jueves, 30 de septiembre de 2010

O PARIPÉ DA FOLGA

Cándido Méndez e Teresa Fdez. de la Vega bícanse na "radio amiga" Ser. Parecen contentos dos resultados da folga "coorganizada" polo Goberno e o seu brazo sindicalista. Non hai probas de que o sindicalista e a vicepresidenta compartan "fondo de armario". (Foto de La Gaceta de Intereconomía)
-
Pontevedra, 30.09.2010
-
Entrada n. 1303 do blog
-
O PARIPÉ DA FOLGA DO 29.09,
por Xesús López Fernández
-
A folga d´onte foi unha vergonza que, en non poucos lugares, tivo aspecto dunha serie de actos terroristas sereamente planificados por medio da actuación dos piquetes violentos. Hoxe, cando parece que todo pasou, o bico de Méndez e Teresa Fernández de la Vega explica non pouco, como se compartisen unha mesma filosofía aínda que non compartan o fondo de armario, como comentaba Federico Jiménez Losantos no programa de "El Gato al Agua" desta noite.
-
Por certo que a emisión deste programa de Intereconomía do 29.09 foi seguida por uns tres millós de espectadores, o que revela que de cada volta é máis a xente do país que se quer informar do que está a pasar, de cómo ZP nos quer levare á ruína total. Mentres algús medios non informaban dos actos vandálicos de Barcelona, foron moitos os cataláns que agradeceron a Intereconomía a información ofrecida en tempo real, na que incluso se produciron agresiós ó seu delegado Sr. Pou que, facendo gala dun extraordinario estoicismo e inda sendo apedreado, informou puntualmente do que pasaba ó seu redor, visible nun dos vídeos que inclúe o enlace tomado do blog "La Verdad en Política".
-
Noutros pódese aprecia-la actuación vandálica, terrorista, dos anti-sistema. E non me parece cousa menor a supresión onte en Galicia dos servicios do ferrocarril. Chamarlle folga a algo orquestado polo propio Goberno, especie de terrorismo de Estado, paréceme unha total falacia. Máis dun 70 por cen dos seguidores do programa "El Gato al Agua" opinaron que, efectivamente, a folga foi un paripé montado en mancomún por Goberno e sindicatos.
-
¿Qué pasou realmente? Os sindicalistas liberados, ministros sen carteira do Goberno socialista, manporreiros de ZP e as súas políticas ó longo dos últimos anos, non quedaron xustificados coa manifestación que estiveron demorando tanto tempo, subvencionados; que ZP tamén a precisaba pra, dalgunha forma, botarlle a culpa á oposición e, sobre todo, a Esperanza Aguirre que, en definitiva, parece saeu vencedora nesta folga sensentido.
-
Enlace:
-

sábado, 25 de septiembre de 2010

A DESMEMORIA DE BONO

José Bono, presidente do Congreso español, acaba de soltar unha parida: que dende o 1812 ata o 1977 non houbo en España nada máis que 16 anos de libertade. (Foto de Yahooo)
-
Pontevedra, 25.09.2010
-
Entrada n. 1302 do blog
-
A DESMEMORIA DE BONO,
por Xesús López Fernández
-
José Bono, conocido tamén polas súas propiedades, naceu en El Salobre (Albacete) o 14 do mes de Nadal do 1950. Fillo dun alcalde franquista que gobernou o seu pobo de 600 habitantes ó longo de 17 anos, dí non sentir vergonza por eso ó sinalar: "Eu non me esquezo da miña historia, aínda que non quero vivir no pasado". Pero sí está no pasado, remexendo coa ferramenta da "memoria histórica" rencores de tempos pasados e demostrando, ademais, que aprendeu mal, cos Jesuítas, a historia de España.
-
Pero hai un dato importante na impudicia do seu discurso pro-republicán: a cita que fixo dos 16 anos, únicos de libertade, que houbo ó longo de case douscentos anos de historia, que ben puido decir, como comentaba Eduardo García Serrano, 36 ou 136. Pero o seu subconscente traicionouno porque os 16 anos que mentou son, sen dúbida e mal contados, os 17 anos qu´o seu pai exerceu como alcalde franquista, como si el, no fondo, sentise arelanzas do réxime do xeneral, como tantísimos españoles, porque é evidente que o réxime de libertades construído polo Goberno franquista, sobre todo cando se foi liberalizando, non ten comparanza coa dictadura e deterioro económico que estamos a vivir co réxime de ZP. Certo que a algús lles vai moi ben, sen ir máis lonxe ó propio Bono, poseedor dunha incalculable fortuna da que non quere falar. E ás fashionitas de ZP, como denominou o Frankfurter Algemeine Zeitung ás De la Vogue, Salgado, etc., ás que tamén lles vai ben no medio da miseria rampante que vive o país, instaurada polo zapaterismo.
-
Por privarnos de libertades esmagan a transparencia que debe existire en todo sistema democrático. E antre outras cousas, quérennos privar do exercicio ante a xusticia da acción popular, que contemplaba a Constitución do 1812. De pena, sí, o discurso de Bono, que ben podería presumir de franquista-pata negra, como Griñán, o presidente andaluz, fillo dun comandante de Guarda da Franco. Franquistas pata-negra que xogan á desmemoria poraue a corrupción manda.
-
Mellor ha ser que Bono non faga discursos, aínda que lle cubran as mentiras ou o arroupe o propio Fiscal General.
-
Enlaces:
-
-
-
--

