jueves, 31 de diciembre de 2009

O FÁRRAGO DO IDIOMA GALEGO

Foto de La Voz de Galicia correspondente a algunha das movidas en relación co idioma galego. Os manifestantes da foto máis ben se manifestaban a prol do galegués.
-
Pontevedra, 31.12.2009
-
Entrada n. 1112 do blog
-
O FÁRRAGO DO IDIOMA GALEGO,
por Xesús López Fernández
-
Onte foi presentado o borrador do novo decreto da Lingua, que parece non axustarse ás promesas de Núñez Feijóo. Prefiro incluir diversos enlace de La Voz de Galicia, nos que está tamén, íntegramente, o farragoso texto do citado borrador, redactado en galegués. I é que non queremos entender que algunhas das persoas que, no eido da política, falan de galego, xa non falan galego, senón galegués.
-
Na ensinanza debe terse en conta, básicamente, a lingua de instalación dos nenos e nenas, que na nosa sociedade son o castelán e o galego, sobre todo no eido rural. Pero foi este idioma do eido rural o fortemente agredido polos ayatoláhs do BNG, coas que eu denomino normas da deriva estalinista, coas que practicaron unha especie de enxeñería pra deixare ó noso pobo privado de alma e convertilo, a poder ser, en portugués.
-

DEMOLICIÓS NO LITORAL

Cristóbal Fernández, novo xefe provincial do Servicio de Costas.
-
Pontevedra, 31.12.2009
-
Entrada n. 1111 do blog
-
DEMOLICIÓS NO LITORAL,
por Xesús López Fernández
-
O novo xefe provincial de Costas dí que o deslinde de cincocentos kilómetros do litoral non abonda pra facer demoliciós, que antes hai que face-los oportunos expedientes.
-
Incluímo-la noticia d´hoxe, de La Voz de Galicia, en relación coas súas declaraciós. E parece evidente que non se pode derribar sen promove-lo expediente pertinente. Pero a pergunta pra nota que eu formulo a este home é a seguinte: ¿Por qué Costas non entra de oficio en tantísimo caso de flagrante agresión ó noso litoral e que teñan que se-las asociaciós as que denuncien e xudicialicen asuntos, metendo no saco da acusación ás propias Administraciós, como no caso da edar d´Os Praceres, onde son delincuentes as tres Administraciós?. Non se pode consentir tantísima deixadeza de funciós. E a rexeneración democrática faise urxente, ou ésto se prostitúe aínda máis.
-

A CRECIDA DE LORES


Lores mostrouse crecido na roda de prensa outorgada onte no Cafetín da Alameda e comentou que se atopa físicamente ben, como pra se presentar de novo nas próximas elecciós, en función do que os órganos do Partido acorden.
-
Pontevedra, 31.12.2009
-
Entrada n. 1110 do blog
-
A CRECIDA DE LORES,
por Xesús López Fernández
-
Prefiro titular así este post que non "Lores, crecido". En todo caso a súa crecida pode ser como a do Gafos ou o reventón das alcantarillas en Monteporreiro onde, estos pasados días e con motivo de ter saltado as tapas dos rexistros, había unha clara presencia de compresas, condós, etc. É decir, en Monteporreiro está vivindo un colectivo de persoas sen cultura urbáa, a que lle falta tamén ó propio alcalde no tema do saneamento. Pero deso non quixo falar na roda --que el chama rolda-- de prensa. (Como a palabra "rolda" significa santa compaña, ó mellor é por eso que lle gusta a Lores)
-
Se nas pasadas elecciós perderon tres concellales, agora están gobernando coa traición do PSOE á sociedade pontevedresa, porque este partido, que tanto ía crecer, aumentou a súa presencia no Concello, polo traballo en Xardíns de Celia Alonso, un concellal.
-
Pero Lores, que sigue clamando "¡Ence, fóra!", non está polo labor da recuperación das marismas de Lourizán, algo que de momento sóo prometeu, en campaña, Núñez Feijóo, porque el sí falou da recuperación do litoral de Lourizán. Lores é un peligro.
-
Lores sabe que Ence xa non ten concesión, nen Elnosa, e que Holcim nunca a tivo, nen tan siquer licencia municipal. ¿Pero a qué coño espera, quén pode seguir creendo que temos un alcalde ecoloxista?
-
Na reunión cos informadores de prensa falou da ponte d´As Correntes, aberración, e da ponte de Monteporreiro, en lugar protexido pertencente á Rede Natura. Pero é que ademáis queren deseñar unha nova ribeira, esquecidos de que o espacio que ocupa a avenida de Marín tamén é dominio público marítimo terrestre, no que se están invertindo, indebidamente, fondos da Unión Europea, engañada en relación coas obras da edar d´Os Praceres, na que podemos estima-la definición de nulidade radical. Consultade senón a Lei de Costas, art. 44.6.
-
Nas próximas elecciós, Lores non debería ter nen medio sopapo a pouco que o PP prometese, con claridade, a reposición da legalidade en todo o litoral; a recuperación da circulación na zona vella, morta de peatonalización, convertida en gulag no que resulta difícil sobrevivir, privada de accesos ou cun comercio, que se nalgún tempo foi vida da zona, desta volta e por mandato do BNG, apoiado en certos comisario políticos, está en situacón preagónica.
-

miércoles, 30 de diciembre de 2009

LEMBRANZA DE ÁNXEL FOLE

Ánxel Fole, o home que quería "arrepresenta-lo galego como se fala". A súa obra foi non poucas veces traicionada.
-
Pontevedra, 30.12.2009
-
Entrada n. 1109 do blog
-
Artículo recuperado do 25.08.2003. Pode ser oportuna a súa lectura hoxe, cando está previsto un novo decreto sobre a Lingua, que xa case está morta polas normas espúreas que a RAG acatou, usada como un cabalo de Troia polas xentes do BNG.
-

Lembranza de Ánxel Fole [25.08.2003]
Por Xesús López Fernández

-Caso de vivir, Fole tería agora cen anos. E podería comprobar que as cousas non camiñaron como el pensaba, que telumbraba un futuro máis rico prá nosa lingua. O aforismo co que se cerra o segundo tomo das súas obras completas é ben claro: “A fala é o que se fala”. I ese foi o norde do home e a ele fai referencia na presentación do seu libro “Contos da néboa”. Discúlpase porque nunca foi defensor do galego puro, máis ben dun galego variado, que tomase palabras de aquí e de acolá, das diversas comarcas. E pensou que por aí irían as cousas, afirmando que nos derradeiros movementos literarios estabase a rexistrar unha tendencia cara á fala popular, integradora de tódo-los xeitos de deci-las cousas das diversas bisbarras, “coas súas síncopas, paragoxes, aféresis, enclitismos, proclitismos e apócopes carauterísticas. Escribo “despoixas” en vez de “despois xa”. Ou “seica” e non “sei que”.[.....]”. E valoraba a “grandisma” variedade do galego, “semellante á do castelán do sigro XV, inda hoxe, [...] precisamente unha escrarecedora nota da súa tipificación”.

Sempre disfrutei da obra de Ánxel Fole, dende a edición de “Á lús do candil” [contos a carón do lume] ou do seu segundo libro “Terra brava” [contos da solaina], nos que o autor fai de notario veraz á hora de usar verbas do Incio ou do Caurel, de Sarria ou de Becerreá, o que xustifica ampliamente na presentación do libro citado no párrafo anterior. Sabe que non é doado restaura-la pureza do galego e defende a presencia no idioma escrito de palabras que poden ser arcaicas, sí, pero que están vivas: nebra ou néboa, outro e autro, souto de castiñeiros [Queiroga] e sauto de castiñeiros [Portomarín], que si en Sarria din enoxar, no Incio válense dunha forma arcaica, enodiar. Se o lostrego [sen til] e o lóstrego da terra luguesa son arcaicas, tamén o é o alustre do Caurel. E ventaba un futuro prá literatura culta, escrita, que recollendo palabras aquí ou alí “vai formando, engordiño, paseniño, a futura unidade do galego literario”. E fai unha especial insistencia en falas que ás veces se atopan, que relocen como o ouro, “que son eufónicas sen comparanza”, como a voz estralampa que din os labregos da veiga de Sarria cando, dempois da treboada, o ceo comeza a persentar algús claros.

Dolores Vilavedra, en Historia da Literatura Galega, describe a reconstrucción do discurso narrativo en galego durante o franquismo como un traballo de individualidades, ó longo dos 50 e dos 60. Aí aparece Ánxel Fole, que retoma o pulo da narración despois de Carballo Calero. O impacto da guerra civil levara a Fole a vivir como un eremita no Incio e no Caurel, ata o 1953, cando se instala en Lugo pra traballare como colaborador xornalístico en El Progreso, en diversas secciós das que se ocuparía de por vida. Engade Dolores Vilavedra que a obra do noso autor está a ser revalorizada nos últimos anos, despois de ter sido relegada a un segundo plano pola súa prosa ficcional, que alumeou con luz propia o ermo cultural da Galicia dos 50. Obras pra seren contadas [así foron concebidas], marcaban un camiño no reencontro co galeguismo, ese galeguismo do que van quedando cada vez menos referentes e que tamén estivo presente, en certa medida, na primeira emisión en lingua galega da nosa Terra, en Radio Pontevedra, anos 66 e 67. Algús dos contos do autor lugués, dos relatos cortos, foron leídos nun que outro programa da mesma, integrados no mosaico que cada semá había que compoñer, sempre dentro do esquema do reencontro co galeguismo perdido.

Non sei cal será o futuro do idioma despois das normas recentemente aprobadas, ás que xa me teño referido. Seguro que non se tivo en conta a cuestión do bilingüismo harmónico; que co corpus que acaban de compoñer están a suspenderen tamén a obra de Fole, incapaces de asumi-lo seu leigado de que “a fala é o que se fala”; impotentes pra concebi-la ortografía que pedía o autor, traicionado xa, talvez, na edición das súas primeiras obras. Neste sentido, en relación con “Contos da néboa” [1973] e “Historias que ninguén cre” [1981], Dolores Vilavedra denuncia que foron retocadas lingüísticamente polos editores, “co que se perdeu o engado da lingua literaria do autor lugués”. Pero esto que as editoras fixeron coa obra de Fole fixérono tamén presumiblemente con outras obras. I é curioso que agora, no momento no que moitos autores reclaman pra sí o respeto ó seu léxico, ás formas sintácticas por eles escollidas, non se queira volver a aquel tempo do reencontro co galeguismo marcado por Risco, Castelao, Cunqueiro, Otero Pedrayo ou Fole, ter en conta o que éste decía: “Arrepresentar o galego asegún se fala é unha vella procura en min”, frase que entendo está “enmendada” pola editorial. E desa teima hipercorrectora veu a situación triste que estamos a vivir: unhas normas que non van e, tamén, un nacionalismo sen galeguismo. Porque “a fala é o que se fala”.

lunes, 28 de diciembre de 2009

NON Á CULTURA DA MORTE

Concentración en defensa da Vida. (Foto de Fotelias)
-

Pontevedra, 28.12.2009
-
Entrada n. 1108 do blog.
-
NON Á CULTURA DA MORTE,
por Xesús López Fernández
-
Na entrada anterior, a do artículo semanal, fago alusión a unha sociedade que, si recupera a conciencia, pode protestar con forza pola morte dos novos inocentes, dos nasciturus prós que algús xustifican a morte despiadada na cadea dalgunha clínica mortuoria; pra eses nasciturus eliminados polo réxime político que defende a cultura da morte haberá que esixir a construcción dun gran monumento, un mausoleo polo holocausto consentido, coa indicación clara do nome dos causantes, dos gobernantes que consentiron ou programaron tal infanticidio.
-
Hoxe, sen agardare a que a algún gobernante, como a Herodes, se lle convirtan os collós, no proceso de descomposición iniciado xa na súa conciencia, en pousada de vermes, saíron á rúa, manifestáronse ante diversas clínicas colectivos pro-Vida. Non se pode consenti-lo agravio comparativo que deixa a Herodes magnificado na Historia fronte ós novos Herodes. Pero mellor no-lo contan no blog de "Por la Vida y nada más que por la Vida":
-

domingo, 27 de diciembre de 2009

SÍMBOLOS DO NADAL

Representación, en Belén, da fuxida a Exipto. (clicade sobre as fotos pra velas en tamaño maior)
En Belén. Neste lugar puido ter nacido Xesús.
En Ein Karen. A Visitación de María á súa prima Isabel, a nai do Bautista, cando xa estaba próximo o natalicio.
Un "nacemento" mural en Greccio.
En Greccio, o lugar no que San Francisco montou o primeiro "belén" vivinte.
-
Nota.- As fotos son, todas, do titular do blog.
-
Pontevedra, 28.12.2009
-
Entrada n. 1107.
-
Artículo semanal que debe aparecer en diversos medios
-
Símbolos do Nadal,
por Xesús López Fernández
-
A cruz e os beléns ou nacementos parecen ser símbolos que estorban ós que quixeran pra sí unha Historia privada do sentido que lle dou o fenómeno relixioso, o cristianismo no caso de Europa, i está clara a existencia dun programa tendente a elimina-la cruz como símbolo, que se está presente en tantos ámbitos é por que a Igrexa tivo un importantísimo papel na conformación da nosa civilización. Pero a cruz [a que está nos templos, nas encrucilladas dos camiños, nas escolas] molesta ós que pensan que se pode esmaga-lo fenómeno relixioso sacándoo do discurso político, acabar así coa libertade que cadaquén ten de creere ou non, como si estivera en marcha unha enxeñería desalmada pra condiciona-la nosa forma de vivir e pensar; pra acabaren coa resistencia da familia. Total, moitos políticos carecen xa de discurso.

As panxoliñas e “nacementos” resisten a burla e omisión zafia que ás veces se dá; é máis, pode existire unha certa reacción que mesmo vai a máis en non poucas familias que, máis alá da simboloxía do abeto, adornan a casa co seu belén particular, aínda que sexa simplemente o misterio, a Sagrada Familia, e o tesouro musical que xira en torno ó Nadal: nacementos de longa tradición en familias que renovan cada ano o “portal”; en parroquias que manteñen tamén ese testimonio. E internet é un bo medio de información pra sabere dalgús beléns vivintes que se celebran en diversas localidades españolas, como o de Greccio que este ano se representa en Compostela e que mantén a tradición comezada por San Francisco no 1223, nun espacio claramente sinalado no convento que, naquel castro, edificarían os franciscáns no correr do tempo. E non hai dúbida de que o triunfo do Belén, a representación simple do Misterio [do Nadal] como tema iconográfico débese a San Francisco de Asís.

Sen embargo, na iconografía cristiáa non sempre foi así, xa que outros temas do ciclo da Natividade, como a viaxe de Nazaret a Belén e a colaboración de dúas parteiras ou as diversas adoraciós están presentes na arte, alomenos, dende o século IV. A viaxe de Nazaret pode aparecer en nacementos máis extensos, todo o que xira en torno ó misterio da Encarnación: A Anunciación que o ánxel fai a María; a Visitación en Ein Karen á súa curmá, próximo xa o nacemento do Bautista; a viaxe de Nazaret a Belén e as visitas que vai recibindo o Neno Xesús: os pastores e os Reis Magos…. E tamén nalgún deses nacementos pode representarse, dalgunha forma, a fuxida a Exipto, ou a matanza dos inocentes, como nun pequeno nacemento da exposición permanente de Greccio aparecen plásticamente representadas estas esceas: Mentres os soldados de Herodes van cortando as cabezas dos nenos de menos de dous anos, San Xosé, a Virxe e o Neno Xesús, comezan a fuxida a Exipto.

Hoxe, 28.12, é o Día dos Santos Inocentes. E si algo pode reclamar unha maior representación plástica nos nacementos do futuro [na referencia da loita do Poder contra os símbolos cristiáns, na renovación do ciclo do Nadal] é en relación cos máis indefensos, ós que o futuro pode reservar, si se produce un cambio real de sensibilidade social, un novo museo ó holocausto dos máis desprotexidos. Nadie está libre de tanto disparate programado. Lembremos polo pronto ó que Papini define como monstruo, a Herodes o Grande, que non era román, hebreo nen grego; era idumeo e arrebatara o reino ós seus propios señores, os últimos e desgraciados Asmoneos. Cando se enterou polos Magos de que tiña nacido un rei en Xudea, o seu corazón rebelouse. E non se soupo nunca do número de nenos sacrificados; sí que antre eles contouse un fillo do propio Herodes, que estaba en Belén ó coidado dunha nodriza. Herodes quizaves que non sofreu ó recibi-la noticia [o Poder nunca se confunde]. Pouco tempo despois, o home morrería; o seu corpo corrompíase antes de morrer. A matanza dos inocentes fora a súa derradeira fazaña. Pero a vida de Xesús foille roubada por María, que salvou así a esperanza do pobo, coa súa marcha a Exipto.
-

martes, 22 de diciembre de 2009

TES TALENTO DE UCRANIA

Enerxía nacente, dibuxo de Xesús López.
-
Pontevedra, 22.12.2009
-
Entrada n. 1106 do blog
-
TES TALENTO DE UCRANIA,
por Xesús López Fernández
-
O título do meu dibuxo parece unha coña. O talento creador, a enerxía nacente, é o que domina a campeona ucraniáa á que se refire o video deseguida inserido.
.
KSENIYA SIMONOVA foi a gañadora da edición Ucraniáa de Tes talento. Na final, pintou en direuto unha animación da invasión alemáa de Ucrania durante a Segunda Guerra Mundial usando os seus dedos e unha superficie con area. Ademáis de ter un talento increíble, é fermosa. Picade embaixo.
-
ANIMACIÓN CON AREA.:
-

O ESMORECEMENTO DO GALEGO (21)

Icono do meu blog pró caos normativo, prá involución xerada polos camaradas do Diktatt estalinista.
-
Pontevedra, 22.12.2009
-
Entrada n. 1105 do blog
-
O ESMORECEMENTO DO GALEGO (21),
por Xesús López Fernández
-
Volven co rifirrafe Feijóo e os ayatoláhs do Bloque que non van consentir unha marcha atrás en relación cos seus "avances" no eido do idioma. Chámanlle "avances" ó por eles feito, ás normas do Diktatt estalinista pensadas pra lle cambia-la alma ó noso pobo, pra lle cambia-lo nome incluso ó país.
-
Resulta que eles sí poden decir Galiza, pero os cidadáns non podemos decir Galicia, servicio, espacio, sentencia, xusticia, palabras que estos chacaritas foron cambiando co paquete normativo que a algún subnormal da Academia ata lle terá parecido ben, sen se decatar que todo estaba pautado polos camaradas como normas da deriva prá nosa incardinación en Portugaliza.
-
É evidente que a Núñez Feijóo, dunha zona na que se fala un galego precioso, fáltanlle táboas pra sacudir a esas xentiñas. De todas formas inclúo aquí o enlace da lastimosa noticia d´El Correo Gallego, na que é seguro ha haber comentarios interesantes ademáis do que poida golsar algún antropoide.
-

