Pontevedra, 18.07.2013
Entrada n. 1686 do blog
Artículo remitido a Pontevedra Viva o 11.07.2013
San Benito, Patrón de Europa, 2
por Xesús López Fernández
Con razón
podemos considerar a Benito Patrón de Europa. El e os seus monxes irán
configurando os rasgos máis determinantes do home europeo, algo que non se
debía ter esquecido á hora de elabora-la Constitución Europea. Nado en Nursia,
Umbría, Benito/Benedicto, finaría a mediados do século VI. A súa festa
celébrase o 11 de Xullo. Pero antes que Patrón, san Benito tiña sido declarado
por Pío XII Padre de Europa, en reconocemento a que a súa institución monástica
tiña contribuído arrixadamente á creación do espacio espiritual e cultural
europeo. Porque en realidade foron os monxes benedictinos/benitos os primeiros
en teren unha conciencia clara da nova realidade postromáa, os que serviron de
ponte antre o mundo antiguo e o medioevo, cando rescataron, cultivaron e
transmitiron case todo o patrimonio grecorromán, en especial o pensamento e o
Dereito, dándolle ademais a súa última e máis completa dimensión ó inserilo,
como xa tiñan feito Paulo e os Padres da Igrexa, na matriz evanxélica,
teolóxica i espiritual do cristianismo.
Estos
monxes foron tamén os que orientaron á nosa sociedade na súa configuración
social, política, económica, cultural e relixiosa; os que fixeron da
diversidade desos pobos unha comunidade encastañada en torno ós mesmos valores
espirituales, morales e humanistas. Os instrumentos desa obra foron a cruz e o
arado, a pregaria e o traballo, a Biblia e o Dereito román, o libro e a
estética litúrxica, a disciplina e a pax monástica. Por eso os mosteiros gardan
a memoria e o secreto de Europa, a Galicia chegada por medio das dúas grandes
ordes benedictinas, a de Cluny e a do Cister, como tamén polo Camiño de
Santiago. Esos conventos, os vivos e aqueles nos que conclueu a vida monacal
despois da exclaustración de Mendizábal, son ou foron símbolo dese espacio
occidental, no que cristalizaron o espírito, a forza, a tensión que enxendraron
o home e a alma europeos. Realmente, a construcción de Europa debera terse
feito cos criterios que forxaron as abadías e as catedrales; elas foron a obra
común do espírito, da sabiduría, da técnica e o trababllo, harmonizados en
torno a unha visión global centrada en Deus e no home.
Non se trata de seguir cunha longa historia, pero sí decir
que moito dese Benito europeo nos tocou aquí e que o 11 de Xullo, tan rico en
romerías na nosa terra, tería de ser, realmente, unha exaltación da idea da
Europa cristiá, cando parece que a UE está embarcada nun proceso de
descristianización do continente. A Ilustración Española podemos decir que tivo
dous representantes, frades benedictinos, que case a monopolizan: os Padres
Feixóo e Sarmiento, que nalgún momento da súa vida monástica moraron no
convento de Lérez. Decir tamén que Europa ten outros dous patrós: os santos Cirilo
e Metodio, proclamados éstos por Xohán Paulo II, evanxelizadores dos eslavos.
Dúas sensibilidades distintas, pero coa idea de profundizare nas raíces
cristiás de Europa.
A xeito de apéndice: algunhas das preces dedicadas a san
Benito, na santa Misa d´hoxe: Relembremos a san Benito, que dou gloria a Deus
coa súa vida, pidamos por Europa e por todo o mundo. Pra que Europa siga fiel á
súa tradición cristiá e non falten homes que, como san Benito, saiban leva-lo
Evanxelio a tódo-los pobos. Pra que os monxes benedictinos permanezan fieles á
súa vocación. (Hai sobre 700 conventos
de monxes e uns 900 de monxas da orde de San Benito, polo ancho mundo. Algo
sigue funcionando)
Pontevedra, 11.07.2013. Fdo. Xesús López Fernández
No hay comentarios:
Publicar un comentario