Mostrando entradas con la etiqueta PAULO COELHO.. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta PAULO COELHO.. Mostrar todas las entradas

martes, 23 de septiembre de 2008

STEPHEN HAWKING, PEREGRINO DA LUZ

Stephen Hawking, o físico de renome mundial, na súa visita a Compostela. (Foto do Faro de Vigo)
  
Pontevedra, 23.09.2008

Entrada n. 601 do blog

STEPHEN HAWKING, PEREGRINO DA LUZ,
por Xesús López Fernández

Santiago está afeito a recibi-la visita de peregrinos famosos. Pero desta volta, coa chegada de Stephen Hawking, o físico de renome mundial ó que lle foi outorgado o Premio Fonseca, como peregrino, visteu as súas mellores galas. Debeu resultar emocionante pra tódo-los presentes asistir ó acto da "invocación" deste home enfermo ó Apóstolo Santiago, ó que pideu, nun texto leído pola súa filla Lucy e despois de se definir como "peregrino do universo" que abra o corazón da humanidade "á esperanza, á xusticia e ó amor".

Emocionante tamén o discurso do deán da catedral, José María Díaz, que recibeu ó popular cientifico cun discurso no que o calificou como "peregrino da luz". Sí, emocionante. No honor do científico funcionou o botafumeiro.

Axenda apretada a do home, que se identificou co Camiño. Previsto o recorrido dun tramo do mesmo, Hawking irá tamén ó cabo Finisterrae. Deixémolo así, en latín, como lingua máis universal. E lembrémo-lo dito por Dante Allighieri: "palmeiros son os que van á Terra Santa, romeiros os que visitan Roma, pero só son peregrinos os que van a Compostela". 

No honor de Hawking foi inaugurada unha placa no parque de San Lázaro, perto doutra adicada a Paulo Coelho. Reitero, todo emocionante.