martes, 7 de octubre de 2008

O PIORNEDO DOS ANCARES

Pita do monte ou Urogalo, máis grande qu´o galo, nalgún tempo ave senlleira dos Ancares, posiblemente desaparecida pola cobiza dos cazadores; tamén polos cambios producidos na flora da bisbarra.
[De Panoramio] Lusco-fusco en PIORNEDO DOS ANCARES.

De fotografías de Galicia: Pallozas en Piornedo dos Ancares.

Pontevedra, 7.10.2008.

Entrada n. 622 do blog

PIORNEDO DOS ANCARES,
por Xesús López Fernández


Antre os anos 70 e 80 os galegos comezaron a descobrire que no seu país existía unha comarca especial, hoxe declarada reserva da Biosfera.

As reportaxes periodísticas comentaban que alí aínda quedaban aldeas sen luz, cabanas prehistóricas, as pallozas, nas que convivían os homes co gando, como foi tradicional ata hai pouco nalgunhas aldeas de Galicia, sobre todo do interior. Homes e gando dabanse soporte mútuo, ata que chegou a gran desfeita: o gando desaparece, as aldeas morren, e tamén o idioma do que foran sentinela milenaria.

Pobos sen estradas, aillados no inverno pola neve, coas prácticas agrarias que descobriran hai tempo a sustentabilidade que doe i está lonxe do que hoxe chamamos calidade de vida. A labranza alí en uso levabanos douscentos anos atrás.

A montaña, os boscos autóctonos inmaculados, valiñas profundas chamadas cavorcos, cumios inaccesibles, outos cumes....Flora variada e fauna única en Galicia: cervos, rebecos, incluso osos . Nacía o mito dos Ancares, un destino de ida e volta no día si se quer, pero que puxou a algús a permaneceren no lugar, tan siquer na fin de semáa ou por temporadas; un baño da natureza e antropoloxía facilitado agora polo asfalto, a sinalización e a hostelería alí existente.

A consellería de Medio Ambiente tracexou ou tentou tracexar un plan líder pra potencia-la permanencia das xentes na bisbarra, plan do que o PSOE se desmarcaría ó non seren invitados cando o anuncio da súa arrancada.

As fotografías que se inclúen ou a exposición que se fai no enlace que sigue mostran claramente o que é O Piornedo: casas de pranta circular como as casarellas que aparecen a pouco que se cave nos distintos castros do país: Santa Tegra, Castromao, etc.

[Bogdan. FOTOS DOS ANCARES Picade aquí.]

[Vede tamén, á dereita do blog, dous enlaces.Un video e unha foto panorámica do lugar de Piornedo. Vale a pena.]

A GRAN CORRUPCIÓN

Polos seus testimonios conoceuse o escándalo da Diputación almeriense.

Pontevedra, 7.10.2008

Entrada n. 621 do blog

A GRAN CORRUPCIÓN,
por Xesús López Fernández


Acaba de estoupar un gran sentinazo na Diputación de Almería. Tense conocemento do mesmo gracias á investigación de Intereconomía Televisión e á revista Época, que se agotou en Almería, parece que porque as xentes presumían que algo anormal estaba pasando.
Nos enlaces que poidamos incluir han poder amplia-la súa visión deste asunto. Outra cousa parece certa: que o caso de Almería non é o único e que a metástasis da gran corrupción pode estar presente en todo país, de Norte a Sul, de Este ó Oeste.
O persoal contratado pola devandita diputación, cargos de confianza, según Época e Intereconomía, según declaraciós filmadas dalgún dos ditos cargos de confianza, non conocía, nalgún caso, ó xefe do que dependía, porque realmente estaban pagados pra traballaren como liberados do PSOE. Recibían 3000 euros ó mes, que seguirán recibindo mentres non entre no asunto a Fiscalía Anticorrupción, agora en Andalucía, o gran cortello dos socialistas.
Pero o común dos españoles pensa que esa situación non sería extraña noutros lugares nos que se veñen denunciando sobreabusos dende hai tempo. ¡Si as artes coas que se soben as soldades simples concellales non deixan de seren outra forma de corrupción!. E así vai o país, ó borde do barranco.

domingo, 5 de octubre de 2008

QUINTANA PIDE O APOIO DOS GALEGUISTAS.

Quintana pide apoio ós galeguistas, que se xunten en torno ó Bloque. ¡E un xamón!.

Pontevedra, 5.10.2008

Entrada n. 620 do blog

QUINTANA PIDE O APOIO DOS GALEGUISTAS,
por Xesús López Fernández

¿De verdade Quintana se cree galeguista ou que o Bloque pode sé-lo depositario do leigado histórico nacionalista?

Que o seu partido teña actualmente unha certa presencia parlamentaria non-o capacita pra impartire lecciós de galeguismo. E paréceme unha ousadía que, aínda co apoio dos nazionalitaristas á súa candidatura á presidencia de Galicia, clame polo apoio dos galeguistas pedíndonos que nos integremos ó redor do Bloque, que pra nós non pode ser, nunca, un referente, aínda que teñan captado a xente co paso cambiado.

Pode o Bloque certamente crecer aínda máis pola falta actual de ideario galeguista no PPdeG ou no PSOEdeG, pero é que tampouco o Bloque ten esa alma galeguista da que quer presumir. E dende o galeguismo de base vémolo como un grupo corrosivo, abalador incluso da identidade esencial deste pobo, da clave que o configurou como nacionalidade: o idioma transmitido na oralidade de cada bisbarra, de cada aldea ou parroquia.

Se por non falar xa non falan de Galicia. Galiza é a súa palabra i ésa é a idea-cerne destos iluminados: cambiarlle o nome ó país instalados nas normas da deriva cara ó Portugaliza da súa ensoñación. Parecen inxenuos cando aínda en clave da lusofonía son incapaces de comprender, de aprender que no Brasil se lle chama ó noso país polo seu nome: Galicia. Ou que o noso idioma, na raia seca ourensáa, é máis fronteira qu´o Miño.

Convertido o idioma, polas súas normas, nunha caricatura á que os galeguistas chamamos galegués, mellor será que Quintana non pida apoios ós que defendémo-lo universo cultural de Rosalía ou Curros, do P. Sarmiento ou Ánxel Fole, de Cunqueiro ou Cabanillas.

En non poucas vilas gobernadas polo Bloque xa se lles mirou o rabo ó reparar que teñen unha especie de fixación ó faceren as cousas: a reinterpretación a pequena escala do Gulag estalinista.