sábado, 27 de noviembre de 2010

HORAS BAIXAS

Caín, en La Razón. ZP é o gran problema do país. O discurso do candidato resume o pensamento do presidente, ou dos candidatos prás elecciós cataláas, que teñen hoxe, 28.11, o seu aquelarre particular.
-
Pontevedra, 28.11.2010
-
Entrada n. 1369 do blog
-

Horas baixas,

por Xesús López Fernández

-

Dende distintos sectores da sociedade española, sindicatos, empresarios autónomos, estase a pedi-la dimisión de ZP, que o pasado 27.11 mantivo unha xuntanza con 38 grandes empresarios dos que dan riqueza e traballo no país. Foi a foto do día. I éso despois de ter ninguneado ós poderosos ó longo de seis anos. Pero algunha desas empresas representadas ante ZP teñen a súa actividade diversificada en distintos países, como o Banco de Santander, extraforte no extranxeiro, en dez países, pero que en España fai soamente o 17 por cen do seu negocio. Tamén Telefónica, presente en 25 países nos que obtén a maior parte dos seus beneficios, ou Repsol, con presencia en 30 nos que desenvolve a mitade do seu negocio, entran no xogo do mercado internacional, que é o que dicta certas e inexorables leis. En consecuencia ós empresarios non lles agrada invertir en España, o que entenden como unha aventura arriscada ó se veren privadas da financiación necesaria.

-

Oimos de cote falare a ZP ou á súa vicepresidente Salgado de que España non vai ser intervida, que non somos Grecia nen Irlanda. Pero sabemos que non se fían do noso país porque existe desconfianza nas políticas do Goberno. Polo que se ve estamos nun laberinto con difícil saída. E de ZP, en contra dos seus discursos, [“descarto un plan de rescate para la economía española”] discrepan algús homes do Partido. Joaquín Almunia, que hai poucos días declaraba na Ser, no programa “hoy por hoy” e sen ceder ás presiós de ZP, que existen dúbidas en torno a España; que estamos vendo cómo responden os mercados ante a débeda española e a das empresas privadas ou entidades do país. E a dúbida, por unha banda, está en si España vai ser capaz de aplica-lo que ten decidido que vai facer, i esa dúbida haina que despexare canto antes decindo que hai determinación pra aplica-los compromisos establecidos. A segunda dúbida é a de si España ten algo máis. I en fin, hai que demostrar valor pra executare o plan que ZP di que non vai demorado, así como a existencia dun plan de crecemento certo. Coas cartas boca arriba.

-

En relación co momento que estamos a vivir, Joaquín Leguina, no seu blog, incluía un post titulado “Locos”, con data 19.11.2010, no que conta unha anécdota: de cómo no 2006 se lle achegou pola Carrera de San Jerónimo un conocido diputado do PP que, tomándoo polo brazo, díxolle ó oído: “Mira, Joaquín, entre nosotros no debe haber equívocos: los Presidentes españoles se vuelven todos locos. Por ejemplo, el nuestro (Aznar) enloqueció en su segunda legislatura; pero es que el vuestro (Zapatero) ya venía loco.” Se ben Leguina non fixo comentario daquela, pasado o tempo comprendeu que pola boca daquel diputado falara a verdade. Analiza o problema, con diversas citas; a máis concluínte é da historiadora Bárbara Tuchman que chega decir: “O poder xera loucura. É máis, con frecuencia impide pensar. Conforme pasa o tempo a conciencia da responsabilidade esváese na cabeza dos poderosos”. E no propio PSOE hai xente que reconoce os síntomas.

-

Zapatero calificou no seu día de “fracasada” a Angela Merkel, unha muller que tamén o conoce i está liderando un novo miragre alemán, e recibeu o 90 por cen dos votos na súa reelección como presidente do CDU. O crecemento do país anda agora polo 3,50 por cen; a cifra de paro está no 6 por cen e varios estados federados falan xa de pleno emprego. O seu desafío á falacia muticultural demostra que aspira a que esta época leve a impronta do seu nome, como noutrora fixeron Adenauer ou Kohl. Agora acaba de fixare un paquete de aforro de 800000 millós de euros, pra que o sistema financieiro alemán se manteña sobre os seus propios pes, non tanto pra que Alemania actúe novamente como locomotora de terceiros como pra socorrere ós seus Bancos no caso de que resulten trabados por incobrados externos, pra evitare que esos quebrados contaminen o sistema alemán. Grecia, Irlanda, …¿quén máis?

martes, 23 de noviembre de 2010

A PREPOTENCIA DOS DOUDOS.

Porto de Marín. Agora sí.... Os Concellos de Marín e Pontevedra coinciden en que o plan especial do 2005, non ampara a actividade sobre os recheos. Benditiños, qué medo lle teñen ás multas que se poidan derivar da súa actuación. E presumían d´honestos. (Foto de La Voz)
-
Pontevedra, 23.11.2010
-
Entrada n. 1368 do blog
-
A PREPOTENCIA DOS DOUDOS,
por Xesús López Fernández
-
Teñen que medir mellor as palabras sobre o que foi a súa política destos anos ou, mellor dito, a súa non-política. E pra eso traio aquí dúas noticias d´hoxe, aínda que podería traere máis. O Concello local quer seguir coa anexión de chan e, na súa demencia, quería facere unha nova rotonda, máis grande, á altura da vella concesión de Malvar. Querían levare a súa "humanización" a ese vial, fardando ademais de ter executado gran parte das obras do tramo municipal. ¿Pero realmente é municipal o tramo de costa no que se puxeron a facer tonterías, ou é dominio público marítimo terrestre? E o d.m.p.t. non é do concello nen do Estado, senón que éste ten que sé-lo garante, o velador, dun ben que nos pertence a todos.
-
Fomento alegou que esa glorieta, como os primeiros metros do proiecto municipal terían que ser revisados por técnicos. Total, discrepancias. O Concello admite que ese espacio, o da glorieta, queda fóra do seu ámbito particular. Pero en nengún momento da noticia se comenta qu´estos memos parecen non estar enterados de que a vella concesión de Malvar xa non existe; que por sentencia do 14.09.2009, o TSXG sancionou a fin da concesión e o retorno á condición de d.m.p.t., emprazando ó MARM prá elaboración do plan de recuperación e o nomeamento dun funcionario pra dirixi-los traballos a practicare. (Por certo, sentencia resultado de procedemento incoado por medio de denuncia de Salvemos Pontevedra, ¿está claro?.) O TSXG esteblecía o prazo un mes prá resposta e redacción do plan polo MARM. (Noticia do Faro de Vigo, 23.11) sobre as discrepancias existentes antre Fomento e o Concello)
-
Pontevedra cree que é imposible conceder licencias pra actividades no Porto. En realidade foi Marín quen dou o primeiro paso. O Concello de Pontevedra súmase desta volta ás súas tesis porque hai que "vender" legalidade cara as novas elecciós cando todo canto se leva feito nesta tenza roubada ó mar, alcatrea, de verdade que alcatrea. (Sigue noticia de La Voz: Pontevedra cree que é "imposible", qué listos, conceder licencias no Porto)
-
E Lores, que non acerta no seu discurso declara que "non é fracaso persoal que Ence siga na ría". E o home aínda sigue a falare do 2018, cando ese é un prazo qu´os políticos se dan a sí mesmos pra manteren en Lourizán o contubernio industrial. Lores sabe que as empresas aí radicadas carecen presuntamente de concesión, como o caso de Holcim, que xa temos comentado, que nunca tivo concesión, nen licencia municipal, e incluso neste caso rotundamente claro, o home fai deixadeza de funciós. ¡E pensar que non hai un fiscal que actúe de oficio! (Sigue a noticia de La Voz, 23.11, co mesmo título do entrecomillado da primeira línea). Non é fracaso, e contubernio, complacencia, traición. I está desesperadiño pra seguire repetindo o mesmo discurso de sempre. Non lles queda a todos eles outra cousa qu´a prepotencia dos doudos mentireiros.

lunes, 22 de noviembre de 2010

É A HORA DE NON PENSAR

O discurso de moitos políticos pode ir na senda do predicador do chiste de Caín (como os que siguen, todos en La Razón): A política social zapateiril, de cada volta máis paro, máis de laicismo agresivo, pode traer como conclusión unha nova loita de clases, cun ouxetivo claro na gran maioría das xentes: chegar a ser político; mellor aínda, vivir da Política.
Neste outro discurso o novo predicador pode pensar que había unha maior carga de honradez na política franquista.
Hai moitos políticos doudos que, incapaces de ter programa non van máis alá das encrucilladas: poder evadirse das sentencias, estanca-lo denvolvemento local, converti-la cidade en gran encrucillada e pozo de miseria.
Estado en crisis, sen fondos, a grandeza, a razón de Estado obriga ó líder a face-las consignas decote máis simples. E talvez feroces. Por exemplo: "Hai que dinamita-la Cruz do Val dos Caídos".
Non sei si é un político o que fala ou un cidadán xangal, parvaxolo, aínda que ben vestido.
I esta é a consigna prás cataláas do 28-N. Agora toca non pensar; sí deixármonos engañare e votar, pra qu´os cenutrios sigan coa súa noria de sacas e desgoberno.
-
Ponteveda, 22.11.2010
-
Entrada n. 1367 do blog
-
É A HORA DE NON PENSAR,
por Xesús López Fernández
-
Nadie sabe xa donde radica o voto útil. Despois de anos de inútil gobernación, de presuntas prevaricaciós e saqueo do Tesouro Público e fondos de cohesión, parece que no horizonte das políticas inmediatas van ter unha especial relevancia temas como o do aborto das menores, a eutanasia, o laicismo agresivo, o deterioro sustentable do medio ambiente, etc., do que tamén temos constancia a nivel local.
-
Queren que non pensémo-lo voto, i estultamente, en base á pura mentira, os burladores das leis vannos pedir que outemos por lle dá-la nosa confianza, aínda que non-a merezan. E hoxe, pra mostra abonda un botón, vai falare o alcalde Lores, que quer seguir a "administrare". Vai ser por medio de VTelevisión, seguramente varias tapas de "accesibilidade", do seu barato e falso "ecoloxismo", de cómo vai escaquea-las sentencias do TS, se pode, cando foi tan culpable como os mandantes dos outros partidos na desfeita organizada do medio ambiente natural, como tamén do medio ambiente urbán, da desfeita de prazas e arterias, da conversión de Pontevedra en pura encrucillada na que é difícil entrar ou sair.
-
O pasado 20.11, un medio periodístico publicaba, como exemplo do labor urbanístico dos últimos dez anos, unha serie de fotografías que non se corresponden, nalgún caso, coa realidade. A praza da Verdura, antes (mentira, a foto corresponde ó espacio arrasado, privado das catalpas, da pedra, incluso dos bancos prodixiosos que mostraba, na súa elegancia), e despois, que corresponde a actual costa na que quedou convertida, coa presencia dos novos bancos recén estreados, sen as terrazas que evidencien a privatización dese espacio en favor das pequenas tabernas; foto do Mercado vello medio derrubado, como que parece un esceario de guerra, e foto do Mercado novo, na que se evidencian os restos da muralla musealizados, un pegote na accesibilidade e que pode incidir na involución do día a día dun centro comercial que se apaga; foto da antigua Avenida de Santa María, señorial, e a do novo deserto de pedra alí configurado.
-
E que non se disculpe en temas como o d´Os Praceres e o Porto Especial. Ou que explique, si se atreve por qué sigue coa matraca do 2018, cando Ence i Elnosa xa non teñen concesión, así como Holcim, que nunca a tivo, nen licencia municipal. Xa que é tan honrado, ¿Por qué non actúa?
-
Pero, en fin. Anque nos pidan que non pensemos, sí debemos pensar na campaña como un fraude ou unha excelencia de consignas, puro marketing que só vale pra idiotas.
-
Enlace:
-
E na Pontevedra de Lores xa non é posible un transporte público como o que se mostra no video. Estamos na involución en estado puro. (Por certo, gracias ós ingleses pola filmación)


