viernes, 8 de febrero de 2008

¡Vaia tropa! [8.02.2008]

A cuestión da contaminación por mercurio está tratada neste blog. Na ría de Pontevedra poderían estar a darse niveles como os de Minamatta, cunha Elnosa predadora que sigue en Lourizán por termos políticos igualmente predadores. E porque a Xusticia non funciona.

O que vai quedando da Xunqueira d´Alba, sobre a que non se produce un plan rexeneracionista e que aínda vai sofrir máis coa proiectada nova ponte d´As Correntes que promove o BNG de Mosquera.

¡VAIA TROPA! [8.02.2008]
por Xesús López Fernández



Entrada 430 do blog.

Na prensa d´hoxe fálase de novos acordos Fomento-Xunta, desta volta en relación coa circunvalación que vai enlazar directamente coa autopista AP-9, no entorno de Celulosas. ¿De qué nos están a falare? ¿De máis sobre nulidade radical, de que van deixar/acentua-lo leigado de morte pra esta ría de Pontevedra? ¿De que unha vez máis van seguir coa impotencia de faceren que as leis se apliquen, de entraren de oficio en certos temas nos que parecen estar a primaren os intereses de varios clústers e lobbies?

O ministerio de Fomento foi o gran perdedor en relación co ferrocarril, algo ó que se opoñía o ministerio de Medio Ambiente, e sobre o que sentenciou no seu momento a TSJ de Madrid, sentencia ratificada posteriormente polo Tribunal Supremo. Louro perdeu xa a súa capacidade como interlocutor en cousas de medio ambiente. E da xuntanza celebrada, según os medios desta data, despréndense que están actuando como puros especuladores e queren convertir en solar as marismas de Lourizán, promocionándoa como área industrial e de vivendas.

Aproveitan a falta de sensibilidade ecoloxista da nosa poboación e siguen máis na línea involucionista do acordo da Consellería de Ordeación Territorial intentando reconoce-los núcleos de poboación litoral de Marín nos que se dan non poucas presuntas ilegalidades.

¿Pero qué colectivo ecoloxista ten cartos dabondo pra xudicializar estas conculcaciós da Lei e desfeita do litoral? ¿Terá que vir Rajoy, agora, coa anunciada Ley de Costa Natura, prá recuperación da ribeira, da que moitos chaman xa "Costa Nostra"?


Que o diga, que o meta no seu discurso ambientalista, se o deixan os dos clústers. Porque o PSOE perdeu xa a credibilidade e pasou o tempo da prórroga. No debate de onte en Antena Cuatro, porque foi un debate, Iñaki Gabilondo actuou como voceiro do PSOE e convirteu a entrevista a Rajoy, ou quixo, nunha encerrona. Pero Rajoy estivo fino en máis dun asunto, moi galego, e a Iñaki Gabilondo miróuselle mesmo adoecido, preso da rabia.





No hay comentarios: