domingo, 31 de enero de 2010

BAÑOS LODOSOS EN SAMIL

O río Lagares, crecido, receptor da "escorrentía" do emisario reventado.
Antre militancia cega e xordeira dos partidos podemos concluir que eso acontece no tema medioambiental: os políticos obdecen e os partidos esquecen a súa culpa; non aflora o sentido común. Aínda que o chiste de Caín, en La Razón, está dedicado a Joaquín Leguina, quedámonos, simplemente, coa frase, coa referencia ás discapacidades.
-
Pontevedra, 31.01.2010
-
Entrada n. 1145 do blog
-
BAÑOS LODOSOS EN SAMIL,
por Xesús López Fernández
-
Agora que están de moda as curas balnearias a base de bulla, barro ou lodo, a posibilidade de ver convertido o areal de Samil en tremedal largacío cos restos chegados da macrodepuradora que están encirrados en construíren alí en contra do establecido na Lei de Costas, pode abri-la perspectiva dunha nova terapia, a base de baños fedorentos.
-
Parecía que Corina Porro intentaba levare a macrodepuradora a cabo Silleiro. Non entro en si sería o sitio axeitado, pero onde non-o é, de certo, é nas marismas d´O Lagares. Os afectados de Coruxo así llo din ó propio alcalde, a raiz da nova avería que convirteu, durante varios días ó Lagares nunha gran escorrentía de fecales. ¿Solución alternativa? Baño de fecales! Ou emigrar. Porque o que non cabe agardar é que a Política se volva intelixente.
-
-
-

sábado, 30 de enero de 2010

VIGUESES EN BRUSELAS

Acabáronse as mareas por falta de política e policía medioambiental. Dibuxo de Xesús López.
-
Pontevedra, 31.01.2010
-
Entrada n.1144 do blog
-
Artículo pró luns 1.02.2010
-
Vigueses en Bruselas,
por Xesús López Fernández
-
Tres colectivos vigueses estiveron na Comisión de Peticiós do Parlamento Europeo, a pasada semáa. Parcos de noticias os medios --¿por qué razón— parece que o representante dos afectados pola depuradora d´O Lagares sí soupo concreta-las razós polas que Coruxo se opón á ampliación da edar e sinalou, apoiado polo eurodiputado Willy Meyer, que o anteproiecto infrinxe diversas directivas europeas, razón pola que solicitou a suspensión de fondos comunitarios –uns 104 millós de euros— prá obra, ata que a Comisión Europea elabore un estudio sobre o deterioro da ría de Vigo. Solicitou que a dita comisión visite ó concello vigués. Os afectados califican a obra, que está denunciada ante a Xustica, de ilegal. Unha rotura do emisario con vertido ó propio Lagares, perto das marismas, avisa do seu peligro.

A Lei de Costas do 22.07.1988 explica na súa exposición de motivos as razós da súa promulgación, porque a anterior Lei, do 1969, e unha Lei de Protección de Costas do 1980, carecían de forza pró remedio que había que poñer en marcha, si queremos salva-lo litoral. E nun dos parágrafos fai referencia ós que se poden citar como “casos máis lamentables de degradación física […] a destrucción dos máis importantes núcleos xeneradores de vida no medio mariño, as marismas. Moitos destes espacios […] foron destruídos baixo pretendidos motivos sanitarios, económicos ou agrícolas, incluso con subvenciós económicas i exenciós tributarias….”. Aquí, en Pontevedra, temos un exemplo real de degradación do medio mariño, comezando polo enclave industrial de Lourizán e os recheos do Porto de Marín e sobre todo pola desecación das xunqueiras, as súas depuradoras biolóxicas.

Parece que, como consecuencia da presencia viguesa na Comisión do Parlamento Europeo, a UE vai investiga-la situación da ría de Vigo. ¿Por qué non, tamén, a de Pontevedra, onde existe igualmente outra edar, a d´Os Praceres, imposible coa Lei de Costas na man, art. 44.6, e que un PXOM cabal tería que acabar coela a pouco que desenvolvesen a Axenda21Local [da que nada nos contan] na procura da rexeneración do medio mariño?. As depuradoras representan un serio problema, daí que a Lei de Costas prohiba a súa instalación na ribeira do mar. Teranse que construir por riba dos vinte metros da franxa de protección. E a responsabilidade de cumprir coa lei é de todos e non vale mirar pra outra banda. No caso de Pontevedra, a responsabilidade do mal feito pode ser definida como culpa das tres administraciós, como tamén a posible perda dos fondos de cohesión por ter feito, parece, mal os traballos.

No título preliminar da citada Lei dísenos: ”1. A presente Lei ten por obxeto a determinación, protección, utilización e policía do dominio público marítimo-terrestre i especialmente da ribeira do mar. 2. A actuación administrativa sobre o dominio público marítimo-terrestre vai persegui-las seguintes fins: a) Determina-lo d.p.m.t. e asegura-la súa integridade e axeitada conservación, adoutando, no seu caso, as medidas de protección e restauración necesarias. b) Garantiza-lo uso público do mar, da súa ribeira e do resto do d.p.m.t., sen máis excepciós que as derivadas do interese público debidamente xustificadas. c) Regula-la utilización racional destes bens en términos acordes coa súa natureza, as súas fins e con respeto á paisaxe, ó medio ambiente e ó patrimonio histórico. d) Conseguir e mante-lo axeitado nivel de calidade das augas e da ribeira do mar.”. Os vigueses acodiron a Bruselas. En Pontevedra haberá que pensar en máis do mesmo porque, ¿qué autoridades están a facer aquí a policía recomendada pola Lei de Costas, senón os veciños coa acción popular, algo tamén recomendado na citada Lei e na Constitución?. A nosa democracia está descafeinada, case quebrada. I España, din, pode ser un lastre prá UE. Galicia tamén. Aquí sobran exemplos de cousas mal feitas, como as denunciadas polos vigueses en Bruselas.
-

