domingo, 29 de noviembre de 2009

MIRANDO Ó MAR

Ampliación de recheos, queren máis, e cega-lo mar n´Os Praceres.
-
Pontevedra, 29.113.2009
-
Entrada n. 1085 do blog
-
Artículo semanal.
-
Mirando ó mar,
Por Xesús López Fernández
-
O tema do porto seco permanece en distintos foros, sen que verdadeiramente se produza un debate certo a raiz da sentencia do Supremo en relación co Plan Especial do Porto de Marín, definido como ilegal. ¿Por qué extraña cobiza e odio ó mar tentouse configurar un porto seco nun mar sen calado, tamén un polígono industrial a costa da nosa ría, xa dabondo ferida, e prá que están previstas novas actuaciós antidemocráticas de brutalismo urbanístico?. Sobre todo esto hai como un coro de voces de políticos i ecoloxistas que queren situarse máis alá do ben e do mal pero que, a partir da sentencia, carecen xa de discurso. E non hai prórrogas. As xentes d´Os Praceres teñen un discurso claro que sintoniza coa reposición da legalidade que debe emanar da sentencia citada, como doutras anteriores que agardan pola súa execución. Parece como se moitos cidadáns non nos decataramos de que a praza d´Os Praceres, oocupada polo ferrocarril, é talvez o último vincallo de Pontevedra co mar, por máis que outros falen de “novas” ribeiras.

A consecuencia do fallo do Supremo, xentes doutras rías igualmente agredidas, demandaron da Plataforma d´Os Praceres unha explicación das súas batallas xurídicas e da guerra que acaban de gañar. Invitados por diversos colectivos vigueses acodiron a Cangas o pasado 23.11. Alí estaban xentes chegadas de Teis e Redondela, de Baiona e do Foro Social de Cangas. Acto celebrado no salón de plenos do concello cangués, foi presidido por Eladio Torres. E poderiamos destacar diversos momentos do coloquio, diversas intervenciós. Pero parece que foi o discurso do patrón maior da Cofradía de Cangas o que máis chegou a todos i, en certo sentido, preñou o debate coa súa defensa afervoada do mar como fonte de vida, como mar matricial do que naceu Cangas e tantos dos nosos portos pesqueiros, tamén Marín en tempos. Decididamente oposto ós recheos decretados polos que non recibiron o leigado do mar e da pesca como algo a transmitir intacto ás futuras xeneraciós, o home falou cunha voz enraigañada na sabiduría dos que entenden que a relación coa Terra e co Mar debe vivirse, sempre, como unha relación sacral, de respeto profundo.

O asunto do ferrocarril que xa fora cuestionado polo ministerio de Medio Ambiente do Partido Popular, oposto a el porque invadía 55000 metros cadrados de terreo demanial; porque a súa construcción representaría un perfil duro que impediría o paso libre das xentes cara á ribeira unha vez liberáda-las marismas de Lourizán da presencia das industrias alí existentes, unha vez vencida ou caducada a súa concesión; unha vez levantada tamén a edar d´Os Praceres, que carece de título habilitante e que pra aliviala queren construir un depósito de retención de augas sucias en terreo igualmente demanial, en Mollavao, pró que debe prevalece-lo criterio prohibitivo da Lei de Costas, art. 44.6, do que recomendamos unha lectura atenta. Pero volvamos ó tema do tren que sigue pasando pola praza d´Os Praceres, como insulto cotián que algús queren manter contra o Estado de Dereito, xentes da Autoridade Portuaria e políticos que demandaron a súa construcción, que confían na non execución da sentencia e na indefinida inexecución da restauración do mar de Marín, da retirada dos recheos sobre os que pesa a sentencia do Supremo.

Non sei si é un simple rumor, pero n´Os Praceres temen novas represiós, como as dun 13 de Abril de mala memoria, porque algús iluminados, según din, queren fabricarlles algo así como unha praza elevada, por riba do tren, incumprindo a execución da sentencia do 2007. Sobre os particulares deste “rumor” está prevista a convocatoria dunha roda de prensa pra mañán, martes. I evidente a fractura do sistema de convivencia democrática, de defensa da reposición da legalidade, de todo eso falouse no encontro de Cangas que os alí presentes pensan reiterar en diversas localidades, prevista unha futura intervención en Pontevedra, alá por xaneiro.

sábado, 28 de noviembre de 2009

MENTIREIROS....!, AS FALSEDADES DA MESA

Ilustración do blog de Elentir, Contando Estrelas, en relación co seu post sobre as mentiras da Mesa pola Normalización Lingüística.
-
Pontevedra, 28.11.2009
-
Entrada n. 1084 do blog
-
MENTIREIROS...! AS FALSEDADES DA MESA,
por Xesús López Fernández
.
Estes pasados días foi publicada en diversos medios unha noticia da Axencia Efe, en relación cunha acusación da UE á Xunta, pola súa persecución da lingua galega. Todo me pareceu extraño, porque a persecución contra da nosa lingua ven de xa hai tempo, dende as normas do 1983, o DNL, e as últimas normas, as que eu chamo "as normas do Diktatt estalinista", coas que tentaron cambiarlle a alma ó noso pobo por medio dunha deriva coa que tentaban converti-lo galego en portugués.
-
Finalmente, as cousas no seu sitio, sóubose que a acusación da persecución foi outro máis dos traballos de Carlos Callón, o presidente da Mesa pola Normalización Lingüística, o gran persecutor do galego tradicional que se valeu dunha ONG pra montar unha nova cortina de fume.
-
Sigue un enlace de elentir, Contando estrelas, que aclara tódo-los particulares da noticia inventada, da mentira falaz de Callón, que queda así reventada. As cousas no seu sitio:
-

miércoles, 25 de noviembre de 2009

ELADIO TORRES, EN CANGAS

Eladio Torres, presidente da Plataforma prá Defensa da Praza dos Praceres.
-
Pontevedra, 25.11.2009
-
Entrada n. 1083 do blog
-
ELADIO TORRES, EN CANGAS,
por Xesús López Fernández
-
Algún medio informou de que pró 23.11.2009 estaba prevista unha comparecencia das xentes da Plataforma prá Defensa da Praza d´Os Praceres en Cangas, invitados a explica-la súa loita de resistencia a diversos colectivos que alí compareceron, ó acto celebrado no salón de plenos do Concello, que presideu Eladio. Aquelas xentes ven na sentencia do Supremo un motivo de esperanza.
-
Dou noticia da charla o Atlántico Diario do 24.11, talvez algún outro medio. Acodiron unhas oitenta persoas: xentes de Teis, Redondela, Baiona e do Foro Social de Cangas. E houbo testimonios de forza, de testigos que viven o drama dos novos recheos na ría de Vigo; especialmente dramático o do patrón maior da Cofradía de Pescadores de Cangas na súa defensa da ría como mar nutricial ó que el non lle vai volve-las costas, porque Cangas é o que é gracias ó mar que el non quere traicionar.
-
Unha muller do público perguntou a Eladio polo protagonismo da Asociación pola Defensa da Ría máis alá das marchas e consignas contra Ence. Mellor que fale Jaime, foi a resposta, pero Jaime replicoulle: Non, mellor fala tí; e falou Eladio: A Asociación pola Defensa da Ría fai o que lle mandan, Eso era o que quería oir, dixo a muller. Eso aclara moitas cousas.
-
Da xuntanza naceu a vontade de seguir convocando foros e ver de badalexare nas conciencias das xentes, porque ou salvámo-lo mar ou os políticos convírteno en solar ou en inmenso porto seco.
-
Pró mes de xaneiro pódese concretar un acto en Pontevedra.

domingo, 22 de noviembre de 2009

POÑER COTO ÁS DESFEITAS

"Marea negra, marea branca" quere evoca-la catástrofe do noso litoral polos vertdos do Prestige. Máis ou menos recuperado daquel desastre, outros están a producírense: recheos deshonestos, granxas de rodaballos, todos coa complicidade da caterva política. E faría falta un novo "exército" de voluntarios pra conseguire resultados, seguindo o exemplo, desta volta, da actuación das xentes d´Os Praceres.
-
Pontevedra, 22.11.2009
-
Entrada n. 1082 do blog
-
Artículo semanal
-
Poñer coto ás desfeitas,
por Xesús López Fernández
-
“Poñer coto ás desfeitas de catrocentos kilómetros de litoral pontevedrés”. A afirmación é do delegado do Goberno en Galicia, Antón Louro, no curso dunhas declaraciós, se ben outras afirmaciós do home parecen estare en contradicción co devandito e que non está a anunciare o comezo de nengunha alborada rexeneracionista. É máis, cando se acaba de produci-la sentencia do Supremo do Estado estimando o recurso da Plataforma prá Defensa da Praza d´Os Praceres, acaban de se licitar novos recheos, novas agresiós ó mar de Marín, ó que lle queren comer outros 25.000 mts.2 de lámina d´auga. Vamos, que a desfeita do litoral sigue por máis que Louro fale da difícil situación creada. Fala incluso, agora sí, do posible impacto de levanta-lo recheo, que moitos entenderiamos como un verdadeiro alivio pró noso mar. Deixa a pelota no tellado da Autoridade Portuaria por se aínda cabe algún tipo de recurso ante unha sentencia inamovible. E, tristemente, afirma que os recheos licitados van seguir adiante.

Agora, como se fosen zahorís, solicitan á Xunta os do bipartito local que poña en marcha os instrumentos urbanísticos necesarios prá construcción dun porto seco asociado ó de Marín, coa fin de solventa-lo problema creado pola sentencia do Supremo que, naturalmente, obriga a retira-los recheos feitos contra natura. Tíñase denunciado que o que realmente fixo a Autoridade Portuaria non foi mellora-lo porto, senón promove-la creación dun polígodo industrial a costa do mar, do pouco mar que nos queda. E agora, un día sí e outro tamén, a receta do porto seco está na boca dos que aquí non souberon velar pola defensa do capital natural e pola reposición da legalidade. A Xusticia parece que sí, que funciona; que mesmo acaba de dictar dúas sentencias importantes: Unha, a que declara como ilegal o Plan Especial do Porto de Marín; outra, en atención a un recurso de WWF-Adena, que pedía a anulación do convenio antre o Goberno e a Junta de Andalucía porque incumpría a lei de Costas, en Cádiz. Sálvanse así 287 hectáreas de marismas en Las Aletas, ás que lle querían dar destino industrial, argumento claramente insuficiente pró Supremo.

Parece que no caso andaluz a Xusticia foi máis rápida que no noso caso. A este respecto i en relación cunha entrevista efectuada por La Voz de Galicia ó letrado don Juan Areses Trapote, publicada o 15.11.2009, o home fai unha exposición moi didáctica sobre a sentencia que parece que algús representantes do Estado de Dereito non leeron; tamén sobre o protagonismo das xentes d´Os Praceres, ás que representou no pleito promovido. ¿Pra qué sirven as sentencias? Pra executalas; de nada vale enmarcalas e poñelas nunha parede do salón. Vemos que a día d´hoxe permanecen sen execución sentencias como a dos casos Tradepana e, sobre todo, a do ferrocarril pró que están a estudiaren unha solución bastarda no canto de repoñe-la legalidade. Na entrevista, que é densa, preguntan tamén ó home polo posible impacto ambiental do levantamento dos recheos, sobre o que dí que habería que llo preguntare ós que saben de protección ambiental; que resulta extraño que non se considere o impacto do dinamitado dos fondos que acabou, practicamente, co traballo das mariscadoras, hoxe subsidiadas.

¿E cómo é posible que o TSXG avalara a actuación?, é outra das cuestiós. Habería que llo preguntare ó TSXG que, ante un problema desta magnitude, debeu paralizar cautelarmente as obras. O letrado bota de menos unha sociedade máis viva, que puido ter acabado coa pretensión dos “iluminados” de se traga-lo mar. ¡Claro que o protagonismo das xentes da Plataforma prá Defensa da Praza d´Os Praceres vése enaltecido, abandonados como foron por outros grupos que puideron ter xogado ó seu favor!. O mérito da sentencia é deles e do seu equipo xurídico. Neste contexto, non se entende que os recheos vaian seguir, que non se “poña coto ás desfeitas”.

jueves, 19 de noviembre de 2009

A XUSTICIA ORDEA O DERRIBO DA CASA DE CARMEN GALLEGO

A casa da ex-conselleira de Pesca, Carmen Gallego, cuio derribo ordea o Tribunal Superior de Xusticia de Galicia.
-
Pontevedra, 19.11.2009
-
Entrada n. 1081 do blog
-
A XUSTICIA ORDEA O DERRIBO DA CASA DE CARMEN GALLEGO,
por Xesús López Fernández
-
A sentencia do Tribunal Superior de Xusticia de Galicia pode ser recurrida en casación. Mellor que inserir comentarios propios será recomenda-la lectura pausada das noticias ás que se refiren os seguintes enlaces. A casa, según a sentencia, foi construída en contra da normativa da Lei de Costas. A denuncia foi promovida por SALVEMOS PONTEVEDRA como parte da súa cruzada xudicial pra incidir na rexeneración política e ambiental.
-

miércoles, 18 de noviembre de 2009

AVISO DE PELIGRO (MOLLABAO)

O mar profanado, profanado incluso pola administración, que quere máis.
-
Pontevedra, 18.11.2009
-
Entrada n. 1080 do blog
.
AVISO DE PELILGRO (MOLLABAO),
por Xesús López Fernández
-
Como o tema da edar d´Os Praceres, actuación presunamente criminal participada polas tres administraciós; como a día d´hoxe e a pesares de non ter título habilitante parece lonxe de que a Xusticia resolva a denuncia presentada por Salvemos Pontevedra, o Concello de Pontevedra quere seguir mareando a perdiz, desnaturalizando o litoral e, como a nulidade radical da depuradora é algo que deben ter asumido, agora queren ir, agora sí, pola vía concesional. Parecen ter claro que xa non son donos da banda do mar.
-
Os que lean este post igual poden botarme unha man, axudarme a comprender de qué vai o Depósito de retención que o Concello quer ubicare en Mollabao. Esperemos a ter máis noticias, pero en fin, aí vai un enlace que se refire á pretensión do equipo de Lores, en previsión dos problemas que se poidan derivare de entubar i entubar máis e máis, sen outra pretensión que levalo todo á edar d´Os Praceres. ¡Probes xentes de Mollabao, probe Pontevedra!
-

martes, 17 de noviembre de 2009

A DEPURADORA ILEGAL DE SUANCES

Fotografía do Diario Montañés. A depuradora de Suances, tamén chamada de Cortiguera ou Vuelta Ostrera, sobre a que existe orde de derribo derivada de sentencia do T.Supremo.
-
Pontevedra, 17.11.2009
-
Entrada n. 1079 do blog
-
A DEPURADORA AILEGAL DE SUANCES,
por Xesús López Fernández
-
A orde de derribo que existe en relación coa depuradora da fotografía, permanece sen data de execución. Sobre este asunto volve a asociación ecoloxista ARCA, a reclamarlle ó Fiscal o comprimento da orde.
-
Tristemente son as asociaciós ecoloxistas as que teñen que denunciar ós que intentan reventa-lo Estado de Dereito.
-

lunes, 16 de noviembre de 2009

O SUPREMO TUMBA UN PROIECTO DO GOBERNO

Mapa prá situación da noticia de Público, 30.10.2009
-
Pontevedra, 16.11.2009
-
Entrada n. 1078
-
O SUPREMO TUMBA UN PROIECTO DO GOBERNO,
por Xesús López Fernández
-
Esto pode traer lecturas prás actuaciós ilegales da edar d´O Lagares, en Vigo, da edar d´Os Praceres, en Pontevedra, e pra moitas outras cousas. O tema das depuradoras galegas está xudicializado.
-
A noticia de Público refírese a unha pretendida actuación do Goberno, pra xerare postos de traballo en Cádiz, ó tempo que se cargaban unha zona marismeña. Crearían, según o contubernio habido antre o Goberno central e a Junta de Andalucía, miles de postos de traballo. Pero non se pode xogare coa Lei de Costas en contra do que moitos pensen. Sigue parte do texto da nova de Público.es:
-
El Supremo admite así un recurso de la organización ecologista WWF-Adena, que pedía la anulación del convenio entre Gobierno y Junta porque incumplía la ley de Costas. Los magistrados consideran que los argumentos del Gobierno para reservar 287 hectáreas de marismas para uso industrial son "claramente insuficientes".
-
-
Leéde tamén os comentarios. No de edelmiro dáse noticia de salvemos pontevedra e de cousas que están a aconteceren na nosa autonomía.

VIAXE EN AUTOCARAVANA POR TERUEL

Festival de grullas, en Teruel. No itinerario está prevista a visita ó humedal que as acolle.
Acueducto de Albarracín. foto de iberica2000.org
-
Pontevedra, 16.11.2009
-
Entrada n. 1077 do blog.
-
VIAXE EN AUTOCARAVANA POR TERUEL,
por Xesús López Fernández
-
iberica2000.org é unha web sorprendente, cunha base de datos sobre medio ambiente e patrimonios natural e cultural increíbles, resultado dun longo e detallado labor. Teño con eles unha relación cordial. Se clicades no enlace que sigue vos haberedes sorprender, talvez, do tesouro de fotografías e información que contén. Curiosamente, aínda onte, por TV2 de sobremesa tiven ocasión de recrearme coa información sobre Gallocanta e os humedales de Teruel, algún deles acollido ó convenio internacional Ramsar de protección de zonas húmedas; mentres, aquí pensamos nas rías como espacios a ocupar, a degradar, a suprimir do mapa e da xeografía, das nosas vidas.

-

domingo, 15 de noviembre de 2009

ENTREVISTA A JUAN ARESES TRAPOTE


O letrado Juan Areses Trapote durante a entrevista outorgada a La Voz de Galicia, 15.11.2009

-
Pontevedra, 15.11.2009
-
Entrada n. 1076 do blog
-
ENTREVISTA A JUAN ARESES TRAPOTE,
por Xesús López Fernández
-
O letrado é home discreto, pouco partidario de conceder entrevistas; pero desta volta e como consecuencia das paridas que se levan dito, incluso por algús dos representantes do Estado de Dereito, tivo que decir algunhas cousas: por exemplo, que parece que Alberto Núñez Feijóo, ó decir que a Autoridade Portuaria puido non estar ben representada, demostra non ter leído a sentencia.
-
O abogado dí tamén que sobre medio ambiente deben falare os expertos, e non esas xentiñas que están aí, na trama, pra xustificaren o que non ten xustificación. ¿Que pode causar danos a retirada dos recheos, máis que os propios recheos, e non causalos a dinamitación dos fondos, unha das causas determinantes da morte do banco marisqueiro?
-
A xente de Pontevedra está un tanto apoucada, como presa do que eu defino como "vaga de doudice", envolta nunha especie de estupidez colectiva. As asociaciós non apoiaron ás xentes d´Os Praceres porque, evidentemente, actuaran, algunhas delas, como correas de transmisión do poder político, se non eran tamén parte na trama.
-
Leéde, por favor, a entrevista á que podedes acceder por medio dos enlaces que se inclúen.
-
-

sábado, 14 de noviembre de 2009

O PANTANO RESCATADO

Un manglar dos Everglades.
Traballos de restauración nos Everglades. Cunha demostración así, os recheos de Marín poderíanse retirar en dous meses.
-
Pontevedra, 15.11.2009
-
Entrada n. 1075 do blog
-
O pantano rescatado,
por Xesús López Fernández
-
A raiz da sentencia do Supremo definitoria da ilegalidade do Plan Especial do Porto de Marín e da súa orde de retira-los recheos á linde litoral do ano 2000 producíronse unha serie de comentarios que non se entenden, porque a execución da sentencia debe ser indiscutible. ¿A quén benefician os recheos?. Á ría non, á pesca e ó marisco tampouco. E retira-la agresión que se veu conformando ó longo destes anos non debería ser difícil. Algús han querer situarse fóra da trama das agresiós producidas, pero é dabondo tarde pra recuar e xogare, azouridamente, coa desmemoria da xente. Que o recurso en casación da Plataforma prá Defensa da Praza dos Praceres ante o Supremo teña prosperado móstraos como auténticos defensores do Estado de Dereito, como no caso da sentencia do ferrocarril, que inda permanece sen executare. A sentencia sitúaos como defensores da razón incluso no momento no que foron agredidos pola Policía Nacional por se opoñeren á construcción da vía que foi declarada ilegal. A día d´hoxe parece que a presunta trama está sen investigare.

Ante as diversas e absurdas declaraciós de que a retirada dos recheos non é viable e que causaría máis dano ó medio ambiente, quero inserir aquí unha información sobre a restauración medioambiental que se está acometendo no estado de Florida dende hai varios anos. Refírome ó ecosistema dos Everglades, mar de biodiversidade que estaba fortemente degradado polo desenvolvemento urbanístico daquela península e a conseguinte contaminación. Os Everglades foron declarados pola Unesco patrimonio da Humanidade. E a rexeneración está en marcha, có horizonte da recuperación dunha superficie de 29.000 kms. cadrados. Sí, unha superficie de máis extensión que a da nosa autonomía e que, cunha inversión que eventualmente vai ronda-los 10.000 millós de dólares, o goberno federal estadounidense e as autoridades locales procuran restaurare unha parte importante daquel paraíso ecolóxico que foi o sur do estado de Florida antes da súa degradación.

¿Podemos pensar nunha recuperación real da ría, espacio sensible, e da dinámica das súas augas; na entrada novamente da sardiña? Aquí fai falta un verdadeiro estudio de enxeñería ambiental… A exposición de vellas fotografías e grabados que o Concello presentou no valado do parking da praza de España sirve pra nos achegar, en parte, á realidade do que foi o fondo intermareal desta ría, no que arestora o mar case non ten protagonismo. Outras agresiós seguirían no século pasado: en Mollavao e Lourizán, prás que sí cabe unha posible restauración se algún partido se compromete coa reposición da legalidade. Retira-los recheos do Porto de Marín, algo máis de 300.000 mts2 non debería representar maior problema. O medio ambiente e a ría agradeceríano. As empresas ás que deron licencia e acollida poden fácilmente reubicarse noutros polígonos, que algús andan sobrados de parcelas, sobre todo tendo en conta que algunhas delas non teñen relación co mar.

Volvamos ó tema dos Everglades, o pantano rescatado, presentado como un esforzo sen precedentes de rexeneración medioambiental, que vai condicionar tamén o crecemento case ilimitado das cidades do sur do estado. Dentro do plan establecido figura a compra de miles de hectáreas actualmente dedicadas á prantación de cana de azucre. A pretensión é a de, no longo prazo, integralas no ecosistema dos Everglades e devolver a eses espacios a vexetación autóctona, a condición orixinal de xunqueiras ou manglares. Nos Everglades conviven, e pelean: caimáns, cocodrilos americáns, manatís, garzas, águias, e peixes….Pero non todo é interese ecolóxico, sendo como son os Everglades un polo de atracción turística, creador de emprego. O dito non ten comparanza co esforzo que en Pontevedra deberiamos facer, se queremos recupera-la ría como medio de producción natural, ademáis de desterra-los recheos dehonestos. Aquí teríamolo moi fácil. Cuestión de vontade.

viernes, 13 de noviembre de 2009

LORES DIFICULTA A RECUPERACIÓN DE LOURIZÁN

Vista aérea de Ence.
-
Pontevedra, 13.11.2009
-
Entrada n. 1074 do blog
-
LORES DIFICULTA A RECUPERACIÓN DE LOURIZÁN,
por Xesús López Fernández
-
A sentencia do Tribunal Supremo deixou a Lores desamparado. Non importa que el, xogando coa desmemoria da xente, intentara poñe-la pelota no tellado dos outros. Lembremos, pois, algunha cousa:
-
Lores pulou polo tren, que tamén inaugurou con Fraga, Cuíña e Tonecho. Unha sentencia declarándoo ilegal ó seu paso pol´Os Praceres sitúa ós catro fóra do Estado de Dereito.
-
Lores apoiou a construcción da Edar nas marismas de Lourizán, con financiación europea, cando a Lei de Costas a define como ilegal.
-
Lores quer potencia-la ocupación futura da Avenida de Marín, tamén dominio público marítimo terrestre.
-
Lores tenta unha máis de brutalismo urbanístico co macronudo que pretenden na punta de Mollavao.
-
Lores non se preocupou pola pretensión de innecesariedade feita por Ence das marismas de Lourizán, batalla ganada, administrativamente, por Salvemos Pontevedra..
-

EN DEFENSA DA VIDA

Pontevedra, 13.11.2009
-
Entrada n. 1073 do blog
-
EN DEFENSA DA VIDA,
por Xesús López Fernández
-
Éste é un blog crítico, no que se defende a ecoloxía, a vida, e se censura o malfacer gubernamental, de gobernos maiores ou menores, de todos aqueles nos que participan políticos sin preparación nen honradez.
-
Pero nalgunhas cuestiós será preferible deixarlle a palabra a certas organizaciós, como HAZTEOIR, da que se inclúe neste post un enlace sobre a defensa da Vida, dende Zaragoza, por medio dun congreso mundial que se celebra dende o venres ata o Domingo.
-
Clicade sobre o enlace que citamos: O mundo promove dende Zaragoza a defensa da Vida.

jueves, 12 de noviembre de 2009

RESTAURACIÓN DE EVERGLADES


Mapa de Everglades en Florida, sobre os que existe un plan de recuperación de gran alcance.

-
Pontevedra, 12.11.2009
-
Entrada n. 1072 do blog
-
RESTAURACIÓN DE EVERGLADES,
por Xesús López Fernández
-
Vaia a información que se inclúe nesta entrada prá darlle luces ós ceporros que din que non se pode recupera-lo espacio ocupado polos deshonestos recheos feitos ó abeiro do Plan Especial do Porto de Marín. Sí que se pode recupera-la ría. Será cuestión de enxeñería ambiental, de que os políticos interinos non dispoñan do país como se fose unha finca, unha tenza particular.
-
Disfrutade co seguinte enlace e, si queredes, buscade en internet, porque hai moitas máis información:

miércoles, 11 de noviembre de 2009

GOLPE Ó RECHEO DAS RÍAS.

Foto d´El Correo. Protesta en Cangas polos recheos proiectados.
-
Pontevedra, 11.11.2009
-
Entrada n. 1071 do blog
-
GOLPE Ó RECHEO DAS RÍAS,
por Xesús López Fernández
-
As previstas actuaciós contra o mar, na ría de Vigo; outra novas na ría de Pontevedra, poden verse paralizadas ó amparo da sentencia do Supremo que declara ilegal o Plan Especial do Porto de Marín e ría de Pontevedra. Tamén El Correo trata o asunto, mentres algús periódicos de tirada nacional pasaron do asunto, como se Galicia non estivera no mapa, como se o acontecido aquí, a sumisión dos representantes políticos ós clústers, non fosen evidencia, polo menos presunción, dunha certa transferencia de fondos de reptiles, como se decía no tempo de Felipe González, como podemos supoñer que acontece tamén en Pontedra.
-
Sigue a noticia d´El Correo: GOLPE Ó RECHEO DAS RÍAS.

OS NEMIGOS DO MAR

La Voz de Galicia, 11.11.2009. A autoridade portuaria licita novos recheos ó tempo da sentencia do Tribunal Supremo que os define como nemigos do mar.
-
Pontevedra, 11.11.2009
-
Entrada n. 1070
-
OS NEMIGOS DO MAR,
por Xesús López Fernández
-
Están que botan lume, non queren facer exame de conciencia, da súa actuación como descerebrados pra se carga-la ría. Os políticos todos estaban na trama, como o propio Lores que agora querse desmarcare, como si el non tivera nada que ver coas licencias outorgadas a Gonvarri e a Protea; como se fose mentira a súa demanda escrita de urxencia pró ferrocarril a Marín, que inauguraría con Fraga, Cuíña e Tonecho; como se non estivese a xustifica-la edar ilegal d´Os Praceres; como se non quixeran as súas xentes marcar un novo borde litoral, etc. E agora queren promove-la necesaria movida de presión pra solapa-la súa mediocridade, pra redimilo na medida do posible.
-
Os políticos todos están, estaban na trama. E agora faría falta dar aquí un novo paso pra que a Fiscalía e un xués especial entrasen no fondo da mesma, nas sentinas da corrupción que leva máis de quince anos agochada, a acabar coa ría.
-
Noticias desta data:
-

martes, 10 de noviembre de 2009

BERLÍN CELEBROU A CAÍDA DO MURO

A porta de Brandenburgo, o 8.11.2009. Berlín celebrou a caída do muro, o vinte aniversario. Desta volta simularon unha nova caída cun gran dominó, parcialmente visible nesta fotografía.
-
Pontevedra, 10.11.2009
-
Entrada n. 1069
-
BERLÍN CELEBROU O VINTE ANIVERSARIO DA CAÍDA DO MURO,
por Xesús López Fernández
-
Hai que lembrar que a caída foi posible, tamén, gracias ó labor titánico dos Xefes de Goberno que pularon pola súa desaparición: Xohán Paulo II, Gorbachov, Margaret Thatcher, George Bush Senior.....
-
The Moderate Voice,
-

QUEREN REVOCA-LA SENTENCIA DO SUPREMO

Porto de Marín. Máis de 300000 metros cadrados, ilegales.
Vista parcial do porto seco no que tentaron converti-lo porto de Marín, coa pretensión, tense apuntado máis dunha vez, de chegaren coa súa demencia a enlazar coa illa de Tambo.
-
Pontevedra, 10.11.2009
-
Entrada n. 1068 do blog
-
QUEREN REVOCA-LA SENTENCIA DO SUPREMO,
por Xesús López Fernández
-
A sentencia do Supremo declarando ilegal o Plan Especial do Porto de Marín e ría de Pontevedra, agora sí, xa é conocida pola tropa política. Os distintos partidos queren agora lava-las mans, presumir dun falso ecoloxismo, cando todo o mundo sabe que aquí había unha presunta trama da que non se salva nadie. Nen Lores, o home que en Maio do 2000, urxía a construcción do ferrocarril. ¿Por qué, pra qué?. Porque estaba na trama, porque quería impulsa-lo porto ilegal por moito que agora diga. ¿É que Lores defendeu nalgún momento a legalidade en relación coa ocupación do dominio público marítimo terrestre?. ¡Se nen tan siquer ousou entrare no tema de Holcim-Horpasa, que nunca tivo concesión nen licencia municipal!
-
Vaian aquí algús enlaces da prensa d´hoxe. Que cadaquén xusgue:
-
El País, 10.11.2009: O Porto de Marín alega que é imposible retira-los recheos.
Faro de Vigo, 10.11.2009: O Porto cree que executa-la sentencia vai ser máis lesivo que deixa-los recheos.
Faro de Vigo: 10.11.2009. Lores agora dí: Saltáronse os informes municipales e o sentido común. ¿I el non? ¿Non é tamén conselleiro da Autoridade Portuaria?
Faro de Vigo, 10.11.2009: Non temos claro cal é o camiño que temos que tomar, dí o alcalde de Marín.

sábado, 7 de noviembre de 2009

PONTEVEDRA EN CLAVE ECOLÓXICA

O Brado, de Münch, volve ilustrare un traballo sobre a situación terminal da nosa ría.-
Precisamente o día 5.11, cando se presentaba a revista da Asociación de Veciños de San Roque, un amigo informabame telefónicamente da notificación da sentencia do Supremo, xa conocida, que vimos comentando estos días.
-
O traballo que se inclúe nesta entrada figura antre os publicados na revista e vai da involución medioambiental da nosa ría e de cómo Pontevedra foi perdendo o seu vincallo co mar.

Pontevedra, 7.11.2009
-
Entrada n. 1067 do blog
-
Pontevedra en clave ecolóxica,
por Xesús López Fernández


O Cumio Medioambiental de Río Janeiro 1992 quixo marca-lo camiño, fixar pautas, pra unha posible salvación do planeta. Foi daquela cando se comezou falar, como receta máxica, do desenvolvemento sustentable, concepto éste que sería tratado noutro Cumio, o de Johannesburgo, no ano 2002, no que participaron 190 Xefes de Estado e de Goberno, que ademais asinaron unha promesa “solemne”: a de traballaren arreo por un desenvolvemento sostible, algo que tentarían fose un logro real prás xeneraciós herdeiras do planeta. Sobre esto existe tamén unha responsabilidade directa das cidades, que teñen na Carta de Aalborg do 1994 [e outros acordos posteriores] un claro compromiso ambiental e moral a seguir.

No preámbulo da Carta faise recaer sobre as cidades a maior parte dos problemas ecolóxicos que ten o planeta. E así, xa no preámbulo afirma: “Nós, cidades e pobos de Europa, asinantes desta carta, declaramos que, no proceso histórico, as nosas cidades teñen formado parte de imperios, naciós-estado e gobernos e que se teñen constituído como centros de vida social, xeradoras de economías propias e celadoras da cultura, herencia e tradición. Integrando familias e barrios, as cidades teñen sido os elementos básicos das nosas sociedades i estados. Teñen sido centros de industrias, oficios, comercio, educación e goberno”.


Estamos en Pontevedra, cidade en regresión que foi, nos séculos XV e XVI, un importante porto; cidade que, coa súa ría, sabía da sustentabilidade da pesca da sardiña ou da práctica das “entalladas”, das que en Lourizán aínda gardan memoria das practicadas antre illa Ravela e a punta Sartán. E alguén aínda pode ter oído da época na que había ostras por riba da ponte do Burgo. A marea penetraba nas xunqueiras todas, onde a vida renacía ó tempo que exercían de depuradoras biolóxicas con máis eficacia que as de nova xeneración, construídas ó mellor contra natura, contra a Lei de Costas. Eran capital verde e productivo. Pero ese mundo foi desaparecendo, reconvertído-los espacios húmedos en solares ou simplemente desecados, cando se telumbran posibles novas agresiós en contra do que é dominio público marítimo terrestre e como tal inembargable, inalienable, imprescriptible e insusceptible de desafectación, como ben lembrou Cristina Narbona no seu mandato á fronte do ministerio de Medio Ambiente, en relación coas marismas de Lourizán.

Cando están en marcha, de xeito un tanto opaco, os traballos do futuro PXOM da capital e tendo en conta que Pontevedra suscribeu a Carta de Aalborg, un pergúntase qué están a faceren coa chamada Axenda21Local, instrumento necesario en orde ó estudio e traballos prá necesaria recuperación do capital natural: do litoral, da vida, e acabar coa querencia de seguiren cos recheos pra posibilitaren a arribada de empresas non relacionadas co mar. Porque todo o que se está a facere parece levar consigo unha certa carga de irracionalidade, de maior agresión, coa idea fixa de mata-la ría. Vede senón cómo as novas urbanizaciós, en Combarro, Samieira, Raxó, baixan, como cabalos á grea dispostos a enguliren o mar e os pequenos portos pesqueiros, que desaparecen como desapareceu o porto de Pontevedra.


Moitas cidades informan, cando acometen novos plans de urbanismo, da elaboración da Axenda21Local, que ha ser sempre un documento democrático consultado porta a porta, casa por casa. Tódo-los veciños poden ter algo que decir en relación cos traballos prá recuperación ambiental do seu lugar. Aquí, en Pontevedra, tamén. Pero vexo a Axenda21Local pontevedresa como algo furtado, inexistente, mentres sí van acometer, se algo non-o remedia, a construcción da chamada nova Ponte d´As Correntes, outro instrumento pra unha maior presión e desfeita da Xunqueira d´Alba, prá presunta reconfiguración do espacio como gran solar aínda tendo sido denominado “lic”, lugar de importancia comunitaria. Outra falacia, porque realmente nunca se activaron as tareas prá súa rexeneración máis alá da creación dunha concellería de Medio Ambiente Natural. Ou tamén a outra gran agresión proiectada pra Mollavao: o macronudo, ¿pra qué? ¿Pra consolidaren a autovía a Marín que debería desaparecer no horizonte do 2018? E a reconfiguración das marismas de Lourizán como novo gran solar, pelotazo, que xa anunciaran pasos nese sentido.

Núñez Feijóo prometeu a recuperación daquel litoral. Veremos. A promesa doutros ía en distinto sentido, acabamos por saber. E todo esto sirve pra insistir na necesaria elaboración da Axenda21Local. Se queremos recupera-lo capital verde é necesario poñer en marcha os foros democráticos que se precisen. E poderiase xa comezar, antre outras cousas, por demandaren a recuperación da legalidade en actuaciós sobre as que existen sentencias firmes do Tribunal Supremo, como no caso Tradepana ou no do paso do ferrocarril pola praza d´Os Praceres. Pero as forzas políticas non parecen estar polo labor de que esto funcione como Estado de Dereito. Lembremos que, en definitiva i en contra do aconsellado polo ministerio de Medio Ambiente do PP [oposto á construcción do ferrocarril ó porto polo trazado actual], na viaxe inaugural coa locomotora Mikado estaban presentes Fraga, Cuíña, Lores e Tonecho, rubricando o que sería sentenciado como ilegal.


E rematemos traendo aquí algo sobre a Lei de Costas, do seu artículo 44.6: “Las plantas de aguas residuales se instalarán fuera de la ribera del mar y de los primeros veinte metros de la servidumbre de protección”. É decir, a depuradora d´Os Praceres non se axusta ó espírito da Lei. Construída en dominio público marítimo terrestre, en espacio “non segregado” da concesión de Ence, é de razón definilo como actuación presuntamente delictiva, como tamén o emisario, pensada a ría como gran sentina. Tamén cabe formular outra pergunta: a de se España non terá que lle devolver á UE os fondos por ela remitidos pra esa obra. ¿Conocen os servicios xurídicos da UE a realidade ambiental desta ría e a de Pontevedra, que se foi porto e por traición á súa natureza é decote máis cidade de secano?

¡Claro que a Lei de Costas tería sido un instrumento eficaz pra salvare aquí o noso capital natural!. No citado artículo 44.6, no parágrafo seguinte, di: “No se autorizará la instalación de colectores paralelos a la costa dentro de la ribera del mar. En los primeros 20 metros fuera de la ribera del mar se prohibirán los colectores paralelos”. ¿Qué está a acontecer, tamén en Monteporreiro e ó pé de San Benito, nun lugar declarado “espacio protexido”, agredido por esos tubos en paralelo, onde van construir tamén unha ponte impensable nun lugar con esa catalogación e cando xa parece que foi abandonada a idea da construcción do hospital único en Montecelo?


E conclúo. Vivimos nunha cidade que perdeu o mar e mái-la vocación atlántica que levou ós nosos mariños polo oceano global. E tomo unhas palabras de Al Gore: “Nunca ten sido tan importante que afrontémo-la realidade dos nosos retos a longo prazo [….]. Sen embargo, a razón é aburada por forzas que usan de técnicas sotiles como a propaganda, a psicoloxía e os medios de comunicación electrónicos” [e o propio poder, engadiríamos]. “Anque os retos ós que nos defrontamos son grandes, teño máis confianza que nunca en que a democracia vai triunfar e que estaremos á altura do desafío…” Confiemos nese triunfo da democracia tamén en Pontevedra e que, coa Axenda 21 Local debidamente participada i elaborada recupere o mar e as súas praias urbás e outros valores no canto de sumirse xangalmente aínda máis como cidade de secano. Difícil salvación se non recuperámo-la natureza no entorno todo: litoral, ría, río, xunqueiras.

¿Posible? Depende da casta política, da súa vontade. De que estudien, agora que comeza o curso, o abecedario da Axenda21-Local, non novas recalficaciós.

ENTREVISTA A ELADIO TORRES

Eladio Torres, presidente do colectivo veciñal da Plataforma prá Defensa da Praza dos Praceres, acaba de facer declaraciós a diversos medios en relación coa sentencia do Tribunal Supremo que vimos comentando. (Foto de La Voz de Galicia)
-
Lonxe de ve-lo camiño achanzado coa devandita sentencia, o colectiva agarda unha nova arremetida ilegal prá consolidación do tren que xa tería d´estare levantado. Pero mellor leé-las declaraciós do interesado e as dalgús dos seus compañeiros, no mesmo sentido.
-
Pontevedra, 7.11.2009
-
Entrada n. 1066 do blog.
-
LA VOZ. ENTREVISTA A ELADIO TORRES.
.
EXECUTA-LA SENTENCIA DEIXARÍA Ó PORTO SEN A TERMINAL DE CONTENEDORES

TRIBUNAL SUPREMO PERPLEXO ANTE A POSTURA DA AUTORIDADE PORTUARIA

O BORDE LITORAL, 7.11.2009

A terminal de contenedores do porto de Marín, coa sentencia do TS, queda privada de sentido. É que o porto nunca debería ter perdido a súa dimensión de porto pesqueiro, e pouco máis.
.-
Pontevedra, 7.11.2009
-
Entrada n. 1065 do blog
-
O borde litoral,
por Xesús López Fernández

-
O borde litoral da nosa ría, sobre todo o Sur, ven sendo noticia últimamente. Primeiro foron as infografías do novo deseño da avenida de Marín mostradas polo concellal non electo, Luís Bará; despois os avisos do conselleiro de Medio Ambiente, alegando desconocemento da obra proposta, ó parecer con novos e idílicos solpores, porque, naturalmente, a avenida non deixa de sere dominio público marítimo terrestre, terreo demanial, e a Lei de Costas é a que marca a norma. A día d´hoxe e tendo en conta o espacio deslindado, o borde litoral sigue estando marcado, grosso modo, pola vella estrada a Marín. Pero hoxe non vou entrare polo miúdo na Lei de Costas, senón no que sí foi noticia principal de semáa: a sentencia do Tribunal Supremo do Estado, que anula a do TSXG do 17 de marzo do 2005. Prosperou o recurso de casación da Plataforma prá Defensa da Praza dos Praceres, que levaba anos denunciando o que o alto tribunal define agora como ilegal: O Plan Especial do Porto de Marín.

Ben está que a actitude ferreña das xentes d´Os Praceres reciba agora un reconocemento que senta ademáis xurisprudencia e que pode marcar un punto de inflexión na rexeneración da ría, espacio sensible agredido de mil e unha formas. Unha vez máis demóstrase que é a sociedade a que ten que denunciare ante a Xusticia e procurar, por medio dela, o restablecemento da legalidade, lonxe dos partidos que parecen “velar” por outros intereses, ó dictado dos clústers. ¿É que nengún partido reparaba nos recheos sucesivos, de cómo se lle estaban poñendo cancelas ó mar, considerando como terreo urbán o que era pura lámina de auga? E así foron configurando un polígono industrial ilegal, roubándolle protagonismo ó mar, maiormente, según reconoce a sentencia agora dictada, considerando a incidencia da obra sobre un espacio de alto valor ecolóxico como é a Ría de Pontevedra.

Dende o primeiro recurso da Plataforma prá Defensa da Praza dos Praceres, no ano 2001, vai demasiado tempo. Un pergúntase se a Xusticia non terá chegado tarde cunha sentencia prá que o Tribunal fixa a que debe ser unha execución exemplarizante: a regresión dos recheos, máis de 300000 metros cadrados, á situación do ano 2000; o Tribunal declara tamén ilegales as obras efectuadas ó abeiro do Plan especial e, no punto octavo dos fundamentos da sentencia establece que serán as Administraciós as responsables da reposición do espacio á súa situación orixinaria, e serano a Xunta nun 30%, a Autoridade Portuaria nun 50% e a Diputación de Pontevedra, nun 20%. Outra das causas da anulación da sentencia foi a falta de estudio de impacto ambiental, preceptivo según a lexislación española i europea.

A día 5.11 tiven noticia da sentencia do TS, que comezaría a conocerse a partir do seguinte día. A reposición da legalidade debe dibuxarse agora como único futuro posible pra esta sociedade, se verdadeiramente quer defende-lo urbanismo sustentable e recupera-la ría como manantial de vida. Eladio Torres, presidente do colectivo veciñal sinalou ante diversos medios que a Plataforma ven gañando por “goleada” nos diversos casos que levan prantexado pola vía xudicial e que eles sempre tiveron claro que o Plan Especial do Porto era unha pura ilegalidade que incumpría “todos cantos preceptos legales puidese haber, dende a portada do expediente ata o punto final”. Denuncia tamén ós políticos relacionados coestas obras ou co incumprimento de sentencias anteriores, como a do levantamento do tren. “Coa sentencia (sen precedentes no ámbito das infraestructuras portuarias), a algús pódelles cae-la cara de vergonza, e confía en que poida forzar un regreso á normalidade”. Pide tamén que os “portavoces” do Estado de Dereito (Fiscalía, Delegado do Goberno, Ministerio de Medio Ambiente) entren de oficio neste e outros asuntos sentenciados pendentes de execución. A recuperación do borde litoral depende deles. Os cidadáns, coa acción pública, debemos de lle lembra-los deberes.

viernes, 6 de noviembre de 2009

A SENTENCIA DO TRIBUNAL SUPREMO


Volvemos co Brado, de Münch. O primeiro plano da pasarela pode correspondere ó anunciado deseño de Mosquera e Bará, que empalmaría co de Ana Pastor, n´Os Praceres. Á fin de contas, os partidos todos parecen enzudrados na cuestión do Plan Especial do Porto de Marín e ría de Pontevedra, sentenciado como ilegal polo Tribunal Supremo do Estado.
-
Pontevedra, 6.11.2009
-
Entrada n. 1064 do blog.
-
SENTENCIA TRIBUNAL SUPREMO
-
A Plataforma prá Defensa da Praza dos Praceres apúntase así un novo triunfo ó ver prospera-lo seu recurso contra a sentencia desestimatoria do TSXG do ano 2005.

-
O Tribunal reparte culpas e os gastos de reposición do litoral do ano 2000 corresponden, á Xunta, un 30 por cen, á Autoridade Portuaria, un 50 por cen, e un 20 por cen á Diputación de Pontevedra.
-
A ver cómo se consigue a execución da sentencia, asunto no que deberían entrar xa, de oficio, a Fiscalía, o Delegado do Goberno, o Subdelegado. Tristemente non se pode contar cos partidos, presuntamente tocados pola corrupción.

-Sentencia Tribunal Supremo

O BORDE LITORAL

O Brado, de Edvard Münch. Como un berro case animal, así podemos representa-la protesta pola morte da nosa ría, valéndonos da imaxe do pintor noruego. O colectivo pontevedrés esstá horrorizado mentres os especuladores están situados ó fondo da pasarela maxinando novos solares.
-
Entrada n. 1063 do blog
-
O BORDE LITORAL,
por Xesús López Fernández
.
Agora, cando Luís Bará acababa de prometer novos solpores e a recuperación do borde litoral, o home vai sabe-lo que é o borde litoral e que sobre a autovía de Marín, dominio público marítimo terrestre non se pode xogar. Algo xa debía sabe-lo conselleiro de Medio Ambiente cando na pasada semáa negou saber nada de cómo Luís Bará, o conselleiro non electo, tentaba facer ignorancia da Lei de Costas.
-
A este tema penso dedica-lo meu artículo do próximo luns. Pero vaia xa nesta entrada un enlace de La Voz de Galicia no que se informa de sentencia dictada polo Tribunal Supremo de Madrid, que dinamita o Plan Especial do Porto de Marín.
-
A sentencia establece o grado de culpa e os gastos a asumir pola Autoridade Portuaria, a Xunta de Galicia e tamén a Diputación de Pontevedra. Sigue o enlace:
-

miércoles, 4 de noviembre de 2009

Exercicio de memoria [26.07.2003]

Dibuxo fractal de Xesús López: Lourizán, antes e despois (agora). A parte superior quer lembra-las marismas de Lourizán antes da Celulosa; a parte d´abaixo quer retrata-la sentina na que se vai configurando a ría. O artículo que sigue, outro recuperado do 2003, fala daquel mundo perdido; tamén mostra outras sensibilidades no Bloque de Beiras, agora perdidas, descoberto xa o xogo xangal do partido, con portavoces que prometen novos solpores. E seguimos, ademáis, sen Plan de Emerxencia Exterior. Aquí non se lle teme ó cloro.
-
Entrada n. 1062 do blog
-
Exercicio de memoria, [26.07.2003],
por Xesús López Fernández

A cuestión da papeleira que queren montar en Pontevedra é un sen sentido, porque se ós alemáns lles resulta rentable merca-la celulosa aquí pra fabricaren o papel tisú no seu país, evidénciase a falta dun estudio serio pra outro lugar de Galicia. Se verdadeiramente se quere pensar nas posibilidades desta ría, en capacitala pra unha auténtica acuicultura e pró turismo de excelencia, hai que forzar un cambio total pró panorama que algúns están a soñar, no que columbramos o deseño final dunha ría sen praias...E un, que lembra a Puntada e Cocheras como lugares frecuentados, relembra tamén o ir e vir en tranvía ata a parada de Lourizán, o areal preferido pola familia, especie de horta do común, horta largacía na que a baixamar permitía coller, coas simples mans, croques e ameixas en abundancia. ¡Cánto cambiou todo! ¡Cómo nos roubaron o mar! A construcción da avenida de Marín nos últimos cincoenta sirveu prá formación espontánea, alí, dunha auténtica granxa mariña: cariocas, lenguados e rapantes, vieiras, ostras e, como sempre, berberechos e ameixas, unha das caras do potencial económico deste mar, quebrado coa presencia da fábrica de celulosa dende 1963, nunca axustada ás condicións da concesión. Dende aquela, problemas de saúde e alcatreo.

De doudice política foron os criterios aquí aplicados en materia de urbanismo e de industrialización, o estreitamento máis e máis do río, as construccións do entorno da Moureira [en zonas que nalgún caso foron dominio do mar] de casas e casas a taparen a fachada de Santa María, tan ligada ó gremio de mareantes que agora se consolarían coa construcción na rotonda de San Roque dun monumento ás súas xentes, ó que elas representaron no mundo do mar, cando As Corbaceiras eran un porto vivo. Lembremos ós Nodales ou a Sarmiento de Gamboa. E teñamos presente que a teima desfacedora, arrasadora, é de relativamente hai pouco, porque a casa solar do último dos citados foi desfeita sendo alcalde Rivas Fontán... Un pergúntase ónde estaba Patrimonio daquela, e lembra a López Capont indignado con motivo dunha visita ó lugar, cicerone duns amigos chilenos ós que lles quixo mostra-la casa do autor dos primeiros mapas do seu litoral...Tamén Celso García de la Riega, autor dun libro adicado a “La Gallega”, a caravela Santa María, deixou un comprido retrato do que foi a nosa ría, a presunta patria de Colón. I é seguro que Adriano, o gran constructor de pontes, marcou o camiño do que non se debía facer, pra que as mareas xogaran libremente a preñaren de vida os contornos das xunqueiras. Adriano, un adiantado en Ecoloxía.

E á Ecoloxía refireuse Beiras o pasado 25 como unha das bases pra construí-la nosa libertade. No da papeleira [máis ruína ambiental] non parecen estar conformes os homes da CIG. E veremos ónde chega a denuncia do goberno local ante a Xusticia, en contra do decreto de supramunicipalización da Xunta pra que a nova fábrica se poida construir sen licencia municipal, o que serviría pra consolida-lo complexo pontevedrés [que caduca no 2018] en contra da lei, en contra tamén da vontade de moitísima xente. Un entende que a postura do Concello é correcta esta vez, aínda recente a súa inhibición noutros temas de importancia medioambiental [construcción do tren por sitio indebido, recheos no porto]. E que existe un horizonte posible prá solución de moitos dos nosos problemas: o Tribunal de Dereitos Humáns de Estrasburgo. Pero aquí faltou un colectivo con clara vocación e con cartos, disposto a chegar ó alto tribunal. E lembremos o acordo plenario do Parlamento de Galicia de abril, ano 2000, de solicitar á SEPI o traslado da fábrica de cloro. Pero foi daquela, tamén, cando se retirou o Proiecto de Lei da Calidade das Augas da Ría de Pontevedra. ¡Qué extraño todo!.

Pero Elnosa permanece sen plan de emerxencia exterior, algo que convén ter moi presente despois do acontecido en Cataluña, un incendio producido nunha industria química de Les Franqueses del Vallés, coa conseguinte nube de cloro. O día 18 de Xullo informaban diversos medios [prensa e televisión] de que cen mil persoas estiveran en grave peligro, feito reconocido pola propia Generalitat. “Cara as 22 horas do xoves 17, os bombeiros, que desprazaron ó lugar a 25 dotacións, conseguiron controla-lo lume e con aspersores de auga foron diluíndo a nube tóxica ata que, ás 23 horas, desactivouse o Plan de Emerxencia Exterior e os veciños puideron abri-las ventás e sair á rúa”. Houbo que corta-lo tránsito en diversas estradas, xa que a nube desprazouse por diversos municipios da bisbarra....Un pergúntase se en Pontevedra, coas estreiteces existentes, pode funcionar un plan de emerxencia, pero mellor pensar nun futuro sen nube de cloro, con Ence i Elnosa lonxe daquí, vertido cero, sen alcatreo... ¡O vello Lourizán das viaxes en tranvía!. ¡Eso era calidade de vida! No-la roubaron.