jueves, 23 de agosto de 2007

GRACIAS, SARAMAGO

Pontevedra, 24.8.07
Artículo anterior, no tempo, ó xa pendurado no blog baixo o título "O debate do idioma". No que agora incluímos pra que resulte fácil relacionalos, falamos dunha visita de Saramago a Pontevedra, da súa conferencia no Auditorio, e das perguntas dos que pensan que o reintegrado que queren construiren na "longa marcha" os vai levar ó Portugaliza da súa ensoñación. Pero Saramago, un home moderado á par que realista soupo decirlles o que conviña, a verdade: "Unha cousa é o galego, outra o portugués, pero se estades a pensar nunha fusión ortográfica de ambas linguas non estades a falar do idioma, senón doutra cousa." Así, máis ou menos, foi de claro o mestre. Gracias, Saramago, dixemos daquela. E volvémolo repetir. Sigue o traballo, do 15.04.1999.
GRACIAS, SARAMAGO (15.04.99),
por Xesús López Fernández

Moi ó meu pesar non puiden ser testigo das recentes intervenciós de Saramago na nosa cidade. Recollín, sí, a información dada polos diversos medios e a opinión e valoración feita por algún que outro amigo que acodeu ós actos dos que foi protagonista o nóbel portugués. Pero eu quero salientar algo moi simple, moi claro, i é o consello dado por Saramago ós que lle consultaron en relación co uso do galego reintegrado, coa posibilidade de mete-la nosa língua no carreiro da grafía portuguesa e mais da lusofonía. E a resposta do escritor foi moi clara: o galego é unha cousa, o portugués outra. Entendémonos i eso é o importante. Tentar meter ó galego no saco da normativa portuguesa sería outra cousa, unha loita política, mesmo un cambio de nacionalidade.

Sempre entendín que a fronteira estaba na língua antes que no río Miño porque na “raia seca” percíbese de forma evidente cándo se está en Galicia e cándo se está a pisa-lo chan portugués. Nese ir e vir dun lado a outro da raia, a fala cambia porque cambiamos de país. Pero o camiño das dúas línguas diverxeu xa nos albores dos dous romances, con persoalidade propia cada un deles dende os séculos XI/XII. Que a nosa língua deixara de ter uso literario e documental a partir do século XV e ata o XIX non significa que deixara de evolucionar. Sigueu cambiando, foise modificando a súa fonética, pero mantívose nun grado de pureza relativamente alto, cunha riqueza asoballante en palabras con significados concretos, permanecendo aínda faltos dun diccionario que as recolla ampliamente, diccionario etimolóxico a poder ser.

Dende o eido da fala popular, das distintas formas da fala popular, deberíase ter traballado con outro rigor, pero optouse polo camiño do medio e foise cara ó encontro co portugués ata o punto de que hoxe están incluídas nos nosos diccionarios moitísimas palabras que non son galegas, e foron excluídas outras que sí o son. Por exemplo, a palabra “coñecer” está incluída no diccionario da Real Academia Galega; a palabra “conocer”, en cambio, non figura. ¿Por qué?. Boto man dun Glosario de Voces Galegas de Hoxe, de Constantino García –Verba, Anuario Galego de Filoloxía, Anexo 27-- no que se inclúen traballos de campo, palabras recollidas en corenta e cinco localidades, e aprecio que “conocer” está claramente documentada e tamén aparece “coñocer”, mais non “coñecer”. Eu opto por decir “conocer”, “conozo”, etc.

O citado libro é unha caixa de sorpresas e sirve pra aclarar ideas e pra concluir que aquí se está a crear unha situación de endodiglosia que pode ter consecuencias graves pró galego común, o que resisteu nos séculos escuros e que agora tentan aparcar estúpidamente. Aínda así, prefiro non enfrontarme coas normas en vigor. Achégome a elas todo o posible, pero evito asumir todo aquelo que parece puro artificio, mesmo sinapismos bastos que non están na esencia do galego popular. E pergúntome se non se está a facer unha afirmación de auténtico autoodio cando se fuxe de formas enxebres cara outras que nos brinda o portugués, ora pola vía do reintegrado, ora pola kafkiana dos lusismos mínimos ou polos neoloxismos propostos polos normativistas. E percibo unha forte carga de autoodio nos tres modelos. Sería bó conoce-la opinión do Padre Sarmiento. Como non é posible quedarémonos coa de Saramago, que sabe que o galego é a língua de Galicia. Gracias, mestre.

No hay comentarios: