Cultura e Deportes, entrervista que publica El Correo Gallego d´hoxe.
-
Francisco López-Barxas, D. xeral de Promoción e Difusión da Cultura:
-
“La cultura no debe ser confrontación”
-Francisco López-Barxas (Ourense, 1952) es licenciado en Filosofía y Letras por la Universidad Complutense de Madrid. Ha sido crítico literario y colaborador de EL CORREO GALLEGO. También fue director de Xornal Diario. Desde ayer, es el nuevo director xeral de Promoción e Difusión da Cultura
-
– ¿Cómo concibe la cultura gallega?
-
– Creo que es abierta, libre y plural, pero sin rechazar nuestra identidad. Nunca debe ser un elemento de confrontación. No debemos perdernos en discusiones estériles.
-– ¿Y usted cómo se define?
-
– Yo soy un galleguista independiente que me dediqué a la cultura en los veinte años que pasé en Madrid y también aquí trabajando como periodista y escritor desde que regresé a Galicia en 1992.
-
– ¿Cuáles van a ser sus prioridades?
-
– Contactar con los agentes culturales del sector del libro, que es muy importante ya que tenemos 600 librerías y 45 editoriales. También quiero tratar de promocionar a nuestros escritores, editores, ilustradores y nuestra banda diseñada, que tiene una potencia creativa tremenda. Quiero que esas energías creativas se conozcan. Tenemos que lograr que los 26.000 puestos de trabajo en la cultura gallega pasen a 35.000.
-
A miña noraboa a Paco porque, en principio, agardo del cousas boas.
-
Memoria do Xornal Diario. Ref. carta ecoloxista do 23.04.1992.

NON Ó ABORTO LIBRE

Un dos autobuses pro-Vida de xira por España.
-
Pontevedra, 15.05.2009
-
Entrada 950 do blog
-
NON Ó ABORTO LIBRE,
por Xesús López Fernández
-
Os españoles non están pola asunción do aborto libre que quere impoñe-lo Goberno e que abriría as portas a un posible infanticidio xeneralizado. Tristemente, no debate sobre o estado da Nación non houbo unha oposición que falase deste tema. E o antiproiecto de lei prevé casos especiales máis alá das 22 semáas de xestación. Como decía hoxe Jiménez Losantos, "ó mellor cando o neno xa naceu e foi nomeado concellal". Así visto podería ser unha oportunidade pra limpa-la política a aplicación retroactiva da Lei a algún dos políticos que están a deconstruíren a Nación.
-
Ver boletín de HazteOir.org (enlace).
-

jueves, 14 de mayo de 2009

O ESMORECEMENTO DO GALEGO (4)

O caos normativo, o idioma que morre.
-
Pontevedra, 14.05.2009
-
Entrada n. 949 do blog
-
O ESMORECEMENTO DO GALEGO (4),
por Xesús López Fernández
-
Hai como un gran desconcerto mentres os talibáns preparan a marcha en defensa do galegués pra este 17.05.2009. Siguen os debates [malo se así non fora] nos foros abertos en distintos medios. ¿Pero non merece a nosa lingua, a salvada pola oralidade das aldeas, un respeto certo?.
-
O caso é que as cousas móvense aínda non se sabe ben en qué dirección. E quero pensar que Alberto Núñez Feijóo non é tan inxenuo como algús apuntan e que terá falado as cousas axeitadamente antes de ter nomeado como Secretario Xeral de Política Lingüística da Xunta de Galicia a Anxo Lorenzo, da Universidade de Vigo, presunto promotor da imposición do galegués.
-
Sigue enlace de elentir/Contanto estrelas con noticias relacionadas.

A AGRESIÓN, SEGÚN TERESA CASAL

Teresa Casal fixo unhas declaraciós pra La Voz de Galicia (enlace), sobre as que imos facer un brevísimo comentario.
-
Pontevedra, 14.05.2009
-
Entrada n. 948 do blog
-
A AGRESIÓN, SEGÚN TERESA CASAL,
por Xesús López Fernández
-
BNG e PSOE están cobizosos de comezar coa súa gran tamborada contra a Xunta a consecuencia d´ésta ter nomeado dous delegados prá provincia. Esta circunstancia, o que nela poida haber de mal paso, vai ser aproveitada polo equipo de goberno local, que sabe que se nestes momentos se celebraran unhas novas elecciós perderían o mandiño. E teñen que faceren xogos malabares. Venlle ben a tamborada que lles brindan, pois.
-
Pero esquecen qu´o gran mal a esta cidade, decote, fíxollo o goberno do BNG, con apoios puntuales do PSOE, e agora gobernando en mancomún. A cidade está case morta, fracasada a política urbanística ou de dinamización, que non vai máis alá do terraceo de miseria ou da nota pintoresca de enviar ás distintas prazas un par de malabares.
-
Se a cidade é hoxe unha ruína total, se o urbanismo de Mosquera-Fole escacha, se a xente abandona barrios, a culpa é do goberno local. Pero é que ademáis, dona Teresa ou Tereixa amiga, ademáis de lle tere dado morte ó comercio local lla déstedes á cidade administrativa. Nada, qu´esto non ten remedio. Pola vosa culpa. Claro que ó mellor áinda vos salva a campáa polo tema dos delegados.

