Mostrando entradas con la etiqueta Peregrina. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta Peregrina. Mostrar todas las entradas

miércoles, 20 de agosto de 2008

DESPOIS DAS FESTAS DA PEREGRINA


Pontevedra, 20.08.2008

Entrada n. 585 do blog

O vídeo, propio, recolle o final do Himno Ceremonial do Antiguo Reino de Galicia executado pola banda de gaitas da Diputación de Pontevedra. Certo que a posta en escea coeste tipo de gaitas [máis parecen cornamusas] pode restarlle enxebreza, pero si é certo que tamén lle pode dar máis solemnidade.

DESPOIS DAS FESTAS DA PEREGRINA,
por Xesús López Fernández

Como residente na zona vella podo decir que máis que disfrutar das festas reneguei todo o que puiden d´elas. Mais que días de ledicia foron días de invasión, en certo sentido unha especie de traslación no tempo da invasión dos hunos promovida dende o goberno local. Algún Atila pode andar polo medio, no organigrama, pra dispoñer que as cousas se degraden máis e máis, que a cidade esmoreza e perda señorío e que, con cada nova reforma, a zona vella se torne máis cimiterio.

Nunhas declaraciós ó Faro de Vigo, Lores decía que estaba orgulloso de lle ter dado a volta á cidade nestos anos de mandato e convertila nun foco de vida. ¿De qué clase de vida se non saben facer outra cousa que meter cochambre nas prazas vellas, bullanga, malabares pra enzudralas aínda máis?.

Xa teremos ocasión de volver sobre este particular. Pero recomendaría ós que teñan acceso a este blog que lean un artículo de Arturo Ruibal publicado no suplemento do Diario de Pontevedra do Domingo 17 ppdo., titulado "El Arquitecto", no que, antre as loubanzas que de coña dirixe ó arquiteuto Fole, acúsao de desface-la cidade: as prazas, a sustitución dos antiguos faroles de forxa polos carolinos de aceiro ou aluminio, a eliminación da pedra nobre, reemprazada agora polas galletas que levan colocado, [o que Rivas Fontán denominou, en certa ocasión, política de baldosa], a barbaridade do feito en San Xosé coa tertulia postiza alí "inmortalizada", a ridiculez da obra do Museo [balaustrada] e a imbecilidade da proiectada alameda-mirador do Campillo, cando eso parece xa imposible coas barreiras existentes ou previstas; o fracaso na reanimación residencial de vila vella, reconvertida en gran bar e onde o comercio morreu ou morre, etc. Como confirmación do desastroso da política local e das ideas do "arquiteuto" [voz popular, como doutor], un dos comercios novos que parecían marcar un certo tempo de esperanza, CASA, acaba de cerrar.

Volvendo ó tema do vídeo, o goberno local hai xa tempo que quedou fóra das procesiós. É máis, coido que tanta estreiteza de rúas i espacios ten como finalidade, antre outras cousas, a de evita-la organización de acontecementos desa natureza, mesmo de desfiles, mentres non reparan en disparates como o de coloniza-la Ferrería e outras prazas con terrorismo decibélico; mesmo con comercio de miseria nas zonas das vellas Alameda, Gran Vía ou Palmeiras, lacerando máis e máis ós residentes ou deteriorando o mobiliario urbán.

O Himno Ceremonial ten bastante máis de Himno que non o de Veiga sobre letra de Pondal, "Os Pinos". Aínda que non teña letra. Ou precisamente por non-a ter.

jueves, 8 de noviembre de 2007

RETRINCOS POLÍTICOS [8.11.2007]


Pontevedra, en clave positiva, o día d´A Peregrina do 2007. A carroza está a chegar ó Santuario.

Pontevedra, 8.11.2007

Siguen varios breves do día, de Pontevedra e Galicia:



De cando nas pasadas festas da Peregrina, as festas maiores de Pontevedra, o Santuario da Virxe foi coberto cos andamios que se ven na foto, que ben puideron esperar uns días. Deixo esto dito pra que se valore a falta de respeto do equipo de goberno polos símbolos. Non me extraña que tampouco dean a talla na defensa dos valores naturales, na recuperación do capital natural, no que vai incidir negativamente a ponte proiectada.

1.- A Ponte das Correntes, en Pontevedra


Lores e Mosquera están empeñados en lavala adiante, cando o tal viaducto foi desestimado nun tempo anterior por non resistir un mínimo estudio de impacto ambiental.

Que nun dos planos do PXOM apareza alí unha línea "discreta" non significa nada cando os estudios están en fase previa. Pero non deixa de ser unha de tantas burradas acometidas contra o noso medio.

Certo que Lores aparece exultante en varias fotos: con Caride, a conselleira, porque Fomento asume o 50% do gastos; con Mosquera porque seguramente este dueto ha estar orgulloso de cómo o están a facere, de cómo dous persoaxes que non teñen "memoria histórica" do que era esta ría agora pretendan: 1) Deixar ó descoberto e como un novo atranco viarios máis, o museo efímero da praza V. García Escudero; 2)Converti-la ponte do Burgo nunha ponte "medieval", recuperando incluso as torres; 3)Construí-la nova ponte mal chamada d´As Correntes, que vai incidir máis no deterioro da ría e da Xunqueira d´Alba, traballo "ecoloxista" fino. Etc.




"Revitalización" do comercio na zona vella, un dos "éxitos" acadados pola coalición gubernamental que presume de solidez según o comentario seguinte. Miseria. Fotografía de Xesús López.

2. PONTEVEDRA. PARELLA POLÍTICA DE FEITO.

Onte publicou a prensa unha declaración conxunta de Lores e Teresa Casal, en relación cos cen días que levan gobernando e a solidez do seu vergonzoso pacto [non contan o tempo que o BNG gobernou en solitario e co apoio do PSOE]. E ten razón Telmo Martín cando fala, con outras palabras, do abandono no que sumiron á cidade..

Decir que activaron os plans que estaban paralizados é unha completa estupidez, cando a cidade está cada día máis paralizada e non se telumbra a posibilidade de fixar un plan de transporte urbán, imposible coa asfixia a que nos conduciron, perdida a permeabilidade da urbe ou, como denuncia Aempe, privada de zonas de aparcamento. A economía do pequeno comercio resíntese cada vez máis.

3.- REGANOSA

A Reganosa foille outorgado o plácet prevista ante a nugalla, a deixadeza da Xunta en materia medioambiental. Os avisos de Carrillo i Herrero de Miñón son aínda recéns. A situación de peligro na que, a partir dagora van vivir unhas cen mil persoas, pode ter unhas consecuencias dramáticas que a sociedade galega ben debe lembrar, facendo inventario de culpas e culpables.

Do tema informaron hoxe diversos medios. Tomo d´El Correo Gallego desta data, as declaraciós feitas por Manuel Rodríguez Carballeira, portavoz do Comité Cidadán.

Parece que hai un futuro claro se a Xusticia do país non funciona ou sigue baixo mínimos: o Tribunal de Dereitos Humáns de Estrasburgo, ante o disparate consumado que pode ser causa dunha futura e previsible traxedia.

Manuel Rodríguez Carballeira, portavoz del Comité Cidadán: "Seguiremos hasta echarla fuera de la ría"









- ¿Ustedes todavía tenían fe en que la Administración les diese la razón?

- Bueno, se habían comprometido a revisar los informes gracias a nuestra insistencia. Pero esto no cierra más que una puerta, seguiremos luchando por la vía administrativa. Lo que pasa ahora es que si al final nos dan la razón, los promotores de esta ilegalidad tendrán derecho a ser indemnizados. Si no les diesen la autorización definitiva no podrían, llegado el caso, reclamar nada.

- ¿Esto va a hacer cambiar los planes del Comité Cidadán en cuanto al calendario de movilizaciones y protestas previstas?

- Es evidente que entramos en una nueva fase. Este viernes tendremos una nueva asamblea y decidiremos si seguir o no una nueva estrategia. Lo que no cambiará es nuestra determinación: seguiremos luchando hasta lograr echar a Reganosa fuera de la ría. No renunciamos las perspectivas jurídicas que quedan aún abiertas.

- ¿Todavía plantean recurrir a los mecanismos de la UE para reclamar justicia?

- La intención de estar en Bruselas los próximos 27 y 28 de este mes con izquierda Unida sigue en pie, por supuesto.