martes, 31 de enero de 2012

Travesía polo Bósforo

 Embarcando no mar de Mármara.
 Vista xeral do peirao de onde parten os vapores que fan a travesía.
 Xa estamos de camiño polo mar de Mármara.
 Panorámica urbá dend´o mar.
Outra imresionante vista. 
Movemento portuario.
 O estreito do Bósforo ten un tráfico intenso xa que é comunicación antr´o mar de Mármara e o mar Negro.  
 Aquí pérdese un algo a perspectiva.
 Outra vista dun barco de gran porte. Fondo de minaretes que parecen presidi-la xeografía de Estambul.
Ó fondo, o Mármara comunica co Mediterráneo. 
 Universidade francófona de Galatasaray, fundada en colaboración co goberno francés sendo presidente Mitterrand.
 Outra vista da dita universidade.
Nova vista xeral do Bósforo. 
Hai dúas pontes como ésta, de máis de mil metros, sen apenas impacto paisaxístico. 
Lado asiático do Bósforo, con mansiós con porto propio e precio de loucura.  
Unha das pontes, na distancia. Sen impacto visual. 
Outra vista do lado asiático. Algunhas destas residencias comunican coa parte alta por medio de funicular. 
 Dá envidia ver cómo conservan o entorno boscoso.
Tamén aquí, na banda asiática como no caso anterior.
 Apréciese o tránsito da ponte, contínuo.  
 Nesta toma están as dúas pontes á vista.
Como nesta outra. Fixádevos, novamente, no tránsito. Eso que parece unha ponte fráxil.  
Finalizamos con esta foto, na seguridade de que non seleccionei as mellores vistas de que dispoño, evitando o protagonismo dos que facían a travesía.

Pontevedra, 31.01.2012
Entrada n. 1493

Travesía polo Bósforo,
por Xesús López Fernández

O ancho do Bósforo é variable. Pode ter máis de dous mil metros na parte máis ancha, 900 metros na parte máis estreita. Non vou entrar en detalles nen en cifras. Se acaso citar que os turcos teñen pensado facer unha nova ponte, de semellantes características, proiecto de momento abandonado. Non hai dúbida de que é un país que mira ó futuro.

Se teño paciencia hei presentare novas fotografías, outras perspectivas, desta travesía, con tomas tamén das murallas de Constantinopla.  

lunes, 30 de enero de 2012

Bazar das especias, Estambul

 O 13.10.2011, despois de ter oído misa na basílica de San Antonio, en Estambul, visitámo-lo Bazar das Especias, antes de nos encarare coa travesía polo Bósforo, da que penso mostrar diversas fotos. Esta foto corresponde á entrada ó Bazar.
 O arrecendo do lugar é gratificante, fragancias chegadas do ancho mundo. As fotos están limitados a algunhas das tendas nas que se venden non só especias, senón pastelería, licores, etc.  
Iranian saffron and dried fruits, posto n. 17. 
Máis de frutos secos e de herbas medicinales, prá próstata, hepatitis, e outras doenzas. Azafrán e caviar parecen ser productos estrela nesta tenda.  
Outra tenda á vella usanza. 
 Aquí deben fornecerse os establecementos especialidados en comida turca, os döner kebap, que xa abondan incluso na nosa xeografía.
 Nesta tenda parecen promociona-la venta do exquisito te de mazá. Aquí merquei eu ese producto, en caixa, instantáneo, i en flor, en envase cerrado ó vacío. Pero repárese no colorido que prima no establecemento.
 Esta parece estar máis centrada en productos elaborados.
 I esta outra sigue un esquema moi común naquel espacio. Especias a granel, en tullas,
 como esta outra.
 Aquí, productos a granel, fálase español: "Un poquito de por favor". Chiquito de la Calzada debeu andar por este lugar.
 Outra festa de color, tamén obxetos de decoración, algo común no Bazar.
A xente completa o circuíto e sae do lugar.

Pontevedra, 31.01.2012
Entrada n . 1492

Bazar das especias, Estambul,
por Xesús López Fernández

Lembro un vello establecemento pontevedrés, xa desaparecido, Ultramarinos Boullosa, situado no encontro das rúas Sarmiento e Real, que prestaba ós viandantes e ós seus siareiros as fragancias cruzadas coas que nos encontramos neste lugar de Estambul o pasado 13.10.2011. O paseo por este lugar, no Corno d´Ouro, foi como o aperitivo da travesía polo Bósforo, á que me hei referire nun próximo post. 

O interese desta entrada é o de mostrare, co novo deseño do blog, estas fotos de color en gran formato e, verdade, sinto envidia de non poder volver alá, polo menos ó longo deste ano. O colorido recollido faime lembrare esta etapa da nosa viaxe.     

domingo, 29 de enero de 2012

Os cambios profundos



Tres chistes de Montoro, en La Razón. No primeiro deles a Xusticia queda anónima, por razós evidentes.

A Xusticia, malferida, non se fía da situación existente. Hai que limpa-lo panorama de influencias perversas. 
Carme Chacón, agora en campaña, reivindica as súas raíces andaluzas. Carme de Triana quixera ser, pero non é tan fácil, e menos defendendo o aborto, a interrupción do embarazo como lles gosta decir.

Pontevedra, 29.01.2012
Artículo semanal.
Entrada n. 1491

Os cambios profundos,
por Xesús López Fernández

            Despois de anos de gobernación dende o dogmatismo relativista, os cambios profundos anunciados por Gallardón e Soraya Sáenz de Santamaría pró noso sistema xudicial ou en relación coa lei de interrupción do embarazo, parecen marcare un tempo novo, a saída do túnel, á par que unha mellor forma de face-las cousas. As reformas estaban no programa electoral do PP, algo que Rajoy lembra en resposta á oposición crítica cos pasos anunciados, que incluso aproveitan (Rubalcaba e Chacón), pra infla-los seus discursos, como se máis que ante un congreso prá elección de secretario xeral do seu partido estivesen aínda en campaña electoral. E así Rubalcaba, que esquece a “lousa” de 5.273.600 parados coa que ZP rubricou o seu mandato, sigue coa súa pedagoxía vía mitin ousando recomendare qué debe face-lo Goberno español mentres a Chacón, coas mulleres, aproveita os seus discursos pra denunciare unha certa involución nas políticas sociales do PP, “en relación coa violencia de xénero” ou con que “se teñan anunciado recortes no dereito a decidir sobre a maternidade e mai-la interrupción voluntaria do embarazo”.

            Rubalcaba pontifica agora que o país se dirixe a unha recesión de cabalo e que o PP vaino pagar. ¿Pero por qué non deixou el as cousas resoltas, el, “que sabía cómo crear postos de traballo”? ¿Por qué non-o fixo no canto de dinamitare a nosa economía? O home conta co apoio incondicional de Felipe González, o home que programou a instrumentalización política da Xusticia, a morte de Monstequieu que dixo Guerra, como se dixeramos a fin do Estado de Dereito. E a Chacón quérenos vender como un dereito da muller a interrupción do embarazo derivada da lei Aído, curiosamente asistida por Carmen Vela como aval na súa afirmación de que os fetos non son humáns, aínda estando defendida tamén a vida dos nasciturus na propia Constitución española. Algo renxe no organigrama do ministerio de Economía cando a señora Vela, anteriormente integrada no “clan de la Ceja”, foi nomeada “secretaria de Estado de Investigación y Desarrollo”, no ministerio do señor Guindos.    

            A polémica, as polémicas, están servidas. A reforma xudicial, a elección polos xueces de  doce dos vocales do Consello Xeral do Poder Xudicial, parece estar socialmente aceptada, cuestionada se acaso polos que quixeran que a tal elección fose do total dos vocales do Consello, vinte, que mesmo podería ser ésa a forma máis valente de ter un poder xudicial verdadeiramente independente, áxil, neutral e nunca máis condicionado políticamente, capaz de entrare de oficio en tantísimos casos de escándalo público e corrupción conocidos, de deterioro urbanístico ou de agresión medioambiental.  Pra que o Estado de Dereito funcione. Pra que as sentencias firmes (que algunhas se levan dictado aínda coa Xusticia descafeinada, case sempre como consecuencia do exercicio da acción popular) se cumpran de xeito cabal.        

            Se o dogma laico do relativismo estivo moi presente nunha variada fronte de actuaciós políticas e promulgación de leis malas, onde se fai claramente evidente é na formulación da lei Aído. Que ela e os seus asesores negasen a humanidade dos nascituros ven sendo algo parecido a cando, nun pasado histórico aínda recén, se negaba que os negros fosen homes ou tivesen alma… As organizaciós pro-vida acollen a noticia do cambio da lei con reservas, se ben é certo que se está a truncar cunha inercia de disolución social, familiar. O arcebispo de Sevilla tense pronunciado ó respecto no sentido de que non lle parece mal que as instancias públicas atendan ó brado da xente, ó clamor co que se piden unhas penas proporcionadas a delitos especialmente cruentos e graves. En canto ó aborto, crime abominable según a doutrina vaticá, dixo que todo o que poña lindes á praxis do mesmo vai ser bo, si se establecen determinadas cautelas que salvagarden a dignidade de toda a vida, a dignidade do ser humán. A ver se os cambios son tan profundos como din, e pra ben.

domingo, 22 de enero de 2012

Muller pra lonxe

Caurel dos tesos cumes, a terra do poeta ó que se refire este artículo, poemas de amor adicados á súa dona, Elba. (clicade na foto pra vela grande).

Pontevedra, 22.01.2012
Artículo semanal
Entrada n . 1490

Muller pra lonxe,
por Xesús López Fernández
O título correspóndese co dunha obra de Novoneyra, versos de amor, segunda edición de luxo sotilmente coidada, número 1 da coleución (como  Uxío gostaba decir) “Gran Lugo de Nebra”. O libro, que está a ser presentado en foros diversos, ten prólogo de Luís Cochón i epílogo de Claudio Rodríguez Fer. Ámbo-los dous autores achégannos ó cerne desta obra, mada de poemas de amor escritos polo autor caurelao antre os anos 1955 e 1985. “Queridos lugueses meus”. Así arranca o prólogo porque esas foron as primeiras verbas, como unha Invocación, queridos lugueses meus, discurso exultante dun Novoneyra que “non soubo cousa outra que non fose agradecemento reverencial” a cantos fixeron posible aquel milagre estampado, gardado nun estoxo, obra de artistas e artesáns, que foi a primeira edición de “Muller pra lonxe”. Uxío estaba emocionado, case que “incrédulo ante o primor que saía do prelo pra se converter –gracias ós traballadores da imprenta da Diputación de Lugo, ás súas maos e conocimento— na primeira contribución ó Libro Galego da Arte”.
Teño nas mans un exemplar da última edición desta obra que comezou, según Cochón, sendo un verso, logo un título: unha impregnación que se convirteu en fatalidade substantiva, é decir: ligame, lazo de sangue, destino inevitable, no que tiña que ser. Título dun poemario de amor que o home ofrenda á súa muller,  Elba, dende que a soubo primordial: “ouh muller pra lonxe/ pra aquil que tral´o locir d´intres nada pode haber diario”, versos nos que o autor ensaiaba unha ortografía cabal, que debeu ter máis fortuna que non as normas bárbaras que decantarían no que o autor, defensor da fala popular, veu denominar “a lingua da non-patria”, a dos discursos políticos, tamén  a da liturxia católica. E neste libro están recollidos, talvez, os poemas cos que o autor máis se encariñou. Curiosamente, non están na relación poemas d´Os Eidos, a súa obra máis universal. “Muller pra lonxe” comeza cunha elexía, “Poema dos Caneiros”, pra algús o máis fermoso poema de Novoneyra e que puido se-lo máis longo  da súa obra. Pero aqueles 80 versos sen rima, “unha alta cousa de ledicia”, son agora 24.  
        En relación co poema “Nos Caneiros”, Luís Cochón afirma que nengún verso de Novoneyra tivo mellor glosador que o insigne humanista Isidoro Millán González-Pardo cando presentou, de viva voz, o libro que hoxe nos convoca. Del son estas palabras, salferidas con verbas do poeta: “As augas do Mandeo, augas do río heraclíteo nas que un non se baña por segunda vez, devalan mansas, ó cair da noite, e levan de vagariño –non empuxan nin arrastran--, as barcas, soltas, pra o mar. Soltas, libres de amarras e ataduras, sen esforzos de boga, no abandono de fruición vital  --as mulleres! o viño! as viandas!— baixan as barcas pró infindo do mar i a noite”. Devalar, unha constante no poema que, despois de nos presenta-lo “Mandeo inorde ó son da noite” vai abrindo cada estrofa con “As ondas do río devalaban lenes” levando as barcas soltas pró infindo do mar i a noite./ A medida que o tempo pasaba alongabame da morte./As ondas[…] levando as barcas./No milagre longo coidei seguir sempre nas barcas devalando”, como soñando cun contínuum, un tempo sen fin.
        Alongabame, alonxabame. Rodríguez Fer, no epílogo, lémbranos o camiño poético de Novoneyra: “Os Eidos, nos que a paisaxe do Caurel fundiase co telurismo cósmico; nas Elexías do Caurel, o intimismo deviña relación existencial…”. Pero no libro que nos ocupa  e que convén leer, o contido procede dunha introspección espiritual das fonduras anímicas e da revolución desacougante da súa nada. Trátase de poesía existencialista, allea ó consolo e á esperanza, según conclúe Rodríguez Fer: “Podo ficar só na túa imaxe,/ levo esta seguranza na noite”.  A dolor existencial aguilloa a procura do conocemento, pero súmeo na angustia: “Ouh cor (corazón) sempre núo i esposto!/ Antes eu coidaba que a door máis fonda facía inmortal./ Din os soños i os paxaros: A morte non é certo!”. Pero os paxaros non levan razón e o clamor civil do poeta faino exclamar: “non non é así como somos nin ti nin eu nin todo/ é a peste da HISTORIA.” Ou decir “compría romper principiando por todo”.

viernes, 20 de enero de 2012

Outro fraude de Ence


O conselleiro camiña pola pasarela ilegal construída por Ana Pastor. Ence brinda a posibilidade de facer unha pasarela pola beiramar. Pero o espacio que aparece na fotografía é dominio público marítimo terrestre. Ence quer permanecere en Lourizán contra todo sentido, fieles á súa folla de ruta antiecoloxista. I ésto é dominio público marítimo-terrestre, non beiramar como poden pensare as xentes do PP e os traidores do Bloque tamén.

 
Mariscadoras van sacando ameixa do tremedal coa intención de depurala nunha batea en Aldán. Aínda así, o molusco non ten aceptación, como acontece no Ferrol.

Manipulando ameixa pra depositala nunha batea, en Aldán.
Marismas de Lourizán. Comeza a agresión nos últimos 50, pero apréciase ben cal é a línea do litoral, ó pe da vella estrada. A autovía a Marín está no mar, é dominio público marítimo terrestre. Deslinde asinado por Isabel Tocino, ministra de Medio Ambiente, asignatura que o PP parece ter esquecido. Fraga puido recupera-las marismas, pero non quixo, senón que propuxo a instalación de Tisú de Lourizán (Georgia Pacific), a cambio do monte Gaiás, doado por José Luís Méndez como mausoleo. Despois virían outros disparates, como o de comprometere o litoral da Costa da Morte en Cabo Vilán, tan disparate como si se lle tivese ocurrido decreta-lo pintado en branco da fachada do Obradoiro na catedral compostelá.

Pontevedra, 20.01.2012
Entrada n. 1489 do blog

Outro fraude de Ence,
por Xesús López Fernández

Ence quer face-lo posible por permanecer na ría de Pontevedra, degradándoa de cada volta máis. As fotos que acompañan a esta pequena entrada ilustran parcialmente o que está a pasar, porque os políticos da Xunta teñen desta volta un discurso doudo, pretendidamente ecoloxista, en resposta á ameaza que parece conlevare a pretensión de cambio da Lei de Costas polo señor Arias Cañete.

Digamos que Ence, que arrancou no ano 1963, fíxoo en base a unha concesión do 1958, nula ab-initio porque coa antigua fábrica de celulosas chegou o escándalo, a peste, as enfermedades e o consumo masivo d´auga, como catro veces a que consume Pontevedra. 

Afirman agora os conselleiros da Xunta que van intermediar co Goberno pra acabaren coa presencia de Ence na ría, fonte de tantas ruínas. Sen ir máis lonxe aínda a prensa destos días ilustraba que nos últimos dez anos se perderan na ría 450 postos de traballo; é decir, que ese número de mariscadores e mariscadoras tiveran que deixaren o seu traballo. I ese número é superior ó de traballadores que a fábrica mantén en nómina. Que conste. 

Aquí, a gran dúbida é a de que a Xusticia non vai chegare, non dá chegado a aqueles casos nos que podemos presumir unha clara actitude criminal: por contaminación atmosférica, por vertidos de dioxinas, mercurio, endrín, ou pola emisión de gases sulfhídricos. 

Outra das cousas que se poden decir de Ence, que fai propaganda das enerxías alternativas, é que no enxendro de Lourizán ten activas dúas prantas de biomasa, sen licencia nen concesión. Presuntamente, claro.

domingo, 15 de enero de 2012

Anuncian cambios na Lei de Costas

As marismas de Lourizán. A ameixa aí recollida ten que ser sometida a unha "especie" de lavado-depuración nas augas de Aldán, por onde o mar entra con augas limpas.
Vista parcial do inferno de Lourizán, holocausto contínuo: contaminación, enfermedades, peligro permanente.

Pontevedra, 16.01.2012
Artículo semanal
Entrada n. 1488 do blog

Anuncian cambios na Lei de Costas,
por Xesús López Fernández


A lei de Costas naceu no 1988 coa intención de dar protección a todo o litoral español, 4000 kilómetros de costa. Si ésta está hoxe en gran parte agredida, desnaturalizada ou contaminada, é porque non houbo unha verdadeira vontade de vixia-lo estricto cumprimento da Lei ou de executaren sentencias firmes do TS tendentes a restaura-lo medio natural, asuntos que non admiten demora se verdadeiramente queremos facer do Medio Ambiente un factor, tema a respetar, como afirman as nosas autoridades ó tempo que anuncian profundos cambios na citada lei. O PP xa anunciaba na campaña prás elecciós do 20-N que reformarían a lei de Costas, algo que o ministro de Agricultura, Alimentación e Medio Ambiente confirmaba o 13 de xaneiro na toma de posesión dos directores xerales de diversos departamentos do ministerio. O home prometeu unha modificación “compatible co crecemento económico, a xeneración de emprego e a contribución á saída da crisis”, sen que supoña unha merma da “protección medioambiental”.

A súa afirmación de que “unha parte moi importante da nosa riqueza é o litoral español e por elo este ministerio vai poñer en valor o conxunto de praias e costas españolas en base á sustentabilidade ambiental”, según dixo, deberianos dar unha certa calma. Pero os diversos colectivos ecoloxistas sospeitan, como di Green Peace, que poden volver a “promove-la destrucción do litoral”. Este colectivo anuncia a posible denuncia por vía xudicial ou con movilizaciós ante calquer recorte da lei de Costas. E temen que poidan estar en peligro os últimos tramos de costa virxe, ou de proiectos ambientalmente agresores como os de Marina de Cope (Murcia), diversos portos deportivos en Baleares, concesiós de costas en Pasaia (Guipúzcoa) ou Tarifa (Cádiz) ou a realización macrourbanística de El Palmar “terían vía libre pra un desenvolvemento en primeira línea de costa”. ¿Ou qué decir co tratamento de espacios sensibles como a ría de Pontevedra, víctima dun holocausto ecolóxico continuado dende o ano 1963? 


Se no ano 1973 definía o Goberno español como indeseables as presencias nas marismas de Lourizán (Pontevedra) das fábricas de celulosa e cloro, das que só se podían derivare problemas prá saúde e convivencia humás, sabemos da certeza da información e de cómo se foi practicamente destroindo i envenenando a riqueza do noso litoral, algo do que tiñan información privilexiada os consumidores franceses. Aquí estívose a xogare coa información e a desinformación e resulta que agora, cando o banco lodoso de Lourizán, un tremedal calificado como zona C é productor de molusco contaminado, non se lles ocurre mellor cousa que leva-la ameixa a unha batea da ría de Aldán prá súa depuración, ata que, naturalmente, as augas negras enloden tamén aquel espacio. Aquí non houbo nunca máis que unha farsa descontaminadora, difícilmente xustificable cunha depuradora construída en dominio público marítimo terrestre, contra á Lei. Lévanse gastado cartos, sí, pero contrariando á natureza e coido non existe outra vía prá rexeneración desta ría que a da recuperación das xunqueiras como parte real e vivificante do noso ecosistema.

A simplificación da normativa medioambiental que anuncia Arias Cañete non debe valer pra apantallare posibles conductas dolosas ou a fractura final dun equilibrio fráxil por querencia dos clústers. O desenvolvemento económico estaba aquí garantizado “respetando o medio ambiente”, a ría como gran cetárea aberta, productora de toda clase de marisco, moluscos e peixes (rodaballo, lenguado, robaliza, xarda, escarapote). Foi ría de ostras e, coas xunqueiras vivas, de sardiñas. A economía de cinco mil familias estaba aquí garantizada polo medio natural. Pero a chegada das industrias de vertedeiro trouxo a ruína case total. Coa vella lei de Costas poderianse arranxare cousas, talvez con outra Xusticia. ¿Pero cómo vai se-la nova lei?

domingo, 8 de enero de 2012

Panorama de reformas

Esteban, en La Razón, certeiro como sempre. Que nadie se cague en nadie. Ésa é a recomendación de Rajoy, escenificada polo humorista.

Pontevedra, 8.01.2012
Entrada n. 1487 do blog
Artículo semanal


Panorama de reformas,
por Xesús López Fernádez

Se ben o resultado das elecciós do 20.N parece ter marcado o camiño pró comezo das medidas necesarias e poñer ó país na senda da creación de postos de traballo e da xeneración de riqueza, a cifra de máis de cinco millós de parados en periodo de fonda recesión, tal parece que o esmorecemento da nosa economía pódenos levare a un paro aínda maior. Tristemente, son moitas as familias que subsisten gracias ós comedores sociales, perdido o emprego ou a empresa, a causa da política desastrosa do goberno anterior. ¿Pero cómo actuar pra crear de novo riqueza, traballo, capital social, fixa-las reformas lexislativas xustas pra inverti-lo curso da economía, findar coa galopaga que nos levaba cara un fondísimo cavorco? Teñamos presente que outros países europeos sofriron recesiós como a española, pero souberon mante-la tasa de paro sen crecer máis de dous ou tres puntos, mentres que España pegou o brinco do 8 ó 22 por cen, o índice máis alto de Europa.
Esa ven se-la foto finish do goberno socialista, cunha Seguridade Social que entrou en números roxos. E comezan os populares a gobernaren con medidas de forte calado, anti-déficit, anti-fraude, ou cun forte incremento no IRPF que non estaba no programa electoral, coa carga engadida doutras sobidas: gas, gasolina, peaxes de autopistas, ibi (xa en límites delirantes). Soraya Sáenz de Santamaría informa en relación cos acordos tomados en Consello de Ministros, e vai seguir informando semanalmente. Rajoy vai permanecer calado, de momento, creando coesa actitude, en principio, unha certa desconfianza precisamente antre os seus votantes, que agardan unha maior transparencia informativa sobre as medidas a adoutare en educación, sanidade, subvenciós, adelgazamento da administración, rexeneración do Estado das Autonomías, algo que parece imposible sen desmontalo como tal.
O Iva non vai sobir, de momento. I é fácil pensar nun efecto negativo de futuros incrementos, con posible incidencia nunha minoración do consumo. E parece estúpido reducilo pra estimulare a adquisación da primeira vivenda. ¿Pra qué? ¿Pra que no momento de se producir unha transmisión hereditaria se teña que tributar máis do que se pagou no momento da adquisición? Por certo que algús queren darlle novas voltas ós chamados impostos confiscatorios, ó imposto de patrimonio e ó dito imposto sucesorio. ¿Qué sentido ten? O patrimonio acumulado despois dunha vida de traballo e sacrificio, convertido en edificios, empresas, aforros de diverso tipo, sigue tributando por mil bocas ó tempo que tamén crea postos de traballo. Ogallá todo o mundo puidese facerse cunha certa e visible fortuna, que só dende unha ideoloxía que prime o resentimento podemos cuestionar.
A presión exercida por medio dos impostos confiscatorios pode provocar un certo papel deslocalizador, forzando a emigración do capital. Rajoy tíñao moi claro no 2003. Foi un pouco a súa bandeira electoral por toda España, recomendando ás autonomías, que exercen a cobranza do imposto sucesorio, que o condonasen (nalgús casos ata o 99% da cuota resultante), porque esta figura ten un certo perfil anticonstitucional, según tiña reconocido Enrique Múgica Herzog, Defensor del Pueblo, ó estare en contradicción co propio sentido da propiedade privada, que tamén reconoce a Constitución. Hoxe está suprimido o imposto nas transmisiós antre parentes directos en moitos países e autonomías españolas. Incluso en Cataluña, a promesa da supresión formaba parte da axenda electoral; despois, sen embargo, Artur Mas recuaba, como acontecera en Galicia con Alberto Núñez Feijoo, pero houbo unha protesta activa dos cataláns ante Múgica Herzog e Artur Mas pensou mellor as cousas en relación co IS. En Cantabria, o PP aprobará o próximo martes a supresión do Imposto Sucesorio, pra favorece-la creación de riqueza (compra de vivendas, creación de empresas, e de postos de traballo polo tanto). Unha boa receta
.