sábado, 22 de mayo de 2010

O DISCURSO DE LOURIZÁN

O complexo clorocelulósco de Lourizán, unha das causas da morte da ría e desencadeante de numerosas enfermedades.
O PSOE quere reactiva-lo debate de Ence. Onte fixo Manuel Vázquez a declaración de que a Xunta i Ence están negociando a posible imprantación dunha fábrica de biomasa.
--
Pontevedra, 22.05.2010
-
Entrada n. 1236 do blog
-
O DISCURSO DE LOURIZÁN,
por Xesús López Fernández
-
O discurso sobre Ence que tódo-los partidos levan na súa axenda non foi nunca máis alá da pura falacia. Posiblemente foi o reconocemento de culpa do Goberno do Xeneral Franco, no ano 1973, o máis sincero de todos. Daquela, ó tempo que o ministerio da Vivenda rexeitaba o PXOM pontevedrés do 1970, comunicaba que as Marismas de Lourizán non reunían as condiciós de chan industrial; que a instalación da fábrica de cloro e a de pasta Kraft fora un erro do que sóo se poderían derivare problemas prá saúde e convivencia humáas.
-
O BNG prometeu saca-las fábricas da ría. Mentira. O PSOE de Touriño fixo tamén de Ence un slogan da súa campaña. Mentira. Fraga dixo, no seu momento, moitas burradas pra xustifica-la instalación de Tisú de Lourizán, como presunto troque do monte Gaiás recibido do señor Méndez de Caixagalicia.
-
Cando foi das municipales, sorpresa, o discurso máis ecoloxista foi o de Telmo Martín, prometendo a recuperación das marimas e botar d´Os Praceres a edar ilegal, según se deduce do artículo 44.6 da Lei de Costas. Pero Telmo Martín parece queda agora descolocado co discurso que trouxo o secretario do PSOE, Pachi Vázquez, a falare dun posible acordo de Ence a mai-la Xunta pra montare unha pranta de biomasa.
-
Teñamos presente que Núñez Feijóo foi o único que prometeu a recuperación do litoral de Lourizán. En campaña. O discurso de Pachi Vázquez déixao un pouco offside. En definitiva, o feito de seren políticos sitúaos ós deus baixo sospeita. I é triste que queiran xogare cos sentimentos da xente, dos cidadáns, cando a APDR está a punto de poñer en marcha unha nova camiñata sobre Lourizán, pra seguir mantendo vivo o discurso do BNG, que xa carece de razón cando se dispoñen a consolida-la avenida a Marín, dominio público marítimo terrestre.
-
Telmo Marín promete abandona-la política si é que se consolida a presencia da biomasa da que fala Manuel Vázquez. Se chegado o caso tal fixese, o xesto honraríao. Pero realmente son moitos os que sobran na Política e que deberían dimtir. Aínda que sóo fose polo tema de Ence-Elnosa.
-
-
-
-

No hay comentarios: