Nova vista de Delfos.
E outra vista máis.
Micenas, no Peloponeso, a porta dos leóns.
Outra vista de Micenas.
O vello Corinto, que conoceu a presencia de San Paulo.
Micenas, entrada á tumba do rei Agamenón. (Foto de Eugenio López Álvarez)
Cúpula do seu mausoleo.(Foto de Eugenio López Álvarez)
As anteriores son fotos introductorias a algús dos xacementos arqueolóxicos gregos. O Recaudador Nacional ó que se refire Márkaris en "Liquidación Final" está especializado en matare a defraudadores do fisco. Usa cicuta como veneno. Os cadavres son depositados en xacementos arqueolóxicos. A última das fotos conecta con parte da tesis que desenvolve na novela que cerra a triloxía dedicada á crisis polo celebrado autor: Grecia i España quedan fóra do euro no 2014, algo que o propietario da tenda fotografiada ventaba en setembro do 2012, apantallado por unha cortina de billetes, seguro de que o retorno ó dracma era unha necesidade e de que a entrada no euro fora realmente unha gran trampa pra nos meter nunha especie de gran guerra financieira Norte-Sur de Europa. O resultado xa está á vista: os chamados PIGS, os países do Sur están practicamente quebrados, porque Irlanda, que tamén está no club, parece que se salva.
Pontevedra, 30.12.2013
Entrada n. 1727 do blog
Artículo semanal publicado no Diario de Pontevedra
A crisis que non cesa,
por Xesús
LópezFernández
No libro “A espada de Damocles”, de Petros Márkaris, que
contén unha serie de artículos orixinalmente publicados en alemán, o autor
achégase, con diversos enfoques, ó estudio da crisis europea. O libro trae un
prólogo prá edición española no que xa se fai un adianto sobre a temática
tratada en medios como “die Zeit” e “Süddeutsche Zeitung”. A edición cérrase
cunha conversa co autor na que o home ofrece mesmo algunhas das claves da súa
persoalidade xa que, instalado en tres linguas: turco, alemán e grego,
decidiriase polo exclusivo uso desta última na súa producción literaria, a raiz
dunha longa estancia en Viena, onde cursou estudios de Economía. Como tamén
supoñemos aquí, o autor mantén que a crisis grega ten principalmente un
carácter político e denuncia que si Grecia é hoxe un país quebrado que nestos
momentos está ó borde do abismo, a causa son os erros e fracasos dos dirixentes
políticos. Un aparato estatal corrupto, que se revela incapaz de poñer en práctica
reformas e leis críticas. O home ten tamén producción de novelas policiacas.
E nese sentido concreta cómo un día “aparecéronselle” tres persoaxes en busca de
autor, unha familia de tres membros: o comisario Kostas Jaritos, a súa dona Adrianí
e mai-la filla do matrimonio, Katerina. Especialmente tres destas novelas
policiacas preséntannos a Jaritos como unha especie de notario da crisis. Son
“Coa auga polo pescozo”, “Liquidación final” e “Pan, Educación e Libertade”, as
tres novelas exemplares, con retratos moi vivos do deterioro socioeconómico do
país e as situaciós de pobreza radical, que se antes eran evidentes antr´os
negros sen teito, agora afectan ós propios gregos pobres que, ó amparo da
soedade das primeiras horas da alborada, procuran nos contenedores algo que
lles poida valer. É o que ven despois da perda do traballo, dos recortes das
pensiós; algús gregos xa non poden paga-las medicinas e recurren a dispensarios
de Médicos sen Fronteiras…. En definitiva, a fin do soño europeo. Ah, un
detalle de Jaritos: A causa da voda da
filla merca un Seat Ibiza. (España é un dos PIGS,con Portugal, Italia, Irlanda
e Grecia).
En “Liquidación final” Márkaris constrúe unha novela
trepidante na que un asesino en serie, o Liquidador Nacional, valéndose da cicuta
como veneno, comeza a matare a unha
serie de defraudadores do Fisco. Envíalles un aviso previo, vía internet, e
dálles un prazo de cinco días: se non ingresan a débeda “procederase á
liquidación final”. Outros optan por ingresare: 7.800.000 euros en dez días.
Novo aviso do Recaudador por internet coa relación dos nomes e ingresos en cada
caso producidos. Clamor cidadán que, nalgunha das manifestaciós de indignados,
demanda pra RECA (así chamado por eles o Recaudador Nacional) o cargo de
ministro da Facenda. Éste recibe un
escrito de RECA pedíndolle o pago da correspondente comisión: 780000, o dez por
cen do recaudado, ó que acceden as autoridades. Pero a entrega dos cartos nunha
bulsa leva trampa, un dispositivo electrónico pró seguidamento e localización de RECA, que se percata e abandona a entrega,
pasando a pedir máis, o dobre, e que llo sitúen nun apartado de correos das
Illas Caimán. Etc., etc.
Con “Pan, educación e libertade”, que acaba de
aparecer, conclúe a triloxía da crisis, pero como esto parece non ter fin,
prantéxase incluso a posibilidade de converti-la serie en tetraloxía. Ou de
encetar unha segunda serie. Agora, co último título, Márkaris, casi
apocalíptico e máis pesimista que nunca condúcenos a unha tenebrosa
Europa-ficción do ano 2014, no que Grecia i España son os primeiros países do
Sur en se declarar quebrados e abandonan o euro, regresando ó dracma e á peseta
respectivamente. No ano 2012 tiven ocasión de ventar algo desa protesta tensa.
Un comerciante español no entorno da praza do Metro de Atenas mantiña a modo de
pantalla un tendal feito con billetes correspondentes ós países europeos de
antes da UE. Como xa acontecía nas novelas anteriores, Márkaris sigue dibuxando
unha Atenas en contínua convulsión. Pero, en fin, a crisis non cesa, centrado o
seu núcleo, talvez, na presunta existencia de tramas e do acobillo de enormes
fortunas en paraísos fiscales.