domingo, 5 de octubre de 2008

SOBRE OS PLANS DE ACUICULTURA [6.10.2008]


Realización abstracta, informática, do autor. Os voluntarios loitan contra o chapapote do Prestige, mentres que os políticos, como se denuncia no traballo, son incapaces de loitar contra a ameaza das granxas de peixes plans. Moito falar, pero nada máis. O Bloque tragou en Rinlo ou en Corrubedo, en Laxas Bravas, embuchando o seu discurso anterior. Pataqueiradas..
Pontevedra, 6.10.2008


Entrada n. 619 do blog

Traballo semanal.

Sobre os plans de acuicultura [6.10.2008],


por Xesús López Fernández


O Plan de Acuicultura de Fraga-López Veiga foi no seu día cuestionado por diversos colectivos ecoloxistas. Pero só Salvemos Pontevedra foi quen de presenta-la oportuna demanda ante o TSXG. A este respecto sería esclarecedor prós posibles lectores deste artículo o dito na carta que o presidente da citada asociación dirixeu ó presidente Touriño á par que ó vicepresidente Quintana con data 26.08.2005, que está pendurada no blog da asociación, (meinteresalavida) A carta ten moitos perfiles: críticas ó xeito de lexislare pra, en definitiva, posibilitaren o expolio do noso litoral, a agresión a enclaves míticos, a espacios emblemáticos como a nosa Costa da Morte, recuperada do chapapate do Prestige, como o caso do Cabo Vilán, lugar de interese comunitario incluído na Rede Natura 2000, “onde foi excavada a ribeira do mar pra soterrare i elevar sobre a rasante do terreo varias prantas de formigón armado, devastando”, fracturando o lugar.


Na carta denúncianse outras agresiós, por eso animo ós que manexen internet a que procuren a súa lectura. Touriño sí contestou cunha resposta breve, un simple acuse de recibo que tamén consta no citado blog; de Quintana nunca se soubo. Pero un comentario á misiva dí o seguinte: “Leín o contido da carta [….], que me tira a venda dos ollos con respecto á “verdadeira política dos feitos reales cotiáns”, deixando pra máis adiante unha acougada lectura […..] atrévome a califica-la resposta do señor Touriño como “moi, pero moi administrativa e de pase de bola ó vicepresidente”. [….] ¿O señor Touriño non ten nada que contestar no que a el concerne como presidente da Xunta? A miña noraboa a esta asociación ecoloxista que nos aclara as cousas […] e matiza tóda-las leis ó respecto. A miña noraboa ó Blog de Paco Díaz, ó que teño o gusto de conocer e compartir con el cousas e do que aprendo moito nesta pasión que ten polo Medio Ambiente e á que se adica con verdadeiro esforzo e fervor”.


¡Qué raro que a Xunta teña deixado pasar tantísimo tempo pra dispoñe-la anulación do plan de López Veiga, sen teren derogado o decreto de supramunicipalización pra, suponse que cunha filosofía semellante, aproba-lo plan acuícola de Carmen Gallego, do que anunciaron mil e un parabéns en canto ós estudios levados a cabo, pero que pouco se diferencia do plan anterior de López Veiga, un home que actuou como unha especie de presunto abandeirado do Clúster Internacional da Acuicultura. O plan de Gallego só afectaría ó 1,80 por cen da Rede Natura. E parece como si nos diversos grupos políticos non existise unha verdadeira visión ecoloxista do desastre programado. Así, Feijóo promete [será si el chega mandar] que a Costa da Morte vai ser un líder acuícola.


PSOE e BNG tampouco estiveron pola transparencia e, contra a seguridade xurídica que, según Carmen Gallego, presentaba o novo plan, pareceu producirse un ramalazo de sentido común en Política Territorial, que cuestiona o beneficio social que se poida derivar do mesmo, no que hai moitas cousas non xustificables e que invadiría nove espacios protexidos. Adega analizou o novo plan e denuncia unha serie de irregularidades, ademáis do desaforo de estaren uns tres millós de metros cadrados reservados, en lugares virxes da costa galega, prá instalación de piscifactorías. Está prevista a construcción de 13 prantas e a ampliación de 9 das existentes. Adega usa informes da Xunta pra levare a súa denuncia ante o TSXG, tendo previsto chegar, incluso, a Europa. Unha posible clave da esperada actuación xudicial pode estar na desestimación que o Xuzgado de Primeira Instancia de Santiago ven de dictar en relación coa pranta que Acuinor estaba a construir en Foxo Longo, Rinlo, Rede Natura. Lembrémo-la sanción da UE pola contaminación da ría de Vigo. “Salvemos Pontevedra” tamén prepara a súa denuncia, como a do anterior plan, [antes de a Xunta proceder á súa paralización]. Lembren, a asociación informa, puntualmente, no blog “meinteresalavida”.

sábado, 4 de octubre de 2008

DENUNCIAN O PLAN ACUÍCOLA ANTE O TSXG

Rinlo, en Ribadeo, porto mariñeiro encantador, onde conservan memoria do nome verdadeiro da praia das Catedrales: AUGASANTAS. Así se chama.

Pontevedra, 4.10.2008

Entrada n. 618 do blog

DENUNCIAN O PLAN ACUÍCOLA ANTE O TSXG,
por Xesús López Fernández
-
Na súa denuncia, Adega usa informes da propia Xunta prá oportuno contencioso ante o TSXG. A noticia que sigue, d´El Correo Gallego d´hoxe, inclúe a afirmación de que, contra o que decía Carmen Gallego ó falare dun Plan Modélico, de modélico non ten nada.

Algo que sempre dixo Salvemos Pontevedra, única asociación que denunciou ante o TSXG o plan anterior, o de López Veiga, "o representante do clúster internacional da Acuicultura aquí en Galicia".

A noticia d´El Correo inclúe tamén un apartado en relación con Rinlo, onde Acuinor tiña proiectado/ten proiectada unha granxa, no lugar de Foxo Longo, espacio da Rede Natura. Afortunadamente, un xuez acaba de se pronunciar ó respecto, desestimando o recurso de Acuinor, que é condenada ó pago das costas.

viernes, 3 de octubre de 2008

O PORCO CELTA


Celtas de tomo e lomo. Foto de La Voz de Galicia.
O porco celta chegara case a desaparecer. Actualmente, en fase de recuperación, existirán uns 2500 exemplares en toda Galicia.[Foto La Voz de Galicia]

Pontevedra, 4.10.2008

Entrada n. 617 do blog

O PORCO CELTA,
por Xesús López Fernández

O porco celta estaba prácticamente desaparecido. De destete máis longo que outros porcos abandonouse nos anos 50 do século XX a súa crianza, sustituída pola d´outros de crecemento máis rápido.

Un porco celta e landrán, mantido con landras, debe ser dunha esquisitez especial. Pero mellor segui-la noticia, que contén un video, de La Voz de Galicia, da que se inclúe un enlace, no que debedes clicar co rato.