domingo, 11 de noviembre de 2012

Viaxe a Grecia, 7

 Museo de Delfos..
 Panorámica de Atenas dend´a Acrópolis.
Ó fondo, o Partenón.
 En Micenas, porta dos leóns.
 Templo de San Dionisio o Areopaxita, en fase de restauración.
Vista da Acrópolis dend´a praza do Metro.
 De tendas naquel entorno.
O propietario do negocio agarda o retorno do dracma e doutras moedas europeas (tamén a peseta está presente no tendal) cando o país está en fase de descomposición. Só un 3 por cen dos gregos cree na casta política. Onte celebrouse unha gran protesta ante o Parlamento, onde parece se sentan 300 inútiles. E non teñen Senado, como en España. Podemos estar peor que eles.

Pontevedra, 12.11.2012
Entrada n. 1573 do blog
Artículo semanal.


Viaxe a Grecia, 7,
por Xesús López Fernández
           
            16.09.2012, día do regreso que inda cunde pra lle toma-lo pulso a algús dos ambientes da urbe. No día anterior tiverámo-la ocasión, xa comentada, de entrare nalgunhas das súas luces e sombras, de percibire algo do pulso comercial dunha cidade en crisis profunda. Non xa o noso guía, senón outras persoas, comerciantes cos que era posible a comunicación en español, fórannos aclarando algo da situación dramática que estaban a viviren. A información no grupo íase ampliando, sobre todo prós interesados en comprare algunhas cousas. Polo demáis foi todo un pasear por algunhas das súas transitadas arterias, rúas e ruelas, visita a algunha cafetería, tamén a algún centro comercial. E retirada ó hotel prá cea e mái-la foto de familia (xa inserida no meu blog) e a despedida do noso guía, un home que nos ensinara moitísimas cousas: historias dos lugares e monumentos visitados, a etimoloxía de non poucas palabras, mitoloxía, mesmo as claves da crisis económica do país.

            A mañá do Domingo comezaba con economía de movementos, porque a partida era á unha da tarde: equipaxe, pois, depositado a primeira hora pra aproveitare o tempo que nos quedaba: misa ás 8.30 no templo de San Dionisio o Areopaxita, un converso de San Pablo que foi bispo de Atenas. Trátase dun templo catedralicio católico román. O tempo, que nos respetara ata ese momento, agasallounos cun gran chaparrón ó sair da misa, compartida con outro grupo español acabado de chegar… E comezamos a visitar outros lugares no entorno da praza do Metro. Moitísimas tendas, artículos de todo tipo. Un señor mostraba como bandeira un tendal sobre o mostrador do seu pequeno comercio, unha especie de bastida da súa identidade, coberto ademáis por un plástico, unha colección de vellos dracmas. Non sei se agardaba xa unha saída inevitable de Europa e a volta a aquel signo monetario. I éso seguramente ha doer a aquelas xentes, porque Europa está na súa mitoloxía. Zeus namorárase dela e decidira seducila ou forzala, pró que se transformara nun touro branco.

            Europa, cando recolle frores perto da praia, repara no touro e ve que é manso, polo que se decide a montalo. Zeus aproveita esa oportunidade pra raptala e levala, nadando, á illa de Creta. Daquela revélalle a súa identidade e a muller convírtese na primeira reina da illa. O acto amoroso tería lugar baixo un plátano que, según a mitoloxía, debe a ese feito a perennidade da súa follaxe. Tempo despois Zeus recrearía a forma do touro branco nas estrelas actualmente conocidas como constelación de Tauro. Outro mito dí que o rapto foi obra dos minoicos, que a levarían tamén a Creta. O nome de Europa é, pois, grego. Non parece propio que o país se vexa abocado, ou tenten botalo da UE...Eran horas, pra nós, de facer balance, de lembrare as emociós dos días pasados, a descoberta de paisaxes insólitas e museos increíbles. A lección do día anterior: Corinto, Micenas, Epidauro, completara o periplo comezado en Tesalónica, á procura das pegadas de San Pablo. Meteora, a  dos seus grandes tesos cristianizados, está lonxe dos tempos nos que, esculcadoiros privilexiados da gran chaira de Tesalia, na que pastaban a avenza (ovellas, cabras) e o armentío (cabalos, vacas), puideron ser testemuñas do protagonismo dos tesalios, xinetes sobre cabalos, reconvertidos pola imaxinación nos míticos centauros.

            Estamos no autobús. A Acrópolis ateniense queda no alto. As xentes do grupo van tirando conclusiós, impresionados algús pola dimensión das necesidades vistas, xentes sen teito, subsistencia difícil…Polo demáis, a xente parece pensar non tanto na nómina dos diversos deuses e sibilas familiares nos lugares e ruínas visitados, pero sí é consciente de que con nós viaxa aquel deus desconocido do Areópago, cuia identidade desvelara San Pablo. E mentres voamos ou facemos escala en Madrid, ou xa en Santiago, barallamos novas ideas: bríndase como algo aínda non definido outra posible viaxe, a Chipre e Malta, que tamén souberon de San Pablo, Saulo de Tarso.     

4 comentarios:

Doramas dijo...

Maravilloso lugar digno de visitar. Lo hice hace unos 20 años y al parecer sigue teniendo ese no se que, que atrae igual ayer y mañana.

o blog de xesús lópez dijo...

Gracias,amigo:
Repetiría el viaje mañana mismo (bueno, así que pasen estos momentos terribles que están viviendo). Me ha quedo mucho por aprender y retener. Ha sido un viaje asombroso.

Un cordial saludo

candela dijo...

En descuidarse volverán al dragma antes de lo que esperan..

En fin, precioso, pero por otra parte qué triste ver la decadencia de la cuna de nuestra civilización.

o blog de xesús lópez dijo...

Fíjate, Candela, que en el inventario de billetes que aparecen en la foto, también está la peseta.

La pobreza que se percibía en algunos rostros tenía una hondura impresionante. Y mientras andábamos por la calle no era raro descubrir algún que otro "sin techo" durmiendo sin apenas protección de la lluvia, mismo a la entrada de algún banco.

Creo que seguimos la senda de aquel país, que tal vez nuestros problemas sean aún mayores.

Un saludo cordial