domingo, 21 de noviembre de 2010

OS PRACERES, O FERROCARRIL.

Ricardo Aguilar Argenti, arquitecto, concellal do PP, (Foto de La Voz)
-
Pontevedra, 21.11.2010
-
Entrada n. 1366 do blog
-
OS PRACERES, O FERROCARRIL,
por Xesús López Fernández
-
Tema renuente e aínda que estaba acordado non tratalo no pleno, o certo é que sí se tratou. Os grupos non están d´acordo coas soluciós propostas por Fomento, ó que lle piden elabore un novo proiecto con outra traza que evite o paso pola praza d´Os Praceres. Argenti comentou que sería bo que o Concello presentase unha proposta máis elaborada. Mosquera, xa en días pasados, propuxo un novo trazado por túnel, o que sería coherente se o tren fose realmente necesario. Decir, por otra banda, qu´o primeiro en se sobir ó tren inaugural foi Fraga non debe servir pra esquecere que tamén Lores, con Cuíña e Tonecho viaxaron no dito tren, na máquina Mikado, como encarnación da corrupción. E lembremos tamén qu´o Bloque, en maio do 2000, urxía a construcción do tren, algo que Lores pensou que os pontevedreses non sabiamos. Pero sí, que tamén está pringado.
-

PARIDAS DA AUTORIDADE PORTUARIA

Fotografía de Eladio Torres, ano 2001: a Policía actúa contra a resistencia dos veciños, os verdadeiros defensores do Estado de dereito.
Outra cadencia da mesma agresión contra os defensores da Praza. (Foto Eladio Torres)
-
Pontevedra, 21.11.2010
-
Entrada n. 1365 do blog
-
PARIDAS DA AUTORIDADE PORTUARIA ,
por Xesús López Fernández
-
A Plataforma da Praza d´Os Praceres anuncia varias xuntanzas e programación de diversas concentraciós, así como a presentación de documentales, con vistas a promoveren a puñetera execución das sentencias do TS. Como temos dito, eles foron aquí, perdidas as formas e o criterio do bon facer pola casta política parasitaria, [expresión ésta de Enrique de Diego que tamén convén ós políticos da ría] os verdadeiros defensores do Estado de dereito.
-
Ocúrreseme que non estaría de máis qu´os ditos políticos e as xentes da Autoridade Portuaria leesen e memorizaran a Ordenanza de Pesca do ano 1767, firmada por D. Francisco Xavier García y Sarmiento, Ministro de Mariña, irmán do P. Sarmiento. Esa ordenanza tería de ser ouservada en tódo-los portos e rías da provincia de Pontevedra, situada antr´os ríos Tambre e Miño, e nos portos pertencentes á Subdelegación de Muros. Seguramente qu´as rías galegas gozarían hoxe de saúde plena.
-
Pero resulta qu´as forzas da involución siguen enconadas contra o Estado de dereito e no canto de acatare e cumpri-las sentencias do TS sobre o ferrocarril a Marín e os recheos do porto, erre que erre coa inexecutabilidade de, polo menos, algunha das sentencias, encirrados en seguiren acabando coa lámina da ría. En La Voz de Galicia d´hoxe aparecen unhas declaraciós do presidente d´Autoridade Portuaria afirmando qu´o Plan Especial do Porto é válido, que é un feito real, non subxetivo, como seguramente, digo eu, a represión reflexada nas fotografías hoxe incluídas, algunhas das que iremos presentando, porque aínda qu´este blog pouco signifique, ha servir pra lle memorizare a algús o crime de lesa natureza, que así é como hai que chamalo, presuntamente inducido dende algús clústers.
-
O dito presidente ousa decir qu´a sentencia do Supremo é negativa, e xustifica o seu aserto no número de empresas existentes, algunhas sen relación co mar, porque aquí lles facilitaron terreo a costa da propia ría, dos recheos deshonestos pra configurare un polígono industrial. Mellor leélo, porque as declaraciós conteñen máis dunha estupidez, como a de tentare xustifica-lo tren porque pasan pola praza d´Os Praceres uns dous cada día. ¿Pra qué coño, entón, necesitan o tren? ¿Por qué coño convertiron o Porto de Marín nun monstruo insustentable? E a Xunta a falare da recuperación de humedales cando no espacio das marismas de Lourizán e Mollavao son máis de 600has as que deberían estare xa en fase de recuperación.
-
Siguen enlaces:
-

sábado, 20 de noviembre de 2010

UN MUNDO EN DECLIVE

Caín en la Razón. España. Cursos de capacitación pró paro que xa vai en máis de 4500000 como resultado da mala gobernación, do gasto público contínuo, moitas veces sen xustificación.
-
Pontevevedra, 21.11.2010
-
Entrada n. 1364 do blog
-
Artículo semanal

-Un mundo en declive,
Xesús López Fernández
-
Cando tanto están a falaren de desenvolvemento sostible, sobre o que incluso ousan promulgar leis, perguntámonos se non estamos ante unha situación política de impotencia, porque no país faltou o respeto ás claves dunha verdadeira ecoloxía, a que conocían as xentes que no rural facían posible, nos seus labores agrogandeiros, esa sustentabilidade que, coa degradación de ríos e mares, do medio natural, estáse a terminar. Un crecemento industrial sen harmonía, boscos primarios arrasados, o mar como gran sentina ou solar, parece xa tarde pra lle dare a volta ás cousas, lonxe do que agora se chama ecoloxía profunda e na que moitas xentes do campo estiveron verdadeiramente integradas, consideradas, sí, como parte do medio ambiente, aínda que sexa agora cando se define esa relación como novo modelo de ética ecoloxista.
-
Lester R. Brown foi un dos primeiros en lle toma-lo pulso á Terra e comproba-lo seu estado crítico; que nos anos 70 comezou a traballare sobre o concepto da sustentabilidade pra ver de artellare recetas coas que defende-lo futuro do home nun planeta que está a morrere. Co refluxo ou devalo da nosa civilización, como el di, afirma que falta un claro compromiso dos estados, aínda tendo a esperanza de que as cidades han cambiar, nun horizonte que el sitúa nos 50 anos, a súa idea do desenvolvemento asentado no consumo infinito por outro máis responsable fundamentado nas enerxías alternativas. Pero non ve fácil un acordo global se a sociedade, o planeta todo, non cumpre certos principios básicos da ecoloxía. Se así non se fai, producirase aínda un maior retraso e o conseguinte gran colapso. E non queda término medio, porque unha economía ou é sustentable ou non-o é. Por eso hai que cambiare de conducta, pensar máis nunha economía basada nos principios da ecoloxía que nas fantasías derivadas da gobernación acaída como producto das forzas do mercado, das leis dos clústers. E así nos vai.
-
No discurso do home hai datos prá esperanza en relación coas novas fontes de enerxía e os xacimentos de emprego, de novas profesiós e traballos que el ve próximos. Pero hai que facer un esforzo real e case nengún país industrializado está disposto a se fixare unha meta cero en carbono pró 2020; só dous, un deles Costa Rica, seguramente máis comprometida na conservación do capital natural, clave prá salvación do planeta, O home fai diversas recomendaciós pra este mundo que xa viveu un “Pearl Harbour” climático, o furacán Katrina, o asolagamento en Bangladesh e Pakistán, e insiste na necesidade de estabiliza-la poboación, en limita-la deforestación na Amazonia ou en Indonesia, en acabar coa miseria, coa penuria dos sen traballo, un discurso difícil de interiorizar sobre todo nun país como o noso, con máis de 4500000 parados a causa do reventón da economía ladrillista e prós que parece non haber un claro futuro.
-
Da economía do despilfarro ha ser difícil ir cara as novas tecnoloxías, lastrado o esforzo polo discurso político, moitas veces simple marketing electoral alleo ó labor ecoloxista que polo ancho mundo centra o seu traballo na salvación, cando non sanación, do medio natural. Con esta idea empata o discurso do Santo Padre do pasado 14.11 sobre “a crisis como síntoma agudo que se ten sumado a outros máis graves e xa ben conocidos…, o escándalo da fame, a emerxencia ecolóxica e o problema da desocupación… Neste cadro é decisivo un relanzamento estratéxico da agricultura, …sector que ten perdido importancia con notables consecuencias tamén no plano cultural..…Paréceme o momento pra un chamamendo a revaloriza-la agricultura, non no sentido nostálxico, senón como recurso indispensable pró futuro….. É necesario, polo tanto, apostare por un novo equilibrio antre agricultura, industria e servicios…Que o aire, a auga e os outros recursos primarios sexan preservados como bens da Comunidade universal.”. Éste é, moi en extracto, o discurso do Papa.

A CUESTIÓN DO SAHARA OCCIDENTAL

E Rubalcaba fala de Marrocos, ¿pra ver de non facer nada en relación co pogrom practicado polos marroquís no Sahara Occidental?. (Chiste de Esteban en La Razón) I en La Razón tamén informa Caín nunha maxitral síntesis. Franco, no Val dos Caídos e no día do aniversario da súa morte, cando os do Foro da Des-Memoria queren dinamita-la Santa Cruz, Franco pergunta a un camisa azul polos sucesos do Sahara Occidental. Resposta lacónica que define a política inane de ZP, a que quer xustificare un certo contubernio con Mohamed VI. "Estanse evaluando, Excelencia". A política do sine diae.
-
Ponteveda, 20.11.2010
-
Entrada n. 1363 do blog
-
A CUESTIÓN DO SÁHARA OCCIDENTAL,
por Xesús López Fernández
-
O Polisario tiña revelado xa no pasado mes d´Outono que se estaba a preparare unha masacre, que xa está servida e con trinta mortos según as mesmas fontes. Os medios, a televisión sobre todo, informaron dentro do posible do arraso do campamento, da inspección casa por casa, da presunta existencia de fosas comúns.
-
Pero a política do Goberno español parece que é dunha total inhibición cando aínda ten responsabilidades en relación coa excolonia española; polo menos ten o deber moral de perguntare. E aínda qu´a posible solución pase pola internacionalización do conflicto, de que a ONU entre no tema, un pergúntase por qué o organismo internacional non enviou unha comisión pra investigare, como fixo con Bosnia ou o Líbano.
-
¿É que tan entregados están os EEUU de Barack Hussein Obama ó Marrocos de Mohamed VI?. Pola nosa banda e polo que di Trinidad Jiménez, ministra de Exteriores, as súas declaraciós carecen de sentido, como se só fose ministra en funciós, e ó país de Mohamed viaxou Moratinos. Ó mellor é que tampouco aceptan que teñamos o ministerio nas mans dunha muller. E que tampouco consinten qu´os saharauis, musulmáns, non queiran sere arabizados, que manteñan unha cultura distinta nas precarias condiciós de subsistencia que teñen que conlevar.
-
Siguen diversos enlaces:
-
-
Tercerainformación: Advirten qu´o ataque ó Sahara pode derivar nunha guerra.


viernes, 19 de noviembre de 2010

COLÓN RENACE EN PORTOSANTO

Casa-Museo de Colón, da que informa o Faro de Vigo que inclúe esta fotografía coa nova.
-
Pontevedra, 19.11.2010
-
Entrada n . 1362 do blog
-
COLÓN RENACE EN PORTOSANTO,
por Xesús López Fernández
-
As investigaciós de don Celso García de la Riega parecían deixar, máis ou menos claro, que Colón tiña nacido aquí, nesta ría. Houbo moito debate sobr´o tema e co devir dos anos outras persoas, investigadores, historiadores, foron afondando no tema. Que se teña querido, incluso, identificare a Colón con Pedro Madruga de Soutomaior é algo que nunca cheguei comprender.
-
Que Colón brindara os seus oficios, primeiro ós portugueses, despois ós Reis Católicos, á par que simulaba unha orixe distinta á súa verdadeira, tería que ver co feito de ser partidario da causa de Xohana, a filla de Enrique IV, motivo pra que os Reis Católicos non lle brindasen financiación, que había que conseguir.
-
Habería moito que falare do tema, pero o que aquí nos interesa é, simplemente a tradición e o feito de que Colón debería ter un conocemento pleno da ría de Ponteveda, dos seus accidentes, enseadas, cabos, puntas, e da división parroquial do noso entorno. ¿Cómo, senón, explica-lo feito de que fose bautizando os lugares que ía descobrindo con nomes como o do seu Portosanto presuntamente natal, o de San Salvador (de Poio), o de San Xohán (de Poio), o de santo Domingo (de Pontevedra), etc... ata o punto de que incluso levou pra alá o nome do río da Serpe, un regato que pasa por Combarro, punta Lanzada, e nengún nome italián. Curioso... Pero, en fin, aínda que levou tempo a recuperación da "súa" casa de Portosanto, á fin está. I esperemos que poida ser un centro de estudio e investigación das raigañas galegas de Colón.
-
Enlace:
-
-

¿ARTE OU ATAQUE?

Chapuzas en Galicia (foto de La Voz). A imaxe non ten que ver coa que sigue, nen coa noticia da agresión contra a estatua de Valle-Inclán, pero a idea ben a puido ter aproveitado o equipo de goberno á hora de limita-la velocidade dos vehículos na zona urbáa. Abondaría con que cambiasen o número 40 polo da súa limitación preferida de 30 que, xunto co número excesivo de lombos, representan de facto unha prohibición pra entrare na cidade. Mesmo os monumentos instalados nas propias rúas sirven non tanto pra rememorare a persoaxes da nosa historia como pra exerceren como simples bolardos. De seu, algún dos percances sofridos polo monumento que hoxe comentaremos foi por culpa do topetazo dunha furgoneta contra a estatua de Valle-Inclán.
A estatua de Valle-Inclán da vella praza das Galiñas, apareceu hai un par de días pintada de color fucsia, parece que incluso con coidado. (Foto do Faro de Vigo d´hoxe).
-
Pontevedra, 19.11.2010
-
Entrada n. 1361 do blog
-
¿ARTE OU ATAQUE?.
por Xesús López Fernández
-
O titular da noticia parece unha burla, pero así é como a dá o Faro de Vigo, noticia da que inserimos enlace. O de ataque habería que matizalo, porque nese mesmo espacio, no edificio Muruais que se aprecia como telón de fondo, produceuse hai tempo outro ataque ó pintalo, gratis total, tres millós de pesetas, da color que vai esmorecendo dend´o cambio de look que se lle ocurreu ó equipo gobernante na alborada peatonalizadora, no comezo da gran depresión da cidade. Ese edificio nunca estivera pintado, a fachada sempre locira de cemento dend´a súa construcción. Pero poden desta volta repintalo en fucsia, como fixeron con Valle-Inclán.
-
Mais se non é ataque, burla sí qu´o é dend´o momento da colocación da estatua, unha trampa pra cegos, como outros dos monumentos que van instalando estas xentes en diversos lugares: a estatua de Castelao, unha vez deconstruído o monumento [eran parte do mesmo un carballo e un penedo], que agora "loce" en solitario e ameazador pra quen baixe pola escadeira que alí colocaron, penza en demasía, fronte ó museo; o grupo do Fiel Contraste, tra-lo Consistorio; o loro de Ravachol, outro peligro pra cegos na cidade qu´eles din da "accesibilidade"; a propia "moza das galiñas", fronte á praza d´Abastos, peligro menor en comparanza coa fosa na que se mostran uns restos indignos da muralla, seguramente pensada a súa musealización pra desmotivare a posibles clientes do Mercado.
-
Enlace:
-

jueves, 18 de noviembre de 2010

QUEREN DINAMITA-LA CRUZ

Os herdeiros dos dinamitadores e queimadores de templos nos primeiros trinta e posteriores, conservan a memoria daquela dinamita, que de novo queren usare pr´abatire a cruz, símbolo de sacrificio e concordia, símbolo tamén da civilización europea. (Fotografía do ABC) La Razón tamén dá a noticia de qu´o Foro da (Des)Memoria está degoirado, debecido, agodiso contra a cruz do Val dos Caídos e piden a súa dinamitación, memoria fresca que deben ter de cando os seus ancestros dinamitaban a Cámara Santa da Catedral d´Oviedo, convertida a cidade d´aquela en cidade mártir. (Fotografía de La Razón)
-
Pontevedra, 18.11.2010
-
Entrada n. 1360 do blog
-
QUEREN DINAMITA-LA CRUZ,
por Xesús López Fernández
-
A Federación Estatal de Foros da "Des"-Memoria Histórica convoca unha concentración en Cuelgamuros que, en plan provocador, tenta celebra-lo 20-N pra clamare pola dinamitación da Santa Cruz, qu´os monxes benedictinos que atenden o culto sexan trasladados, ¿deportados?, o lugar desacralizado e os restos de Franco e José Antonio Primo de Rivera, asesinado polos "ancestros" dos da Des-Memoria Histórica/Histérica, entregados ás súas familias, un paso máis no retorno ó "guerracivilismo" iniciado polos ditos ancestros, seguramente coa idea de cambia-lo parte final da Guerra Civil por outro que comece así como: "Vencido e derrotado o exército fascista, España volve ser libre. Rematou a guerra."
-
Entendída-las obras do Val dos Caídos como gran esforzo de reencontro [a Cruz é o gran símbolo de reconciliación e civilización, á par que de sacrificio]. Sin ela, Europa sería inconcebible, pero vagariñamente no-la están a desfacere, a islamizaren si é posible, incluso coa colaboración de ZP e o seu equipo de luminarias.
-
Se por estes fose volverían os tempos de persecución i exterminio, de dinamitación, como xa apuntamos nunha entrada anterior da que inserimos enlace: A memoria da dinamita (clicade).
-
Pero hoxe informan os diversos medios da noticia apuntada. Incluímos enlaces:
-
-
-
-
-
REBELIÓN EN LA SOMBRA, 14.11.2010: Homenaje a los Cybervoluntarios del Partido: Socialismo o muerte. (en clave de humor histórico-negro. Contén un vídeo co himno da URRSS, pra posibles adaptaciós). Non esquezamos qu´a revolución d´Asturias, no 1934 foi consecuencia de golpe d´Estado intentado por Largo Caballero, que quixo sovietiza-lo país). Todo o que veu despois foi pola súa culpa, e as d´outras xentes do Partido Socialista e máis tarde da Fronte Popular.

VIVIR NO INFERNO

¿Quén quere vivir neste inferno..?. É a pergunta que fai Consuelo Veiga Blanco. (Foto do Faro de Vigo)
-
Pontevedra, 18.11.2010
-
Entrada n. 1359 do blog
-
VIVIR NO INFERNO,
por Xesús López Fernández
-
Consuelo Veiga Blanco sofre unha enfermedade pulmonar prá que parece non h ai outro remedio qu´o de poñer terra por medio, fuxir do pestazo de Celulosas ou da probable emisión de cloro. Como estos días foi noticia a excesiva concentración de mercurio nos terreos do entorno de Lourizán, cobran sentido de profecía as palabras do ministerio de la Vivienda, no ano 1973, cando aseguraba de que da presencia das fábricas de celulosa e cloro, só se poderían derivare problemas prá convivencia e saúde humáas.
-
O doutor Filgueira recomendoulle a Consuelo que se marchase de Lourizán, que venda a súa casa. ¿Pero quén lla vai mercar, quén está disposto a se instalare nese inferno pra nel vivir, ou morrer?
-

O ESTADO DE DEREITO FUNCIONA

Casa de María José Barreiro, na praia de Pragueira, Sanxenxo, antes de ser derrubada. (Foto de La Voz)
Nesta outra foto, do mesmo medio, aprécianse os restos dos cascallos. En evitación de gastos maiores, a interesada, coa axuda da súa familia, procedeu á eliminación da casa, ó tempo que denunciaba outras irregularidades da zona.
-
Pontevedra, 18.11.2010
-
Entrada n . 1358 do blog
-
O ESTADO DE DEREITO FUNCIONA,
por Xesús López Fernández
-
Mentres permanecen sen execución miles de sentencias en relación con irregularidades urbanísticas, tendo sido noticia últimamente a cuestión dos apartoteles de Samil, as Torres Ifer, as burradas que, por inducción presunta d´algún capo, fóronse acometendo n´Os Praceres [o ferrocarril, os recheos, a propia edar], tocoulle a vez á máis homilde das obras sentenciadas, unha casa a pé de praia n´A Pragueira, en Sanxenxo. Según a interesada, existen no lugar máis casas ilegales, pero o Estado de dereito fixouse só na súa. Á interesada espéralle agora o longo camiñar pola vía contenciosa.
-
Temos tocado esta noticia no blog, pero a nova d´hoxe é que o Estado de dereito [ou de desecho], no caso da propiedade de María José Barreiro, sí existe, como cando lle derrubaron a casa a un probe pensionista, en Combarro, que foron a por el e sacárono da casa en pixama, mentres pasado o tempo, ¡horror!, a xeografía de Combarro, o entorno da praia d´A Canteira e o litoral todo ata Sanxenxo, está totalmente infectado por presuntas ilegalidades, brutalmente cambiada a paisaxe da ribeira norte da ría de Pontevedra.
-
Pero en moitos destos casos o Estado de dereito fuxe. Porque os presuntos capos parecen ter máis forza. Contra deles non ousan facer nada os nosos gobernantes.
-
Enlaces:
-
-

miércoles, 17 de noviembre de 2010

SETE VECES MÁIS MERCURIO DO AUTORIZADO

Foto de Elnosa, a fábrica de cloro con tecnoloxía de mercurio, noticia destos días. (Faro de Vigo, 17.11.2010)
-
Pontevedra, 17.11.2010
-
Entrada n. 1357 do blog
-
SETE VECES MÁIS MERCURIO DO AUTORIZADO,
por Xesús López Fernández
-
Esta entrada ven ser un contínuum da anterior, da n. 1356 deste mesmo blog. A noticia apareceu onte nun buscador www.meneame.net e foi calificada como unha das máis visitadas. Daí que tomaramos interese por ela.
-
Hoxe é o Faro de Vigo o que volve sobre o asunto, daí que incluámo-los enlaces das súas noticias. Denuncíase que a Consellería de Medio Ambiente non faga un seguimento sobre o problema denunciado. Eu diría que tampouco o correspondente ministerio. O que queira entender que aquí existe algún tipo de contubernio político-celulósico-clórico, ó mellor acerta.
-
Pero hai unha cuestión na que o Faro non entra; é a de que Elnosa xa non ten concesión e polo tanto non hai que agardar a que acometan nengún tipo de adoución de novas tecnoloxías [o paso da de mercurio á tecnoloxía de membrana]. O que hai que facer, dito de forma simple, é clausura-lo complexo e acomete-la rexeneración das marismas de Lourizán, deslocalizare tamén a edar de trampa d´Os Praceres, ilegal, ou a formigoneira Holcim, que nunca tivo concesión nen licencia municipal. E o Concello sen actuar, claro indicio dun contubernio no que tería que entrare a Xusticia de oficio. Ou malo se a sociedade non consigue levare ante o Tribunal de La Haya o que podemos definir como unha especie de crime de lesa natureza continuado.
-
-
-

martes, 16 de noviembre de 2010

ALTO NIVEL DE MERCURIO EN PONTEVEDRA

Caín, en La Razón. Os haitiáns poden estaren xa en condiciós de lle pasare o testigo da súa existencia temporal a outro país. En Pontevedra e Marín pode pasar outro tanto, dilapidado o noso entorno, a nosa ría, e aburada a nosa existencia decote por unha camada de xentes doudas que entraron na política.
Complexo clorocelulósico na avenida de Marín, que debería tamén desaparecer, causa do alto nivel de mercurio no chan e na atmósfera pontevedresa.
-
Pontevedra, 16.11.2010
-
Entrada n. 1356 do blog
-
ALTO NIVEL DE MERCURIO EN PONTEVEDRA,
por Xesús López Fernández
-
Altos niveles de mercurio siguen producíndose no entorno de fábricas de cloro como as existentes en Lourizán, Pontevedra, i en Flix, Tarragona. Greenpeace apuntaba, xa no 2008, que o nivel de mercurio non tiña variado nos últimos dez anos. Pero agora hai novos datos:
-
O aire dos concellos de Pontevedra (en Lourizán) e de Flix (Tarragona) manteñen niveles "moi elevados" de mercurio no aire, que sobardan "con creces" o límite marcado pola Organización Mundial da Saúde (OMS) prá exposición crónica, según o informe "Inmisiós de mercurio na industria clorcáustica 2006-2010" presentado por Ecoloxistas en Acción, dentro da campaña internacional 'Mercurio Cero'. A noticia sigue:
-
O estudio ten realizado mediciós de mercurio ó longo do pasado verán perto das fábricas de cloro que siguen a usare mercurio, mediciós que foron comparadas coas feitas nos anos 2006 e 2007. Estas mostras foron analizadas polo laboratorio de Bioxeoquímica de metales pesados na Escola Universitaria Politécnica de Almadén (Ciudad Real), da Universidade de Castilla-La Mancha.
-
Asimesmo, ó longo dos traballos tense detectado a existencia de mercurio no chan das hortas, o que indica claramente qu´a industria do cloro emite "moito máis mercurio do que declara ofricialmente, poñendo en peligro a saúde dos veciños e a calidade do peixe que consumimos". A noticia non fala dos moluscos: ameixas, croques, navallas, vieiras e mexilóns, que obviamente deben estar máis preñados de mercurio qu´os peixes. Ecoloxistas afirma que a presencia de mercurio sigue aumentando no medio ambiente e tamén no corpo humán, pero que as autoridades non toman medidas.
-
En Pontevedra tomouse sempre de coña esta asignatura, mentres ó mellor se lles pasaba aviso ós franceses do extremo risco que entrañaba o consumo do mexilón da ría de Pontevedra e dos sectores de Meloxo e O Grove, na ría d´Arousa. Como tamén agora siguen coa coña da marea roxa cada vez que lles convén xustifica-la prohibición prá extracción do marisco, prohibición que ás veces levantan en vísperas de elecciós por temor ó efecto dun rebote social, que faga masa crítica na conciencia das xentes a información de que son os gobernantes os principales implicados na degradación do medio ambiente, vía contaminación urbáa, industrial, ou por instalaren depuradoras que malfuncionan en contra das prohibiciós establecidas na Lei de Costas.
-
Enlace:
-

