martes, 30 de abril de 2013

SOBRE AS DECLARACIÓS DE ALONSO MONTERO

Unha vez máis, "o caos normativo", desta volta pra ilustrare un artículo xa inserido na web de "Pontevedra Viva", sobre o que pode proceder unha addenda, aínda que non vaia agora. Alonso Montero maniféstase marxista, pero dí que na Academia non vai actuar como tal, senón como lingüista. Curiosamente, as normas que el tamén cuestiona son, presuntamente, un traballo de enxeñería social dos estalinistas que tentan extraterritorializárennos e instalarnos así, se ese disparate fose posible, no portugués.

Pontevedra, 30.04.2013
Entrada n. 1657 do blog
Artículo inserido na web de "Pontevedra Viva"

 Sobre as declaraciós de Alonso Montero,
por Xesús López Fernández

            La Voz de Galicia do 28.4.2013 recollía unhas declaraciós de Alonso Montero na arrancada da súa presidencia, que confío se convirta en periodo fecundo aínda estando as cousas difíciles prá sanación dun idioma ferido. O home posiciónase en contra do reintegrado aínda comprendendo as súas razós, pero tamén afirma que os que defenden a asunción da ortografía portuguesa desconocen os argumentos sociolingüísticos do sector que agora capitanea o novo presidente, que se mostra oposto a asumir novas reformas na normativa e que chega decir que a el lle gostaría retornar ás normas do 82, que pra min foron xa normas espúreas, nas que o reintegrado estaba infiltrado, coa particularidade de que gran parte do corpo docente prescindía  daquela do uso daquelas normas, evitaban recomendare libros de texto e daban as clases por apuntes, actuando algunhas profesoras como “sacerdotisas” de Carballo Calero. (Podo contar algunha historia)

            Coido que, ademáis, aquelas normas non foran xa elaboradas pola RAG, según comentaran algús académicos, antr´eles Franco Grande, e sei de algún caso no que alumnos galegofalantes suspendían  a asignatura  aínda tendo, talvez, unha maior formación e conocemento da oralidade da lingua, de instalación na fala,   que as propias ensinantes. E Alonso Montero afirma que cando se aprobou a última normativa non era partidario  de cambia-las normas do 82 e, xa que se cambiaban, non facelo nese sentido. Ante o arraso dos grupos cultos “-cc, ct, pt, etc.”, afirma que non lle gusta escribir “dicionario, produto”, algo que parece pura esquizofrenia cando impoñen, en cambio, formas como “obxecto, adxectivo, respectar”, sen tradición no idioma. Antre outras cousas, dí Montero, porque crea problemas no ámbito escolar, aínda que non se propón cambia-la normativa.

            Lembremos que, según Méndez Ferrín (nunha entrevista publicada na revista Tempos Novos ou Novos Tempos, xa non sei) os reintegracionistas son os nemigos da fala, algo que tamén decía Novoneyra, nemigo das normas do 82 e das políticas da RAG, do ILG, da AS-PG e dos reintegracionistas, os forxadores da lingua da non-patria. Eso é o que temos actualmente, a lingua da non-patria, a norma da deriva dos iluminados que tentan convertírennos en portugueses. Mellor que regresare á normativa do 82 sería volver a outras que non por breves eran peores, un corto prontuario coido que do ano 1970. Todo o que veu despois foi a peor. Cada día novos diferencialismos e medievalismos que xa non valen prá fala d´hoxe en día. Pero Alonso Montero e algunha da xente do seu equipo deben outar pola creación popular, porque é a sociedade a forxadora, a inventora e acariñadora do idioma que non precisa dos alquimistas do reintegrado.

            Desgraciadamente e como a xente xa pasa do galegués ou galizo e parece inviable o regreso aludido por Alonso Montero, que tamén reconoce que decote hai menos galegofalantes, ó noso idioma parece quedarlle un corto espacio de tempo. ¿Unha xeneración?  Talvez menos.   

 29.04.2013 (Env. a Pontevedra Viva.)  

domingo, 28 de abril de 2013

VANDALISMO E PRAIA SOTERRADA

 A nova Lei de Costas inclúe unha cláusula anti-Algarrobicos. O Goberno garantiza que este hotel, xa sentenciado, vai ser derrubado.
Ence-Elnosa, as balsas de decantación, a edar ilegal d´Os Praceres (art.44.6 da L. de Costas 1988), están asentadas no mar, como tamén a propia autovía a Marín. Baixo estas instalaciós está soterrada a praia de Pontevedra, pero os tres partidos presentes no Concello apoian as agresiós (aínda que finxan outro discurso), e dend´o Goberno din que a lei anterior era mala, que ésta que traicioneiramente ven de aproba-lo Senado é mellor. Se o hotel Algarrobico é unha gran agresión, a das marismas de Lourizán é monstruosa, participada polos enanos da Política, e causa da morte desta ría en mancomún cos recheos portuarios de Marín. Confiemos en que algún día, por estaren presuntamente coa mafia portuaria, certos políticos han ser xusgados. (Foto de La Voz de Galicia)

Pontevedra, 28.04.2013
Entrada n. 1656
Artículo semanal pró Diario de Pontevedra.


Vandalismo e praia soterrada,
por Xesús López Fernández

            Nada está claro en relación coa nova Lei de Costas, que o Goberno di mellora a anterior. Non-o creo, pois a do 1988, aínda en vigor, é unha gran lei, que debería ter servido pra poñer orde no litoral español. Pero moitos mandiños locales quixeron corta-lo bacallao pra sí e ver de reconvertiren o terreo demanial en solar ou desafectalo ó servicio da colonización salvaxe representada por diversas industrias ou intereses que levamos sofrido dend´os anos sesenta. De certo, aquí douse unha actuación cotiá contra natura, simulando un “progresismo” que nada ten de tal. Ven ó caso a definición dun conocido ambientalista, Edward James Begley Jr., actor estadounidense de sona internacional: “Non entendo por qué cando destroímos algo creado polo home chamámolo vandalismo, mais cando destroímos algo creado pola natureza falamos de progreso”. Coido que éso ven simplemente, no noso caso, da comenencia do falso discurso político que non quixo afondare na definición do demanio, do dominio público marítimo terrestre que o Estado debe vixiar en beneficio dos seus propietarios, os cidadáns, por ser “communis omnibus hominibus”.

            A casta política depredadora pode ser definida tamén por medio dunha expresión que ven da fracasada revolución parisina do 1968, “Sous les pavés, la plage” (baixo dos adoquíns, a praia), unha especie de metáfora, sí, pero o certo é que o home tense proposto crear praias onde non existían pra convertiren os veráns atrapados nas cidades do interior nun tempo máis pracenteiro aínda sen dispoñeren de costa, de mar. I existen praias creadas polo home onde a natureza non quixo. ¿Por qué existe a necesidade social da praia?... Vaiamos co retrouso, coa cuestión de por qué en Pontevedra, onde tamén existe esa necesidade social, fomos acabando co mar e a súa riqueza,  coas praias que aquí existían e que agora xa non están, porque a fina e abondosa area, na teima mercantilista que tomou forza naqueles sesenta en plan “progresista”, foi tapada con recheos e infraestructuras e industrias de vertedeiro.
                                                     
            Cando aínda non está visible ó completo a nova lei de Costas, sí é noticia en diversos foros e medios. E algús ousan, como se fosen campás, badalexare co seu discurso ecoloxista, xa fóra de tempo.  Demagoxia, á fin, porque aquí sempre faltou  unha vontade certa de facere ben as cousas, de denuncia-las agresiós ó noso medio natural. Imos ver qué pasa coa fábrica de celulosa, o noso permanente martirio; imos ver se realmente a UE investiga sobre a presunta aplicación indebida de fondos dela recibidos en infraestructuras diversas desta ría; imos ver si é de aplicación no noso caso a que xa nace como famosa cláusula anti-Algarrobicos, con referencia ó famoso hotel situado no Parque Natural de Cabo de Gata-Níjar, hai tempo sentenciado e do que o Goberno di non se vai salvar. ¿Pero é que non é máis grave a agresión sofrida en Pontevedra polas marismas de Lourizán ou que non é vandalismo en estado puro a actuación arroupada no porto de Marín pola Autoridade Portuaria, “apoiada” tamén polo ministerio de Fomento?
             
            Se o hotel Algarrobico está asentado na costa, o complexo Ence-Elnosa e as outras  agresiós citadas están asentadas no mar, algo comparativamente máis grave. Lembremos tamén unha sentencia de Xuño do 2011: o TS ordeaba ó ministerio MARM incoa-lo procedemento de cancelación da concesión da vella Ence, da que carece a actual Grupo Empresarial Ence, S.A. A sentencia sería recurrida tardiamente en casación e non se entende que agora, pasados case dous anos, o asunto non estea resolto, algo que dá mal cheirar. ¿É que a nova lei trae preparada a trampa da permanencia? Aínda vai resultar que o TS decrete que xa non procede a execución da sentencia por ter cambiado a lei o Goberno do PP. Confiemos, de tódo-los xeitos, que a acción popular vaia seguir sendo posible e que a propia cláusula anti-Algarrobicos poida ser un aval pra descobri-la gran praia que a casta política soterrou.  

viernes, 26 de abril de 2013

LOURIZÁN, ILLAS ATLÁNTICAS [20.11.2004]

As illas Cíes forman parte do parque das Illas Atlánticas,  un parque discontínuo no que poderían entrare tamén a illa de Tampo e as marismas de Lourizán, hoxe ocupadas polos complexos contaminantes de Ence-Elnosa, a edar ilegal d´Os Praceres, a autovía a Marín. A que podería ser praia de Pontevedra está baixo desas instalaciós. Que ó abeiro da nova Lei de Costas se tente mante-lo enxendro pode ser entendido como unha especie de traición do Senado a un espacio sensible como a ría de Pontevedra. 

Pontevedra, 26.04.2013
Entrada n. 1655 doblog
Artículo do ano 2004, recuperado. 


Lourizán, Illas Atlánticas, [20.11.2004]
Por Xesús López Fernández

          O secretario xeral pró Territorio e  a Biodiversidade acodeu a Pontevedra o pasado 17.11 pra asistir á xuntanza do patronato do parque das Illas Atlánticas, na Diputación pontevedresa. A ver, pois, se arranca o parque que será competencia exclusiva da Xunta e asignatura difícil, xa que aparece como  desconfigurado, como unha especie de puzle, daí que se fale de amplialo, de meter “argamasa” como nexo de unión, espacios como Costa da Vela, Punta Udra, Dunas de Corrubedo. Pero parece que na reunión falaron tan só da posible integración da illa de Tambo, no interior da ría pontevedresa. E tamén, claro, da cuestión da sede definitiva, no pazo de Lourizán, pró que a Xunta tenta unha cesión máis alá do 2020. O secretario xeral do Ministerio asegurou que se van mante-las investigaciós pra aseguraren a biodiversidade e mai-la calidade do parque natural, sospeita lóxica polo pouco locida da xestión autonómica do espacio litoral. I é unha pena que o señor Serrano teña, ó parecer, pouca información do que representaba en biodiversidade o fondo desta ría. ¿Pero non haberá quen o informe ou da necesidade dun estudio das enfermedades presuntamente desencadeadas pola contaminación padecida?

          É curioso que Lores estivera en Madrid o día 16.11 co home que acodiría ó seu despacho pra falare outravolta do vencemento da concesión de Ence, establecido xa na Lei de Costas. E o alcalde trouxo unha mensaxe que coincide co dito por Teresa Casal: que no 2018 caduca, pero que se houbera consenso se podería promove-lo traslado en data anterior. Así as cousas, esas declaraciós coincidían case en tempo coas do secretario xeral, non sei se impresionado pola manifestación camioneira pero sí que contrarias á citada Lei, porque a concesión é improrrogable. Só podería haber prórroga no caso de estar prevista na propia concesión e de que a empresa non tivese cometido delito grave, do que sí sabemos por existir unha sentencia de novembro do 2002: delito ecolóxico continuado. O señor Serrano, aplaudido o por el dito polos reventadores de plenos, fixo unha especie de cantata da conculcación e dixo algo que non é vinculante. Porque é contrario á lei e ó seu regulamento. Pero, en fin, a min gostaríame máis falar do tema da biodiversidade e da posible ampliación do parque.

            ¿Por qué non considerar dunha vez por todas o traslado da empresa e non precisamente a un espacio litoral e recupera-lo máis que se poida do dominio público marítimo terrestre municipal, integrándoo no parque das Illas Atlánticas? Porque resulta inconcebible que o responsable do parque e os seus colaboradores poidan estar instalados no pazo de Lourizán e albiscar, ó mesmo tempo, o enxendro levantado no que foi areal largacío e fértil en ameixas e croques, terra tamén de entalladas, arte de pesca da que algunhas xentes gardan memoria. No espacio cercado pola rede tendida da illa Ravela ó Sartán, ó se retira-la marea recollíanse calamares, nécoras, camaróns e peixes diversos. Sería bo que as xentes do PSOE procuraran unha entrevista antre o señor Serrano (mellor coa ministra) e as xentes do mar, herdeiras dun oficio compatible coa Natureza e, seguro, coa conservación do parque que queremos entender comeza a camiñar.  Porque temos serias dúbidas da capacitación dos responsables. Ademais que si algo está claro que é incompatible co parque é a propia fábrica de celulosas. Si o señor Fraga está  pola filosofía do “sí a Galicia” que nos pide ós demais, debe comprender  que rexenerar Lourizán prás Illas Atlánticas pode supoñer menor costo que a Cidade da Cultura do Monte Gaiás. Sería incluso obra de máis mérito.

            E de volta  ó discurso do señor Serrano nos preguntamos se non sería bo que o Concello de Pontevedra solicitase da ministra o  cese do home que veu aquí  decir algo contradictorio co afirmado por ela en relación coa pretendida innecesariedade de Lourizán como algo imposible. Por información recollida do ABC [2.11.2004], o home pode estar xa na corda frouxa. A noticia di que a Narbona non lle trema a man, nen a voz, e que o 29.10 tería cesado a un alto cargo, có que serían daquela catro os técnicos retirados, responsables do tema da auga. Na noticia dise que a crisis aberta podería acadar a Antonio Serrano, que en teoría sigue a se-lo segundo do ministerio; que na realidade é Narbona a que xestiona persoalmente todo o relacionado coa política hídrica. Pois a ver si ela pode reconduci-lo tema e non consinte que nadie do seu ministerio veña a Pontevedra a sementar ventos, ínfulas, anima-la posible conculcación da lei. Lores e Casal entenderon e contárono ben: Ence é trasladable antes do 2018. A restauración do lugar tamén é posible si se  eliminan atrancos e o mar lembra camiños que avincallen de novo as illas con Lourizán, mareas fecundas, parque natural. 


jueves, 25 de abril de 2013

O XOGO DOS LANZAROTES [20.08.2004]

Unha fotografía do complexo Ence-Elnosa, de La Voz de Galicia. A nova Lei de Costas, que inda non conocemos nada máis que polos titulares de diversos medios, parece unha clara traición ó noso medio natural. O Grupo Empesarial Ence, S.A., que carece de concesión, soña con permanecere aí outros 75 anos, polo menos, que con políticos como os que temos todo é posible.

Se o réxime franquista negaba a posibilidade de permanencia do complexo, por creare problemas prá saúde e convivencia humás; se aquel réxíme, ano 1973, afirmaba o devandito á par que aconsellaba ó Concello de Pontevedra a xestión doutro trazado prá autopista i evita-la construcción da ponte da Puntada polo seu impacto previsto, que resultou brutal; todo semella que, desta volta, como aconteceu co réxime ruso comunista, que cando foi liquidando as empresas estatales, éstas foron  dar ás mans da mafia, e algo así pasou aquí, que o que veu despois do franquismo é simple dictadura relativista, mafia, asociados os actuales políticos cos empresarios beneficiados no caso da vella Ence pra seguiren a acabare coa ría, que incluso Fraga, nun exemplo de presunta corrupción intentou compensare á Ence de José Luís Méndez pola doación deste recibida, o monte Gaiás, vía decreto de Supramunicipalidade que inda agora defende a Xunta de Núñez Feijoo, e ver de acabare co dominio público marítimo terrestre, coa inclusión na súa idea de progreso da papeleira de Georgia Pacific que finalmente [ata cándo?] quedaría abortada.  A ría máis morta, sí, como Galicia enteira cos inducidos dos que fala Arregui dependentes da reforestación irracional practicada no noso país. Irracional e incendiaria, e matadora de aldeas, como sabemos.

Hoxe recuperamos un vello traballo do 2004, que explica algunhas cousas, antr´elas certos movementos dos mandiños locales en relación coa pasteira, coa falta de decisión desas xentes de actuar honradamente, colaboradores có que o Profesor Bermejo denominou "o equilibrio roto", presuntos colaboradores coa mafia, talvez a mesma mafia que quixo impedi-la información deste profesor sobre o caso do Casón, algo sobre o que tentaremos decir algo.

Pontevedra, 25.4.2013
Entrada 1654
Artículo do 2004

O xogo dos lanzarotes, [20.08.2004]
Por Xesús López Fernández

            Parece que o tema de Tafisa trae cola,  que non se sabe cómo vai rematar. Polo pronto válelle a Teresa Pedrosa pra pedi-la dimisión do alcalde Lores, mentres que a asociación de afectados está a urxi-la  de Mosquera. Nun caso como no outro poden estar a actuaren tamén como lanzarotes doutros intereses, como Lores apunta en relación con Nino Mirón que, en plan lanzarote, tampouco cala. Temos circo garantizado. Pero en toda esta comedia podo observar que, ¡á fin!, parece que temos unha Teresa Pedrosa ecoloxista, porque falou de recuperar prá cidadanía unha superficie de 140.000 metros cadrados, o lugar que ocupaba a fábrica. Un, que non ten memoria de tanto, sí lembra que na parte baixa  existía un humedal que incluso foi criadeiro de parrulos. No fondal daquel espacio, cara a Seca, predominaba a vexetación de ribeira. E antre ese humedal e o que hoxe ocupa o estadio da Xuventude, había un terreo alto que foi onde se instalou no seu comezo a empresa. Nada  sei doutras circunstancias, pero é bo que todo se aclare, ademais de que a concellala do PP pode tamén aterrizar no asunto da ocupación do terreo demanial de Lourizán, entrar a fondo no tema da revisión das concesiós que a día de hoxe deben considerarse nulas.

            Esto é algo que tamén se lle escapa ó presidente da Diputación de Pontevedra cando lle pide a Lores que non poña atrancos a Ence porque vai sair políticamente perxudicado, que o vai sentir. ¡Pero é que Lores non pode outorgar licencia se non hai concesión estatal, que é a cuestión de fondo! I estamos nun momento especialmente grave porque, como é sabido, morreu a metade da ameixa de Lourizán, Pontevedra e Raxó. Naturalmente, xa se oíron voces que declaran inocente á contaminación sofrida pola ría. Pero a xente xa non comulga con rodas de muíño e un dos responsables das cofradías manifestou a vontade de procederen pola súa conta a analiza-los moluscos en laboratorios privados se os encargados polo Seprona se demoran.  ¿Pode a chuvia ocasionar esa mortandade? Podería, pero días atrás, con tempo de sol estable, xa morría a ameixa fina de   Campelo. Agora tocoulle o turno a  Lourizán,  a pesar da propaganda da empresa pasteira. I en Raxó debe ter unha particular incidencia o tubo emisario. En fin, que investiguen si é que realmente queren conoce-las causas.       

            Se mencionei o “ecoloxismo” de Teresa Pedrosa é porque o que agora dí sobre a recuperación dos terreos de Tafisa escachifa o seu discurso doutras veces, porque cando foi do debate da reversión do espacio ocupado polas balsas de decantación, daquela, fixo apoloxía dos 300  postos de traballo que  xustificarían a contaminación soportada por unhas cen mil persoas, como agora fai Louzán coa papeleira en base ós 280 empregos  que abranguería, inducidos incluídos. Naquela ocasión estivo moito máis fina Teresa Casal, coa explicación que dou do que é un terreo demanial, que non é do Estado, que é simplemente dos cidadáns (communis omnibus hominibus). O goberno ten que salvagardar esos dereitos das empresas que queren ir máis alá do que representan as concesiós  que disfrutan. O goberno tennos que defender, incluso, dos políticos que usen de discursos non conformes coas leis establecidas, de discursos como o de T. Pedrosa nese pleno ou o de Louzán de arestora. O goberno local non ten por qué crear emprego. Terá, en todo caso, que crea-las condiciós que propicien esa formación que corresponde, fundamentalmente, á empresa privada.
             
            Tafisa marchouse, i eso vai implicar, estase a producir xa, un beneficio medioambiental certo. Quedarán seguramente algús flecos pra mellora-lo traslado cotián dos traballadores que siguen en plantilla á nova sede, Pontecaldelas. E con Ence van ser moitos máis os beneficios o día no que se produza o seu traslado. Haberá que pensar nunha nova Ence noutro lugar pra que a ría se poida rexenerar e os cidadáns poidamos recupera-lo espacio que hoxe ocupan non menos de catro empresas coa concesión cuestionada. E vou concluir coa cita dun traballo, “Un xiro radical na política de emisiós contaminantes”, aparecido en “El Correo digital”, de Álava, que conclúe cun chamamento ó cambio de actitude medioambiental: “....se realmente tentamos mellora-lo medio físico temos que tomar conciencia de que o único camiño é a alteración do noso xeito de convivir coa natureza. Porque, como se está a ver, ésta compórtase con nós como nós con ela. Deixemos de nos escudar en probes conceptos de medio ambiente cuia discusión só obedece a rentabilísimas puxas por deixa-las cousas como están e acoller soluciós que apoien un consenso plural [obsceno] como necesario”. É bo que a verdade se abra camiño, que os políticos non vaian contra as leis. Os lanzarotes parecen simple correa doutros intereses,  aínda que falen incluso dun difuso modelo de cidade. Pero todo se sabe. 


lunes, 22 de abril de 2013

CANTIGA TRISTE DA FEIRA VELLA [7.09.2004]

A praza da Verdura antes do arraso estalinista que quería convertila en Praza Roxa. Foi seguramente un dos primeiros boscos urbáns de catalpas de España. Coa axuda técnica do arquitecto Fole, o BNG foi deseñando o seu modelo granichán de cidade, creando chousas de miseria no que eran zonas residenciales. 

Hoxe recuperamos outro artículo do ano 2004, un traballo dedicado a un amigo morto, Evaristo, que vivía nesta praza. Dend´a súa casa debiase ter esta vista, pero o seu corazón non resisteu o novo urbanismo, como outros veciños tamén idos.   

Pontevedra, 22.04.2013
Entrada n. 1653 do blog
Artículo do ano 2004.


Cantiga triste da Feira Vella, [7.09.2004]
Por Xesús López Fernández

            “A vida é como o feno...Como as froles do campo así ela é, que si as abala o vento xa non existen e trocan pra sempre o seu casal”, di o salmista... E acabo de chegar da praza da Feira Vella (ou da Verdura) na que, dende hai varios días,  aprecio un silencio espeso nalgús  dos seus recunchos... Coido que as xentes todas da praza seguimos a agarda-la presencia de Evaristo, de Chiño, e o seu saúdo cordial de tódo-los días: “¡Hola, familia!”, que era un xeito franco de irmanarse coas xentes todas da praza que notan agora a súa ausencia de forma aínda non precisa, como se a nova do seu pasamento o día  dous fose algo irreal, como si se tratara dunha viaxe de ida e volta.  Pero Chiño xa non está en nengún dos ambientes que frecuentaba ou no balcón da casa, pendente da chegada da súa muller e amiga inseparable, Mari Carme, ou atendendo, sempre garimoso, á súa filliña, a Sarita, Sariña, a princesiña das catalpas como el a chamaba, os seus grandes amores.... Se concreto así estos apuntes é porque non poucas veces ó longo de anos temos coincidido no primeiro café da mañá, cando el baixaba a carga-las pías pra comeza-la tarea do día, pra se enterar tamén do que traía a prensa que comentabamos. Ou polas tardes.  

En fin, corenta anos son unha edade corta pra morrer, pero o certo é “que non sabemos do día nen da hora”, de cando o corazón se vai parar, e a Eucaristía pola súa morte e resurrección xa foi oficiada. Ese día, 3.9, o sacerdote lembrou ós presentes que ateigabamos o templo parroquial de San Bartolomeu, que ése era tamén o sentido da Eucaristía, non só a conmemoración da morte e resurrección de Xesús, que todos estabamos chamados a espertar na eternidade e, nunca mellor dito, a trocar pra sempre o noso casal, a nosa casa, a compartir morada co Señor. E no século primeiro da nosa era (e agora tamén se dan casos) era frecuente que a alma dun finado, presente aínda a forma do seu corpo, regresara á casa dos seus e  participara con eles na conversa ou no xantar, como Xesús cando se atopou con dous discípulos, camiño de Emaús. El, que ía seguir camiño, accedeu a quedarse con eles, porque xa comezaba a noite, a tarde estaba a caer. I é no momento desa cea compartida, cando  colle o pan e o parte, cando os discípulos descobren ó seu Mestre. Despois, Xesús desaparece...

I eu, que conservo vivos os últimos encontros con Evaristo, sei que o home estaba posiblemente ferido de amor, sensibilizado e ledo ante o éxito dos amigos, do seu curmán Morlán Fariña, adestrador de David Cal, sobre o que estaba preparando un dossier, como tamén deixou diversos álbumes de fotografías (era un gran aficionado) das súas persoas queridas, que non cito por non caer en omisiós. Pero percibo silencios cando cruzo a praza, silencios talvez dispostos pra que a súa voz resoe como sempre: “¡Hola, familia!”. Era o seu xeito de decir que a relación ía máis alá da simple amistade, sobre todo nos momentos nos que a premura non permitía a conversa acougada, pero el estaba alí i ésa era a súa filosofía, sen nemigos, sempre disposto a falar, a entenderse, a aconsellar.  E prefiro conserva-la imaxe do amigo próximo, ben falado, amigo de todo o mundo, fiel á súa muller e á súa filliña benquerida, á princesiña das catalpas, en lembranza tamén das ausencias provocadas polo novo “urbanismo”, as árbores asesinadas, das que unha das  sementes agromara nunha maceta como homenaxe á súa nena, promesa de futuro. Esa filla, amiga de tódo-los nenos da praza  que choraron a morte de Chiño; que tamén choramos algús maiores, entendida a promesa de irmandade do seu “¡Hola, familia!”, familia extendida en tóda-las direcciós.

Se no serán do 1.9 estaba co seu sobriño Diego e algún dos seus amigos, exultante, horas máis tarde, cando regresei á casa, falamos de novo. Daquela comentou que as nosas mulleres (ambas mestras) comezaban un novo curso, que pasara outro ano. A frase era tamén  preanuncio de novas mañás e cafés compartidos. Pero xa non houbo ocasión de novas conversas... Cando saín da casa o día seguinte,  venres, comentáronme a triste nova. Un grupo de veciños e veciñas non daba creto de que o amigo, 40 anos, querido de todos, acababa de morrer. As xentes estaban emocionadas, cecais por non entenderen que a vida resulte, ás veces, tan breve, tan corta como dixo o salmista: “A vida é como o feno, como as froles do campo así ela é, que si as abala o vento xa non existen e trocan pra sempre o seu casal”.  ¡Qué decir mentres Evaristo nos está a marca-la porta e a nova morada á que estamos todos chamados! De momento, cando atopo a algún común amigo, non se me ocurre outra cousa que decir “¡Acompáñote no sentimento!”, en sintonía co “¡Hola, familia!”, familia extendida. Como Chiño quería.      

domingo, 21 de abril de 2013

REPENSA-LA TERRA

 Outras formas de pensa-lo urbanismo sustentable. En Konya, Anatolia (Turquía asiática), sí é posible o tranvía, o comercio e unha vexetación harmónica. (Lembremos que Pontevedra caeu na involución cando renunciou a ese medio colectivo de transporte)  (fotografía propia)
En Turquía. O canal do Bósforo é unha arteria viva con pontes intelixentemente pensadas. (foto propia, ano 2011)

Pontevedra, 21.04.2013
Entrada n. 1652 do blog
Artículo semanal no D. de Pontevedra


Repensa-la Terra,
por Xesús López Fernández

            Hoxe é un día pra pensar na Terra, mellor dito pra repensala. É o Día da Terra que dend´o 22.04.1970 e por iniciativa de Gaylor Nelson, senador dos EEUU, vense celebrando no ancho mundo, especialmente nos países que foron tomando conciencia certa sobre os múltiples problemas que hoxe sofre o noso planeta: superpoboación, contaminación, conservación da biodiversidade e outras preocupaciós ecolóxicas prá conservación da Terra, hoxe en situación límite. I é que pode que xa non teñamos tempo pra unha auténtica revolución medioambiental. A clase política sigue coa súa teima de nos vender crecepelo ou bolas de neve co seu discurso balaínzo, de falso ecoloxismo pero, en relación co ambientalismo real, nada de nada. Non queda tempo, non. Seguramente miran polo espello retrovisor da memoria histórica, nos miles de anos que levou a revolución agraria ou no par de séculos da industrial. 

            De momento, a conciencia dos gobernos non parece vaia máis alá dos discursos sobre un cuestionado cambio climático ou sobre a sustentabilidade que, curiosamente, na nosa terra estaba inventada mentres as aldeas funcionaban como unidades de producción e conservación da biodiversidade, á par que como forxadoras da fala, da oralidade actualmente traicionada. Hoxe son moitas as aldeas galegas abandonadas a consecuencia da falta dunha política agrogandeira intelixente [¿podemos falare de etnocidio, Galicia derrotada?], que mesmo nestos momentos os productores de leite están en situación límite. E cando as cidades, engulidas pola gran trampa da economía global e das grandes superficies, son auténticas forxadoras de ruínas, o home síntese de cada volta máis deslocalizado, privado do máis elemental. Quixera volver ás raíces, á aldea dos seus ancestros, traballa-la terra, poñer o monte en valor por medio doutro tipo de forestación ou con gandería extensiva, pero sen oficio eso preséntase como aventura certamente dura, esgazada a tradición familiar.        

            A situación na que nos atopamos é, certamente, final. Sabedores das ameazas existentes, cando se dan cambios dramáticos nos patrós de producción e consumo, o reto de salvación ten sido asumido por xentes como Gorbachov, Leonardo Boff, Wangari Maathai, fundadora do movemento Cinturón Verde, en Kenia, impulsora da prantación de trinta millós de árbores no seu país; Marina da Silva, o Anxo da Amazonía, etc. E no seu país está moi viva a conciencia ecoloxista cidadá; non tanto  no seu Goberno. E a celebración do Día da Terra ten máis colorido nos países con poboación rural importante, como se aí resultase máis evidente que o home é fillo da Terra e non ó revés; máis capaces de comprenderen os catro principios básicos da Carta da Terra que, preludiada por Gorbachov, son: Respeto e coidado da vida, Integridade ecolóxica, Xusticia social i económica e Democracia, non violencia, e paz. A Carta conclúe con palabras alentadoras: Que sexa o noso un tempo pra lembrare polo espertar dunha nova reverencia ante a vida.

              Os problemas que ten a Terra hainos que pensar tamén en clave local, os cidadáns teñen que ter unha visión crítica e denuncia-los incumprimentos que a Administración fai das leis concebidas prá salvagarda da terra, do litoral e dos ríos, tamén da biodiversidade. Que non nos rouben o noso entorno con actitude de total desprecio. Aquí veñen a conto as palabras do xefe indio Seattle [que sí entendería a Carta da Terra], cando responde ó Gran Xefe de Washington que lle quería merca-las terras: “¿Cómo podedes mercar ou vende-lo ceo, o calor da terra? Esta idea parécenos extraña, pois non somos donos da frescura do aire nen do escintilar da auga.[…] Decímolo oportunamente. Debedes saber que cada partícula desta terra é sagra pró meu pobo. Cada folla ourilocente, cada praia areosa..[…] son memoria i experiencia do meu pobo, como que a savia que circula nas árbores porta a memoria do pel roxa; os mortos do home branco esquécense da súa terra cando van camiñare antr´as estrelas. Os nosos homes non-a esquecen porque somos parte desta terra i ela é parte de nós….” O Xefe Seattle sí entendería a Carta da Terra, pero os nosos políticos siguen pensando en infraestructuras, en recalificaciós, non na sustentabilidade da que, ousados, falan. 

addenda:E pasou o Día da Terra, artículo do 2011.Leédeo sen piedade, especialmente os comentarios. (Leédeo sen piedade, especialmente os comentarios.)

segunda addenda: A rebelión de Atlas, de Ayn Rand, escritora estadounidense de orixe rusa. A frase que sigue non ten precio; unha fotografía real, parece, da sociedad actual e dos políticos profanadores da Terra:



"Cando vexa que pra producire necesita dunha autorización dos que non producen nada; cando comprobe que o diñeiro flúe cara os que trafegan non con bens, senón con favores [con conciencias]; cando perciba que moitos se fan ricos polo soborno e por influencias e non polo traballo, e que as leis non-o protexen en contra deles [violadores da sociedade e do mundo], senón que, pola contra, son eles, o poder, os acobillados contra vostede; cando repare en que a corrupción é premiada e a honradez convírtese nun autosacrificio, daquela ha poder afirmare, sen temor a estar fóra da verdade, que a sociedade está condenada" (Ayn Rand, 1950).




viernes, 19 de abril de 2013

TEMPO DE ESPERA NA RAG

Icono que o titular do blog manexa reiteramente prós diversos traballos sobre a lingua galega, ferida, agredida,   que algús tentan convertila en portugués [título do dibuxo: "o caos normativo"]. 

Pontevedra, 20.04.2013
Entrada n. 1651 do blog
Artículo enviado a Pontevedra Viva


Tempo de espera na RAG,
por Xesús López Fernández

            O 20.04.2013 pode que teñamos novo presidente da RAG. Quedaría así coberta a vacante deixada polo meu amigo Méndez Ferrín, compañeiro no noso primeiro galeguismo. E mirei no seu día con esperanza o seu nomeamento como presidente, como apuntaba no meu artículo "MéndezFerrín, novos tempos prá RAG", algo que no propio traballo decía que habería que prantexar talvez como cuestión. Méndez Ferrín, ¿novos tempos prá RAG? Porque confiaba que coel poderiamos ir a unha especie de sanación da lingua, ferida pola sobrecarga de diferencialismos que nela se foron inserindo con mala arte. El sabe que unha lingua non se inventa nun laboratorio, como algús tentan cada día, senón que ven se-lo resultado dun labor colectivo, que é unha creación social.

            Aquí non quixemos ter en conta os consellos do noso frade ilustrado, o P. Sarmiento, que aconsellaba construí-lo idioma a partir da fala ó tempo que avisaba da estupidez de querer conectare co portugués como paradigmático. Incluso avisaba o freire: “Collede o diccionario portugués de Bluteau, sacádelle as palabras non portugueses e veredes que queda un puro esquelete”. Pero no canto de asumi-lo maxisterio de Ánxel Fole ou Cunqueiro, de Xesús Ferro Ruibal, de Moralejo ou de Alonso Montero, que sempre aconsellou prudencia ou consulta-lo Diccionario Enciclopédico de Eladio Rodríguez [talvez aínda o mellor dos que podemos ter a man]; este home, hai algús anos, a raiz do escándalo das normas do 83, aconsellaba non lle tocare ó idioma cada pouco e declarabase, en canto a cambios normativos, francés, porque a Academia Francesa leva máis de cen anos sen lle tocare ás normas ortográficas.

            Estamos nun momento malo, no que algús condenarían incluso a obra de Rosalía que, sen embargo, sigue viva i é unha fontana ricaz de palabras prós que  queiran acrece-lo seu vocabulario. Estos apuntes levarianos lonxe, incluso ó maxisterio de Vicente Risco, que no século XX, no ano 1910, recomendaba tratare científicamente o leigado lingüístico de Rosalía e Curros Enríquez.  Pero son moitos [e tamén as instituciós] os que parecen encirrados na súa política de inmersión lingüística que está a xerare un complexo endodiglósico no colectivo de ó redor dun 20% que no 1992 mantiñan o galego como fala de instalación, fieles á lingua transmitida pola oralidade, por esa sociedade que foi a forxadora do idioma. A RAG non compriría a súa función se non respetase a lingua como creación social. Coa política lingüística da nosa Academia dend´os anos oitenta, talvez sería incluso bo que desaparecese.

            Méndez Ferrín debeuse atopar con moitos atrancos e acabou marchando anoxado, como no seu día Isidoro Millán González-Pardo. E o idioma [o normativo ou galegués non é outra cousa que galego deturpado], a esperanza de salvación e de respeto á oralidade, á lingua real, pode estar [¿?], desta volta, en Xesús Alonso Montero se prospera a súa candidatura e mantén os seus postulados doutrora. É unha simple suposición porque a fala está realmente ferida, como pra ingresare na UCI. Eso de que temos lingua pra mil primaveras, nas actuales circunstancias, non pasa de simple falacia, sobre todo dende que á sociedade estana a limitare na súa libertade de creación. Lembrémonos de que os ingleses non teñen Academia da Lingua. Tamén de que a crisis [palabra grega] do galego non é unha crisis de crecemento, pexado como está por unha serie de normas alóglotas que están lonxe da psicoloxía da lingoa. Antes que a libertade que algús claman prá RAG interésame, insisto, a libertade creadora da sociedade.  De tódo-los xeitos agardemos a nova andaina da RAG, se aínda ten razón de existir.  






jueves, 18 de abril de 2013

ARDE O PAÍS, DE NOVO [6.08.2004]

 O lume en Cotobade, ano 2006, outro ano de terror incendiario. Lembremos que nesa ocasión gobernaba o bipartito PSOE-BNG, que algo máis puideron ter feito. Léanse as alusiós a Quintana no artículo hoxe recuperado, do  ano 2004, preñadas de sentido común. Pero suspendeu no 2006, un ano grande prá mafia incendiaria, tanto como o horroroso 1989, cando ardían os montes incluso no mes d´Outono e se atoparon daquela quince aparellos incendiarios nos montes de Carnota.
O pasado ano ardían as fragas do Eume, fundamentalmente na zona con gran presencia de eucaliptus, que os bombeiras de California denominan árbores "gasolina". E a Xunta, desta volta, tampouco parece té-las ideas claras sobre o cambio de forestación, sobre a recuperación da vexetación clymax: carballos, castiñeiros, nogueiras, freixos, etc. 

Pontevedra, 19.04.2013
Entrada n. 1650 do blog
Artículo do ano 2004, recuperado.


Arde o país, de novo, [6.08.2004]
Por Xesús López Fernández

            O que siga o día a día do calendario das festas galegas pode chegar á conclusión de que aquí non pasa nada aínda que Galicia estea a vivir un ano máis incendiario que os pasados, con Lugo e Ourense especialmente abrasadas, o que podería revelar que detrás pode haber un particular 11-M orquestado polas mafias queimadoras con intención diversa. ¿Promover urbanizaciós, modifica-la reforestación....? Porque á hora de explica-las causas incendiarias téñense dito moitas estupideces. E  sería necesario un debate aberto, apunta-las posibles orixes do lume de tolos que estamos a sofrir ó mesmo tempo que se celebra a Festa do Albariño e se nomean novos cabaleiros e damas, ou a Festa do Galo de Corral en Portas, a do Pemento en Arnoia, a da Peregrina en Pontevedra, ou se aproba a denominación de orixe do grelo, producto galego de calidade, cando aquí debera estar funcionando un gabinete de crisis, talvez terse producido algunha dimisión, porque o que é evidente é o vergonzoso fracaso  da política antiincendiaria da Xunta. Teñamos presente o que dí Adena cando afirma que en once anos só un “pirómano” sofreu penas de prisión e multa de 42.000€.  

             Ó que queira ter unha conciencia clara do drama que estamos a vivir recomendaríalle que consultase a abundante información da páxina web que se cita http://orgaccmm.org/xNOVAS/NOV-12-NOVAS.htm , unha especie de caleidoscopio no que  decote aparece o inventario da maioría dos incendios que se van producindo, recollido de distintos medios, coa nova de que comezaron a apareceren artefactos incendiarios (en Oímbra, Carballiño, i en Valdeorras), algo do que se ten dado noticia en anos pasados, como no  1989, en Carnota, aparecidos daquela uns quince aparatos. Pero os políticos queren te-lo seu discurso pró momento e a propia Cristina Narbona profireu unhas acusaciós que parecen gravísimas e sen base. Según ela os viticultores poderían ter arte e parte nos lumes de Ourense, pra así cambia-la vocación do monte, dito de forma soave.  Paréceme algo inadmisible e coido sería bo que a ministra botase man das hemerotecas e verificase datos en relación coa vaga incendiaria do ano 1989, cando en Galicia tiñamos un presidente socialista, González Laxe. É posible que daquela o lume tivese un culpable máis identificable, e tamén nestos momentos sería bo practicar unha especie de contabilidade da desfeita ecolóxica que estamos a padecer, porque ó final é seguro, seguro, aparecería algún beneficiario.

             Pero das nefastas políticas reforestadoras falan os partidos todos da oposición: PSOE, BNG. As acusaciós dirixidas ó conselleiro de Medio Ambiente son fortes e directas, a raíz das súas declaraciós de que o lume non ten que ver co abandono da poboación rural. ¡E claro que ten que ver, como ben lle lembrou Quintana en Allariz!. O home afirmou algo que está na conciencia de moitos de nós, sabedores de que co abandono das aldeas, co cambio de uso do monte, co cambio cultural e a perda de prácticas conservacionistas, ese espacio fíxose máis fráxil á apetencia dos malvados. Quintana lembrou a promesa de Fraga de hai quince anos, de que en seis meses acabaría co lume (o cal foi certo na época de Romay Beccaría, 1990, 1991, como conselleiro de Agricultura) pero van xa queimadas nese tempo máis de 400.000 hectáreas de monte galego. A solución, dixo Quintana e parece de sentido común, ten que vir a medio prazo, “coa reutilización da superficie agrogandeira e a repoboación humáa do medio rural”.  E tamén afirmou que Allariz é un claro exemplo de cómo se pode combati-lo lume por medio da recuperación das terras agrarias abandonadas. Pra Anxo Quintana o conselleiro debe  dimitir inmediatamente, pola súa clara incompetencia.

            O PSOE dagora  manifesta que os cidadáns queren  outra política forestal...I é oportuno cita-lo dito polo grupo alemán Euronatur, que afirma que cos criterios reforestadores ás veces seguidos non só se racharon equilibrios ecolóxicos (algo do que hai pouco tempo avisaba o profesor Antonio Rigueiro) senón que se incrementou enormemente a posibilidade de desencadear incendios. “A estratexia futura a nivel de Europa debera pasar, según afirma Claus-Peter Hutter, presidente da fundación, pola creación dunha política forestal europea con estratexias claras a longo prazo e por unha recuperación de boscos a través de especies propias dos ecosistemas. Están en  xogo perdas ecolóxicas moitas veces irrecuperables, con graves consecuencias económicas sobre as zonas afectadas. A Fundación pró Patrimonio Natural de Europa sabe que a reforestación con autóctonas correxiría a situación actual, na que a “eucaliptización” producida é causa principal incendiaria. ¿Pero cómo conseguir que o lobby incendiario deixe de impoñe-lo seu organigrama de lume ano tras ano? 

miércoles, 17 de abril de 2013

ALGUNHAS HISTORIAS DE CONSUMO [2.04.2004]

Éste é un dibuxo fractal. Na Terra queda unha única árbore na que están acobilladas sementes de diversas especies, como agardando o momento preciso prá reconquista do Planeta. I ésta é a gran asignatura esquecida, algo que o home vai ter que aprender, reaprendere a vivir en convivencia coa Terra antes de que sobreveña unha situación como a do retrato, na que xa só queda unha única árbore. I é certo que o home, polos odios, polas guerras, pode incluso desaparecer da terra mentres os insectos comecen unha nova colonización. Repensa-la Terra, sobre eso vai o traballo de hoxe, un traballo sobre ecoloxía á lus do libro A Situación do Mundo 2004, do Worldwatch Institute. Pensando tamén na próxima celebración do Día da Terra. 

Pontevedra, 18.04.2013
Entrada n. 1649 do blog
Artículo do 2004


Algunhas historias de consumo, [2.04.2004]
Por Xesús López Fernández

            “A situación do Mundo 2004”, do Worldwatch Institute, refírese desta volta á sociedade de consumo como tema central. Nun primeiro e breve exame vexo que trae unha serie de cortas historias [Entre bastidores], intercaladas ó longo da obra. Parécenme enormamente didácticas, ilustrativas do que non se debe facer, de cómo se foron establecendo unha serie de patrós de conducta dos que a sociedade dificilmente se vai desprender. E, sen embargo, terao de facer, porque o planeta non resiste. Basa-la prosperidade económica das naciós  nun consumo cada vez maior, que amplifique o mercado inmobiliario ata cotas insostibles  ou que incremente o número de siareiros de novas modas e productos está condenado ó fracaso. Por esos camiños, o benestar da economía global ten os días contados. A deslocalización empresarial á procura de man de obra barata que permita unha maior penetración nos distintos mercados e o acrecemento da producción de materias primas fóra de toda pauta ecolóxica, hannos levar á ruína total se non se invirten procesos que parecen irreversibles.

            Unha das historias que trae o libro é a das bulsas de plástico, artículo ubicuo e omnipresente. Dende as primeiras aparecidas no mercado, como envoltorio de bocadiños, fruta ou verduras, alá polo 1957, incluso reutilizadas nun principio, unha vez conseguida a súa fabricación en cadea, como se foran churros, e a xeneralización do seu uso en supermercados, o producto converteríase nun peligro certo pró medio ambiente, sendo como é o destino final da maioría delas os vertedoiros, ós que os norteamericáns botan cada ano uns 100.000 millós de unidades. Certo que actualmente existen xa plásticos biodegradables que significan menos do 1% das bulsas producidas. Si en Bangladesh están impoñendo medidas que prohiben o seu uso, en Sudáfrica ordearon á industria a fabricación de bulsas máis duradeiras, o que trouxo consigo unha reducción dun 90% no uso das mesmas. Outras medidas están en marcha en diversos países, pero a máis orixinal é tal vez a establecida por unha tenda da comunidade de Carolina do Norte, que vende bulsas de loneta con desconto. O vendedor afirma que as ventas multiplicáronse por cinco e que o uso das de plástico desapareceu practicamente. Negocio certo e “bo pró medio ambiente”, di o propietario.

            “A camiseta de algodón”. No ano 1913, a mariña norteamericá reparteu antre todo-los membros das tripulacións unha camiseta interior de algodón enteiramente branca, de media manga, a primeira da historia desas características. E a tal camiseta ven sendo o nexo ó través do que se conduce a historia do cultivo do algodón, das súas necesidades crecentes, da avidez dos mercados de USA e China, de que todo-los anos se recollen, dende Texas a Turquía, uns 19 millóns de toneladas de fibra. De cómo o seu cultivo é un auténtico azote ambiental e que algús dos plaguicidas en uso son sumamente peligrosos según a Organización Mundial da Saúde. Antre o 1997 e o 2000 producíronse 116 casos de envenenamento nos campos de California, cifra que no caso do estado indio de Andhra Pradesh elevouse a 500, e que relacionado coa producción deses insecticidas hai que contabiliza-los 8.000 mortos en Bophal no 1984, polo escape de gas dunha fábrica de Union Carbide. Como consecuencia do que queda dito, un debería mercar camisetas de algodón de producción ecolóxica, certificada pola Federación de Comercio xusto. Exipto quere orienta-la súa producción, en parte, nese sentido.

            O chocolate. Chris Bright aconsella que ó consumir unha tableta de chocolate procuremos asocia-lo sabor ós boscos máis ameazados do mundo e tamén ós traballadores que alí viven. A árbore do cacao é oriunda de América do Sul e da súa semente obtense o chocolate. Hoxe dáse  en 60 países. Como precisa de auga abondante, só pode cultivarse en biomas de selva húmeda, polo que debe considerarse unha bendición a efectos de conservación ambiental, sendo as zonas de principal producción “puntos quentes de biodiversidade”.  Se alí a agricultura ocupa zonas gañadas ó bosco, o cacao pode ser cultivado  baixo o dosel selvático ou en boscos primarios aclarados, mentres que no caso de Indonesia fanno en terreos que perderon os boscos autóctonos, arrasados pola cobiza. Ainda así, soe facerse a prantación con outras especies. Pero o cacao, que ten un valor relativamente alto, responde ben ós coidados, i é preferible traballalo en pequenas explotaciós como na Costa do Marfil. Mais o traballo do labrego non está remunerado, entendendo que éste recibe en torno a un 6/8% do producto final. Como tamén xogan un papel importante os insecticidas convén merca-lo producto cultivado ecolóxicamente, “baixo sombra”, procurar que o que nos vendan traia etiqueta de “comercio xusto”.. Son historias, camiños pró cambio. Outro día, máis. 


A VIAXE DE NARBONA [2.10.2004]

Estas son ameixas de Lourizán que depuran na ría de Aldán, procedemento costosísimo, porque do gran tremoedo de Lourizán só contaminación se pode extraer. Incluso, polo gran deterioro das rías, o noso  mexilón está a se quedar sen mercado. Curiosamente, de Francia, un país que tiña aviso da contaminación grave dese bivalvo no ano 1978, que nas importaciós esixía un aval do Instituto Español de Oceanografía, un certificado acreditativo de que o mexilón non era da ría de Pontevedra nen dos sectores de Meloxo e O Grove, na ría d´Arousa, foron devoltas hai poucos días partidas de mexilón contaminado.
  
Hoxe recupero outro traballo do ano 2004, en relación cunha viaxe de Cristina Narbona, ministra do Medio Ambiente, ministerio que despois desaparecería. Parece que Cristina Narbona tiña en contra ó seu propio partido, que non pulou pola rexeneración ambiental como tampouco o PP ou o BNG. É máis, no tento de consolida-la autovía a Marín ou na construcción da rotonda da loucura en Mollavao, Pepiño Blanco pasoulle o relevo a Ana Pastor. Todo corrupción. 

Pontevedra, 17.04.2013
Entrada n. 1648 do blog
Artículo do 2004


A viaxe de Narbona, [2.10.2004]
Por Xesús López Fernández

            A ministra Narbona estivo en Vigo os pasados 24 e 25 de setembro. Mentres que o primeiro día celebrou unha xuntanza con empresarios na que afirmou que Ence non tiña futuro na ría de Pontevedra, máis dun asistente debeuse sentir rebotado. Polo menos un certo sector do grupo alí presente, representantes mesmo de Ence e dos acólitos que a apoian na súa teima de permanecere como imprantación colonial de vertedeiro onde xa non pode estar. Narbona foi máis lonxe ó decir que o ministerio levaba tempo en negociaciós coa pasteira pra ver de buscar unha relocalización á súa actividade co que gañariamos en benestar, porque hoxe mantense como unha constante o manifestado polo ministerio da Vivenda no 1973: que a ubicación en Lourizán das fábricas de celulosa e cloro fora un erro do que soamente se poderían derivar problemas prá saúde e convivencia humáas. Narbona dixo algo máis: que a concesión remataba no 2018 e que non se podía pensar na desafectación das marismas de Lourizán.  Ata aí o sabido do primeiro día da estancia. A súa afirmación sería analizada polo colectivo Salvemos Pontevedra en nota facilitada ós medios o 26.9.

            O segundo dos días visitou as Cíes na compaña de Josep Borrell, o pai da actual Lei de Costas que algús queren tumbar, descafeinar pra seguir acabando co noso mar. Parece que quedaron gratamente impresionados e que, despois desa visita, o Parque das Illas Atlánticas  (aínda non  debidamente conformado) pode recibi-la necesaria atención do ministerio de Medio Ambiente. “Desconociamos esto y sus circunstancias, pero nos vamos con el disco duro cargado”.  Quixera ver detrás desa frase unha clara intención de poñer orde en tantos excesos como se levan consentido e a caducidade real da concesión. E sería bo que a ministra se ocupara de redifini-lo parque natural, que nun obxetivo a corto prazo  puideramos pensar en amplialo, en recuperar e inserir no mesmo todo o que foi declarado como dominio público marítimo terrestre por Decreto do seu ministerio con data 14.10.1996. E a illa de Tambo, naturalmente. Pero o ministerio terá que actuar con transparencia, e cecais o Fiscal Xeral do Estado, se realmente queren acabar coa involución e a conculcación da Lei. E co colonialismo deseñado  no franquismo, idea na que semellan seguir algús políticos doudos do entorno.

            Mais despois do comunicado de Salvemos Pontevedra as cousas deberían quedar meridianamente claras: o secuestro da democracia, a inoperancia da Administración pública (Concello, Dirección Xeral de Costas), a perda ou falta de concesión das catro empresas citadas na nota do colectivo ecoloxista.... Mesmo se poden citar actuaciós recentes do grupo de goberno contradictorias coa bandeira do ecoloxismo que din ter asumida: a urxencia do alcalde Lores pola construcción do ferrocarril dos Praceres, a estratexia xurídica contradictoria do equipo de goberno, os atrancos postos pró exercicio da acción cidadáa amparada pola Constitución, en relación coeste tema. En fin, unha falta total de transparencia. E coido é fácil asumi-lo dito por Beiras en relación co Parlamento, que el define como un tanatorio. Di que se non fede é porque está refrixerado, pero que moitas veces sinte a tentación de marchar. Moito cidadán entende que o Parlamento, se non se pode facer unha oposición viva, convírtese en inútil. E que en Pontevedra alcatrea é algo sabido de todos; o que non se entende é que a situación dure tanto, que algús queiran mesmo perpetuala.

Cunha sociedade máis viva Lourizán estaría recuperado. Pero, contrariamente á afirmación de Narbona sobre desafectación, a Dirección Xeral de Costas non responde ós recursos presentados. Esa é a razón do contencioso administrativo de Salvemos Pontevedra. A postura do equipo de goberno sirve pra aclarar que non van máis alá das simples declaraciós. Non se decatan de que teñen que asumi-la defensa da Lei de Costas con rigor e seriedade. E que se non-o  fan poden perder nas elecciós...  Recuar no campo do progreso, cargarse a Lei,  sería algo tan grave como decir: “porque somos progresistas imos privar de voto ás mulleres”, porque as leis boas haberá en todo caso que melloralas. Aquí e agora fai falta un grupo amplio de xentes, un foro crítico de debate no que mostrar camiños de progreso e que Ence non é nengún aval, senón un lastre. E mo decía un comerciante arruinado como consecuencia do arraso peatonalizador. “Non podo marchar por culpa do negocio do que malvivo, pero esta cidade non ten remedio. Fíxese cómo camiña moita xente. Como zombis. Non se enteran de que os  políticos están todos no mesmo barco. E na Cámara de Comercio esquecen que esta cidade non lle debe nada a Ence.” Un cidadán que pensa, máis ou menos, como Beiras.  ¡E non vai feder se incluso minten ó Valedor do Pobo! Teño probas.   

martes, 16 de abril de 2013

A TRANSPARENCIA DE LORES [18.06.2004]

Puerto de Santa María. Esta avenida e outras semellantes puideron ser inspiración da actual pontevedresa Lores de Arabia (G.Mellado, G. Mola, Chanchullo), así conocida popularmente. As palmeiras estaban enfermas, case mortas no mes de marzo do pasado ano. Son os modelos que Pontevedra vai importando ó tempo que os mandiños procuran elimina-las farolas fernandinas (que case desapareceron da cidade), e que existen en toda España. Por certo, en Puerto de Santa María viveu Afonso X, o inventor da letra "ñ". E alí compuxo, talvez, o seu último bloque das Cantigas de Santa María, gloria da lingua galega. (Se teño tempo hei de lle dedicar unha entrada a ese e outros lugares andaluces que levo recorrido). Pero hoxe imos sobre a "transparencia", a non-transparencia será mellor decir, de Lores. 

Pontevedra, 17.04.2013
Entrada n. 1647 do blog 
Artículo do ano 2004, algo retocado, pra adaptalo ás novas i evidentes ameazas ambientalistas.


A transparencia de Lores, [18.06.2004]
Por Xesús López Fernández

            Con motivo do aniversario do 25-M, tres representantes dos grupos que están  no Concello fixeron as súas declaraciós. Cada un, xa se sabe, vende o que pode e o principal do discurso do noso alcalde foi a súa insistencia na política de transparencia que sigue o equipo de goberno. Non me vou referir nada máis que a éso, á transparencia da que fala, porque outras cousas da súa política quedaron xa atrás, como por exemplo o tema do modelo de cidade ou os diversos lemas inventados que produciron un certo acaimento en gran parte da poboación. E tamén na bulsa de votos do BNG, ó mellor por falta da necesaria autocrítica, por non ter en conta os avisos enviados dende distintos grupos de opinión. E non se pode mostrar como modelo  a peatonalización promovida, a privatización dalgunhas prazas que perderon a súa alma e hoxe non son outra cousa que fábricas de ruído ou, privadas de bancos, simples largos desalmados e con fachadas Urban gratis total. ¡Qué triste ve-lo enlousado recente moitas veces escachifado, atal xeito que xa precisa de renovación en moitos lugares! Aparentemente non houbo dirección de obra en moitos casos, senón unha inepcia total. Unha vergonza.

            Non quero ser crítico en demasía no traballo de hoxe, porque a mensaxe de transparencia haina que entender en sentido positivo, e que se non  se dá esa circunstancia, a Política, prostituída, pasa a ser outra cousa. E aínda hai poucos días, en Pontevedra, Xavier Roig, asesor que foi de campaña con Almunia e Joan Laporta, dixo que os cidadáns non creen nos políticos. Tampouco nos partidos. Evidentemente, non contou nada novo, que estamos de volta e por algo houbo unha abstención de máis dun 54 por cen nas europeas, nas que novamente se volveu acusa-la caída dos grupos menores que nalgún caso non parecen ser outra cousa que un pequeno “resto” do que puido ser un partido creado pra acende-la arelanza de moitas xentes. E nese sentido, Galicia, nacionalidade histórica, estáse a quedar baleira... Eu quero insistir no factor da transparencia, que entendo necesaria pra liderar proiectos de tipo urbanístico ou ambiental, nos que un alcalde pode ter máis poder do que moitos lle supoñen. Pero cando dous grupos (BNG e PSOE) lle pedían días atrás ó Valedor do Pobo unha maior implicación na defensa dos dereitos dos cidadáns, ós poucos días se informaba puntualmente de que dend´o Concello de Pontevedra non contestan ó citado Valedor. E podo contalo aquí por propia experiencia, pero tal vez resulte mellor facelo nun próximo traballo.

Direi sí que Lores foi puntualmente informado e que non contestou en relación cunha subvención reconocida en comisión, impagada a día d´hoxe. Prometo que o hei contar, pero tornando ó asunto da transparencia, éso, como asunto ideal, traeme á mente o conto de mosiú Simplom, un tratante en bolas de neve, un don suizo que Cunqueiro sitúa en Pacios, enfermo dun trasudor, e alá vai don Merlín a atendelo e curalo. O  tratante en bolas de neve  marchaba cara  Lamego, pra lle vendere unha ducia ó mitrado, que entoleaba por elas. E na descripción que Cunqueiro fai das distintas bolas que o enfermo porta no baúl poderiase incluir outra: o discurso da transparencia. O escenario se correspondería co Concello de Pontevedra in per locam maritima i estaba anunciada unha novedade, o discurso do alcalde. Na escea están a araucaria, o palmito, o monumento ós Héroes de Ponte San Paio, o edificio do Concello, no que se abre a porta-ventáa que dá ó balcón. Aparece o alcalde, a xente aplaude, e o home dí: “¡ Miñas donas e meus señores, cidadaos e cidadás...!”. E xa non pode seguir porque comeza a nevar forte e seguido. A xente marcha e o alcalde se retira.

A transparencia pode estar enferma, como enfermo estaba mosiú Simplom por un problema dos humores que están no corpo por capas, a semellanza do magro no touciño, según explica don Merlín. E acontece que si se alteran ou mesturan, amolecen as interioridades. Eu entendo que Lores se titule transparente, pero alguén do seu entorno pode non-o ser e as cousas presentan así outro retrato. Merlín recetou daquela unha triaca prepósita e píldoras de mel sedativo, que foron o comezo do remedio pra que o suizo puidera seguir viaxe a Lamego. Coido que no caso da transparencia da que fala Lores, o remedio pode estar nun maior protagonismo da súa parte. Terá que tomar decisiós talvez notariadas ante as asociaciós de veciños que están a agardaren xustamente ese discurso esquecido da transparencia e sinceridade. Así as cousas e nun momento no que certos vendedores  están a ningunea-la Ecoloxía e piden a conculcación das leis, Lores debería erixirse como máximo defensor. Esa sería unha demostración superior á de poñerse tras dunha pancarta, pero non; está co grupo dos conculcadores, que hai tempo que perdeu o carnet de ecoloxista e presuntamente só lle interesa Lourizán como solar.



A TRANSPARENCIA AUSENTE [1.07.2004]

Foi paraíso, agora é inferno, fábrica de contaminación i enfermedades. Os políticos, como levamos dito neste blog, embuchan, corrómpense e corrompen a paisaxe.

Pontevedra, 16.04.2013
Entrada n. 1646 do blog

Artículo do 2004, que vai fundamentalmente sobre a falta de democracia e de trasnsparencia do goberno local e da súa oposición á participación cidadáa. Tamén falamos  da lección de Cristina Narbona, tan lonxe do actual evanxelio do ceporro de Arias Cañete

A transparencia ausente, [1.07.2004]
Por Xesús López Fernández

Cristina Narbona, ministra de Medio Ambiente, acusou publicamente a Matas de ter ocultado informes sobre o trasvase do Ebro. Alguén intentou vende-lo plan como a gran panacea cando a realización do trasvase, según a ministra, era inviable economicamente, posto que comezaran as obras sen fixa-las tarifas da auga, os usuarios da mesma, o caudal mínimo pra mante-lo delta do Ebro e sen ter en conta se habería encoros dabondo que permitiran o aproveitamento da auga bombeada. Os informes, según Narbona, existen i están a disposición dos que queiran consultalos. E sen entrar máis nesta cuestión, diremos que a eso se lle chama transparencia, algo do que carece o citado ministerio cando se fala do problema da  ría de Pontevedra, na que algunhas cuestiós como a do caudal mínimo do Lérez aparentan non estudiadas e que é precisamente a perda dese caudal na estiaxe, ademais da contaminación, a causa principal da morte de peixes que antes da desecación das xunqueiras non se producía, porque as mesmas daban un xogo intermareal compensatorio da perda de caudal. E hai falta de transparencia no tema da  innecesariedade de Lourizán, algo sobre o que a Dirección Xeral de Costas está xa emprazada na vía contencioso administrativa. 

A transparencia é vital pra que todo funcione, como deciamos nun traballo anterior ó tempo que aplicabamos a esa cuestión a teoría dos “humores” de don Merlín, que están dispostos no corpo en capas, como a panceta, pero que cando se alteran ou mesturan “amolecen as interioridades”. E a cousa non vai, como se demostrou tamén a nivel local coa inauguración da Casa da Cultura de Monteporreiro, presentes o alcalde e algús dos seus, pero non os socios de goberno, como é sabido de tódo-los cidadáns. Tereixa Casal manifestouse ó respecto e, mais que á falta de transparencia parece que o atribueu a cuestión do “talante” dos seus socios... Que por riba desas interquinencias queiran dá-la imaxe de que as cousas marchan ben; que incluso se sumaron xentes dos dous grupos á marcha  sobre Lourizán do 27.6 é un xesto levián que os honra. Non así o feito de esquecérense do Regulamento de Participación Cidadá e de non ter contestado en prazo á asociación “Salvemos Pontevedra”, na súa pretensión de comparecer  no pleno do 18.6 prá lectura dunha ponencia cidadá, o que demostra tamén un certo déficit en  democracia, tamén de transparencia como xa apuntamos anteriormente.       

No meu anterior traballo non quixen tratar esta cuestión, o feito de que o Regulamento de Participación Cidadá pareza unha falacia, algo que non vai aínda que  poida servir ó equipo de goberno pra botar man de ideas e usalas como propias. Pero, en fin, a vida sigue, os procedementos siguen, e veremos finalmente quén é realmente transparente, prometendo de novo que hei conta-lo que aínda non contei de certa subvención non pagada e da cínica actuación  do responsable dun despacho. Pero eso xa irá saíndo contado con detalle.  De momento o que sí vai emanando do sochán pontevedrés, a pouco que chova, é un certo cheiro a xofre, a solfo, consecuencia da obra mal feita en canto á renovación da infraestructura sanitaria, outro fracaso, tamén cuestión de “capas” intermisturadas de augas da chuvia con negras. E dou fé de que o outro día, cando traía no meu coche as herbas prá auga de San Xohán, vencía o mal cheiro da cidade ó arrecendo floral, como se andiveran á competencia demos internos i externos, dos que don Merlín dí que o seu número mantense invariable.

E se hai uns días apuntabamos a idea da bola de neve co discurso frustrado de Lores encapsulado na mesma (araucaria, palmito, monumento, xentes, alcalde e neve disuasoria), o relato parece que fora premonitorio do acontecido o pasado 28.6, cando coa celebración do ascenso do Pontevedra, F.C. (unha empresa privada), compareceron ante o xentío alabarado, dende a balconada da casa consistorial, Nino Mirón e o alcalde. Cada un tería o seu discurso, pero parece que Lores non valorou o feito de que pra algús ésa era unha contramanifestación da ambientalista do día anterior e non debería ter caído na trampa. Agora xa o sabe, como que o concello non ten que someterse a certos Diktatts, claudicar ante a idea irracional de construir un novo estadio en Alba ou da conversión de Pasarón en solar, posibilidades ante as que a algús/algunhas mesmo lle crecen os ollos. Un alcalde demócrata recibiría, sí, ós xogadores pra lles transmiti-la noraboa, ou prometería mellora-lo campo de fútbol municipal. E non se oporía á lectura dunha ponencia cidadá en sesión plenaria, no que se nota tamén a falta de transparencia, de convicciós democráticas e ambientalistas do equipo de goberno, como se o Regulamento de Participación Cidadá fose un simple adorno. ¿Democracia, transparencia?. Ausentes.