martes, 10 de julio de 2007

MAL VAN AS COUSAS EN PONTEVEDRA

Tren ilegal polos Praceres. Foto de Eladio Torres.


Pontevedra, 10.7.2007

Onte, 9.7, venceu o prazo outorgado ó Ministerio de Fomento prá execución da sentenciade data 5.3.2007, do Tribunal Supremo do Estado, ratificando a do ano 2004 do Tribunal Superior de Justicia de Madrid.

Resultado. A vía dos pasos a nivel da Praza d´Os Praceres aínda permanece sen levantar como burla ós veciños, que sempre defenderon a Lei, que denunciaron a construcción ilegal dunha infraestructura particular. A opereta que comezara Tomás Iribarren e que prosigueu Ramallo, ten agora novo tenor, Surís, o actual xefe da Autoridade Portuaria e, se os dous primeiros eran xentes do PP, o actual éo do PSOE, pero a partitura parece que a escriben dende certo e conocido grupo de presión portuario.

Os que no seu día, dentro da tropa política, apoiaron a agresión, non tiveron memoria pra actuaren nesta data como se supón tería feito o alcalde de Valga, sempre solidarizado cos seus veciños.

En Pontevedra, reunida a corporación en pleno, non foi capaz de sacar adiante o tema das plenas dedicaciós. O Bloque pretende gobernar en minoría, con só sete concelleiros, todos plena dedicación, etc. Menos mal que, desta volta, PP, disposto a votar en contra e PSOE, disposto a se abster, forzaron a retirada das inicuas proposiciós do BNG.

Pódeselle botar a este asunto toda a bilis que se queira, pero resulta inicuo que, en principio, pensaran en dezaséis dedicaciós exclusivas pra un total de 25 concelleiros. Vergonza. Inmoralidade que revela que na sociedade actual, á marxe das ideoloxías, parece que o que interesa na Política é a de se fixar uns ingresos que, no caso de Pontevedra e pra un periodo anual representarían 800000 €. É decir, que teremos que pagas máis impostos.

As xentes d´Os Praceres van contando no seu blog a historia da súa resistencia, que vai xa polos sete anos compridos. Manexan dous blogs: un da Iniciativa Cidadáns d´Os Praceres; outro da Plataforma prá Defensa da Praza dos Praceres. Convén consultalos, enterarse das calamidades que viviron, das persecusiós e palizas de que foron obxeto. Pero sobre todo interesa saber que, contra o que o seu día quixeron facer vale-los políticos, os delincuentes son os persoaxes encastañados nas tres administraciós, na Central, na Autonómica e na Local. Polo menos, diremos que son presuntos delincuentes, prevaricadores.

No hay comentarios: