domingo, 31 de octubre de 2010

SOCIEDADE E POLÍTICA

O chiste de Caín, en La Razón, convén ó momento actual, á convulsión que pode vivi-lo país a causa da situación de incerteza. Por eso, di o humorista, os políticos queren estira-lo presente.
-
Pontevedra, 1.11.2010
-
Entrada n. 1334 do blog (artículo semanal)
-
Sociedade e Política,
por Xesús López Fernández [1.11.2010]
-
As elecciós de Cataluña, o 28 de Novembro, poden ter consecuencias benfeitoras pra todo o país, porque a sociedade quer cambia-las cousas, xa non cree no Estado das autonomías. Os comicios anunciados poden marcare una alborada de rexeneración. Incluso Montilla, que tan mal traballou prá súa autonomía, di non ser nacionalista. Así, Carlos Herrera dedicoulle un artículo aceirado no ABC do 29.10.2010 titulado “Un necio en el Tripartito”, no que chega decir que agora virá pra el a visión retrospectiva, a presunción…de ter presidido un importante ensaio político sobre a necedade como goberno na compaña de tontos peligrosos; tanto que un deles, secretario de Inmigración da Generalitat, chegou afirmare que “antre Benedicto XVI e Abdelwahab Houzi ( o imán de Lérida) costaríame escollere xa que son dúas caras da mesma moeda”. E pergunta Herrera quen é quén, porque Joseph Ratzinger, ademáis de xefe espiritual da Igrexa Católica (a que en España dá de comer, a través Cárítas, a unhas oitocentas mil persoas) pode se-lo pensador e intelectual europeo de maior talla no momento actual.
-
Montilla redifínese como catalanista; pero os cataláns, sentinelas, pensan que o 28N poden ser decisivos C´s (Ciutadáns) e Iniciativa per Cataluña. Albert Rivera e Josep Anglada estánse movendo con coherencia, liderando ámbo-los dous partidos con programas de rexeneración. E así Joan López, ex diputado do PP en Cataluña, manifesta o seu apoio a C´s fronte a outras opciós: “a presencia de Ciutadáns no Parlament é o único freo ó nacionalismo e á separación antre Madrid e Barcelona, que é o que se dirime nestas elecciós”. “Cataluña non tería sentido sen España, nen viceversa”; cada vez son máis os catáláns que se rebelan “fronte ás imposiciós dos que tentan levantaren fronteiras dentro do país”. Son frases de Albert Rivera, como a de que queren “facilita-la chegada de empresas a Cataluña levantando tóda-las barreiras lingüísticas; aprobar una nova lei electoral en base a listas abertas,.. democratización a través da celebración de primarias.”…
-
Ha haber ocasión de tornar sobre o devandito, sobre a mensaxe rexeneracionista que parece conleva-lo discurso de Ciutadáns, que aquí aínda non vemos. I eu telumbro una campaña nesta nosa terra e prós comicios de Maio 2011 acre, chea de mentiras. Tamén de insultos, evidentes en moitos casos. I eso non se pode consentir, nen o discurso renuente sobre unha democracia ausente e una política falta de transparencia. Moito falarnos de Estado de dereito pero ¿ónde está? ¿Por qué os cidadáns teñen que acodir decote á Xusticia, que por outra banda non parece tal?. Por lenta e porque parece non actuar con independencia. I é a sociedade a que ten que denunciar casos relacionados sobre todo con cuestiós de Urbanismo e Medio Ambiente; casos nos que, fracasada a denuncia administrativa, non queda outra alternativa que a vía xudicial, algo que non debería producirse se os políticos compriran cos seus deberes, atentos ás leis e á súa aplicación; unha clase política que ten que estar ó servicio dos cidadáns, nunca ó de escuros intereses, algo moitas veces presumible.
-
Cando a cifra do paro non deixa de crecer e anda en torno ós cinco millós o das persoas que se quedaron sen traballo é porque as cousas se estiveron a facer mal, que son consecuencia dunha mala gobernación, falta de ideas pra amellora-la nosa economía, e de que fomos conformando un Estado insustentable, con autonomías e concellos que poden chegar á suspensión de pagos. Moitos discursos de fantasía, de hipnotización, de “brotes verdes”, ou de creeren que con retoca-lo Iva ou o IRPF se resolverían os problemas non deixan de sere una pura xangada. O que se incrementou foi a probeza. E, qué curioso, andan estos días os do tripartito catalán co discurso anticatólico, contra a visita papal, cando como xa quedou apuntado, no 2009 foron oitocentas mil persoas as que recibiron de Cáritas axudas de primeira atención. O que a sociedade quere é que se poñan en práctica políticas prá creación real de emprego; que o patrimonio dos políticos poida estar sempre baixo contral. Necesitamos políticos honestos e unha reacción social imparable pra que non cambien de idea.

viernes, 29 de octubre de 2010

A DESGRACIA FORESTAL EN GALICIA

Noticia de La Voz de Galicia d´hoxe: A despoboación rural de Galicia trouxo como consecuencia o crecemento da masa forestal.
-
Ponteveda, 29.10.2010
-
Entrada n . 1333 do blog
-
A DESGRACIA FORESTAL DE GALICIA,
por Xesús López Fernández
-
Coido qu´a noticia está mal dada e que o éxodo do rural galego estivo condicionado, en gran parte, pola repoboación forestal dos anos cincuenta, "manu militari", con presencia do exército nalgún caso. Os eucaliptus entraron nas eiras das casas aldeáas; os montes quedaron privados do uso tradicional: pasto prá avenza (ovellas, cabras) e o armentío (gando maior). E xa dende pouco despois sabíase que, co lume, crecía a zona destinada a eucaliptus: unha hectárea queimada podería mostrar, como hai constancia, 22000 renovos de cepa. Era unha das formas usadas pra expandire a plaga forestal.
-
Despois da catástrofe do 2006, equiparable á do 1989, cando tamén o PSOE formaba parte do goberno galego, moitos eucaliptales que non foron cortados, nen se intentou rexenera-lo monte, mostran o aspecto do que aparece na fotografía, con exemplares queimados que xa non se recuperaron, porque o chan está, nalgús casos, mineralizado, esgotado, como se pode estimare no entorno de Cuñas, en Pontecaldelas. E ó mellor aínda sigue a casta política a prima-lo absentismo do campo, a subvenciona-lo abandono das terras de labor pra unha maior prantación de eucaliptus, entregado o poder ás mafias.
-
A conseguinte reforestación coesa especie pirofítica non fixo máis que consolida-la derrota da nosa terra pra facilitare a presencia aquí de empresas de tipo colonialista e de vertedeiro, versus Ence de Pontevedra. ¿E non sería mellor pensare nas especies climax, devolverlle á terra as súas colores de cada estación? ¿Pero é qu´o monte non pode ter outro destino máis noble, tornar a sere asento e pasto da nosa gandería? Pero, non; parece que a gandería tamén está baixo seria ameaza en toda Galicia, onde nos asolaga o leite negro subvencionado, chegado d´Europa pra matare máis aldeas. Aínda máis.
-
Enlace:
-

ENCE: ARIA, DUETO, ¡TROLAS!

Outra vista aérea de Ence. Fotografía de La Voz de Galicia, 29.10.2010.
-
Pontevedra, 29.10.2010
-
Entrada n. 1332 do blog
-
ENCE: ARIA, DUETO, ¡TROLAS!,
por Xesús López Fernández
-
Ence volve ser noticia, noticia electoral porque estamos en campaña. Desta volta, según informa La Voz de Galicia, Martín e Lores están d´acordo en que Ence terá de se marchar de Lourizán irreversiblemente. Tamén o Faro de Vigo informa sobre o asunto: o cantautor Lores (o que non quere acabar con Holcim, que carece de concesión e licencia) volve coa súa ópera prima, "¡Ence sí, pero non aí!". Coa lectura das noticias das que se indican enlaces poderase tamén comprender que a corrupción ten diversas tramas neste asunto, e que Arregui, de Ence, diga que a Xunta, en relación coa pretensión da empresa de instalar unha nova pranta de biomasa, cando, presuntamente, ten xa funcionando dúas prantas de coxeneración; que Arregui diga qu´a Xunta carece de competencias paréceme unha completa burrada, porque Ence carece xa, presuntamente, de concesión, perdida co cambio dos diversos paquetes accionariales cando foi da súa privatización.
-
Mais donde está máis evidente a corrupción é na actuación de Fomento, agresora do dominio público marítimo terrestre na época de Aznar, en contra da opinión do seu ministerio de Medio Ambiente. Cristina Narbona, como xa temos dito neste blog, tamén deixou constancia da inviolabilidade do terreo demanial. Pero o ministerio MARM no que quedou asumido Medio Ambiente (eliminado), de Espinosa, non estivo polo labor. E veremos qué pasa agora, mentres José Blanco, de Fomento, sigue co seu ataque ó Estado de dereito, agravando máis, cos seus proiectos de infraestructura e ferroviarios, como si estivese ó servicio da mafia portuaria, a situación da ría. Cun horizonte claro: a súa morte.
-
Siguen enlaces:
-
La Voz de Galicia, 29.10.2010: O recurso de Ence en relación coa pranta de biomasa, crea unha asociación temporal antre Martín e Lores, que non chegan pular pola realidade do Estado de dereito.
-
Faro de Vigo, 29.10.2010: Lores pide á Xunta pasos firmes e "por escrito" en relación con Ence, que pra el non é nada máis qu´un discurso falaz.
-
Faro de Vigo, 28.10.2010: Fomento modifica a entrada Sur do Ave en Pontevedra pra incluir un novo acceso ferroviario ó Porto.
-

Faro de Vigo, 28.10.2010: Ence recurre contra a Xunta pola súa negativa á pranta de biomasa (outra vaca no millo) en Lourizán.

miércoles, 27 de octubre de 2010

HALLOWEEN

Este ven sendo un dos escenarios que se propoñen pra pasa-lo Halloween, festa con bruxas e noite de aquelarres. Por medio do enlace que se insire, do ABC, os interesados han poder leé-la información sobre dez escenarios que se propoñen prós que queiran vivi-lo terror, os medos do Halloween, festa que cada ano vai a máis. E non sei por qué, porque realmente o primeiro de Novembro viña ser, no mundo celta e antes da cristianización, como o primeiro día do ano, según aínda deben gardare memoria na Illa de Man, a que máis resistira a embestida saxona. Leéde o artículo do que se inclúe enlace, "O Samhain", que escribín o 6.11.2006. (A fotografía, do ABC, corresponde a un desfile de zombis en Nova York)

Pontevedra, 27.10.2010

Entrada n . 1331 do blog

HALLOWEEN,

por Xesús López Fernández

A festa ten a súa orixe no mundo celta: O Samhain ou Samaín, o día no que recollían o gando porque daba comezo a temporada fría, pra lles dar solta o primeiro de Maio, coa chegada do verán. En definitiva, as datas, o primeiro do mes de Santos e a noite de difuntos ou das almiñas, noite dos calacús, así como a festa do Maio, do primeiro de Maio, son un correlato có que se indica nas primeiras líneas. Nesta entrada está enlazado un traballo do 6.11.2006, xa inserido no blog no 2007, sobre o Samhain, documentado na obra de James Frazer, "A Ponla Dourada", con fotografías propias.

Enlace: Dez escenarios pró Halloween, no ABC, 27.10.2010. (Contén tres fotografías)

O SAMHAIN, por Xesús López Fernández, 6.11.2006

martes, 26 de octubre de 2010

DESCENDENCIA GALEGA ANTR´OS XÍBAROS

O home da esquerda, Alfonso Graña, é xíbaro, fillo dun galego do mesmo nome, que chegou ser rei daquela etnia. O da dereita, Antonio Abreu, investigador neste tema, logrou constatare que antr´algús xíbaros existe sangue galego. A proba do ADN está efectuada. (Fotografía de La Voz de Galicia)
-
Ponteveda, 26.10.2010
-
Entrada n. 1330 do blog
-
DESCENDENCIA GALEGA ANTR´OS XÍBAROS,
por Xesús López Fernández
-
La Voz de Galicia tense ocupado en diversas ocasiós deste tema. Buscando en Google aparecen diversos enlaces. Nun deles incluso se comenta qu´a TVE tiña o proiecto, a idea de facer un documental sobre esta historia: a dun home, Afonso Graña, nado na aldea de Amiudal, no concello ourensao de Avión, que chegou a ser rei dos xíbaros.
-
Aínda vive un fillo do emigrante "coroado" Afonso I da Amazonia, rei dos xíbaros, según historia nun libro Maximino Fernández Sendín (Fundación Comarcal A Paradanta); no que, nunha fotografía aparece o emigante cun fillo, que sería o persoaxe da esquerda da fotografía, actualmente de oitenta anos, que parece ten pensado vir a Santiago (de cuia existencia non tiña conocemento) o próximo ano.
-
A noticia d´hoxe de La Voz ilustra sobre todo dos traballos de Antonio Abreu que, pra lle dar un maior créto á historia, dispuxo o necesario prás probas de ADN que certifican que, nefecto, antr´os xíbaros hai descendentes de "Afonso I, rei dos xíbaros": Un neto, Kefrén Graña, é agora o líder das Comunidades Wampis do Río Santiago, que controla e vixía os recursos naturales da zona. (Sigue o enlace de La Voz)
-
La Voz de Galicia, 26.10.2010: "Probas de ADN certifican qu´o galego que foi rei dos xíbaros, deixou descendencia na Amazonia peruana".

BENEDICTO XVI VEN A SANTIAGO

Escudo de Benedicto XVI nos xardíns privados do Vaticano. Foto tirada polo titular do blog con ocasión da peregrinación dun colectivo da Pastoral e Saúde diocesáa, a Roma, no ano 2007, todo un privilexio ter accedido a aquel espacio. No escudo está, antr´outros elementos, a cuncha de vieira, presencia xustificada ante a lección de San Agostiño ó neno que quería libra-lo mare nas areas da praia; tamén relacionada coa simboloxía dos peregrinos. E con Santiago polo tanto.
-
Pontevedra, 26.10.2010
-
Entrada n. 1329 do blog
-
BENEDICTO XVI VEN A SANTIAGO,
por Xesús López Fernández
-
Digo Benedicto XVI porque entendo que é a forma culta de deci-lo nome do Papa no noso idioma. A popular sería Benito; pero a forma Bieito, da que se deriva o apelido Viéitez ou Viéites, é un medievalismo caído da nosa fala, un de tantos vocablos que, por máis que se encirren algús "creadores", corresponde a unha psicoloxía do idioma distinta, a outro tempo, e xa é tarde pra ser retomado. Sí pode servire pra converti-la nosa lingua nunha fala de opereta. Perdón, pero así o vexo, entendendo que Benedicto mantivo o seu uso vivo porque a Igrexa, que ata hai pouco falaba latín, usou permanentemente "benedictus, benedictum" e xa, no momento no que estamos, a palabra que convén usar é Benedicto, vivo gracias á liturxia en latín. Algo parecido ó que ten pasado con outras palabras, como estricto, que ven de estrictum, vivo no latín eclesial, e que ten un significado distinto de estreito, da mesma orixe, pero evolucionada noutro momento. E hoxe, ambas palabras, estricto, estreito, teñen distinta significación. ¿Non vos lembrades de cándo os lusistas querían facer prevalecere a forma Bento no canto de Benito, que é a palabra forxada na evolución da nosa lingua?
-
En fin, coido xustificada a miña preferencia si escollo, en relación co Papa que nos vai visitar, o nome de Benedicto. Pero o interese desta entrada está, fundamentalmente, na presentación dun enlace de rtve.es, televisiónalacarta, con información sobre a visita do Santo Padre e do simbolismo do Camiño, camiño ecuménico no que se atopan e conviven persoas católicas e protestantes, ademáis d´algún que outro agnóstico. Como remate da gran camiñata, o padre Paco Castro propón a pousada dos peregrinos, pra solaz dos que chegaron á meta e como punto de reflexión, de interiorización do que o Camiño representou prós que alí queiran meditare a súa experiencia e proseguir o seu camiño de esperanza cara á eternidade.
-
-

lunes, 25 de octubre de 2010

A EDAR D´OS PRACERES, CAUSA DE MULTA Ó CONCELLO

É unha vergonza. Daquela apareceran restos de endrín, pesticida canceríxeno de contacto, ou paralizante, nunha zona que foi banco marisqueiro, agora zona C. É a consecuencia de non querer comprire coa Lei de Costas, ou de qu´o Fiscal non entre de oficio nestos asuntos cando xa, dende o comezo das obras, se sabe da súa ilegalidade.
-
Pontevedra, 25.10.2010
-
Entrada n. 1328 do blog
-

A EDAR D´OS PRACERES, CAUSA DE MULTA Ó CONCELLO,
por Xesús López Fernández
-
O Concello de Pontevedra acaba de ser multado por diversos vertidos contaminantes da edar d´Os Praceres.


A existencia desta edar é presuntamente ilegal e hai tempo que foi denunciada por Salvemos Pontevedra; denunciados Concello, Xunta i Estado ante o TSXG por deixadeza de funciós.


Porque esa depuradora, a tenor o disposto na Lei de Costas, no artículo 44.6 como neste blog se ten dito en non poucas ocasiós, é ilegal. Está prohibida polo dito artículo como tamén os colectores en paralelo á ribeira que non estean separados polos vinte metros da servidume de protección, e a ribeira se corresponde coa parte baixa da vella carretera. É decir: eses colectores, que van por espacio demanial, como a depuradora, terían que estaren asentados por riba da vella estrada.


Vergonzosamente, os partidos non entran no feito da ilegalidade da construcción e da súa mentira ante Europa, da que conseguiron fondos de cohesión que, en boa lei, deberán ser devoltos. Pero todos amagan porque estamos en tempo electoral nos que a sociedade civil ten que se mostrar disconforme e acadar que xa non vaian os trileros á Política.


É curioso que o PP local, partido que controla a Xunta, se opón ó pago da multa.


Siguen enlaces:






sábado, 23 de octubre de 2010

DON GAIFEROS DE MORMALTÁN

Camiño de Santiago polas estrelas, creación informática do titular do blog Xesús López. Seguindo este camiño, o Camiño, puido ter chegado a Santiago, á Catedral, don Gaiferos de Mormaltán.
-
Pontevedra, 24.10.2010
-
Entrada n . 1327 do blog
-
Este artículo que sigue, adicado a Don Gaiferos de Mormaltán X Duque de Aquitania, é o primeiro que escribo dend´o mes de Maio. Aparecerá en diversos medios, pero non é máis que un simple boceto, recesión relacionada coa obra que se comenta, de Isidoro Millán González-Pardo. O libro, dunha gran erudición, está editado baixo o coidado de Luís e Iris Cochón, cunha sobria e sabia introducción, coas palabras xustas á par de diversas notas. Xusgade o meu traballo cunha certa benevolencia, xa qu´o tema requeriría máis espacio, e xa non sería un artículo; sería un estudio ou un ensaio, si se quer, pró que non me sinto con forzas.
-
DON GAIFEROS DE MORMALTÁN,
por Xesús López Fernández
-
Retorno ás miñas colaboraciós despois, digamos, dun certo descanso sabático, confiemos que pra comparecer semanalmente. E vouno facer, hoxe, cun corto comentario sobre o persoaxe do título, tendo en conta que estamos en ano Xacobeo, e que don Gaiferos, dende a divulgación do seu romance por Manuel Murguía e Faustino Santalices, fíxose pra moitos de nós un home querido. A min non me sorprendería, de verdade, atoparme coel en calquera das visitas que fago a Santiago, sobre todo tendo en conta que o Camiño, que tanto contribueu á construcción de Europa, á relación dos seus pobos, diríase que está a retoma-lo poder de atracción que tivo en gran parte da Edade Media. ¿Leenda ou historia? Pois ambas cousas, dende a converxencia ou identificación de don Gaiferos con Guillermo X de Aquitania, peregrino ilustre e penitencial a Santiago de Compostela, posiblemente o home dos “ollos gazos, leonados, verdes com´auga do mar”, que di o romance.
-
Se nos tempos da Reconquista o Camiño foi a entrada de Europa, a forma de permeabilizare e uni-los distintos reinos hispanos contra o nemigo común, desta volta pode que a marea de peregrinos que trae o Camiño, represente un reactivo nestas horas baixas da nosa historia contra un nemigo semellante, tapado polo chamado multiculturalismo que hai pouco denunciaba Frau Angela Merkel, un aviso pra todo o continente; ou deixémo-la nova vía láctea en camiño de esperanza, de nova evanxelización na que parece hora crepuscular da nosa civilización, na que hai novas matanzas de inocentes e na que sorprende ver que Compostela foi todo o ano porto de arribada de xentes de distintos países e linguas, pero cunha mesma fe, prás que Compostela pode te-lo valor dun novo Pentecostés. Poden moitos chegaren á Catedral “cos pes cheos de sangue” como don Gaiferos chegou. Sobre el volvemos.
-
Coido non é casual a publicación este ano dun libro (obra inacabada) de Isidoro Millán González-Pardo, titulado Don Gaiferos de Mormaltán X Duque de Aquitania. A edición de Follas Novas ó coidado de Luís e Iris Cochón forma parte dunha colección que intenta achegar ó lector textos fidedignos de autores clásicos referentes ó Camiño de Santiago ou á aspectos con el relacionados, nos que a Cidade, o propio Camiño, a Catedral, a picaresca, son temas a estudiar. E sendo Galicia probe en romances, según o propio Murguía afirmaba, un feito afortunado permiteulle recolle-lo fragmento do de Don Gaiferos, sen que haxa constancia doutra versión oral. Luís e Iris Cochón fálannos do rigor dos traballos de Isidoro Millán, culminados nesta obra que mesmo podemos considerar como unha novela histórica do XIX.
-
Sí existía a tradición da morte na Catedral de Guillermo de Aquitania. Moi breve, diremos que nunha das fontes históricas, Chronicon Sigeberti, composto por Roberto de Thorighy, abade de Mont Saint-Michel, en Normandía, faise constar que no 1137, Guillermo, conde de Poitou parte cara Santiago, en Galicia, pra orar, e morre na Catedral un 9 de Abril, Venres Santo. Isidoro Millán parteu da base de que podería existir, á par do romance, algún relato en prosa, coetán. A revelación do romeiro: “Eu chámome Don Gaiferos pode correspondere a unha deformación, normal na elaboración dos romances; e que un escriba culto debería ter tratado como Guillelmo(s); que Mormaltán sería, talvez, contaxio doutros romances, de Montalván, citada en romances carolinxios, ou de Mont-de Marsán, no departamento das Landas, que dependía de Aquitania: Montd´Marsán, Mormaltán, tomado de oídas. Posible.

jueves, 21 de octubre de 2010

OS PROBES SON OS QUE PERDEN

Torres Ifer, hai tempo sentenciadas polo Supremo a ser derribadas, prás que o Concello de Vigo abre a vía da posible legalización. (Foto do Faro de Vigo)
Casa en Palas de Rei, no momento de ser derrubada. (Foto do Faro de Vigo)
-
Pontevedra, 21.10.2010
-
Entrada n. 1326 do blog
-
OS PROBES SON OS QUE PERDEN,
por Xesús López Fernández
-
As fotos corresponden a dúas noticias do Faro de Vigo d´hoxe. As torres Ifer hai tempo que estaban sentenciadas a seren derribadas polo TS do Estado. Pero o Concello da Xerencia d´Urbanismo do Concello de Vigo dou conta hoxe da concesión á promotora Ifer pra incoa-lo camiño da legalización das torres de GArcía Barbón i evitar así a demolición do inmoble que alberga 170 vivendas, a sede do Círculo de Empresarios de Galicia (Club Financieiro) e outros locales. Anos de burla cerran agora o ciclo cunha nova burla dos burladores (vala a redundancia) do Estado de dereito. Con tal de non pagar... E son miles os inmobles en Vigo con sentencia de ilegales. A explicación do alcalde de Vigo, de auténtica coña.
-
A fotografía segunda corresponde a unha casa de Palas de Rei, construída sen licencia. Neste caso abondou unha denuncia da Policía autonómica pra que as autoridades actuaran. Ós propietarios déronlle un marxe de dúas horas pra libraren as pertenencias que puideron sacar da casa, o máis elemental. O propietario tivo que ser atendido polos servicios do 061. Situación difícil pra el, que tivo que ser acollido na casa dos sogros.
-
As pás ensañanse cos probes, como aquí aconteceu hai anos cunha casa de Combarro, ou en Portecelo cunha vivenda unifamiliar. Pero parece que non lle acontece nada ós ricos por ilegales que señan as súas casas, en certos casos, nen a empresas igualmente emprazadas.
Enlaces:
-
-
-
-

A CASA DA EX-XEFA PROVINCIAL DE COSTAS


A casa da ex-xefa provincial de Costas do Estado, sita en Areas. A propietaria, Cristina Paz-Curbera, di que a construcción cumpre coa normativa legal. Fotografía de La Voz de Galicia d´hoxe.
-
Pontevedra, 21.10.2010
-
Entrada n. 1325 do blog
-
A CASA DA EX-XEFA PROVINCIAL DE COSTAS,
por Xesús López Fernández
-
Salvemos Pontevedra entende que a legalidade da dita casa deberá ser dirimida polos xusgados. O xusgado do Contencioso-Administrativo de Pontevedra acaba de lle dar apertura ó trámite requerido pola agrupación ecoloxista independente citada.
--
Talvez podería se-lo momento de lle perguntare a dona Cristina, en tempos responsable do deslinde litoral, de cándo arranca a lexitimación da construcción de VillaPsoe, cando existe sentencia de derribo dun grupo de casas situadas tra-la línea do horrendo "edificio socialista", que afea máis que nada aquel espacio da Illa d´Arousa.
-
Nota.- Este post pode verse complementado con outros enlaces.--

Enlace:
-

SUPRESIÓN DO PASO A NIVEL N´OS PRACERES

Vergonza. Fotografía de La Voz de Galicia, coa súa noticia desta mesma data, da que inserimos enlace.
-
Pontevedra, 21.10.2010
-
Entrada 1324 do blog
-
SUPRESIÓN DO PASO A NIVEL N´OS PRACERES,
por Xesús López Fernández
-
Como xa comentaban as xentes d´Os Praceres hai poucos días, o levantamento das vías debería ser inmediato, por existir sentencia firma ó respecto. Este tren foi construído pra servire a un Porto, en gran parte ilegal, tamén por sentencias firmes. Pero andan cedellando co asunto: que si soterramente ou enlevamento do tren, que se soterramento e guetificación da propia praza. Sigue a noticia de La Voz de Galicia.
-
-

DEMOLICIÓN DOS RECHEOS PORTUARIOS

Porto de Marín, en parte ilegal por sentencia do TS. Os recheos ilegales deberán ser retirados.
-
Pontevedra, 21.10.2010
-
Entrada n. 1323 do blog
-
DEMOLICIÓN DOS RECHEOS PORTUARIOS,
por Xesús López Fernández
-
Decir que a retirada dos recheos é irrealizable non deixa de sere unha nova boutade dunha Xunta, ésta ou a anterior, tanto ten, ó servicio dunha política industrial absurda que tenta acabar, precisamente, co Porto de Marín. As frases do conselleiro de Medio Ambiente sobre o particular, no sentido de que quer o mellor dos futuros pró porto de Marín é só éso, unha frase, porque o futuro estaría en mante-lo porto como pesqueiro, mentres os capos estáno a convertir en terminal de contenedores nos que coido foi máis dunha vez noticia o feito de que neles chega cocaína ou o que lles metan. Todo pasa por seguire a política dictada polos presuntos capos. E a Xunta non pode mante-la política da irracionalidade de se carga-la ría, necesaria pra lle dare vida ó vello porto pesqueiro de Marín, como pra outros portos da ría, algús seriamente ameazados, como o de Sanxenxo. Todo por toma-lo "medio ambiente" como asignatura menor.
-
Retira-los recheos é fácil. Abonda coa utilización da maquinaria necesaria. Poderíanse restaurar montes que están a desaparecere ou desaparecidos xa con total impudicia. O cinturón de formigón do recinto ilegal pódese simplemente dinamitar. Material interte, non causaría maiores problemas no fondo do mar de Marín. E de dinamita saben na Autoridade Portuaria.
-
Pero o TSXG, noticia bonita, demanda a execución da sentencia á consellería de Medio Ambiente, por se-la Xunta de Galicia a Administración demandada. Inclúese enlace do Diario de Pontevedra, que dá a nova.
-
-
Diario de Pontevedra, 21.10.2010: O TSXG ordea a execución da sentencia do TS, que dispón a retirada dos recheos do Porto de Marín.

RÍO XALLAS

O río Xallas é o único río europeo que desemboca en fervenza, en cachoeira. Foto de noticia de La Voz de GAlicia, 21.10.2010
-
Pontevedra, 21.10.2010
-
Entrada n. 1322 do blog
-
RÍO XALLAS,
por Xesús López Fernández
-
O río Xallas, como se dí ó pe da foto, é o único europeo que desemboca precipitándose no mar en fervenza espectacular, en Ézaro. Pero hai anos que esa parte final foi eliminada por medio dun encoro de Ferroatlántica, que se podería ter cuestionado hai xa tempo. ¿Cómo se consinteu esa obra, deixare a un río sen vida, ou devolverlla de cando en vez como se fose un espectáculo organizado pola citada empresa?
-
AEMS-Ríos con vida, acaba de interpoñer unha denuncia ante a Fiscalía Ambiental de Galicia pola desecación do río, en contra da normativa en vigor no momento da concesión. Na súa denuncia, AEMS-Ríos con vida, evidencia qu´o Xallas está sobreexplotado i en situación agónica. Sigue o enlace da noticia:
-
-

martes, 19 de octubre de 2010

O VIRUS DA INVOLUCIÓN ECOLÓXICA

O terreo demanial de Lourizán ocupado por empresas molestas, nocivas, insalubres e peligrosas, e por algunha outra que nunca tivo concesión nen licencia, como vimos avisando dende este blog.
-
Pontevedra, 19.10.2010
-
Entrada n . 1321
-
O VIRUS DA INVOLUCIÓN ECOLÓXICA,
por Xesús López Fernández
-
Hernández, o conselleiro de Medio Ambiente, patina ó non querer recalificar como verde o terreo do asentamento Ence. E non hai rifirrafe antre Concello e Xunta. Todo é unha simulación porque neles aniña unha conciencia prefranquista que a sociedade debería denunciar clamorosamente. E direi por qué xa que, en definitiva é algo dito non poucas veces neste blog, que os curiosos poden consultar, así como a web de ibereica2000.org (Pontevedra muere) e o blog de Salvemos Pontevedra "meinteresalavida".
-
Cando o ministerio de la Vivienda botou por terra o PXOM pontevedrés do 1970, en boletíns do ano 1971 e 1973 se a memoria non me falla afirmabase que ese terreo non podería ser nunca industrial; en todo caso sería urbán de baixa densidade de poboación. Anos despois, debidamente deslindado o terreo demanial con Isabel Tocino como ministra de Medio Ambiente, sería definido o espacio como dominio público marítimo terrestre, algo reafirmado por cristina Narbona, lembrando así a súa inalterabilidade ante as forzas do mal.I éso é o que hai e o que ten que primar sobre a pretendida califiación como industrial do terreo que queren facere Xunta e Concello.
-
Ai!, no franquismo, deciase que da presencia de Ence i Elnosa en Lourizán soamente se derivarían problemas prá saúde e convivencia humáas, como así foi e sigue a ser. Pero hai cousas que non deberían ter cambiado, porque a nosa casta política non está madura pr´asumire competencias de tipo urbanístico: nen concellos nen a Xunta. E así nos vai: PP, PSOE e BNG, apostando pola involución. E o recibo do IBI de cada volta máis desestabilizador.
-

El País.com, 19.10.2010: Hernández frena la recalificación del suelo de Ence como zona verde.

MÁIS RECHEOS ILEGALES NO PORTO

Porto de Marín, incluída a zona presuntamente ilegal. O alcalde aconsella ás empresas que recurran o pago do IBI ó concello de Pontevedra. (Foto do Diario de Pontevedra)
Fotografía que ilustra a noticia de La Voz, da que inserimos enlace, en relación co contencioso que parece abrirse antr´os concellos de Marín e Pontevedra, en relación co pago do IBI, do que se ven beneficiando Pontevedra.
Aínda qu´a foto é xa vella, sirva tamén pra ilustrare esta entrada en relación co drama dos novos e ilegales recheos que siguen e que, novamente, denuncia a Plataforma Veciñal da Praza d´Os Praceres. Os políticos pasan, ou tragan; os cidadáns golsan, trousan, vomitan ante a prevalencia dos políticos corruptos que se amparan ó abeiro do Relativismo moral, instrumento de Satán..
-
Pontevedra, 19.10.2010
-
Entrada n. 1320 do blog
-
MAÍS RECHEOS ILEGALES NO PORTO,
por Xesús López Fernández
-
Os partidos siguen sen se ocupare da execución das sentencias do TS, en relación cos recheos portuarios, co ferrocarril, con moitas das actuaciós promovidas por algún presunto capo, interposta a Autoridade Portuaria como presunto mascarón de proa de todo canto de irracional se leva feito.
-
A sentencia do TS declarando ilegal o Plan Portuario vale tamén prá forza-lo levantamento da vía do ferrocarril, facilitada pola presunta corrupción dos tres partidos presentes nos concellos de Marín e Pontevedra.
-
Mai-los partidos non se moven na línea da necesaria rexeneración, antes ben miran pra outra parte e son novamente, ¡cómo non!, os veciños os que denuncian as novas actuaciós. Pero sobre todo esto vai a noticia da que indicamos enlace.
-
Parece que o único que lles preocupa ós concellos citados é a cobranza do IBI que o Catastro outorga a Pontevedra, inda no caso de industrias asentadas nos recheos ilegales e que deben ser removidas a outros lugares ou polígonos, pois nalgún caso nen tan siquer teñen relación co mar. Según Marín, e línea establecida polo Catastro carece de valor pró Instituto Xeográfico Nacional. Vede o enlace de La Voz de Galicia, que tamén incluímos.
-
-
-

TRAICIÓS OU ESPECULACIÓS CO PXOM DE PONTEVEDRA

Fotografía de Xoan Carlos Gil, La Voz de Galicia, na que aparece Mosquera, examinando a cartografía local con vistas á redacción do PXOM.
-
Pontevedra, 19.10.2010
-
Entrada n . 1319 do blog
-
TRAICIÓS OU ESPECULACIÓS CO PXOM DE PONTEVEDRA,
por Xesús López Fernández
-
A noticia de La Voz, da que incluímos enlace, ten diversas lecturas, antre outras a de qu´o propio Mosquera tiña xa dito que habería que calificar como industrial o chan das marismas de Lourizán, como propón a Xunta.
-
Esquecen todos a preceptiva Axenda21Local, que debería ter sido redactada i explicada porta a porta, a tódo-los veciños; pero non, a traición, o deterioro da ría e do litoral todo debe prevalecer. O poder dos presuntos capos marca as pautas, os tempos, e fai qu´os políticos esquezan os seus deberes. I esta sociedade non reacciona.
-

lunes, 18 de octubre de 2010

O movemento perpetuo da APDR

Antón Masa, presidente da APDR. Fotografía de La Voz de Galicia que ilustra a noticia on-line da que se insire enlace. Outravolta coa matraca o brazo verde do Bloque, como lle chama Pedro García.
-
Pontevedra, 18.10.2010
-
Entrada n. 1318 do blog
-
O MOVEMENTO PERPETUO DA APDR,
por Xesús López Fernández
-
Poderiámoslle poñer á noticia música de fondo, certa parte do bolero de Ravel. A nova aria de Antón Masa comeza, como tantas veces por "Esiximos"... ¿Pero quén coño pode esixir? O que ten a potestade de obrigare ó comprimento da lei, das normas, o que non é o caso que nos ocupa. Porque a nova prédica ante a Xunta, o seu brado pra que deixen sen efecto o decreto Fraga de supramunicipalidade có que todos se amparan en relación con Ence e a calificación das marismas de Lourizán como chan industrial, é algo que vale pra nos lembrare que esa cancelación do tal decreto tamén a puido ter efectuado o Bipartito que tentou levare Ence (o Bloque no Bipartito) a Barro-Meis. Non sei o que d´aquela dixo a APDR. Coido que nada.
-
O decreto en cuestión foi unha mamarrachada do señor Fraga que tentou favorecere así o proiecto industrial do seu amigo Méndez (presuntamente en agradecemento da doación de monte Gaiás, viveiro de fortunas ó parecer). Pero Georgia Pacific carecería de chan e tentaban facilitarlle a construcción da súa fábrica, Tisú de Lourizán, sobre terreo concesional de Ence non segregado.
-
Abreviemos. A APDR pactou co señor fiscal Gago Sevilla, a descafeinización da sentencia, Ence culpable, sen ter convocado unha asamblea prá información de cómo se afogaban as espereanzas da asociación. E desa negociación nadie sabía nada, excepto o avogado García Legísima (qué casualidade, agora na candidatura do BNG), Antón Masa e, supostamente, Mosquera e Lores, do que o colectivo ven funcionando como brazo verde ó tempo que se inhibe en temas como o do scalextric en Mollavao, a tres niveles, ou na cuestión das actuaciós do BNG sobre a autovía a Marín, pra fabricaren novos e idílicos solpores. ¡Qué sopor, diría eu!. ¿Pero é que teñen permiso de Costas? Coido que, rotundamente, n on.
-
En definitiva, que non se preocuparon, como Salvemos Pontevedra, da redifinición do espacio como dominio público marítimo terrestre, que é o que realmente salva o espacio a pouco que haxa vontade política, no canto de miraren pra outra parte, talvez porque fan falta cartos prá campaña que xa comezou.
-
¿Por qué a APDR non alegou contra o tanque das tormentas que Mosquera quer construire en Mollavao, por qué non reclaman a reconfiguración, a rexeneración do litoral na antigua concesión de Malvar, xa sentenciada o 14.09.2010 por denuncia incoada por Salvemos Pontevedra? ¿Por qué a APDR non denuncia a existencia da edar d´Os Praceres, ilegal, i "esixe", como lles gosta decire, a devolución dos fondos de cohesión á Unión Europea? ¿Por qué non se posicionaron en relación coa ponte d´As Correntes?
-
¿Por qué non se achegan a Lores a lle turrar das orellas en relación con Holcim, da que o alcalde sabe que carece de concesión e de licencia municipal?. ¿Ou por qué non defenderon o dominio público marítimo terrestre cando Ence pretendeu a súa innecesariedade?
-
En fin, cabe introducir máis acusaciós, que deixamos pra outro momento.
-

O FRACASO DA SOCIEDADE MULTICULTURAL

Angela Merkel acaba de denunciar públicamente que o intento de creare, en Alemania, unha sociedad multicultural, pódese definir como auténtico fracaso. Gran impacto do seu discurso.
-
Pontevedra, 18.10.2010
-
Entrada n. 1317 do blog
-
O FRACASO DA SOCIEDADE MULTICULTURAL,
por Xesús López Fernández
-
O discurso de Merkel é unha definición clara. En Alemania viven actualmente uns catro millós de musulmáns que, d´acordo co su credo e costumes, non se van integrare nunca na sociedade alemáa, que ten un fundamento cristián. É máis, mentres en España está a medra-la influencia musulmáa, que en Cataluña constitúe un auténtico problema, como no caso de Lérida, os cristiáns difícilmente poden malvivir nos países islamistas, nos que están a consumaren un certo xenocidio: queima de igrexas e asesinato de cregos en Afganistán, Turquia, en Irak ou no Exipto, onde están a ver de elimina-los vestixios do cristianismo primitivo, como no caso do país dos dous grandes ríos, Irak. O discurso de Sarrazin, o seu aviso, era claro. O home tivo que dimitir, mais o seu libro foi ben acollido pola sociedade alemáa, que comeza a ver, claramente, qu´o nemigo está na casa.
-
O aviso de Merkel debe servir de alerta pra todo o continente; non pra ZP, que está o papón polo que el chama converxencia de civilizaciós, na que evidentemente debemos considerar como incluídos (¡Ai, ZP, ZP!) os matrimonios antre maricós ou a promoción de abortos nas nenas ás que o seu discurso cultural privou antes da inocencia.
-
Tamén é certo qu´o discurso de Merkel ven a coincidir co de Enrique de Diego e o das "Plataformas de las Clases Medias", dous anos avisándonos da invasión musulmáa; ou o que sustenta Josep Anglada en Cataluña, onde o seu partido PxC, Iniciativa per Cataluña, está a crecer contra a oposición dos partidos involucionistas. Algo pode pasar nas próximas elecciós de Cataluña. Confiemos en que a partir dese momento comece unha real rexeneración no país.
-
Siguen diversos enlaces de noticias, nas que está o verdadeiro interese deste post:
-
-
-
-

domingo, 17 de octubre de 2010

GRUPOS DE DESENVOLVEMENTO RURAL

Os grupos de desenvolvemento rural poden contribuiren a fixar poboación, a salva-lo país, porque no traballo das terras estivo, de sempre, o desenvolvemento sostible que agora quer inventar Zapatero. Foto de La Voz de Galicia.
-
Pontevedra, 17.10.2010
-
Entrada n . 1316 do blog
-
GRUPOS DE DESENVOLVEMENTO RURAL,
por Xesús López Fernández
-
O Worldwatch Institute, no estudio correspondente a este ano, recolle en máis dun traballo, a necesidade de recupera-lo capital natural. I esta iniciativa de creación de grupos de desenvolvemento rural contribuiría a un maior grado de conservación no ámbito aldeán. Os campesiños deben abonarse a estas iniciativas porque, tal como vai o mundo, a salvación non está nas cidades á par que se abandona o campo ou convirten ó país en soporte de pirofíticas, en soporte incendiario, digo.
-
Bonita a noticia que dá La Voz de Galicia, da que inclúo enlace neste post, sobre os proiectos existentes pró Umia-Ulla e Terra de Montes.
-

A MATRACA ENCE

As marismas de Lourizán, deshonestamente ocupadas polo complexo industrial Ence-Elnosa-Holcim, presuntamente sen concesión nengunha das actividades. Holcim nunca tivo concesión nen licencia municipal, como se contaba hai pouco aínda neste blog. (Fotografía de La Voz de Galicia).
-
Pontevedra, 17.10.2010
-
Entrada n . 1315 do blog
-
A MATRACA ENCE,
por Xesús López Fernández
-
Volve Telmo Martín co seu discurso de que a Ence pouco lle queda aí e de que se están a celebraren conversas. Hai un fallo no seu discurso: que Ence, presuntamente, xa non ten concesión. É mentira polo tanto que a mesma vaia caducare no 2018. Telmo débeo saber, pero conta, nos seus discursos, o que lle deixan contare e non pode face-las promesas de rexeneracionismo que facía na súa campaña das últimas municipales. O TSXG demora máis da conta a súa toma de posición e sentencia neste asunto, sobre o que existe unha denuncia xudicial. Son xa máis de cinco anos sen se definir.
-
Con Holcim, lembremos, nunca houbo concesión nen licencia municipal, e Lores, o "ecoloxista", tamén mira pra outro lado.
-
Enlace:
-

sábado, 16 de octubre de 2010

A PROFANACIÓN DO CAUREL

Caurel dos tesos cumes. Aquí síntese ben o pouco que é un home, decía Uxío Novoneyra. A súa obra constitúe case o corpus dunha gran misa sobre a bisbarra. Un regalo tamén o tesouro de palabras, o glosario que acompaña á súa obra. Como el decía, xa é tempo de bullós, e a un gran magosto invitan, pra estos días, os membros da Asociación SOS COUREL, que loita por salvare aquel espacio, ós que se queiran sumare á súa causa. Mais, ¿qué han poder facer contra os lobos xagreiros, que xa baixaron das virtas do xestedo?
Impresionante fotografía panorámica de Lemavo. Ó fondo, a aldea de Folgoso; á dereita, a macrocanteira da Campa que vai devorando a paisaxe da bisbarra: nacentes de regatos, biodiversidade. Curiosamente, a Xunta aínda xustificaba no ano 2008, a explotación da canteira. E a morte do Caurel, naturalmente. Outra imaxe da derrota desa terra, do drama continuo, decote máis privada de vida.
-

Pontevedra, 17.10.2010
-
Entrada n . 1314 do blog
-
A PROFANACIÓN DO CAUREL,
por Xesús López Fernández
-
SOS COUREL (ou Caurel) ven denunciando na rede, dende hai tempo, o latrocinio, o desgarro que, vía canteiras ou da sementeira de piróticas están a profanaren. Por falta de imaxinación que non quede e SOS COUREL está a difundire por medio da rede a súa mensaxe, o seu SOS, qu´este blog acolle con toda lealtade.
-
Suspenderon os políticos que autorizaron o que eran canteiras ilegales, e suspenden os que, desta volta, non poñen fin a tanto desgarro, ó asesinato da extraordinaria biodiversidade daquela terra. Curiosamente, Pachi Vázquez culpa agora á Xunta o señor Núñez Feijóo, pero esquece o seu grado de culpa, de cómo no 2008 xustificaba, nada menos, a explotación da macrocanteira da Campa.
-
Parece qu´a denuncia de SOS COUREL ante a UE está prosperando e que científicos de toda España apoian as súas acusaciós, como tamén fai o profesor da Universidade composteláa, Javier Guitián, de Biología, e Director da Estación Científica do Courel, que dí que hai unha deixadeza total da Xunta, que ademáis afirma que nunca a explotación das canteiras que esta´n a acabare coaquel santuario pode compensa-la perda que se está producindo, mesmo o desarraigo das xentes.
-
Siguen diversos enlaces, algún deles pra difundire. Espalládeos a poder ser:
-
-
El Correo Gallego, 16.10.2010: Científicos de toda España en apoio do Caurel.
-
Fírgoa. Con Pachi Vázquez como protagonista, a Xunta xustifica as canteiras do Courel denunciadas por Bruselas. Ano 2008.
-
Denuncia de SOS COUREL ante a UE. Bitácora do Courel.
-
Varios en Bitácora do Courel. A Unión Europea financia a desfeita do Courel.
-
La Voz de Galicia. A Unión Europea vai investigare a desfeita xeneralizada do Courel.