sábado, 26 de junio de 2010

O PXOM DE PONTEVEDRA, EN VÍA MORTA

Foto coa que La Voz de Galicia ilustra a noticia do prolapso sofrido polo PXOM, de Pontevedra. Nela están presentes Aguilar, do PP, arquitecto, e César Mosquera, o concelleiro de Infraestructuras.
-
Pontevedra, 26.06.2010
-
Entrada n. 1250 do blog
-
O PXOM DE PONTEVEDRA, EN VÍA MORTA,
por Xesús López Fernández
-
Onte deron a noticia de que o PXOM de Pontevedra aínda non vai, que se terá de axustar a novos requisitos legales. No BNG poden estare sorprendidos, eles que van de ecoloxistas pola vida, pero que esqueceron a inclusión na documentación do Plan dunha Axenda21Local, algo que debe estar no espírito de tódo-los concellos do mundo, polo menos dende a celebración do Cumio Mundial Medioambiental de Río Janeiro, ano 1992.
-
O Bloque, que como xa temos dito neste blog, meteu ós demáis partidos no protocolo da Carta de Aalborg de Cidades Sustentables, esqueceuse de face-los deberes, o mesmo que os outros grupos PSOE e PP. Éste, coa Xunta,acusa ó Concello pontevedrés de ter feito mal as cousas. Mentres tanto, nengún partido se preoocupa de face-los deberes marcados pola Constitución ou pola Lei de Costas e, vergonzosamente, teñen que se-los grupos d´Os Praceres ou Salvemos Pontevedra os que, no exercicio da acción popular, denuncien o incumprimento das leis ou a prevaricación como unha constante dos partidos no poder. E mentres tanto, porque hai sentencias do TS que deberán comprirse, o ministro Caamaño quere acabar coa acción popular, recomendada polas diversas constituciós e algunha lei, como a de Costas, que aquí, de forma flagrante, están conculcando os deseñadores de novas ribeiras e pasarelas, ou de novos e inaceptables saneamentos. Pensan que poden administra-las leises, conculcalas sen que lles saquen as colores, non vaia ser que acaben cos seus negocios particulares, coa recalificación deshonesta de espacios que pertencen á Natureza que, no caso pontevedrés, vemos cómo van arrasando; porque a oposición queda cortiña; porque o equipo de goberno carece de ética.
-
Enlaces.
-
-
La Voz de Galicia: 26.06.2010. La Xunta y el PP coinciden en responsabilizar al Concello del retraso en la aprobación del PXOM

1 comentario:

Natalia Pastor dijo...

Lo de Pontevedra sucede en muchas ciudades españolas, querido Xesús.
Detrás de la paralización se esconden pugnas electorales y partidistas, intereses bastardos y un absoluto desprecio a los ciudadanos.