viernes 31 de julio de 2009

O OSÍXENO DE ETA

Eta atentou de novo. En Burgos, contra unha casa cuartel da Guarda Civil. 64 feridos leves, pero puido ser unha traxedia. E matou novamente en Mallorca. A dous guardas civiles. ¿Simple campaña de verán? ¿Haberá novas conversas cun Goberno que parece estare contra as cordas?
-
Pontevedra, 31.08.2009
-
Entrada n. 1025 do blog
-
O OSÍXENO DE ETA,
por Xesús López Fernández
-
O osíxeno de ETA parece ser esa espiral de violencia e morte qu´os acompaña dende que comezaron a matar. Coido que nengún tipo de ideoloxía nacionalista pode xustifica-la práctica da morte como escalada a non se sabe donde. Co título desta entrada publica hoxe no ABC un traballo Edurne Uriarte, que está incluído no abano de enlaces que figuran no que se inclúe de ABC. Título suxerente, que os interesados han poder localizar clicando no indicado enlace.
-
Selecciono, ademais, o texto dun artículo de Carlos Herrera publicado no mesmo medio. Un artículo clarividente. Sigue:
-
"Yo hoy brindo por ellos",
por Carlos Herrera, ABC, 31.08.2009, venres
-
LA tarta de cumpleaños ha podido ser decorada con dos velas negras. Hubieran querido más, muchas más, pero la fortuna no les acompañó en su golpe fundamental: si se hubiera derribado la casa de Burgos, hoy serían tantas velas como años hace que el nacionalismo vasco vivió una escisión en su seno de la que nació el terrorismo de ETA, pero la mala puntería o la fortuna ajena hicieron imposible el sueño con el que hubieran hecho felices al montón de psicópatas que forma su estructura. Tal y como recordaba ayer en Tercera el profesor Rogelio Alonso, los miembros de la ETA argumentan algo semejante a lo que el IRA afirmó con motivo del intento de asesinato de Thatcher en 1984: «nosotros sólo hemos de tener suerte una vez, ellos siempre». En Calviá se produjo el golpe de fortuna y aún creo escuchar los vítores en algunas celdas de prisiones, aún oigo descorchar botellas de espumosos en las cavernas tabernarias, ya me imagino la cara de satisfacción de decenas de concejales de poblaciones norteñas, ya veo la boca salivada de jóvenes revolucionarios con pendiente y sudadera. Ya les veo celebrar el medio siglo con un festín de cadáveres alrededor de los cuales danzan con el cuerpo lleno de sangre. ¿Y, mientras tanto, nosotros qué? ¿Otra vez al llanto? ¿Otra vez a recogernos en casa compungidos y en silencio como viene siendo todos estos cincuenta años?
-
¿Quién tiene que tener miedo? ¿Los que somos más y mejores? El pueblo español ha mostrado sobradamente su capacidad de paciencia, pero también de temor; algunos sectores magramente poblados han mostrado, a su vez, no poca miseria y cobardía cuando dedicaron unos cuantos de estos cinco decenios a mirar hacia otro lado; otros utilizaron lenguaje melífluo, gomoso, pretendidamente confuso para justificar ideológicamente al asesino «aunque no se compartan las formas» -como si esto fuera un concurso de buena educación-; finalmente, unos cuantos apoyaron, desde el nacionalismo vasco y algún que otro reducto reaccionario de la península ibérica, la llamada lucha armada. En el frente de aquellos que han mantenido el mismo discurso durante este tiempo, con Franco vivo o con Franco muerto, de aquellos que han dado la cara contra esta colección de salvajes permanentemente alimentados por el discurso nacionalista, de aquellos que han escrito y firmado palabras claras, que no se han escabullido, que no han escurrido el bulto, que han estado en los funerales, que han colaborado con las víctimas, que han acusado al que puso la bomba y no al que la debía retirar, por lo visto, con mucha celeridad, que se han jugado el tipo ante los amigos de los asesinos, que no han querido capitular ante ningún tipo de chantajes, que no han admitido que un Estado democrático tenga que ceder en negociación alguna con un colectivo de criminales, que han tenido que aguantar que tantísimo estúpido español le llamara «facha» por sostener principios sólidos, que no han sucumbido, en suma, ante el relativismo perverso de nuestro tiempo, en ese frente, digo, no había tantos. Otro gallo hubiera cantado si desde los inicios de esta cincuentena siniestra se hubiese apostado de forma inequívoca por una lucha a todos los niveles. Con Franco y sin Franco, que ahora es muy fácil escudarse en que contra el dictador todo valía, o que había que entender algunas posturas. Pues no, no todo valía y no había que entenderlo todo, como por ejemplo la ETA.
-
Yo hoy también voy a brindar por estos cincuenta años. Sin velas negras. Con las velas blancas de los íntegros que no se han escondido en el armario de casa. Y voy a brindar por los que han arriesgado la vida o algún tipo de seguridad por mantener una postura digna e inequívoca. Por tantos valientes españoles que, desgraciadamente, no han sido mayoría. Vivan ellos, y con ellos que viva España.
http://www.carlosherrera.com/
-
Enlaces:

A PROBEZA NON É UNHA SITUACIÓN NATURAL

O pan que non debe faltar nunca na mesa de nadie, e menos na dos probes. Fotografía dun estand na feira artesanal de Santiago, o 2.07.2009
San Francisco de Santiago, presidida polo monumento de Asorey. Foto do mesmo 2.07.2009.
-
Pontevedra, 31.07.2009
-
Entrada n. 1024 do blog
-
A PROBEZA NON É UNHA SITUACIÓN NATURAL,
por Xesús López Fernández
-
A frase do título desta entrada non é miña, senón do padre Paco Castro, co que coincidín en dúas peregrinaciós recéns:
unha a Italia, no pasado mes de marzo, con paradas en Roma e nalgús dos lugares que son un referente franciscán naquel país, a patria de Francisco de Asís. Os interesados poden atopar neste blog algunhas entradas que van sobre a dita peregrinación.
-
Pero hai escasos días coincidín de novo co padre Paco nunha nova peregrinación, ésta a Terra Santa, á que me vou referindo en diversos artículos, xa neste blog ["En Terra Santa, 1", "En Terra Santa, 2", Getsemaní e Dominus Flevit"] e outros que han seguir. Eso espero.
-
Xa de retorno tiven conocemento da campaña "Juntos podemos", levada a cabo en Santiago pra ver de captare axudas prós máis necesitados. O padre Paco foi un dos promotores, xunto con María Castro e outros colaboradores. A campaña foi toda un éxito e, ademais das axudas transmitidas, sete ou talvez oito persoas que estaban en situación precaria atoparon un medio de traballo. Pero prefiro que falen os enlaces que inclúo seguidamente.
-
Enlaces:
El País, 23.07.2009: Trébores contra a probeza.
Nota.- Pra un achegamento ó perfil do padre Paco Castro:
Enlace:

