miércoles, 19 de mayo de 2010

AS CRUCES DAS PEDRAS

No Día das Letras Galegas a Asociación Cultural do Burgo fixo unha alfombra en memoria de Uxio Novoneyra, o autor lembrado este ano. Téñase presente que o galego deste home, defensor da oralidade, nemigo do reintegrado e das normas, da intelingua inventada polo Bloque, está lonxe, a súa obra, do evanxelio nazionalitarista. Como acaba de deci-lo fillo do poeta, Uxío era un poeta nacional, non nacionalista, porque a lingua é a patria que o Bloque quere cambiar coa súa enxeñería social.
O goberno local estalinista está a poñer en marcha unha nova demostración de dominio sobre a propiedade particular, adosando novas papeleiras ás propias fachadas dos edificios, neste caso á traseira do edificio Pirsa, edificio 10, que coido siguen sen vender.
Pero o verdadeiro interese desta entrada está no que recolle esta fotografía, nove cruces nun pequeno campo do enlousado de Sarmiento, vía láctea en recreación pola obra mal feita.
-
Pontevedra, 19.05.2010
-
Entrada n. 1235 do blog
-
AS CRUCES DAS PEDRAS,
por Xesús López Fernández
-
Seguramente por ter asimilado mal a obra de Castelao, "As cruces de pedra...", esto que estamos a ver na fotografía, son as cruces das pedras, pode que unha sinalización previa pra un novo Plan Renove adxudicado presuntamente a algunha empresa amiga. Debe haber centos de sinales no tramo que vai da praza de Méndez Núñez ó empate coa Cobián Roffiñac.
-
Non debemos desbota-la idea de que sexa a obra discreta dun particular que avisa da corrupción que veu representar case toda a obra nova feita na zona vella: unha pedra que non parece pedra, i esgaza, seguramente máis barata e, polo tanto, un maior diferencial de comisiós. Presuntamente, claro.
-
Se os cidadáns tiveramos máis valor, non hai dúbida de que sería unha boa obra a de graffita-las pedras escachadas ou afundidas, mesmo as que se colocaron sen teren en conta os niveles laterales das rúas, que non é certo que escachen polos camiós de servicio que por elas pasan. Antes non esgazaban, pero o chan era doutra pedra, mesmo de porpiaño ou de adoquíns colocados por portugueses, nalgús casos hai máis de cincuenta anos. I estaban intactos ata que os levantaron estes pra poñe-la pedra falsa e as tapas-trampa, pra gastare mal os cartos chegados d´Europa dos que debemos pedi-la súa devolución. É algo que habería que denunciar incluso ante o Tribunal de Estrasburgo, porque se usaron os diñeiros da UE pra desface-la cidade.

No hay comentarios: