domingo, 24 de agosto de 2014

Cara un novo tempo electoral

Pouco a pouco vaise abrindo unha certa esperanza de recuperación do espacio da fotografía. Se os políticos queren exerceren en clave de Estado de dereito, incluso a avenida que xa se apuntaba nesta foto dos anos cincoenta debería desaparecer, conforme ós criterios de inviolabilidade do que está definido como dominio público marítimo terrestre, có que incluso o propio Fraga quixo acabare. Ós políticos se lles presenta agora unha papeleta difícil porque tódo-los que teñen o seu pesebre no Concello pontevedrés carecen de discurso ecoloxista.

Pontevedra, 25.08.2014
Entrda n.1776 do blog
Artículo semanal no Diario de Pontevedra

Cara un novo tempo electoral,
por Xesús López Fernández

            É sabido que as rías baixas son espacios sensibles, de augas case-entrópicas, decía hai xa moitos anos o doutor Buenaventura Andreu, e afirmaba o home, como exemplo da pausada renovación das súas augas que, nunha única ocasión, depositaran unha sustancia contaminante no estreito de Rande. ¿E qué pasou…? Que un ano despois a sustancia seguía presente naquel medio.  A pesar de testimonios como éste poderiamos decir que non parece se teña actuado, ás veces, cun mínimo respeto, tanto á hora de acometer certas realizaciós urbanísticas como de promove-lo asentamento irracional de certas industrias, pensadas como enclaves colonialistas de vertedeiro que acabarían, en gran parte, coa riqueza primaria das rías ó non estare controlada a súa contaminación. Tamén ó ter comprometido a dinámica das augas, algo que, dacabalo do ESCORP (o Estudio da Contaminación da Ría de Pontevedra), conoceuse, presuntamente, de forma cabal.

            Pero así como a primeira parte do estudio foi difundida, a segunda permaneceu agochada ata que certo avogado dou co tobo onde a tiñan escaqueada, algo que parece ser práctica frecuente. Como fose, o estudio mostraba a gravedade dos vertidos de mercurio, na primeira parte algo máis de 13 gramos por tn de cloro fabricada. Na segunda parte, a cifra aumentara e pasaba dos 17 gramos. Desconozo se a Administración propuxo de novo estudios cabales como o citado, pero sí que se ten ocultado información, como o resultado dos análisis dunhas mostras tomadas pola Policía Autonómica, o 8.11.2004, no entorno da depuradora d´Os Praceres, tres mostras dunha mancha grasenta, de tono grisallo e pastoso, concentrada en forma de “pelotas”. O asunto permaneceu tapado ata o mes de maio do 2005, rescatado dos arquivos da Consellería de Medio Ambiente. O Centro de Control do Medio Mariño, de Vilaxoán, determinara a presencia nas ditas mostras de endrín, unha sustancia que se usa como insecticida, contaminante de primeiro orde e canceríxeno de contacto. En fin, mala veciña esta edar d´Os Praceres, sentenciada.

            O Concello de Pontevedra foi xa emprazado hai tempo pró cambio de ubicación desa infraestructura, aí montada en contra da Lei de Costas, art. 44.6, que prohibe a instalación de depuradoras de augas residuales na ribeira do mar, unha das agresiós das marismas de Lourizán. Aínda que financiada nun 80 por cen pola UE, non deixa de sere ilegal. E cando xa debía estar estudiado o seu posible traslado xogan algús coa afirmación da imposibilidade do mesmo. Pero, non, debe ser viable a reubicación, si se quer, como ten apuntado Agustín Fernández, concellal socialista, ó pedirlle ó Bloque que impulsase o PXOM, pero reservando un espacio prá nova edar no caso de que teña que ser cerrada a actual de Lourizán. Construída en terreo concesional da vella Ence non segregado, afirma. A. Fernández ten indicado que o Axuntamento de Pontevedra sabe dend´o ano 2010 que a edar carece de concesión e que Costas indicoulle naquel momento que terían que irse en cinco anos, tal como se indica na sentencia dictada pola Audiencia Nacional.

            Vai facer un mes que se dou a conocere a sentencia do Tribunal Supremo desestimatoria dos recursos de casación do MARM i ENCE contra a sentencia do 19.05.2011, que agora adquire o carácter de firme e pola que se ordeaba ó Ministerio incoa-lo expediente de caducidade de ENCE. Incluso, antes de se produci-lo trasacordo, Rosa Aguilar comentara que non se ía recurrir en casación e sí incoa-lo expediente. Pero pasados tres anos, agora son outros os que deben actuar. O PXOM, cunha Axenda21Local cabal, podería ter sido o instrumento prá recuperación de gran parte do capital natural desta cidade i entorno. Nos temas propostos, edar, Ence, os partidos presentes no Consistorio teñen un tema pra facer boca, pero non se intúe que nengún deles teña un faraute, un faraldo prós novos comicios, capaz de ilusionar a nadie. No camiño, parece perdida a conciencia ambientalista.  

jueves, 14 de agosto de 2014

Claustro dos Capuchinos, Monreale

















 Son todas fotografías do claustro dos Capuchinos, en Monreale, perto de Palermo, onde tamén existen enterramentos momificados.

Pontevedra, 15.08.2014
Entradan.1775 doblog


Claustro dos Capuchinos, Monreale,
por Xesús López Fernández

Limito esta entrada á presentación das fotografías, en parte como forma de llas trasmitire ós amigos  no canto de facere remesas individualizas de arquivos demasiado pesados. Procurarei facer outro tanto coas fotos da Capela Palatina de Palermo. A verdade é que vou deixando pasar moito tempo e que éste tiña que ser xa un tema liquidado, pero non. Sicilia sigue na miña lembranza. Tería, si acaso, que acompañare esta mostra d´hoxe dunha maior información, porque nos capiteles está gran parte da historia da salvación; de cómo o poder normando e os artistas árabes ou alarbios puideron cristalizare as obras de arte que hoxe ornan non poucas cidades de Sicilia, especialmente a capital, Palermo. 

Un saúdo especial prós compañeiros daquela viaxe, 10/16 de Xuño, cando o Etna entrou de novo en actividade.

  


domingo, 10 de agosto de 2014

Ébola e miserias

O estado de saúde do padre Pajares é delicada i está vivindo momentos decisivos, loitando contra a terrible enfermedade.  O padre é todo un referente en Liberia, 50 anos entregado ós máis necesitados. 

Pontevedra, 11.08.2014
Entrada n. 1775
Artículo semanal

Ébola e miserias,
por Xesús López Fernández

            A pasada semáa foi noticia tensa o traslado a España dun enfermo de ébola, o toledán padre Miguel Pajares, da Hospitalaria Orde de San Juan de Dios, a obra do granadino San Juan de Dios reconocida en máis de corenta países polo sobrenome italián de Fatebenefratelli, “os irmáns que fan ben”. O home, que con 75 anos de edade seguía traballando de forma leda e comprometida cos máis necesitados, é unha das seis persoas que estaban ailladas dend´o un de agosto no hospital de San Xosé de Monrovia (Liberia). Tiña pensado regresar a Madrid no próximo mes de setembro. Agora foi necesario trasladalo, nunha situación extrema e cuestionada, cando a OMS ven de declara-la situación de emerxencia pública sanitaria internacional, na que o importante é interrumpi-la cadea de transmisión da enfermedade, según declaraciós da responsable da OMS, que tamén aclarou que o ébola pódese curare e que o importante é que os infectados sexan conducidos inmediatamente a un hospital.

            O hospital Carlos III, onde está ingresado o padre Pajares, dispón xa do medicamento experimental. El e outros misioneiros españoles infectados parece que permanecen estables e que a súa saúde non ten empeorado. Vergonzosamente, pró regreso do padre Pajares tense considerado a posibilidade de pasarlle a factura á Orde de San Juan de Dios, algo que Xosé Luis Barreiro Rivas define como miseria humáa e política que subxaz tras esta actitude douda, xangal, como tamén a terrible e consecuente presunción de que a inmensa maioría dos españoles desconocen que a mencionada orde, exemplo de solidariedade i entrega é un dos timbres de gloria deste país, que tería de se sentir orgulloso das súas ordes relixiosas, e nunca se ten perguntado qué farían Francia, Alemania, Inglaterra ou os Estados Unidos (sóo Italia se nos pode comparare) se das súas xentes e dos seus sabios tivesen agromado os xesuítas, os dominicos, os mercedarios, os xerónimos, os carmelitas descalzos, os agostiños recoletos, os hospitalarios de San Juan de Dios e tantas outras instituciós que foron cumio do servicio, erudición e caridade en todo o mundo. 

            Coido que Barreiro acerta cando dí que esos sentiríanse en débeda do seu labor. Pero ós nosos políticos e analistas, ignorantes onde os haxa, doulles por converti-la descristianización na imposible identidade de España. Pode ser unha impronta que tentan marcare os propagandistas do laicismo radical, no que desta volta parece abrevan moitos dos que fan carreira na política e que, doutro xeito, non terían emprego. Por eso andamos decote con estas estupideces e a ministra Ana Mato arrandeouse ó cuestiona-la asunción polo Goberno dos gastos da viaxe do padre Pajares. Finalmente, o Goberno actuou correctamente, aínda que quede un certo tufo porque temos sustituído os valores de sempre por trapalladas “correctas” que a nadie convencen.     

            Según comenta outro articulista, Paco Sánchez, o pobre do padre Pajares ten cometido varios erros imperdoables. Un deles o de ser vello, pois é case seguro que ninguén discutiría a repatriación dun rapaz ou dunha rapaza que andivesen por alí turisteando a pobreza, sen ánimo de permanecer, e aí está o segundo erro: que se fixo vello consumindo cincoenta anos, enterrando a súa vida alí. Se se tivese convertido en deportista de elite ou tivese gañado algunha bota d´ouro ou unha copa do Mundo, tragueriámolo doutro xeito. Pero, non, nestos cincoenta anos o padre Pajares tense dedicado a coidare a xente que nadie quería, por ser misioneiro, o seu erro terceiro. Pode que a algús caladiños lles pareza inmoral tanto lío por un misioneiro católico e a costa do erario público. Outros perguntámonos se non é o erario público o que satisfaz o gasto do traslado aéreo dos políticos en campaña. ¿Non terían que paga-los partidos?

addenda: o padre Pajares finou esta mañá, 12.08.2014. Noticia de El Mundo