BO NADAL E PRÓSPERO ANO NOVO

A Sagrada Familia, en Belén. Templo da Natividade. Fotografía feita o 12.07.2009. O templo que se ve ó fondo é obra de Barluzzi e quere ter forma de tenda de campaña. Este é o campo dos pastores, onde o ánxel avisou ós pegoreiros de que o Neno acababa de nacer, escea recollida na foto anterior. En Belén.
-
Pontevedra, 22.12.2009
-
Entrada n. 1104
-
BO NADAL E PRÓSPERO ANO NOVO,
por Xesús López Fernández
-
No templo que aparece fotografiado tiven ocasión de cantar, e cantei, unha panxoliña galega, a mesma que cantara en Greccio o 19.03.2009: "Nun pendello que hai xunt´un camiño, unha noite de xiada naceu un meniño pequeniño, que parece do ceo caeu... Imos rapaces cara Belén, pói-lo Mesías din que vós é... La la la la la, la la la la... Corramos todos bicarlle o pé!.. E leváremoslle unha pita, anque a fé que boa falla nos fai, e un roxelo de bon pelo pra que faga os caldos a Nai. Imos rapaces cara Belén.......(sigue)"
-
Aínda tiven ocasión de recitar un poema de Cunqueiro, ó que pode que lle falte algún verso...: "Primeiro foi o anxo que falou a María... Nove meses de soño ata que veu o día!.... Pasou a primavera (que ben frolecía)... Pasou tamén a sega (que moito pan había). I agosto, i o magosto dourado... I o viño novo nas cuncas na adega foi catado.... I estando o outo cume de outo neve nevado, a María en Belén o noveno mese lle foi contado!.... ¡Nasceu don Xesucristo, de todos é loubado!
-
Bo Nadal, a todos, como tamén nos desexa Natalia Pastor no seu blog. Sigue enlace:
-

domingo, 20 de diciembre de 2009

PUES NO, NO ESTABA LORCA

Federico García Lorca
Pontevedra, 21.12.2009
-
Entrada n. 1103 do blog
-
PUES NO, NO ESTABA LORCA,
do blog de Natalia Pastor
-
Encirrados en buscaren os restos de Federico García Lorca i en non buscaren en Paracuellos ou en tantas fosas comúns dos roxos, resulta que, no caso de García Lorca, onde fozaron en contra dos desexos da familia, onde gastaron 60000 euros, non encontraron o que procuraban. Mellor, leéde o enlace do blog de Natalia Pastor.

Sobre o Cumio de Copenhague

O cambio climático prodúcese por actuaciós como as decretadas polo poder en entornos marismeños, como a que sinala a fotografía aérea na zona de Cádiz-San Fernando, sofreada polo poder xudicial, polo Tribunal Supremo. A eso temos que chegar no exercicio da acción cidadáa os ecoloxistas que percibímo-la deixadeza do poder político en Pontevedra e Marín, no litoral galego, nos nosos ríos.
-
Pontevedra, 21.12.2009
-
Entrada n. 1102 do blog
-
Artículo semanal
-
Sobre o Cumio de Copenhague,
por Xesús López Fernández
-
Rematou o encontro de Copenhague, o Cumio sobre o cambio climático que acabou cun acordo de mínimos, talvez unha especie de guión pra que a ONU siga traballando sobre o tema. O curioso é que, á marxe do que leva dado de si o discurso dende o Cumio de Río Janeiro 1992, de cada volta parece hai máis voces en desacordo co discurso de Al Gore de que, co quecemento global, estamos ante a maior ameaza da nosa civilización; que mesmo chegou decir que os políticos que negan ese cambio están a debilitaren a democracia. Pero é que, según non poucos científicos, o quecemento do planeta a consecuencia das emisiós de gases de efecto invernadeiro é unha teoría, nunca un dogma relixioso. E vaise determinar en base á experimentación i estudio, nunca mediante o consenso ou a revelación divina. E a ver quén é o Galileo negacionista que ouse nega-lo cambio climático. Pero son varias as voces críticas que din que ás veces a verdade comparece, e non precisamente a de Al Gore, que de “verdade incómoda” tense convertido en gran mentira.

Non debemos esquecer que ó longo da historia da Terra téñense producido non poucos cambios climáticos rápidos causa de migraciós de tribus, mesmo tamén do traslado de masas arbóreas, ou da desaparición de diversas sociedades e das súas culturas. E fóra do concilio de Copenhague falouse sen temor do “Watergate climático”, de que estamos ante un escándalo científico. Así, hai escasos días que un hacker chegou interceptar miles de correos electrónicos relacionados co Panel Intergubernamental sobre o Cambio Climático da ONU, o sancta santorum do clima. E nestes correos ponse de manifesto a gran mentira global, secretos que nos ocultan e falsificaciós de datos pra facer creíble un cambio climático só existente na mente dos seus “investigadores”, responsables dun verdadeiro fraude a escala planetaria. Outra cousa sería falar das reacciós que se producen como consecuencia dunha deforestación irracional ou da crecente contaminación dos ríos e dos mares.

Richard Alley, Peter Schwarz, Konrad Hughen, Lloyd Keegwin, Eugene Linden, novos Galileos que analizan megadesastres reales, apelumbran outro tipo de cambio, unha nova glaciación, cun clima moito máis fráxil do que algús consideran e que algo tan sotil como un simple cambio no sentido das correntes dos oceanos podería marca-la arrancada dun periodo glaciar certo. Según eles, no transcurso das nosas vidas poderiamos estar sometidos a situaciós imprevisibles, difícilmente superables, tanto que o seu impacto pode resultar letal. Eso pode ser certo, e mesmo que a forza coa que nos poidan golpea-las catástrofes meteorolóxicas poden ser consecuencia da despiadada actuación do home sobre o planeta que Al Gore ven denunciando dende hai tempo, como que pode haber un punto de encontro antre o seu discurso e o dos citados (que está recollido na “rede”, en diversos vídeos), e sigo tendo como manual de consulta o libro de Al Gore “A Terra en xogo”, sobre Ecoloxía e conciencia humáa.

Máis alá do dito pouco tiveron que face-las ONGs en Copenhague. Moitos dos activistas alí citados foron incluso detidos e careceron de peso como pra aguillona-las conciencias dos representantes dos diversos estados participantes. O acordo de mínimos acadado ven acabare, según as ONGs, coa esperanza de salva-lo planeta e foi tachado de fracaso histórico. Definido como un pacto que non fixa obxetivos globales de reducción de gases, Kumi Naidoo, o responsable máximo de Greenpeace culpa ós líderes políticos do gran fracaso na elaboración dun texto que “non é xusto, avincallante, nen cobizoso”. “Dende Bali levamos traballado pra mostrare ós gobernantes a urxencia dun conxunto de acordos que eviten alteraciós climáticas catastróficas e unha perda de vidas crecente que xa está a ocurrire, a causa dos impactos climáticos”. Consecuentemente, Gaia pode ter previstos novos desastres reactivos e o cambio rápido á glaciación que algús apuntan como inexorable.
-

sábado, 19 de diciembre de 2009

CARA UN NOVO CAMBIO CLIMÁTICO

Cumio de Copenhague, que acabou cun acordo de mínimos, despois de varios días de show.
-
Pontevedra, 19.12.32009
-
Entrada n. 1101 do blog -

CARA UN NOVO CAMBIO CLIMÁTICO,
MEGADESASTRES
-
Unha nova glaciación pode estar a comezar, a que os científicos chaman "cambio climático rápido". O video que inserimos e que recolle opiniós diversas pode aclarar dúbidas, devolvernos o uso da razón.
-

viernes, 18 de diciembre de 2009

BELÉN VIVINTE, EN VIGO

Belén de Greccio, en dous tempos: A matanza, na parte esquerda....
.... e a fuxida a Exipto, na parte dereita.
Belén vivinte, no barrio de Coia, en Vigo.
-
Pontevedra, 18.12.2009
-
Entrada n. 1100 do blog
-
BELÉN VIVINTE, EN VIGO,
por Xesús López Fernández
-
A asociación San Francisco montou de novo o belén vivinte en Coia, Vigo, con notable éxito. É bo que persista a tradición, que cobre si é preciso máis pulo. Na rede está vivo o tema, ó que dediquei o meu último artículo, "Greccio en Santiago", e penso inserir neste blog, estes días, algunhas fotografías que fixen alá en Greccio o pasado mes de marzo. Moitos e pequenos nacementos están alí concentrados, verdadeiras demostraciós plásticas como un que case ten vida: os soldados de Herodes, a espada, andan a matar inocentes mentres á dereita do escenario a Sagrada Familia emprende a fuxida a Exipto. Un signo destes tempos no que a Lei que permita matar impunemente ós nasciturus coincide na súa posta a punto coa exclusión da cruz e dos signos de Nadal das nosas vidas, da vida de Europa.
-
Elentir, Contando Estrelas: Belén vivinte no barrio de Coia.



COSTAS RESPONDE Ó CONCELLO

Que o Ministerio de Medio Ambiente aclare que a culpa do que acontece en relación coa Beiramar é do Concello non debe sorprender a nadie.
-
Pontevedra, 18.12.2009
-
Entrada n. 1099 do blog
-
COSTAS RESPONDE Ó CONCELLO,
por Xesús López Fernández
-
En relación co Cumio de Copenhague, Gordon Brown, o líder británico, anima ós internautas ó exercicio da acción cidadáa. Un exemplo de democracia de altura.
-
Hai case seis anos que Salvemos Pontevedra presentou, en exercicio da acción cidadáa, un escrito ó Concello polo que, cinguíndose precisamente á Lei de Costas e a unha serie de perdas de concesiós existentes ou á non existencia de concesión no historial de certa empresa; presentou, digo, unha denuncia argumentada por Rexistro do Concello o 14.01.2004 coa idea de que quedase constancia da mesma no pleno do Consistorio, que non quixo actuar nen no caso flagrante de Holcim, que ademáis de concesión carece tamén de licencia municipal.
-
Lores contestou cunha carta d´amor. Agradáballe que existise unha asociación cunha idea da Ecoloxía moi próxima á súa; pero habería que cambia-la carta de presentación do escrito pra lle poder dar recibo. Modificouse a carta e volveuse presenta-lo alegato, sen resultado, no mes de maio ou xuño daquel ano.
-
En definitiva, no Concello non son ecoloxistas e a Lores e á "súa equipa" non lle interesa recupera-lo litoral, senón deseñar unha nova beiramar e, presuntamente, quedarse co gran solar. Poden querer acabar coa cruz ou coa simboloxía franquista, pero non queren renunciar ó solar creado coa instalación de Ence. É máis, como estalinistas son peores que os nacionalsocialistas, e queren nega-la condición de dominio público marítimo terrestre ó espacio polo que vai a autovía, que é mar, o mar que debemos recuperar.
-
A resposta de Costas á actitude mendaz do comisario Mosquera é merecida. O que non está claro é que Costas queira que se cumpra coa Lei e que, mentres permaneza a súa deixadeza de funciós, estamos ante unha serie de delitos participados a tres bandas.
-

jueves, 17 de diciembre de 2009

AMINATU HAIDAAR CHEGAA EL AAIUN

Aminatu Haidaar chega a El Aaiun.
-
Pontevedra, 17.12.2009
-
Entrada n. 1098 do blog
-
AMINATU CHEGA A EL AAIUN,
por Xesús López Fernández
-
Despois de máis dun mes de desencontro antre España e Marrocos Aminatu Haidaar está de retorno na súa casa de El Aaiun, no Sahara español. Parece que foi decisivo o papel de Sarkozy, fracasada a diplomacia española. Siguen diversos enlaces:
-

miércoles, 16 de diciembre de 2009

HERMANN TERTSCH, RÉCORD DE AUDIENCIA

Hermann Tertsch, na súa cama hospitalaria.
-
Pontevedra, 16.12.2009
-
Entrada n. 1097 do blog
-
HERMANN TERTSCH, RECORD DE AUDIENCIA,
noticia de La Razón, con vídeo
-

MOSQUERA ARREMETE CONTRA COSTAS


Mosquera (foto de La Voz de Galicia) arremete contra Costas.
-
Pontevedra, 16.12.2009
-
Entrada n. 1096
-
MOSQUERA ARREMETE CONTRA COSTAS,
por Xesús López Fernández
-
O malo de ser portavoz dunha ideoloxía totalitaria é o de non saber convivir coa verdade, coa Lei. Mosquera, o Comisario de Infraestructuras do goberno local dos camaradas, hai tempo que ven anunciando tempos peores prá ría. Disfraza o seu ecoloxismo cunha praia fluvial artificial mentres se opón á definición como dominio público marítimo terrestre da autovía de Marín, porque xa estaba nas fotografías do 1961.
-
¡Qué listo!. ¿E todo o que está nas fotografías da zona vella, a súa puxanza, e xa non está porque acabaron con ela ó impranta-lo seu modelo estalinista de cidade?. Estos individuos practican o mesmo tipo de deixadeza que as xentes doutros partidos. E dóelles cando a Xusticia dicta algunha sentencia que poida valer pra demostrare que actuaron mal, como tamén quer seguir actuando Mosquera.
-
Foron incapaces de resolve-los problemas e hai xa tempo que quedou claro que non lles interesa o capital natural, incapaces de redacta-la Axenda21Local ó tempo que están a deseñaren un PXOM pensado máis como ampliación do camposanto no que aínda que xa leven traballando como enterradores dez anos, sábelles a pouco o feito. Queren máis, queren o solar de Lourizán.
-
Vede o enlace de La Voz de Galicia: Mosquera arremete contra Costas

martes, 15 de diciembre de 2009

LOURIZÁN, TERRA MÁRTIR


Sombra do que foi Lourizán.
-
Pontevedra, 15.12.2009
-
Entrada n. 1095 do blog
-
LOURIZÁN, TERRA MÁRTIR,
por Xesús López Fernández
-
Dende que se acabou co areal de Lourizán a memoria foi amolecendo e xa nadie na casta política parasitaria lembra o que foi aquela Arcadia feliz. Moito falar, sí, da represión franquista, mais ben do gol que lle meteron a Franco que según testigos decía, despois da inauguración da fábrica de celulosas: "Dios mío, ¿pero no había otro sitio?". O gol parece que foi unha xogada de Suances, pero o propio franquismo decía no 1973 que había que sacar de Lourizán o complexo clorocelulósico, do que só se poderían derivar problemas prá saúde e convivencia humáas, como así foi.
-
Os políticos prometeron moito, pero nadie quixo colle-lo testigo do devandito, afirmación do Ministerio da Vivenda, de cando os concellos non tiñan as atribuciós dagora, porque o actual gobereno local estalinista non quer recupera-la ría: aí está a súa promoción da edar ilegal ou do tanque das tormentas que queren facer en Mollavao como tamén o nudo a tres niveles ou a nova ponte das Correntes. Nada, que queren máis solar. E máis deterioro do litoral
-
Pra que sintan vergonza pode valere un vídeo que está en youtube sobre as declaraciós que fai un vello mariscador que conta a súa vida , do que retiro o link que tiña nesta entrada. O home fai memoria da súa relación co mar, conta que no areal había ostra, navallas, ameixas que fornecían ós de Carril. A súa muller foi mallada i enviada ó cárcere cando veu a Celulosa...  (Buscade en Youtube, "Avoíño", que retiro do post por comentarios sen sentido que tamén elimino) "A praia quitou moita fame...Viviamos dela...Ata decían que era nosa..." Claro, dominio público marítimo terrestre, o que non quere o Bloque, o que tampouco quixo Touriño, que non foron capaces de nos sacar da teima de Fraga de acabare coa ría.  

(modificado este post o 16.4.2013)

Restauración azulexos da alameda, en Pontevedra

A restauración dos azulexos da Alameda preséntase difícil, despois de tantos anos abandonados, abandonada a propia Alameda que máis dun alcalde debeu pensar en convertir en solar, ademáis do destrozo do hall que conleva o novo deseño de Fole, ó que non se lle dá a Botánica nen a protección das árbores.
-
Pontevedra, 15.12.2009
-
Entrada n. 1094 do blog
-
RESTAURACIÓN AZULEXOS DA ALAMEDA, EN PONTEVEDRA,
por Xesús López Fernández
-
De máis que de restauración habería que falare de reconstrucción. Hai como unha inercia no abandono do espacio todo, agredido polo parking de Montero Ríos, agredido polo novo parking do que aínda non se sabe cómo vai queda-lo hall da entrada á Alameda. E parece como se, na idea do equipo de goberno dos camaradas de malferi-la historia da cidade e a obra de Sesmeros, quixeran tamén cargarse o monumento ós héroes de Ponte de San Paio. En pouco tempo pode se-lo esculcadoiro que daba á ría e agora dá á ponte da Puntada, espacio pra contemplare algo máis de brutalismo urbanístico: o tanque de Mollavao, se os deixan comete-la ilegalidade da súa construcción; o nudo a tres niveles de Mollavao, pra solapar aínda máis a acción brutal da ponte da Puntada, do solar de Colón.
-
La Voz de Galicia, 15.12.2009, enlace: Restauración azulexos da Alameda de Pontevedra.

A ponte d´As Correntes

Vista da charca na que se convirteu o que nalgún tempo se denominaba As Correntes. Parece que todo se pode pactar, que non hai vontade de recupera-lo capital verde.
-
Pontevedra, 15.12.2009
-
Entrada n. 1093
-
A ponte d´As Correntes,
por Xesús López Fernández
-
Hai tempo que quedou claro que o BNG non é ecoloxista. Pode que algún comunicador/a, namorado/a de Lores, pense que el sí quere sacar Celulosas de Lourizán. Pero non comprenden que non está na vontade dos estalinistas a recuperación do litoral de Lourizán. ¡Se xa quixeron converti-las marismas en solar, construir vivendas sociales --faríao a Autoridade Portuaria según planning de Emiliano Quintillán-- pra dese xeito financia-lo traslado de Ence a Barro-Meis, cando Ence xa non ten concesión, asunto no que os "ecoloxistas" do Bloque, os mesmos que meteron ó Concello na Carta de Aalborg, non quixeron entrare, advertidos como foron por Salvemos Pontevedra por medio de escrito presentado no concello o 14.01.2004, auténtico caderno de bitácora prá recuperación do litoral!.
-
En definitiva, o Bloque tamén quere o solar.
-

domingo, 13 de diciembre de 2009

GRECCIO EN SANTIAGO

Imos sobir a Greccio. O Padre Paco, con ese xesto, nos pide que reparemos no silencio do lugar á par que no canto dos paxaros, as criaturas amadas por Francisco de Asís. (clicade sempre nas fotos pra velas en maior tamaño)
A pequena capeliña protexe a furna onde Francisco montou o primeiro belén vivinte, ano 1223.
A tradición sitúa neste lugar a celebración do primeiro belén franciscán.
Todo Greccio está preñado do espírito de Belén.
Os frades, sempre ó servicio dos probes e dos enfermos.
Panoràmica do pobo de Greccio, onde xantamos aquel 19.03.2009. Pouco despois comezaría a nevar, neve que se faría intensa en Asís e que o 21.03.2009 nos impediría sobir a La Verna, o lugar, o fito franciscán onde Francisco recibeu os estigmas da Pasión do Señor.
Vista parcial do convento construído en Greccio polos franciscáns, no lugar donado a San Francisco polo seu amigo Giovanni da Vellita.
-
Pontevedra, 13.12.2009
-
Entrada n. 1092
-
Artículo semanal.
-
Greccio en Santiago,
por Xesús López Fernández
-

Nos medios destes pasados días foi noticia a arribada a Santiago dunha embaixada especial procedente de Greccio, Italia: a do belén vivinte que alí se ven celebrando a imitación do que no 1223 montou San Francisco, dando así orixe a unha tradición que veu prendendo no mundo enteiro, que parece incluso repuntar nestes momentos de ataque ós valores cristiáns, lévedo da civilización occidental. A escenificación do belén farase, posiblemente, en San Martín Pinario. Co belén viaxan diversos figurantes e un séquito de xentes daquela zona que queren estar presentes na apertura da porta santa da catedral. Conservo viva a lembranza de Greccio, onde tiven a opotunidade de participar nunha liturxia de Nadal, oficiada polo padre Francisco J. Castro Miramontes, o día 19 de marzo deste ano. Un día que nevou. Alí existe unha gran colección de beléns de todo o mundo e tamén se conserva o espacio no que o santo montou o primeiro e que nos mostrou o padre Castro.

O belén vivinte de Greccio sae de Italia por segunda vez (a primeira viaxou a Bruselas, 1992). Os seus persoaxes participan con traxes de época i está composto por seis cadros vivintes que contan cómo san Francisco convence ó señor de Greccio a revivi-la escea do Nadal na noite do 1223. Os cadros están interpretados por 24 actores de oficio e por un centenar de comparsas. O padre Castro acollía con ledicia a novedade da visita o pasado día 8 de Decembro, n´El Correo Gallego. É un dos novos biógrafos de San Francisco e nesa ocasión nos contaba que o Santo regresara moi enfermo de Terra Santa. Camiñaba na compaña de frai Iluminado ó que, nun punto do camiño, como a dous kilómetros de Greccio, pregunta: ¿Qué pobo é ese?, Greccio, responde o seu compañeiro, Non, Iluminado, é Belén. Xa en Greccio celebra o Nadal nunha furna, ante as bestas e a boa xente do lugar alí concentrada.

Debe citarse aquí a Giovanni da Vellita, un rico home e colaborador de san Francisco, fundamental na celebración daquel primeiro “nadal”. Non tiña en consideración a súa nobleza de sangue; aspiraba á nobleza de espírito. El fixera intentos por atraer a Francisco e os seus frades a Greccio, onde hoxe se alza un convento increíble. Uns quince días antes do Nadal do Señor foi chamado por Francisco, algo frecuente na relación que mantiñan. E o santo díxolle: Se queres que celebremos en Greccio a festa do Señor, vai axiña alá e prepara o que che vou indicar: Desexo celebra-la memoria do neno que naceu en Belén e quero percibir dalgún xeito, cos meus ollos, o que sofreu o neno na súa invalidez, cómo foi deitado no pesebre, colocado sobre o feno antre o boi e o asno. I en oíndo esto, o amigo correu célere pra preparare no lugar sinalado canto o Santo lle tiña indicado.

Según conta Celano, o primeiro biógrafo de san Francisco, chegou o día, día de ledicia i exultación. Citaran a irmáns de moitos lugares; homes e mulleres da bisbarra, rebordantes de gozo prepararon, dacordo coas súas posibilidades, cirios e teas pra lle dar luz a aquela noite que, coa súa estrela escintilitante, iluminou tódo-los días e anos. Chegou, en fin, o santo de Deus e vendo que tóda-las cousas estaban dispostas contemplounas con ledicia. Preparouse o pesebre, tróuxose o feno e colocaron o boi e o asno. Alí (seguimos ó biógrafo), a simplicidade recibe honor, a probeza é enaltecida, valórase a humildade, e Greccio convírtese na nova Belén. A noite semella ser día, noite pracenteira prós homes e prás bestas. Acode a xente e, ante o novo misterio, saborean novos gozos. O bosco resoa de voces e os penedos responden con himnos de xúbilo. Cantan os irmáns as louvanzas do Señor e toda a noite queda preñada de cantigas de ledicia. O Santo de Deus está de pe ante o pesebre, feliz. Celébrase o rito solemne da misa sobre o pesebre e o sacerdote goza de singular consolación. San Francisco, que tamén viaxou a Santiago, un dos seus lugares queridos, diría desta volta, ó mellor: ¿Santiago, Greccio? ¡Belén!.

domingo, 6 de diciembre de 2009

AS DECLARACIÓS DE FRANCISCO VÁZQUEZ

Francisco Vázquez, embaixador de España en Roma, o 15.03.2007. Ese día recibeu a un grupo de peregrinos españoles, do que formaba parte o titular deste blog. A fotografía fíxenlla nas escadeiras da embaixada. Aínda mantivemos un pequeno aparte, en galego, que o señor Vázquez fala primorosamente. Non ten nada que ver co galegués do Bloque nen co que suscribiron moitas xentes do seu partido.
-
Pontevedra, 7.12.2009
-
Entrada n. 1091 do blog
-
AS DECLARACIÓS DE FRANCISCO VÁZQUEZ,
por Xesús López Fernández
-
Diríase que Francisco Vázquez ten unha certa admiración por Galicia Bilingüe, cuios postulados fai seus. Califícaos de valentes. E urxe a Alberto Núñez Feijóo a que cumpra coa súa promesa electoral de deroga-lo decreto de normalización lingüística. É máis, atrévese a decir que moito do triunfo do d´Os Peares foi a consecuencia da nefasta política lingüística do Bloque durante o mandato do bipartito, que califica de cohabitación.
-
-
Pero mellor leé-las declaraciós do embaixador publicados n´El Correo Gallego do 6.12.2009
-

O TANQUE DE MOLLAVAO (artículo)

Lourizán, antes e despois do "saneamento integral" do Concello.
-
Pontevedra, 7.12.2009
-
Entrada n. 1090 do blog
-
Artículo semanal.
-
O tanque de Mollavao,
por Xesús López Fernández
-
A palabra tanque ten polisemia e podemos referirnos a ela pra falare dun carro de combate ou ben dun depósito de auga e outros líquidos. Ten máis significados. O que o Concello quer construire en Mollavao, en terreo demanial artificialmente ocupado, tería a finalidade de actuar como depósito de retención de fecales e pluviales pró caso de posibles sobrecargas na falsa rede de saneamento que conflúe na edar d´Os Praceres, xudicialmente cuestionada pola Asociación Salvemos Pontevedra ante o TSX de Galicia e contra o Ministerio de Medio Ambiente por medio dun contencioso administrativo en marcha (Procedemento Ordinario n.4108/2007), pola ocupación e realización de obras en dominio público marítimo terrestre (edar de Os Praceres i emisario submariño) en contra do disposto na Lei de Costas 22/1988 e o seu Regulamento, carecendo ambas infraestructuras de concesión ou de título habilitante.

Examinado no Servicio Provincial de Costas do Estado o expediente incoado consecuentemente á demanda de concesión feita polo Concello prá ocupación de terreos de dominio público marítimo terrestre prá construcción do devandito depósito de retención ó amparo de Lei de Costas, non se aprecia no mesmo a referencia a un sóo artículo que poida autorizar semellante actividade en dominio público marítimo-terrestre. É máis, a asociación estima que, sendo un uso prohibido do terreo demanial, parece estamos ante un novo intento do Concello de seguir ocupando o dominio público marítimo-terrestre; unha especie de maniobra pra, dese xeito, ir consolidando a edar d´Os Praceres, cuio emprazamento prohibido pola Lei de Costas está pendente de sentencia polo TSX de Galicia. É por eso que a asociación presentou un escrito de alegaciós con data 30.11.2009. (Teñamos presente outras sentencias en relación con depuradoras que deberán ser derribadas polo seu emprazamento indebido: Cortiguera, en Suances, Cantabria; Aranda deDuero; Reza, en Ourense).

Non é cousa de entrar en detalle na alegación, na que se citan casos de recuperación ambiental pola contra do que aquí acontece co noso litoral, no que o ideado tanque representaría unha nova e grave agresión ambiental. Cando se produce unha falta de civismo político, posta en evidencia hai escasos días coa sentencia do Supremo en relación cos recheos de Marín, parece que estamos ante unha actuación pra evita-lo desgaste público, pra seguir a xerar solares a costa do espacio demanial, chan barato, causa moitas veces da nosa ruína económica á par que da aniquilación dos espacios máis sensibles da franxa litoral: as marismas, esteiros, paisaxes, etc., e os seus correspondentes ecosistemas. Esto non é de recibo... Os interesados en conoce-la alegación completa pódena procurar en internet. Buscando en Google.

O Concello de Pontevedra, díse, ten instalados colectores paralelos á costa i estaciós de bombeo en zona demanial: Xunqueiras d´Alba e Lérez, Mollavao e as Marismas de Lourizán, coa presunta connivencia do Servicio Provincial de Costas do Estado. A concesión agora solicitada non foi pedida prás anteriores infraestructuras, nen prá Edar e mái-lo emisario submariño. Faise pra ocupar e contaminar terreos de marismas gañados ó mar por medio de recheos, donde o TSX de Galicia, a instancias de Salvemos Pontevedra, ten ordeado ó M. de Medio Ambiente incoa-lo expediente de caducidade da concesión outorgada no seu día a José Malvar e recupera-la zona de dominio público marítimo terrestre, curiosamente raiota á dos autos. O Ministerio de Medio Ambiente debería ter informado, antes do 14.10.2009, do plan de recuperación dese espacio, así como do nome do funcionario responsable do mesmo. Non se entende a demora. O escrito cita xurisprudencia e textos varios. E antes de concluir coa solicitude de denegación prá petición que fai o Concello, demanda a recuperación integral da ría; salienta o valor ecolóxico da mesma e a súa relación coa Rede Natura. “Tanque”, ¿depósito ou carro de combate na loita contra o litoral?.

sábado, 5 de diciembre de 2009

SAN FRANCISCO E OS "SEN TEITO"

O padre Francisco Castro Miramontes, Padre Paco, en Terra Santa, o pasado mes de Xullo, como guía de peregrinos. San Francisco abate as barreiras da burocracia e reinaugura a residencia dos sen teito, en Santiago. O Padre Paco está particularmente satisfeito, emocionado.
-
Pontevedra, 5.12.2009
-
Entrada n. 1089 do blog
-
SAN FRANCISCO E OS SEN TEITO,
(noticia d´El Correo Gallego, d´hoxe)
-
San Francisco vence a burocracia e arroupa dend´hoxe ós sen teito. Situación dramática e insustentable a consecuencia do deterioro económico do país, da perda de capital social e das malas políticas económicas, ou falta delas.Sigue enlace coa noticia d´El Correo Gallego: San Francisco......