viernes, 3 de octubre de 2008

PLAN DE SALVACIÓN DO PSOE

Plan de salvación do PSOE, según Salas, en El Correo Gallego do 3.10.2008  

Pontevedra, 3.10.2008

Entrada n. 616 do blog

PLAN DE SALVACIÓN DO PSOE,
por Xesús López Fernández 

A crisis vaise xeneralizando máis e máis. A miseria alaga xa moitos fogares e guetos urbáns. Cada día son máis os que buscan a solución dos seus problemas na mendicidade ou no roubo.

 E se houbera unha organización social certa, o fortín no que os políticos blindan os seus ingresos estaría xa cercado polos novos irmandiños. Dalgunha forma apréstanse os políticos a se salvar a si mesmos. I eso descríbeo moi ben Salas, humorista en El Correo. A súa viñeta d´hoxe foi moi visitada e comentada. 

CUESTIONADO O PLAN ACUÍCOLA

O Plan acuícola cuestionado ata con algún sinal de prohibición. Foto de El Correo Gallego.
-
Pontevedra, 3.10.2008
-
Entrada n. 615 do blog
-
CUESTIONADO O PLAN ACUÍCOLA,
por Xesús López Fernández
-
Cando o asunto está visto pra sentencia, a Xunta decide suspende-lo vello plan pra poñeren en marcho un novo, que ven ser un calco do de López Veiga.
-
-Sen embargo, dende Política Territorial cuestiónase agora a incidencia social do Plan de Acuicultura, cuia filosofía parece se-la de "¿Pra qué querémo-lo mar?. Acabemos con el e coas vilas mariñeiras e fagamos grandes granxas de rodaballos, polbos, etc." En fin, o home, perdido o norte, non sabe cómo recompoñe-la paisaxe, reconstruí-las unidades de poboación que, de certo que sí, eran antes máis felices do que agora co novo urbanismo. ¡E non se falaba de calidade de vida!
-
O que queira dispoñer dunha información cabal en relación co disparatado plan pódeo facer por medio do blog de Salvemos Pontevedra, cuio enlace está relacionado, antre outros, á dereita deste espacio.

-
Unha vez que teñades aberto o enlace de El Correo, fixádevos que existe, á dereita da páxina, un subenlace que fai alusión a que nove parques invadirían espacio protexido. Insisto, buscade información no blog de Salvemos Ponteveda, "meinteresalavida".

A UE SANCIONA A ESPAÑA, POR VERTIDOS

O río Tea, en Ponteareas. Fotografía do Faro de Vigo.

Pontevedra, 3.10.2008

Entrada n. 614 do blog.

NOVA SANCIÓN DA UE A ESPAÑA, POR VERTIDOS,
por Xesús López Fernández

Desta volta, a UE incoa expediente por vertidos ó río Tea, o mesmo que pasa por Mondariz.

Desgraciadamente, parece que os nosos políticos aspiran a un tipo de desenvolvemento que, dalgún xeito, acaba cos ríos, convírteos en cloacas. Falan de depuradoras, sí. Pero moitas veces non traballan ou son ilegales, como a do Lagares en Vigo, ou a edar d´Os Praceres, en Lourizán, Pontevedra.