viernes, 29 de junio de 2012

O idioma freado, estragado

Icono reiterado neste blog, unha realización fractal dalgús temas galegos. O nome de Negra Sombra, a obra de Rosalía de Castro aparece no mesmo, sendo esta autora un referente esquecido, lección que moitos dos que agora andan a traballaren na desnaturalización do idioma galego deberían retomar. 

Pontevedra, 29.06.2012
Entrada n. 1537 do blog

O idioma freado, estragado,
por Xesús López Fernández

Na demencia normativizadora do idioma galego atá reconvertilo no hoxe chamado galegués, un trampitán bufo e de opereta, chegouse ónde non se debía ter chegado e a nosa fala esmorece día a día, sendo de cada volta máis difícil atopar xentes que falen un galego enxebre.

Os nacionalistas fracasados tentaron extraterritorializare ós homes e mulleres galegas cambiándolles de forma burda a fala, librando sobre dela, practicamente, o diccionario portugués. Decindo "xustiza, sentenza, presenza, grazas" e outras caralladas, os neofalantes de galegués acaban decindo "Galiza", como en Portugal, esquecendo que, aínda adoutando a ortografía do acordo-marco de Lisboa pró luso-galaico-brasileiro, etc., aínda así e pró caso de que queiran definire esa compota como idioma único, os brasileiros din sempre Galicia, e así tiven ocasión de llo lembrare a un reintegracionista convencido, que ignoraba tal cousa. .¿Cómo, non-o sabías? ¡Pois, hala, ide alá, ó Brasil e, poñede púlpitos polo país enteiro pra facere a vosa catequesis.

Neste blog existen máis de vinte entradas que falan do esmorecemento da nosa lingua, e outras moitas sobre a defensa radical do idioma e de ataque ó galegués dos comisarios. Pero hoxe quero tocar aquí algús dos aspectos que citaba Moralejo, que falaba do intento con táctica pouco prudente e con ritmo antinatural de achega-lo noso idioma ó portugués, no sentido de que éste podería perder pouco ou nada, mentres que o galego perdería boa parte das súas posibilidades que aínda tiña de acadar un nivel esperanzador de espallamento da súa producción literaria ou de inserilo na administración ou na liturxia. Tal como Moralejo pronosticaba o 20.VI-78, asumir formas portuguesas contra natura frearía o espallamento do idioma. E así foi e provocaron unha especie de desinstalación xeneralizada por parte de moitas das nosas xentes que tiñan o galego como lingua natural.

Moralejo avisaba de que en Lingüística, os cambios son cousa de xeneraciós, mesmo de séculos e de andármonos de vagar. E decía aínda máis, en relación con algús dos cambios propostos e asumidos por tantos berzas que din que luso e galego son unha mesma lingua, que hai unha morea de cousas na Fonoloxía e a Gramática prás que non cabe outra unificación que proscribi-los usos galegos e impor usos portugueses que están fóra da norma e do sistgema galegos. Así pasou que hoxe temos unha Educación, unha Administración e a propia Igrexa, esquizofrénicas, galeguesas.

O tema, naturalmente, non morre aquí, pero quérennos roubare a nosa psicoloxía, extraterritorializarnos por medio de novas remesas cada día, de verbas que nunca foron galegas, practicare connosco unha política de inmersión (traballo de enxeñería estalinista) que está acabando coa lingua. Éso é o que hai.

miércoles, 27 de junio de 2012

Novos vellos enterramentos

Santa María recupera o seu osario medieval, necrópolis xa descoberta no 2007. Coidemos que a cousa vai quedar así, nesa definición.

 Outras necrópolis foron localizadas na zona vella, sobre todo no entorno de San Bartolomeu o Vello, que xa eran sabidas de séculos atrás.
A decoración con cipresesten moito de ridícula, e non é difícil pensar, máis alá da doudice do arquitecto encargado da obra, que algún político pensou que tiña ante sí o filón dalgunha fosa franquista. Pero deso, nada Ainda  que mantiveron os cipreses por algún tempo.
Conseguiron, como xa teño comentado noutra ocasión, crea-lo efecto dunha especie de santa compaña, explicable nesta cidade derrotada polo abuso do granichán como novo e bastardo enlousado da zona vella.
Coido que prá necrópolis de Santa María, prá que hoxe están previstos diversos actos, como se fose unha especie de inauguración, non vai haber novos cipreses, desaparecidos xa do espacio urbán das fotos hoxe inseridas neste post.
Pontevedra, 27.06.2012
Entrada n. 1536

Novos vellos enterramentos,
por Xesús López Fernández

As obras de rehabilitación levadas a cabo no entorno de Santa María (a excepción do puro vandalismo da desfeita do Campiño) deixaron ó descoberto un antiguo cimiterio medieval, no que apareceron unhas vinte tumbas, algunhas delas colectivas, e medio centenar de esqueletes.

Créese que algús dos enterramentos son anteriores á propia basílica, razón pola que os arquólogos estiman que son vestixios do cimiterio dunha primitiva igrexa medieval.

A aqueles fregueses enterrados no cimiterio medieval váiselles rendir unha homenaxe: a colocación dunha lápida coa inscripción do seu rerlembro; os seus restos van ser depositados nun osario construído no lateral norte do templo. Vai ser mañán, xoves, ás oito do serán cando se celebre o acto, no que se prevé que o arqueólogo municipal, Xoán  Carlos Castro fale da importancia do achádego, ademáis  das intervenciós do alcalde -¿?--, do párroco de Santa María, e da presidenta da asociación de veciños, Pilar Señoráns. Moito discurso.Faime gracia que  na noticia se fale tamén da avenida de Santa María, destrozada e convertida en deserto de pedra, outro espacio desalmado como ben saber face-lo BNG.



,

lunes, 25 de junio de 2012

Barquiños de papel

 Os barcos de papel tamén navegan, normalmente en singladuras inútiles.
As reproducciós aquí brindadas non se corresponden coa noticia que vai de seguido, Son simplemente unha presentación prá imaxinación dos que reparedes neste post.

Pontevedra, 25.06.2012
Entrada n,. 1535 do blog

Barquiños de papel,
(dedicado ós amigos defensores da Praza dos Praceres) 
por Xesús López Fernández

O día da inauguración da innecesaria e oscena nova ponte d´As Correntes, en Pontevedra, houbo unha botadura especial: dous barquiños de papel con pasaxeiros, que non prosperaron nas súas singladuras, aínda que o intentaron varias veces. Finalmente, como "o Titanic tampouco chegou", e así rezaba unha pancarta de ánimo ós mariñeiros, todo quedou en celebración lúdica.

Pero, curiosamente, a noticia dada na edición de La Voz de Galicia non foi incluída na web, daí que non poida ofrece-la fotos orixinales. Pero de todo ésto pódese sacare unha lección, unha especie de práctica exorcizadora que aínda fan algunhas xentes no Pacífico e no Índico pra erradicare o mal. Nese rito poderían entraren as xentes d´Os Praceres: Facer unha botadura (pódese aproveitare unha vella embarcación) e no barquiño colocar bonecos e fotografías de xentes dos clústers ou da Política que foron nefastas pra esta ría. A embarcación iría á deriva, procurando orientala ó oceano. Habería tamén que deixarlles algo de mantenza e auga, aínda que fose das balsas de decantación da fábrica de pasta, pra ver se así os novos navegantes poden levare fóra das nosas vidas o pestazo que permanece nesta ría dend´o ano 1963.

As xentes d´Os Praceres poderían darlle un certo realce ó acto, convocare ós diversos medios pra que fosen testigos dun intento serio de desinfección do medio ambiente; tamén da política.      

domingo, 24 de junio de 2012

A nova ponte das Correntes

A mal chamada nova ponte d´As Correntes, un novo atentado ecoloxista á ría. Á inauguración déronlle color os afectados das preferentes, que sabotearon incluso o discurso de Feijóo. O medio ambiente non se salva con discursos como o do presidente, sen contido como o dos outros, os herdeiros de Stalin na gobernación local, que coesta obra impulsan unha maior degradación da xunqueira d´Alba.

Pontevedra, 24.06.2012
Entrada n. 1534
Artículo semanal

A nova ponte das Correntes,
por Xesús López Fernández

            Insisten en lle chamar así á nova ponte sobre o Lérez, cando as correntes que xustificaban o nome eran consecuencia do xogo intermareal, da entrada da auga na xunqueira d´Alba, ata a pleamar, especialmente cando no devalar se formaba unha espectacular fervenza contra as rochas do lugar. Pero no lugar xa non hai correntes como aquelas e o nome paréceme inxustificado. Outra cousa é entrar no debate de se esa ponte era necesaria; si está debidamente valorado o seu impacto ambiental. Tentar agora xustifica-la súa construcción en base á reconversión do tráfego da ponte da Barca en unidireccionalista carece de sentido, porque a Barca forma parte dunha arteria,  co Paseo de Colón, quizaves unha das últimas que lle dan carácter á  cidade ó ter sido liquidadas Michelena, Riestra, Benito Corbal, Arzobispo Malvar, Sagasta…. E a cidade nota esa involución.

            No acto inaugural, con música e presencia de damnificados polas contas preferentes, houbo discursos varios como o de Núñez Feijoo cando di que Pontevedra “segue” a crecer sen perder de vista as súas orixes, que estaban nunha ponte. De certo que sí. Nunha ponte deseñada polo emperador Adriano, o home que, según conta Marguerite Yourcenar, facía uns estudios de impacto ambiental exhaustivos: o ciclo das mareas, as posibles enchentas, etc., todo se estudiaba pra mante-lo valor da natureza, a riqueza da pesca, o marisqueo, é un supoñer. E sobre todo a navegavilidade. Así aconteceu ó longo de séculos porque as cousas estaban ben feitas. E aínda non sendo a ponte do Burgo actual a inicialmente construída por Adriano, o fluxo das mareas, a dinámica das augas, mantívose cun respeto real. O río era un ente vivo, orgullo dos pontevedreses como ben lembra Prudencio Landín Tobío en “De mi viejo carnet”, no capítulo titulado “Nuestro río Lérez”, cando fai referencia ó vello balneario de Monteporreiro, obra de Casimiro Gómez, ou ás xiras de políticos e intelectuales diversos (Echegaray, Canalejas, Unamuno), especialmente as dos anos 1888 e 1907, coa participación de numerosas embarcaciós, algo hoxe irrepetible, xa por falta de calado, xa pola construcción da ponte dos Tirantes, que en marea alta equinoccial atranca incluso o paso das piraugas.

            Xa ninguén pensa, polo que se ve, na recuperación dun río que está a recibire novas agresiós. Que se diga que a ponte nace coa intención de descarga-lo tráfego da ponte da Barca non deixa de ser unha simple frase; tamén puideron ter dito que foi deseñada como auténtica agresión contra a Xunqueira d´Alba. Quixera confundirme. A música inaugural terá chegado á paxarada que voa polo que queda da devandita xunqueira, cunha certa extrañeza. Non esquezamos que antes do home falare xa as aves e algús cetáceos facían música. E as xunqueiras foron sempre relicarios de vida, como entornos sagrados. Os homes tamén fomos invitados a vivir no planeta e a coidar del, pero finalmente comportámonos como auténticos vándalos. Asolamos e destroimos non poucos recursos e a diversas especies i estamos a convertir en vertedeiro de residuos tóxicos este entorno, esta ría. George Steiner afirma que os ecoloxistas chegaron moi tarde, como sen capacidade prá salvación.

           
O chiste de Caín, en La Razón, convén como definición ás actuaciós urbanísticas de Pontevedra, sobre todo no apartado das infraestructuras. Certamente, algús dos nosos políticos parecen conectados co prototipo do home Neanderthal.  

 No acto inaugural non houbo significación ecoloxista, habendo motivo pra protestare por máis dunha desfeita en marcha. Pero sí acodiron un centenar de afectados, ¿estafados?, polas preferentes, con asubios e consignas –“¡manos arriba, esto es un atraco!”--, sobidas de tono no momento da intervención de Núñez Feijóo. Ben fan os perxudicados en protestare. Pero coido que tamén era o momento de lle pedir máis forza á Xusticia, máis independencia, porque se non é así e como hai pouco comentaba o dimitido presidente do TS, se a Xusticia non é independente non existe o Estado de Dereito. E aquí hai moito que sanear e sentencias que executare. Seguramente que os ecoloxistas perderon unha boa ocasión de renova-las denuncias existentes, de lle pedir ós políticos un cambio de actitude.

sábado, 23 de junio de 2012

Novo disparate ambiental


A ponte vai producir un gran impacto ambiental, mái-los ecoloxistas activos non estiveron presentes no acto inaugural. Sí que vai representare un novo mazazo sobre o que vai quedando da Xunqueira d´Alba. Unha nova traición en definitiva.   

Os afectados polas preferentes de NovacaixagaliciaBanco interrumpiron o discurso de Núñez Feijóo. Os afectados teñen razón. Pero é pena que a que no ano 1973 parecía unha alborada ambientalista por parte do Goberno central, cando aconsellaban a non construcción da ponte da Puntada polo seu previsto brutal impacto, o Goberno local, presuntamente xa manexado polos clústers, non actuou na dirección correcta.

Pontevedra, 23.06.2012
Entrada n. 1533 do blog

Novo disparate ambiental,
por Xesús López Fernández


A construcción da nova ponte d´s Correntes, sobre o río Lérez, nun espacio onde xa non hai correntes porque o río todo foi desnaturalizado, privado de calado, e contaminado como consecuencia dos vertidos urbáns e, sobre todo, polo xogo que no espacio intermareal facían as augas pletóricas de dioxinas e mercurio procedentes do complexo clorocelulósico de Lourizán, como tamén da desaparecida fábrica de Tafisa, hoxe solar que coido vai engulir outra zona de xunqueiras duns once mil metros cuadrados. Nengún político, nadie antre os novos "bárbaros", fala do tema.  

Por si me decido a facere un  artículo pró luns sobre o tema da nova ponte, limito este post ós breves comentarios xa deixados a pe de fotos. Tamén, si acaso, digo que, presuntamente, ademáis de música de jazz terá habido discursos en galegués no acto inaugural, que os vellos galegos podemos definire como a língoa dos novos bárbaros, á usanza da definición que os vellos gregos facían das linguas que non entendían. E que o impacto sobre a xunqueira d´Alba vai ser previsiblemente brutal. Un cambio de chip acaba de activarse sobre un espacio que era parte da ría e que sería agredido, co tempo, coa traza da estrada de Domingo Fontán; que tentaron algús reconvertila en solar; que foi nalgún tempo vertedeiro d´escombros, despois sellado; que incluso tentaron construi-lo novo Pasarón, campo de fúbol, no espacio que aínda se salva a medias e por onde anda a paxarada, as aves herdeiras das que no seu día preludiarían coa súa música a presencia da voz humáa, traicionada co idioma dos novos bárbaros. Por certo, no seu discurso, Feijóo comentou que a Xunta está a invertire máis de cen millós en Pontevedra, en novas infraestructuras. (Algunha delas coido ha se-lo macro-nudo da punta de Mollavao, prá presunta consolidación da avenida de Marín e da configuración como solar das marismas de Lourizán, unha actuación puramente vandálica)

Estos comentarios non acaban aquí, naturalmente.

Enlaces:



viernes, 22 de junio de 2012

FESTA EN SORTU

Esteban ilustra en La Razón a exultación abertzale a consecuencia da sentencia do TC que preside Pascual Sala.

Pontevedra, 22.06.2012
Entrada n. 1532 do blog

FESTA EN SORTU,
por Xesús López Fernández

A sentencia do TC, un tribunal político cuios membros non son maxistrados, trouxo como consecuencia un "festival" das xentes de Sortu. De tódo-los xeitos son moitos os españoles que non entenden que o alto tribunal estea a funcionar a rebufo do TS, como pra tumbare as súas sentencias. Pero poucos políticos falan coa claridade de Esperanza Aguirre, que propón incluso a desaparición de TC, deixándoo en todo caso como unha Sala do TS, a Sala do Constitucional.

Siguen diversos enlaces:

jueves, 21 de junio de 2012

HAI UNTAMENTO, 2

O do unte dos concellos é algo moitas veces denunciado. Aproveito este dibuxo, que preludiaba xa o meu post anterior pra inseri-lo contido, a filosofía dun outro correo electrónico recibido, que fala da corrupción municipal nalgús casos posible, do vandalismo que se pode practicar dende distintos compartimentos da Administración.