SOBRE PRESUNTA CORRUPCION POLÍTICA

A casa de Carmen Gallego Calvar, conselleira de Pesca con Touriño, ten sentencia firme de derribo.
-
Pontevedra, 30.01.2010
-
Entrada n. 1143 do blog
-
SOBRE PRESUNTA CORRUPCIÓN POLÍTICA,
por Xesús López Fernández
-
Sobre a casa de Carmen Gallego xa existía sentencia firme de derribo cando foi nomeada conselleira de Pesca do Goberno de Touriño. Deixo que fale o enlace de "meinteresalavida", que inclúe un artículo publicado no Diario de Pontevedra, en OPINIÓN&ANÁLISIS, do presidente de Salvemos Pontevedra, Francisco Díaz Sáchez, o día 17.01.2010.
-
No artículo de Francisco Díaz Sánchez analízanse outras cuestiós, así como a presunta actitude de se carga-la Lei de Costas, algo no que deben estar interesados, en particular, os Concellos de Vigo e Pontevedra, con sendas depuradores de augas residuales ilegales. ¿Terán que devolver a Europa os fondos estafados prá súa construcción, prohibida pola Lei de Costas, art. 44.6? Se non é así, a UE nos decepcionaría.
--

jueves, 28 de enero de 2010

O PARLAMENTO EUROPEO VISITARÁ A RÍA DE VIGO

Parlamento Europeo durante a sesión de denuncia de dous colectivos vigueses por diversas agresiós ambientales.
-
Pontevedra, 29.01.2010
-
Entrada n. 1142 do blog
--
O PARLAMENTO EUROPEO VISITARÁ A RÍA VIGO,
por Xesús López Fernández
-
Onte visitaron o Parlamento Europeo dous colectivos vigueses, prá denuncia de diversos temas ambientales. Téñase presente que a fronte xudicial aberta en relación coa presunta ilegalidade da depuradora d´O Lagares foi incoada a instancias da Asociación Ecoloxista Salvemos Pontevedra, algo sobre o que estos pasados días se interesaron os afectados pola edar indebidamente consstruída.
-
Que unha comisión do Parlamento Europeo se achegue á ría de Vigo, debería ser compatible, obrigado incluso, cunha visita da mesma á ría de Pontevedra, espacio sensible, prá que existen uns claros proiectos de depravación, vs. edar d´Os Praceres, os recheos do Porto de Marín xudicialmente condenados, o complexo industrial contaminante de Lourizán, e a posible intención da Xunta de levare adiante a construcción dunha papeleira, en contra da promesa electoral do actual presidente Núñez Feixóo, de recupera-lo litoral de Lourizán, algo que non entra nas cabezas pensantes dos redactores do PXOM, que tamén debería conoce-la UE, ademais de enterarse de que o colectivo citado no primeiro dos parágrafos hai tempo que denunciou a edar d´Os Praceres, por ilegal en relación coas leis españolas, asunto que permanece prolapsado no TSXGalicia, a pesar da xurisprudencia existente en casos como os das depuradoras de: Reza, Cortiguera ou Suanzes, Aranda de Duero, sobre as que existe sentencia firme de derribo.
-
-
-
-

A FANTASMA DA PAPELEIRA

O fallo do TSXGalicia en relación coa supramunicipalidade no caso de Ence volve presenta-las posibilidades dunha poboación máis indefensa, dunha Galicia colonizada ata o estertor da ría de Pontevedra, ademais dos delitos sabidos. E os políticos, sen luces. (Viñeta de Caín, en La Razón)
Os graffitti, a última protesta posible coa traición encastañada no poder.
Como no famoso chiste de El Roto coa pancarta que levaban os corruptores, porque "a corrupcìón crea postos de traballo, deféndea", en Pontevedra e na manifestación da fotografía a senrazón clamaba "polo emprego (e morte da ría), e polo sector forestal (eucalipteiro, non creades outra cousa)", a colonización salvaxe dos nosos montes, a fin da paisaxe, o lume forestal como pan cotián e sustentable.
-
Pontevedra, 28.01.2010
-
Entrada n. 1141 do blog
-
A FANTASMA DA PAPELEIRA,
por Xesús López Fernández
-
Talvez sería mellor comezar, ou titular esta entrada como "¡Quixera chamarvos imbéciles!", en relación coa casta política parasitaria que accedeu á colonización de Galicia pola miseria; que consinteu e consinte a crecente contaminación das rías; que xoga cos diñeiros de Europa en proiectos ecolóxicamente indefendibles i engañando á EU en relación coa aplicación dos mesmos; quixera, xa digo, chamar imbécil a toda esta tropa, en sintonía cun vello artículo de Arturo Pérez-Reverte; a esa tropa á que parece non lle queda outra capacidade de demostración "democrática" que a do derribo de estatuas de Franco ou Millán-Astray ou volver fusilar, se preciso fose, algún que outro monumento relixioso, Cristo Rei como diana.
-
Se o noso TSXGalicia non parece estar á altura das circunstancias, a tropa política municipal tampouco o está, porque acaban de chegaren a un primeiro consenso en relación cun PXOM pouco explicado e no que se esqueceron da preceptiva AXENDA21Local. O que interesa son os "solares" ou as infraestructuras contra a natureza. Chacales.
-
Que non presuman de ecoloxistas, nengún deles, porque as posibilidades de elaborar unha Axenda21 intelixente, de explicala porta a porta, de buscaren apoios, de ver cómo recupera-lo capital natural desta ría, non se ven por nengures. Non están na política pra unha administración cabal das cousas, prá reposición da legalidade en tantas frontes reventada. Quixera chamarvos imbéciles, ou parvaxolos, xangales, etc.
-
Inclúo seguidamente diversos enlaces. Cadaquén que se horrorice según a súa capacidade:
-
-
-

miércoles, 27 de enero de 2010

AFECTADOS POLA EDAR D´O LAGARES

Edar d´O Lagares, en Vigo, que non se axusta ó disposto na Lei de Costas, art. 44.6, polo que se debe entender ilegal.
-
Pontevedra, 27.01.2010
-
Entrada n. 1140 do blog
-
AFECTADOS POLA EDAR D´O LAGARES,
por Xesús López Fernández
-
Mañán está previsto que se presenten no Parlamento europeo dous ou tres colectivos vigueses, con fins non necesariamente coincidentes. Defensa da Ría quer urxi-la consstrucción da macrodepuradora d´O Lagares, en principio e según a Lei de Costas, ilegal. É curioso que en Pontevedra a súa homónima APDR nunca se teña pronunciado contra a edar d´Os Praceres, denunciada ante os tribunales por Salvemos Pontevedra, por ilegal.
-
Curiosamente, tanto unha depuradora como a outra foron financiadas con cartos de Europa, que si se fai xusticia haberá que devolver, porque non se pode construir unha depuradora na ribeira do mar, o que convertiría, de producirse sentencia conforme á Lei ás tres Administraciós en delincuentes.
-
As depuradoras de augas residuales deberán construirse máis alá dos vinte metros da franxa de protección do litoral, como tampouco se poden tender colectores en paralelo á ribeira do mar.
-
Pero en Europa vai estar o colectivo dos afectados pola depuradora d´O Lagares, que vai pedi-la retirada de fondos pró proiecto e a redacción dun novo anteproiecto. Na intervención, que vai estar apoiada polo eurodiputado de Izquierda Unida, Willy Muller, van reclama-la elaboración dun novo estudio técnico e ambienal, riguroso, independente e integral. O obxetivo é conseguir unha depuración eficaz, de tal xeito que elimine totalmente os vertidos na ría, erradique calquer tipo de molestia á poboación, respete os intereses do marisqueo e mái-la pesca e, en xeral, non provoque danos ó medio ambiente.
-
-

A SUPRAMUNICIPALIDADE

O chiste de Caín, en La Razón, non ten que ver coa noticia que sigue, pero na ría de Pontevedra hai moita xente que, polos malos pasos dados en materia industrial, pola traición sempre anovada dos políticos ó medio ambiente; hai xente, digo, que xa non está aquí, e os que aínda estamos vemos como, de xeito azourido e ás presas, os munícipes actuales carecen de ideas ou venderon a súa conciencia. Nada de Axenda21Local, nada da recuperación do capital natural, a ría como sentina.... Haino que decir moitas veces, porque todos miran pra outro lado antes que clamar pola reposición da legalidade. Avenida de Marín e complexo de Ence-Elnosa. Foto de La Voz de Galicia.
-
Pontevedra, 27.01.2010
-
Entrada n. 1139
-
A SUPRAMUNICIPALIDADE,
por Xesús López Fernández
-
A cuestión da supramunicipalidade foi unha idea de Fraga pra ver de consolida-la presencia de Ence, xa en precario, e de ademáis completa-lo ciclo do papel por medio de Tisú de Lourizán, que posiblemente xa estaría aí de non ser pola actuación e denuncias promovidas por Salvemos Pontevedra.
-
Enténdese que Fraga quería compensar a José Luís Méndez, de Caixagalicia, metido a xestor de Ence, pola donación deste home ó noso premier de monte Gaiás, que como un cáncaro ven devorando cartos dende aquela.
-
O Concello de Pontevedra acaba de perder no TSXGalicia o contencioso promovido pola cuestión da supramunicipalidade. A cuestión da innecesariedade dos terreos é algo que normalmente non se aclara e sobre o que Mosquera quere agora que lle poñan medallas, ¡narices!, pero foi Salvemos Pontevedra quen obtivo de Cristina Narbona a afirmación de que a mesma estaba fóra de lugar: que o dominio público marítimo terrestre (Lourizán, Mollabao), como tal era inalienable, inembargable, imprescriptibles e insusceptible de desafectación. O Bloque, mellor calado.
-
Leéde as noticias sobre a sentencia do TSX do:
-
-




martes, 26 de enero de 2010

O CRUCEIRO DE ESTRIBELA

O cruceiro de Estribela está situado actualmente na Praza das cinco Rúas, de Pontevedra.
-
Pontevedra, 26.01.2010
-
Entrada n. 1138 do blog
-
O CRUCEIRO DE ESTRIBELA,
por Xesús López Fernández
-
O cruceiro está no actual emprazamento dende o ano 1962 (¿?). Varias entidades representativas da parroquia de Lourizán acaban de reclamar oficialmente ante a Xunta de Galicia, o retorno ó seu lugar de orixe, porque se trata dun ben inmoble e como tal non susceptible de traslado do seu entorno. As entidades que reclaman a reposición do cruceiro ó seu lugar orixinal son: A Asociación de Veciños Estriceres, a Comunidade de Montes, a de San Andrés e a Plataforma en Defensa da Praza d´Os Praceres. "Existe unha opinión xeral de que lles deron o cambiazo e lles foi roubado un dos máis preciados bens do seu patrimonio histórico cultural.
-
Un pergúntase tamén se non vai sendo hora de que na parroquia se forme unha comisión pra xestiona-la segregación do Concello de Pontevedra e a configuración dun novo concello no que se integrarían Lourizán-Praceres, Estribela e talvez Salcedo. Porque no plan de "recuperación" litoral, que non existe, o Concello anda a cedellar coa teima de converti-las marismas de Lourizán noutra cousa; i en non lles devolve-lo mar.
-
Ver enlace:
-
-

O BLOQUE, TRAIDOR

Na España dos parados, a xente maniféstase, na viñeta de Caín, en La Razón. Así poderíanse manifestare, desta volta i en Pontevedra, as xentes que non participaron nunca no xogo "ecoloxista" do Bloque e da súa correa de transmisión, a APDR, o do "¡Ence, fóra!". Mentireiros.........
Din que agora entra o PXOM en fase terminal, e pensan en deseñaren unha bolsa de terreo, así que marche Ence no 2018 [cando realmente xa non ten concesión e sigue aí porque os partidos queren, ou cobran], pró lecer cidadán.
Ésta é unha foto denuncia de La Voz de Galcia d´hoxe. A costa d´A Granxa convertida xa en solar, pendentes os promotores da saída da recesión. O que aí vaia mercar, certamente, vai poseer unha vista temporal á ría de Pontevedra, xa case sentina total, en especial porque os políticos están a raquetear co tema da edar d´Os Praceres, ilegal según a Lei de Costas, art. 44.6.
-
Pontevedra, 26.01.2010
-
Entrada n. 1137 do blog
-

O BNG, TRAIDOR,
por Xesús López Fernández
-
Os seguidores deste blog teñen nel información dabondo sobre as traiciós do BNG e das outras formaciós políticas en relación co tema medioambiental. Seguramente en poucos espacios vai atopar, de xeito tan reiterado, a información de que aquí, na confección do PXOM, furtáronnos a redacción da Axenda21Local, algo elemental á hora de falare da recuperación do capital natural, que non lles preocupa.
-
O Bloque falou de nova ribeira marítima e quere fagocitar pró seu uso as marismas de Lourizán, e nos enlaces seguintes, ámbo-los dous de La Voz, pódese percibi-la gran mentira de Mosquera, o seu falso ecoloxista de tantos anos a contar mentiras, mesmo valéndose da súa correa, a APDR, que ten tamén outra homónima en Vigo, que mesmo se dispón a intervir no Parlamento europeo pra reclama-la consumación dunha ilegalidade: a construcción da macrodepuradora viguese n´O Lagares, zona marismeña, ilegal polo tanto según a Lei de Costas.
-
Enlaces:
-
-
La Voz de Galicia; 26.01.2010: O Bloque, mentireiro, non quere recupera-las marismas de Lourizán.

lunes, 25 de enero de 2010

O oso, película

O puma quer atacar a un pequeno oso, que xa ten cercado,
Pero o oso deféndese como pode, brada, e finalmente a súa nai estaba alí, onde el, pra impoñe-lo respeto.
-
Pontevedra, 26.01.2010
-
Entrada n. 1136 do blog
-

A DESGRACIA D´AS CORRENTES

Como na viñeta d´hoxe, de Caín en La Razón, en Pontevedra i en relación co tema do Urbanismo parece temos ese biotipo dono da súa razón e da dos demáis, que non contamos.
O Concello dí que é cuestión de días o desbloqueo das obras na nova ponte d´As Correntes. (Foto do Faro de Vigo)
-
Pontevedra, 25.01.2010
-
Entrada n. 1135 do blog
-
A DESGRACIA D´AS CORRENTES,
por Xesús López Fernández
-
O bestialismo como forma de actuar pra acabare coa ría de Pontevedra mostra diversas caras. E todas parecen estar dacordo en acabar coa natureza despois de ter falado hai xa anos da Carta de Aalborg, á que o concello pontevedrés está adherido.
-
Todo falacia, mentiras, como tamén a declaración como lic --lugar de importancia comunitaria-- da xunqueira d´Alba, pra cuia morte e desaparición final pode ser un paso decisivo a ponte ideada polo concelleiro de Infraestructuras e Ordeación do Territorio do Concello dos Camaradas, do que no seu día e precautoriamente paralizou as obras Costas, por falta dos oportunos permisos.
-
Agora volven dende o Consistorio coa noticia de que a suspensión vai ser levantada. Cuestión de días, según dín. Veremos, porque aquí parece que a nadie lle importa a Carta de Aalborg, nen a Axenda21Local, que tampouco importa á oposición. ¿Cómo o PP pode denunciar faltas no PXOM do Komisario Concelleiro e non lembra-la necesidade da redacción da Axenda21Local? A construcción da denunciada ponte pode ser un acto de irracionalidade como o da construcción do ferrocarril pola praza d´Os Praceres ou os recheos que unha sentencia do T.S., según o post anterior, declarou ilegales e prá que os veciños d´Os Praceres pide a inmediata execución. ¿Cántos dos políticos pontevedreses que falaron da Carta de Aalborg, discurso que lles quedou conxelado, non están enmerdados en actuaciós contra o orde legal?
-
Sigue un enlace do Faro de Vigo d´hoxe: As obras da ponte d´As Correntes.....

domingo, 24 de enero de 2010

EXECUCIÓN DA SENTENCIA DO SUPREMO

Eladio Torres Castro, presidente da Plataforma prá Defensa da Praza d´Os Praceres, que solicita a inminente execución de recén sentencia do T.S. en relación cos recheos promovidos pola Autoridade Portuaria, declarados ilegales.
Vista aérea do Porto de Marín, do que deberán ser retirádo-los recheos á situación do ano 2000. Son algo máis de 300000 metros cuadrados de lámina d´auga os que foron inícuamene invadidos, asunto no que non se salva nengún dos tres partidos presentes na escea. ¿Por qué non se criminaliza a actuación dalgús deses persoaxes, culpables por deixadeza de funciós, culpables talvez por algo máis?
-
Pontevedra,24.01.2010
-
Entrada n. 1134 do blog
-
EXECUCIÓN DA SENTENCIA DO SUPREMO,
por´Xesús López Fernández
-
Na edición impresa do Diario de Pontevedra d´hoxe, e coido que é o único periódico que dá noticias do feito, aparece a comunicación de que a Plataforma prá Defensa da Praza d´Os Praceres solicita a inmediata execución da sentencia do T.S. que declara ilegal o actuado sobre máis de 300000 cuadrados de lámina d´auga.
-
"As sentencias, nun estado de dereito, non se discuten; acátanse e cúmprense" e que ademáis, según o portavoz do colectivo veciñal, Eladio Torres, esa sentencia creou xurisprudencia no caso do porto vigués. "Non tiñan definido un plan de usos. Pra nós, éso é unha alegría, porque o mar non se pode rechear pra montare un hipermercado ou unha área comercial. Hai que defini-los usos", indicou.
-
"Os que parece ser que non teñen vontade de arranxar este tema son os políticos; que non lles preocupa o que lle pase ós veciños nen ós empresarios, independentemente da color política" matizou o represente do colectivo denunciante. A sentencia é innegociable.
-
Eladio Torres mostrou a solidaridade coas empresas, ás que son os políticos os que lle deben buscar solución vía porto seco ou como proceda. E lembremos que aquí nengún dos nosos políticos está libre de culpa, que mesmo a Gonvarri, a empresa cerrada en Barcelona por contaminación continuada do medio mariño con zinc e cadmio, está agora establecida nos recheos deshonestos da Autoridade Portuaria, con primeira licencia outorgada polo concellal Mosquera. ¡Qué raro, cando en Vigo non-a quixo Lois Pérez Castrillo, e agora están en Marín electrocincando chapa como industria auxiliar de Citröen!.
-
Lembremos que outras dúas sentencias en relación con denuncias promovidas pola Plataforma da Praza d´Os Praceres, siguen pendentes de execución, sen que os políticos se preocupen pola reposición da legalidade, nen a Xusticia actúe d´oficio.

sábado, 23 de enero de 2010

MÉNDEZ FERRÍN, NOVOS TEMPOS PRÁ RAG

Relevo presidencial na RAG. Barreiro e o amigo Méndez Ferrín rubrican o relevo cun apretón de mans. ¿Novos tempos prá RAG?.
-
Pontevedra,23.01.2010
-
Entrada n. 1133 do blog
-
Artículos pró 25.01.2009
-
Méndez Ferrín, novos tempos prá RAG,
por Xesús López Fernández

Haberá que formula-lo título do artículo como unha cuestión: ¿novos tempos prá RAG?. En principio, Méndez Ferrín, elexido novo presidente da Real Academia Galega en sustitución de Xosé Ramón Barreiro, co apoio maioritario do plenario, prometeu traballar polo idioma e aposta por unha RAG que centre o seu esforzo na mellora dos traballos, sobre todo os léxico-gramaticales, e na actualización do diccionario, ademais de afastar á institución de debates como o das bases pró decreto do plurilingüismo na ensinanza non universitaria de Galicia. A Academia, “canto menos mediática, mellor”. Dacordo tamén coa súa aposta de faceren máis efectívo-los traballos internos da institución; pero non co pactismo de seguiren co modelo continuísta dos últimos presidentes, do que saeu o idioma realmente ferido.

E Méndez Ferrín ten diante súa un reto realmente importante: Que a RAG non volva ser unha especie de terminal nacionalista radical, que nadie lle dicte o seu papel en relación co estudio da lingua popular e a elaboración de normas prá súa fixación. Pero confío en Méndez Ferrín, có que aínda tiven ocasión de falare con motivo da súa presencia e intervención na homenaxe a Juan Vidal Fraga, común amigo de ámbo-los dous. Na fin do acto démonos unha forte aperta que pra nós significaba algo máis que a lembranza do finado amigo; significaba, a modo de pequeno lóstrego, o inventario do tempo transcurrido dende o noso primeiro e común galeguismo, no comezo dos 50: a preocupación polas palabras, a súa arrancada na Universidade, as cartas nas que xa facían presencia algús diferencialismos, nas que comentabamos da obra de Gonzalo Rodríguez Mourullo, Nasce un Árbore, ou ben do libro de Ramón Lugrís sobre o pensamento de Vicente Risco, unha auténtica descoberta.

Aínda xoven, Méndez Ferrín marcou novos tempos na literatura galega dende a súa obra primeira: “Percival e outras historias”. Con “O crepúsculo e as formigas”, do 1961, o noso amigo, según Dolores Vilavedra, é poseedor dun dominio das máis diversas técnicas narrativas. Pouco despois, ano 1964, editaría “Arrabaldo do norte”, definida como novela obxetalista, herdanza do “Nouveau roman”, de corte kafkián. Pero non se trata de seguir a citar obras de Méndez Ferrín, como “Retorno a Tagen Ata”, “Con pólvora e magnolias”, “Estirpe”, etc., que o lector pode xa conocer como tamén que foi proposto pró premio Nóbel, senón do rol que vai xogare á fronte da RAG e do que hai poucos días falaba cun amigo, con responsabilidades no eido de Educación no seu partido, algo xa comentado en “O galego real, ausente”. 


¿Poderase producir con Méndez Ferrín unha certa osixenación da nosa lingua? Ben sei que os autores son moi libres de escribir como lles pete. Ferrín foi dos primeiros en usar “cuxo” como forma pronominal. Pero o uso con ese sentido, coidado, pode resultar redundante. ¿Cabe decir “vendémo-lo cuxo cuxa nai morreu de encefalopatía…..”? Eu, persoalmente, prefiro usa-lo “cuio” recomendado por Carré, Ibáñez, Eladio Rodríguez, Franco Grande, e deixa-lo “cuxo” como sustantivo, co significado de: xato, cucho, choto, camoniño, chapreiro, xuvenco, cato, terneiro, mansote, palletes, poito, pucho, nos que aínda caben variaciós semánticas como “cucho colludo”, xato sen castrar (Carré 1972), ou “cucho das vacas”, boi semental (Glosario de Constantino García). Despois dos traballos que no seu día se fixeron en relación coa fixación do Atlas lingüístico, a RAG ten moito que desandar e deixarse das querencias portuguesas que xa denunciaba o P.Sarmiento: “Facede o idioma a partir da fala”. A fala é, certamente, a fronteira con Portugal, máis permanente na “raia seca ourensáa” que no propio río Miño, como ten apuntado J. José Moralejo Álvarez máis dunha vez. E non cabe outra línea de traballo prá RAG que a de cura-las feridas derivadas dos decretos e normas alóglotas en vigor, especie de enxeñería pra nos cambia-la fala, ou eso parece. E perguntamos: ¿Novos tempos prá RAG?

viernes, 22 de enero de 2010

AS ORELLAS DO LOBO

O brazo longo dos lobos terroristas estivo na praza do Obradoiro, mostrando algunhas das súas posibles dianas.
¡Claro que ós líderes políticos que organizaron a protesta de Santiago lles falta convicción!. Procuran manexar a un colectivo xangal, preso da doudice do galegués que lle colaron como galego. E falan de protesta social cando realmente organizaron unha manifestación política contra ó PP. Protesta con bandeiras comunistas de diverso pelo. Nunca protesta social. (Chiste de Caín, en La Razón)
-
Pontevedra, 22.01.2010
-
Entrada n. 1132 do blog
-
AS ORELLAS DO LOBO,
por Xesús López Fernández
-
Algún dos sinales de identidade da manifestación de onte no Obradoiro valen pra demostraren que non se tratou dunha protesta social, que tivo moito de actuación case-terrorista na medida na que quixeron colar como galega a bandeira do Bloque, e outras bandeiras. I en que queimaron unha bandeira de España. Tamén se localizaron antr´o xentío carteles rubricados por certa organización que leva cometido máis dun acto terrorista ou antidemócrata na nosa terra. O aire libre da democracia agánaos.
-
Sigue un enlace de Elentir/Contando Estrelas, con inventario polo miúdo prós máis desmemoriadas. ¡É que parece que o noso colectivo social padece de Alzheimer, que despois de tere esquecido a lingua propia aceptan como boa a inventada polo BNG, o malparto do galegués ou galizo!
-

jueves, 21 de enero de 2010

O GALEGO, SECUESTRADO

Caín, en La Razón, consenso sobre o incertidume. Hai un certo bestialismo nos dous rostros, que podemos sobrepoñer tanto ás plataformas que defenden o galegués, como á propia Xunta que confunde o galego real co galegués inventado nos laboratorios da UPG. Estes nenos tamén participaron na manifestación d´hoxe. ¿Secuestrados como a lingua galega, convertidos en capós ós que están a educar, a lles metere pola gorxa bolos de galegués, a lingua que nunca falaron os seus avós? Triste parodia a de meteren antr´a xente a nenos que posiblemente non teñan aínda lingua de instalación e que de certo non saben qué pintaban na praza do Obradoiro! (Foto d´El Correo Gallego) Coido que cos debidos aumentos háse poder determinar cántos estaban aí. ¿50000? E tamén un xamón, ou presunto como lle ha gustar decir xa a estes da lusofonía.

Pontevedra, 21.01.2010

Entrada n. 1131 do blog -

O GALEGO, SECUESTRADO,


por Xesús López Fernández

En relación co meu traballo anterior sobre o idioma, "O galego real, ausente", parece se levantou unha certa retesía, evidente no foro aberto ó pé do mesmo en Xornal.com. Moitas das ladillas que entraron no espacio armadas de spray pra insultaren non terían que buscar, á hora de perguntaren pola miña identidade, máis lonxe do propio Xornal, onde debe haber, na súa base de datos, uns trescentos traballos meus. Non saben esas pequeniñas formigas crepusculares que colaboro no Xornal porque o propio director mo solicitou hai xa varios anos. E recomendaríalle a algunhas desas xentes que non comenten nada sen antes leer. Que lean, pero non é o deles leer, algús dos meus vellos traballos e ó mellor ata aprenden algo!.

Eu sí podo decir que o noso idioma foi secuestrado, hai algús anos, como parte dun traballo de enxeñería ó estilo do que facían os estalinistas. Prohibiron palabras, elaboraron normas espúreas, tomaron vocablos da cisterna portuguesa e por non entrare non entraron nunca na obra de Rosalía; tampouco na de Curros, ou na pedagoxía de Risco ou Eladio Rodriguez; na de Lugrís Freire ou na do propio Alonso Montero, xa máis próximo; ou no maxisterio de Ánxel Fole. E o idioma está desta volta ferido, luxado polos do spray, manchado, enzudrado, enxurrado, tremedal de laios dos que, fracasados profesionalmente, buscaron ou buscan praza na Política.

Mellor que facer novos comentarios ha ser remitire ó lector ó meu traballo anterior. O demáis, as noticias da manifestación d´hoxe, será bo consulta-las informaciós diversas, mesmo artículos de opinión que aparecen en diversos medios. Deixo aquí os seguintes enlaces, con noticias relacionadas. Recomendo tamén a lectura dos diversos comentarios publicados nos foros abertos a pé de cada información, nos que sempre hai algús afinados, aproveitables; non todo vai se-lo consenso da senrazón dos que esqueceron que a lingua foi e debe seguir sendo unha creación social. A RAG é unha simple institución que, como a RAE, debe velar pola pureza do idioma creado, non asumi-lo paquete normativo que cada pouco lles está a chegare por SEUR ou otra mensaxería rápida dende os laboratorios do Diktatt estalinista.

addenda. Vergonza lle debera dar ó PSOE ter como brazo armado lingüístico ós desfacedores do idioma, ós que quixeron cambiarlle a alma ó noso pobo e, de paso, cambiarlle o nome á nosa terra, a Galicia. A pouco qu´o PP faga as cousas mínimamente ben, o PSOE vai quedar convertido nun partido residual.

addenda 2.- Nas diversas fotos aparecidas nos medios non se ve a bandeira de Galicia; sí a dos nazionalitaristas, prá vergonza do PSOE, mero esquirol nesta convocatoria.

Ver:



miércoles, 20 de enero de 2010

EDAR D´O LAGARES (ACTUALIZADO)

O Areal, que queren seguir ampliando. Obras paralizadas, os ecoloxistas queren leva-lo asunto ante o Parlamento europeo.
Vista aérea (Six-Pac) da edar d´O Lagares, noticia destes días nos que a prensa anuncia a visita ó Parlamento Europeo dunha comisión viguesa, en relación coeste asunto e cos recheos do Areal, pró 28.01.2010.
-
Pontevedra, 20.01.2010
-
Entrada n. 1130 do blog
-
EDAR D´O LAGARES (ACTUALIZADO),
por Xesús López Fernández
-
As edares d´O Lagares e a d´Os Praceres, ésta na ría de Pontevedra, poderían se-la plasmación dunha contínua forma de delinquir por parte das Administraciós, prás que parece que nada conta a Lei de Costas.
-
O interese desta entrada está na información actualizada que o blog de Salvemos Pontevedra ven de inserir no seu espacio informativo, o blog titulado "meinteresalavida". Sigue o enlace actualizado:
-
-
-

AS SENRAZÓS DE MOSQUERA

Cesáreo Mosqueera fala agora, en relación co PXOM de que os partidos políticos deberán prantexar por escrito as súas discrepancias co PXOM, sempre que sexan razoables. O sobardante optimismo de Mosquera, o seu plan asoballante de ordeación no que non contou pra nada a confección da Axenda21Local e sí a localización en zonas de protección costeira de bolsas de solares, non debería dar máis de sí. Vale esta viñeta de Caín, en La Razón, como crítica seria e zafia ó que o home se trae antr´as mans. Pra asustarnos.
-
Pontevedra, 20.01.2010
-
Entrada n. 1129 do blog
-
AS SENRAZÓS DE MOSQUERA,
por Xesús López Fernández
--
Hai uns días que o PP denunciaba certas irregularidades do plan. Dende diversos colectivos como Salvemos Pontevedra e a Plataforma prá Defensa da Praza d´Os Praceres, hai actuaciós denunciadas por presuntamente delictivas, ante a Xustia; é máis, que a Xusticia xa dictou sentencia nalgún dos casos.
-
Que Mosquera veña agora ofrecéndolles o sal ós partidos e lles pida que se pronuncien por escrito sobre o PXOM --se as súas críticas van ser razoables-- demostra que el, co seu opaco plan, non está a axustare no seu rol á Axenda21Local, que non quixo redactar, documento que sería mostrado porta a porta antr´os veciños; documento democrático por excelencia en contra da ideoloxía do Diktatt, sexa éste en urbanismo ou en materia de lingua.
-
Noticia de La Voz de Galicia: Os partidos van facer por escrito as súas aportaciós ó Plan. (Razoables, pide Mosquera, que esquece as súas ocultaciós.)

lunes, 18 de enero de 2010

A MALICIA DO PLAN XERAL DE PONTEVEDRA

O Brado, de Edvard Münch. A ría de Pontevedra, de se levare a cabo as intenciós do PXOM, que carece de Axenda21Local, pode asemellarse máis ó drama que o pintor noruego presenta plásticamente. ¿O colectivo horrorizado, os especuladores que miran pró posible solar ou dominio público marítimo terrestre a recalificar?
Hai moitos temas por resolver no eido urbanístico. Os políticos queren seguir sen aterrizar en temas puntuales, prolapsando unha situación que, de resolverse, acabaría co futuro de máis dun persoaxe. Pero non queren entrar en certas cuestiós, nen salva-lo capital natural da ría.(Caín, sempre certeiro, en La Razón)
-
Pontevedra, 19.01.2009
-
Entrada n. 1128 do blog
-
A MALICIA DO PLAN XERAL DE PONTEVEDRA,
por Xesús López Fernández
-
O PP e a Xunta do PP denuncian certas cuestiós no prantexamento do PXOM, polo que se tenta convertir en solar zonas que son de Costas. Eso é revelador dunha impudicia certa por parte do equipo redactor. O PP tamén carece de color na medida na que non demanda a redacción da Axenda21Local preceptiva, sobre todo tendo en conta que Pontevedra suscribeu a Carta de Aalborg.
-
Sigue un enlace do Faro de Vigo, unha noticia que vos pode poñer os pelos mesmo de punta. A presunta delincuencia política pode mesmo apelumbrarse a partir desa información:
-

sábado, 16 de enero de 2010

O GALEGO REAL, AUSENTE

Este chiste de Caín, en La Razón, sobre o descrédito da argumentación e a prevalencia da ideoloxía parece pensado pra este traballo. Na edición do mesmo no Xornal.com (clicade) demóstrase que son poucos os lectores cabales, capaces de segui-la línea dun artículo argumentado: abondan máis os que simplemente insultan, os subvencionados, os ideólogos do spray, porque moito do que din non ten máis valor que o dunha simple pintada, mancha. Aquí no blog consultan, pero non se aceptan comentarios anónimos. Os insultadores subvencionados aparentan seren como formigas ideoloxizadas, as formigas do crepúsculo dun nazionalismo fracasado. Gloria Lago, de Galicia Bilingüe. O papel desta asociación foi talvez decisivo no triunfo de Feijóo, a consecuencia da política de inmersión lingüística practicada polo bipartito.
-
Pontevedra, 17.01.2010
Entrada n. 1127 do blog
Artículo semanal.
-
O galego real, ausente,
por Xesús López Fernández

Ante o que parecía unha clara intención de inmersión lingüística no galego saído das diversas normas e modificaciós posteriores, un sector importante da sociedade galega posicionouse en contra da política do bipartito, de forma absolutamente democrática. As claves da citada política foron a principal causa da súa perda de poder. E Feijoo prometeu en campaña a derogación do DNL e a elaboración dun novo decreto que está sendo contestado dende distintas instancias e asociaciós, que non responde ás expectativas dos que pedían libertade de elección de lingua polos pais dos alumnos, que son os que verdadeiramente saben en qué idioma están instaládo-los seus fillos. Os foros de diversos medios, abertos ó pé de noticias sobre este tema abondan en críticas acedas. Dende algús acusan incluso de traición a Núñez Feijóo, xa que según o decreto un tercio das horas da semáa vaise impartir en galego, outro tercio en castelao e o tercio restante pode ser impartido noutra lingua, o que representa que van prevalece-las cuotas sobre o dereito dos pais e que van lesionar igualmente ós que teñan como lingua de instalación o galego ou o castelao.
-
Núñez Feijoo vai abri-lo melón dunha serie de consultas: Consello da Cultura Galega; a RAG debe ter listo o seu informe sobre o decreto e uns trinta colectivos entran no turno de consultas: centros concertados e privados, vinte confederaciós de asociaciós de pais que funcionan en Galicia, a MNL, a Mesa pola Libertade Lingüística e Galicia Bilingüe. A min paréceme que galego e castelao son lingüas compatibles e próximas; pero estoume a referir ó galego popular antes que ó galego saído das normas últimas. Xesús Ferro Ruibal decía [La Voz de Galicia, 12.12.2001], en “Ideas para un reencontro”, sobre a retesía que se estaba a dar no seo da RAG en relación coas normas que tentaban colarlles e que finalmente tragaron: “4. A Norma vixente é basicamente suficiente, ben implantada e estable. Ningunha outra alternativa pode presentar valores semellantes. E hainos que protexer, porque sen eles unha lingua non corre nunha sociedade moderna. A inestabilidade desprestixia e causa molestias. A sociedade non pide que a Norma cambie, senón que robusteza esa estabilidade”.
-
O home, que defendía [aceptadas por ser académico] as normas anteriores, decía con palabras que agora toman un certo carácter de profecía: Obsesionarnos co portugués é frustrante e “aportuguesa-la lingua non resolvería o problema e incrementaría o abandono. Sería mesmo un exemplo desesperante para os milleiros de linguas minoritarias do mundo que miran para nós con esperanza. As linguas pequenas teñen o seu encanto e tamén van sobrevivir no mundo ecolóxico que estamos compromemtidos a crear”. Totalmente dacordo, como que tamén houbo un colectivo no ensino que impartía as súas clases sen libro de texto, por apuntes, adaptados ó portugués, lonxe da norma oficial, aínda que discutible, porque os idiomas son formaciós das sociedades, nunca dos laboratorios.
-
E sei dalgún caso no que pais de alumnos tiveron que se achegare a centros de ensinanza porque ós seus fillos, galegofalantes, lles estaban a cambia-lo idioma. Había que desparasita-la situación porque tentaban descaradamente a inmersión no portugués dos galegofalantes. Idioteces. Porque os portugueses prefiren que lles falen en castelao, mesmo eles contestan nese idioma cando se lles fala en galego. ¡Pero é que ademáis acontece incluso con xentes chegadas do Brasil ás que lles responden igualmente en español!. Aínda onte falaba desto cun diputado galego, que me contaba o caso dun compañeiro que viaxou a Brasil [país no que se dí Galicia], onde non atopou maior dificultade. O galego real está ausente do gran debate en marcha e o chamado galegués ou galizo é resultado dos anos de inmersión no portugués, vía últimas normas. Se as instituciós non logran desparasitalo, o idioma morre.

viernes, 15 de enero de 2010

NOTICIA DUN AMIGO PORTUGUÉS

Fernando Venâncio, escritor portugués nacido en Mértola, actualmente profesor de Lingua e Literatura Portuguesa na Universidade de Amsterdam. A el, á relación persoal, fundamentalmente espistolar que con el cheguei ter, refírese o seguinte artículo, outro dos repescados do ano 2003. En internet, "na Net" como el di, existe amplia referencia da súa obra.
-
Pontevedra, 16.01.2010
-
Entrada n. 1126 do blog
-
Noticia dun amigo portugués [9.08.2003],
por Xesús López Fernández
-Voume referir hoxe a un escritor portugués, novelista, ensaísta, crítico: Fernando Venâncio. Nado en Mértola, no 1944, estudiou en Lisboa i en Braga. Dende o 1970 reside na Holanda. É profesor de Lingua e Literatura Portuguesa na universidade de Amsterdam. E autor de diversa obra, pola que agora comezo a camiñar. Concretamente estou a leer “Os esquemas de Fradique”, obra coa que me agasallou con motivo do noso encontro aquí, en Pontevedra, o pasado día 4 do mes en curso. Quedaban alá varios meses de relación electrónica dende un correo primeiro motivado por se ter encontrado cun traballo meu en Internet, “Na defensa dunha opción”, nun foro de opinión [Xornal.com]. Interesouse polo mesmo e pideume información ó tempo que se apresentaba: “Sou um professor de Lingua e Literatura Portuguesa [...], e em Portugal escrevo crítica literaria [......] De resto, tenho alguns romances e livros de ensaios publicados”. O home comunicabame seguidamente que estaba a estudia-la problemática actual do galego e que o meu ponto de vista parecíalle interesante.
Dende aquela comezou unha relación fluída. Funlle facilitando a información que puiden. Expliqueille a miña postura, decantada a partir dos anos cincoenta aínda non tendo outra obra publicada que as miñas colaboraciós na prensa de distintas épocas, actualmente no Diario de Pontevedra e no Xornal.com, que foi o que en principio sirveu de ástrago pra nos conocer. Cantidade de correos compoñen hoxe a cimentación dunha amistade certa. Sempre agradecido do que lle fun enviando, dame a impresión de que coa lectura dos meus modestos traballos foi tomando un maior interese polo noso idioma. Tenme adiantado incluso algús xuicios que non caben neste traballo. E considera que o problema do galego ten unha difícil solución se non somos capaces de poñérmonos dacordo, cousa que vexo imposible se non botamos man dunha ortografía máis foneticista, que moitos non queren admitir na súa premura de ir fundindo a lingua máis e máis na do país veciño. Así as cousas, faciliteille nova información i envieille outros traballos que o home iría analizando vagariñamente. Un día chamoume por teléfono. E novamente algún tempo despois, pra concretar un encontro [con motivo das súas vacaciós] que conviñemos pra este pasado catro de agosto.
Lugar do encontro: O Cafetín, na Alameda de Pontevedra, pola mañá, onde o trasladou un amigo de Santiago. E ben, a presentación implicou un corto e cordial debate no que saíron á luz diversas cuestiós. ¿Por qué morre o idioma? ¿Ónde están as traiciós? ¿Por qué o uso do “lh” ou do “nh” en galego, se son de orixe provenzal? Nos documentos de carácter notarial atopados en Montederramo nos que figuran esas grafías explícanse porque o dito convento foi unha fundación de dona Tareixa de Portugal, pero aínda nos primeiros anos do século XVI aparecen documentos desas características, co uso do “ll”, na propia Valença do Minho. ¿Por qué aceptar Galiza se con Galicia estamos máis próximos do latín Gallaetia ou cómo convencer ós brasileiros que renuncien á forma que eles usan, Galicia? ¿Por qué xustificar no Medioevo certas formas caídas en desuso ou por qué non retoma-lo uso do apóstrofo en expresións como “d´aquela, d´entón, Vilagarcía d´Arousa”, pra non forza-la creación de hiatos impropios?. Hora e media de debate co que o amigo Fernando Venâncio disfrutou certamente. Despedidos do seu acompañante, comezamos a camiñar cara as ruínas de Santo Domingo, cruzamos Pontevedra. E visitamos unha librería na procura de diverso material.
Xantamos nun restorán da zona vella pra deseguido pasar á miña casa, onde falamos demoradamente. Interesouse por algún dos meus libros, especialmente pola edición facsimilar da colección Nós. O tempo facíasenos corto porque tiñamos previsto achegármonos a Valença a recoller a un amigo del. Pero aínda tivo tempo de me mostrar unha das súas facetas: a de pianista. E no piano da casa fixo unha exhibición sobre un tema moi querido dos portugueses, o do alecrín, “que a flor do monte era um alecrím”. Curiosamente, sorprendino traguendo unha ramiña da querida pranta, que dende algúns días tiña na casa coa idea de prantala en terra. Unha casualidade, especie de extraña cita alén da nosa vontade, como tamén tiven ocasión [no debate e á hora de facer un pouco de historia] de lembrar que naquel espacio, nunha cafetería que houbo alí hai anos tiña estado co meu amigo Méndez Ferrín [do que falamos], nos tempos do seu primeiro galeguismo, que el ben lembra... Despois do 4.8 chegaron dous novos correos do amigo Fernando Venâncio. No último deles dí, antre outras cousas: “[....] Os días que passei na Galiza foram um sucesso, não só nos contactos, mas também no que se refere á investigação que me levou aí. [....]”. Agardémo-las súas conclusiós..