miércoles 29 de julio de 2009

POLO Á CARTA

Algunhas xentes esfórzanse por traballa-la terra, porque saben que dela poden obte-la necesaria mantenza. Non-obstante, o planeta, maltratado, agredido, négase a lle dar soporte a unha poboación maior cada día. Pero a razón do mal pode estar no corazón dos gobernantes que non pensan tanto na boa administración como na fortuna persoal. ¡Ai, a política como carreira!.
-
Parece como se os homes non quixeran confiar nos homes como solución final, total, sustentable, pra marcar novos camiños d´esperanza. Tamén de riqueza. I é lóxico que neste momento de degradación os gobernados non confíen nos gobernantes, nos que decote aniña a corrupción. Case todos están baixo sospeita.
-
Pontevedra, 29.07.2009
-
Entrada 1023 do blog
-
POLO Á CARTA,
por Xesús López Fernández
-
Vaia como argumento máximo o que recolle o corto de Fernando Dimadura que inclúo nesta entrada. Vaia como exemplo ilustrativo e actual de aquel: "Contan dun sabio qu´un día/ tan probe e mísero estaba/ que sóo se sustentaba/ das herbas que recollía. /¿Haberá outro máis probe ...?..pra sí decía.../E cando o corpo xirou/ veu qu´outro sabio recollia/ as herbas qu´el desbotou."
-
A situación do mundo, a fame extrema qu´algús viven poderiase remediar con políticas máis equilibradas. Tristemente, parece que sóo a Igrexa ten, nestes momentos, unha política social clara e qu´os comedores nos que se dá acollida a tantísimo necesitado sempre están relacionados con ela, xestionados directamente ou ben por medio de colaboradores. A familia do "reciclador" que se xunta no remate do corto, pra cear, non deixa de face-lo sinal da cruz nen de rezar, agradecidos de que a outros lles sobre.
-
Guión, fotografías, dirección e música do autor, Fernando Dimadura. Importante o aviso do final: 25000 persoas morren de fame, a cotío, no ancho mundo. A xeografía da fame está tamén instalada nas sociedades opulentas, testemuña de qu´as cousas se están a facer mal. Algo falla. Moito.
-
-
Enlaces en relación coa fame no mundo:
-
-

domingo 26 de julio de 2009

CASTELAO, POSIBLES ACCIÓS XUDICIALES

Hai que visita-lo lugar pra comprendere qu´o novo Castelao pode ser un Castelao matador. Xa por accidente ou por pura violencia, alguén pode acabar espetado contra do apéndice agudo da estatua. Á hora do accidente non vai haber diferencia antre man estilizada, carpeta de dibuxos, ou alfanxe matador. Que nunca pase nada máis alá do despropósito que Teresa Casal non sabe explicar.
-
Pontevedra, 26.07.2009
-
Entrada n. 1022 do blog
-
CASTELAO, POSIBLES ACCIÓS XUDICIALES,
por Xesús López Fernádez
-
La Voz de Galicia do 25.07 recolle a noticia de que antiguos directivos de Amigos da Cultura estudian a posibilidade de comezar acciós legales contra o Concello, por ter disposto do que, aínda formando parte do patrimonio urbán, pode non ser da súa propiedade.
-
Amigos da Cultura organizou, no seu momento, a recaudación e xestión de aportaciós prá realización da obra, que en principio o Concello non quixo recibir. Finalmente fora ubicada nos xardíns de Santa María, un dos espacios máis emblemáticos da cidade, ata a súa deconstrucción por estos ayatoláhs, traidores da memoria recente.
-
Sigue un enlace da noticia dada por La Voz de Galicia:
-

O ESMORECEMENTO DO GALEGO (16)

Torna a este meu blog o icono do caos do idioma, o da deconstrucción, afogada a obra de Rosalía, sen sermos capaces de crear un verdadeiro libro galego máis alá dos soños primeiros de Galaxia, hoxe tamén metida no galegués co que onte se bradou na Quintana.
G.V., o novo líder do BNG, onte na Quintana, ante as súas mesnadas. Desta volta, a Quintana creceu e parece que sí couberon alí 15000, e máis un xamón, (ou presunto, como lles ha gustar decir, en portugués. Pode ser unha das palabras a "incorporar" ó noso idioma).
-
Pontevedra, 26.07.2009
-
Entrada n. 1021 do blog
-
O ESMORECEMENTO DO GALEGO (16),
O DISCURSO DA QUINTANA,
por Xesús López Fernández
-
Están as cousas como están. Malos tempos pró idioma coa incapacidade por parte da Xunta de entrare no tema a fondo, se realmente o queren salvare, que está por ver.
-
Siguen os do Bloque co seu discurso da deconstrucción. Culpables de qu´a nosa fala, polo menos a que se concreta nos papeles, normas e plans d´estudio, non se pareza xa nada á verdadeira fala do país, siguen coa súa moviola. E deso foi a intervención d´onte do novo BNG, o que preside o "lingüista" galegués de G.V., que na Quintana chegou decir, outra volta, que os nacionalistas galegos (¿quénes, eles son nacionalistas ou estalinistas?), están comprometidos na defensa do idioma que está a sofrire "un ataque sen precedentes orquestado (menos mal que non dixo "orquestrado") dende a propia Xunta de Galiza (que tampouco existe, porque Galiza é outro producto da súa mente febril)".
-
"Movámonos polo galego e polo emprego", foi o seu lema final. Nada, que cada día irán perdendo valor ata quedaren nun grupo mínimo cun presunto horizonte de caixeiros automáticos e contenedores a batir.
-
¡Como ademáis xa non poden subvencionar a nengún medio de comunicación pra que os arroupe, malo! ¡Apaga a luz, Catalina!.
-
Enlace e foro recomendado:

sábado 25 de julio de 2009

EN TERRA SANTA, 2

Entorno idílico da igrexa construída no monte das Boaventuranzas. (Clicade sempre nas fotos)
Templo.
Outra vista do templo.
Interior do templo, altar.
Templo da multiplicación dos pans e peixes.
O cartel explica a constancia da tradición que sitúa no lugar a dita multiplicación por medio de mosaicos de gran valor, de influencia exipcia.
Aspecto interior do templo.
Restos arqueolóxicos. O da esquerda é un muíño perfectamente conservado.
Tabgha, igrexa do primado de Pedro, mensa Cristi.
Aquí foille encomendado a Pedro o primado da Igrexa.
O movemento neocatecumenal de Kiko Argüelles estaba presente no lugar o 9.7, á procura das raíces máis profundas da fe.
A xente vai ávida cara ó mar de Galilea, a se molla-los pes.
A xente do grupo disfruta co contacto do lago.
Mensa Cristi, e "mesa" da primacía de Pedro.
Entramos a Cafarnaúm, a cidade de Xesús.
Outro muíño perfectamente conservado.
Restos de Cafarnaúm.
Nos restos da sinagoga do século IV, atendendo as explicaciós do guía.
Máis da sinagoga.
Perspectiva das excavaciós e campo arqueolóxico de Cafarnaúm.
Casa de Pedro. Vista parcial. Sobre ela, a igrrexa do seu memorial.
Momento da eucaristía concelebrada na igrexa octogonal do memorial. Un dos barcos parte pra cruza-lo mar de Galilea.
Vista do mar, dende a nosa embarcación.
Unha moto náutica fai unha exhibición mentres estabamos parados no medio do mar de Galilea.
Don Julián vai na nosa embarcación.
A xente apréstase pra saíre do barco.
Baixando do barco.
Entrando ó restorán do kibbutz.
Aspecto dun exterior do kibbutz, moi coidado.
Templo do monte Tabor, o da Transfiguración.
Aspecto do interior.
Vista dende o monte Tabor. O dominio da terra pode ser cousa dos kibbutzim.
Outro aspecto exterior do templo, que custodian os franciscáns.
A xente retírase cara os taxis. Son as cinco e van cerra-lo recinto.
Último acto da tarde. Renovación do bautismo, no Xordán.
Pontevedra, 25.07.2009
-
Entrada n. 1020 do blog
-
Artículo semanal, continuación de "En Terra Santa, 1"
-
En Terra Santa, 2,
por Xesús López Fernández
-
(continuación)…O día 9 de Xullo foi, pois, o da travesía do mar de Galilea, en dous barcos. Deixabamos atrás o Monte das Boaventuranzas e a Tabgha, [multiplicación de pans e peixes]; e deixabámo-las ruínas de Cafarnaúm, que a arqueoloxía redescobreu a partir das primeiras calicatas do ano 1838. Casas, cisternas, muíños, restos da sinagoga do século IV, a casa de Pedro, hoxe amparada polo templo memorial no que celebrarámo-la eucaristía. Certamente, Cafarnaúm debeu ser importante na antigüedade, e alí retirouse Xesús despois da detención de Xohán. Xesús, que acodía á sinagoga, obrou nela o miragre da expulsión do demo dun poseso. Pero sigamos coa travesía por un lago parecido ás nosas rías, menos contaminado. Paramos pra un tempo de meditación sobre aquel mar polo que Xesús camiñou. Os guías centraron a nosa atención co seu discurso histórico-bíblico. Pasado ese momento cantouse, incluso, a Rianxeira: “A Virxe de Guadalupe…, descalciña pola area…”. Unha moto náutica cruzaba veloz o lago mentres seguiamos cara un kibbutz-restorán da parte sur, un kibbutz con peirao propio.

Esto dos kibbutz, dos kibbutzim, é un ensaio que parece estar en regresión. O terreo é propiedade do Estado, que intentou vertebra-lo país por medio dos kibbutzim, coloniza-las terras, facelas productivas. E así naceron non poucos verxeles, co apoio dos modernos sistemas de rego. Pero o Goberno descobreu que non son necesariamente competitivos, que incluso poden ter fortes perdas, razón pola que está procedendo á privatización dalgús deles, pra máis incentivar ós colonos. Pero no eido do turismo están a encontraren algús kibbutzim unha certa vía de riqueza. E así, ese 9.7, quén o diría, xantamos no comedor dun kibbutz con capacidade pra máis de 300 persoas. Algús están tan especializados que ofrecen, antre outros servicios, unha demostración de pesca, de cómo se bota a rede e se recolle chea de peixes, unha especie chamada sampedro, que figuraba no noso menú, ese día. O kibbutz de Yardenit, xa no Xordán, o lugar onde se estima foi bautizado Xesús, ofrece unha certa gama de souvenirs. E brinda túnicas albas prós bautizos ou renovaciós por inmersión.

Depois de ter xantado, o autobús levounos a unha parada de taxis, taxis colectivos pra, por unha pista serpenteante, sobir ó monte Tabor, o da Transfiguración. Debemos ter en conta que nos Evanxelios fálase simplemente dun monte alto de Galilea (Mc.9,2; Mt.17,1) que na segunda carta de S. Pedro, cando se lembra de novo a Transfiguración, cítase como monte santo (2Pt.1,6-18). Pero xa a comunidade cristiáa de Palestina tiña identificada a montaña e precisado que se trataba do Tabor, que sofreu non poucos arrasos e movementos de poboación. Realmente, o monte fora considerado sagrado dende a máis remota antigüedade. A presencia franciscáa alí fixo posible o estudio sistemático das ruínas existentes e, pouco a pouco, comezouse a construir, despois de identifica-los restos dos edificios sagrados polo iniciador da arqueoloxía palestina, Melchor de Vogüe, no 1854. Os restos atopados na propiedade franciscáa pertencen a unha construcción que foi catalogada como cripta dunha igrexa cruzada de tres naves.

No 1921 púxose man ós traballos de restauración e limpeza. No 1924 sería rematada a basílica consagrada polo Papa Pío XI, representado na ceremonia polo Cardeal Oreste Giorgi, da Orde franciscáa. Alí acodimos, ó templo que eles custodian, con horario moi estricto. Cerran ás 5 do serán. Aínda nos dou tempo de nos achegar ó Xordán, que nace no monte Hermón, pra renova-lo Bautismo no río sagrado e consagrado por Xesús. A tarde non daba máis de sí. Tocaba regresar a Tiberíades pra no día seguinte seguir a Xerusalén. O mar de Galilea sigue vivo prá pesca, como no tempo dos Evanxelios. E tamén é base pró suministro de auga potable a case todo Israel, un auga riquísima. Dou fe. (Continuará)

viernes 24 de julio de 2009

ENCE MANTÉN A MENTIRA

O Brado de Edvard Münch pódese materializar na ría de Pontevedra en calquer momento. Aínda onte chegaba o pestazo sobre a cidade. Pero a instantánea do horror que recolle o cadro está pensada prós políticos d´antes e os d´agora, porque a pasarela podémola identificar tanto coa d´Os Praceres, de Ana Pastor, como coa prolongación que queren construiren Mosquera e Lores, "os salvadores" que non ousan pedi-lo cerre da factoría, nen o d´outras factorías que carecen de concesión, nesta ría.
Antonio Camblor, director de Ence, e o seu xefe de Medio Ambiente, Felipe González-Río, na súa declaración ós medios de qu´a fábrica cumpre dende hai dez anos cos parámetros establecidos pola UE e que non hai por qué pensar no seu traslado.
-
Pontevedra, 24.07.2009
-
Entrada n. 1019 do blog
-
ENCE MANTÉN A MENTIRA,
por Xesús López Fernández
-
Dend´a empresa queren mante-la falacia de que todo está ben pola súa banda, que a súa presencia en Lourizán é case unha bendición. Mentira. Unha ría morre por culpa deles e tamén pola dos políticos que non teñen vontade de compri-los deberes.
-
Contra o dito pola ministra Espinosa, ministra do tres-en-un, de que nadie se dirixeu ó ministerio en relación con Ence, a cousa pode ser certa falando de políticos; non en relación con Salvemos Pontevedra que ten nos tribunales a petición de cerre das factorías emprazadas no dominio público marítimo terrestre das marismas de Lourizán e de máis amplia zona, por exemplo Mollabao, por careceren de concesión, perdida no momento da privatización da empresa.
-
Non digo máis porque todo éso está argumentado neste blog, como tamén en relación dos recheos de Marín, que siguen e denuncia agora a APDR.
-

BUCIÑOS DENUNCIA

O monumento a Castelao, trasladado á zona do Museo, actuación denunciada polos presuntos propietarios do mesmo.
Manuel García Buciños (foto de La Voz de Galicia) protesta igualmente polo cambio de ubicación do monumento.
-
Pontevedra, 24.07.2009
-
Entrada n. 1018 do blog.
-
BUCIÑOS DENUNCIA,
por Xesús López Fernández
-
O escultor fai unhas declaraciós a La Voz de Galicia polas que se manifesta contrario ó traslado do monumento, pensado prós xardíns de Santa María. O home está enfadado, naturalmente, antr´outras cousas porque non se lle comentou nada, d´acordo coa política do goberno local estalinista.
-
Ós pontevedreses xa nada nos extraña despois de vere cómo acabaron coa cidade e cómo acaban tamén co idioma. Neste sentido, no chan no que agora "puxo pé" Castelao, xa está alí a súa "pegada" deconstructora do idioma, do que Castelao foi igualmente outro deconstructor na medida na que se deixou levare pola moda portuguesa. Pero aquelo foi un lapsus que non se debería perpetuar.
-
"Nós temos fé no noso povo, mais logo o noso povo ha ter fé en nós".
-
Esa ou parecida frase está alí xa grabada. ¿Cómo? ¿Povo con uve?. Pero si éso é un disparate. Porque do latín "populus, populi" non pode derivar "povo", sí "pobo". Como de "lupus" "lobo"; como de "polipus", "pulpo, polpo ou polbo", nunca "polvo", como algús cachorros da lusomanía escriben xa. Pero ese debe ser, en todo caso, problema dos portugueses, non dos galegos.
-
Enlace:

jueves 23 de julio de 2009

GETSEMANÍ E DOMINUS FLEVIT

O pasado 20.07.2009 publiquei un artículo, tamén inserido no blog, "En Terra Santa, 1", que terá unha continuación de tres ou catro máis, nos que se vai relatare, de xeito somero, o itinerario seguido na peregrinación promovida pola diócesis de Santiago, así como as experiencias vividas. Irei pendurando no blog algunhas das fotos feitas na viaxe, comezando por ésta do Horto dos Olivos ou de Getsemaní, que significa "muíño de aceite". O primeiro olivo ou oliveira que aparece pola esquerda foi prantado por Paulo VI. (Clicade sobre as fotos, menos a última, pra velas agrandadas).
Esta árbore ben pode ter memoria de Xesús si é que chega ós tres mil anos que algús botánicos calculan poden viviren as oliveiras. A oliveira máis vella das existentes no lugar ten case doce metros de perímetro. Lembremos que no ano 1995 e co Monte dos Olivos como telón de fondo representouse un oratorio de Beethoven, "Christus am Ölberg", con sóo tres persoas prá súa execución: Un tenor (Xesús), un baixo (Pedro), e un soprano (o ánxel).
ORATORIO DE BEETHOVEN: Christus am Ölberg, YouTube.
Don Julián Barrio, arzobispo de Santiago, no Horto dos Olivos. O prelado oficiou na eucaristía concelebrada na Basílica da Agonía.

Vista xeral do horto da agonía e a traición.

Outro exemplar que pode ter memoria de Xesús.

Seguimos no Horto dos Olivos.

Fachada do templo da Agonía, onde celebrámo-la eucaristía.
Outra perspectiva do exterior do templo.
Cimiterio atopado nas excavaciós, no que pode haber tumbas xudeocristiás, marcadas cunha cruz ou unha palma, relacionadas con nomes como Jairo, Marta, María.
Necrópolis na baixada do Monte dos Olivos.
Templo do Dominus Flevit. O pranto e os laios de Xesús sobre Xerusalén lémbranse neste moderno templo construído no 1955, deseñado polo arquitecto Antonio Barluzzi sobre os restos dun vello templo medieval.
O novo altar mira cara Xerusalén pra qu´o celebrante poida evoca-lo texto de Lc. 19, 41-44.
Perspectiva do complexo que xira en torno ó Dominus Flevit, que ilustra unha publicación do ministerio de Asuntos Exteriores de Israel. Ó fondo, Xerusalén.
-
Pontevedra, 23.07.2009
-
Entrada n. 1017 do blog
-
GETSEMANÍ E DOMINUS FLEVIT,
por Xesús López Fernández
-

Con data 20.07 publiquei un traballo, "En Terra Santa, 1", primeiro dunha corta serie na que irei facendo memoria semanal das lembrazas traídas da peregrinaxe qu´o Arzobispado de Santiago acaba de realizar.
-
Polo medio da abada do Monte dos Olivos atópase o templo que conmemora o lugar onde Xesús chorou. Todo o espacio é realmente un relicario de restos históricos bíblicocristiáns.
-
Fagamos unha traducción do que nos conta Lucas ó falar do pranto do Señor:
-
"Cando se foi achegando, ó vé-la cidade, chorou por ela, e dixo: ¡Se neste día comprenderas tí tamén os camiños da paz! Pero os teus ollos siguen cerrados. Pois vai chega-lo día no que os teus nemigos hanche arrodeare con bastidas, hanche cercar i esmagar por tóda-las partes; hanche pisotear a tí e ós teus fillos enchousados polas murallas. Non van deixare pedra sobre pedra no teu recinto, por non ter reconocido o momento no que Deus viña a darche salvación. (Lucas, 19, 41-44)".
-
Sobre Getsemaní deixemos qu´as oliveiras das fotos falen por si mesmas.
-
Israel, Ministerio de Asuntos Exteriores. A capela do Dominus Flevit no Monte dos Olivos.
Dominus Flevit, Onde o Señor chorou.

martes 21 de julio de 2009

EDIFICIO PIRSA, TAPADO

Fotografía de La Voz de Galicia. O edificio Pirsa, tapado. O edificio 10, edificio intelixente, lembrémonos.
-
Pontevedra, 21.07.2009
-
Entrada n. 1016 do blog.
-
EDIFICIO PIRSA, TAPADO,
por Xesús López Fernández
-
Pisos de máis de cen millós das vellas pesetas. Edificio sen garaxe. ¿Quén está disposto a desembolsar ese diñeiro, caso de télo, pra non dispoñer duns mínimos de calidade de vida, nen tan siquer do silencio noitarego en chegando as festas?. Porque xa está alí montado o aparatamen todo pra face-la zona vella menos habitable. ¡E Mosquera decía que estaban vendído-los pisos todos, que si incluso había lista de espera por si alguén fallaba!. Pois alí están, polo menos dous dos pisos co seu letreiro de "se vende". ¿Pero quén coño vai comprar? E poden ser máis os pisos que agardan comprador.
-
Os propietarios acaban de perde-lo pleito ante o xuzgado. Tiñan a esperanza de evita-los ruídos no espacio da Ferrería, pero A Xusticia que entrou no asunto non fallou como parece é de sentido. Noutras cidades i en relación con asuntos menos fortes que este, os xuzgados teñen sentenciado a favor dos demandantes. E aquí non hai por qué esperar menos, pero o camiño pra unha sentencia cabal terá de ser, seguramente, máis longo. Ó mellor chegar incluso ó Tribunal de Dereitos Humáns, de Estrasburgo.
-
Enlace:
-

lunes 20 de julio de 2009

CASTELAO NON ÍA PRA ESTATUA

Castelao está agora ante o Museo, posible arma letal según temos comentado nunha entrada anterior.
Pero hoxe hai algo máis, porque ese traer e levare caprichosamente esculturas dun lado pra outro, e convertilas en estatuas antr´os peatós non ten moito sentido.
-
Pontevedra, 20.07.2009
-
Entrada n. 1015 do blog
-
CASTELAO NON ÍA PRA ESTATUA,
por Xesús López Fernández
-
O traslado da escultura de Castelao acaba de ser denunciado. Parece que incluso pode ser cuestionada a propiedade da mesma, adquirida por medio do producto da subasta de obras de Laxeiro, Moldes, Colmeiro e Torres organizada polo Casino Mercantil na década dos oitenta.
-
O Concello opúxose á colocación da escultura, que mesmo marchou pra Moraña por uns días pra de seguido e cun certo secretismo ser colocada nun marco adecuado, nos xardís da Avda. de Santa María. Asistín daquela á inauguración: Ceremonia íntima e versos de Xaquina Trillo.
-
Fernando Martínez Vilanova, que con Paco Cimadevila, Villalta e Augusto Fontán, levou daquela a cabo a campaña de recaudación de fondos, ven de presenta-la oportuna protesta oficial no Concello, pra sorpresa, seguramente, de Lores e Teresa Casal, que seguramente prefiren a nova ubicación da escultura, un Castelao matador, lonxe da paz que tiña en Santa María, no espacio agora arrasado.
-
Enlace:
Noticia do Faro de Vigo: El no iba para estatua

O ESMORECEMENTO DO GALEGO (15)

Novas lanzadas pró idioma. Volve o icono do caos normativo, agredida a obra de Rosalía, agredido o propio libro galego.
A Anxo Quintana danlle de novo un tambor pra que volva coa monserga do seu cansino e ceceante discurso: xustiza, Galiza, sentenza, Galiza, prezo, Galiza..., etc. Aínda non comprendeu qu´o seu discurso levouno directamente á gehena, ó lume, do que nada se recupera. Todo cinza, ou borralla, a que semellan ter na boca cando falan.
-
Pontevedra, 20.07.2009
-
Entrada n. 1014 do blog
-
ESMORECEMENTO DO IDIOMA,
A DECONSTRUCCIÓN,
por Xesús López Fernández
-
A deconstrucción do idioma comezou, de xeito descarado, coas normas do 1982 ou 83. Despois veu o DNL, unha culpa de Fraga. As últimas normas, as qu´a RAG adoutou aínda sen as ter traballado, que naceron nos laboratorios do BNG, colocaron o idioma nunha fase de deconstrucción total, ata o punto de que moita xente do país lle chama ó trampitán delas nacido "galegués" ou, si se quer, "galizo", que nadie pode xa prestixiar. É máis, como o invento non se adecúa á fala popular, que mesmo representa unha total traición á mesma, ten un efecto arrasador sobre as obras dos nosos clásicos que intentan axeitare á nova forma de decir do BNG.
-
Tristemente, algús dos nosos escritores, que prometían, embucharon o invento e falan incluso, como ayatoláhs, de que o PP montou unha oficina prá deconstrucción do idioma. Certo qu´o PP pode ir nesa dirección, pero nela van tamén, nestes momentos, todos cantos pretendan vivir da literatura galega e nos ofrezan como producto da súa fantasía a obra en galegués. Simplemente, incomestible.
Haberá que facer algún día a gran e salvífica pira. Confiemos que eses libros ardan ben.
-
Outra das noticias que fala de redentores da nosa cultura móstranos a Anxo Quintana, xa saído do rito funeral das pasadas elecciós, como o novo presidente do IGEA, que non sei de que vai valer, pero xa o vemos á procura de protagonismo, a traballare no seu laboratorio d´ideas. Na foto aparece arroupado dun certo elenco, a parafernalia que non lle fai fallar no seu apoio ó galegués, "ao servizo de Galiza". ¡Toma, colle a eses tabaos ou abábaros ceceantes polo rabo!
-
E nada máis. Simplemente lembrar que aquí se leva falado de deconstrucción do idioma antes d´outros meteren no seu discurso a palabra. O BNG, deconstructor; a MESA, deconstructora; a propia RAG, deconstructora conforme á enxeñería estalinista pra nos cambia-la alma, pra cambiare incluso o nome do país.
-
Enlaces:

domingo 19 de julio de 2009

EN TERRA SANTA, 1

Cafarnaúm. A basílica memorial construída sobre as ruínas e como protección da casa de Pedro. Cafarnaúm, a cidade de Xesús.
-
Pontevedra, 19.07.2009
-
Entrada n. 1013 do blog
-
Artículo semanal, primeira parte dunha serie de tres ou catro.
-
En Terra Santa, 1,
por Xesús López Fernández
-
Acabo de chegar da Terra Santa, dunha peregrinación organizada polo Arzobispado de Santiago de Compostela antre os días 7 e 15 do mes que está a correr, na que participamos case duascentas persoas, en catro grupos. Vóo directo Santiago-Tel Aviv pra, xa no primeiro día, pernoctare en Tiberíades, sobre o seu lago ou mar de Galilea onde, como indica xa no título dun dos seus libros o padre Francisco J. Castro Miramontes, todo dou comezo, “Todo comenzó en Galilea”. E alí estabamos xa, na beira do mar que na alborada do seguinte día aparecería como un prato, mar de sereidade. Estabamos ante os lugares que conservan memoria das pegadas e vida de Xesús. Nalgún punto da ribeira do lago, que din ten forma de harpa, o Señor fixo o chamamento a Simón [Pedro] e ó seu irmán Andrés, pescadores de oficio: “Vinde conmigo, fareivos pescadores de homes”. I eles deixaron as súas redes e o seguiron. Máis adiante chamaría ós fillos do Zebedeo, a Santiago e Xohán, que tamén o seguiron [Mateo, 4,18-23]. Todo comezou así, en Galilea.

O día 8 sería o dos primeiros encontros: Nazaret [Basílica e Cova da Anunciación, Fonte da Virxe, Igrexa de San Xosé e Poboado Evanxélico]. Eucaristía na basílica, presidida por don Julián Barrio, sempre cercano a todos nós. O guía do noso grupo, o padre Jesús Gutiérrez, agostiño, iríanos aclarando enciclopédicamente moitos aspectos da Historia Sagrada, especialmente da arqueoloxía dos lugares santos, e moitas outras cuestiós. Fixo cita frecuente ós escritos da monxa Egeria, peregrina ós santos lugares no ano 383, que deixou testimonios aínda hoxe relevantes, como o de que alí veu “unha grande i espléndida cova, na que viveu María e foi construído un altar”, talvez a máis grande das furnas consagradas na cripta da actual Basílica da Anunciación, na que celebrámo-la eucarístía, obra en cemento vivo según deseño de Giovannni Muzio, milanés. Contén obras de artistas de todo o mundo e, pra orgullo dos pontevedreses, mostra unha capela á dereita do presbiterio, destinada á conservación do Santísimo Sacramento, decorada por Rafael Úbeda.

Seguiríamos pola tarde cara ó Monte Carmelo, que garda memoria dos profetas Elías i Eliseo, con visita ó templo Stella Maris, construído sobre a cova do profeta, no que os nosos eremitas viron encarnado o seu ideal de vida. Seguimos cara Haifa, o porto máis importante do país, pra continuar a Caná de Galilea, onde Xesús realizou o primeiro signo pra demostrare que Deus estaba nel. Con María e os seus discípulos participaba nun banquete de esponsales, posiblemente dalgún familiar. E a conversión da auga en viño naquel momento puntual pode representa-la aposta que Xesús fai pola vida e pola familia. Alí existe un fermoso templo construído sobre as ruínas do Caná histórico. Antre os restos arqueolóxicos conservados hai unha gran tinalla de pedra, semellante seguramente ás da conversión da auga en viño. I é costume dos matrimonios renova-los seus votos de fidelidade nese lugar bendito por Xesús. Fronte ó santuario, nunha tenda, vendían, como viño de Caná, un xeneroso, un viño doce. A tarde ía caendo e puxémonos en ruta, de novo, cara Tiberiades.

Día 9, igualmente caluroso, con visitas ó Monte das Boaventuranzas, o do Sermón da Montaña, situado na parte septentrional do mar de Galilea. O espacio é hoxe un verxel en torno á igrexa alí existente. Visita tamén á Thabgha, onde se conserva a pedra sobre a que Xesús colocou o pan da multiplicación. Un mosaico cristián primitivo mostra os cinco pans e os dous peixes. Egeria afirma que no templo do século IV existía a pedra sobre a que Xesús colocou o pan. A arqueoloxía foi esclarecedora en relación co dito, como tamén na localización da antigua Cafarnaúm, onde pode haber un gran campo por estudiar. Alí vivía Pedro, e sobre a súa casa levantouse unha basílica octogonal, na que igualmente celebramos unha eucaristía, antes de nos dirixir ó embarcadeiro pra cruza-lo mar de Galilea. (Continuará)

viernes 17 de julio de 2009

ARQUEOLOXÍA HEBRAICA

Xudeos ultraortodoxos protestan contra o intento das autoridades de facer operativo un aparcamento no seu día sagrado, o Sabatt. (Foto de El País)
Cando estabamos en Terra Santa, peregrinación efectuada antr´os días 7 e 15 deste mes, producíronse varios acontecementos nos que non demos reparado. A fotografía anterior refírese ó achádego da canteira da que, en tempos de Herodes o Grande, foi obtida a pedra prá construcción do muro do templo.
-
Pontevedra, 17.07.2009
-
Entrada n. 1012 do blog
-
ARQUEOLOXÍA HEBRAICA,
por Xesús López Fernández
-
Ó longo dos nosos desprazamentos por Israel e Palestina, á busca dos lugares que aínda son testigos da presencia de moitos dos protagonistas da Historia Sagrada, tivemos ocasión de admirar algús dos traballos que a arqueoloxía, de forma constante, levou a cabo pra nos achegar ás verdades absolutas da presencia de María e Xosé, en Nazaret, ou de cómo puido se-la vella Cafarnaum, na que foi localizada a casa de Pedro e o que resta da antigua Sinagoga, na que Xesús predicou con autoridade e que mesmo botou ó demo fóra dun poseso; a arqueoloxía fixo tamén os seus traballos no monte Tabor, en Belén, no Campo dos Pastores, no Monte da Ascensión, no mausoleo do profeta Samuel, en Caná de Galilea; en Xericó e Qumran, xa no Mar Morto, por citar unha relación dalgús dos lugares sagrados, de forma tan definitiva que mesmo podemos reitera-lo dito xa no título da obra clásica de Werner Keller, "E a Biblia tiña razón", que non perdeu actualidade.
-
Teño pensado tratar neste blog algús dos momentos da nosa intensa e arelante peregrinaxe, na qu´o noso grupo contou coa guía dun home, padre agostiño, que nos foi informando enciclopédicamente sobre os lugares e acontecementos en cada lugar producidos, en relación coas verdades demostradas ou coa tradición contrastada, pra seguidamente procura-la lectura da oportuna pasaxe evanxélica e conseguintes interpretaciós.
-
Xa digo, hoxe non arranco aínda, máis alá do dito, cos meus relatos e impresiós, porque teño que decantare e asimilar moita información, en parte recollida nun diario. Só en parte, digo. Teño ademais que inserir no ordeador o lote de fotografías que trouxen e clasificalo axeitadamente. Xa veremos qué dá de sí.
-
Limito esta entrada á noticia da aparición da canteira da que se valeu Herodes. Na fotografía do 12.07 presentada [de noticiascristianas] apréciase cómo están a traballaren os arqueólogos que, determinada a superficie da canteira, deducen agora que Herodes extraeu a pedra que puido pra buscare máis ó norte do país.
-
A noticia lémbranos qu´o templo foi destruído tal e como anunciou Xesús e que estaba situado na chaira das Mezquitas; que da construcción orixinal queda únicamente o Muro das Lamentaciós, o lugar máis sagrado do xudaísmo. Os sábados, por sagrados, non se poden tirar fotografías naquel espacio. E tentan algús xudeos ultraortodoxos, parece que en guerra contra Xerusalén, que non poida funcionar, no séptimo día da semáa [o Sabatt], un aparcamento pensado pra facilita-lo achegamento dos turistas ó barrio antiguo. A situación é tal que no enlace que se inclúe faise o comentario da posible división de Xerusalén en tres partes: a dos xudeos laicos, a dos ultraortodoxos e a dos árabes. A noticia non repara noutras presencias, como a armenia, que ten alí unha basílica-catedral, barrio e muralla propia.
-
Fontes:

miércoles 15 de julio de 2009

Futuro da Biodiversidade [13.07.2009]

Unha arboricultura pensada pra arrequece-lo chan e formar humus, terra vexetal, á par que pra purifica-la atmósfera, sería factible pra enfria-lo planeta. Dibuxo informático de Xesús López titulado "Follas prá terra e pró ceo azul".
-
Pontevedra, 15.07.2009
-
Entrada n. 1011 do blog
-
Artículo semanal publicado no Diario de Pontevedra do pasado 13, luns.
-
Futuro da Biodiversidade,
por Xesús López Fernández
-
Difícil abordar este tema na súa amplitude no espacio dun breve artículo de opinión, no que apuntaremos, si acaso, algunhas ideas, porque a Biodiversidade está a perder moitos dos seus rexistros i estímase que poden desaparecer en torno a 17000 especies dos universos botánico e animal. O CO2 pode té-la culpa do denostado cambio climático, que voces críticas tamén cuestionan, que apelumbran ou albiscan incluso o nacemento dunha nova glaciación. Todo é opinable. Mais de momento a Terra está como alouleada, atordoada, e moitas especies en retirada. A perda de boscos primarios, en especial o retroceso da húmeda Amazonia, pode sé-la gran causa dunha nova e anárquica climatoloxía: grandes chuvias en alternancia con delongadas secas que teñen obrigado mesmo, en Kenya, ó abandono de cultivos de ciclo longo [o trigo], por outros de maduración máis corta [fabas] que abordan inmediatamente despois das chuvias.

Ante os abusos do poder contra o planeta, en non poucos países comezaron a se formaren “movementos de xusticia climática”, dos que poderiamos traer aquí máis dun exemplo. Son agrupaciós de base, auto-organizadas, orientadas cara acciós moi visibles, na defensa dos seus dereitos máis que cara á investigación. Según o estudio do Worldwatch Institute sobre a Situación do Mundo 2009, defínense estes grupos de persoas como “marxinadas económicamente”, “desfavorecidas”, ou “probes”, e depende a súa subsistencia de sectores económicos moi sensibles ó clima, como o agrícola, o forestal e o pesqueiro. Pero algús logros sí que son presumibles ou poden ter xa unha certa presencia. Existe un lema, un verdadeiro brado destes colectivos; o de que “¡unha agricultura sustentable é posible pra enfria-la Terra!”. Eso implicaría un claro compromiso na creación de postos de traballo na economía verde, seguindo xa un pouco o camiño trazado por diversas actuaciós reforestadoras.

Nese sentido pódese decir que nos agarda un futuro esperanzador. Unha certa mística reforestadora está en marcha e calcúlase que na fin deste 2009 teranse prantado sobre 7.000 millós de árbores; que o éxito desta primeira campaña global vai traer consigo unha masiva prantación en todo o mundo. E os primeiros logros na reforestación de rexiós do trópico poden ser definitivos pra nos mostrare que no mundo existe o espírito e o compromiso necesarios pra cambia-la tendencia actual. Calcúlase que a partir do 2025 vai baixare célere o CO2 atmosférico, que incluso teremos aprendido a vivir con outro ritmo, máis vagariño, con máis seguridade e menos angustia no canto de permanecere escravos do patrón de economía consumista. Teremos superado intereses de grupos de presión e debates centenarios sobre o sistema económico, pra construire un mundo dinámico e pometedor. Ante a xuventude hoxe aparcada abrirase un futuro ilusionante.

Todo moi en esquema. Pero aínda non temos definido o noso futuro inmediato e os centros de investigación traballan na creación de bancos de vida pra compensa-los estragos causados ós ecosistemas e ás especies que os habitan co mantenemento de entornos similares noutras zonas. A idea naceu a consecuencia da protección das zonas húmedas nos EE.UU., da man de Auga Limpa e da Normativa do Corpo de Enxeñeiros do Exército do país, no que calquera que queira construire ou dragar un humedal considerado de interese precisa dun permiso das autoridades ambientalistas. Unha das condiciós é que a construcción non vai danar ó humedal ou, si o dano é inevitable, que compense o perxuicio creando ou recuperando un humedal semellante, ou de máis extensión. Xa noutra dimensión i en relación coa posible reintroducción dos cabaliños de mar ou narizós na ría d´Arousa, comentemos que o CSIC acaba de depositar alí dez exemplares criados en cautividade, a ver si se adaptan. Parece moito prós cabaliños, moito mar. Unha nota simpática, pois tamén están na Biodiversidade.

domingo 5 de julio de 2009

O ESMORECEMENTO DO GALEGO (14)

O caos normativo pode levare o idioma á súa desaparición, Case non hai día no que non se acendan novas alarmas, como a que se comenta en función dunha noticia dada hoxe por La Voz de Galicia.
-
Pontevedra, 6.07.2009
-
Entrada 1010 do blog
-
O ESMORECEMENTO DO GALEGO,
A CAÍDA DE FALANTES,
por Xesús López Fernández
-
Os equipos de normalización lingüística e o PP están preocupados pola caída de falantes do noso idioma. Onte mantiveron unha xuntanza representantes da Coordinadora Galega de Equipos de Normalización e Dinamización Lingüística con representantes do PPdeG, na que ámba-las partes coincidiron en sinala-la evidencia da diminución de galegofalantes. Apostaron tamén por lle daren un impulso ó idioma. ¿Cómo, con máis inmersión nas normas da deriva cara o encontro coa normativa ortográfica concordada en Lisboa polos ayatoláhs do luso-galaico-brasileiro-caboverdiano, tamén de Angola, Mozambique e de Timor?
-
Parece que polo PP falaron dous representantes con sentido común: Ramón Rodríguez e Agustín Baamonde, que insistiron na necesidade de reflexionare sobre a política lingüística de toda a etapa autonómica, mentres que a coordinadora entregou un decálogo de "consenso" pra recupera-lo diálogo sobre o galego na educación.
-
¡Pero se o que está a acontecere, a presunta morte da fala, está orixinada pola fractura da súa psicoloxía, por actuaren sobre o idioma con criterios políticos, ademáis de ortográficos e morfolóxicos alóglotas, por tentaren traballa-la alma colectiva do noso pobo dend´a óptica pseudolusa duns nazionalistas fracasados!.
-
Pola banda socialista Manuel Vázquez dí que non se debe dramatizar no tema do idioma, qu´a guerra da fala é cousa de Feijóo. E non é así. O idioma está sendo dinamitado dend´as diversas normas, a do 1983 e a aprobada pola RAG do señor Barreiro, pra vergonza de todos. O mal do idioma non é Feijóo; son as normas pouco intelixentes de que foi doutado o idioma. E, por desgracia, a propia RAG.
-
É decir, estamos ante un fracaso total da política lingüística. O idioma precisa de restauradores, non de inventores incapaces. A RAG só pode notariar, nunca convertirse en laboratorio de horrores.
-
Enlace:

SABUCEDO, DE LUTO

Espectacular foto do curro de Sabucedo, edición 2009.
Aloitadores no curro de Sabucedo
-
Pontevedra, 5.07.2009
-
Entrada n. 1009 do blog
-
SABUCEDO, DE LUTO,
por Xesús López Fernández
-
Onte, primeiro sábado de Xullo, arrancaba o curro de Sabucedo. E facíao con mal pe, coa desgracia da morte dun dos seus, Luís Álvarez Bouzas, morto de forma inesperada na arrancada desta edición da Rapa das Bestas. Foi en Souto, ónde se tiña desprazado Luís con algús amigos e veciños, cos que saíra da súa aldea pola ialba pra participare, como tódo-los anos, na xunta dos cabalos pra vivire, con toda intensidade, o ceremonial que xira en torno á montaxe do Curro. Pero todo aconteceu de forma célere e nada se puido facer. Luís, policía xubilado, 62 anos, caeu fulminado, parece que a causa dun infarto. A noticia correu ante a incredulidade dos máis achegados. Un auténtico mazazo. A organización decideu suspende-lo curro previsto pra hoxe.
-
Enlace: El Correo Gallego: A Rapa vístese de luto
El Correo Gallego, 6.07.2009: Máis que mil palabras.

sábado 4 de julio de 2009

ESTRICTOS, ESTREITOS

Beiras, que no seu día acusou de cínico a Touriño, dixo agora en Trasalba, ónde asistiron Barreiro e Villares, que aumenta o número d´enanos e qu´o ataque ó idioma dend´o poder é preludio de que se quer acabare con Galicia. Pero a guerra ó idioma ven xa de moi atrás, comezando polas normas do 1983, normas da deriva ó portugués, de conversión da nosa fala nunha lingua de opereta.
Barreiro e Villares estiveron ausentes no acto de Santo Domingos de Bonaval, d´entrega das medallas Castelao.
-
Pontevedra, 5.07.2009
-
Entrada n. 1008 do blog
-
Artículo semanal-
-
Estrictos, estreitos,
por Xesús López Fernández
-
O idioma galego está a ser obxeto de debate en diversos foros e instancias. E o debate social, que nunca existeu á marxe dun presunto e mero aceptar pola RAG de normas que non parecen ter sido elaboradas con rigor, pode estar aflorando desta volta. Percíbeo así un gran sector da sociedade, que mesmo se sinte traicionada. Natural, porque esa sociedade foi a forxadora do idioma, pois na conformación das linguas son normalmente as sociedades, incluso ágrafas, as que entenden chegádo-los tempos pra lle daren protagonismo a cada palabra, cando coidan completada a súa maduración despois dun longo e secular camiñar dende que Roma, no noso caso, chegou á península alá polo ano 218 antes de Cristo. Solermiñamente, o latín foi asimilando tamén palabras do tronco indoeuropeo, palabras que se fixeron, se cabe, celtolatinas antes de conformárense como galegas, como poden ser algús dos sustantivos que dan nome a partes do carro do país: “cangas, camba, cambón, chedas, chedeiro…..”. Nestas dúas ultimas palabras dáse a mesma palatalización que en “clamare, plorare, clave…(chamar/e, chorar/e, chave..)”.

Son evoluciós ó longo de séculos, porque o idioma nunca tivo presa en se formar. Incluso pode volver sobre os seus pasos pra retomare palabras xa deixadas, pero con outra carga semántica. Así, a fala retoma “clave”, con outro sentido. I eso ten pasado tamén con moitísimas outras. E si de “strictum” nace “estreito”, tamén “estricto” deriva da mesma matriz. Incluso o Diccionario fainos sinónimos, pero son dúas palabras con distinto sentido: unha rúa estreita; un académico estricto. Coido que o rigor que implica a última palabra faltou na posta en marcha das normas ortográficas e morfolóxicas do noso idioma, tanto as do 1983 como as aprobadas pola RAG do señor Barreiro. Encanallouse o debate da lingua ó pasar dela como creación social e inventaren formas non asentadas na tradición oral do mesmo. Sigue sendo certo o afirmado por Vicente Risco. Non soubemos tratar científicamente o leigado cultural de Rosalía e Curros; que mesmo pasamos do canon do Diccionario Enciclopédico de don Eladio Rodríguez, pra Alonso Montero, hai poucos anos, o mellor diccionario galego, que eu conservo como manual de cabeceira.

A lingua está claramente ferida porque, con evidente estreitez, tentaron facer dela un instrumento político e, pouco estrictos á hora de construir un verdadeiro debate académico, non atopan os diversos poderes un camiño certo de rexeneración, de restauración idiomática. ¿Cómo se pode decir que cando dende o poder queren acabare co idioma é porque tamén se quere acabar con Galicia? ¡Pero se do idioma de Rosalía ou Curros, de Risco ou Fole, de Cunqueiro ou Blanco Amor xa pouco queda! Existe un claro divorcio social en relación coa política de inmersión a partir do decreto de normalización lingüística ou da deriva promovida por outras instancias e plataformas. O señor Villares afirmaba tamén o 27.06 que a mensaxe da política lingüística da nova Xunta era clara: “Abriuse a veda sobre a lingua galega”. ¿Por qué non pensar que ata o dagora fixeran, os outros, un coto privado da nosa fala, pra ila sometendo estreitamente ós seus ritmos e cambios previstos?

Parece que quixeran facer do galego unha lingua revolucionaria, cando podemos pensar nela como conservadora. Están vivas as dúas tendencias, as marcadas polo “talante” [a permanencia] e polo “semblante” [o cambio], terminoloxía usada polo filólogo Emilio Lorenzo. Alex Grijelmo engade que hai quen cree que no idioma alentan contínuos cambios e, con certo aire trotskista, a evolución permanente que, según este autor, afectaría soamente ó semblante que algús poden promover cunha certa enxeñería. E. Coseríu defende o protagonismo do falante inxenuo como decisivo. Penso agora en dous nenos: un chamáballe “enrediños” ós xoguetes; o outro “alcanses” [alcances], a uns prismáticos. Pra lección, rigor infantil, idioma nacente.
-
Observación: Máis estrictos estes nenos qu´os académicos.

viernes 3 de julio de 2009

CABALIÑOS DE MAR

lindos cabaliños de mar. Ver enlace ó pé.
Cabaliños de mar, hipocampos, no mar d´Arousa. Foto n´El Correo Gallego.
-
Pontevedra, 3.07.2009
-
Entrada n. 1007 do blog
-
CABALIÑOS DE MAR,
por Xesús López Fernández
-
É unha das especies en peligro, declaradas protexidas. A verdade é que, na miña vida, só vin no seu medio natural un cabaliño de mar, perto da ponte do Burgo, cando as augas que penetraban e preñaban o fondo da ría eran limpas. Pola banda esquerda, camiñando da ponte do Burgo cara á da Barca, nos primeiros escalóns de servicio qu´alí existían, tiven ocasión de reparare nele. A verdade é que me pareceu indefenso. Debeu ser sobre o 1945 ou 1946. Aínda non sonaran as alertas en relación coa ría. Coido era a época de Hevia, o mellor alcalde pontevedrés da Historia. Aínda os depredadores políticos non soñaran con Tafisa ou a Empresa Nacional de Celulosas, ou en traballaren esos terreos como solares; en ir redactando a esquela de defunción deste ecosistema que xa case vive o tempo da postmortem. Pero aínda parece lonxe o xuicio dos culpables do crime de lesa natureza aquí cometido.
-
Pero as augas da ría d´Arousa [¿por qué non as de Pontevedra, tan saneada según Lores?] xa dan acobillo ós primeiros exemplares de cabaliño de mar criados en cautividade pra seren reintroducidos no oceano. Trátase dun proiecto pioneiro do CSIC, a nivel mundial. A iniciativa vai evalua-la posibilidade de recuperación dos cabaliños de mar ou hipocampos a partir de exemplares nados en laboratorio. Estos exemplares son conocidos como narizós e a noticia semella un tanto anecdótica porque son dez os exemplares que deixaron ceibes no mar d´Arousa; sería a primeira vez na que se lograría a imprantación da especie por medios artificiales. Difícil maxinar que estos animaliños, tan fráxiles, poidan estar en libertade vixiada, con marcadores pra seguiren a súa evolución. Aínda que unha especie fráxil, é unha das 17000 sobre as que existe a alarma dunha posible extinción, unha de tantas feridas polas que a Biodiversidade do planeta vaise apagando día a día.

-

O ESMORECEMENTO DO GALEGO (13)

Novamente o icono do caos normativo, referente á causa principal do esmorecemento e posiblemente da morte próxima do noso idioma.
-
Pontevedra, 3.7.2009
-
Entrada n. 1006 do blog.
-
CERVIÑO E MEIJÓN PIDEN CONSENSO,
por Xesús López Fernández
-
Conozo a Cerviño e a Meijón, ambos de Pontevedra, que a pouco que miren pra atrás han comprender qu´o problema da lingua galega non é GB, que pide libertade. Poden estar seguros de que, neste momento, somos moitos os que nos solidarizamos con GB, incluso no sector dend´o que viñemos a facer defensa do idioma galego á lus do maxisterio de Sarmiento ou de Fole ou Risco, de Lugrís ou de don Eladio; mesmo de Alonso Montero nalgún momento do seu discurso, ou de Xesús Ferro Ruibal.
-
Farruco Cerviño, fillo de Francisco Cerviño, o home de Daría González, debe ter presente, moi presente, o galego que falaban os seus pais, especialmente o pai, un pouco o primeiro profesor de Méndez Ferrín, que tamén comezaba a falare galego naqueles 53-5, conmigo. Da miña relación de amistade persoal e política con Daría dá constancia un artículo a ela dedicado, titulado "Carta nacionalista a Daría", incluído neste blog.
-
En relación con Guillermo Meijón podo decir que teño falado con el de certas cousas da lingua cando el non tiña a responsabilidade que nel acabaría delegando o seu partido. Do artificio derivado das normas do Diktatt, deso en especial teño falado con el, e aquí o deixo dito pra esa constancia mínima que representan os blogs, especie de graffitti en ignorados calexóns.
-
A GB pediríalle que non cedese, pero centrando máis a súa reclamación, ademáis de no seu proiecto de libertade, na posibilidade de libertade tamén pra qu´o pobo galego recupere o seu idioma, clamar polo espiollamento da infección inserida polos ayatoláhs da MNL ou pola propia RAG que, autista ó longo d´anos, someteuse ó dictado dos trostkistas, que diría Coseríu.
-
Enlace: El Correo Gallego, 3.07.2009. Cerviño recibe a GB e pide consenso.

jueves 2 de julio de 2009

MIGUEL ÁNXEL

Suponse que é un autorretrato de Miguel Ánxel, o célebre pintor i escultor italián, pintor dos frescos da Capela Sixtina recentemente restaurados mediante un rigoroso traballo subvencionado polo goberno xaponés. A noticia da aparición deste posible autorretrato na capela Paulina do Vaticano, foi tomada d´El Correo Gallego desta data. Tamén a foto.
Era tal a perfección que Miguel Ánxel buscaba nas súas obras que se dí incluso que, despois de rematado o Moisés (que aparece na miña fotografía do ano 2007, en San Pietro in Vincoli), o artista guindoulle un mazo contra unha perna ó tempo que lle ordeaba: ¡Parla!. (Clicade na foto pra vela en grande)
La Pietá, outra das súas grandes obras, xunto co David que se expón en Florencia. La Pietá foi agredida por un húngaro enaxenado. Hoxe, exquisitamente restaurada, permanece blindada. Coido que foi tamén o Xapón o que financiou a restauración.
-
Pontevedra, 2.07.2009
-
Entrada n. 1005 do blog
-
Tería que facer un descanso na marcha do blog. Estou afanado en melloralo i en restauralo, porque moitas das primeiras entradas, centos, permanecen con caracteres sobredimensionados. Como cambiei de navegador en tres ocasiós, coido que o caos organizado por momentos débese a eso. Aínda demorarei en sanealo na súa totalidade, o que deixo dito a modo de disculpa, así como de afirmación de mante-la intención de mantelo como un blog totalmente independente.
-
Podo decir que, en certo sentido, fixen del a miña pequena patria, un lugar no que fago apoloxía de diversos valores e do propio idioma galego. Digo galego, non galegués. A ver se, sobre este particular, arranco cunha serie de entradas, de estudios de palabras, aínda que sen confianza de que sirva pra nada en contra da política trotskista do cambio continuo, cando realmente os idiomas van cambiando solermiñamente, e as xentes homildes, mirando pra sí, buscando no seu interior, van atopando as palabras precisas.
-
Pero agrádame deixar na entrada d´hoxe as pequenas notas sobre Miguel Ánxel. Sguen enlaces:

miércoles 1 de julio de 2009

VARIAS DO DÍA

A casa consistorial pontevedresa cáese a anacos. Na fotografía publicada por La Voz de Galicia, aprécianse os restos dunha moldura caída hai uns días. A silla que nela se aprecia é a mesma na que César Mosquera fixo unhas declaraciós ós medios. O concellal do PP, Jacobo Moreira, bromea cos desprendementos que se producen no edificio e dí que son un pouco símil da caída do goberno do Bloque. Coido que non lle falta razón.
-
Enlace. La Voz de Galicia, 1.07.2009: O Axuntamento de Pontevedra cáese a anacos.
-
Pontevedra, 1.07.2009
-
Entrada n. 1004 do blog.
-
Trátase dunha especie de sofrito, miniperiódico no que inclúo hoxe, aínda non sei por què, un cóctel de noticias. Seis, aínda que cada unha merecería unha entrada individualizada.
Peixes mortos, no Gafos. Medio Ambiente culpa ó Concello de Lores "que tanto vela polo saneamento". Vaipolorrío tamén avisa de que a contaminación foi denunciada diversas veces. Cinco, según Medio Ambiente.
-
Plataforma 19J. A fotografía non dá a sensación dunha gran presencia, algo que parece que xa quedou claro. A gran rabia cidadáa pontevedresa poderiase canalizar contra Lores e o seu equipo, contra o mal que levan feito a esta cidade ó longo de dez anos.
-
A Plataforma 19J quer promovere agora a abolición do decreto da Xunta, o que parece ter máis sentido que non a fracasada manifestación. Informa Faro de Vigo, 1.07.2009.
O pazo dos López de Lemos, reconvertido pró turismo rural, unha excelencia prá Ribeira Sacra. Os López de Lemos foron señores de Sober e de Ferreira, xeografía relacionada cos meus ancestros: Monforte, Sober, Ferreira de Pantón.
-

Fraga, a punto de se sobir ó A8 oficial. A Cámara pide agora que se fiscalicen tamén os coches de Fraga. Eso ten sentido, porque a corrupción xoga a tóda-las bandas.

Enlace: El Correo Gallego, 1.07.2009: La Cámara pide que se fiscalicen los Audi adquiridos por Fraga.

Kim Tae Wo, unha coreáa budista que peregrinou a Santiago polo amor que ten á Virxe. Na foto, á súa chegada de Pamplona. Curiosamente, esta noticia prodúcese ós dous días doutra pola que se nos informaba da chegada a Santiago doutro camiñante oriental, un xaponés que leva feito o Camiño tres veces, do que se informa nunha entrada interior.