martes 30 de junio de 2009

OS COCHES DO BIPARTITO

O Audi de Touriño, ó que lle cambiaron as rodas seis veces, nun ano.
Subástanse os coches de superluxo da Xunta do Bipartito. Dibuxo de Salas, n´El Correo Gallego.
-
Pontevedra, 30.06.2009
.
Entrada n. 1003 do blog
-
OS COCHES DO BIPARTITO,
por Xesús López Fernández
-
Ríos de tinta correron en relación co Audi de superluxo de Touriño. O xa famoso Audi, blindado, tivera un costo de 480000 euros. Esa foi unha das armas que electoralmene usou Núñez Feijóo, que garantizaba, xa daquela, que el, caso de se-lo futuro presidente de Galicia, usaría un Citröen, promocionando así a marca que está establecida en Vigo. Ó mellor aínda hai unha razón de tipo subconscente dos terroristas metaleiros que o outro día tentaban paraliza-la fábrica de Vigo.
-
Siguen diversos enlaces:
-

lunes 29 de junio de 2009

CASTELAO ACHÉGASE Ó MUSEO

A escultura de Castelao pode ser agora un arma letal. Baixo a capa e coa man dereita pode estar a soster un alfanxe, diríase; polo menos a propia prenda pode ser alfanxe en por sí, tal como está presentada, pra que alguén que dea un mal paso ó baixare as escadeiras quede alí espetado,....
... mentres coa man esquerda parece quererlle dar énfasis ó seu discurso, traicionado desta volta polos ayatoláhs da accesibilidade.
Castelao estaba ben onde estaba, nos xardíns da avenida de Santa María. Pero a teima deconstructora da cidade, dos ayatoláhs que nos gobernan, non respeta a elegancia que transmitían certos recantos. Pouco a pouco, a miseria vaise estrando pola cidade enteira. Pasou antes co monumento de Alexandro Bóveda, pasa agora co de Castelao....
que o reconvirten en peatón, case en arma letal ó pé da escadeira que fixeron onde antes estaba a balaustrada do Museo. Hei inserir algunha foto propia, pero esta de La Voz de Galicia mostra a Lores e Teresa Casal na "inauguración" doutro paso da deconstrucción da cidade.
-
Pontevedra, 30.06.2009
-
Entrada n. 1002 do blog

CASTELAO ACHÉGASE Ó MUSEO,
por Xesús López Fernández
-
Mellor dito, achégano. Con cada actuación urbanística dos nosos gobernanes locales, a cidade sae máis e máis derrotada. O monumento a Castelao, na Avda. de Santa María, estaba ben ubicado, sobre aqueles xardíns, espacio privilexiado desaparecido.
-
Pero na nova ubicación queda convertido nun instrumento que pode causar máis dun disgusto, feridos ó baixare a escadeira de Padre Luís, que non deseñaría nen o que asou a manteiga. Ou tamén pódese mancar algún neno dos que están permanentemente xogando ó fútbol ante a fachada do museo. Eso demostra o que lle importa a cultura a estos mandiños, que sí aproveitaron o traslado da escultura pra outro acto que, como se aprecia na foto, non foi compartido nada máis que por algún curioso que por alí pasaba ou por xentes da súa tribu.
-
Enlace:

La Voz de Galicia, 28.06.2009: Castelao se achega ó Museo.

A RAPA DAS BESTAS, SABUCEDO

A rapa das bestas, en Sabucedo.
-
Pontevedra, 29.06.2009
-
Entrada n. 1001 do blog
-
A RAPA DAS BESTAS, EN SABUCEDO,
por Xesús López Fernández
-
A rapa das bestas é o nome do curro que, no caso de Sabucedo, celébrase tódo-los anos, os primeiros sábado-domingo-luns de Xullo. Pero mellor contado por medio de diversos videos, imaxes i enlaces, que siguen:
-
Enlaces:
(Por medio dos vídeos poderase acceder a outros enlaces)

MATSAKATSU TOIYA

Camiño de Santiago polas estrelas. Dibuxo informático.
Matsakatsu Toiya, budista que fixo o Camiño de Santiago. Tres veces.
-
Pontevedra, 29.06.2009
-
Entrada n. 1000 do blog
-
MATSAKATSU TOIYA,
por Xesús López Fernández
-
É un xaponés xubilado, de 63 anos, que colabora nun hospital como traductor do xaponés ó español. É budista, pero se declara namorado do Camiño que xa ten recorrido en tres ocasiós, pra orar ó tempo que camiña e contempla a paisaxe. "No noso país conviven o sintoísmo e o budismo sen problema algún. I é natural que un sintoísta acuda face-los seus rezos a un templo budista e á inversa".
-
Esa actitude de apertura e de achegamento á paz interior á par que á nosa cultura pode estar tamén na raíz das masivas visitas xaponesas e coreáas a Roma, a Asís, a Milán ou a Padua, que teño apreciado nas miñas viaxes.
-
"Visitar Santiago ou face-lo Camiño é unha forma ideal de mante-lo equilibrio antre o corpo e a mente", dí este xaponés, como que tamén a un católico pódelle parecer extraño vélo a face-lo Camiño, pero pra el non-o é.
-
Enlace:
El Correo Gallego: Noticia referida.

domingo 28 de junio de 2009

TORRE DE HÉRCULES

A Torre de Hércules, do tempo dos románs, xa é Patrimonio da Humanidade. Noraboa a tódo-los coruñeses e galegos. E ós españoles.
A Torre de Hércules e Breogán, o caudillo celta lexendario.
-

Pontevedra, 29.06.2009
-
Entrada n. 999 do blog
-
A TORRE DE HÉRCULES,
por Xesús López Fernández
-
A Torre d´Hércules, símbolo da cidade herculina, é unha construcción romáa do século primeiro da nosa era. Dend´o 26.06.2009 ás seis e media do serán forma parte do Patrimonio Mundial da Unesco, trá-la decisión unánime tomada na trixésima terceira reunión da súa Comisión que se celebrou en Sevilla ó longa da semáa xa finalizada. Pra unha maior información do que realmente representa a Torre d´Hércules, inclúense diversos enlaces:
-
Wikipedia, enciclopedia libre: Torre de Hércules


O ESMORECEMENTO DO GALEGO (12)

Apresentamos novamente o icono do caos normativo, o das régoas do Diktatt prá deconstrucción da lingua galega. Andan os "ayatoláhs" preocupados porque si se actúa con intelixencia e derogan o decreto da normalización ou suprimen a Mesa, o galego podería volver respirar. Tamén lle preocupa a Ramón Villares que a sociedade poida posicionarse sobre o idioma, algo que xa fixo nas urnas.
-
Pontevedra, 28.06.2009
-
Entrada n. 998 do blog
-
O ESMORECEMENTO DO GALEGO (12),
por Xesús López Fernández
-
N´El Correo Gallego d´hoxe publican unha entrevista a Ramón Villares, longa. O home fala de cousas diversas en relación coa cultura galega. Dedícalle unhas palabras ó tema do idioma. Afirma incluso: "A mensaxe é: Abriuse a veda da lingua galega". Eu preferiría decir "abreuse", pero non no sentido que el lle dá, porque o seu discurso, xa por estar instalado de costas á verdadeira lingua popular, xa porque ó mellor lle pasaron, no periódico, o corrector das normas do Diktatt estalinista, o da deconstrucción da lingua conservada no depósito da oralidade ou transmitida polos nosos precursores; o seu idioma, digo, parece galizo en estado puro.
-
Digamos, en todo caso, que o que realmente primou aquí, nos últimos anos, foi a consigna de "todo vale pra deconstruire o idioma, pra reconvertilo en galegués de tránsito ó portugués", á Portugaliza ensoñada polas xentes do Bloque. O idioma está ferido de tantas verbas como lle levan arrancado ou dos "cultismos" transferidos dende o idioma transfronteirizo, cando o galego sempre tivo e sigue a té-la solución de formare as palabras cultas que precise a partir das linguas grega ou latina: cefalópodo, estricto, sintaxis, orquitis, etc. Pero sorprende, de verdade que sí, o discurso de Ramón Villares, do que reproduzo o enlace. No foro aparecen opiniós nalgús casos moi sensatas e que deixan capidisminuído o dito por Ramón Villares.
-
Enlace:
El Correo Gallego: Ramón Villares dí: "Abriuse a veda sobre a lingua galega". Era hora!

sábado 27 de junio de 2009

A RECUPERACIÓN ECOLÓXICA [29.06.2009]

Piñeiro d´Oregón, tamén chamado abeto de Douglas, douglasiáa ou pseudotsuga menzeiensis. Prantación en San Pedro de Rocas, Esgos. O rendemento estudiado en Galicia mellora os rexistros máis óptimos de prantaciós de Inglaterra ou Fancia.
-
Pontevedra, 28.06.2009
-
Entrada n. 997 do blog
-
A recuperación ecolóxica,
por Xesús López Fernández
-
¿Podemos pensar seriamente nunha recuperación ambiental do territorio galego, das súas frondas autóctonas, ríos, rías e todo o espacio litoral?. A resposta é fácil: podemos. Outra cousa é que o poder político queira asumi-la tarea de velar polo comprimento das leis, pola restauración real da legalidade. E Núñez Feijóo, que prometeu en campaña [coido que xa o temos comentado] a recuperación do litoral de Lourizán, volveu falar do tema Ence en Pontevedra o pasado 26. “Non cabe a posibilidade de mante-la fábrica na ría”, dixo, como que tamén era ésa unha decisión persoal e vontade do Goberno galego que xa tiñan comunicado á dirección da empresa. O que xa non debería ser preocupación da Xunta é a futura ubicación da pasteira, que presuntamente carece de concesión dende a súa privatización, polo que o seu cerre é cuestión de vontade política, que debe poñerse á tarea da recuperación do capital natural, da praia de Pontevedra. E que ninguén pense, como xa pasou, que é un solar. A reubicación no concello sería mala. Os vertidos á ría continuarían; o marisqueo seguiría cuestionado, cando non prohibido pola aparición de toxinas.
-
¿Facemos algo de memoria? Ano 1973, tardofranquismo, cando a Pontevedra non lle aproban o chamado Plan Xeral de Urbanismo do 1970. No tal plan pretendiase a recalificación das marismas de Lourizán como zona industrial. O ministerio da Vivenda negou a tal posibilidade. Aínda máis, comunicaba na súa reprobación que a ubicación de Ence i Elnosa fora un erro do que sóo se poderían derivar problemas prá saúde e convivencia humáas, como é sabido polos cidadáns de Pontevedra e Marín. O poder tiña conciencia de culpa, incluso falaba daquela do traslado das empresas en prazo e data por determinar; pero daba máis avisos pra que o Concello xestionara do MOPU outro trazado prá autopista que ía cruza-la ría i evitar así a construcción da ponte da Puntada, polo seu tremendo impacto paisaxístico. Tamén, presuntamente pola decantación nas xunqueiras dos vertidos das industrias, procedeuse á desecación das mesmas, verdadeiras depuradoras biolóxicas.

A dita desecación trouxo como consecuencia un cambio profundo na dinámica das mareas e a perda do canal central da ría. Témolo comentado en ocasiós. Que no 1996 e sendo ministra de Medio Ambiente Isabel Tocino quedase claramente deslindado todo o que é dominio público marítimo terrestre, marismas de Lourizán incluídas, debería actuar como desencadeante da rexeneración do espacio, sobre o que Cristina Narbona tamén chegaría a pronunciar no sentido de que toda a zona definida como d.p.m.t. conservaba as súas características de “inalienable, inembargable, imprescriptible e insusceptible de desafectación”, o que tamén desautoriza a construcción irresponsable da edar d´Os Praceres, o ferrocarril a Marín que ocupou 55000 metros cuadrados de terreo demanial según o ministerio de Medio Ambiente do PP, oposto á súa construcción, e sobre o que hai sentencia de levantamento. Outro claro sensentido son os recheos na ría, espacio privilexiado, pra xeraren solares gratis total pra industrias non relacionadas co mar, ou porto seco.

