lunes, 25 de junio de 2007

ZAPATERO, EMBUSTERO

Fotografía de José Luís Rodríguez Zapatero, 2004.

ZAPATERO, EMBUSTERO [25.06.2007],
por Xesús López Fernández

A prensa e outros medios do día salientan o que veu sendo unha actitude, unha gobernación do país dende o secretismo, dende a falsedade. Todo o discurso en torno a ETA, curiosamente gracias ás declaraciós da banda e ó que ven publicando o diario Gara, aparece agora como unha clara forma de democracia-trampa.

Decir sí e non ó mesmo tempo, bracear nos discursos pra mostrase máis persuaviso, máis león e menos Bambi, máis encantador de serpes ante os cidadáns, é algo que nalgún momento acabaría por descobrirse, como agora acontece, como simple xogo dialéctico. E a oposición do PP demanda unha explicación clara e urxente porque non se trata xa de simples trolas senón de auténtica inmoralidade, a actitude dialogante cos etarras, incluso despois do atentado da T-4.

Daquela falou Zapatero da fin da tregua, de que era ETA a que facía imposible xa toda forma de diálogo. Sen embargo, agora e según comentan os diversos medios do día, parece que sí, que seguiron a falaren Goberno i ETA, o que revelaría un desprecio total do Estado de Dereito, porque con dous cadavres de traballadores ecuatoriáns sobre da mesa resulta inmoral que non se teñan producido detenciós.

O PP demanda do PSOE o seu compromiso coa verdade, que aclaren o que realmente leva acontecido, se houbo conversas, pactos, compromisos. Pendentes de que o partido do Goberno aclare as súas posiciós, a prensa d´hoxe insiste no calificativo de embustero ó señor presidente. É decir, non tanto Zero Patatero como decía Aznar, senón Zapatero Embustero, que tamén pode funcionar como lema pró marketing electoral, ainda sendo sabedores de que en campaña todos minten. Con independencia de color.

No hay comentarios: