Ruínas dun templo no monte Tabor, o da Transfiguración.
Detalle da bóveda no templo principal, na que están repretentados Moisés i Elías con Xesucristo. Os evanxelistas querían construirlle tres tendas pra que permanecesen alí, gozosos como estaban do momento de Transfiguración. (Clicade sobre as fotos pra velas en tamaño maior)
Dend´o alto do monte Tabor, o 10.07.2009. Fotografías persoales.-
Pontevedra, 1.03.2010
-
Entrada n. 1189 do blog
-
Dend´o alto do monte Tabor, o 10.07.2009. Fotografías persoales.-
Pontevedra, 1.03.2010
-
Entrada n. 1189 do blog
-
O OUTEIRO DE SAN XUSTO,
en memoria de Manuel Espiña Gamallo
-
Onte, 28.02, foi o Domingo da Transfiguración, un día que parece especialmente marcado pró pasamento de Manuel Espiña Gamallo, canónigo da Colexiata d´A Coruña que, no ano 1965, foi artífice, xuntamente con Xosé Morente Torres da traducción ó galego dos catro Evenxelios, que algús queren agora reconvertiren en "os catro Evanxeos", un de tantos erros que se están a cometeren coa nosa lingua, porque se decimos evanxelizar, evanxelista, evanxelización, "nunca deberemos decir evanxeo", algo comprensible nas xentes que queren construir un idioma máis basado nos puros e burdos diferencialismos que non na creación social e secular do pobo galego.-
Non sei qué me levaría a min a pensar en Espiña, precisamente durante a celebración da misa. Fixen propósitos de visitalo ó longo desta semáa, porque estaba seriamente enfermo, necesitado de ánimos dos amigos, e algo tiñamos en común en relación coa nosa fé cristiáa e galeguista. Pero xa non hai visita posible. Esta tarde, despois de viaxar a Lavacolla aínda tiven ocasión de me achegare ó tanatorio onde foi velado o seu corpo. Aínda puiden asinar nas follas destinadas a formar un caderno, a miña mensaxe particular: "Manolo, outro Outeiro de San Xusto é posible".
-
Oficiouse unha emotiva misa de funeral en San Bartolomeu, a miña parroquia, concelebrada por moitos dos seus compañeiros, porque Espiña era un home querido, comprometido con Galicia. Sobre o féretro había unha bandeira galega, e tamén presentes exemplares das revistas Irimia i Encrucillada. O seu labor por ver de inseri-lo espírito de Pentecostés foi contínuo, unha constante na súa vida. -
E así participou na traducción dos Evanxelios e foi impulsor das ditas revistas, e asiduo colaborador en La Voz, onde a partir do 4.01.1970 mantivo un entrañable espacio, "O Outeiro de San Xusto", no que o 27.12.1970 daría cabida a un artículo meu: "Carta dun neno galego ós galegos todos", que a modo de ficción asinaba o meu fillo, Xesús-María, talvez o primeiro galego inscripto no rexistro parroquial cun nome galego.-
"Veño de nacer....", contaba o meu fillo, e facía o relato das interquinencias, dos problemas que houbo que sobardare ante o silencio cardenalicio da Súa Eminencia Cardeal Quiroga, don Fernando. Coido que aínda podo recupera-lo artículo. Si é que o logro heino incluir neste blog.-
O interese desta entrada estaba, simplemente, en dar nota de que se foi un home bo, que traballou arreo en pentecostaliza-la liturxia da nosa terra e que, desta volta, xa privado incluso do seu Outeiro de San Xusto, terá acceso a outros outeiros, incluso de máis magnitude que o propio Tabor. Espiña, que xa está na vida que non ten fin, talvez ha poder decir, como o meu fillo aquel 27.12.1970, pero ante a evidencia palpable da Eternidade: "Veño de nacer....". Agora sí. Pra non morrer nunca máis.-
Dixéronme, Manuel, que convertido en cinza queres volver ó nacente do río Lérez, espacio por tí conocido, río monacal por excelencia, pero será mellor que as cinzas queden na parte alta do río, porque na parte baixa todo se volve degradación, que mesmo se aprestan a novas agresiós en zonas que teñen a protección máxima, que son paraxe protexida. Mellor, Manuel, a parte alta, o nacente do río e o río-novo, a xeografía da túa infancia. Pode que alí aínda se sintan as salmodias dos frades do Cister.
-
Ata un próximo e definitivo encontro, Manuel.
3 comentarios:
E conmovedor o teu post sobre Manuel Espiña. Merecese toda a gloria e todos os honores, mais como todas as almas boas foise sen facer ruido, como se non nos quisera despertar.
Gracias polo voso comentario.Hei procurar dedicarlle o meu artículo do luns. Pero, efectivamente,vaise nota-la baleiro por el deixado.
É unha pena que que non puidese seguir coa traballo da escolma dos seus "outeiros".
Saúdos, Xesús.
Quixen decir: "É unha pena que non puidese seguir co traballo da escolma dos seus "outeiros"...
Publicar un comentario