Pontevedra, 21.06.2012
Entrada n. 1531

HAI UNTAMENTO, 2,
por Xesús López Fernández

Nun concello necesitado de certos traballos de mellora na súa casa consistorial, fundamentalmente pintura de fachadas e fiestras, convocan concurso, solicitan orzamentos ou presupostos, ó que concurren
 tres empresas de distintas nacionalidades:

Unha inglesa comprométese a face-los traballos por 3.000.000 de euros; outra alemáa faríaos por 6.000.000.... E unha española, que se compromete a facelo todo por 9.000.000 de euros.

Orzamentos discrepantes, o alcalde decide rondas de conversas cos representantes das diversas empresas, pra ver de comprende-lo porqué das diferencias, dos desvíos existentes.

O portavoz da empresa inglesa explica: un millón en pulidos, empastes i en pintura acrílica, en dúas capas; andamios, guindastres, cascos, outro millón. O millón restante correspondería ó pago do persoal, seguros, etc.

O presuposto dos alemáns desvíase básicamente polo tipo de pintura a usar, de máis calidade, en tres capas, dous millós de euros; outros dous polo andamio, guindastres, arneses, etc.. Os dous restantes en pagas ó persoal, seguros, etc.

O representante da empresa española, moi pragmático, aclara o desglose dos nove millós, en tres partidas:
1. Tres millós pró señor alcalde
2. Tres millós prá empresa que represento.
3. Os tres millós restantes pra lle pagar ós ingleses, ós que lle encomendariámo-la realización dos traballos todos.

Finalmente, ¿qué terá pasado? ¿Asumiría o alcalde a mordida proposta ou terá denunciado ó representante español por soborno en grado de tentativa?   


miércoles, 20 de junio de 2012

PRÓS XUBILADOS NON RESIDENTES

Hai untamento, ou soborno, como ilustra a viñeta.

Pontevedra, 20.06.2012
Entrada n. 1530


PRÓS XUBILADOS NON RESIDENTES,
Traducido dun correo electrónico recibido
(traducción de Xesús López Fernández)


Si é xubilado e o Goberno dille que non hai praza de residente pra vostede, ¿qué facer?

Co noso plan, todo cidadán de máis de 65 anos vai recibir unha pistola e catro balas, das que se recomenda faga un bo uso.

Váiselle permitir disparar a catro políticos, o que non implica que teña que matalos anque, xa postos, non hai que estraga-la munición.

Naturalmente, esta circunstancia levarao a prisión, onde vostede vai ter réxime de pensión completa: tres comidas ó día, teito, calefacción central, dereito de "vis a vis" unha vez á semáa e tódo-los coidados médicos que necesite:

¿Dentadura nova?, dito e feito; ¿gafas?, xenial; ¿Un cadril novo, xionllos, riles, corazón?...Todo coberto. E a súa familia vai poder visitalo decote, como fai agora. ¿E quén vai pagar todo ésto?: O mesmo Goberno que di non se lle pode ofrecer unha residencia. Por outra banda, agora vai ser vostede un preso, polo que non terá de pagar impostos.   

¿É ESTE PAÍS XENIAL OU NON? E ó mesmo tempo aforrarémo-la soldada de catro presuntos inútiles, dos que levan o país á bancarrota, como son a maioría dos políticos. Presuntamente, claro.





martes, 19 de junio de 2012

Ecoloxismo e corrupción

Hotel do Algarrobico, construído  nun espacio natural irrepetible, obra varias veces sentenciada.

Pontevedra, 19.06.2012
Entrada n. 1529 do blog

ECOLOXISMO E CORRUPCIÓN,
por Xesús López Fernández

O hotel Albarrobico, o da fotografía, pode ser derrubado si é que se cumpre a sentencia recentemente dictada e que o define como obra claramente ilegal. Xa de hai anos viña Greenpeace traballando pola recuperación do espacio. Pero as sentencias que se ían producindo parecían destinadas ó non comprimento, a caterva política póndose sempre de perfil mostrando, como sempre, o seu desinterese pola execución de sentencias en relación coa profanación ecolóxica que o país está a sofrir.

 En Pontevedra sabemos moito da presunta corrupción existente en asuntos como  o devandito, estando a nosa ría a sofrire novas agresiós, novas obras prá conversión en solar das marismas de Lourizán. Pero as sentencias non se executan, o Estado de Dereito está aquí quebrantado, se damos por boas as palabras de Carlos Dívar, o presidente do TS actualmente cuestionado.

O Tribunal Supremo dí que viola a Lei de Costas e que pode ser demolido.

Enlaces:
.

lunes, 18 de junio de 2012

Santa María de Eunate

 No Camiño de Santiago, no concello de Muruzábal, Navarra, existe unha ermida de pranta octogonal sobre a que permanece o misterio da súa construcción, da súa forma, sobre  a que se tecen unha serie de leendas.(Fotos tomadas o 17.5.2012)

 A pranta octogonal parece estar relacionada cun estilo propio da orde do Temple. Curiosamente, a casa do apóstolo Pedro, en Cafarnaúm, tamén era de pranta  octogonal. 
 Vista parcial da arcada exterior (máis de trinta arcos) que enmarcan o claustro.
 Outra perspectiva, na que se aprecia que a ermida está toda ela rodeada de campo, solitaria.
 Outra toma da mesma.
Foto un tanto caprichosa, pra realzare o detalle do claustro.
 
Outra perspectiva do detalle da construcción.
 Como ésta, todas elas, fotos do titular do blog. Non se ofrecen vistas do interior, porque o pequeno templo estaba cerrado ese día.

Pontevedra, 18.5.2012
Entrada n. 1528 do blog

SANTA MARIA D´EUNATE,
por Xesús López Fernández

 Hai varios posibles significados da palabra Eunate, euskera: un deles estaría referido ós numerosos arcos do claustro e significaría "cen portas";  Outra teoría fai referencia ó nome orixinal "Onate", a boa porta. Tamén, en latín, a palabra "eunato" significa "ben nado". A súa peculiar forma, no medio da nada e da súa soedade, confírenlle unha belleza difícilmente superable e nunha das igrexas máis fermosas de Navarra. Pero en tempos puido ter formado parte dun complexo maior, no que a igrexa sería o centro e as dependencias formarían parte dun priorato ou hospital ou, talvez, ambas cousas.  


Sen embargo, hoxe parece desbotada a orixe templaria da igrexa, que viría ser como un faro no  Camiño de Santiago, que incluso mantería unha linterna no seu tellado, acesa día e noite. Nalgunhas das tumbas alí existentes, téñense descoberto cunchas de vieira que relacionan o lugar, sen dúbida,co Camiño de Santiago, ó sere a cuncha da vieira un tradicional emblema peregrino.



domingo, 10 de junio de 2012

De rescates

A gran deboura existente en torno ó posible rescate financieiro, ás anunciadas líneas de creto prá recuperación dos bancos, non deixa de presentare evidentes claroscuros. Os discursos políticos teñen sempre  unha negra e longa sombra. A ver qué pasa. O vello chiste de Caín, en La Razón vale prá ocasión.  


Pontevedra, 11.06.2012Entrada n. 1527 do blogArtículo semanal.
De rescates,por Xesús López Fernández 

                      A situación de crisis que vivimos dende hai anos parece non ter fin. A sociedade, de cada volta máis apoucada, entende que non se quixo chegar a unha solución certa. ¿Cántos cidadáns non están a sofrire actualmente a situación derivada de se ver privados dos aforros de toda unha vida? Pero é que ademáis parece que a situación creada fose como un gran pozo sen fondo pró que non se telumbra unha solución real. Moitas xentes homildes foran chamadas polas entidades da súa confianza pra lles ofreceren uns depósitos máis activos que non a tradicional conta de aforros ou a prazo fixo da que sempre se fiaran. Temos aquí un producto, decíanlles, que lles pode dar un rendemento máis alto que non os xuros que reciben polos seus cartos. E as xentes fiabanse da historia que lles contaban, que dibuxaba un futuro edénico de altas plusvalías pró seu capital e non percibían a sombra negra do discurso da cobiza que xa estaba aí e pedía confianza pra mal invertir en esos diñeiros.

            A culpa, é fácil decilo, ven do tempo do ladrillo, no que se construía e construía, e os propios bancos pasaran a seren constructores; tamén as caixas, abandonada a súa función eminentemente social, foron deshonestamente concentradas, reconvertidas en bancos a consecuencia da presión política  e, claro, chegou o escándalo: as xentes atopabanse en situación extrema; e o retorno dos seus cartos, difícil, pero terá de producirse porque algunha sentencia xa está marcando o camiño da necesaria devolución; que mesmo a Fiscalía Anticorrupción está entrando no asunto e no propio Parlamento entenden que o diñeiro debe devolverse integramente por ter sido os aforros das xentes literalmente arrebatados. E mentres os directores de entidades presuntamente quebradas reciben xubilaciós ou indemnizaciós de estándalo, aínda non sabemos cómo vai repousa-la gran deboura existente nestos momentos a consecuencia de tanto disparate consentido.

            ¿Recuperación bancaria, intervención de España? O cáncer inducido polo ladrillismo e a pouca intelixencia dos políticos, que mesmo parecen collidos co paso cambiado na demencial realización de infraestructuras  ó presunto servicio  de máis ladrillismo, serviron á causa do crecente deterioro de España como estado de benestar. O escándalo bancario intentárono aplacar co cerre de oficinas e  a amortización de persoal, prexubilado. E aínda volven falare de novos cerres e prexubilaciós que non penso vaian facer máis doada a recuperación do sector.  Como sexa, a situación bancaria e o rescate de España son cartas dunha mesma baralla e a cobiza política pode definirse, talvez, como o primeiro motor da situación creada. ¿Máis amortización de oficinas e de persoal bancario? ¿E pra cándo a amortización de cargos políticos, o adelgazamento da Administración, o regreso á economía real, o relanzamento dos sectores primarios? Porque parece que neso non se quer pensare, que incluso sentou mal no propio PP o dito por Esperanza Aguirre, a súa oferta de mingoar nun 50 por cen o número de parlamentarios da Comunidade madrileña.

            O discurso de Aguirre formaría parte dun programa de salvación, que algús contestan no sentido de que non é posible a súa adoución “porque habería que modifica-la Constitución”.  Pois que se modifique, porque o país non aguanta tanto lastre. ¿É que non hai outras soluciós prá salvación que a de seguir engordando os recibos de prestaciós básicas: auga, luz, gas, vasuras, peaxe nas autopistas…? Ou de certos impostos: irpf, ibi, iva… ¿É que vai estar nesos incrementos a solución pra  España, que a mesma precisa dun novo enfraquecemento das economías máis sacrificadas? Ben está o saneamento bancario vía UE, que ó mellor non chegan os cen mil millós de euros que se barallan. Pero a reducción de parlamentarios é, seguro, urxentísima. E a dinamización da Xusticia, necesitada tamén de rescate, sería parte da solución, un auténtico balón de osíxeno a execución de sentencias “dormidas”.  

.

lunes, 4 de junio de 2012

Cousas da lingua

Pontevedra,4.06.2012
Entrada n. 1526  
Artículo semanal

Cousas da lingua,
por Xesús López Fernández

    Case tódo-los días fálase da lingua galega; posiblemente máis que falar galego. Manuel Rivas cuestionaba estos pasados días, en El País, “de quén é a lingua galega?”, en artículo así titulado en relación cunha frase estrela dos políticos que nos gobernan sobre que “o galego non é patrimonio de ninguén”. O autor fala incluso da posible privatización da lingua, dunha posible subasta da mesma en Christie´s. Os chinos pasarían a seren os novos propietarios. O autor recurre á doutrina de Murray Rothbard, que entende que todo pode ser privatizado. Pero coido  que, en relación coa nosa fala existe, de feito, máis dunha privatización, case sempre a rebufo do aconsellado polo padre Sarmiento: “facede o idioma a partir da fala”, da creación social do noso pobo, que dispón dunha riqueza impresionante de palabras. Non soubemos capitaliza-lo esforzo secular das nosas xentes pra mante-la lingua viva.   
  

    E caeuse na inclusión de diferencialismos tirados case sempre da seira portuguesa, unha especie de posta en escea dunha enxeñería social da deriva que veu librando ó noso idioma de moitos dos seus rexistros e, como diría Juan José Moralejo Álvarez que, inda non estando en contra dunha posible reunificación, decía que, feita a mesma con ritmo antinatural, o portugués sairía gañando pouco ou moito, méntre-lo galego sí perdería non poucas das súas posiblidades que aínda ten –tiña— de acadare un certo nivel esperanzador no que portén ó espallamento e ó creto da súa producción literaria, etc. O autor, que nos acaba de deixare –finou o 26.05— avisaba, en “A Lingua Galega e os seus Problemas”, do mal que á nosa lingua lle poden causar formas portuguesas incorporadas, non por portuguesas pero sí por alleas, e que en Lingüística, o ritmo é cousa de xeneraciós. O susodito libro, aínda estando escrito de xeito que frisa co humor, presentouse no seu día sereado por un prólogo de Jesús Alonso Montero que nos dí precisamente que a obra de Moralejo, escrita con pluma solta e rica, non está exenta de celme e sempre “cum grano salis”, algo demostrado cunha obra anterior: “Guía pra pilla-las troitas, miñas señoras”, con páxinas que son unha ledicia e unha delicia mesmo prós non troiteiros..  

San Millán de la Cogolla, convento de Yuso (abaixo). Non puidemos accedere ó de Suso (arriba)
Icono concebido prá denuncia do caos normativo do galego, a lingua que morre porque a matan, que nalgún tempo e como lingua romance conviveu co primeiro castelao.

 En San Millán de la Cogolla tamén están presentes as farolas fernandinas, modelo existente en toda a xeografía española, que nalgún tempo ennoblecían a praza da Ferrería pontevedresa, hoxe privada delas, como tamén o idioma foi privado de moitas palabras precisamente pola tribu que goberna en Pontevedra.  
 Yuso, ayuso, axuso, iuso tamén son palabras galegas, e significan debaixo, abaixo, embaixo; suso, como asuso, significa arriba, encima, acima, tamén palabras galegas.  
 
¿Por qué non pensar no bilingüismo harmónica de ámba-las linguas, se ó longo de séculos andiveron da man?

    Quede claro que Moralejo tamén definía a lingua como fronteira certa con Portugal, máis nidia na raia seca da provincia ourensáa que no tramo recorrido  polo Miño. De tódo-los xeitos, dend´os anos oitenta está en marcha unha clara política de inmersión nunha especie de neogalego, de cada volta máis lonxe da fala popular, como máis dun autor ten criticado: o denominado galegués, ou galizo. Novoneyra, como moitas veces temos comentado, relembrémolo, chamaballe a esa especie de trampitán que nos queren impoñer, a “lingua da non-patria”: Acusaba incluso de traición ós escritores que abandonan a lingua conservada e transmitida polas xentes das nosas aldeas. I, efectivamente, hoxe hai moita cousa extraña na nosa fala. Moitos botan man desas palabras e, por non estaren realmente instalados na nosa lingua, quedan mesmo incomunicados; o seu discurso non vale.

    Se unha lingua que goza de boa saúde, como a inglesa, carece de Academia, un pergúntase qué pinta a nosa RAG, entidade particular, pra privatiza-la creación de normas ou pra, simplemente, dar por boas as que lle remitan certos grupos de presión política. Neste sentido, estos días protestaba a Mesa pola Normalización Lingüística porque a acaban de deixare sen subvención, mentres sí son subvencionadas a Igrexa, as fundaciós Carlos Casares e Vicente Risco ou a fundación Camilo José Cela, que a Mesa define como escritor en castelán. Esquecen as colaboraciós en galego de don Camilo en La Voz de Galicia, baixo o título de “O can de Buriandán”. Este autor, como Novoneyra ou Fole, era partidario da defensa da lingua popular, de trata-lo idioma a partir da fala como propoñía o padre Sarmiento. Moralejo avisaba doutro peligro: de inserir na lingua demasiada broza diferencialista. E así nos vai.