sábado, 31 de julio de 2010

A TRAMA PARECE EVIDENTE

A ría morre por Ence, polos recheos excesivos do Porto de Marín, polo desecamento do fondo intermareal e os novos excesos de Mosquera. Estos chacaritas prometen novos e idílicos solpores; non defenden a natureza, están en contra dela. E buscan o solar.
-
Pontevedra, 31.07.2010
-
Entrada n. 1262 do blog
-
A TRAMA PARECE EVIDENTE,
por Xesús López Fernández
-
Acabaron co poder xudicial por medio da posta da Xusticia ó servicio do poder político, e doutros poderes. Buscaron en ocasiós un certo equilibrio pra salva-la imaxe do partido por medio da creación do ministerio de Medio Ambiente; pero o ministerio de Fomento permaneceu coa súa carta de irracionalidade tanto co goberno do PP como agora co goberno do PSOE, aínda que ZP presumira ante Europa da Lei de Costas española, que en Pontevedra queren descafeinar, deixar sen efecto, convertila en papel mollado.
-
Na situación de presuntos delitos e agresiós contra a saúde que aquí se levan dado, perdeuse moito dend´o tardofranquismo ata o día d´hoxe. ¿Qué acontece pra que a Xusticia funcione, nalgún caso, aínda que as sentencias permanezan despois sen seren executadas? Pois acontece que algús colectivos cidadáns non están polo contubernio, pola desfeita do litoral, como no caso de Pontevedra supón a avenida a Marín, a construcción do ferrocarril a Marín urxida polos tres partidos da corrupción e conectados con presuntas tramas. E agora a construcción da variante a Marìn, perdido xa o discurso de Alberto Núñez Feijóo. E que un presidente da Autoridade Portuaria vexa como imposible a reversión do que alí fixeron mal, e devolverlle ó mar a súa ribeira, cheira mal. Todos queren aparentaren estar dentro da Lei, pero opóñense á execución das sentencias, da aplicación da Lei de Costas tamén, que intentan prostituiren por medio do incomestible POL que acaban de redactar, a renuncia das promesas de Alberto Núñez Feijoo na sùa campaña electoral.
-
Se algo parece estar claro é que a Xusticia dou a razón, en diversos temas a Salvemos Pontevedra e, sobre todo, á Plataforma prá Defensa da Praza dos Praceres. Precisamente o portavoz deste colectivo, Eladio Torres, opinaba hai escasos días sobre a existencia dunha posible trama, idea que comparto (Eladio Torres, Faro de Vigo, 25.07.2010: Los vecinos de Placeres vamos a pelear hasta que se haga justicia)
-
Eladio Torres dubida dos políticos, pero o que lle falta á súa Plataforma é o de se configurar como unha verdadeira alternativa, abrangue-lo ámbito total do Concello, botar man de xentes independentes, porque nos políticos xa nadie cree, presuntamente tocados da corrupción mentres non se demostre o contrario.
-
A prensa d´hoxe trae unha noticia que pon de manifesto, tamén, a impotencia de José Blanco pra resolve-los temas do Porto de Marín. Teñamos presente, ademais, que non é enxeñeiro de camiños, nen tan siquer, parece, acabou o primeiro de Dereito. O contubernio parece claro; a morte da ría sentenciada por todos, menos por Franco, que non tivo culpa. E aínda hai quen ben lembra a súa frase na inauguración da fábrica de Celulosas: "¿Pero no había otro sitio?", advertido, ademais por Sánchez Cantón da perda dos valores naturales e da gran riqueza marisqueira, dende aquela contaminada.
-
Enlace no que se evidencia a trama: Faro de Vigo, 31.07.2010: Blanco garantiza la conexión de las mercancías del Puerto de Marín con el eje atlántico ferroviario. (Vamos, que está ó servicio da trama, en disposición de favorece-la fin da ría de Pontevedra)

viernes, 30 de julio de 2010

EN CASTELLAR DE LA FRONTERA

Vista parcial de Castellar de la Frontera, situado na zona do campo de Xibraltar, no sudeste da provincia de Cádiz. Vista dun dos accesos ó alcázar en fase de restauración. Vista panorámica dende o alto do lugar.
Acceso ó entorno urbán, caracterizado pola presencia de pequenas casas, hoxe reconvertidas, algunhas delas, en pousadas pró turismo rural.
Un aspecto da pequena urbe.
Espacio restaurado pró turismo.
Os hippies están presentes en Castellar, onde o día da miña visita,o 24.04.2010, presentaban a súa obra á par que laboraban na fabricación de novos abalorios.
Unha das casarellas da pequena urbe. No enxido apréciase un bonsai. Desconozo si éso pode ser indicativo de que é aí precisamente onde reside un fillo de Felipe González, presuntamente relacionado coa andaina hippy.
Vista panorámica.
Vista parcial do alcázar.
Outra vista dun dos accesos.
-
Pontevedra, 3.07.2010
Entrada n. 1261 doblog
-
EN CASTELLAR DE LA FRONTERA,
por Xesús López Fernández
-
En Abril pasado fixen unha viaxe a Andalucía, a diversos lugares daquela especie de continente onde reina a luz. Unha das paradas que fixen foi en Castellar de la Frontera, un dos fortíns asentados na fronteira que nos separaba da terra de mouros.
.
A Felipe González pedíranlle que se ocupase da restauración da forteza, algo que o home acometeu. As obras, sen embargo, parecen interminables e, no día da miña visita, un cartel anunciaba o bombeo de cartos da UE e a xente traballaba na zona dun espacio chamado o "banco dos amorosos".
.
Visita recomendable, introduzo varios enlaces prós que queiran profundizar na historia de Castellar de la Frontera.
-
Enlaces:
-
-
-

miércoles, 28 de julio de 2010

O nacionalismo dixital, ó garete

Dibuxo do blog de elentir, que inclúe un post titulado "El nacionalismo digital se va al garete". Insírese un enlace do seu traballo.
-
Pontevedra, 29.07.2010
-
Entrada n. 1260 do blog
-
O NACIONALISMO DIXITAL, Ó GARETE,
por Xesús López Fernández
-
Elentir está sempre ó día en temas do mundo dixital. O post que nos brindaba onte non ten desperdicio: a morte de Vieiros e do agregador Chuza. E a posible doutros medios próximos ó BNG que poden estar nas últimas horas, ou na UCI, según o propio Elentir argumenta.
-
Eu fun colaborador de Vieiros, nos anos 1999 e 2000. Unha colaboración semanal en principio, dúas nos últimos tempos, sempre pedindo respeto prá miña ortografía. Foi realmente unha andaina corta que concluéu cando comprobaron que algús dos meus artículos, escritos criticamente e con total independencia, censuraban a debacle urbanística da zona vella pontevedresa, promovida polo goberno estalinista da capital.
-
Eu quero ver tamén, nesta caída de Vieiros e Chuza, o brazo longo de Uxío Novoneyra, o home que estivo en contra dos postulados destas xentes: da RAG, do ILG, da ASPG e do sector do reintegrado, os grandes nemigos da fala, porque a fala é a patria, pero os colectivos citados, como as xentes do BNG empeñáronse en configura-la lingua da non-patria, que hoxe usan o BNG, decote máis caído, o PSdeG, cun voceiro que fala da "Nazón de Breogán", situándose fóra xa da razón, e o PP, que tampouco quere retoma-la fala popular. Novoneyra tampouco perdoaba ós escritores que, na súa obra, fixeran esquecemento da fala-creación social, que renunciaran a colle-lo relevo da fala conservada nas aldeas. Os mesmos que este ano non montaron o escaparete das Letras Galegas, o 17.05, na Ferrería.
-

martes, 20 de julio de 2010

FOTOS DA FERRERÍA

Fachada do edificio Pirsa, edificio 10 sen garaxe, enaltecido na noite coa presencia das farolas fernandinas que van desaparecer.
Soportales altos da Ferrería, na noite. O edificio Pirsa permanece case todo el pendente de vender.
Panorámica da Ferrería, dende a parte baixa.
Outra panorámica co fondo das torres da Peregrina.
As farolas fernandinas, nunha das súas últimas prestaciós, disposta xa a actuación vandálica do Concello que vai gastar no arraso do espacio máis de 960000 euros. ¡Cánto de economía sustentable se aprende na Política, a mellor profesión do mundo e que non require preparación, simplemente falta de conciencia as máis das veces!.
-
Pontevedra, 20.07.2010
-
Entrada n. 1259 do blog
-
FOTOS DA FERRERÍA,
por Xesús López Fernández
-
É un momento de especial peligro, sen resistencia cidadáa pra evitare a morte do espacio. Lembremos que a "gran idea" do Bloque, xa manifestada no seu día, é a de elimina-los xardís, reconduci-la fonte á parte baixa da praza e, co pretexto de crear un novo parking, configura-la gran praza Roxa, o espacio polo que sospira a súa alma fascista/estalinista, que tanto ten. Pareceulles pouco acabar co tipismo de certos espacios e prazas: a praza da Leña, a da Verdura, a dos Polos, Curros Enríque, Avda. de Santa María, e a morte da vila como espacio comercial.
-
Os estalinistas de Pontevedra créense os depositarios das esencias do BNG e precisan prá concentración dos seus activos de toda Galicia da reconfiguración como Gran Praza Roxa d´A Ferrería de Pontevedra. Malo se non somos capaces de provocare, nas próximas elecciós, unha especie de galerna que acabe coa súa pretensión, coa súa capacidade sectarizadora, aldeanizadora, de elimina-la zona vella como espacio de convivencia, hoxe triste Gulag no que montan os seus circos en diversos espacios, prás xentes de fóra; onde xa resulta practicamente imposible o descanso noitarego dos residentes.
-
Recomendo ós aficionados á fotografía que procuren facer tomas da praza da Ferrería, tamén dos Xardíns de San Francisco, antes do arraso final, xa en marcha. (As fotografías hoxe inseridas son complemento dunha entrada anterior, "O Gasto contìnuo".)





lunes, 19 de julio de 2010

FDEZ LORES, OFF-SIDE

Fdez. Lores, fotografía do Faro de Vigo
-
Pontevedra, 19.07.2010
-
Entrada n. 1258 do blog
-
FDEZ. LORES, OFF-SIDE,
por Xesús López Fernández
-
Como sempre a bradare cando comeza algunha campaña o seu discurso único, a culpa da presencia de Ence, según este alcalde que levou Pontevedra á ruína, é do PP. E non é así. Todos poden ter, de certo, parte da culpa de que non se resolvan os problemas que o propio tardofranquismo decía que había que resolver, que as fábricas asentadas en Lourizán foran un erro do que só se podían derivare problemas prá saúde e convivencia humáas.
-
É máis, digamos que o propio Franco era contrario á Celulosa, que o día da inauguración comentou, ó reparare no crime de lesa natureza cometido: "¿É que non había outro sitio?..", apreciación ésta que coincidía tamén co que afirmaba Sánchez Cantón.
-
Ence xa non ten concesión, presuntamente perdida no momento da privatización; Elnosa nunca a tivo, como Holcim (a sucesora de Horpasa), que Lores podería cerrar mañán mesmo porque tampouco ten licencia municipal. E a antigua concesión de Malvar en Mollabao xa está liquidada, desconocendo os pasos que Medio Ambiente está a dar prá devolución da superficie, uns 11000 metros cuadrados, ó dominio público marítimo terrestre, consecuencia de denuncia incoada por Salvemos Pontevedra e sentencia firme do TSXG.
-
Lores urxeu tamén a construcción do ferrocarril pol´Os Praceres en maio do 2000; do ferrocarril sobre o que existe sentencia de ilegalidade firme do TS, que nen Lores, nen os representantes dos outros partidos fan nada pra que se execute; como tampouco as outras sentencias: a de Tradepana e a dos recheos do Porto de Marín, onde non podemos esquecer que existe unha empresa cerrada en Cataluña, Gonvarri, prá que aquí outorgou licencia de primeira ocupación en espacio gañado ó mar o concellal de Infraestructuras.
-
A actuación de Lores en relación con Pontevedra, en relación tamén coa ría, pode definirse como a dun abandono total. Non importa que, basado na ignorancia das xentes, presuma de política ambientalista ou da obra da depuradora d´Os Praceres, totalmente ilegal, na que están invertidos diñeiros de Europa que é de supoñer que haberá que devolver.
-
Nota. Éste é un tema xa tratado neste blog, que coido ha ter novas presencias, contínuas, nos próximoas meses.
-

O GASTO CONTÍNUO

Do blog de Don Filiberto, "aceiro por ferro fundido". A farola fernandina xa desapareceu, sustituída polo torpedo-supositorio de Fole.
Unha fotografía en Granada, donde abunda este tipo de farola, como en Cádiz, Málaga, La Línea, Vigo... Esta luminaria engalana os espacios onde está presente. A Ferrería pontevedresa vai perder parte da súa elegancia.
Letreiro da "economía sostenible" do réxime. Van gastar, no destrozo da luminaria da Ferrería, uns 150 millós das antiguas pesetas, pra unha maior presencia dos folecarolinos antipeprica cos que infectaron a zona vella.
-
Pontevedra, 19.07.2010
-
Entrada n. 1257 do blog
-
O GASTO CONTÍNUO,
por Xesús López Fernández
-
Neste blog xa existe máis dun aviso do gasto disparatado, da economía sustentable pra algús, da morte económica pra outros, porque todo o que se leva feito na zona vella trouxo como consecuencia a ruína dun modelo de cidade: administrativa e comercial.
-
Agora van gasta-lo citado presuposto no envilecemento da praza da Ferrería, na eliminación das farolas fernandinas e a súa sustitución polos torpedos-supositorios deseñados por Fole. ¡Qué horror!.
-
Aínda non dispoño no PC das fotos que saquei hai uns días na praza da Ferrería, de noite, realzada polas farolas cuia desaparición está programada.
.
Enlace:
-

domingo, 18 de julio de 2010

A FIN DO ESTADO DE DEREITO


Malditos bastardos, do Blog de Natalia Pastor.
-
Pontevedra, 18.07.2010
-
Entrada n. 1256 do blog
-
A FIN DO ESTADO DE DEREITO,
por Xesús López Fernández
-
Aínda non creendo no Estado nada máis que como empresa particular, a que algús individuos usan como promotora do aborto, da eutanasia, ou prá que non conciben outra fin que a dunha sovietización crecente, como xa no 1934, coa revolución de Asturias, intentara Largo Caballero, o home ó que lle están saíndo discípulos por todas partes cunha clara intención: acabar con España como Nación.
-
O equipo de Goberno parece terlle declarado a guerra á Constitución. Siguen falando de Estado de Dereito, que xa ninguén encontra; presumen de leis ou de política de Estado cando acaba de finaliza-la presidencia de ZP en Europa, un auténtico desastre que trouxo como desenlace os serios avisos dados ó noso país.
-
É máis, aínda que o triunfo da selección española no campeonato do mundo trouxo como consecuencia a aparición de españoles, españoles saídos do armario incluso en Cataluña o día seguinte da manifestación convocada por Montilla, 600.000 euros gastados no traslado de xentes en 900 autobuses; o día do triunfo, sen que o tripartito aldeano-catalán gastara un peso, trouxo como consecuencia unha verdadeira eclosión de españolismo e de bandeiras españolas, incluso en Cataluña, sen lle costar cartos á Generalitat cataláa.
-
É chegado o momento de que a sociedade tome a palabra, que o ven facendo por medio de non poucos blogs. A salvación do país pode estar en internet e nas redes sociales. Agora introduzo uns enlaces de diversos blogs, de contido sustantivo, avisos de referencia prá navegación de cabotaxe:
-
-

sábado, 17 de julio de 2010

TODOS TRAIDORES

Complexo clorocelulósico de Lourizán.
-
Pontevedra, 17.07.2010
-
Entrada n. 1255 do blog
-
TODOS TRAIDORES,
por Xesús López Fernández
-
Greenpeace denuncia novamente a desfeita litoral de Galicia. Podemos decir incluso que tódo-los partidos están pringados e que, nun caso como o de Ence-Elnosa, están vendidos en corpo e alma: PP, BNG, PSOE. Non importa que, estúpidamente, xoguen coa mentira dunha mensaxe ecoloxista capada. Todos están pendentes do solar de Lourizán. Incluso algunha federación veciñal brinda desta volta soluciós, en plan carrileira do BNG, pra tentare leva-lo complexo letal ó Castrove.
-
O PP tería moi fácil as próximas elecciós municipales; pero miróuselle o rabo co seu intento de deixa-lo complexo na zona de protección litoral POL. Unha nova traición. Xa sabemos, polo tanto, que Alberto Núñez Feijóo non vai comprire coa súa promesa de recupera-lo litoral de Lourizán, algo que nunca nadie dixo antes. O discurso de Telmo Martín perde aceite, lonxe do que levou na campaña local anterior. O BNG está tamén asentado na pura traición. E o ministerio de Fomento, coa contrucción da nova variante de Marín, está poñendo as bases pra que non se cumpran as sentencias do TS en relación co ferrocarril, con Tradepana, cos recheos do Porto de Marín. A ría, pois, morre. Porque a matan, como temos dito.
-
E que nengún partido veña coa promesa sobre restauración medioambiental. Todos, todos, minten. Si a Xusticia funcionase, se fose posible a execución de sentencias firmes, estaríamos, evidentemente, noutro país. Pero o noso non é un Estado de Dereito. Greenpeace valora tamén as sentencias do TS. É posible que a agrupación ecoloxista internacional desconoza a cruzada xudicial de Salvemos Pontevedra, a sentencia existente sobre a reversión de Mollabao como dominio público marítimo terrestre, tamén pro sentencia firme. Polo demáis, non importa que os partidos adouten unha mensaxe aparentemente distinta. No fondo, todos están a serviren ós mesmos intereses, ós da corrupción que está a convertire está ría nun inmenso tremedal.
-
Non esquezamos nunca a foto emblemática da corrupción: A locomotora Mikado inaugurando o ferrocarril d´Os Praceres, presentes ne mesma, no mesmo xogo da citada corrupción, os señores Fraga, Cuíña, Fdez. Lores, e Tonecho, en representación dos tres partidos.
-
Enlaces:
-
-

domingo, 11 de julio de 2010

¡VIVA ESPAÑA!

O fútbol parece ter un poder que moitos viñamos subestimando. Pódese decir que, incluso, o papel da selección española trouxo como consecuencia a recuperación da idea de patria coa que o goberno de ZP leva anos intentando acabar, reescribindo novas "memorias históricas", dictando a mentira como norma. Ou eso parece.
-
Pontevedra, 11.07.2010
-
Entrada n. 1254 do blog
-
¡VIVA ESPAÑA!,
por Xesús López Fernández
-
Non son home de fútbol, pero sí podo disfrutar coas demostraciós de bo xogo que está a facere a selección española. Sobre todo, cando parecía que ZP estaba a deseña-la excisión da nación, vía o novo Estatuto de Cataluña que o Constitucional acaba de descafeinar, ou vía as negociaciós do Goberno con ETA, resulta que ese fútbol, especialmente cando se ve coroado polo triunfo, trae como consecuencia o reencontro coa idea de país, coa patria común de galegos e andaluces, vascos e castelaos, cataláns i extremeños, especialmente nos momentos nos que algús radicales tentan defende-lo indefendible: a fractura do país e a instauración da corrupción.
-
Con independencia de si España resulta vencedora ou non na final que hoxe vai xogare con Holanda; con independencia dos pronóstcos do polbo Paul, que Rajoy dí que é de Bueu, coido que España volve ser máis España. E non importa que algús soñaran co posible triunfo de Portugaliza, que non existe, ou que se manifestaran a favor da victoria dos alemáns, xa derrotados.
-
Addenda: España, 1; Holanda, 0. Victoria emocionante; emoción reiterada ó longo e ancho da xeografía española. Xogo sucio de Holanda, victoria de España moi traballada. Cobran especial importancia as palabras de Vicente del Bosque, no sentido de que o "triunfo da selección aporta principios e valores a España". Chamoume gratamente a atención ver que en Johannesburgo, testigos de excepción da victoria española, estaban moitos españoles de pro, antr´eles Plácdo Domingo e Rafael Nadal, etc.
-
Enlaces:
-
--
-
La Gaceta, 12.07.2010: 11 de XULLO, día do ORGULLO NACIONAL.