Mostrando entradas con la etiqueta tambo. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta tambo. Mostrar todas las entradas
domingo, 30 de diciembre de 2007
TAMBO, DE NOVO [31.12.2007]
Arriba. Lourizán, antes de convertilo en enclave colonialista de industrias de vertedeiro; Abaixo, o que os homes fixeron de Lourizán, os mesmos que non queren que Tambo se integre no parque das Illas Atlánticas, porque terían que se poñer do lado da Lei. Actúan como actúan porque creen ter bula pra acabaren co planeta. O artículo que sigue é a última das colaboraciós do autor neste 2007 en diversos medios, pero se pode índa ha introducir algún comentario ó longo do día, que acaba de comezar, xa que son agora as 0,30AM. O dibuxo é do autor, Xesús López Fernández.
¿Por qué non? Din que vai ser unha área protexida aínda que non-a cheguen incorporar ó parque nacional marítimo-terrestre Illas Atlánticas. Nada, que a Consellería vaise decantar pola figura de “parque natural ou lugar de interese”, porque afirman que hai dificultades dabondo pró seu encaixe, porque as posibles ampliaciós de parques están reguladas por leis e determinadas por conceptos como o da continuidade do espacio e a existencia de valores ecolóxicos moi específicos, que no caso de Tambo din que non están claros. O tema foi xa estudiado e desestimado porque os técnicos e lexisladores non viron motivos pra asumila no parque e que esa falta de motivos persiste no tempo. Un pode pensar que si persisten as circunstancias é por cortedade política, porque a consellería de Medio Ambiente suspende precisamente a súa asignatura, e o Ministerio tamén, se ben non debemos esquecer algo reiterado en diversas ocasiós, tamén polo propio Ministerio: que o dominio público marítimo terrestre de Lourizán é inalienable, inembargable, imprescriptible e insusceptible de desafectación.
Suscribirse a:
Entradas (Atom)