martes, 31 de julio de 2007

LAGARES E LOURIZÁN

Pontevedra, 31.7.07

No se puede mostrar la imagen “http://www.elcorreogallego.es/img/noticias/20070731/12_66922.jpg” porque contiene errores.

Outro pleno intenso, en Vigo. Os veciños da depuradora persentáronse no Concello novamente, pra reventaren o acto. Non están dacordo coa construcción da macrodepuradora no mesmo lugar que sofren, que levan sofrido por anos a actual, o regalo de Cuíña.

Foron ducias de persoas as que entraron no lugar, armados de pancartas e mascarillas. O novo alcalde, Abel Caballero, vaino ter difícil, que non por guaperas se lle van dar mellor as cousas. Insiste na cabezonada de Cuíña, pero anos despois e magnificando o seu disparate, porque nunha zona de marismas, que se ve periódicamente asolagada polas mareas, non se pode facer unha depuradora de augas sucias. Prohíbeo, como teño dito en máis dunha ocasión, a Lei de Costas, art. 44.6. Prohíbeo tamén a Constitución.

Caballero interrumpeu a sesión media hora, cando xa os veciños verteran no local varias botellas de auga contaminada da depuradora, así como productos da súa horta, de cuia salubridade dubidaban. Os veciños piden a depuración dos políticos contaminados. Seguiron momentos de tensión, ata que se levantou a sesión, evitando Caballero o recurso á forza pública.

Claro que son os políticos os que non están a cumpriren a lei, como dixeron os veciños: Vosoutos tiñades que sé-los primeiros en denuncia-la situación. Sodes todos uns tramposos, acusaron os veciños, que tampouco aforraron exemplos escatolóxicos (excrementicios) sobre o alcatreo que padecen as familias afectadas da parroquia de Coruxo.

Reproduzamos aquí algunha das intervenciós populares con máis forza: "Vostede non sabe o que é espertar a media noite polo cheiro de merda da pranta. Alcalde, se quere conocelo, veña vivir un mes na miña casa. Certo que é a casa dun obreiro, pero está limpiña que da gusto vela", espetou unha muller a Caballero.

A imposibilidade de vivir do lado da edar foi no seu día reconcoida polo Concello, que incluso chegou costear o aloxo dalgús veciños en diversos establecementos hoteleiros da cidade.

No se puede mostrar la imagen “http://photos1.blogger.com/blogger/3979/3792/320/depuradora%20lagares-coruxo.1.jpg” porque contiene errores.

Trátase dunha pranta mal dimensionada á par que ilegal, como a d´Os Praceres en Lourizán. E tanto unha como a outra están denunciadas ante a Xusticia pola Asociación Salvemos Pontevedra. º

O hai pouco acontecido en Lourizán é revelador de que as cousas se están a facer mal con vistas á consolidación dunha obra ilegal. Non se poden ter en conta as palabra do delegado de Medio Ambiente, tentando sacarlle carne ó problema, como igualmente ós derivados dos recheos no porto de Marín, ó que queren dotar de calado a base de dinamita. Algunhas casas presentan fendas, a ría está máis deteriorada, mentres estos delegados e politicastros andan a marea-la perdiz sin pular por temas como o da recente sentencia do Tribunal Supremo do Estado sobre a ilegalidade do paso a nivel d´Os Praceres.

Sería bo que as xentes de Coruxo, en Vigo, como as d´Os Praceres, en Pontevedra, formaran unha fronte común. SALVEMOS PONTEVEDRA xa dou o primeiro paso. E vai seguir. Pero que non crean os veciños que os problemas se van resolver polo xesto de regar con merda os plenos presididos por Caballero ou por Lores. Como haber merda, xa hai dabondo, polo menos diñeiro na mellor empresa do mundo, o esterco do Demo que lle chamou Papini.

Continuará....


1 comentario:

o blog de xesús lópez dijo...

Siguen cargándose las marismas, el demanio o dominio público marítimo terrestre. En Pontevedra como en Vigo y en otros lugares de nuestra tierra.