HUMOR NEGRO DO DÍA

Zapatero, no debate sobre o estado da Nación botoulle a culpa dos males a Aznar. Por eso houbo que lle votar a el pra que fixese as cousas peor que nadie. Chiste de Mingote, no ABC do 14.05.2009.
Outro dos grandes problemas do país é a Xusticia, que nen con superxueces vai. Como ZP, prometedor compulsivo de novos paraísos, ofreceulle ós nenos, pró próximo curso, ordeadores portátiles, martínmorales bríndalles ós maxistrados unha boa idea: que se vistan de nenos pra ver de mellora-la informatización dos xusgados e qu´os casos non se aparquen sen resolvelos. Chiste do ABC d´hoxe.

Pontevedra, 14.05.2009
-
Entrada n. 947 do blog

HUMOR NEGRO DO DÍA,
por Xesús López Fernández
-
O debate da nación que non foi, a retesía polo tema do idioma galego que morre a consecuencia das normas alóglotas qu´o señor Barreiro e a súa Academia queren impoñeren coactivamente, prestaríanse a diversos comentarios humorísticos.
-
Deixo aquí, a modo de comentario, apresentádo-los chistes dos humoristas do ABC. Introduzo ó mesmo tempo un traballo de Ignacio Camacho, cáustico, corrosivo, sobre o debate. Do tema do idioma galego pasaremos neste post
-
El Funámbulo,
por Ignacio Camacho, ABC, 14.05.2009
-
EN una opinión pública forjada a base de percepciones simples, toda la complejidad de un debate parlamentario se condensa en concepto competitivo, esquemático, de quién gana y quién pierde. Por eso las pléyades de asesores, portavoces y demás séquito de la fontanería política se precipitan tras cada confrontación a proclamar vencedor a su líder en un intento -a menudo eficaz- de anticiparse con su presión al veredicto de una observación independiente. Pero el éxito o el fracaso de un debate no se mide sólo por el resultado inmediato del cruce dialéctico, sino que necesita el análisis de las expectativas previas con que cada cual acude al duelo. En ese sentido relativo todo depende de cómo se entra y cómo se sale.
-
Las dos grandes frases del martes fueron de Rajoy: «El estado de la nación es éste: cuatro millones de parados» y «usted ha dado la puntilla a las clases medias». El líder del PP dominó las réplicas y fue superior en los argumentos y en las razones. Su diagnóstico resultó más exacto y más certero. Y sin embargo, la sensación de fondo es que se le escapó el conjunto del debate. Que dejó sin rematar a su adversario cuando éste le cambió el marco con su discurso trufado de sorpresas embaucadoras. Que Zapatero logró que, en vez del escalofriante desempleo y el desplome social, el eje de la discusión pública acabase determinado por sus banales propuestas, y que evitó el vapuleo que le esperaba con trucos de distracción y hábiles evasivas tácticas.
-
Ello es así porque el presidente entró al Congreso en unas condiciones imposibles. Con cuatro millones de parados ningún gobernante puede salir vivo y ningún líder de la oposición puede permitirle un resquicio de escapatoria. Todo eso sucedió, empero; Rajoy endilgó un primer discurso ortopédico y llegó tarde y descolocado al cuerpo a cuerpo. Incluso la victoria a los puntos era un éxito corto, cicatero, ante un gobernante que tenía que haber abandonado la sesión hecho unos zorros, listo para el descabello y el arrastre. Y se fue eufórico porque sabía que le valía cualquier balance que no fuese una paliza.
-
Objetivamente, Zapatero se quedó solo en su autismo malabarista, repudiado por una oposición que no le hizo en conjunto una sola concesión de benevolencia. Cabreó a las clases medias a las que va a suprimir la desgravación de las hipotecas, ofendió a los desempleados al eludir su drama y decepcionó a los empresarios sin ofrecer reformas socioeconómicas de fondo. Presentó un discurso para mileuristas, un programa de demagogia populista de corto plazo, con su clásico recurso a las dádivas, subvenciones y regalos. Pero cumplió su principal objetivo, que era esquivar una tunda terminal. Y aunque carece de credibilidad y de criterio para gobernar, es un funámbulo del poder dispuesto a cualquier cosa con tal de seguir haciendo equilibrios en el alambre.

miércoles, 13 de mayo de 2009

O ESMORECEMENTO DO GALEGO (3)

Na desfeita actual da lingua promovida pola propia RAG como mascarón de proa do BNG, o leigado de Rosalía vaise apagando e o idioma morre como sinal d´identidade.
-
Ponteveda, 13.05.2009
-
Entrada n. 946 do blog
-
O ESMORECEMENTO DO IDIOMA (3),
por Xesús López Fernández
-
Torpe e suicida actuación da RAG en relación coa defensa do idioma, que vai depender máis dunha política intelixente de Núñez Feijóo (que parece afrouxar nas súas promesas) que do que poidan face-los seus celadores oficiales, a RAG, encirrada en propoñere pró idioma unha especie de eutanasia concordiada: as normas do Diktatt que defenden por non reconoceren que deron o mal paso de asumi-lo paquete que lle entregaron antes de notaria-los rexistros do idioma como creación social.
-
Siguen diversos enlaces d´El Correo Gallego, nos que xa a estas horas figuran diversos comentarios, que seguramente han ir en aumento ó longo do día. Enlaces:
-
A RAG carga agora contra a política de Feijóo desprotectora do idioma. (enlace)
-
O presidene dí agora qu´o decreto pode demorar. (enlace)
-
¿Quién votó a la Academia?, de Carlos Luís Rodríguez. (enlace)

DEBATE DA NACIÓN

Din algús que ZP saeu vencedor do debate; outros que foi Rajoy. Outros, os que parecen máis certeiros, que non houbo debate.
-
Pontevedra, 13.05.2009
-
Entrada n. 945 do blog
-
DEBATE DA NACIÓN,
por Xesús López Fernández
-
Onte seguín parte do debate, que foi só sobre economía porque non houbo un verdadeiro debate. Sí ofertas compulsivas de agasallos: computadoras portátiles prós nenos, coches prós papás. Pero non sendo o dito por Durán i Lleida, que chegou falar de moción de censura, houbo demasiados silencios, por se ter producido, presuntamente, un intercambio de cromos antre Goberno e oposición.
-
Non se falou de corrupción, do caso Gürtell nen de Bermejo, da cacería gratis total, do papel da Xusticia ou da Policía á que lle rouban unha partida de cocaína, da defensa da Vida, da masacre do 11M que mostra novas feridas.
-
Finalmente, parece que no canto de cambia-lo sistema de goberno e as grandes políticas, estamos cedellando nun sistema de pensamento único qu´o PP aspira a herdar, non a cambiare.
-
Ref. Catro millós de parados sobre a mesa. El Confidencial. (enlace)

martes, 12 de mayo de 2009

O ESMORECEMENTO DO GALEGO 2

Ramón Piñeiro, con outros académicos, ano 1968. A Ramón Piñeiro adícaselle este ano o Día das Letras Galegas.
O caos normativo ou as normas que non van.
-
Ponteveda, 12.05.2009
-
Entrada n. 944 do blog
-
O ESMORECEMENTO DO GALEGO (2),
por Xesús López Fernández
-
Convertido o neogalego en arma ideolóxica polo BNG, ausente éste agora do protagonismo político, vai tentare seguir enquistando a cuestión do idioma, pulando por mantere as posiciós de prevalencia que no seu organigrama tiñan certas palabras alóglotas, como Galiza, da que queren repescare como distintivo autonómivo GZ e inseri-lo oportuno/inoportuno debate no Parlamento galego.
-
Pero agora manda o PP e, co asento aínda quente da sentada dos visionarios qu´ó longo de catro anos quixeron levarnos cara ó seu Portugaliza, desgraciando a lingua propia do país, privándoa de rexistros harmoniosos, comezan algús dos gurús subvencionados a lle face-la contra ós vencedores das pasadas elecciós.
-
A situación é grave ata o punto de qu´o propio señor Barreiro, o presidente da RAG fala de situación preocupante e culpa ademáis da mesma ó cambio político. ¿Cómo? ¿É qu´os outros estábano a facer ben?. ¡Pero se a culpa fundamental é da propia Academia que non soubo face-los deberes e aceptou as normas do Diktatt, tal como alguén ten comentado, cando llas entregaron como un paquete urxente por SEUR/UPG! Se ben a entrega primeira parecía neutralizada na época de Fdez. del Riego, logo que debutou o señor Barreiro preocupouse éste en dá-lo paso do escándalo.
-
Alfredo Conde comenta estos días sobre a situación creada. O seu artículo d´hoxe n´El Correo Gallego non é afortunado que digamos, pero sí algús dos comentarios que provocou. (enlace)
-
Tamén a RAG dispoñíase hoxe a facer unhas declaraciós sobre a lingua, según noticia do mesmo medio. (enlace)
-
A Real Academia desprazarase a Láncara o próximo 17.05. Noticia d´El Correo Gallego. (enlace)