Pero volvendo ó tema inicial dunha posible recuperación ecolóxica hai que se perguntar qué vai face-la nova Xunta. Da presencia de Ence derivouse una política reforestadora que acabou con moitos rexistros da nosa terra. Acabou con aldeas, con montes e fontes. O país enteiro foi estafado con ese tipo de prantación cando, nos montes aptos, poderíase ter optado por outro tipo de especies: carballos americáns, piñeiros de Oregón, castiñeiros, faias, cerdeiras de monte, nogueiras…Ou ter apostado pola gandería extensiva…Non se quixo pensar nese futuro… E despois do verán incendiario 2006, deberiamos ter asumido de forma franca a recuperación dos montes prá biodiversidade, algo que non se ve.. Programa interesante prá nova Xunta se realmente quer apostare en clave ambientalista.
-
Enlace:

IÑAKI GABILONDO, INQUISIDOR

Iñaki Gabilondo acaba de face-la presentación dun libro titulado "Verdades como puños".
-
Pontevedra, 27.06.2009
-
Entrada n. 996 do blog
-
IÑAKI GABILONDO, INQUISIDOR,
por Xesús López Fernández
-
Ou, si se quer, gran inquisidor. O seu libro, según é parodiado en internet, podería titularse tamén "Verdades a puñetazos". O home, entrevistador preferido de ZP, non hai tanto tempo que quedou en evidencia cando foi das entrevistas a Rajoy, a puñetazo limpio, e a ZP, na que faltou soamente música de violíns, algún adaggio ou algo así. Pero no remate da entrevista e a micro inadvertidamente aberto miróuselle o rabo rizado a Iñaki que se prestaría, ata a fin da campaña, a tensionala en conformidade coa petición de ZP: "Necesitamos tensión".
-
Pero desta volta Iñaki Gabilondo ve crece-lo seu descrédito. Parece qu´agora o están tensionando dende internet, as webs e blogs, e ousa decir qu´a Rede pode abrir "un camiño á insolvencia e intoxicación". Preocúpanlle os comunicados moitas veces anónimos ou subvencionados. E, naturalmente, cabe a repregunta: "¿Non funcionan a SER, e agora a cadea Cuatro de Televisión e a mesmo CNN+ como apéndices de Prisa, como as presuntas grandes subvencionadas preferidas por Gabilondo?".
-
Ben está a maioría de edade de internet, a masa crítica cara a que van algús dos foros existentes na rede pra espiolla-la opinión pública das influencias de Prisa, parasitada como está moita xente polos pulgós do Réxime. Sigue un enlace que non ten perda dun blog activo, católico e defensor da vida.
-
Enlace:
Elentir::Contando Estrelas: Iñaki Gabilondo dice de internet....

NÚÑEZ FEIJÓO I ENCE

Malo se o PP non recupera o litoral de Lourizán. Facelo viría ser algo así como a evolución lóxica da mensaxe implícita á definición do espacio como dominio público marítimo terrestre, sendo ministra de Medio Ambiente Isabel Tocino. Aínda qu´a pintura d´O Brado é dun fiordo podémola plasmar aquí, nunha ría deconstruída pola irracionalidade.
Núñez Feijóo en Pontevedra, 26.06.2009, no salón de plenos, ausentes as representaciós do BNG e do PSOE. A visita de Núñez Feijóo podería marcar un tempo novo prá vila, difícil se o PSOE non recupera o sentido. Núñez Feijóo falou de Ence, de qu´a Xunta mantén viva a promesa de levare Ence fóra da ría. A ver si é certo. Posiblemente é ésa a parte do discurso que non quixeron oí-los traidores, que nada máis tocaren poder xunteiro pensaron en Lourizán como solar.
-
Pontevedra, 27.06.2009
-
Entrada n. 995 do blog
-
NÚÑEZ FEIJÓO I ENCE,
por Xesús López Fernández
-
Ence, a presencia de Ence, está moi comentada neste blog ou incluso nalgunha weg, iberica2000.or, "Pontevedra muere". Non vou facer, pois, outro comentario qu´o de decir que a esperanza pode ser, nestos momentos, Núñez Feijóo, pero non sobre a base de leva-la fábrica a Marcón, o que seguiría representando a fin da ría, pode que incluso das nosas vidas. "O Brado" está avisando. I Ence, coño, carece de concesión, polo que debería cerrar e marchar, buscarse vida en lugar adecuado. Talvez non en Galicia, porque a súa presencia marcou tempos de miseria en non poucas bisbarras, eucaliptizadas ata o punto de desapareceren aldeas, explotaciós agrarias, ou de mata-la gandería. Non digo máis de momento. De traidores estamos cansos.
-

viernes 26 de junio de 2009

A XESTIÓN DE DOÑANA, DENUNCIADA

Plano de Doñana, vista aérea da costa.
Doñana e as súas marismas. Fotografía de Héctor Garrido.
-
Pontevedra, 26.06.2009
-
Entrada n. 994 do blog
-
A XESTIÓN DE DOÑANA, DENUNCIADA,
por Xesús López Fernández
-
Denunciada ante Europa e ante a Unesco polo Club de Amigos do Parque. Precisamente este pasado 5.06.2009, o Club dirixeuse ó Sr. Stavros Dimas, Comisario de Medio Ambiente da Unión Europea
-
Según parece, a situación do parque é dramática, en canto que parque natural e patrimonio cultural. Un pode ser excéptico ante este tipo de denuncias, posto que no noso entorno son tamén moitas as cousas que deberían ser denunciadas ante a UE. Cónstame incluso que algunha denuncia tense formulado, sen resultados evidenes.
-
As entradas nos blogs convén que sexan breves, confiando ós interesados unha información máis amplia que poden aflorar por medio dos enlaces inseridos. I éso é o que vou facer.
-
Introduzamos, pois, un par de frases do referido escrito do 5.06.2009 a Stavros Dimas, Comisario de Medio Ambiente da UE: Deseamos, por medio deste informe, transmitirle que el PN de Doñana y su entorno se encuentran en un estado crítico, lo que probablemente Ud. conozca ya en razón de su cargo y responsabilidades, y pedirle su ayuda y colaboración.
-
Esta situación, que atañe tanto al patrimonio natural como al cultural de Doñana, se ha visto agravada en los últimos años, hasta llegar a unos límites difícilmente tolerables.
-
Pra máis información, como dixemos, mirade no seguinte enlace:
-

PESCANOVA INSISTE

Pescanova, en Portugal.
-
Pontevedra, 26.06.2009
-
Entrada n. 993 do blog
-
PESCANOVA INSISTE,
por Xesús López Fernández
-
Insisten en se cargar Touriñán ou reclaman, en compensación por deixa-lo proiecto inversor (deconstructor da natureza) 40 millós de euros á Xunta. Nun comentario anterior, "Arraso litoral", quedou xa comentado o que Pescanova acaba de facer en Portugal: a inauguración da pranta de Mira, que nada ten que ver co proiecto devastador de Touriñán, como devastadora foi a aniquilación de cabo Vilán por Stolt Sea Farm, subvencionada pola Xunta do señor Fraga.
-
Desta volta, ¡qué medo!, están anunciadas novas conversas antre a Xunta e Pescanova das que non se sabe ben o que pode sair. ¿Primará o sentido común ou pola contra seguiremos coa deconstrucción, arraso deste país, arraso litoral e na Galicia interior porque mandan os mercaderes, os clústers?.
-
Enlaces:
La Voz de Galicia: Pescanova pide 40 millós á Xunta por anula-lo proiecto de Touriñán.

jueves 25 de junio de 2009

TERRORISMO SINDICALISTA

Imaxe case dantesca da folga de Vigo. No último dos enlaces, galería de documentos gráficos.
A policía impideu que os folguistas, no día xeral de folga, penetraran en Citröen pra paralizaren a producción.
-
Pontevedra, 28.06.2009
-
Entrada n. 992 do blog
-
TERRORISMO SINDICALISTA,
por Xesús López Fernández
-
Catro anos de parálisis sindicalista, de incapacidade negociadora. Dende que en Galicia caeu o bipartito parece que estamos, que están de "festa continua" os obreiros do metal. Bueno, eso de festa é un decir, porque os obreiros, en definitiva son os que van perde-lo traballo. Os enlaces sindicalistas terán desta volta comprido coa súa misión, liberados de traballo, subvencionados pra cantaren as excelencias de ZP, alabarando agora ós incautos pra sementaren o terror en Vigo; pra acabare, se fose preciso, con Citröen. A multinacional vai ter claro o que ll´agarda nun país no que de cada volta hai un maior déficit democrático. E o país, Galicia, se Citröen se deslocaliza, vai perde-lo 20% do seu PIB.
-
Hoxe, a policía impideu que os manifestantes entraran en Citröen. Non tardando moito, nas casas dos traballadores vai falta-lo pan, mentres os enlaces sindicales poden incluso brindaren a maior honra e gloria de ZP. E, de paso, por de la Vogue, Salgado, Leire Pajín e Bibiana Aído, a "filóloga", a miembra. Recesión económica; democracia en recesión.
-
Enlaces:
-
La Voz de Galcia: Batalla campal en los alrededores de Citröen. (Contén video)
20minutos.es: Folga do sector naval en Vigo, en fotografías.

ESPADACHÍN DE PICASSO

San Xohán. O día máis grande do ano. O Sol cédelle o protagonismo ás cachadas ou fumazos que, por imaxinación dos ancestros, ardían pra qu´o Sol non apagase. E o Sol non apaga, que despois do 24.12 volve crecer. É decir, crecen os días. E novas cachadas nesa data facían as tribus indoeuropeas e outras, xa qu´a Terra non morría. Era o miragre das fogatas do solsticio de verán que reiteraban confiados ó lume e ó poder de imitación do Astro Rei.
As ideas fuxidías, outro dibuxo de Xesús López. Son realizaciós informáticas que non se subastan, pero que se a alguén lle interesan pode copiare. Eu teño varias na casa, penduradas en diversas paredes e ambientes. En entradas anteriores foron xa incluídas, inseridas, moitas,
antre elas ésta que é unha recreación das nove ondas da Lanzada, outro rito máxico do que se supón qu´as estériles poden saire preñadas. É unha instantánea do baño da fertilización que trae o mar, o ardentío no areal de Punta Lanzada, un dos nomes que Colón levou a América. ¿Valerían algo estas cousas se as firmara Picasso, ou algunha infanta ou princesa?
"Home con espada", de Picasso, subastado en Sotheby´s por 12.3 millós de euros. Éste sí que vale. Increíble. (Reproducción de El Universal.com)
-
Pontevedra, 25.06.2009
-
Entrada n. 991 do blog
-
O ESPADACHÍN DE PICASSO,
por Xesús López Fernández
-
Novamente nos sorprende Picasso, despois de morto, co sobreprecio que entendemos están a pagaren, en subasta, por un dos seus cadros. Desta volta trátase dun cadro pintado sobre táboa e de grandes dimensiós (146 cm de longo por 114 que ten de ancho, do latín "amplius").
-
Este cadro mostra, como se ve na representación recollida no blog, un exuberante espadachín tocado de sombreiro negro nunha estampa protagonizada polo xogo dunhas intensas colores roxa e amarela.
-
Según os subastadoras, o traballo é un exemplo da serie qu´o creador español dedicou en Xullo do 1969 á temática do mosqueteiro poseedor (o verbo posuir é portugués, non galego) dunha espada. Trátase, ademais, dun motivo que xa inspirara a grandes mestres domo Diego Velázquez (gran referente de Picasso) e qu´o pintor malacitán trata con respeto, mais sen renunciare a un certo enredo de indiferencia.
-
Ai, perdón por suxerir unha certa comparativa coas miñas creaciós. Tamén bromeo, como Picasso con Velázquez.

martes 23 de junio de 2009

O ESMORECEMENTO DO GALEGO (11)

Suso de Toro acusa a Núñez Feijóo de pretender un xenocidio cultural con Galicia, pola cuestión do idioma que este autor nunca soubo defender. O "laureado" escritor zapateiril, biógrafo oficial do Réxime deconstructor, aparece na fotografía cun letreiro de fondo no que se lee "Outra Galiza", seguramente o título dunha das súas obras. ¿Inventor de patrias?. ¿Quén é o xenocida, Núñez Feijóo ou el que non fala de Galicia, senón de Galiza? ¿E terán que facer estes "ayatoláhs" a cruzada brasileira, dito ésto porque no Brasil din Galicia, nome verdadeiro qu´os renegados da lingua, os renegados da patria, queren ignoraren? O caos normativo, o icono escollido pra esta entrada, xa reiterado no blog, especialmente nas entradas que van tratando da deconstrucción do idioma galego. Eso vaise conseguindo por medio da férrea aplicación das normas do Diktatt coas que queren desalmaren á nosa sociedade. Un traballo de enxeñería social do máis puro estilo soviético.
-
Pontevedra, 24.06.2009
-
Entrada n. 990 fo blog
-
O ESMORECEMENTO DO GALEGO (11),
por Xesús López Fernández
-
Unha das máis constantes agresiós ó idioma galego ven sendo a actuación, mesmo a obra dalgús autores que veñen configurándose no mesmo sentido qu´o dos elaboradores do chamado espanglish, o dique co que algús enxeñeiros evitan que o español gañe campo nas sociedades anglófonas. Así, no mundo galego, ven sendo o galegués inventado nos laboratorios dos que saíron as normas ortográficas o que vai secando o noso corpus idiomático día a día.
-
¿Que remedio ou bisma pode haber pró momento? Porque parece que non van as cousas por onde deberan. As ideas non están claras, non se pula pola enxebreza da lingua, creación social e milenaria deste pobo ó que queren privare de voz. Eu deille unha receta a Núñez Feijóo hai xa tempo. Porque conocín á súa avoa Eladia e ós seus tíos-avós Manuel, Afonso e Jesús, éste tío político meu. Todos eles falaban un galego precioso: o que se fala na Ribeira Sacra dos concellos de Pantón, Sober, Os Peares, Nogueira de Ramuín. I éso entendo como solución: que Núñez Feijóo recupere a fala dos seus ancestros e non se cinga ás normas bastardas coas que nos queren troquelaren. Os discursos no galego dos seus ancestros --non teñamos dúbida-- serían como mangueirazos de sulfúrico, discursos doctorales de bo falar nun Parlamento no que case todos chapotean nunha xerga na que non están instalados, no galegués inventado polo BNG co horizonte, se os deixan, da creación dun novo país, o Portugaliza de Quintana.
Enlace:

lunes 22 de junio de 2009

A CAPITAL, EN DECONSTRUCCIÓN

Aspecto parcial da manifestación do 19J, na que parece non houbo tanta xente como os organizadores afirman. As 40000 persoas que algún visionario chegou decir quedaron rebaixadas ás 20000 que estimou a policía e que agora, según fontes do PP puideron ser 3500, 4000 ou 4500 sendo xa moi xenerosos.
-
Pontevedra, 22.06.2009
-
Entrada n. 989 do blog
-
A CAPITAL, EN DECONSTRUCCIÓN,
por Xesús López Fernández
-
Nada ten que ve-la Pontevedra actual coa capital que puido ter soñado Sesmeros, doutada de espacios amplios, edificios nobles, arterias que, de hai dez anos a esta parte, tomado o poder local polos alieníxenas, está a morrere, en fase de total deconstrucción.
-
Permanece o edificio da Diputación como centro de poder; permanece unha descafeinada Subdelegación do Goberno. Pero, ¿qué servicios obrigan ó cidadán a acodire a esta cidade impenetrable, remedo aldeán, inaccesible aínda que premien precisamente esa "accesibilidade" á vista de posibles pelotazos urbanísticos?.
-
Os ayatoláhs da cousa local, que non da provincial, quixeron montar desta volta unha manifestación como a famosa do 5J que lle costou daquela a alcaldía a Juan Luís Pedrosa. Si entón se protestaba pola perda de competencias da Audiencia Provincial, desta volta a rabieta estaba servida pola imprudencia de Núñez Feijóo de ter nomeado dous delegados provinciales, un deles pra Vigo e o seu radio.
-
Pero consideremos unha cousa: ¿ónde radica o poder provincial e as diversas delegaciós administrativas?. Pois resulta que, desta volta, nun barrido de competencias localizadas en distintos puntos da urbe, concentradas agora no contenedor de Touriño, en Campolongo, xa non está claro cál pode se-lo emblema provincial. ¿Haberá que pensar en que a capitalidade radica nunha especie de Contenedor,D.F.? E un contenedor pódese levar, por medio dun vehículo longo, a Marín ou a Salvaterra, portos secos. Si esta fose a opción escollida volverían as cousas ónde estaban, con sentido de memoria histórica, xa que antes de ser Pontevedra capital provincial foino Tui, que debería tamén monta-la súa protesta particular. Pero levado o "contenedor administrativo" a Salvaterra, en certo sentido estaría tocando á que foi capital histórica dunha das sete provincias galegas: Santiago, Betanzos, A Coruña, Mondoñedo, Lugo, Ourense e Tui. Pontevedra non está na relación. Vigo confiaba no seu futuro como acto de fé cidadáa. E Pontevedra dormeuse parvaxolamente.
-
E ven agora o PP a decire que "¡menos lobos!", que foron menos os protestantes qu´os estimados polos organizadores. ¿E sabedes por qué? Porque a xente vai cansa, moi cansa, do equipo local de goberno pró que de boa gaña farían algús colectivos un cadalso na popia praza da Ferrería, do mal qu´o levan feito estes deconstructores fabricantes de ruínas.
-
Enlace:
blog de Telmo Martín: La manifestación

ARRASO LITORAL

Touriñán, altar ante o oceano Atlántico, un dos lugares sagrados da nosa Terra que os profetas dos "clústers da abundancia", fabricantes de miseria ambiental, queren de novo atacar co seu programa de arraso litoral.
-
Pontevedra, 22.06.2009
-
Entrada n. 988 do blog
-
ARRASO LITORAL,
por Xesús López Fernández
-
Pescanova acaba de inaugura-la súa pranta acuícola de Portugal, en Mira, a máis grande do mundo que xa van ampliar. E volven coa súa teima redoblada por se cargaren Touriñán coa complacencia da Xunta.
-
Por favor, que sofree a lingua Núñez Feijóo, que ese tema estaba xa case visto pra sentencia polo TSXGalicia, cando Touriño desactivou, xa no estertor da súa gobernación o Plan Acuícola do PP pra nos servi-lo mesmo plan modificado.
-
Certo que se salvaba Touriñán, pero non outros enclaves da Rede Natura. E bébedos polo triunfo de Pescanova en Portugal, alabarados, non contan a realidade da pranta lusa da empresa, que está a 500 metros da costa, ou que toma e lanza a auga por medio de tubos que penetran no oceano tres kilómetros. E pasan soterrados por baixo do sistema dunar.
-
Non era unha granxa así a que querían instalar en Touriñán, senón algo como o desastre consentido en cabo Vilán a Stolt Sea Farm. Consentido e subvencionado, definido por un Fraga que xa está fóra do sentido común como a nova fachada marítima de Galicia.
-
Enlaces:
-

domingo 21 de junio de 2009

JUAN VIDAL, IN MEMORIAN

Juan Vidal Fraga, xa na Eternidade. Amigo, avogado, filósofo, político, mestre pra moitas xeneraciós, ó que dedico o meu artículo semanal. (Foto do Diario de Pontevedra).
-
Pontevedra, 21.06.2009
-
Entrada n. 987 do blog
-
Juan Vidal, in memorian,
por Xesús López Fernández

Benquerido amigo: Cando me dispoñía a arrancar co meu traballo semanal entereime de que xa non estabas, que xa tiñas vez pra descansar na Eternidade da que non se volve, na paz do Señor. Hai xa un mes que me deran aviso de que estabas mal: “O noso amigo Juan está moi mal…. Hai poucas esperanzas”. No teu entorno, sen embargo, mantiñan a arelanza dunha nova recuperación, que xa non era posible. Comentáronmo as túas irmás con aceptación resignada, no sentido de que aínda que poidas estar máis alá das estrelas, co simbolismo que a esto se lle queira dar, o teu relembro vai quedar vivo en tódo-los teus. Eu agardaba tamén, como moitos dos teus parentes e amigos, que regresaras á túa “tribuna” no Diario, onde nos últimos tempos compartiamos páxina. Finalmente, non foi así. Acabouse o tempo e, sen embargo, atópaste xa nunha dimensión na que non se acaba o Tempo.

Polas veces que temos falado dende a nosa primeira amistade nos últimos 50, sei da túa constante preocupación á procura dunha formación humanística firme. En certa ocasión me mostraches, na vosa casa de Marcón, varios libros. Non sei si foi esta unha das túas constantes, pero tiñas coidadosamente estudiada unha obra de Jacques Maritain, realzadas con diversas colores algunhas das súas afirmaciós. ¿Qué libro era, Juan, Xohan? ¿”Cristianismo e Democracia”, “O home e o Estado”? Porque Maritain foi o gran interpretador do noso tempo en clave cristiáa. Tí, Juan, mantiveches no teu discurso o seu discurso en debates e tertulias, na túa presencia política, unha mensaxe inequívoca a favor da democracia e da libertade, a favor da Vida i en contra da corrupción, claramente definida nos teus artículos. Leo un texto teu sobre a necesidade de orienta-las nosas conductas dende a ternura que “con mercaderes i egoístas fuxe, non acepta permanecer nunha chousa de mesquindade. Non-a busquedes en tendas ou supermercados, que non se deixa mercar nen vender, non ten precio, é gratis….”. I ése pode ser un dos dramas da nosa sociedade, das víctimas da súa ausencia. Malo, Juan, [era o teu discurso], se non-a acollemos na alma.

Sinalaba o teu “mestre” Maritain que a causa principal no fracaso da democracia estaba “nos antagonismos irreductibles inherentes a unha economía fundada sobre a fecundidade do diñeiro”. Esa era tamén a túa apreciación da política, porque todo eso ten impedido que as afirmaciós democráticas pasen á vida social; e a impotencia das sociedades modernas ante a miseria e a deshumanización do traballo, a súa imposibilidade de sobrepasa-la explotación do home polo home foron, prás democracias, as claves dunha amarga derrota; pero a causa principal é de orde espiritual…. xa que o principio esencial da democracia moderna ven da inspiración evanxélica e non pode subsistire sen ela, ou sen a ternura por ti sinalada. As clases dirixentes renegaron do Cristianismo no nome da libertade humáa. Esa é a causa de tantas derrotas e males da nosa sociedade, que ti denunciabas sen medo.

Vouche botar de menos. Existía unha sintonía certa antre as nosas formas de ve-las cousas, especialmente dende a túa descoberta, dende a democracia cristiáa, do ecoloxismo, da necesaria defensa da opción verde. Pouco faltou daquela pra que a vosa candidatura entrase no Concello, o que representaría, talvez, a osixenación da política municipal. Comentaba Jabois no Diario, o sábado, a vosa escenificación na praza da Verdura, a reclamación da súa restauración, algo que eu definín daquela como “O márketing dos homildes”. Tempos tamén de intenso traballo na definición da Axenda21Local como instrumento democrático ó servicio da recuperación ambiental. Acabóuseche o tempo. E ti, como diría o Poeta da Raza, xa te foches da sereidade da vida. Repousas dos teus afáns e debates na Eternidade. Ti, que foches xedrecista, has ser agora testigo das claves da gran partida que está a libra-la Creación contra o Mal, ese que ti denunciabas con valentía aquí, na Terra. Descansa en paz, amigo.
-

viernes 19 de junio de 2009

VICENTE FERRER, PRESENTE!

Morreu Vicente Ferrer, antiguo xesuíta, creador da fundación do seu nome e que se fixo probe antre os máis probes da India, un ánxel prá India, como se comenta en diversos medios.
-
Pontevedra, 19.06.2009
-
Entrada n. 986 do blog
-
VICENTE FERRER, PRESENTE,
por Xesús López Fernández
-
Hoxe deben tocar a morto as campáas todas da India e, por solidariedade, deberían transmitir tamén os sinoiros todos da Terra o seu laio funeral. Vicente Ferrer, finada a súa singladura temporal, entra agora na Eternidade. Agardemos qu´o Señor envíe un novo relevista prá súa obra; esperemos que da sementeira feita polo home antre os máis probes non falten os voluntarios necesarios pra se alistaren no pelotón dos héroes que loitan naquel subcontinente por erradica-la probeza, porque a xente, máis que recibir un peixe cada día, aprenda a pescar e subsistir no amor.
-
Siguen diversos enlaces:
-
Noticia de Admin, dende Nova Delhi, 18.06.2009, Un ánxel español prá India.
Caminando en el Desierto: Vicente Ferrer, DEP
El Correo Gallego: Fallece el cooperante español Vicente Ferrer...

ENCE, A MENTIRA PERMANENTE

Vista de Ence, unha das causas principales da morte da ría. Foto de La Voz de Galicia d´hoxe, sobre a noticia da súa pretensión de permaneceren aquí.
-
Pontevedra, 19.06.2009
-
Entrada n. 985 do blog
-
ENCE, A MENTIRA PERMANENTE,
por Xesús López Fernández
-
Na foto apréciase a realidade de Ence, na nosa ría. O que xa non se aprecia nese documento é o grado de deconstrucción do mar que foi patria de navegantes que buscaron outros mundos polo camiño do mar. Nen o foco de contaminación e cause d´enfermedades qu´o complexo representa.
-
Na noticia síguese a mante-la mentira falaz do prazo concesional ata o 2018, cando actualmente podería non ter concesión pola non ter renovado no momento da súa privatización. O asunto está nos tribunales denunciado por Salvemos Ponevedra, non polo BNG nen por nengún outro partido político.
-
O que tampouco se di nunca é a gran estafa que esta factoría, industria d´enclave colonialista, representou pra Galicia: perda da riqueza natural do noso mar e perda da biodiversidade dos nosos montes, colonizados por unha prantación excesiva d´eucaliptus que se fai máis e máis larga por tres vías, según un informe confidencial: por sementes, por medio de planteles, ou pola vía incendiaria, porque téñense contado ata 22000 renovos de cepa por hectárea.
-
O malo do tema é que a única esperanza que temos de que as cousas vaian a mellor é a promesa electoral de Núñez Feijóo da recuperación do litoral de Lourizán. E teñamos presente tamén o dito polo conselleiro de Medio Ambiente: que as rías están hoxe peor que no 2004. O que xa non dí o conselleiro é que ó mellor temos que devolver a Europa o gastado aquí, de fondos europeos, nunha depuración [a edar d´Os Praceres] na que delinquen as tres Administraciós, por ilegal.
-
Enlace:




jueves 18 de junio de 2009

A FOLGA DO METAL, EN VIGO

A violencia cébase nos caixeiros, aténtase incluso contra o domicilio de certos empresarios, o que xa non parece ter relación cunha folga laboral, con demasiada carga de incivilidade.
-
Pontevedra, 18.06.2009
-
Entrada n. 984 do blog
-
A FOLGA DO METAL, EN VIGO,
por Xesús López Fernández
-
Esto xa pasa da raia. Que nun país arruinado pola errática política dun goberno incapaz pretendan os sindicatos, con enlaces subvencionados, unha sobida salarial do 4,50 por cen cando a nación toda está en recesión e haberá incluso que revisare os alugueres á baixa porque o IPC interanual é inexorable cos seus índices, non é de recibo.
-
Tampouco se entende que se produza a demostración de terrorismo sindicalista [que dura xa 12 días] precisamente pouco despois de ter vomitado da Xunta ó Bipartito de triste relembranza. En Vigo, con "bombitas" parece que comparece, presuntamente, Resistencia Galega, tamén nemiga da lingua galega e impostora do galizo.
-
Noticia traducida de EFE/Faro de Vigo, na arrancada da información desta xornada-pánico: Centos de traballadores do sector metalúrxido da provincia
de Pontevedra agólpanse nestos momentos nos estaleiros tanto da Beiramar como de Guixar pra comezare unha protesta polas rúas do centro de Vigo. Así informaron a Efe fontes dos Sindicatos que lembraron qu´o ciclo de movilizaciós polos concesionarios de vehículos rematou onte e hoxe regresan ás rúas como en xornadas pasadas. [Ata aquí a noticia da nova sementeira de pánico ata que a Xusticia actúe contra os "tonton-macouttes" sementadores de violencia laboral e idiomática que, como diría Arzallus, moven a nogueira pra que outros recollan as noces.].
-
Siguen esa noticia e outras nos enlaces indicados:
-
Faro de Vigo: Los trabajadores del metal vuelven a protestar en las calles.

Faro de Vigo: Los empresarios cifran en 300 millones las pérdidas..
Faro de Vigo: Tres ataques con explosivos y cócteles molotov
El Correo Gallego: Nuevos cortes de tráfico en Vigo...
El Correo Gallego: Irrupción de Resistencia Galega con 4 cóteles molotov,

A NOVA PONTE D´AS CORRENTES

Fotografía xa presentada neste blog, do espacio que o BNG está a agredir coa construcción dunha nova e innecesaria ponte en dominio público marítimo terrestre.
Cercado do espacio no que se está a obrare en traballos de cimentación, que Costas ordea paralizar. Foto de La Voz de Galicia.
-
Pontevedra, 18.06.2009
-
Entrada n. 983 do blog
-
A NOVA PONTE D´AS CORRENTES,
por Xesús López Fernández
-
A orde de paralización, por imperativo legal, dada pola Delegación de Costas debe ter que ver coa demanda do PP do pertinente estudio de impacto ambiental. O coherente sería tamén, desta volta, qu´o PSOE se sumase á denuncia do PP, dado que son eles os que levan a xestión da Xunqueira d´Alba, calificada como ENIL, espacio natural de importancia local, e como responsables de Medio Ambienta Natural, unha coña, porque a actuación de rexeneración da citada xunqueira foi moi somera e hoxe está cruzada, en non poucos sitios por tuberías de fecales que colocou o BNG, tamén en contra do establecido na Lei de Costas, porque a Xunqueira d´Alba, aínda degradada como está e perdendo a xúa vexetación orixinal, sigue sendo mar. Aínda non está lonxe a intención dalgús grupos de faceren alí o novo Pasarón. Vergonza.
-
Sería bo que PSOE e PP buscaran unha vía d´entendemento no tema medioambiental, a tope. Resulta triste que cando entran nalgún asunto as asociaciós ecoloxistas non se dea a resposta pronta que desta vez obtivo a denuncia do PP, e case todo teña que acabar xudicializado, estudiado por unha Xusticia que non ten o Medio Ambiente como a súa gran especialización, prá que farían falta xueces e fiscales máis preparados.
-
Aínda así, hai varias sentencias to TS de Madrid e do TSXGalicia, firmes que, pasados varios anos, permanecen sen executaren. ¿Por qué o PSOE e mai-lo PP non se poñen d´acordo?. ¿Teremos que ver cómo crece aínda máis o polígono industrial ou porto seco [xa non sei] dos recheos de Estribela-Marín, e como alternan na presidencia do monstruo da Autoridade Portuaria PP e PSOE, nun claro consenso pra destruíren a ría?.
-
Enlace:

miércoles 17 de junio de 2009

O RETORNO DOS BRUXOS

Privados dos seus cargos en Santiago, regresan a Pontevedra Carme da Silva e Lois Bará, que xa están no Concello; a primeira, como asesora de Lores; o segundo, como concellal non electo que se vai ocupar, antre outras cousas, do tema da accesibilidade. El fixera, cando se cerrou a praza da Verdura pola parte baixa, coa fonte, unhas declaraciós no sentido de que descobriran as posibilidades escénicas daquel espacio retirándoa da parte alta. Hoxe, o espacio é lugar dun terraceo certo de miseria. E de trapicheo.
Esta é unha foto de restos da muralla, unha trampa pra cegos falando de accesibilidade. Tres ou catro tendas que existían alí do lado, están cerradas. A ver si agora Bará ten a dignidade de cerra-la fochanca esa e, ó mesmo tempo, face-lo entorno máis permeable, porque a praza de Abastos morre a consecuencia da política destos últimos dez anos de cerrazón.
A Glorieta de Compostela xa non é arteria. O solar de miseria no que convertiron á zona vella, xa bate aquí. Todo sexa en beneficio dos cans. E das terrazas,
de bares que non teñan a capacidade de recolleren mesas e sillas.
Outra demostración da pernocta do mobiliario dos establecimentos dinamizadores da zona. Por certo, a política de baldoseo aquí cristalizada fora deseñada, en parte, por Carme da Silva, que seleccionara as baldosas e terrazos en compañía de Mosquera.
A praza da Leña, igualmente ferida pola constante do terraceo de miseria.
Os políticos repescados: A asesora que cando foi concellala de Medio Ambiente non fixo absolutamente nada máis alá d´escollere con Mosquera os terrazos que, desta volta, ha poder ver, en Daniel la Sota, na Peregrina ou en Sagasta, que están escachados moitos deles.
-
Pontevedra, 17.06.2009
-
Entrada n. 982 do blog
-
O RETORNO DOS BRUXOS,
por Xesús López Fernández
-
O título é un decir. Máis alá da retranca carece de valor. Simple comentario pra un regreso que entendo completamente innecesario. ¿Qué van face-los dous?
-
Como a política de "baldosa" do Urbanismo local permanece, ó mellor Carme da Silva terá que asesorare sobre a color de novas instalaciós, porque o baldoseo ha seguir incluso no ensanche de Eduardo Pondal, onde xa están deseñadas novas rúas estreitas, novos calexós como patios de luces: a impotencia pra faceren cidade. Ó mellor aínda se lle ocurre unha nova solución prá praza da Castaña.
-
E o Lois Bará, o ideólogo da Feira Franca, pode ó mellor comezar co deseño da nova ponte do Burgo. A ver cómo van se-las torres porticadas a ambos extremos da ponte. Todo a maior honor e gloria da cidade, pra unha consolidación certa de miseria deseñada polo equipo de goberno dende hai dez anos.
-
¡Cánto costa deixa-la política, as prebendas, o diñeiro fácil! Aínda que Lores nos diga que o "retorno dos bruxos", dos seus bruxos, vai ter un coste cero. E un xamón, porque calquera cousa que fagan é seguro que non vai traer beneficios prá cidade.
-
E andan agora preocupados pola manifestación do 19-J, cando a involución desta cidade estivo marcada por estos chacaritas ó longo dos últimos dez anos. Saben que están desacreditados e que, sen manifestación, xa non poden alabarar á cidadanía. Profetas de miseria.



ANDRÉS TORRES QUEIRUGA

Cruceiro de Hío. Unha foto del ilustra o libro de John Dominic Crossan, "O nacemento do Cristianismo". A edición española está prologada por Torres Queiruga, e a este texto achégome de vez en cando. O libro é moi denso e de difícil lectura pra min, que xa teño a vista mazada, cansa. Pero hoxe retomeino porque o noso teólogo é noticia.
-
Pontevedra, 17.06.2009
-
Entrada n. 981 do blog
-
ANDRÉS TORRES QUEIRUGA,
por Xesús López Fernández
-
Quixeron cuestiona-lo traballo, a teoloxía do noso home. Afortunadamente, todo vai quedar en nada, protestada a actuación por algús arzobispos, denunciada incluso dende Roma. Torres Queiruga mostrouse tranquilo en todo momento. El sabía, claro que sí, que disparaban con pólvora mollada.
-
Na edición española do libro citado Torres Queiruga avísanos de que a ilustración do cruceiro de Hío non é cousa particular desta edición; que a obra xenial de Cerviño, un canteiro galego de 30 anos que traballaba pola comida e o albergue, está xa retratada na edición orixinal inglesa. Di tamén o noso teólogo que sospeita que o autor, ó se decidire pola imaxe do decendemento que representa o cruceiro de Hío prá ilustración da súa obra, carecía de datos reales da biografía do noso artista canteiro, que aínda nos seus últimos tempos, case cego, seguiría esculpindo en pedra, palpando coas mans a realización de cada obra nova.
-
Paréceme que o prólogo que Torres Queiruga fai de "O nacemento do Cristianismo" non é unha obra menor. Nel cóntanos cómo o autor investigou sobre as raíces da nosa fe, sobre o Cristianismo "antes de Pablo, sen Pablo, incluso se Pablo non tivese existido".
-
Deixo aquí este pequeno apunte e recomendo a lectura do libro editado por Sal Terrae. O que quero salientar, con esta corta cita, é a categoría universal do noso teólogo, prologuista dunha obra que pode ser capital pra conocere os primeiros tempos do Cristianismo, a interacción existente antre os apóstoles que acompañaron a Xesús, cando aínda Pablo, un xudeo de Tarso, de cultura grega, non acodira á súa cita coa Historia e coa fe. E inclúo seguidamente algús enlaces en relación coas noticias dadas estos pasados días, coido que preocupantes pra tódo-los cristiáns galegos.
-
Enlaces:

lunes 15 de junio de 2009

A MARCHA SOBRE LOURIZÁN

Deámoslle algo de color a este entrada cun dibuxo informático do autor, de hai dez anos.
Ence sigue a envenenare a ría e a atmósfera, a ser presunto factor desencadeante de diversas enfermedades. O pasado 13.06.2009, a APDR celebrou unha nova marcha que foi participada, según algún medio, por unhas dúas mil persoas.
-
Pontevedra, 15.06.2009
-
Entrada n. 980 do blog
-
A MARCHA SOBRE LOURIZÁN,
por Xesús López Fernández
-
Cando foi da primeira manifestación contra Ence, por circuíto urbán, fun a persoa encargada da lectura do comunicado final, redactado por César Mosquera. Tamén fun lector do comunicado da segunda, e autor do mesmo, que foi revisado, censurado, previamente. Non digo máis. Nen sobre as maniobras levadas a cabo pra desbancare ó primeiro presidente, Fernando Martínez Sarandeses, ecoloxista, pra ver de asumi-la conducción da asociación, hoxe convertida nunha simple correa de transmisión do BNG.
-
Certo que no cerre da marcha deste ano tivo Antón Masa unhas palabras críticas coa actuación dos pringados do Bipartito, que nada máis tocar poder propuxeran o traslado de Ence a Barro-Meis, algo xa comentado neste blog. Aquelas luminarias convertirían o encoro da traída d´augas pontevedresa en depósito de suministro prá fábrica. E convertirían tamén en solar as marismas de Lourizán. Se os deixaran, negando ós demáis a capacidade de pensare.
-
Que se deixen, polo tanto, de poñe-lo acento máis forte da súa censura na posible política de Núñez Feijóo, que sí prometeu a recuperación do litoral de Lourizán, o único que realmente o dixo. Quero pensar que foron palabras pensadas e non froito da quentura electoral. Porque todo está moi claro: Ence xa non ten concesión. Ademais que non cabe a reconducción do espacio como solar urbán ou industrial, pola súa condición de dominio público marítimo terrestre e, como tal, "inembargable, inalienable, imprescriptible e insusceptible de desafectación", situación así definida por Cristina Narbona ante a denuncia administrativa promovida por Salvemos Pontvevedra cando Ence solicitou a declaración de innecesariedade como tal d.p.m.t.
-
En relación con este tema teremos que definir, unha vez máis, como impresentable, a actitude e política do alcalde pontevedrés, desautorizado xa moralmente pra abandeirar nengunha cruzada ecolóxica.
-
Lores, un tanto marcado polas declaraciós de Masa, manifestou tamén que a actuación do bipartito non foi clara. ¿Que non foi clara? ¡Se nos querían deixare sen Lourizán, a tentaren convertilo en solar!.
-
A Lores, anxeliño, non lle van crece-las alas [áas ou azas] porque a súa política ó respecto está caracterizada pola inacción, incapaz de definir un plan de emerxencia ante os peligros existentes en Lourizán, e as enfermedades derivadas da presencia do complexo clorocelulósico.
-
Houbo un momento no que quixeron celebra-lo recordatorio de Cristina Narbona, a permanencia dos catro "in" citados. ¡Pero, inmorales, se non se moveron nesa dirección nun só momento, xa pensando no solar, xa nos recheos de Marín, xa en relación coa construcción da edar d´Os Praceres, asunto no que delinquen as tres administraciós!. E Lores fala agora de praia, vaia, vaia. ¡Moito ten que cambiar!.
-
Pra sere máis orixinal no seu "discurso" Lores puido decilo en forma de "aria", cantando, un aria dramática, especie de confesión xeral do mal que, coa súa falacia do "saneamento integral" ou "pantalla d´antroido ecoloxista", leva dez anos promovendo, incapaz de traballare pola rexeneración ambiental do río-ría, nen co PXOM en fase de elaboración nas mans.

A GUERRA CONTRA OS RUÍDOS

Edificio Pirsa, na Ferrería de Pontevedra, que ilustra a noticia que hoxe dá La Voz de Galicia en relación coa continuación dos concertos, nese espacio, a pesar do recurso contencioso inerposto polos propietarios do mesmo, pola demasía decibélica que impide o descanso no lugar.
Primeiro de Maio na Ferrería. Pola dereita da foto asoma o emblemático edificio, edificio intelixente, edificio 10. ¿Cómo pode ser se non ten garaxe?
Nesta outra foto do mesmo día apréciase máis campo da fachada do Pirsa. Clicade sobre a foto pra vela en tamaño maior e poder apreciar que dous pisos están á venta.
-
Pontevedra, 15.06.2009
-
Entrada n. 979 do blog
-
A GUERRA CONTRA OS RUÍDOS,
por Xesús López Fernández
-
O aldeanismo rampante na gobernación local fixo de sempre esquecemento no tema dos ruídos. Calquer pretexto vale pr´armare bullanga nun ou noutro lugar da zona vella. Contrátanse zancudos ou malabares, gaitas grileiras ou tocadores de bongo, pra así traeren xente de fóra a pasa-la tarde na praza de Curros Enríquez, convertida en circo ante o monumento descafeinado de Alexandro Bóveda [que nunca se chamou Alexandre].
-
Ese espacio ou ben a Méndez Núñez, a propia Pasantería ante o Museo, ou a praza da Verdura convertida en Praza Roxa pra certas demostraciós, resultan especialmente agredidos, ademais de por outras presencias derivadas do modelo de cidade aquí instaurado, sobre o gran solar de miseria que hoxe é a zona vella.
-
Pero todo o que queda dito, con fanfarrias e feiras francas engadidas, nada ten que ver co insulto da demasía decibélica que se instala durante as festas ou con algún pretexto puramente ocasional na dita praza da Ferrería, reventada nesas ocasiós, escachifado o seu chan pola presencia de vehículos longos que difícilmente poden arribar á zona.
-
¿Cómo pode alguén mercar un piso "intelixente sen praza de garaxe", e pagar por el en torno ós 100 millós de pesetas? ¡E un xamón! Eso que decían os portavoces do goberno local, cando se comezaba a restauración do edificio, que había lista de espera a ver se alguén se dependuraba da relación de compradores, porque todo estaba vendidiño. Hoxe percíbese un certo perfil d´estafa na obra realizada, víctimas os compradores, víctimas os promotores.
-
Claro, ter un piso intelixente, calidade 10, non pode implica-lo mesmo que representaría instalarse nunha tenda de campaña, nos xardíns de San Francisco, pra dormire alí nunha noite de tronada decibélica. Ésa é a razón pola que os propietarios prantexaron a correspondente denuncia contra o Concello, que de momento, nada, sigue cos decibelios e a bullanga. Terá esta denuncia que acabar, posiblemente, no Tribunal de Dereitos Humáns, de Estrasburgo, pero o asunto debe estar gañado de antemán. Seguro. Un goberno non pode ser depredador eternamente, aínda que Pontevedra parece un caso tipo. Pero xa se conocen sanciós firmes, incluso polos ruídos producidos polos camiós da vasura.

sábado 13 de junio de 2009

SENSIBILIDADES ECOLOXISTAS [15.06.2009]

Esa actividade portuaria artesanal aínda era visible nos anos 30-40. Deso nada queda, como tamén desapareceu a casa-solar de Sarmiento de Gamboa, o primeiro navegante científico do século XVI, situada nesa mesma banda, pouco antes da ponte da Barca. Derrubada nos últimos 80. Horror.
Nesa zona coméuseulle ó río, na Moureira, un espacio que era porto de mar, que tiña os seus pequenos peiraos, onde non sería difícil maxinar unha praia fluvial. Repárese en Santa María, dona da paisaxe.
Río Gafos. Avístase o lazareto. Ó fondo, a fábrica da motores Pazó. Non existía o paseo de Domingo Fontán. Todo o espacio era entrada do mar á xunqueira d´Alba. Coesa mar viva pescabase sardiña no fondo da ría, incluso collíanse ostras pra riba da ponte de Burgo.
-
Pontevedra, 14.06.2009
-
Entrada n. 978 do blog
-
Artículo semanal
-
Sensibilidades ecoloxistas,
por Xesús López Fernández
-
O PP acaba de alega-la pasada semáa, ante o Servicio Provincial de Costas, contra a construcción da ponte d´As Correntes, na ría de Pontevedra. Demandan o necesario estudio de impacto ambiental. Leo as afirmaciós dalgús dos seus voceiros, de sentido común. A ponte vai na dirección equivocada, din, e parece que a súa construcción deriva da frustración do goberno local en materia de circulación, unha solución inmadura que pode traer aínda maiores problemas pra esta cidade colapsada. Agora o colapso está na Avenida Uruguai, con dous carriles cortados dende hai dous meses, cando o proiecto está en fase de tramitación. Esta información está tomada do blog do xefe da oposición local, no que tamén podemos leer unha afirmación puramente ecoloxista: a de que Pontevedra ten que recupera-lo río como eixo da vida cidadáa. Un ecoloxista diría, talvez, máis. Porque os males do noso ecosistema non se remedian sen o labor das xunqueiras, depuradoras concertadas co ciclo das mareas, que definían así co seu tiro o canal central da ría e a súa fondura.

A ría, como se sabe, está nunha fase de total deconstrucción, na banda do río ou na ribeira do mar, e xestos como o da construcción dunha praia fluvial artificial terán o mesmo efecto dunha “tirita” nun enfermo terminal. E agora que anda o goberno local co PXOM, se verdadeiramente se quixese facer algo en plan restaurador, sería o momento de redactar unha Axenta21Local, i explicala porta a porta como documento democrático esencial, ver de tracexar unha política cobizosa, devolvere ó noso medio o capital natural, tomar como referente fotografías do fondo da ría e do litoral: xunqueiras, as Moureiras, As Corbaceiras, actividade portuaria, Mollabao, Lourizán, Estribela…., lugares nos que as feridas doen e o enfermo morre. Algo a este respecto sinala tamén outro voceiro do PP, no blog PONTEVEDRA DESPERTA, do impacto negativo da ponte sobre a esquecida Xunqueira d´Alba, declarada ENIL, espacio natural de interese local que xestiona o PSOE, como se o conservacionismo do equipo de goberno, con esta disonancia, non fose máis alá do puro márketing ambientalista.

O responsable do blog está sorprendido de que as agrupaciós ecoloxistas non se tivesen adiantado ó PP na demanda do necesario e.i.a. Hai cousas que se pasan, de certo, pero as asociaciós ecoloxistas non terían por qué existir a pouco que os políticos comprisen cos seus deberes. O Concello de Pontevedra suscribeu no seu día o compromiso da Carta de Aalborg, de cidades sustentables. Pero todo parece, desta volta, unha pura macana, vocablo arxentino que recolle o diccionario de Eladio Rodríguez e que define moi ben o que de xangal ten o labor dos políticos. No informe Auken do 20.02.2009, [así chamado polo nome da diputada danesa que o presentou no Parlamento europeo, Margrete Auken, por certo que coa oposición do PP e do PSOE], fálase do impacto da urbanización extensiva en España nos dereitos particulares dos cidadáns europeos, do medio ambiente e a aplicación do Dereito comunitario, con fundamento en determinadas peticiós recibidas [2008/2248, INI].

España vive unha situación definida polo informe como de corrupción endémica. Pode incluso perder fondos europeos, no horizonte do 2013, por 32000 millós de euros, por ter feito mal os deberes. E ó mellor aínda ten que devolver cartos. A situación terminal da ría de Pontevedra é máis grave que as agresiós que o informe cita en relación co Parque natural de Gata-Nijar. Pra min que o Parlamento europeo precisa información do aquí acontecido: xunqueiras desecadas; Ence e outras, sen concesión; recheos no porto de Marín e outros; agresiós urbanísticas no litoral de Poio e Sanxenxo; a edar d´Os Praceres, construída en dominio público marítimo terrestre [véase art. 44.6 da Lei de Costas]; sentencias firmes do T.S. de Madrid e do TSXGalicia, pendentes de execución e non por culpa dos ecoloxistas. Que algún partido asuma agora os seus deberes, sería digno de mención. A ver.

viernes 12 de junio de 2009

A PRAIA FLUVIAL

Fotografía de La Voz de Galicia, d´hoxe, da praia artificial no Lérez, que vai ser inaugurada con festa. Con xogos infantís, música, i espectáculo multimedia.
-
Pontevedra, 12.06.2009
-
Entrada n. 977 do blog
-
A PRAIA FLUVIAL,
por Xesús López Fernández
-
Como Bibiana Aído, a forza de decir cousas, d´inventare un pasado distinto pra esta ría en fase terminal, de se mostrare mesmo como salvadores cando non hai tal cousa, pensan que sí poden presentare a nova praia com´un areal recuperado ou decir, incluso, que "de dez anos a esta parte o río Lérez é de cada volta máis símbolo de Pontevedra, unha verdadeira arteria acuática que dá frescura á vida da capital". Mentira. O río, privado do enredo de xunqueiras e mareas ten, de cada volta, menos calado, augas menos vivas.
-
Falan incluso do saneamento integral do río e as Xunqueiras. ¿Pero de qué coño están a falaren senón do gran engaño, dun saneamento simulado? ¿Ónde está o saneamento das xunqueiras, a permeabilización que as permitía traballare como grandes depuradoras dinámicas co ciclo das mareas? ¿Pero é que aínda non leeron o artículo 44.6 da Lei de Costas que os define como delincuentes precisamente por teren colocado tuberías pra recolleren as fecales ó longo da banda do río ou da ribeira do mar, lacerando aínda máis a xunqueira d´Alba, moito lic, sí, prá galería, pero na súa idea pode estare a reconversión do espacio en solar, como xa quixeron facer coas marismas de Lourizán a pouco de tocar poder? ¿Qué se fixo por recupera-la Xunqueira do Lérez, ou a de Tafisa?. Nada. E siguen agredendo ó río na zona dos salóns, con sendas de madeira pra taparen os seus tubos, os tubos do saneamento ilegal, letal, burlándose do espírito do P. Sarmiento, que non vai no seu saquete da memoria histórica.
-
Din agora que, co cerre de Tafisa, o río está mellor. Claro que sí. Pero calan que todo o sistema cloacal sigue vivo, está reconducido polos seus e desautorizados tubos pra enviaren a zorollada toda ós fondos da ría, sen pensare nada máis que nun traballo d´escaparate, cando a edar d´Os Praceres, por nulidade radical e como temos comentado neste blog en diversas ocasiós, deberá desaparecer se os políticos asumen os seus deberes e se comprometen co Estado de Dereito. O asunto está denunciado por Salvemos Pontevedra, que quede constancia se falamos de sensibilización ecoloxista.
-
Moito de farol en todo ésto, como cando Lores se dou o baño, pero suspenden cando, na línea de Bibiana Aído, tentan xustificaren a praia que van inaugurar, a nova ponte d´As Correntes ou a dos salóns do Lérez, espacio que ten a protección máxima. ¿E se regresa do alén o P. Sarmiento e comparece na festa fluvial ó tempo que impón silencio e respeto e lles imparte unha clase de Ilustración, ou lles fala de natureza?. I en galego, en galegués non, que tampouco aprenderon esa lección do frade.
-
Enlaces:
Artículo 44.6 da Lei de Costas:
6. Las instalaciones de tratamiento de aguas residuales se emplazarán fuera de la ribera del mar y de los primeros 20 metros de la zona de servidumbre de protección. No se autorizará la instalación de colectores paralelos a la costa dentro de la ribera del mar. En los primeros 20 metros fuera de la ribera del mar se prohibirán los colectores paralelos.

miércoles 10 de junio de 2009

O ESMORECEMENTO DO GALEGO (10)

O caos normativo. As normas do Diktatt deconstructor do idioma galego. Dibuxo de Xesús López.
-
Pontevedra, 10.06.2009
-
Entrada n. 976 do blog
-
O ESMORECEMENTO DO GALEGO (10),
Xesús López Fernández
-
Hoxe asistín a un acto do Ateneo local, no salón de Caixa Galicia, no que foi presentado un libro, unha recadádiva de cartas, correspondencia antre Ramón Piñeiro e Isidoro Millán González-Pardo, o que fora o noso principal indoeuropeísta. Trátase do número XIII dos Cadernos Ramón Piñeiro, que reúne 50 cartas de Piñeiro a Millán baixo o título de "Do teu amigo certo". Son cartas, na maioría, dos anos 50. A edición e notas deste corpus apistolar estiveron ó coidado de Luís Cochón e Miro Villar, ambos profesores de Literatura.
-
Non houbo debate, pero en petit comité tiven ocasión de lembrare que Isidoro Millán fora tamén un estudioso de Sarmiento e pedagogo da súa obra, un referente contínuo nos seus cursos de galego, con especial consideración ás isoglosas diferenciativas. Eu tiven o gozo de ter asistido a ámbo-los dous cursos impartidos nos anos 60.
-
Con ese motivo falei, naturalmente, da recomendación que facía Sarmiento, a de "facede o idioma a partir da fala", e de insistire en que os idiomas son creaciós sociales, como decía o frade, como tamén di Castelao na súa "Biblia" si é que a queren leé-los seus seguidores, ou como afirma categóricamente Alex Grijelmo en "El Genio del Idioma".
-
Pero o galego está en fase de deconstrucción acelerada e nada se vai resolver como non se reconoza a imbecilidade de ter adoutado unhas normas alóglotas, coa idea de ire entregando o noso idioma ó portugués, solución maxinada polos nazionalistas non galeguistas do BNG.
-
As súas reacciós en relación co debate existente non son de recibo. Pero xa sobre eso, introduzo os seguintes enlaces:
-
El Correo Gallego. Carlos L. Rodríguez, "Todos en la diana", porque todos fomos ofendidos coas ameazas a Gloria Lago e Galicia Bilingüe. Leede tamén os comentarios.
El Correo Gallego. El BNG acusa a la Xunta de financiar "grupos extremistas en su cruzada contra el gallego", cando aquí e dende hai tempo foron os nazionalitaristas os que estiveron contra a fala auténtica.

martes 9 de junio de 2009

IMPACTO AMBIENTAL

A gran charca que se forma ond´a antigua ponte d´As Correntes, hoxe xubiladas coa práctica desecación da Xunqueira d´Alba. Por actuaciós así morre a ría, como pola desecación das outras xunqueiras ou pola instalación de Ence nas marismas de Lourizán. E pola construcción da edar n´Os Praceres, actuación participada por tres Administraciós delincuentes a tenor do art. 44.6 da Lei de Costas. E tamén polo bestialismo dos recheos portuarios pra xerare chan industrial.
-
Pontevedra, 9.06.2009
-
Entrada n. 975 do blog
-
IMPACTO AMBIENTAL,
por Xesús López Fernández
-
Unha das asignaturas qu´os partidos que están no Parlamento europeo teñen que ter moi en conta é a do Medio Ambiente e poñer en práctica, como caderno de bitácora a demanda dos oportunos estudios de impacto ambiental se queremos salva-lo medio natural.
-
Se aquí parece que Adriano, o emperador román, fixo os seus deberes, é algo que debería servir de exempro prós que se autotitulan ou autoproclaman concelleiros de Ordeación Territorial pero que, sí, moita sustentabilidade, moita Carta de Aalborg, pero, narices, queren facer unha nova e innecesaria ponte prá que xa lle teñen nome: a nova Ponte de As Correntes.
-
Fai ben o PP en lembra-los deberes do presunto e necesario estudio de impacto ambiental. César Mosquera, o home que quixo un día presidi-la Asociación pola Defensa da Ría non chegaría acada-lo seu obxetivo daquela. Pero o que parecía un ecoloxismo sincero non se dá desta volta nada máis que en piruetas como a da praia fluvial, que verémo-lo que dura, nun espacio que foi sempre un verdadeiro fangal e sigue degradado.
-
E sería bo que o PP levase este tema ante Europa, como tamén o da recuperación das Marismas de Lourizán, onde Ence xa carece de concesión.
-
Que mire tamén o PP polo tema da Axenda21Local, totalmente esquecida nesta hora dos deberes do PXOM polo concellal "ecoloxista".
-

lunes 8 de junio de 2009

O ESMORECEMENTO DO GALEGO (9)

O nome de Gloria Lago, na diana pintada polos terroristas da lingua.
O coche de Gloria Lago, obxeto de pintadas e roturas. Lembremos que xa no pasado verán fora obxeto doutro acto vandálico, presuntamente dos mesmo que recibiron a manifestación de Galicia Bilingüe, en Santiago, o pasado febreiro, con insultos, pedras, mofas e befas, como antidemócratas que son.
-
Pontevedra, 8.06.2009
-
Entrada n. 974 do blog
-
O ESMORECEMENTO DO GALEGO (9),
por Xesús López Fernández
-
Gloria Lago foi obxeto, novamente, dunha actuación terrorista. ¿Por qué non se pode defende-lo bilingüismo que no caso de Galicia sería o trilingüismo: o castelao, o galego e o galizo causa de tódo-los males lingüísticos do país?.
-
Sempre fun crítico coas normas que, por activa ou pasiva, nos foron colando en contra da esencia do noso idioma galego, da súa psicoloxía.
-
Pero o peor de todo aconteceu a partir do momento no que os nacionalistas fracasados buscaron unha vía independentista por medio da integración do galego no portugués. E así naceu o chamado galizo ou galegués, que aceptaron diversas camadas de políticos xangales.
-
Coido que a campaña de Galicia Bilingüe tivo algo que ver co cambio político producido e que algús mesmo poden estar alabarados, encirrados, ó borde do infarto. Pero non vexo, de momento, que se estean a dar pasos ben definidos. Unha de cal, sí, outra d´area, pero hoxe publicaban os medios a noticia dun acordo editorial pra seguir promocionando o libro galego. E non é así. Se o conselleiro de Educación e o seu Director Xeral non retoman científicamente o galego popular, o funeral do noso idioma pode estar servido. Mante-las normas do Diktatt pode servir pra lle dar azos ós terroristas que acaban de atentar contra Gloria Lago e que antes atentaron, coa permisividade da RAG, contra o propio idioma.
-
Pódese creere que dos institutos saíron, ás veces, camadas de rapaces esquizofrénicos, ó non coincidiren o galego da súa casa e da súa mente, a lingua de instalación, co galizo bastardo impartido nas clases, asumido pola RAG e que van seguir promocionando con novos libros.
--
Vede os seguintes enlaces:

A CORRUPCIÓN EN ESPAÑA

Na entrada anterior, no artículo titulado "Europeizar Europa", faise mención ó diñeiro entendido como esterco do Demo, definición ésta que lle daba Giovanni Papini. O diñeiro implica case sempre, por evolución, corrupción. Estar na Política e mante-la "virxinidade" parece algo imposible. O dibuxo de Forges, publicado en El País, afórranos palabras con tres instantáneas de "cómo saudaban e saúdan os comunistas e os socialistas; na segunda pose aparece persoalizado o saúdo denominado fascista; a terceira instantánea corresponde ó cobro do "xeitiño", ó chamado cazo" que se dá en tóda-las bandas políticas. [Parece o símbolo do pensamento único].
-
Pontevedra, 8.06.2009
-
Entrada n. 973 do blog
-
A CORRUPCIÓN EN ESPAÑA,
por Xesús López Fernández
-
Acaban de se celebra-las chamadas elecciós europeas. O meu traballo desta data "Europeizar Europa", evítame palabras. Teñamos presente que en toda a campaña case non se falou de Europa, da Europa que puideron soñare Konrad Adenauer, Robert Schuman e Alcide de Gásperi.
-
Calquera que fose o resultado sería malo mentres aqui a Xusticia non campe libremente polos distintos nichos da Administración, causa principal da situación de involución que vive o país, prá que non queda outro remedio que tapa-lo nariz. Se podo i estou d´humor, ó mellor fago algún comentario en relación coestas elecciós. De momento, como enlace e rúbrica ó título deste post, introduzamos, de Notitia Criminis, o comentario á entrada no Parlamento Europeo do informe Auken sobre corrupción endémica en España, texto que se pode consultar a partir do enlace adxunto. Terá que pasar moito tempo antes da desaparición do panorama sociopolítico español da terceira das figuras de Forges. E a ver a quén recurre a sociedade civil pra levare ó Parlamento europeo asuntos de corrupción evidente en temas relacionados coas concesiós de virandelos e granxas acuículas, de delitos de tipo ambiental e contra natura, de abusos de poder, mesmo da plasmación como ideal urbanístico-ideolóxico do que foi o Gulag na Unión Soviética, etc.
-

sábado 6 de junio de 2009

EUROPEIZAR EUROPA

O Camiño de Santiago, camiño das estrelas, é tamén camiño de Europa e por ele chegou, peregrinando á nosa terra, a cultura do continente. Os galegos non somos extraños a Europa, senón que somos cidadáns europeos dende hai séculos. E cidadáns privilexiados. Dibuxo informático de Xesús López.
-
Pontevedra, 6.06.2009
-
Entrada n. 972 do blog
-
Artículo semanal
-
Europeizar Europa,
por Xesús López Fernández
-
Europa, como si estivera en deconstrucción, non mostra unha clara imaxe como destino das futuras xeneraciós. G. Steiner, citado no meu traballo anterior, “Tempo de inventarios”, é pesimista en relación co devalo da nosa civilización. Citemos, si acaso, este apunte: “Hoxe queda só unha gran forza en Europa: o diñeiro. Hai vinte anos, os meus estudiantes de Oxford queríanse adicar á política, á investigación…. Hoxe as nosas elites van ó diñeiro e o diñeiro mércao todo en Europa; é como unha droga do esquecemento, non queremos pensa-los problemas. E, se non atopamos outro ideal, o diñeiro vai sofoca-la vida espiritual”. Naturalmente que existe un sector importante da sociedade continental que vai tomando conciencia e se sinte aburado polo acoso rampante contra as marcas cristiás da súa historia, o papel da Igrexa na educación i evanxelización do continente, no devir da Razón.

Alan Fimister, inglés, autor dun libro sobre Robert Schuman, un dos fundadores da Unión Europea, sostén que a idea orixinal da súa creación ten profundas raíces na ensinanza social católica e que os pasos por el dados son unha posta en práctica conscente do proiecto neotomista do Papa León XIII. O autor defende a visión dos políticos católicos que hai xa máis de 50 anos puxeron en marcha o edificio europeo. O citado Schuman, de formación alemáa pero francés de corazón; Konrad Adenauer, que foi alcalde de Colonia e canciller da Alemania Occidental [na súa casa facíase o rezo diario do santo rosario]; e Alcide de Gásperi, nacido en Pieve Tesino Trento, que daquela formaba parte do imperio austro húngaro e que, aínda que formado en Viena, non deixou de lidera-lo movemento de anexión a Italia, sendo proclamado héroe na fin da primeira guerra europea. Os tres sofriron penas de prisión. Adenauer sumouse ó plan de Schuman, co “deber de consagra-las forzas do noso espírito, da nosa moral i economía á creación dunha Europa que fose elemento de paz”, unha forma honesta de facer política. De Gásperi aceptaría a idea en cousa de horas.

É evidente que estamos a falare doutros homes, doutro tempo i esperanzas e que aqueles amigos non se deron por vencidos aínda que todo parecía en contra. É máis, se de Robert Schuman comentárase que Xohan Paulo II tiña previsto promovelo pra beato, actualmente é de Alcide de Gásperi, o que afirmaba que “quen sementa bágoas, ha recolle-la colleita cantando”, do que está incoado o proceso de beatificación. Esa construcción de Europa parecía ser tamén a soñada por Jacques Maritain, filósofo francés que sostiña que a democracia, no sentido moderno [ó se reuniren as naciós] representaba a traducción á realidade política da lei universal e revelada da Caridade. [….] O filósofo chegaría decir que a federación europea concebida baixo a bandeira da libertade levaría á creación dunha nova cristiandade.

Á raíz do debate sobre laicidade persentouse no 2004, na sede do Parlamento Europeo, un libro sobre San Benito, no que se pergunta pola aportación do santo e os benedictinos ó humanismo europeo. O libro titúlase así, “San Benito, o primeiro europeo”. A autora, investigadora polaca, Ludmila Grygiel, afirmou que a debacle actual europea ten máis que ver co esquecemento da nosa historia cultural e o rexeitamento á propia xenealoxía. San Benito, dí a autora, lévanos a unha esfera que precede á política e a trascende; que nos lembra a primeira unidade cultural de Europa. E que foi o fundador do monaquismo europeo o que inspirou a formulación da política como servicio ó ben da persoa e ó ben común, que mesmo xunto “cunha nova evanxelización deberiase proceder a unha nova europeización de Europa”. Lembrábao hai escasos días Benedicto XVI, en Montecassino. A lección do monaquismo, da man de San Benito, patrón de Europa, evanxelizador i educador, casaba máis, de certo, co ideal de Schuman, Adenauer e De Gásperi e coa necesidade de, contra as cruzadas laicas, europeizar Europa. E de impedi-la corrupción polo diñeiro, que dí Steiner.

viernes 5 de junio de 2009

DE UTOPÍAS [3.10.2003]

A protesta ecoloxista, dibuxo informático.
-
Pontevedra, 5.06.2009
-
Entrada n. 971 do blog
-
Traballo recuperado, contemporáneo do inserido na entrada anterior. O artículo non perdeu nada d´actualidade e novas traiciós poden estar en marcha.
-
De utopías, [3.10.2003]
Por Xesús López Fernández
-
Tomo o título deste traballo dunhas declaracións de Teresa Pedrosa que, en relación coa ampliación da fábrica de Ence e a construcción da papeleira; en relación co estaribel ese da supramunicipalización que algús cidadáns non entendemos, ven de facer, demandándolle ó equipo de goberno terreos no propio término municipal pra acomete-lo traslado do complexo e a recuperación de Lourizán como entorno natural. Vamos, non é así como o dí, pero o que non podemos desbotar como obxetivo a prazo corto é ese arelado traslado. E non sería utopía se tódo-los partidos pularan por unha nova Ence máis estratéxicamente situada e con vertido cero. E si se quer, con papeleiras de papel tisú, de imprenta e de envolver, no horizonte temporal que poida determina-la presencia do “invasivo e incendiario” eucaliptu, se finalmente prospera esa utópica educación ambiental que tentan darlle ós máis novos, con presencia incluso da ministra de Medio Ambiente, Elvira Rodríguez. E pódolle decir a Teresa Pedrosa que eso do “vertido cero” non é utopia, que xa existen sobrados exemplos. Seguro que o sabe.

¿Pero qué lle responderán esos políticos ós nenos críticos que pergunten por qué non se fai unha verdadeira recollida selectiva das vasuras urbáas, por qué non se recicla o papel das cidades que noutros países vale como materia prima? ¿E os envases de aluminio ou o cristal? ¿Por qué a nós, nenos, dirán eles, se nos contan cousas en plan Walt Disney ou Rodríguez Lafuente, mentres os políticos se alinean coa contaminación salvaxe, que mesmo promoven? E perguntarán máis os nenos: ¿Por qué nos falan da conservación dos espacios húmedos se queren promove-la construcción dun campo de fútbol na Xunqueira d´Alba? ¿E a asignatura do mercurio, do poder contaminante dunha pía de botón?. Porque todas esas cousas lles están a contaren ós nenos, que ó mellor levan á escola as pías agotados, que alí recollen pra enviaren non sei dónde. Por este camiño, o artículo vai acabar nunha simple carta ecoloxista cando non é ésa a intención, senón a de comentar algunhas das últimas noticias.

Os “sabios” do Plan Estratéxico están a propoñe-lo traslado da Escola Naval Militar de Marín, ó tempo que piden non unha, senón dúas papeleiras pra completa-lo ciclo de ENCE. Algús “empresarios” [perdón polas comiñas] califican de disparate político a postura municipal en relación coa papeleira, cando o impresentable é seguir dando as costas á erradicación do complexo, de cuia marcha di Ence se derivarían perdas prá bisbarra de 110 millóns de euros ó ano. ¿E os beneficios que emerxerían cunha ría recuperada ou cun turismo de excelencia potenciado?. Porque o que sí é unha clara utopía é pensar que ese turismo vai permanecer e que a ría vai resistir moito máis, cando nestos momentos está nunha situación claramente terminal. I eso poderíao determinar incluso a consultora do señor del Álamo, se lle pagasen por facer ben o traballo. O que non se pode dar por boa é a afirmación de Ence dun impacto mínimo na auga e na atmósfera, porque levan moitos anos mentindo e, aínda que os políticos “tragaron” coas súas versións, velaí está a sentencia recente por contaminación continuada.

Que o Concello solicite a suspensión cautelar do proiecto de Ence é o menos que agardamos moitos cidadáns, que celebrámo-las declaracións conxuntas de Meijón e Mosquera, a oposición do Concello á supramunicipalización do plan de ampliación; que veríamos incluso con agrado que, unha vez agotada-las vías posibles e por elevación, a denuncia cidadá chegase ó Tribunal de Estrasburgo. E non vexo que exista unha clara oposición veciñal ó equipo de goberno, que ó tempo que certo medio facía esa afirmación publicaba unhas declaracións de diversos cidadáns: “Que a retiren [a Celulosa], Está afectando á saúde de todos, que a quiten daí, Todos sabemos o dano que ten feito ata o dagora...”. E José Vidal pronunciouse así: “Que a quiten con toda-las consecuencias, xa que eso non é só un problema; é o problema con maúsculas de Pontevedra....Ten detido o progreso de toda a comarca”. E outro persoaxe, Fco. Javier Peleteiro, chegou decir:”[...] aínda que, pensando nos postos de traballo, a solución sería trasladala de sitio, pero mantela aí en nengún caso...” Mentres que dende a Federación Castelao falan de “desenvolvemento salvaxe”, parece clara a contestación social a algo impresentable. Pode ser utópico pensar nun traslado, pero non-o sería o cerre e a construcción dunha nova Ence noutra parte de Galicia [aí sí pode cabe-la supramunicipalización], pero na nosa ría, medio sensible, hai que ser moi estrictos e poñer en marcha a aplicación da Axenda 21, algo que T. Pedrosa non quere, despois de teren asinado os representantes do seu partido a adhesión á Carta de Aalborg sobre cidades sustentables, algo imposible con Ence en Lourizán.

DE IMPACTOS [2.10.2003].

A día d´hoxe, o emisario d´Os Praceres, como a edar, carecen de licencia. Os resultados pró ecosistema da ría son conocidos, aínda que non-os dean toda a información que deberían dar.
Dibuxo abstracto. O mar profanado. De Xesús López.
-
Pontevedra, 5.06.2009
-
Entrada n. 970 do blog
-
Este pequeno traballo recuperado fora incluído en principio, baixo seudónimo, na web de Galicia Información, remitido á mesma por correo electrónico na data indicada co título. O asunto vai de estudios d´impacto ambiental, algo do que, nas vísperas das elecciós á Unión Europea, parece seguimo lonxe, moi lonxe.
-
De impactos [2.10.2003],
por Xesús López Fernández
-
Lembro agora que hai anos fíxose un estudio chamado ESCORP, Estudio de Contaminación da Ría de Pontevedra. Foron traballos demorados, en parte saboteados por medio dalgunha acción tipo "comando". E a segunda parte do indicado estudio sería agachada, choída baixo sete chaves, aínda que finalmente sóubose dela. Aquelo, aínda que non se lle chamara así, foi un auténtido estudio de impacto ambiental, como agora se dí con máis "aquel". E no tal estudio estarían, posiblemente, as claves pra non consentírmonos por máis tempo a presencia do complexo de morte en Lourizán. A Xunta, ó longo destos anos, estivo a acobillar un ano tras outro o tal enxendro, ata o punto de que en certa ocasión na que foi denunciada ante o Defensor del Pueblo, Gil Robles, a contaminación irresistible, a presunta relación da actividade clorocelulósica e as enfermedades que se dan na nosa área de saúde, a resposta do Defensor foron uns informes que lle remiteu a Xunta e que levaban, todos eles, o indicativo de Celulosas; eran informes da propia fábrica.

De todo esto haberá que falar longamente, perguntarse novamente por qué a estas alturas sigue sen estar ordeado ese estudio de saúde, da relación causa efecto nas áreas de Pontevedra e Marín. É máis, do Boletín Epidemióloxico de Enfermedades de Obrigatoria Declaración da Xunta, desapareceron os I.R.A.s, o número de infecciós respiratorias agudas, que todos sabemos que sí tiñan relación coa actividade da fábrica de pasta. É decir, Ence non contamina, non afecta á saúde, "porque os i.r.a.s. foron suprimidos do boletín". De Xuzgado de Guardia se os houbera, ou de Seprona. Pero tranquilos, que aquí non pasa nada máis alá do conocemento familiar do mal que o pasou o "defuntiño", de cómo había que levar ó neno a un centro sanatorial pola crisis asmatiforme conseguinte á nube de malcheiro que, nacendo en Lourizán, abranguía as zonas citadas. En fin, de todo esto, que debería estar hai tempo no Tribunal de Estrasburgo, haberá que falar por activa e por pasiva.

De momento, o que sabemos é algo máis de cómo se cocen os informes de impacto ambiental, os que agora son así chamados, porque unha noticia de espanto aparece nos medios do día 2.10, a de que Carlos del Álamo, o que foi "brillante" conselleiro de Medio Ambiente, o actual presidente do Parque das Illas Atlánticas é tamén presidente dunha empresa de consultoría que concursa pra realiza-lo estudio de impacto ambiental sobre o mesmo parque. Eso, certamente, non é de recibo. Pero é que ademáis, como sempre defenderon o labor benfeitor de Ence, enténdese que, finalmente, non é preciso o tal estudio, que abonda con lle perguntar ó complexo de Lourizán. Queda moito por contar.

P.S. Enviado por correo electrónico a Galicia Información. El 2.10.2003

jueves 4 de junio de 2009

ENCE E LOURIZÁN

Icono reiterado. Arriba: o Lourizán da miña infancia; abaixo: o Lourizán de Ence, a gran asesina do ecosistema co apoio dunha falta total de política ambiental.
Hai só un par de noites, con vento ábrego, Pontevedra cobreuse de brétema poallenta, co alcatreo clorocelulósico que sigue a causar problemas na saúde e convivencia humáas, especialmente enfermedades broncorrespiratorias.
O complexo de Ence, do que Verdegaia di, según informa hoxe El Correo Gallego, que antes ou despois vai cerrar. En Salvemos Pontevedra sabemos que a empresa carece de concesión e que, polo tanto, non debería permanecer aberta un día máis.
-
Pontevedra, 4.06.2009
-
Entrada n. 969 do blog
-
ENCE E LOURIZÁN,
por Xesús López Fernández
-
Liquidado xa o bipartito con máis pena que gloria, caracterizado polo incumprimento da súa promesa ecoloxista; caracterizado tamén o Bloque pola súa oferta de traslado a Barro-Meis da factoría Ence, o que financiarían coas plusvalías que se xerasen coa reconversión en solar das Marismas de Lourizán e construcción de vivendas de protección social que faría a Autoridade Portuaria pra dese xeito lava-la cara dos concellos de Marín e Pontevedra. ¡Qué bós son estes políticos que non nos merecemos!
-
Volven os peligros e xa o sindicato independente pide máis do mesmo, un Lourizán integrado no ente irracional da Autoridade Portuaria que, pouco a pouco, vai complementando o traballo de morte da ría que no 1960 comezara a fábrica de celulosas.
-
Relembremos que temos un goberno local que tampouco ten en conta a Axenda21Local na elaboración do PXOM, porque queren convertir en solar as marismas. E lembremos de paso, que se negaron a considera-la posibilidade de cerra-las industrias que xa carecen de concesión, según o escrito que Salvemos Ponteveda apresentou por rexistro municipal o 14.01.2004, en exercicio da acción pública que recomendan a Constitución e tamén a Lei de Costas, e novamente no mes de Maio daquel ano. Celebrado o pleno do 18.06.2004 sen tere contestado á asociación, chegaría un escrito antedatado varios días despois.
-
Agora parece que, un pouco na mesma filosofía, un colectivo ecoloxista, Verdegaia, pide o cerre de Ence. Desconozo se ese colectivo sabe da documentación manexada por Salvemos Pontevedra ou de que sobre parte do espacio declarado dominio público marítimo terrestre por Isabel Tocino no 1996 existe xa unha sentencia firme do TSXdeGalicia en relación co terreo/mar ocupado por José Malvar, ordeando o posicionamento ó respecto do ministerio de Medio Ambiente. É sentencia dictada ante denuncia de Salvemos Pontevedra. Que conste.
-

miércoles 3 de junio de 2009

MULLERES CONTRA O ABORTO

Cristina López Schlichting, colaboradora de La Razón, é, xunto con outras mulleres, promotora dunha nova asociación prá defensa da Vida. Que non crean Bibiana Aído ou Trinidad Jiménez que son elas as únicas con capacidade pra definiren o aborto como dogma do feminismo. A inmensa maioría da sociedade defíneo como asesinato e sabe, ademáis, que o feminismo debe ampara-la maternidade, polo menos a das criaturas que non renuncien a esa excelsa misión.
-
Pontevedra, 3.06.2009
-
Entrada n. 968 do blog
-
MULLERES CONTRA O ABORTO,
por Xesús López Fernández
-
O interese desta entrada está no artículo que Cristina L. Schlichting publica en La Razón d´hoxe, que se reproduce a continuación, que ben nos lembra que as promotoras da Lei do Aborto, no PSOE, non teñen fillos; que sí os teñen os diputados socialistas que obxetan contra a lei. Parece como se nengunha outra muller do partido tivese voz, como se poideramos defini-lo partido como unha especie d´inferno sen esperanza prós máis indefensos.. (Ó pé do seu artículo está indicada a web da asociación constituída, prós e prás que queiran integrárense no seu grupo.)
-
3.06.2009 (La Razón)
-
MUJERES CONTRA EL ABORTO,
por Cristina L. Schlichting
-
Ninguna de las tres mujeres que han anunciado la nueva ley del aborto tiene hijos. Ni la vice, ni Trini Jiménez, ni Bibi Aído. Y es curioso que quienes han protestado en el PSOE contra la disposición que autoriza a las menores de 16 años a abortar sin conocimiento de sus padres son todos hombres: Juan Carlos Rodríguez Ibarra, José María Barreda, Emiliano García Page, Ramón Jáuregui, José Antonio Pérez Tapias y Ángel Gabilondo. ¿Dónde están las otras mujeres? El feminismo abortista les tapa la boca. Si quieres trepar, si quieres contar, tienes que cerrar filas «por los derechos de la mujer», mirar para otro lado cuando sale el doctor Morín y gritar: «Ista, ista,ista, Zapatero, feminista». La majadería colectiva ha llegado al extremo de vincular los conceptos de mujer y aborto, como si la mayor parte de nosotras, las que parimos, las que protegemos a nuestros hijos con uñas y dientes, las que sacamos adelante embarazos imposibles, tuviésemos que estar en todo con esta nueva ley despiadada, que abandona a la madre embarazada y la deja sola con sus problemas, ofreciéndole tan sólo un quirófano y una palangana para los restos de su hijo. Somos muchas las que estamos hartas de tamaña simplificación. Hartas de que quienes hemos luchado una vida entera por la igualdad entre hombres y mujeres seamos expulsadas del feminismo por quienes exigen el aborto como dogma. Hartas de que quienes justifican esta masacre digan que lo hacen «porque las mujeres lo exigen». Hartas de que se nos pretenda atribuir el derecho de matar a nuestros hijos. No existe ese derecho. Los hijos no son posesión nuestra. Tampoco son un órgano, ni un grano. Son seres genéticamente diferenciados desde la concepción, sujetos con derecho a nacer, independientemente de nuestro criterio. Como mucho, podemos darlos en adopción si no los queremos o no podemos criarlos. Un grupo de mujeres que pensamos así, ahítas de vernos silenciadas y desplazadas por quienes se arrogan el papel de representarnos a todas, hemos fundado una plataforma llamada «Mujeres contra el aborto». Todas las que quieran acompañarnos en esta aventura de dar voz a nuestros hijos no nacidos pueden hacerlo en la siguiente página web: www.mujerescontraelaborto.com. Bienvenidas.

O ESMORECEMENTO DO GALEGO (8)

O icono do autor pró caos normativo torna ó blog.
-
Pontevedra, 3.06.2009
-
Entrada n. 967 do blog
-
O ESMORECEMENTO DO GALEGO (8),
por Xesús López Fernández
-
O certo é que, dentro da temática xeral do "esmorecemento do galego", deturpado pola continua agresión dende os minaretes das Normas do Diktatt, o que vou traer aquí, hoxe, é unha noticia que pode ser mesmo positiva, no sentido de que Núñez Feijóo, bordeando a normativa, acaba de falare da posible inclusión do portugués como asignatura opcional nos estudios da ESO.
-
Digo que pode ser unha boa noticia porque, desta volta, restaríalle presión á política ficción e agresión dos galizos contra a lingua de Galicia, freando así a súa caricaturización, o "chorreo", "graffitti" continuo que contra dela veñen poñendo en práctica dende os primeiros oitenta. Si esta medida conleva un certo repouso, a recuperación real da nosa lingua popular, tan trasteada, mellor que mellor.
-
Porque aprender portugués a partir do galego resultaría relativamente fácil sobre a base de conoce-las isoglosas diferenciativas. Claro que non soamente se trata de catro régoas, porque o portugués, lingua fortemente afrancesada é, posiblemente, a neorromance con máis fonemas vocálicos, once, según lle lembraba hai un par de días a un portugués aquí, en Pontevedra, e con moitas palabras tomadas do francés ou do inglés.
-
A ver si agora, no caso de calla-idea de Núñez Feijóo, deixan os galizos de remexeren nas tripas do noso idioma pra veren de lles inserir máis de portugués. ¡Que non levan razón e que son eles os culpables da situación creada! ¡E que por éso, antre outras cousas, perderon as elecciós!.
-

lunes 1 de junio de 2009

PORTO DE MARÍN

José Benito Suárez Costa foi nomeado novo presidente da Autoridade Portuaria de Marín-Pontevedra. (foto do Diario de Pontevedra)
-
Pontevedra, 1.06.2009
-
Entrada n. 966 do blog
-
PORTO DE MARÍN,
por Xesús López Fernández
-
O novo presidente da Autoridade Portuaria, nunhas declaraciós ó Diario de Pontevedra, dixo que "Hai que seguir potenciando o Porto, xa que xoga un papel económico decisivo na zona."
-
O seu currículum é conocido: capitán da Mariña Mercante, foi concelleiro en Pontevedra e Director Xeral de Interior e Protección Civil. Está casado con Ana Pastor, que no seu día apadriñou a construcción da pasarela d´Os Praceres, un dos últimos disparates aquí levados a cabo e que Mosquera e Lores queren continuar ata As Corbaceiras, coa idea, cecáis, de converti-las Marismas de Lourizán en gran solar.
-
O novo presidente fala da gran empresa que é a Autoridade Portuaria. Pra todo hai puntos de mira. E aquí non se quixo ter en conta o consello sabio de don Rafael Picó, que fora enxeñeiro xefe de Obras do Porto. Porque decía o home que sería un verdadeiro disparate pensar en Marín como gran porto e que pra eso habería que buscar outro calado e unha ría máis ancha, talvez na zona de Bueu. O home tiña razón e Marín, como porto, está hoxe sobredimensionado, o espacio reventado, mentres os recheos avanzan de forma ameazante.
-
Así, os recheos deshonestos que se levan feito, promocionados por certos políticos relevistas que aterrizaron na cousa do mar, están, sí, acabando coa ría, esa gran empresa productora de sardiñas, robalizas, rinchas, polbo e marisco, ata que foi declarada, polo menos en certas secretas instancias, como envenenada. [Os franceses ben qu´o saben dende hai tempo]: dioxinas, mercurio, endrín, etc., ante a impotencia ou entendemento de certos grupos políticos.
-
Lembremos que, dende que Isabel Tocino asinou a declaración de que é dominio público marítimo terrestre todo terreo que abranguen as Marismas de Lourizán, e que tamén, en contra da denuncia do ministerio de Medio Ambiente de Aznar tendeuse polo seu ministerio de Fomento o ferrocarril a Marín, ocupando 55000 metros cadrados de terreo demanial; lembremos, digo, qu´o PP non debería ter outro norte qu´o da recuperación de todo ese espacio e de urxi-la execución de sentencias do T.S. en relación coas presuntas ilegalidades cometidas no espacio. Aínda qu´o ferrocarril fose inaugurado, cabaleiros na locomotora Mikado, por Fraga, Cuíña, Tonecho e Miguel A. Fernández Lores, presunto ecoloxista.
-
Fálannos estos días d´Europa, pero esquecen esa gran asignatura da defensa do medio ambiente. Porque Europa lles queda aínda moi lonxe e prefiren, os tres partidos, move-las pezas como lles ordean os clústers que van contra natura, que ésa e non outra é a gran empresa económica da que fala o novo presidente. A ría, como gran riqueza socialmente participada, non entra no seu discurso, nen no dos outros, que aquí non se salva nadie.