viernes, 3 de octubre de 2008

DÚAS NOTICIAS DO ABC

Sarah Palin pasa o exame e deixa o debate aberto pra McCAIN

Pontevedra, 3.10.2008

Entrada n. 613 do blog.

DÚAS NOVAS DO ABC,
por Xesús López Fernández

Incluímos dúas novas do ABC, desta data. A primeira vai en relación coa campaña electoral dos EEUU. Analiza do debate que nesta alborada celebraron Biden e Sarah Palin, á que algús medios apresentaban como previamente derrotada. Parece que non foi así e que a muller, intelixente ademáis de fermosa, pasou o exame. [Clicade en ambas noticias]


Outra das noticias que dá o citado xornal refírese ó feito de que, coa permisividade que en materia inmigratoria ven brindando o señor Zapatero, o seu Goberno, os rumáns que en principio escolleran Italia como destino, están derivando a España. Parece que tamén as putas. En Italia nótano.

jueves, 2 de octubre de 2008

¿CONVERXENCIA DE CIVILIZACIÓS?

Zapatero e o presidente ruso, Dimitri Medvedev, encontráronse onte en San Petersburgo. Parece que Zapatero sigue coa súa cruzada anti-McCAIN e manifesta temer que, se gaña este home, a guerra fría poida volver. Moscú, sen embargo, non ve ameaza algunha. [La Razón, portada do 2.10.2008]
  
Pontevedra, 2.10.2008

Entrada n. 612 do blog

¿CONVERXENCIA DE CIVILIZACIÓS?,
por Xesús López Fernández 

Inclúo dúas noticias. A primeira de La Razón corresponde á  da portada coa que se inicia esta entrada. Dá unha certa sensación, un certo pánico, ver cómo o noso presidente parece non ter outra arela, nestos intres, que a de arroupar a Obama, como se tivese con el o deber moral de actuar como carrileiro. ¿Por qué? Sigue a noticia de La Razón: 


A seguinte noticia, de Minuto Digital, do 8.09.2008, incide na cuestión de que Obama poida ser un criptomusulmán,  porque nun discurso de campaña chegou afirmar: "A miña fe musulmáa"... Certo que rectificou, pero non se pode ir coa lección tan pouco sabida. O suconscente de Obama traicionouno e, quén sabe, ó mellor levan razón os que no seu día mostraron as súas fotografías de adolescente musulmán, en Kenya e Indonesia. ¿Van se-los americáns tan imbéciles i esquece-lo atentado do 11S, o das Torres Xemelas?Alguén está levando mal a campaña de McCAIN, porque aí poderían ter un filón el e Sarah Palin. 

A simpatía de Zapatero cara Obama non sei se terá algo que ver coas facilidades que o noso Goberno está a dar tamén ós musulmáns que aquí se van asentando, ou á Converxencia de Civilizaciós que tamén predica o presidente, que nada ten que ver co laicismo positivo de Sarkozy. (Sen máis comentarios). 


MILLÓS DE ESPAÑOLES PROTESTAN

Zapatero quere nun ano outra lei do aborto, outra licencia pra matar e asesinar inocentes. [Imaxe, unha portada de La Razón]
-
Pontevedra, 2.10.2008

Entrada n. 611 do blog

MILLÓS DE ESPAÑOLES PROTESTAN
(perdido o enlace de LaRazón)
por Xesús López Fernández
-
O propio título contiña un enlace de La Razón de onte: a noticia en relación coa visita que o pai de Mari Luz Cortés, a nena asesinada, fixo ó señor Zapatero.
-
A noticia contén tamén un video cunhas declaraciós sensatas de Juan José Cortés, que aclara que a súa masiva recollida de asinaturas, 2360000, representan realmente unha protesta social que clama "por unha xusticia xusta", á que nos sumamos tódo-los cidadáns, descontentos dun ou doutro xeito de cómo van as cousas.
-
Coido que somos moitos os que nos solidarizamos coa campaña levada a cabo, que pedimos á Xusticia unha maior seriedade e independencia total do Executivo. Se queremos que o país quede limpo de tantísima vasura [asesinos, prevaricadores apoltronados en cargos públicos, delincuentes comúns e ambientalistas, narcotraficantes, pedófilos, neoestalinistas con pel de demócratas, etc], a Xusticia ten que funcionar.