viernes, 24 de septiembre de 2010

A MUIÑEIRA DE CHANTADA

Carlos Núñez é un dos nosos artistas máis universales. Afortunadamente, a gaita e outras instrumentos gozan hoxe de boa saúde gracias a el, a Pato, Seivane, Ibáñez e outros.
-
Pontevedra, 24.09.2010
-
Entrada n. 1301 do blog
-
A MUIÑEIRA DE CHANTADA.
executada por Carlos Núñez e os Chieftains.
-
Coido se trata dun maravilloso i emocionante espectáculo, irmanáda-las culturas celtas de irlandeses e galegos. I emocionado Núñez cando anuncia ós Chieftains, toda unha institución en Irlanda. "Démono-las mans como druídas". Na coda final da peza, galegos e irlandeses compatibilizan a súa forma de puntear. Nesta música universal sí que non entrou o galegués, a lingua da non-patria. Por eso a Muiñeira de Chantada ten outro andar e pode estar presente noutros lares, ademáis de ser entendida. Ata pode que alguén chore de emoción.
-

ANXO LORENZO FALA DE POLÍTICA LINGÜÍSTICA

O caos normativo, a lingua que non vai porque a mataron. Dibuxo fractal de Xesús López.
-
Pontevedra, 24.09.2010
-
Entrada n. 1300 do blog
-
ANXO LORENZO FALA DE POLÍTICA LINGÚÍSTICA,
por Xesús López Fernández
-
A entrevista que publica o Diario de Pontevedra debe ser leída. Lorenzo vai contestando máis que como técnico como un político. As súas declaraciós están en puro galegués sen chegare a certos repuntes dos nazionalitaristas que sí teñen infiltrados, presuntamente, comisarios políticos da lingua na Administración ou tentan ideoloxiza-lo ensino, co uso da lingua oficialmente deturpada (unha palabra que lles gusta moito) prá fanatización dos estudiantes, pra levalos a unha especie de nova Arcadia na que se fala, xa, a lingua da non-patria.
-
I esto da lingua da non-patria, presente nas declaraciós de Lorenzo, dígoo novamente en homenaxe, como lembranza viva do discurso de Novoneyra, en Pontevedra condenado polos estalinistas. Por certo, non me parece oportuno o xuicio de Lorenzo en contra de Galicia Bilingüe, que coido ten razón na denuncia por eles formulada e que o que procede, antes de nada, é leéla i estudiala. E o PP debe lembrar que, sen Galicia Bilingüe, sen a súa campaña e sofrindo atentados, posiblemente non tería gañado as elecciós; ou eleuciós, como diría Uxío Novoneyra.
-
Enlace:
-

NOVO PLAN DE MOVILIDADE, EN PONTEVEDRA

Festas da Peregrina, este ano con tres norias, unha delas, a desta foto, na Alameda, de cada volta máis agredida. A bullanga, aínda que se carguen o patrimonio urbán, forma parte da súa filosofía.
Mercato di Porcellino, en Florencia, unha lonxa cargada de historia na que se poden mercare prendas a bo precio. O 21.03.2009 había movemento, de certo que sí. Podería mostrare diversas fotos e vídeos, pero non domino a técnica pra sobire as cousas como quixera. O que hoxe é o baixo das oficinas de Terras de Pontevedra, foi pensado tamén como lonxa, talvez prás verduras, finalmente solar de skaters no modelo de cidade de Lores. Agradezo a iniciativa de Louro de cerrare o baixo pra esa cousa turística que non sei de que vai.... A verdade, liberoume dos skaters, do seu insoportable ruído. Nada ten que ve-lo mercado da foto co rastro de miseria que se monta na praza da Verdura polos domingos, dentro do modelo estalinista de cidade creado por estos nasturcios. Esta podería ser outra idea pró turismo local. En Florencia, aínda que este cabalo estaba parado non é porque estivese de folga, pronto pra prestare os seus servicios como outros compañeiros que, turrando da súa correspondente calesa mostraban a cidade a xentes chegadas de todo o mundo. Esto aínda non se lle ocurreu a Lores. Nen Pontevedra é Florencia, onde a concentración de cultura é impresionante.
-
Pontevedra, 24.09.2010
-
Entrada n. 1299 do blog
-
NOVO PLAN DE MOVILIDADE, EN PONTEVEDRA,
por Xesús López Fernández
-
Coido que a razón de que anuncien un novo plan de movilidade é porque fracasou o seu modelo de cidade. Saben que na zona vella non venden un cromo, que se lles foi a bolsa de votantes que aquí poderían ter se tivesen feito as cousas con dignidade no canto de se valer dalgún soplapollas representante do comercio da zona ou dalgunha asociación, como foi o caso da famosa Cidade Vella, que se ben actuou críticamente no seu comezo, foi fagocitada e reducida á nada, convertida en baraza, en correa de transmisión do Bloque pra vende-lo seu modelo de cidade: prazas desalmadas, todo tasca, prohibición de circulación, exterminio do comercio local, espantada dos residentes. E os que quedan, por suposto, xa non lles votan, salvo algún caso aillado de doudice, que tamén a hai. E tampouco lles van votar os que tiveron que mercare lonxe deste Gulag e meterse, ó mellor, en novas aventuras hipotecarias.
-
Hoxe falou por Radio Pontevedra Mari Luz, a presidenta da Federación Boa Vila, e puxo o dedo na chaga cando mentou as bicicletas e a necesidade de que os ciclistas teñan un seguro obrigatorio de terceiros. Unha cousa é que vaian por un carril-bici, caso da pista a Monteporreiro, outra é que circulen pola zona por onde van os peatós, sen norma de nengún tipo, como asesinos en potencia ás veces, o que parez a lei da selva. E aquí procede citar novamente o caso da normativa existente en Valencia: bicicletas e skaters, pola calzada, como os coches.
-
Fíxádevos na noticia de La Voz, da que vai seguidamente un enlace. Queda aberta a posibilidade de aparcamentos prós residentes "sempre que non lles esgace o seu modelo de cidade", ese modelo que non existe, aínda que eles, sí, acabaron coa cidade, reconvertida nunha especie de Gulag. Consultarán a certas asociaciós, claro, ás próximas, se cadra ás mesmas que os axudaron a se carga-lo tipismo das nosas prazas. Etc. (Lamento non ter podido sobir outras fotos).
-
Enlace:
-

jueves, 23 de septiembre de 2010

A DENUNCIA CONTRA O NUDO DE MOLLAVAO

A variante de Marín vai a toda marcha. É a colaboración das administraciós antiambientalistas (Concello, Xunta, Fomento) pra se carga-lo litoral e consolidaren a avenida de Marín e a perda definitiva das marismas de Lourizán en favor de Ence ou dos posibles solares. (Foto de La Voz de Galicia)

A fotografía aérea mostra o lugar, máis ben Cocheras que Mollavao, onde queren construiren, os tres partidos políticos depredadores do litoral, o nudo de 200 metros de diámetro.
-
Pontevedra, 22.09.2010
-
Entrada n. 1298 do blog
-
A DENUNCIA CONTRA O NUDO DE MOLLAVAO,
por Xesús López Fernández
-
Salvemos Pontevedra acaba de denunciare a planificada agresión das administraciós ó servicio de Ence, presuntamente tamén dos lobbies do porto de Marín, que culminaría coa construcción do chamado nudo de Mollavao. (Incluirei neste post o texto da referida denuncia)
-
Téñase presente que a denuncia que fai o colectivo pontevedrés conta co apoio doutros grupos como: Plataforma d´Os Praceres, Vaipolorrío, Asociación de Veciños de San Roque, Verdegaia, Monteferro, Galicia non se Vende, citados na noticia que hoxe dá La Voz de Galicia, da que se inclúe enlace. Na medida do posible iranse citando outros medios. A denuncia anuncia posibles acciós de tipo legal, porque o Estado de Dereito non está a ser defendido dende as Administraciós presuntamente enzudradas pola corrupción, se ben debemos lembrare que a Dirección Xeral de Costas tamén alegou contra o nudo de Mollavao; se non se tratou dun simple brindis.
-
Enlace:
-
-

miércoles, 22 de septiembre de 2010

ENCE, A BIOMASA, E O VETO DA XUNTA

Instalación fabril de Ence-Elnosa. Foto do Faro de Vigo.
-
Pontevedra, 22.09.2010
-
Entrada n. 1297 do blog
-
ENCE, A BIOMASA, E O VETO DA XUNTA,
por Xesús López Fernández
-
Ence ten, presuntamente, dúas prantas de coxeneración, seguramente a fonte de producción das cinzas prás que aínda onte comentaban diversos medios que a pasteira ten un plan pró seu posible uso como fertilizantes dos nosos montes, en gran parte mineralizados a consecuencia dos incendios forestales nos que o eucalipto, esa árbore que usan profusamente os de Ence, é o gran protagonista á par de que tamén contribúe á degradación ambiental da nosa terra.
-
A Xunta, parece que despois de télo pensado, vetou a pranta proiectada por Ence e da que dá nota o Faro de Vigo en noticia da que inserimos enlace. ¿Pero é que as aludidas prantas de coxeneración, que lle permitirían incluso vender enerxía eléctrica, non teñen nada que ver coa biomasa? ¿O veto da Xunta é de vaievén? Porque as Xuntas todas, dende a primeira de Fernández Albor, levan suspendido a asignatura da defensa ambiental.
-
Anticipo agora unha noticia que deberá aparecer mañán nos medios que non-a agachen: A da denuncia apresentada por Salvemos Pontevedra, co apoio de diversos colectivos ecoloxistas, da construcción do nudo de Cocheras/Mollavao, do que arrancaría a variante de Marín, presuntamente pra consolida-la autopista e a morte da ría. Os partidos políticos participan, neste asunto, dunha afrenta ó medio ambiente, como unha gran orquesta ó servicio da corrupción. O medio ambiente, ¿territorio sagrado? Nos discursos, nada máis que nos discursos. Ah! Os ecoloxistas da APDR non se posicionaron, que eu saiba, neste asunto, nen na serie de obras que o bipartito local vai facendo pola avenida de Marín, presuntamente sen permisos de Costas.
-
Enlace:
-

lunes, 20 de septiembre de 2010

AGUETE, TERREO LESIONADO

Vista parcial do Pozo da Revolta. Este terreo forma parte do que sigue en costa cara ó mar. Nalgún tempo foron máis de catro mil metros cuadrados. Vista en sentido ascendente do terreo que culmina no pozo da Revolta, con carballos e piñeiros como vexetación principal. Vista cara ó mar. Neste espacio, que xunto co martelo do pozo da Revolta mide dous mil metros sobrados, non deixan construir. Ousérvese que existen varias casas, á esquerda, unhas tres ou catro. Coa súa construcción lesionaron este terreo, que en principio medía sobre catro mil metros, vendidas algunha das partes ó notario Zulueta de Haz, sobre a praia, e ós empresarios González Sobral.    Panorámica dende a parte media da finca. O servicio de acceso á propiedade situada en parte máis alta é, en realidade, terreo presuntamente segregado da finca, con motivo da construcción dun chalet polo señor Crespo (de Construcciones Crespo), solicitado permiso verbal á daquela propietaria do terreo, pra pasare os materiales necesarios. Pero xa nunca foi reposto o terreo "mordido". Unha traición basada en mentiras, das que sabía o daquela aparellador Alejandro Milleiro.

Entrada (vista en sentido descendente) ata a estrada que baixa a Aguete dende a xeral de Marín-Bueu. Na dereita do "novo" camiño ousérvase a lesión da propiedade, que antes estremaba coa da esquerda, de Antonio Soto-Quiroga ou herdeiros. En sentido ascendente. O murete da esquerda conformaba un dos marcos da entrada á propiedade. Parte da propiedade vendida a Manuel Padín Sánchez, concretamente 525 metros cadrados, hoxe convertida nunha especie de xardín inglés.
Outra vista desa parcela, na que loce un espléndido liriodendro.
A mesma propiedade, pola parte baixa, pista de punta Bagüín a Aguete.
Casa de Ernesto Viéitez Cortizo, ou da súa filla, de construcción recente, que se sirve tamén polo servicio "segregado" sen autorización escrita da daquela propietaria da finca, vilmente engañada.
Vista panorámica dende a parte alta. A casa da esquerda, do señor Cabanelas, tamén ten entrada polo servicio antes mostrado. Os tellados que se ven na parte baixa corresponden, á casa de Padín Sánchez.
-
Pontevedra, 20.09.2010
Entrada n. 1296 do blog
-
AGUETE, TERREO LESIONADO,
por Xesús López Fernández
-
A finca que se mostra parcialmente é resultado da compra e agrupación de catro terreos, sendo o máis alto o chamado Pozo da Revolta, que na escritura aparece tamén como nome da propia finca.
-
Vendidas varias superficies ó quedar cortada a propiedade por dúas carretera, como xa foi citado nas fotos, aínda existe unha pista que separa o enclave da Revolta do resto da propiedade. Esa pista era realmente unha pasantía, e nada máis, pero alí tamén construeu un que foi alcalde de Marín, e a pasantía tomou máis "carácter" e ancheou.
-
Naturalmente, pola vida hai que saber andar. E non entendo que non se poida facer neste lugar unha pequena casa, pero o PXOM de Marín non tiña prevista a edificación dese terreo, que sen embargo está lesionado polo servicio que inventaron certos listiños.
-
Non digo máis, incluso algunhas fotos anteriores á era dixital servirían pra evidencia-lo "roubo". E ademáis un plano que aclararía todo de forma cristalina. No plano vese ben que non existía o servicio fotografiado. É unha entrega que queda pendente, se vale a pena.

viernes, 17 de septiembre de 2010

A MOVILIDADE PONTEVEDRESA

O ciclista acaba de cambiar de direución e diríxese cara Laranxo d´Arriba, pero non...,

porque baixa pola escadeira que se ve na nova secuencia, perdida a oportunidade de capta-la baixada feita polo ciclista. Ésas deben se-las pedaladas que lle gustan a Bará, outra forma de movilidade-accesibilidade-agresión nesta cidade derrotada.
Qué ledo está Bará, o concellal non eleuto, que ousa afirmar, na nova do Faro de Vigo á que corresponde a foto, que en Pontevedra temos nada menos que 19 líneas de transporte público. Á fin, nesa forma de esquizofrenia dende a que imprantan o seu Diktatt, acaban creendo as súas trolas.
-
Pontevedra, 17.09.2010
-
Entrada n. 1295 do blog
-
A MOVILIDADE PONTEVEDRESA,
por Xesús López Fernández
-
Anquilosaron a cidade na que, perdida a circulación radial, produceuse un éxodo de moitas familias a unha segunda vivenda mellor situada, moitas veces xa fóra do Gulag pontevedrés. Estos resólveno todo a base de forzare á xente a camiñar ou ir en bicicleta de mala forma nunha cidade na que non existe un sóo carril-bici máis alá do que vai, pola banda do río, cara á praia fluvial. E non dou repescado un pequeno video do babytren, o transporte coleutivo que imprantaron estos palurdos. Porque a realidade é que aquí foron impotentes á hora de manter ou deseñar un verdadeiro transporte público. ¡E agora veñen coas pedaladas, co peligro das pedaladas!
-
Enlace:
-
-
Nota.- Neste post incluín algunhas formas populares da fala, que sei non gustan ós inventores do galegués, pero que usaba Novoneyra, o poeta condenado este ano ó esquecemento polos estalinistas, ata o punto de non monta-lo escaparate do Día das Letras Galegas na Ferrería, como viñan facendo tódo-los anos, pra que alguén creera no falso galeguismo do goberno local.

jueves, 16 de septiembre de 2010

OKUPAS DE DÍA, OKUPAS DE NOITE

Na teima do chamado "modelo de cidade" e máis da "accesibilidade", prima a privatización dos espacios públicos con terrazas sobredimensionadas. Finalmente, neses lugares non hai accesibilidade nen movilidade posible. Na Glorieta de Compostela, con toda incuria, acabada a faena, mesas e sillas permanecen toda a noite, tódo-los días do ano, atadas, se cabe, a algunha baixante do edificio por medio dunha cadea.
Outro dos escándalos da noite é o que actualmente están a protagonizare carrocetas como a da foto, que prestan un servicio porta a porta de recollida de cascos de botellas, antre as dúas e seis da madrugada. O escándalo que fan é tremendo. Son os donos da noite xunto con algún "concertista" de tambor ou bongo. A policía non actúa. Reparade no chan da rúa San Sebastián, na súa suciedade. En pouco tempo pode estar totalmente negro.
Outra forma de incumprimento da normativa de veladores. Tapas con moscas pra un turismo vergonzante nestos soportales da praza da Verdura polos que os peatós non poden pasare. Teñen máis dereitos as ovellas da trashumancia que fan o seu camiño pola cañada real, en Madrid. Praza da Verdura, parte baixa. Reformárona pra convertila en Praza Roxa. Acabaron coa praza máis emblemática de Galicia, hoxe concentración de miseria. Prohibido o paso, prohibida a accesibilidade. O dereito é dos okupas, coa particularidade de que nengún dos empresarios taberneiros que aquí exercen, reside na zona. Tamén eles son okupas.
-
Pontevedra, 16.09.2010
-
Entrada n. 1294 do blog
-
OKUPAS DE DÍA, OKUPAS DE NOITE,
por Xesús López Fernández
-
So pretexto dun falso modelo de cidade que incluso lles premian, o certo é que a zona vella está totalmente arruinada, no que respecta ó comercio tradicional ou como espacio residencial. Non souberon revitaliza-la zona, estableceren criterios ouxetivos pra mante-la calidade de vida dos residentes. Nesta escalada de despropósitos e pola atafegante peatonalización imposta, parece que tamén estiña, morre, o Mercado d´Abastos.
-
Os residente que puideron abandonaron a zona ante a presión do "modelo de cidade" dos estalinistas, da privatización prá chusma dos espacios públicos, da reconversión en circos das prazas típicas. Por medio de malabares, de frautistas ou de megavatios, atraen, digo, á chusma á que nada lle importa o descanso dos residentes, algo que ás autoridades non lles preocupa. Según parece, a Policía ten instrucciós de non actuar, de consenti-lo achanzamento de morada, por fume ou por ruídos, que se dá en non poucos lugares. Ou a normativa de veladores, decote quebrantada polos okupas de día, moitos deles tamén okupas de noite. Cando se retiran nen o silencio nos devolven, porque a praza ven funcionando como espacio do botellón legalizado. Non dubido en pensar que no estrés orixinado pola presión que esto representa prós residentes, pode estar aí a causa da morte de dous veciños e amigos. 

E outra morte máis pódeselle imputare ó feito de non poder presta-la ambulancia do 061 un servicio cabal. (Houbo que sacar a unha señora da súa casa, sentada nunha cadeira e trasladala ata a ambulancia uns cincuenta metros, antre os veladores, demorando así a prestación de asistencia. A muller morreu en chegando a Montecelo. A familia non quixo denunciar). A carroceta da recollida dos cascos de botellas toma o relevo e organiza o tronicio tipo "cataratas Iguazú", que no momento de retocare este post, 2AM do 19.09.2010, volve sonar sobre o balbordo da praza.
-
As fotos son dabondo ilustrativas. Cando o considere oportuno irei incluíndo outras.

miércoles, 15 de septiembre de 2010

GRAVES PERTURBACIÓS PSICOLÓXICAS

Icono fractal sobre o caos normativo, da miña autoría, xa reiterado no blog.
-
Pontevedra, 15.09.2010
-
Entrada n. 1293 do blog
-
GRAVES PERTURBACIÓS PSICOLÓXICAS,
por Xesús López Fernández
-
O Tribunal Supremo de Xusticia de Galicia acaba de sentenciar en relación co decreto Feixóo sobre plurilingüismo, que debe seguir en vigor. O recurso da ¿Mesa pola Normalización Lingüística? foi rexeitado por entende-lo tribunal que non existe, coa aplicación do mesmo, un perxuicio irreparable pró galego.
-
No seu recurso, os da Mesa falan de "graves perturbaciós sicolóxicas" nos nenos, pola aplicación do decreto. Cínicos, porque os perxuicios psicolóxicos existen a nivel de todo o pobo galego a consecuencia dos esforzos de deconstrucción estalinista, de desinstalación de toda a sociedade galega da súa fala, sendo culpables a RAG, o ILG, a AS-PG, os reintegracionistas (que denunciaba Novoneyra, como xa teño dito) e agora a Mesa e grupúsculos dirixidos dende as sentinas do Bloque. Eles foron os creadores da lingua da non-patria e aínda está lonxe a posible salvación do galego popular, que vexo improbable. O galego da Telegaita e o de certos medios desaparecidos é xa ese galego bufo da non patria, o que falan a maioría dos políticos que se ve non están instalados na xerga maldita que adoutaron. ¡Se dá pena oirlles falar a moitos deles, e non comunican!.
-
Enlace:
-

LUXEMBURGO E OS XITÁNS RUMÁNS

Dende Luxemburgo acusan a Sarkowy pola expulsión dos xitáns rumáns que carecen de documentación ou de traballo acreditado, moitos deles convertidos en presuntos delincuentes.
(Foto do ABC.)
-
Pontevedra, 15.09.2010
-
Entrada n. 1292 do blog
-
LUXEMBURGO E OS XITÁNS RUMÁNS,
por Xesús López Fernández
-
Na UE vólvense contra Sarkozy e o seu intento de dispoñe-lo retorno a Rumanía de moitos xitáns oriundos daquel país que, sen residencia legal en Francia, son moitas veces presuntos delincuentes. Deso tamén sabemos aquí, onde as autoridades non actúan e son tamén frecuentes os roubos organizados por auténticas bandas da citada etnia, cando non se comportan como grupos organizados tamén prá mendicidade.
-
Queren acusar, doudamente, a Sarkozy, de prácticas propias da Alemania nazi, o que non é certo. Pero resulta que en Luxemburgo sí son racistas e non consinten a entrada de xitáns sen a debida documentación e permiso de traballo. Se tanto lles preocupa a solución buscada por Sarkozy, que anuncien eles a acollida desas tribus que nalgún caso están xa presentes na Barcelona de Montilla, aumentando alí a presión de miseria que asolaga a aquela autonomía xuntamente coa crecente islamización denunciada por Josep Anglada, o multiculturalismo ou Alianza de Civilizaciós que promove Zetaparo. Sarkozy non cala, actúa; Zetaparo parece brindar a Mohamed VI a posibilidade de que siga enviando pateiras.
-
Enlace:
-
-
Addenda. Unha cousa di Barroso: "que en Europa non teñen cabida o racismo e a xenofobia". Outra cousa, haberá que decir, é ser imbécil e tragar a canta xente chegue sen permiso, emprego nen profesión, ás veces simplemente prá venta de droga ou o exercicio da mendicidade.

RESTAURA-LO CHAN QUEIMADO


Un bombeiro combate o lume forestal este pasado verán. (Fotodo ABC)
-
Pontevedra, 15.09.2010
-
Entrada n. 1291 do blog
-
RESTAURA-LO CHAN QUEIMADO,
por Xesús López Fernández
-
Os biólogos anuncian como urxente a rexeneración do chan queimado a consecuencia dos incendios forestales, algo que non se ven facendo. Dende o ano 2006, no que a vaga incendiaria parecía corresponder a unha verdadeira trama, permanecen moitos montes degradados, perdido o chan orgánico, sen outra presencia que os renovos dos eucaliptos, a gran árbore pirófita que neste país foi usada pra acabare, incluso, coas aldeas.
-
Non se fixo nada por restaura-lo capital natural de Galicia, na que resisten os últimos gandeiros e case tódo-los días é noticia a morte dalgún fato d´ovellas polo lobo que andaría, como decía Novoneyra, polas virtas do xestedo", o espacio do común onde as xentes sementaban trigo ou centeo. A palabra virta significa o mesmo que seara ou senra. Pero desta volta, convertido o eucalipto omnipresente no gran exterminador do noso capital natural, o lobo tamén ampliou o seu dominio.
-
Lembremos que a vía incendiaria é unha das formas que tradicionalmente se veñen usando pra expandire aínda máis os eucaliptos, co seu potencial de renovos 22000 por hectárea de monte queimado
-
Enlace:
-

martes, 14 de septiembre de 2010

A DESFEITA XERAL DO CAUREL

A Eurocámara parece disposta a investiga-la cuestión da desfeita xeneralizada do Caurel. (Foto de La Voz de Galicia)
-
Pontevedra, 14.09.2010
-
Entrada n. 1290 do blog
-
A DESFEITA XERAL DO CAUREL,
por Xesús López Fernández
-
Hai tempo que se ven denunciando a desfeita sistemática do Caurel por medio da sobreexplotación das canteiras, sendo unha clara mostra do desgarro daquela terra o cáncer consentido dende a Administración, a monstruosidade que siguen a representaren, aínda hoxe, as extracciós da Campa. Tamén entran no saco das denuncias a prantación de pirofíticas que nada teñen que ver coa vexetación clímax da zona.
-
Aínda estos días rematei unha nova lectura das obras de Novoneyra, Os Eidos e Os Eidos/2, solagándome no glosario das fermosas verbas que inclúe o propio libro, moitas delas non incluídas no VOLGA, o vocabulario inventado polos que Novoneyra denominaba nemigos do idioma, os creadores da lingua da non-patria. Curiosamente, no bipartito estaba o Bloque, os sovietizadores da lingua, ós que realmente non lles interesou nunca o noso idioma, nen tampouco a xeografía do Caurel, aínda que queiran presumir de ambientalistas --de falsos ambientalistas-- ante un electorado xangal, parvaxolo.
-
Como o tema do medio ambiente é asignatura pendente en tódo-los partidos políticos, sería bo que a UE contase cun servicio internacional, especie de homes de Harrelson, con capacidade pra acusar incluso ó persoal aforado deste país, que hai moito presuntamente pringados.
-
Enlaces:
-
-

lunes, 13 de septiembre de 2010

A CASA DE CARMEN GALLEGO

Na foto do ABC están Carmen Gallego e Patxi Vázquez, ó que a APLU tamén investiga. ABC informa da sentencia do Supremo, según enlace incluído neste post.
Casa de Carmen Gallego, ex-conselleira de Pesca do bipartito galego, sobre a que pesa unha sentencia firme de derribo, do TS. A casa está situada en Riomaior, Vilaboa. (Foto do Diario de Pontevedra)
-
Pontevedra, 13.09.2010
-
Entrada n. 1289 do blog
-
A CASA DE CARMEN GALLEGO,
por Xesús López Fernández
-
A sentencia no seu día dictada polo TSXG, recurrida pola ex-conselleira de Pesca do PSOE, foi confirmada polo TS con data 15.07.2010. Agora entrarase na última fase do asunto, a execución da sentencia, algo que se supón que unha militante dun partido que tanto fala de Estado de dereito deberá acatar.
-
Tristemente, os partidos non están pola rexeneración do Estado de Dereito, algo polo que loitan algús cidadáns, algunhas asociaciós, pero non a Administración nen os partidos. É este o momento de lembra-las sentencias dictadas polo TS en relación coas actuaciós urbanísticas e de agresión ambiental n´Os Praceres e máis no porto de Marín, sobre as que non se aprecia unha decisión clara de reposición da legalidade dende a Administración, presuntamente enzudrada pola corrupción.
-
En certa ocasión deille a Louro a noraboa polo seu ascenso ó cargo de Delegado do Goberno. E xa daquela díxenlle, "A ver qué facedes en relación coa execución das sentencias sobre Os Praceres, Lourizán, Porto de Marín, porque parece que sóo os d´Os Praceres ou Salvemos Pontevedra están a loitaren pola rexeneración do Estado de Dereito".
-
Resposta de Louro en relación coa execución das sentencias: "¡Executaranse!".
-
E un xamón!. Senón, a ver qué fai agora como presunto candidato pra encabeza-la lista do PSOE en Pontevedra. Que comece xa coa reposición da legalidade, coa rexeneración do Estado de Dereito. E un xamón!
-
Enlace:

-
-
-
-
-
-
-
-

NOVA LANZADA CONTRA A LINGUA GALEGA

O Bloque quere promover, a Mesa pola Normalización tamén, o desacato ó decreto Feixóo sobre as novas pautas prá ensinanza en galego ou a súa exclusión das clases de asignaturas troncales. Na foto parecen tristes, envisos nunha derrota real. Aínda así, avisan dunha posible protesta social. Queren anima-la desobediencia de certo profesorado galegués.
-
Pontevedra, 13.09.2010
-
Entrada n. 1288 do blog
-
NOVA LANZADA CONTRA A LINGUA GALEGA,
por Xesús López Fernández
-
O Bloque leva anos tentando impoñer unha política de inmersión no galegués por eles inventado, a "lingua da non-patria" (así denominada por Novoneyra). Aparentemente desaparecido da política galega o Quintana e o seu discurso do "Galiza, Galiza, Galiza,..." , pró que foron inserindo no idioma palabras como "xustiza, servizo, sentenza", pra ver se dese xeito acadaban a súa meta final, a de lle troca-lo nome ó país e sometelo á lingua portuguesa a base do VOLGA, do enxendro de vocabulario no que toman protagonismo palabras portuguesas contrarias á nosa psicoloxía, esquecendo os consellos do Padre Sarmiento, aquela súa recomendación: "facede o idioma a partir da fala"; traicionada ésta por moitos dos escritores que xa non venden, (e por eso non venden, por non colle-lo relevo do idioma salvado nas aldeas), por escribire nunha lingua extraña..
-
Aquí está pasando algo moi grave. I é que, despois dos traballos de enxeñería estalinista, de sovietización da fala, na medida na que foron aprobáda-las normas espúreas paridas pola innecesaria RAG, agora, na medida na que o PP, e o PSOE (sen puta idea), siguen a fractura-lo idioma, esa sovietización pódese decir que xa acabou co idioma sen que aquí se abrise un foro certo prá defensa da fala dos nosos ancestros.
-
O BNG prepara novas algaradas. E a Administración non ten intención de desaparasita-lo idioma, de restauralo, pois dende moitos teléfonos están activos non poucos contestadores grabados en galegués (a lingua sovietizada) polos comisarios políticos noutrora infiltrados. "Servizo galego da Saúde en liña...". Aínda hoxe o puiden comprobar.
-
Sobre este tema haberá ocasión d´insistir unha e mil veces. Vaia hoxe, como enlace e a título informativo, unha noticia do ABC desta data:
-

domingo, 12 de septiembre de 2010

A VOZ DOS CIDADÁNS CATALÁNS

"Más se perdió en Cuba". Xavier Horcajo persentou este programa dende Barcelona, dende a terrazo do Hotel Hilton, na noite do sábado 11.09.2010. Foi un programa de tres horas e media nas que os protagonistas foron cidadáns cataláns invitados prá ocasión, que non tiveron medo a se persentar no mesmo e falar, como integrantes da sociedade civil.
-
Pontevedra, 12.09.2010
-
Entrada n. 1287 do blog
-
A VOZ DOS CIDADÁNS CATALÁNS,
por Xesús López Fernández
-
Foi un programa vivo, no que se denunciou a política de inmersión lingüística, a derrota económica do país, a situación de medo que algús viven cun goberno que chegaron calificar de soviético, a prohibición de utilizar rótulos en castelán ou español, cousa multada. Os dereitos básicos están vulnerados e algús dos presentes describiron casos que parecen de auténtica persecución, que constan no video do enlace.
-
Os participantes do programa fíxerono, na súa maioría, como cataláns que defenden a súa condición de españoles e que están posicionados pra pular por un maior protagonismo da sociedade civil, que debe ter forza pra xubilare ós políticos da casta parasitaria, dos que alguén chegou afirmar: os políticos son como os pañales; hainos que cambiar cada pouco, pola mesma razón.
-
O sistema educativo catalán do tripartito está pensado pra configurare os diversos centros escolares como fábricas de separatistas (algo así tentouse facer en Galicia, onde permanece o "galegués" como ferramenta soviética de aniquilación da fala popular), aínda que aboquen ós nenos e adolescentes á máis fonda das ignorancias, como cando lles contan qu´o río Ebro é puramente catalán. Mellor do que eu poida decir se informa no video do que se inclúe enlace, que recolle unha pequena parte do programa. Pero debe haber como 19 videos máis, ós que supoño ha ser fácil acceder. Verán que a actitude dos que participaron no programa non ten nada que ver coa celebración da Diada, na que dous encarapuchados queimaron unha bandeira d´España e un retrato do Rei. En fin, qu´as cousas poden cambiar, en Cataluña, o 28.11.2010, tal vez o comezo da caída de ZP, que xa debe ser un Goberno en fase de liquidación.
-
-

viernes, 10 de septiembre de 2010

O GAS NATURAL, ESE PELIGRO

Fotografía de El País, que corresponde a un gran incendio en San Bruno, San Francisco
-
Pontevedra, 10.09.2010
-
Entrada n. 1286 do blog
-
O GAS NATURAL, ESE PELIGRO,
por Xesús López Fernández
-
Sempre que acontece algo como o que evidencia a foto hai que se lembrar de Reganosa, dos depósitos mal ubicados, sen o debido estudio de impacto ambiental, e dun futuro pra Mugardos que entra nas quinielas. Pra achegármonos ó que de dantesco pode ter un accidente destas características, inclúo seguidamente os enlaces dalgús vídeos de You Tube. O segundo dos enlaces contén varios vídeos. Nun deles pergúntase a posibilidade de que o estoupido, a deflagración, fose consecuencia dunha actuación terrorista.
-
-
-
Outra visión do lume e da destrucción dun suburbio de San Francisco, YouTube. (varios vídeos)
-

Buscade en YouTube, porque esta desgracia foi filmada por moitas cámaras.