lunes, 15 de noviembre de 2010

MISA NO VAL DOS CAÍDOS

De espectacular lección de catolicidade e civismo, según Luís Fernando Pérez Bustamente, podemos califica-la demostración de fe deste pasado domingo 14.11, coa asistencia á misa de campaña oficiada polos benedictinos do Val dos Caídos, na explanada porticada da basílica.Ante a actitude prohibicionista do Goberno de ZP, sendo o bloqueo ó que está sometido aquel espacio consagrado unha acción máis na escalada do laicismo agresivo polo que parecen marcha-los socialistas, como tamén o trato chulesco en relación coa visita pastoral do Papa Benedicto XVI durante a campaña electoral dos cataláns á que acodeu como bombeiro pra ver de salvare algo no que se venta como un vendaval pró próximo 28 deste mes de Santos, a reacción cristiáa apréciase nas fotografías inseridas neste post. Con mal tempo, a xente accedeu en cifras que, según os medios, van dos dous mil ós catro mil asistentes. Unha lección de fervor, sen emblemas políticos de nengún tipo. E non acodeu máis xente porque o acceso fíxose imposible.
-
Pontevedra, 15.11.2010
-
Entrada n. 1355 do blog
-
MISA NO VAL DOS CAÍDOS,
por Xesús López Fernández
-
Primeiro quixeron prohibi-lo culto na Basílica, pero non o turismo; despois, evidenciada que non se trataba dunha cuestión de seguridade, que estaba á vista o rabo do laicismo agresivo, prohibirían tamén o acceso ós turistas. Pero a prohibición, polo sectarismo demostrado tivo, en relación cos cristiáns, un efecto chamada i este pasado domingo foi rotunda a demostración de fe alí concentrada.
-
Algunhas das xentes sofriron rexistros, inspecciós, pra ver se nos coches levaban bandeiras e pretendían converti-lo acto de fé en manifestación política. E o citado Luis Fernando Pérez Bustamante, no seu blog Cor ad cor Loquitur, comenta que o acto convirteu este domingo en día histórico prá Igrexa española, e que xentes de toda España estaban presentes na misa a pesar de ser un día meteorolóxicamente malo.
-
Seguindo e participando da opinión deste blogueiro, os asistentes demostraron que en España aínda hai xente disposta a dar culto público a Deus, aínda tratándonos as autoridades como delincuentes. O de onte, por máis qu´o Goberno non-o queira entender non foi un acto de reivindicación do pasado réxime, senón simplemente unha Misa. As fillas e fillos de xentes do vello réxime [Fernández de la Vega, Fernández Bermejo, Conde-Pumpido, etc.] están hoxe na grea socialista. Coa súa estulticia acaban de converti-lo Val dos Caídos nun fito, nun emblema, nun símbolo da dignidade do catolicismo español.
-
¿Qué busca o Goberno, qué tenta facer, cansare ós frades, impedi-lo culto na Basílica, que se cansen e marchen? Confiemos en qu´a España católica aínda ha saber defende-los valores tradicionales e qu´os monxes benedictinos, no seu día evanxelizadores d´Europa, han seguir activos na reevanxelización do continente, d´España tamén; esa reevanxelización pola que clamou o Papa na súa recén visita. Se Zapatero quer seguir coas súas soflamas de corte anticatólico, despreciando as peticiós, os consellos do Santo Padre, éste aínda lle acaba de dar unha nova lección ó falare da crisis que sofre o mundo, de cómo hai que renova-la economía e apostar pola agricultura, lección simple e sabia, porque no respeto ó sector agropecuario a ás xentes comprometidas nese sector poden esta-las claves desa sustentabilidade da que fala moitas veces ZP cando realmente no país non se está a soster outra cousa que un nivel de corrupción que nos vai levare á quiebra.
-
Siguen diversos enlaces:
-
-
-
-
-