Mostrando entradas con la etiqueta turismo. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta turismo. Mostrar todas las entradas

lunes, 8 de julio de 2013

SANLÚCAR DE BARRAMEDA

 Un dos espectáculos de Sanlúcar de Barrameda é éste: windsurfistas xogando co vento, que ese día de Maio era forte; outros deportistas do surf, como se aprecia na foto, combinan a súa actividade con parapente.
 Máis do mesmo, o mar parece de prata.
 Viaxar a Sanlúcar e non visita-la praza do Cabildo sería imperdoable. Buscade en Google "Casa Balbino, tortillas de camarones". Como aí en nengures.  
 Tinto de verán, ou "tinto con blanca" como alí lle chaman. Unha forma de refrescarse.
A exquisita tortilla de camarós, que tomei en diversos puntos de Andalucía, pero como a de Casa Balbino, en nengures.

Pontevedra, 9.07.2013
Entrada n. 1682 do blog


SANLÚCAR DE BARRAMEDA,
 por Xesús López Fernández

Teño moitísimas fotografías de Sanlúcar, se ben esta entrada queda limitada á noticia das tortillas que se elaboran en Casa Balbino, na praza do Cabildo. Cando poida irán entrando outras fotos en relación co seu urbanismo e historia. Non esquezamos que dend´o forte de San Xaime Isabel a Católica veu por primeira vez o oceano Atlántico. A cidade está ornada tamén con non poucas lámparas fernandinas, unha constante no urbanismo español aínda que a algús políticos destos lares non lles gusten. 

Enlace: sanlúcar de barrameda