domingo, 29 de julio de 2012

Milonga litoral

 Moncho e Ramiro, dous defensores da praza d´Os Praceres contra a ocupación ferroviaria, mallados polas tropas da policía enviadas pra consumaren a posesión  ó servicio dos clústers portuarios, como vimos contando neste blog.  

 Ana Pastor, ministra de Fomento, disponse a continuar coas obras da irracionalidade comezadas na época de Pepiño Blanco, unha nova agresión medioambiental á ría. A muller anunciou ademáis a colocación de pantallas insonorizantes pola banda esquerda da autovía de Marín, prá que se prevé un maior tráfego en relación coa zona controlada pola Autoridade Portuaria, asentada sobre recheos sobredimensionados, buscado un maior calado en base a cargas de dinamita. A ministra está casada co presidente da Autoridade Portuaria do porto de Marín e ría de Pontevedra.   
 A milonga como tango, enlazados, parece real neste caso.
A policía malla nos defensores do Estado de Dereito, nos veciños d´Os Praceres. (Foto xa mostrada neste blog). 

Pontevedra, 29.07.2012
Entrada n. 1553 do blog
Artículo semanal

Milonga litoral,
por Xesús López Fernández

            Litoral ou ribeirá se así máis gusta. A palabra milonga ten a súa orixe no continente africán. Asentouse, sen embargo, no Brasil i en Arxentina, predominando de forma común  unha certa polisemia da verba, xeneralmente arxentinismos: composición folclórica de ritmo apagado e tono señardoso, que se executa con guitarra; copla coa que se acompaña… Existen diversas formas, con ritmo vivo, emparentadas co tango; tamén baile vivaz con parella enlazada. Coloquialmente significa engaño ou conto, mentira, embuste; tamén discusión ou riña: “armouse a milonga”. Outro americanismo defínea como “festa popular con baile” (despois da voda vai haber milonga). Aquí tamén temos milongas, (o gran embuste, posto en letra no BOE do pasado 24.07.2012: A resolución do 5.07.2012 da Secretaría de Medio Ambiente, sobre a evaluación do impacto ambienetal do proiecto Supresión dos pasos a nivel da praza d´Os Praceres do ramal de acceso ferroviario ó porto de Marín).

            O ferrocarril, o tramo citado, foi declarado ilegal polo TS no 2007. Precisamente o 15.03 daquel ano, estando  en Roma, na piazza de Spagna, recibía unha chamada telefónica de Eladio Torres, informándome da sentencia firme dictada polo TS despois dun longo proceso. Quedaba claro que, cando as xentes d´Os Praceres defenderan a praza mentres eran agredidos pola Policía Nacional, eran os veciños os auténticos profetas do Estado de Dereito e que os axentes estaban, presuntamente, ó servicio de extraños intereses. Non foron eles os culpables, en nengún momento, da milonga armada. E lembremos tamén que mentres Fomento forzou a construcción do ferrocarril, como contrapunto a esa actuación denunciaba o ministerio de Medio Ambiente do Goberno Aznar que a obra invadía 55000 mt2 de dominio público marítimo terrestre que introducían un perfil duro que impediría ós cidadáns tomar posesión do terreo demanial o día no que, por vencemento concesional, se fosen liquidando as empresas asentadas nas marismas de Lourizán.  ¿Milongas?

            Os veciños d´Os Praceres réstanlle importancia  a este comunicado vía BOE que parece un tanto de coña, especialmente nalgunhas das consultas tramitadas, que aconsello lean os curiosos. Milongas, e non faltou unha cabeza pensante que suxerise un novo trazado en paralelo á PO11,  autovía a Marín, que toda ela vai por terreo demanial e debe ter un vencemento próximo.  Os veciños volven reclamare a execución doutras sentencias, como a dos recheos portuarios. E coido que, á marxe do anuncio do MARM, que desbota o soterramento do ferrocarril non pode prospera-la construcción de tres pasos baixo o tren pra vehiculos e peatós. A Autoridade Portuaria argumenta que o soterramento convertiría en inútil o servicio ferroviario no porto de Marín, como se non estivese máis que xustificada a súa desaparición, en plan rexenerador. Curiosamente, a Dirección Xeral de Sustentabilidade da Costa e do Mar considera que as posibles afecciós negativas sobre o medio costeiro e mariño non son significativas [….], que as mesmas non supoñen unha alteración significativa dend´o punto de vista ambiental da zona de actuación. ¡¿Cómo? Milongas, vergonza!

            Milonga foi tamén a adhesión do concello de Pontevedra á Carta de Aalborg de cidades sustentables. Un político do PP, Arenas, falou aínda non hai moito da milonga do desenvolvemento sustentable e no anteproiecto da nova Lei de Costas hai tamén moito de milonga. Son moitos os que entenden que a nova lei, por contra da Lei Borrell, a do 1988, nace con vocación de reactivare a economía do ladrillo, a economía da especulación e a destrucción paisaxística, outra milonga. Lembremos que o Concello tamén pulou pola construcción do ferrocarril a Marín, malgasto como o dos recheos. Millós de euros, din os veciños d´Os Praceres que volven afirmar: nun Estado de Dereito, unha sentencia firme non se discute, execútase. E sigue Fomento con obras de consolidación da autovía ó servicio da Autoridade Portuaria. Aquí parece  vai haber festa popular con baile (despois da voda vai haber milonga, milonga ribeirá).

jueves, 26 de julio de 2012

Lourizán, os veciños se pronuncian contra Fomento

 Fotografía das marismas de Lourizán.Tamén se aprecian algús dos horrores da área da Autoridade Portuaria, os recheos oscenos por detrás do colexio d´Os Praceres, na punta da illa Ravela. Teñamos presente que o presidente actual da Autoridade Portuaria é o home de Ana Pastor, a ministra de Fomento, 
o ministerio que está arrasando con motivo da construcción coa que están arrancando na punta de Mollavao, unha rotonda a tres niveles que afecta ó dominio público marítimo terrestre. Na fotografía de riba apréciase a avenida de Marín, na que van potenciar un maior tránsito ó servicio da Autoridade Portuaria.

Pontevedra, 26.07.2012
Entrada n. 1552 do blog


Lourizán, os veciños se pronuncian contra Fomento,
por Xesús López Fernández

Porque a solución que propón Fomento e autoriza o MARM de Arias Cañete non deixa de sere, presuntamente, outra ilegalidade.

Falta sentido da ecoloxía, respeto ó medio ambiente do que formamos parte, porque a corrupción fixo metástasis na Administración que lexisla según o dictado dos clústers. Non tardaron os veciños d´Os Praceres en reaccionar ante o anuncio do BOE do 24.07.2012 que anuncia novos horrores prá parroquia mártir.

Sirva como comentario a noticia do Faro de Vigo desta data, que inclúo como enlace. E sirva tamén como exempro de honra en relación co medio ambiente outra noticia, de Periodista Digital, en relación coa conducta do actual presidente do Uruguai, que predica precisamente o respeto ó medio ambiente e que non hai pouco asombrou ó persoal co seu discurso no Foro de Río+20. Siguen enlaces:


Declaración de Eladio Torres:

"¿Que Medio Ambiente autoriza a Fomento a construir unos túneles bajo la vía? Pues muy bien, también autorizó antes el trazado del tren, los rellenos, el puerto en su totalidad; muy bien, es todo ilegal", razona el presidente de Praza dos Praceres. "Ellos verán, ya tiraron millones antes en obras ilegales y los seguirán tirando ahora" lamenta el portavoz vecinal. 

La Plataforma de Placeres ha ganado en los tribunales una larga y costosa demanda contra la obra del tren del puerto. El Tribunal Supremo declaró en sentencia firme la ilegalidad de los pasos a nivel en la plaza y "desde entonces los ministerios de Fomento y de Medio Ambiente dicen algo cada seis o siete meses, para ir estirando un poco el asunto sin cumplir la sentencia", explica Torres Castro, quien a pesar de haber derrotado en los tribunales a Estado y Xunta en esta obra, se muestra escéptico con el sometimiento de las instituciones a la ley: "La sentencia era tajante y la vía ahí está, como si no hubiera pasado nada".

Comentemos: Relación antre Fomento e MARM, ¿corrupción en estado puro?. Parece.


miércoles, 25 de julio de 2012

OS PRACERES, EN LOURIZÁN, TRAICIONADOS

O tren da traición cruza a praza d´Os Praceres. A traición, consensuada polos tres partidos.

A policía, actuando como exército particular do clúster portuario contra os veciños que defendían o espacio contra o tendido do ferrocarril, construcción urxida tamén polo alcade de Pontevedra. Dito así porque aquí nengún "puro" se salva.

Pontevedra, 25.07.2012
Entrada n. 1551

OS PRACERES, EN LOURIZÁN, TRAICIONADOS,
por Xesús López Fernández

O ministerio do M.A.R.M. autoriza que Fomento consume a actuación ecocida contra as marismas de Lourizán. Con mal pe comeza a defini-los seus pasos o que se revela como ministerio esquizoide, o do señor Arias Cañete, que parece vai ter un papel protagónico na fin desta ría.

Lembremos que, según presunción popular, Tomás Iribarren urxeu, como presunto mandado de Ceferino Nogueira, a construcción do ferrocarril ó porto de Marín, proiecto que levaba varios anos abandonado, moitos anos. A Xunta de Galicia consumou as ordes recibidas, asunto protestado polos veciños e polo propio ministerio de Medio Ambiente de Aznar, que decía que o tren invadiría 55000 metros cuadrados de terreo demanial, que suporían a introducción dun perfil duro que impediría o acceso ás marismas de Lourizán no momento do cese concesional das industrias nelas asentadas.

Curiosamente, o ministerio de Fomento de Aznar levou adiante o proiecto do ferrocarril, inercia coa que sigueu o ministerio de Fomento de Zapatero, que no segundo mandato xa non quixo contare con Cristina Narbona (que dictou un decreto polo que se definían as marismas de Lourizán como dominio público marítimo terrestre e, como tal, inalienable, inembargable, imprescriptible e insusceptible de desafectación). E o goberno de ZP inventou o ministerio MARM, situando á súa fronte a frouxa de Rosa Aguilar, outra política parvaxola ou xangal, inútil.

Hai cousas que poderían estar resoltas pra un futuro inmediato, pero os tres partidos siguen presuntamente pensando nas comisiós e recalificaciós, eso que o PP podería te-la ocasión de recrea-lo ministerio de Medio Ambiente. Pero, non. Parece que a creación do tal ministerio na época de Aznar foi un "mal paso" aínda tendo sido ese ministerio o que poría máis en valor a Lei de Costas de Borrell, nacida pra limpare a costa, a mesma costa que agora o Goberno de Rajoy, que nunca tivo color ecoloxista, vai, consecuentemente á nova lei que prepara Arias Cañete,  entregare ós depredadores.

Teñamos presente, ademáis, que se a presidencia da Autoridade Portuaria de Marín non quere prescindire do tren, o presidente actual é o home de Ana Pastor, a ministra de Fomento que se dispón a apura-la morte da ría. Política de secano, en definitiva. Asunto pra ver conlupa.

Confío en que os veciños d´Os Praceres aínda han conseguir evita-lo ecocidio manexado por Ana Pastor e o seu home xunto con Arias Cañete, mentres o PSOE e o BNG aplauden.

Lembremos, como tantas veces neste blog, que no tren inaugural viaxaban os catro xinetes do Apocalypsis local: Fraga, Cuiña, Lores e Tonecho, catro traidores á tradición mariña desta ría.

Enlace:
FAro de Vigo, 25.07. Fomento logro o permiso ambiental (pra trincare ós veciños d´Os Praceres, pra lle outogar dominio sobre a praza ó clúster portuario.)

domingo, 22 de julio de 2012

Lourizán, hora crítica

 As marismas de Lourizán cando a irracionalidade gubernamental comezaba a cerca-lo espacio pra montare aí, por un sentido autárquico inaceptable, unha fábrica de pasta Kraft, causa de que a área de saúde de Pontevedra e Marín fose definida como deprimida. Pontevedra, Meca dos alergólogos de case toda España. Co andar do tempo, determinaríanse casos de parálisis cerebral. Ovellas e maceiras teñen sofrido por escapes de cloro. O propio goberno franquista definía o lugar, ano 1973, como espacio a recuperar, por seren as empresas problemas prá saúde e convivencia humáas.
 

 Resistencia e resiliencia dos veciños d´Os Praceres de cándo tenderon pola súa praza unha línea de ferrocarril. Na orixe desa construcción demencial xa estaba un home de confianza de Rajoy, Tomás Iribarren.  A sentencia firme do TS, do ano 2007, e unha nova deste ano demandando a execución daquela, demostra que eran os veciños os que defendían o Estado de dereito e que a policía estaba a actuare, presuntamente, como exército particular da senrazón.
 As vías xa están trazadas porque así o quixo o ministerio de Fomento de Aznar, mentres que o ministerio de Medio Ambiente opoñíase a esa construcción que ocuparía 55000 mt2 de terreo demanial. Esquizofrenia política en estado puro, que sigue, máis esquizofrénica, se cabe e presuntamente, con Arias Cañete.
 Cada día pasa un tren, cando pasa,  ó servicio do clúster de Ceferino Nogueira. No traiecto inaugural ían na máquina Mikado que daquela fixo o recorrido, como xinetes do Apocalypsis, Fraga, Cuíña, Lores e Tonecho. Os dous últimos, alcaldes de Pontevedra e Marín, que tamén pularon pola construcción do ferrocarril.
Unha instantánea do inferno clorocelulósico de Lourizán, causa tamén do cambio forestal de Galicia, ata o punto de ter sido subvencionados os labregos que abandonaron os cultivos por prantación de eucaliptos, tan relacionados co lume forestal nesta nosa terra.

Pontevedra, 23.07.2012
Entrada n. 1550 do blog
Artículo semanal

Lourizán, hora crítica,
por Xesús López Fernández

            Os que conservámo-la memoria dun Lourizán virxinal, praia de Pontevedra á par que gran banco de mariscos; que fomos testigos da súa ocupación e degradación en contra da resistencia, sobre todo, das familias que tiñan a súa actividade económica principal na extracción de ameixas, entendemos que sería posible un traballo de rexeneración daquelas marismas, pero que nunca houbo unha verdadeira vontade política prá súa recuperación; que incluso os partidos andan coa mentira como discurso ambientalista. E se non fose pola constante resiliencia dos veciños, do seu permanente recurso ante a Xusticia pra ire acadando o dictado do T.S. por medio de sentencias firmes, pouco se tería feito:  o ferrocarril da vergonza, os recheos portuarios, a fin das concesiós de José Malvar e Holcim, que apuntan xa cara unha rexeneración das marismas se os políticos non-o impiden.   

            O cese das actividades da fábrica de pasta do Grupo Empresarial Ence, S.A.,  foi ordeado hai xa máis dun ano pola Audiencia Nacional; tamén o de incoa-la cancelación da concesión da antigua Ence, S.A. E a cuestión da EDAR d´Os Praceres, presuntamente ilegal e situada en terreo concesional de Ence non segregado, tamén está no ascensor do Tribunal Supremo. Según o art. 44.6 da Lei de Costas do 1988 as instalaciós pró tratamento d´augas residuales terán de se emprazar fóra da ribeira do mar e dos primeiros 20 mts. da zona de servidume de protección. Tampouco se autoriza a instalación de colectores paralelos á costa dentro da ribeira do mar, como tamén se prohiben nos primeiros 20 mts. fóra da ribeira do mar. É decir, estamos a falare da ribeira real, a línea que sigue en paralelo pola parte baixa da vella estrada a Marín. E según o art. 44.5 “os paseos marítimos hanse localizare fóra da ribeira do mar e deben ser preferentemente peatonales”.

            Esto queda dito a modo de relembro prós que temen que a nova Lei de Costas vaia marcare unha involución e a permanencia da fábrica de pasta, a ruína da ría, cando andan a cedellare coa prolongación da pasarela d´As Corbaceiras ata Os Praceres “pola banda da ría”. Pero resulta que non é así, porque a autovía vai toda ela por terreo demanial e o esforzo político tiña que estare encamiñado á rexeneración  das marismas. Pero co discurso da pasarela, co esquecemento do problema da edar, coa súa actitude pasiva en relación coa execución das sentencias firmes…; é máis, coa construcción da gran rotonda a tres niveles na punta de Mollavao, demostran non estare polo cumprimento da Lei de Costas e sí pola consolidación da autovía e a presunta reconversión das marismas en solar, que xa houbo intentos cando BNG e PSOE controlaron a Xunta. Lembremos que daquela falaron de financia-lo traslado da factoría ó polígono de Barro-Meis coas plusvalías que se xerarían pola reconversión en solar das marismas e a construcción nelas de vivendas de protección social. Etc., que a historia é máis longa.  

            Non é aínda o momento de entrare no texto da nova lei, pero xa se acenderon alarmas en todo o país, acusaciós de diverso pelo. Na fábrica de pasta pensan que o anteproiecto  da Lei de Costas conflúe cos seus intereses. Pode que así sexa e, sería temible, terrible, que lles outorgaran o placet ó Grupo Empresarial Ence, S.A., pra un período concesional de 75 anos. É decir, antre as infraestructuras polas que pulan os políticos e a influencia negativa da pasteira, pouco futuro lle vai quedare a esta ría, espacio sensible según definición do doutor Buenaventura Andreu, como as outras rías baixas. Nada temos que lle agradecer a Ence-Elnosa, por máis que nos queiran vende-la súa bondade, o seu esforzo por acabar co mal cheiro cando xa quedou atrás aquel famoso slogan de “Nos hemos pegado donde más nos huele, Buenos aires para Pontevedra”, que situaba a fin do mal cheiro no día D, o día CE, o 22.02.1992, se mal non recordo. E Pontevedra era, daquela, área de saúde deprimida, con catro veces máis enfermedades do tracto respiratorio que a área de Vigo, que xa é decir.

domingo, 15 de julio de 2012

A sociedade desamparada

´
Esteban, en La Razón. A violencia a consecuencia dos recortes pode prender en calquer momento. Os recortes son xa violencia dend´un poder que parece satanizado.   

Montoro, en La Razón. Recortamos e asfixiamos..... a uns pra subvencionare a outros. Qué razón!.

Pontevedra, 15.07.2012
Entrada n. 1549 do blog
Artículo semanal


A sociedade desamparada,
por Xesús López Fernández
           
            Parece que sí, que existe unha clara protesta social contra o Goberno porque non cumpre cos seus deberes e  as disposiciós tomadas estos días son contrarias ás promesas da campaña electoral. O Consello de Ministros aprobou o anunciado por Rajoy no seu discurso (parecía o discurso da ira) e todo está  pendente do trámite parlamentario.  Momento traumático o que estamos a vivir según definición de Soraya Sáenz de Santamaría, máis traumático posiblemente polas medidas que foron tomadas e que nada teñen que ver co mandato recibido da sociedade prá gobernación do país. Porque os votantes clamaban por un proiecto claramente rexeneracionista e o que agora se lle brinda ó país non parece satisfacer a nadie, se acaso ás xentes do PP, pero non a moita da xente que lle terá confiado o voto, o voto do chasco, que pode ver mesmo unha actitude esquizofrénica nos pasos dados polo Goberno.

            Déronse xa demostraciós de protesta non exentas de violencia, que se supón van ir a máis, e queira Deus que en nengún caso o duro discurso de Rajoy e os conseguintes acordos resulten ser, como adiantou Cayo Lara, gasolina prás rúas. A sobida do IVA non vai propicia-lo crecemento do país ou a creación de postos de traballo. Antes ben, esa medida, como os recortes de gasto público anunciados polo ministro de Economía, Luis de Guindos, teñen como punto en común o de precipita-la economía cara unha maior recesión o que, a xuicio dos analistas, fai inútil o “paquetazo” e sitúanos a un nivel de rescate “tipo Grecia”. O país está asolagado nun proceso de depresión xeneralizada, a excepción da xentiña de boa fe. Cóntanlles que se trata de pagare o que se pideu prestado. ¿A base do incremento do IVA? Pódeo creer así algún barón autonómico sen grandes ideas de economía. ¿Pero cómo, se coa recesión que estamos a sofrire vai haber aínda máis paro?

            Gran parte da culpa da situación do país ven da cousa bancaria, non sendo asignatura menor a entrada dos políticos nas caixas, que nada teñen que ver coas anteriores á Constitución do 1978, cando aínda conservaban parte do carácter benéfico herdado dos antiguos Montes de Piedade aparecidos en Italia antre 1462 e 1490. (José Luís Valladares estudia no seu blog a evolución das caixas nun artículo longo e moi documentado, cuia lectura recomendo). Curiosamente, foron uns frades franciscáns os fundadores do primeiro Monte, denominado Monte da Misericordia, co que tentaban botarlle o freo ós préstamos con usura daqueles tempos, que podían chegare ó 20%, incluso ó 200%.... Pero deixémo-la historia pra nos situar no momento no que os políticos asaltan as Caixas e, coa súa presencia nos consellos das mesmas, arranca un deterioro imparable. As Caixas entran no negocio inmobiliario, no ladrillo, na especulación co diñeiro das preferentes que se supón terán que devolver, anque lles coste, ou esto non é Estado de Dereito. E, ademáis, como os políticos non son bos xestores do ben común, comezaron a se fixar emolumentos e xubilaciós multimillonarias e as Caixas, agora caixabancos, están na uci, en situación de rescate, e moitos dos seus depositarios coa sensación de ruína total, desamparados.

            Daí ven gran parte da débeda exterior. E tamén conta aquí o fracaso dun  sistema con 300000 políticos máis que Alemania. Pero parece que, coas medidas adoutadas contan con que incluso os mortos (os seus familiares) paguen relixiosamente o 21 por cen de IVA, que ata aí chega a persecución das medidas de choque. ¡Qué pena que non regrese Franco a pronuncia-la frase que se poñía na súa boca durante unha reaparición sobrenatural!.:”¡No se os puede dejar solos!”. Agora, neste paquete de medidas, anunciaron tamén un novo texto prá Lei de Costas. Parecen confirmarse os temores de que todo o litoral vai entrare en convulsión. Non importa que Soraya Sáenz de Santamaría fale de “tolerancia cero”, cando levan consentido todo tipo de excesos e van consentir, verémolo, a permanencia do enxendro industrial de Lourizán, que o propio Franco definía como erro do que só se ían derivar problemas prá saúde e convivencia humás. E qué razón tiña, como na frase do chiste, “¡No se os puede dejar solos!”.  A sociedade síntese desamparada.

sábado, 14 de julio de 2012

Puente la Reina, Camiño de Santiago











 Tóda-las fotos corresponden a Puente la Reina, en Navarra, onde os ramales do Camiño de Santiago francés que entran por Roncesvalles e  Somport se cinguen no que xa sigue cara Santiago. Estos días, con motivo da recuperación do Códice Calixtino roubado o 5.07.2011 na Catedral de Santiago, apareceron reproducciós diversas de ilustraciós do Códice, antr´elas un mapa que mostraba  "in extenso" o Camiño e a unión en Puente la Reina dos tramos que proceden de Francia. Considérase que o Códice é realmente unha guía prós peregrinos que xa daquela facían o Camiño de Santiago, columna vertebral de Europa. 

Pontevedra, 14.07.2012

Entrada n. 1548 do blog
Puente la Reina, Camiño de Santiago,

por Xesús López Fernández

Esta entrada non ten intención ilustrativa máis alá da presentación das fotografías mostradas e que foron tiradas con data 21.05.2012 nesta cidade navarra tan cargada de historia. A verdade é que debería de me ter ocupado máis do tema, porque son moitas as fotografías obtidas do tramo que recorrimos dende Roncesvalles a Santiago. Algunhas xa están presentadas no blog, pero quedan moitas outras que, conforme dispoña de tempo e gañas, iréi incluíndo.

O nome de Puente la Reina provén, parece, da ponte románica que foi construída sobre o río Arga no século XI, por orde dunha anónima reina de Navarra. Pénsase que esta reina foi Dona Mayor, esposa de Sancho el Mayor, ou dona Estefanía, muller de García o de Nájera. Algús etimoloxistas non comparten esta teoría e así José María Jimeno Jurio creía que o nome derivaba dunha orixinaria Pons Rune, onde Rune sería o nome antiguo do río Arga, derivado á súa vez de Iruña, o nome en lengua vasca de Pamplona.

Enlace: Wikipedia, Puente la Reina.

viernes, 13 de julio de 2012

Sabucedo, exaltación da rapa das bestas

Unha vista do curro de Sabucedo, que este ano foi noticia en diversos medios de televisión que nunca se ocuparan do tema. Sabucedo como Amil é un referente a ter en conta.

Pontevedra, 13.07.2012
Entrada n. 1547 do blog

Sabucedo, exaltación da rapa das bestas,
por Xesús López Fernández

Poucos días despois de se celebrare a rapa das bestas de Sabucedo, a consellería do Medio Rural daba orde de que os cabalos, as bestas que andan no monte, estean necesariamente marcadas cun chip. En caso contrario procederán ó exterminio dos cabalos. Acabarían así cunha tradición secular. Prefiro non facer comentarios; sí valora-la actitude das xentes d´Amil que se prestan a celebraren o seu curro pra que a baixada das bestas e a correspondente rapa non morra.


jueves, 12 de julio de 2012

En situación de rescate


Moito discurso de "estamos mal..., y lo vamos a hacer". Discurso da ira..


Pontevedra, 13.07.2012
Entrada n. 1546 doblog


En situación de rescate,
por Xesús López Fernández

Parece como si España estivese en situación terminal, quebrada a consecuencia da política bancaria seguida os últimos anos. Asáñase agora a oposición co caso Bankia, que non foi o único ond´o noso sistema financieiro fixo pun. A Rajoy parece lle faltou pulso pra acometere certas reformas e, precisamente cando sonaron as alarmas de Bankia, como aí había xente cualificada do PP, sacaron a Rato, e suxeriron a nacionalización da entidade..... pra salva-los aforros dos depositantes.

Agora vanse sabendo cousas como o escándalo das preferentes (que xa semella unha marea viva), a sociedade civil a tomar conciencia, pero o problema é aínda maior. Ó país, ó longo d´anos de endebedarse exteriormente (coido que en 800.000.000.000 millós de euros) pra seguir a mantere unha política social e de prebendas desastrosa: promoción de abortos, deterioro da educación, o enchufismo como sistema pra engordare a clase política (especialmente acrecere a súa fortuna) da que temos un excedente de 350000, a Xusticia políticamente instrumentalizada (un desastre institucionalizado)....., o país, en defintiva, ó borde do precipicio, non se lle ocurre mellor solución ó señor Rajoy que confiare o pago dos xuros da citada débeda á recaudación do IVA cuia sobida acaban de anunciar, unha medida que se supón completamente inútil cando a nosa economía está en clara recesión.

Parece como se forámo-los cidadáns os culpables do desastre e non os bancos, en particular os políticos que se meteron a banqueiros, que forzaron a conversión das caixas en Bancos prá súa particular especulación/recalificación/mete-la man no aforro das xentes homildes. Non se lle ocurreu sanea-la política, adelgaza-lo Estado, nen os outros partidos queren que se faga. ¿Será posible pensar nunha clase política máis elegante, na que os que teñan o mandiño exerzan honoríficamente, na que os concellales non cobren como acontecía no franquismo? ¡Se finalmente vai resultare certo o que se afirmaba nun chiste sobre o Xeneralísimo Franco, que comparecía de novo pra nos decir: "Non se vos pode deixar sóos"!. Certo. E agora é a CE a que está dictando as normas, a lle marca-los deberes a Rajoy, poñendo ós cidadáns contra as cordas.

Enlace:

miércoles, 11 de julio de 2012

Faltos de ideas

Rajoy no Parlamento, nunha intervención falta de ideas, como se o Goberno estivese xa en situación de rescate, en situación aínda peor que a de Grecia.

Pontevedra, 11.07.2012
Entrada n.1545 do blog

Faltos de ideas,
por Xesús López Fernández

Non sei se a estas horas aínda continúa o debate parlamentario. Faría ben Rajoy en ter en conta os avisos sobre a traición do seu programa electoral, de cómo se cruzaron xa as líneas roxas na esnaquización do Estado de Dereito.

Unha falacia o discurso do presidente sobre o tema da creación de emprego, cando realmente se está a potenciar, coa sobida do IVA, unha maior caída do Estado, xa en recesión dend´hai tempo.

¿Por qué teñen que sofrir máis os máis desfavorecidos, funcionarios ou xentes no paro que sofren unha nova mordida, ou  os que teñen distintos axuntamentos. E ó mellor hai que volver a ese esquema se queremos poñer ó país en situación de crecemento, de recuperación incluso da denostada autorquía antes de nos sentirmos escravizados polo mandatopropiedades hipotecadas?

E todo por defenderen ós poderes financieiros, a bancos moitas veces quebrados, e quebrados pola inxerencia dos políticos na reconversión das caixas de aforros en bancos ó seu servicio.

Son sectores sensibles os que están a sofriren, xentes que recordan agora que aquí foi o franquismo o creador do Estado de Benestar que os políticos d´arestora queren arrasar.

¿Por qué non reconvertiren os cargos políticos en puramente honoríficos, deixalos sen retribución? Co franquismo non cobraban os concellales e añinda non se inventara a Europa dos mercaderes, á que o Goberno se presta a servir. Hai un vello chiste sobre Franco, o Xeneralísimo, que dend´o alén nos envía un aviso de advertencia: "¡Non se vos pode deixar sóos!".. E así nos vai.

Sobran 350000 políticos no país.¡Sobran.....!

lunes, 9 de julio de 2012

Novas sobre o Códice Calixtino e a visita de Rajoy

 O Códice Calixtino, recuperado. Foto de La Voz de Galicia
Detalle do Códex Calixtinus, fotografía de El País.

Pontevedra, 9.07.2012
Entrada n. 1544 do blog

Novas sobre o Códice Calixtino e a visita de Rajoy,
por Xesús López Fernández

É natural que Rajoy se achegue a Santiago pra, en certo sentido, participare da ledicia que coido sentímo-los galegos todos. Certo que as cousas teñen aínda un fondo escuro, todo sigue enzudrado, dándose incluso outra nova sobre o electricista ladrón: a aparición dunha maleta con outros 600.000 euros.

Hai confusión no ambiente e, nestas circunstancias, Rajoy foi recibido incluso con críticas por parte do público que presenciou a súa chegada. 

Siguen varios enlaces:




Salvémo-lo mar

 Mar de Cangas, na ría de Vigo, en tempos rica en sardiñas. Cando o señor Ozámiz, comandante de Mariña, tivo aquí destino, o home embarcaba pola noite nun bou pra dese xeito tentar acabare coa pesca con dinamita. Chegaría o momento no que, como antes da guerra,  a trescentos metros do peirao de trasatlánticos vigués, os barcos volvían pescar sardiñas en abundancia.
Feijóo na inauguración dun desastre ambiental, a nova ponte d´As Correntes en Pontevedra, onde todos suspenden en ecoloxía. Queren acabar co mar.

Pontevedra, 9.07.2012
Entrada n. 1543 do blog


Salvémo-lo mar,
por Xesús López Fernández

Entrada breve pra lembrare que onte foi o Día dos Oceanos, data proposta pola ONU hai varios anos. Moitos países non suscribiron aínda o acordo do alto organismo e os mares siguen padecendo o abuso das xentes e dos políticos desalmados. Aquí, na ría de Pontevedra, en momentos de especial importancia, faltou un home honrado, como Ozámiz, co que se terían evitado, seguramente, cousas como a instalación de Ence, ou estaría cerrada hai tempo por non ser outra cousa que unha industria de enclave colonialista, de vertedeiro a un medio sensible.

Pero os políticos que teñen aquí poder sobre a cousa ambiental non están a faceren os seus deberes. Queren case que o mar desapareza, seguir con deshonestos recheos pra faceren máis e máis solares.

O tema da conmemoración deste ano é: "Xuventude: a nova etapa pró Cambio". A designación oficial do Día Mundial dos Oceanos é unha oportunidade pra creare conciencia mundial....( Sigue, Wikipedia informa)

Pontevedra, afogada

 Pode que estas fotos xa estean no meu blog. Teño moitas outras que valerían pra
 demostrare a ocupación que se fai do espacio público, o incumprimento da normativa
 de veladores. E chámanlle accesibilidade ó aquí feito cando moitas veces as ambulancias non poden cumpriren co seu cometido. 
Esta é a praza da Leña ou das Piñas, hoxe terraza, cando non chove, frecuentada polos deseñadores do novo modelo de cidade, como eles din, unha especie de parque temático prás xentes do arrabaldo ou doutras zonas de Pontevedra, pero onde os residentes difícilmente resisten.

Pontevedra, 8.07.2012
Entrada n. 1542 do blog

Pontevedra, afogada,
por Xesús López Fernández

Chámanlle dinamismo ó aquí acadado, á insultante reconversión dunha cidade que era comercial e administrativa en especie de gran tapería (taperías moitas veces de miseria que nen dispoñen de espacio no local pra recolleren mesas e sillas que ó mellor deixan pola noite atadas a unha columna ou á baixante dalgún edificio.)

Traio o tema de novo ó blog porque hoxe fan nova desta reconversión nun medio rexional que non é noticia cabal, porque din que o Concello, nun intento de ordea-lo sector dos "okupas" do espacio público, descobriron que non poucas terrazas carecen de permiso. Véxase nalgunha das fotos como está ocupado un soportal que é paso público e no que, según a normativa de veladores, tería que permanecer libre un corredor dun metro de ancho.

Pero é que no Concello, que agora di quere conciliare este dinamismo coa residencia dos que vivimos na zona, en particular as vías polas que poidan transitaren as ambulancias, non fai tal. E xa teño contado aquí de cómo a unha veciña desta zona non-a puideron recollere coa ambulancia por estare ocupada a entrada da rúa, de pouco máis de tres metros d´ancho por unhas mesas alí postas, como se fose un patio de veciños e pola instalación dunha vendedora de polbo. Total, a señora á que me refiro morreu antes de chegare ó Hospital de Montecelo. 

Retiran ademáis estos porcos do Concello os contenedores da vasura das prazas pra reubicalos non calexós ruelas poucos frecuentados. E xa na madrugada, incluso pasáda-las tres, cando algún dos boliches recolle as terrazas, nese momento chega a carroceta de Satán. Non ven senón cando xa están recollída-las seudoterrazas porque nese momento xa non molesta ós siareiros, pero desperta bestialmente ós veciños que ó mellor teñen que traballare ó seguinte día. E madrugar. A carroceta é un primeiro despertador.

video

Éste é un corto video que recolle a actuación da carroceta de Satán. Día de actuación baixa (que no propio video aparece descafeinada) no que non sacaron o contenedor do establecemento co botellamen, o que produce o gran tronicio, coido que porque se decataron de que estaba a facerlles un video. Teño unha netiña dun ano que, cando actúan estos vándalos, desperta chorando... E no Concello moi orgullosos. Chámanlle ecoloxista a esa recollida de noite e con ruídos. ¿Qué coño de normativa ambiental a destos estalinistas?

Ésa é a forma de acabar coa cidade, convertido o casco vello en auténtico gulag.

domingo, 8 de julio de 2012

Acobillados na riqueza primaria

 Son diversas panorámicas da feira de Valença do Minho, o pasado 28.03.2012
 Realmente, as árbores non deixan ve-lo bosco, porque os postos dos feirantes parecen incontables.
 Coido que normalmente acode xente a esta feira, pero curiosamente son moitos os establecementos existentes no entorno de Valença que non resistiron.
 Un primeiro plano gracioso, ou eso me parece a mín. A variedade de artículos alí concentrádo-los días de feira é impresionante.
A feira linda coa fronteira que marcou o tsunami inmobiliario da vila portuguesa.

Pontevedra, 9.07.2012
Entrada n. 1541 do blog
Artículo semanal

Acobillados na riqueza primaria,
por Xesús López Fernández

            Parece que, a consecuencia da crisis, hai xentes que están a acometeren unha especie de camiño de volta ás súas raíces, na procura de se acobillar na aldea que deixaron ou que abandonaran xa os seus ancestros, subvencionados nalgús casos por cambiaren o uso das súas terras de labranza a forestal. Alguén, detrás da recomendación política, puxaba por unha Galicia eucalipteira. E parece que siguen coa mesma teima. As comunidades de montes suspenderon a asignatura, non souberon poñe-los montes en valor e libres do lume devastador; demandar unha forestación racional (castiñeiros, nogueiras, carballos, arces, cerdeiras, etc.), ou o pastoreo extensivo (outra riqueza posible) e claudicaron no entreguismo á economía dos clústers ou do seu representante político. Como sexa, son de cada volta máis as xentes que sí queren volver traballa-las terras, atopar alí a subsistencia que nas cidades lles resulta, ás veces, imposible  se non acoden a un comedor social.

            Non hai moito tempo que me acheguei á feira de Valença do Minho, concretamente o 28 de marzo. Moitos postos de ambulantes, moita oferta, pouca animación, e por alí andiven vagando un par de horas, asombrado do trasego de tantísima mercancía, cando dei en falar cun home afable que tiña un portugués moi próximo ó noso galego. Decía perto, como eu, no sentido de cerca; ou decía crisis, palabra grega, como era habitual en galego ata hai pouco, e sígueo sendo aínda que algús pulen por inseriren na lingua o barbarismo “crise”. O home era de “perto de Braga”. Falamos, pois, da crisis, da economía que os feirantes tentaban remediare vendendo artículos diversos, e fixemos un pouco de memoria en relación coas economías primarias, de cando o home era labrego ou mariñeiro, ou traballaba nas minas, ou nalgún oficio artesanal. Despois veu o desenvolvemento industrial, os homes asentáronse en urbes que foron perdendo o señorío da man da burbulla inmobiliaria. O ladrillo, dixo o home (non usou tixolo como farían os galizos). Si, claro. E aí temos, comentei, neses edificios, a foto finish do tsunami inmobiliario valencián.

            Por eso hai xente que agora volve á terra, pra ver se aínda pode prantare unhas verduras ou algo de cereal, é un decir. Lá, en Braga, todo estaba a monte, mais agora aquelo semella un xardín, o terreo todo traballado. Eu mesmo teño unhas terras e volvo traballalas. Pranto o que quero, sei o que como, e teño galiñas, dixo o home. O diálogo seguiría algún tempo. Home simpático, comprendera que a gran factoría era a natureza, á que aquí, en Galicia, tamén volven os que poden. Os que conservan algo de oficio téñeno máis fácil, pero en moitos casos buscan o consello dos vellos ou dalgún perito agrícola. Difícil e sacrificado sería un retorno masivo, pero algús estáno a  faceren, a descobrire que o chamado desenvolvemento sustentable fora xa inventado nas aldeas galegas gracias á relación do home co campo e co gando, o gran productor de esterco, o fertilizador das nosas terras. E os montes estaban daquela limpos ou rozados.     

            Con frecuencia, cando un vai de camiño por unha ou outra estrada, repara na presencia de postos de venta directa: sandías, melóns, laranxas, cereixas…Ven sendo un esforzo de salvación. O Goberno perde, nestos casos, a recaudación do IVA, que por outra banda parece van sobir de forma inmediata, algo que non vai crear riqueza, que non sirve absolutamente de nada e vai forzar incluso un menor consumo. A xente, asustada por tanto discurso, ten que buscar vías alternativas. E na natureza está a esperanza de moitos. Pero houbo un abandono real dos deberes e coido que o Goberno non pode xa reconduci-la situación ou fixarse como norte un ouxetivo real de atención ó campo, ó mar, e á restauración ambiental. Os enanos recalificadores pularon pola profanación da paisaxe. Aínda así, as xentes acobíllanse na riqueza primaria das súas veigas e searas (virtas ou senras), ou na crianza dun cuxo, pra vivir.


jueves, 5 de julio de 2012

O Códice e os aforros do electricista

 Neste trasteiro dun garaxe no Milladoiro estaba "dormido" dende había un ano o Códice Calixtino e moitos outros libros da Catedral.
Tras esta porta gardou o electricista os seus tesouros, antre eles...
sobre un millón douscentos mil euros procedente de roubos na Catedral, según parece tódo-los días ó longo de dez anos.

Pontevedra, 6.07.2012
Entrada n. 1540 do blog

 O Códice e os aforros do electricista,
por Xesús López Fernández

Manuel Fernández, o electricista que sustraeu o Códice e once copias facsimilares do mesmo, ademáis doutros libros, era sospeitoso dende pasados tres días da desaparición da considerada como primeira guía de peregrinos, libro de valor incalculable. Resulta increíble tan longa andaina pró esclarecemento do acontecido, sobre todo cando houbo unha práctica contínua de roubos, din que todo-los días ó longo de dez anos. O
home rematara a compra de dúas vivendas mediante pago ó contado, que parece foi a proba do algodón. Pero as cousas siguen sendo increíbles.

Todo o seu tesouro, libros incluídos, gardados nun trasteiro dun garaxe. Finalmente, parece que todo acaba ben: que se recuperou tanto ben desaparecido. E un perguntase pola extraña persoalidade do home, qué puido xustifica-la actuación máis qu´o roubo, especialmente do Códice que seguramente non mantivo alí agachado pra lle pegare algunha que outra lectura, solazmente. O caso parece, decididamente, de psiquiatra. Siguen diversos enlace:

miércoles, 4 de julio de 2012

O CÓDICE CALIXTINO, LOCALIZADO

 Mañán, 5.07, cúmprese un ano da desaparición do Códice Calixtino, datado no século XII e considerado como a primeira guía do Camiño de Santiago.

 Detalle do Códice...
 Outro detalle do Códice, ilustración coa que El País trata a noticia da detención do presunto ladrón do Códice, un electricista que traballou na catedral de Santiago.
Ilustración coa que La Voz daba hoxe a noticia.
Fotografía de La Voz do lugar onde foi localizado o Códice, un garaxe no Milladoiro da propiedade do presunto ladrón, envolto en plástico e disimulado con ladrillos e sacos de cemento.
Pontevedra, 4.07.2012
Entrada n. 1539 do blog


O CÓDICE CALIXTINO, LOCALIZADO,
por Xesús López Fernández

Moito tempo de investigación, de seguimento do principal sospeitoso dend´aquel cinco de xullo do 2011.

Pensouse nun roubo por encargo, na posibilidade de rescate de algo de valor incalculable que o electricista ó que se lle imputa o roubo parece ter valorado incluso en 40000 euros. 

Pero cando parecía que no se facían progresos na boa dirección hoxe, precisamente na víspera do aniversario do roubo anunciabase a detención do presunto ladrón e doutras tres persoas, así como a inspección dalgunhas das súas propiedades: moedas da Catedral, o Libro das Horas, e resulta que nada menos que oito copias facsimilares do Códice Calixtino. ¿Qué tipo de vixiancia se fai na Catedral?. Pero o orixinal estaba aínda por localizare.  

Finalmente, algús medios deron a boa nova nunha segunda edición: a localización do Códice, en bo estado, á par que libros de pequeno formato de procedencia igualmente catedralicia. Mellor así porque a localización de 1200000 euros nas pescudas levadas a cabo facían pensar nun roubo por encargo.  

Enlaces:
La Voz de Galicia: Aparece el Códice Calixtino en un garaje, cerca de Santiago, envuelto en una bolsa de plástico.
El Corrego Gallego: Trasladan o Códice Calixtino á Catedral.
Wikipedia: Codex Calixtinus