O 13.10.2011, despois de ter oído misa na basílica de San Antonio, en Estambul, visitámo-lo Bazar das Especias, antes de nos encarare coa travesía polo Bósforo, da que penso mostrar diversas fotos. Esta foto corresponde á entrada ó Bazar.
O arrecendo do lugar é gratificante, fragancias chegadas do ancho mundo. As fotos están limitados a algunhas das tendas nas que se venden non só especias, senón pastelería, licores, etc.
Iranian saffron and dried fruits, posto n. 17.
Máis de frutos secos e de herbas medicinales, prá próstata, hepatitis, e outras doenzas. Azafrán e caviar parecen ser productos estrela nesta tenda.
Outra tenda á vella usanza.
Aquí deben fornecerse os establecementos especialidados en comida turca, os döner kebap, que xa abondan incluso na nosa xeografía.
Nesta tenda parecen promociona-la venta do exquisito te de mazá. Aquí merquei eu ese producto, en caixa, instantáneo, i en flor, en envase cerrado ó vacío. Pero repárese no colorido que prima no establecemento.
Esta parece estar máis centrada en productos elaborados.I esta outra sigue un esquema moi común naquel espacio. Especias a granel, en tullas,
como esta outra.
Aquí, productos a granel, fálase español: "Un poquito de por favor". Chiquito de la Calzada debeu andar por este lugar.
Outra festa de color, tamén obxetos de decoración, algo común no Bazar. A xente completa o circuíto e sae do lugar.
Pontevedra, 31.01.2012
Entrada n . 1492
Bazar das especias, Estambul,
por Xesús López Fernández
Lembro un vello establecemento pontevedrés, xa desaparecido, Ultramarinos Boullosa, situado no encontro das rúas Sarmiento e Real, que prestaba ós viandantes e ós seus siareiros as fragancias cruzadas coas que nos encontramos neste lugar de Estambul o pasado 13.10.2011. O paseo por este lugar, no Corno d´Ouro, foi como o aperitivo da travesía polo Bósforo, á que me hei referire nun próximo post.
O interese desta entrada é o de mostrare, co novo deseño do blog, estas fotos de color en gran formato e, verdade, sinto envidia de non poder volver alá, polo menos ó longo deste ano. O colorido recollido faime lembrare esta etapa da nosa viaxe.
4 comentarios:
Estambul é o destino que máis quero visitar, danme envexa sá estas fotos.
Grazas por traes os cheiros especiados do Bósforo.
Un saúdo blogueiro.
Celebro que che gosten as fotos. Vou seguir inserindo no blog diversas tomas do Mármara e o Bósforo, dos lados asiático i europeo.
Un cordial saúdo.
Seguro que foi unha boa experiencia. As fotografías teñen calidade, Xesús, e falan por si solas.
Cho digo así, en mal galego, po los anos que levo fora da terra.
Un cordial saúdo.
Gracias, Chinto.
A experiencia vai ser inesquecible.
As fotografías, curiosamente, están tiradas sen flash; pode que algunha algo movida.
Saúdos cordiales.
Publicar un comentario