domingo, 29 de mayo de 2011

Ser conservacionista, no Brasil


Marina Silva pertence á etnia zambo e foi cofundadora con Chico Mendes do Sindicato Único prá defensa dos intereses dos seringueiros e do desenvolvento sustentable da Amazonía. Escoller ese modo de vida significa, ás veces, estar no corredor da morte. O anxo da Amazonía, mostra a consigna escrita nun letreiro, en brasileiro, na que, por certo, o acento sobre a palabra marca a sílaba -zó- como tónica, sinal que incluso naquel país non é única a forma de decila: "PRESERVAR A AMAZÓNIA É UM COMPROMISSO DE AMOR COM A VIDA".
Na fotografía, Marina aparece ante unha hevea e mostra a técnica do sangado prá obtención do caucho, garantía de vida pra moitos seringueiros, garantía de vida pra Amazonía. Sobre este tema recomendámo-la lectura dun libro de Javier Rojo, Senderos de Libertad, escrito contra os primeiros noventa. O libro sitúanos ante moitos dos dramas investigados polo autor español, especialmente a presión existente en torno a Chico Mendes, o home que sería asesinado. Un libro que namora.

Pontevedra, 30.05.2011
Artículo semanal.
Entrada n. 1434 do blog

Ser conservacionista, no Brasil,
por Xesús López Fernández


Chégannos dúas noticias do Brasil, sobre ecoloxismo. A primeira delas fala do asesinato a tiros dun activista defensor da Amazonía, José Claudio Ribeiro da Silva e da súa dona María do Espírito Santo da Silva, na reserva ambiental de Pará, onde vivían dende facía vintecatro anos. Realmente trátase dunha morte anunciada, que se produceu meses despois de que o home fora ameazado polos madeireiros que querían invadire a reserva, na que vivía o matrimonio, pra talare variedades de alto valor comercial como a caoba. O matrimonio tiña como actividade principal a recollida artesanal de castañas. Xa no mes de novembro o home anunciaba nun foro celebrado en Manaus: “Hoxe estou a falare con vostedes pero nun mes poderían ter noticias da miña morte”. “Hei defende-lo bosco coste o que coste. E por eso podo recibire unha bala, na frente, en calquer momento, polas miñas denuncias contra os madeireiros”. O home, que tiña medo e non recibía protección oficial, decía que “mentres teña forzas pra camiñare, hei denunciar ós que destrúan o bosco”.


Conocida a súa morte, a presidenta Dilma Roussef ordeou ó ministro de Xusticia a inmediata investigación do asesinato da parella. Ribeiro da Silva e a súa muller eran dirixentes do Consello Nacional de Poboaciós Extractivas de Pará, unha organización non gubernamental fundada por Francisco “Chico” Mendes, o seringueiro e lider ecoloxista asesinado por gandeiros no 1988, como tamén a misioneira norteamericá Dorothy Stang, no ano 2005, en Pará, por defendere ós campesiños sen terra. Aquelas mortes, como as agora producidas deixan en evidencia que o futuro da Amazonía, cunha deforestación que se multiplicou por seis dende o pasado ano, está claramente comprometido ó non existir outra política gubernamental que a dun certo arraso, posible coa aprobación estos días dun proiecto de lei que acrecentaría as terras cultivables e que a presidenta do Brasil di vai vetar no caso de pasa-la votación do Senado. A reserva na que se produciron as novas mortes é de cerca de 22000 has., e dela viven 500 familias que queren salva-la Amazonía.

A segunda nova refírese a Marina Silva (María Osmarina Marina Silva Vaz de Lima), cuia vida vai ser levada ó cine. Ambientalista comprometida, a ela témonos referido nalgunha ocasión. É da escola de Chico Mendes, activista con el e Leonardo Boff. Nacida nunha aldea de seringueiros, Breu Velho, o 8.02.1958, é hoxe considerada por Times unha das cen mulleres máis influíntes do milenio. Na súa infancia traballou no campo xunto coas súas irmás, facéndoo despois como seringueira. Cazaba, pescaba, e axudou ó seu pai a cancela-las débedas co dono do cultivo do caucho. Ós 14 anos aprendeu o máis básico das matemáticas. Despois de ser alfabetizada, no 1981 matriculouse na universidade. Licenciouse en Historia. A súa carreira política comeza como concellala no municipio de Río Branco, en Acre, no 1988, onde a súa honradez valeulle de credencial popular. No 1990 sería elexida diputada estatal; no 1994 senadora. Foi ministra de Medio Ambiente con Lula da Silva, dimitindo no 2008 pra se integrare no Partido Verde, a terceira forza política do Brasil.


Sempre entregada á causa da Ecoloxía (chamarianlle o anxo da Amazonía), e tamén coa palabra: “O importante é procurar soluciós prás políticas de país, porque os gobernos pasan; os países quedan”. Digamos que, dende unha óptica fondamente cristiá, di que se debe resolve-la dialéctica antre o desenvolvemento e a protección ambiental, tomando en conta a natureza e as comunidades. Foi unha das persoas invitadas á Expo de Zaragoza, onde entregou o seu libro “Novas estratexias pra freare a deforestación amazónica”. I entende que o reto da prosperidade ten unha única ecuación: que non se pode separa-lo medio ambiente do desenvolvemento e viceversa. Atopar novas formas de camiñar, de crear postos de traballo no marco dunha economía sustentable. Se o poder non é ambientalista, a miseria pasa factura.

martes, 24 de mayo de 2011

ELECCIÓS EN PONTEVEDRA

Pasaron xa as elecciós. Pontevedra, parece que refundada como Lombogrado ou Badenburgo, é a cidade galega con máis paro. Aínda que a candidatura máis votada foi a do PP, BNG e PSOE están a falaren pra suma-los 13 concelleiros que precisan pra unha maioría que lles permita seguire co seu "modelo de cidade", o modelo que non existe, unha vez arruinado o que sí existía: comercial e administrativo.

Moita xente non resolveu o dilema hamlettiano do chiste de Caín. Aumentou o número de votos en branco.

Mariano, Telmo e Núñez Feijóo poderían estudiare a fondo o por qué do fracaso da súa campaña, os problemas que ten a cidade e a súa ría e que non ían resolvere... Que estudien a campaña polo miúdo.... E o resultado de tóda-las mesas electorales.
Unha cousa honra a Telmo: que di que non se vai persentare no 2015. Tamén Louro di que o resultado desastroso do PSOE non era previsible no peor dos supostos. O BNG sobeu catro puntos que non esperaban e sacou 11 concelleiros, a escasa distancia do PP.
Pontevedra, 24.05.2011
Entrada n . 1433 do blog


ELECCIÓS EN PONTEVEDRA, por Xesús López Fernández

Hai un rato, na cafetería, un conocido dabame a noraboa polo triunfo do BNG. ¿Cómo? Pero se a lista máis votada foi a do PP!, foi a miña resposta. Que agora pacten có que queda dun PSOE que equivocou a súa candidatura e aínda respesquen como concelleiros non electos a algún amigo que perdeu a mamandurria da política, non-os xustifica. Eu pensei..., dixo o conocido, que tí votabas ó Bloque. Non, nen ó Bloque, nen ó PSOE, nen ó PP, porque nengún deles levaba un programa rexeneracionista cabal, foi a miña resposta. E mentres saiamos da cafetería comenteille: ¿Pero non ves o destrozo desta praza ou cómo escachan as tapas trampa do seu urbanismo bastardo? E non esquezas que vivo na zona vella, á que moitas veces non poden accedere as ambulancias do 061!. Esa foi a rúbrica da conversa.

Telmo caeu nos erros dun relativismo acaído como consecuencia de ser constructor, ademáis de home hiperactivo, e calculou mal os tempos da súa actuación, amén de que "os outros" souberon, vía comisarios políticos e asociaciós de veciños e pegatinas, enzudrarlle a campaña. Pero, sen entrare nun análisis longo podo decir que, xa de entrada, cometeu o gran erro de propoñere levar Ence pra Bora-Marcón, onde foi pitado, ou a idea de se carga-la praza de Galicia, que resiste a pesare das agresiós dos gobernos anteriores. Ou o gran disparate de pensar no ffcc. d´Os Praceres pra sere utilizado tamén por pasaxeiros, cando ésa foi unha obra demencial ó servicio da mafia portuaria, sobre a que existe unha sentencia do TS do país declarándoa ilegal, ademáis doutras sentencias pendentes de execución. É decir, que no canto de sumar, ás veces ía restando. Ai! Tamén a proposta de peatonalizare máis, nada menos que o último tramo de Benito Corbal, outra cousa que lle restou votos, que veu se-lo furancho da súa campaña.

Telmo non tiña necesidade de actuar de mamporreiro da Autoridade Portuaria. Aínda así, foi o único candidato que se declarou oposto á infraestructura letal prá ría da punta de Mollavao que impulsan PSOE e BNG, os que din ire de ecoloxistas pola vida. E tamén, xa no tempo de desconto, e despois de facere unha demostración mariscando co raño no banco d´Os Praceres prometíalle ás mariscadoras que faría o posible por levanta-la edar alí construída, que por certo é ilegal según a lei de Costas i está denunciada ante os tribunales de Xusticia por Salvemos Pontevedra.

Quero decir, con ésto, que o programa do PP debeu ser máis meditado i explicado, que non abonda con mostrar certos tics, como breves lóstregos, dunha Ecoloxía non sentida. Nese sentido, o programa mellor da campaña posiblemente fose o da ICPraceres, que non consigueu representación e que, cara ó futuro, deberá pensar noutro esquema de imprantación pra que a xentes os vexa como verdadeira esperanza verde e non como grupo limitado a unha parroquia.

En fin, catro anos logo pasan. ¿Por qué non cabe aquí un acordo á vasca PP-PSOE? Porque o programa de Louro talvez tivese máis en común co de Telmo Martín que có dos estalinistas do BNG. Pero o propio partido castigouno e non souberon rentabiliza-lo urbanismo máis digno de Teresa Casal na zona vella (non sendo o disparate dos destrozos na avenida de Santa María e no Campillo), máis digno, digo, que o practicado por Mosquera, quen, por certo e despois d´estare missing na campaña, comparece agora ante os medios pra falare de "posibles acordos programáticos".

domingo, 22 de mayo de 2011

Rexeneración democrática, xa

Os nenos estudiosos saben que son eles os que han saca-lo país adiante. Os que están concentrados na Porta do Sol, presuntamente dirixidos por algunha man gubernamental titulada con máster 14M, non queren oir falare do plan Bolonia. (Chiste de Esteban, en La Razón). Este indignado, con sentido común , acodeu desorientado ante o Tribunal Constitucional, que non entra no paquete das protestas. (Chiste de Montoro, en La Razón)
A estratexia contra o PP ven de lonxe, según recolle este chiste de Esteban, tamén en La Razón, que non perdeu actualidade.
Caín, en La Razón. Xa falta menos pra saber por quén votei, según a filosofía emanada do chiste.
Pontevedra, 22.05.2011
Entrada n. 1432 do blog
Artículo semanal

Rexeneración democrática, xa, por Xesús López Fernández


Son moitos os cidadáns que levan anos clamando por unha protesta real da sociedade civil contra o sistema político español, enfermo, condenado dende hai tempo a un esmorecemento certo, concretamente dende que os tres poderes básicos do Estado deixaron de seren independentes, coa "morte de Montesquieu" proclamada por Alfonso Guerra. Restauración urxida a pasada semáa polos concentrados na Porta do Sol: a independencia dos tres poderes. O que resulta extraño é que a protesta, que parece estaba organizada dende hai algún tempo, teña estourado, esboufado, a catro días das elecciós. A Xunta Electoral acabaría definindo como ilegal a concentración, algo confirmado polo Tribunal Supremo que non estimou un recurso de Izquierda Unida, sen que Interior teña ordeado a intervención da Policía, pra evitare a ocupación do espacio cando xa corría o tempo de reflexión prás elecciós de onte, 22.05. A concurrencia de máis xente dificultou esa intervención. Pero a xornada de reflexión foi realmente profanada, con presunta incidencia no resultado das votaciós.


¿Por qué a concentración na Porta do Sol? ¿Por qué non ante a Moncloa e Ferraz ou ante o Parlamento? ¿Por qué os alí concentrados insultaron a Esperanza Aguirre, pero non a Zapatero, se realmente foi este home o que convirteu o país nunha ola a presión? ¿E cómo ZP ousa pedirlle ós “indignados” o seu voto, o voto do “cambio” talvez a peor? Os concentrados chaman á protesta Movimiento 15M, que se realmente tenta un cambio veraz do sistema terán que descabalgalo de certas utopías e brindis ó sol, mesmo da posible nacionalización da Banca ou da expropiación de vivendas libres. Por certo e falando de hipotecas: unha cousa que propoñían os puertasoleros era que, no caso de vivendas embargadas gravadas con hipoteca, ésta quede cancelada coa entrega da chave, algo que, curioso, leva no seu programa Esperanza Aguirre, a muller contra a que o magma social presente na Porta do Sol bradou. I esa actuación sí pode ter unha rúbrica ideolóxica fácil e conocida.


O “movemento” agora creado promete ter corda. Afirman que estamos no enceto e que terán que vir cambios profundos. ¡Pero si cambios profundos pedímolos todos!. Independencia xudicial, un sistema fiscal xusto e intelixente, a recuperación do tecido productivo, incentivos á creación de empresas, amelloramento dos plans de estudios, a fin dos privilexios políticos e o establecemento claro de culpas, se procede, polas actuaciós dolosas por eles cometidas. E un respeto claro e rotundo do medio ambiente, necesario prá vida de todos, mesmo prá boa marcha da economía. Así as cousas, son moitos os que se cuestionan o nacemento deste “movemento”, se pode haber algunha man que arrole a “criatura” coa bandeira da falsa “progresía”, palabra desacreditada pero que pra certos utópicos sigue a manter certa credibilidade, aínda estando quebrada de sentido de tanto usala deshonestamente. E algunhas consignas espalladas pola praza do Sol reiteraban tópicos hai tempo infectados, lonxe dunha sanación real, da catarsis necesaria pra asumire un camiño certo de rexeneración.


A concentración da Porta do Sol, en función do resultado das elecciós, pode marcar un futuro de cambios profundos. E si vai haber novas ediciós de protestas non debemos esquecer que España non é Exipto, que é unha democracia. Con moitas carencias, escándalos e corrupciós, algunhas obviadas polo Movimiento 15M. Algús falaron incluso da crisis global, outra das trolas da progresía, cun certo emotivismo de párvulos, que si xa pasou en Alemania, Francia ou Bélxica, vai permanecere en España ata que ó Goberno lle dea un ataque de cordura e acometa as necesarias reformas. As consignas usadas polos manifestantes foron mostrando, de cada volta, un perfil máis radical, usando incluso a palabra democracia (como eles a entenden) contra a presencia dos medios de comunicación. Movilizarnos novamente, pero pra pedir máis democracia, xusticia e libertade, debe ser sempre posible.

viernes, 20 de mayo de 2011

A movida da Porta do Sol

Premonitor Montoro en La Razón: Fala Rubalcaba, "indignádevos, que xa vos direi contra quén". ¿Contra quén? Cando aínda non se lle veu o rabo á protesta da Porta do Sol, pero case case, chega o chiste oportuno de Montoro, en La Razón: nazis e comunistas, os extremos tócanse.
Esteban, en La Razón. As xentes da protesta están contentas polos servicios prestados por twitter e facebook; tamén ós servicios de mensaxería de pizzas, mellor con pepperoni.
Algús chistes, como este de Estaban, en La Razón, reactualízanse, valen pró momento actual. "Aquí tería que dimiti-lo goberno en pleno; é decir, Rubalcaba", o gran problema.

E pra Rubalcaba parece estar pensado o chiste de Caín, en La Razón, porque se alguén se move ben nas encrucilladas ése é o químico prodixioso, que fixo o máster do 14M a seguido do atentado de Atocha.


Pontevedra, 20.05.2011


Entrada n. 1431 do blog


A movida da Porta do Sol, por Xesús López Fernández


Somos moitos os que non estamos d´acordo co sistema actual, trufado de corrupción xeneralizada. E clamamos por cambios reales en política fiscal, amellorándoa, como tamén a fin dos privilexios da casta política, a precisa revisión da política gubernamental a seguido de cada gobernanza, ou antes. Clamamos por un poder xudicial independente e por unha maior libertade, por unha política que favoreza a creación de emprego, por unha defensa total do medio ambiente, porque sen medio ambiente non hai vida.


Estiven seguindo a información que, de forma continuada e sobre a protesta social que se está a producir en diversas cidades do país, veu ofrecendo Intereconomía Televisión, o medio que posiblemente máis e mellor informou.


No magma social existente na praza do Sol escóitanse voces de distinto calado, pero a asamblea non quere alí medios como Intereconomía, Cope, Libertad Digital, Telemadrid. Queren que se informe e non consinten, na súa forma particular de entende-la libertade que os concentrados falen a título persoal, cousa que procuran impedire os "comisarios políticos", que se dirixen ós diversos medios remitíndoos ós 40 portavoces nomeados pola asamblea que, curiosamente, esta mañá tampouco querían informare a esos medios "porque xa rematara a asamblea".


Din que eles non están a apoiaren a nengún partido, mentireiros, pero insultan a Esperanza Aguirre, o valor máis seguro do PP, e por eso están concentrados, obviamente, na Porta do Sol, non ante a Moncloa ou Ferraz.


E cando a Junta Electoral Central ten xa avisado da ilegalidade desas concentraciós, a policía de Rubalcaba, polo sentido da "prudencia" que ten este home, non actúa pra que non se derive un dano maior. Mentres clamen contra Esperanza Aguirre, que sigan. Pero xa a xente comprendeu a clara manipulación de fondo que existe en todo esto, de cómo día a día se van radicalizando e de que, o que realmente se intenta é un manexo por medio das redes sociales semellante ó do 14M, daquela vía sms´s. E non o cambio dun sistema descomposto.

miércoles, 18 de mayo de 2011

Democracia aberta, xa!

O mitin de Tomás Gómez, aproveitando as circunstancias, querendo desvia-lo curso do Manzanares.

Os políticos case sempre minten. Despois das promesas veñen os incumprimentos, a corrupción, o esquecemento da defensa do Estado de dereito, no que non creen. E confían en que xa non lembrémo-la súa mala gobernanza..

A convocatoria pró 15.05 de "Democracia real, ya", parece apunta máis a falacia que a outra cousa. Todo o país quere democracia real, pero que os primeiros convocantes se teñan concentrado na praza do Sol de Madrid e non ante a Moncloa pra lle pedir contas a ZP por se-lo causante principal de que no país haxa xa cinco millós de parados, cheira mal. Algús apuntan á man de Rubalcaba como mecedora desta "criatura", o acontecemento duro que agardaba ZP pra salva-la súa situación. E van contra Esperanza Aguirre, na praza do Sol. Por prometere cousas, Montoro dibuxou así o discurso de Tomás Gómez, que "os seus conselleiros e familias van viviren en favelas e vestiren con pano de saco, ademais de comeren mondas de pataca con todos vós". "A música e a coreografía do mitin eran boas. ¡Mágoa que as medias verdades fosen tan frouxas!. Esa pode se-la impresión de calquer español á saída dun mitin electoral, porque todos minten. Os políticos parecen se-lo gran problema do país.
Pontevedra, 18.05.2011

Entrada n. 1430 do blog

Democracia aberta, xa!, por Xesús López Fernández

Hoxe estiven vendo parte da retransmisión que, en directo e dend´a Porta do Sol, de Madrid, ante a sede de Esperanza Aguirre, foron retransmitindo. Intereconomía e Telemadrid foron abucheadas por algús dos antisistema e okupas concentrados. E tal parece que estamos ante un invento do químico prodixioso. Tamén resultou evidente o protagonismo que se procurou na concentración IU (Izquierda Hundida), que clamou contra o bipartidismo. Pancartas contra o PP, pero non contra o PSOE, qué raro. I eu prefiro falare de "democracia aberta" antes que de "democracia real".

Según un dos teruliáns, a propaganda foi impresa polos comunistas. Bandeiras comunistas sí había na concentración, e republicanas tamén. Enrique de Diego quixo estar presente na protesta, como partido Regeneración. I el non pide a abstención, como moitos dos manifestantes, que procuran un vacío de voto pra Esperanza Aguirre.

Non parece oportuna a protesta nas vísperas das elecciós, que de entrada din os portavoces que pensan vai durare ata o 22.05. Despois xa se verá. Enrique de Diego dixo que se non se respeta a xornada de reflexión, igual o seu partido se manifesta ante Ferraz.

A estas horas sábese que a concentración é ilegal, como tal definida pola Xunta Electoral. Pero a policía nacional non actuou na súa disolución por mandato do ministerio de químico prodixioso.

Enlaces:

domingo, 15 de mayo de 2011

No ecuador da campaña

O chiste de Caín vale pra este post, xa que os políticos están, xeralmente, considerados como gran peligro polo uso da mentira como unha constante. Gracias a esas trolas, a plebe, según o humorista, vive por riba das súas posibilidades. E a sociedade española contabiliza decote máis miseria, con xa cinco millós de parados. Polo menos.
Pontevedra, 15.05.2011
Entrada n.1429 do blog
Artículo semanal.

No ecuador da campaña,por Xesús López Fernández


Rafael Martínez Simancas, no ABC do 14.05, lémbranos nun artículo trufado de humor que xa vai fóra a mitade da campaña electoral. Ata o d´agora foron todos debates sen enxundia, intercambios de descalificaciós e, o que é peor, non se telumbra que no resto da campaña vaia haber vida intelixente. O cronista refírese ás elecciós de Madrid, onde o feito de se produciren tamén elecciós autonómicas pode valer como test, como proba de laboratorio cara as elecciós do 2012, se non se celebran antes porque o país está enfermo de estanflación: a economía non crece, o paro vai a máis, a inflación aumentou un 3,80% no último ano e, coas cousas máis caras, a xente comeza a consumir menos. Tamén no mesmo periódico, Martín Ferrand reclama un amelloramento da nosa democracia, pró que sería imprescindible o compromiso dos líderes, aínda que os mesmos formen parte dun lote amorfo dunha lista sen outro aval que a sigla dun partido determinado./ E así piden, sí, a adhesión dos votantes, se ben non queda establecido con eles un claro compromiso, que se volve, según o autor, gaseoso nas lexislativas, líquido nas autonómicas e máis sólido e firme nos concellos. Polo menos, máis forte e verificable. ¿Pero é sempre así?. Non necesariamente. Aquí, en Pontevedra, os debates son normalmente de pouca altura e, podemos cuestionarnos si existe, por parte dos candidatos, ás veces de fóra, un claro compromiso coa cidade, que leva moitos anos esmorecendo, de tal xeito que a que fora nos comezos do XVI un porto importante en Galicia, hoxe é practicamente unha cidade de secano. ¿Culpables? O Goberno central nun tempo anterior, no que marcou a carreira involucionista de todo un ecosistema; o goberno local dende os anos sesenta do pasado século, que acentuou aínda máis esa carreira. E o malo é que aquí non temos un claro movemento asociacionista, por máis que en campaña falen algús da redacción dun Regulamente de participación veciñal pró tempo postelectoral. ¡Pero é que as asociaciós de veciños pontevedresas, intermediadas por comisarios políticos, levan tempo descafeinadas!/ Un movemento veciñal forte, independente, tería evitado algunhas das actuaciós urbanísticas dos últimos anos ou a fixación dun sistema circulatorio en gran parte caótico, que convirteu á nosa cidade nunha cita moitas veces a evitare, algo que apuntaba estos días atrás un dos candidatos en campaña ó sinalare unha posible bolsa de 60000 clientes pró comercio pontevedrés na península do Morrazo, xentes que se desprazaban a Vigo, mellor comunicado, a procura-las súas compras. Faltou prudencia á hora de cerra-la cidade ou do deseño de certas infraestructuras, como mesmo pode se-la construcción da nova ponte d´As Correntes, con impacto previsible sobre a Xunqueira d´Alba. Lembrémonos de cando nos anos 1971 o Ministerio de la Vivienda recomendaba ó concello de Pontevedra que demandasen do MOPU outro trazado prá autopista, pra así evitare a construcción da ponte da Puntada polo seu impacto paisaxístico. Agora toca chorar, pero o goberno local non estivo polo labor; nen existía daquela un movemento veciñal significativo./ Neste ecuador da campaña, estou a leé-los chats verificables en internet e as participaciós en Facebook dos candidatos, á procura de atopar no seu abano de promesas, vida intelixente, como decía o autor citado no comezo deste artículo. Van algús sobrados de cartos na propaganda mentres os candidatos “menores”, sen apenas diñeiro, teñen que centra-lo seu esforzo nas redes ou nalgunha tertulia ocasional, nas que soltan o seu discurso sobre o tema do paro, da industria ó mellor insustentable, ou do hospital único. A ocasión é aproveitada por un dos tertuliáns que, en relación co paro, lembra que, cos recheos do porto de Marín, onde se crearon talvez cen postos de traballo, cargáronse 1300 que dependían da recollida do marisco. Algús dos participantes, seguro, enteráronse nese momento.

sábado, 14 de mayo de 2011

O DISCURSO LUCIFERINO DE ZP

Esteban. As esperanzas do Goberno están postas, máis que na estanflación, no estancamento social do pesimismo.
Caín. O discurso da esquerda: O desmantelamento do Estado do Benestar pró despertare da loita de clases. Caín. O anticlericalismo é atávico porque ven do mono. A frase vale pró laicismo agresivo posto en marcha polo goberno de ZP.

Pontevedra, 14.05.2011

Entrada n. 1428 do blog
O DISCURSO LUCIFERINO DE ZP, por Xesús López Fernández

Minte como un bellaco o que teña dito que o PSOE ten feito recortes sociales. (O discurso luciferino de ZP, ou parecía. Enlace de La Razón, con vídeo. clicade)


Refírome ó discurso da referencia (Noticia de La Razón, que inclúe vídeo) no que nos chamou bellacos ós españoles todos que non estamos d´acordo coas súas políticas d´involución programada da perda de democracia, de libertade, dos dereitos humáns con recortes sociales que el nega, pero que son evidentes, como se non tivese na súa mente outro imaxinario qu´o de convertire España nunha nova gran Sodoma. Ou o de tornare á política anticlerical e anticristiáa da República do 1931./O réxime perdeu toda credibilidade e a regresión no Estado do Benestar ata o drama que nos asolaga nada ten que ver cos discursos luciferinos, falaces, que está a pronunciare o presidente do Goberno, alabarado na rabia... Pero, ¿por qué?. Estamos a vivi-la situación que el e mái-los seus foron creando, e aínda tenta colocarnos en canto discurso pronuncia a monserga de que foron os socialistas os forxadores de todo o que poidamos contabilizare como avances sociales, a saber: matrimonios gay; obviamente, a inmoral e asesina permisividade en materia de abortos; obviamente unha política fiscal desastrosa, cun horizonte de bancarrota total do país. /E agora crece a especie de que non desbotan a idea de suprimiren as pagas extraordinaria, etc. ¿Pero non vai haber nengunha persoa pía que poida frea-los seus discursos, exorcizándoo? ¡Probe piara de porcos, como en Cafarnaum, que foron os bacoriños todos a se precipitaren nas augas do lago Tiberiades!/A liturxia católica, na misa do 11.05.2011 incluía un relato dos Feitos dos Apóstolos, como sigue: "Aquel día, desatouse unha violenta persecución contra a Igrexa de Xerusalén; todos, menos os apóstolos, dispersáranse por Xudea e Samaria. Uns homes piadosos tiñan soterrado a Esteban (prefiro esta forma que non Estevo) e fixeron gran dóo por el. Saulo asañabase coa Igrexa; entraba nas casas e arrastraba ó cárcere a homes e mulleres. Ó ire dun lugar pra outro, os prófugos ían espallando o Evanxelio (Evanxeo non, porque decimos evanxelizar, evanxelistas, evanxelización; Evanxeo é galegués, non galego). Felipe baixou á cidade de Samaria e predicaba alí a Cristo. O xentío escoitaba asentidor o que decía Felipe, porque tiñan oído falare dos signos que facía, e os estaban vendo: de moitos posesos saían os espíritos inmundos bradando (o brado ven se-lo berro animal), e moitos paralíticos e lisiados quedaban curados. A cidade encheuse de ledicia."/¿E non haberá un novo Felipe antr´os cristiáns d´hoxe en día que poida, con dominio, desendiañar a tantísimo político poseso instalado no poder, como parece evidente? Eu rezo porque apareza un novo Felipe. ¿Felipe González? Non, por favor. Un San Felipe.

domingo, 8 de mayo de 2011

Ence e o modelo de cidade

O talibanismo urbanístico estalinista acabou coa elegancia da fachada barroca de San Bartolomeu, tapáda-las vellas escadeiras de pedra pola especie de palco que se ve na foto, que parece pensado prá actuación dalgunha orquesta. Desgraciadamente, a Delegación de Cultura que estaba nas mans do PP non soupo actuar neste asunto como no que recolle a foto-denuncia que sigue. Ésta é a praza da Verdura, desnaturalizada, convertida en costa ladeada. Antes estaba compensada a caída do terreo. Aquí foi arrasado un dos máis vellos boscos urbáns de catalpas d´España e foron roubados uns fermosísimos bancos de pedra. Na teima de convertire o espacio prás concentraciós dos nazionalitaristas, éste non ía levare árbores. As que vedes, catro cerdeiras e seis liquidámbares, foron prantadas como resposta á protesta social asinada por uns 1200 cidadáns, un escrito por min redactado. Agora, é certo, as árbores van locindo e disimulan a desnaturalización do espacio que quixeron convertire no seu icono urbanístico, en praza roxa si se pode decir.
Outro espacio desnaturalizado, a praza das Galiñas, aínda que nel apareza unha escultura de Valle-Inclán, máis ben pensada como un bolardo pra atrancare maniobras de vehículos, que poden ser necesarias. A fachada do edificio que se ve como telón de fondo foi pintada gratis total, tres millós das vellas pesetas, unha forma de comprar vontades. Esta rúa era de dobre dirección, hoxe estreitada, como se dí no artículo, ó ancho estándar de corredoira aldeá, coa que vai aquelo do clásico: "Camino por donde quepan dos no lo hallarás en Galicia, aunque lo pidas por Dios".

Pontevedra, 8.05.2011
Entrada n . 1427 do blog

Ence e o modelo de cidade,
por Xesús López Fernández

As elecciós están en marcha. Os partidos arrancan con forza, con programas sempre discutibles según a particular idiosincrasia do elector máis ou menos imposto nas cuestiós que decote se debaten. O que vai primar con máis forza ó longo dos días que veñan, ata o 22 dos correntes, é o tema do modelo de cidade; tamén Ence, e o seu posible traslado ou marcha. ¿Existe un problema un modelo de cidade?. O BNG sempre dixo té-las ideas claras en relación con esto, que sabían o que querían facer aquí. Pero dende a óptica dos residentes na zona vella, as contas non cadran e o que realmente vemos é que sí, a zona está bonita prós que veñen de fóra, de tapeo, ó parque temático con malabares, pero non prós que viven a involución zonal ó longo dos últimos anos, cunha evidenteperda de pulso do comercio local. A privatización das prazas pró terraceo veu conformare bulsas de bullanga e suciedade, con moscas. Pode ser bonito prós turistas, pero non prós residentes, un drama que o alcalde non ve, según afirmaba nun chat celebrado nun medio rexional, en resposta a un veciño.

¿Por qué temos tan poucos kilómetros de carril-bici? Ésa era unha das “sesudas” preguntas, sen falare de que a circulación das bicicletas pola zona peatonal é unha verdadeira loucura. Son vehículos, pero acceden á mesma, algús parece que con licencia pra matare, e xa hai noticia dalgún accidente. Parece que faltou unha pregunta nese sentido. Virán máis accidentes, non-o dubidemos, cunha responsabilidade clara do goberno local. ¿Pero cómo vai haber carril-bici se tampouco temos transporte público xa que eliminaron as arterias ou estreitaron outras ó ancho estándar de corredoira, con unidireccionalismo? Consecuentemente, son frecuentes os atoamentos, ou atollamentos, os colapsos circulatorios, a perda de tempo na entrada ou saída da cidade, co problema engadido dos lombos, unha dificultade pra que Pontevedra poida ser realmente unha cidade residencial ou dormitorio.

No curso do chat co alcalde, alguén afirma ter apostado pola zona monumental e rehabilitado a súa vivenda, mais ve cómo son moitos os vehículos que a cruzan sen tarxeta de residente (non esquezámo-lo peligro das bicicletas); que incluso se ten montado un “after hours”, foco de peleas e incidentes varios, algo que podemos facer extensivo a outros profanadores da noite, porque algunhas terrazas parecen non ter hora de cerre e a bullanga, como se fosen coros de chicharras, relos ou cantaruxas, dura ata ben entrada a madrugada. A policía non comparece. É decir, de cidade dormitorio, nada de nada. E podería traer aquí o relato do vivido por algús conocidos que, asustados hai xa cousa de oito ou dez anos polo que se estaba a concretare no recinto histórico, venderon a súa propiedade e marcharon pró extrarradio, a zonas menos agredidas. En definitiva, que non se soubo primare a residibilidade das xentes no espacio monumental, nen revitalizalo comercialmente.

Ence volve estare na propaganda de tódo-los grupos. Se con ela comezou a morte da ría e a involución da cidade, o que non está claro é de qué vai nengún dos grupos políticos na campaña. Que se diga que coa marcha de Ence-Elnosa de Lourizán se recuperaría a ría non pasa de vulgar trola. O que hai que recuperare son as marismas de Lourizán e non potencia-la consolidación da avenida de Marín co scalextric de Mollavao, no que parecen enzudrádo-los partidos todos, como se Lourizán non fose xa, pra eles, máis que un solar. Algo sí poderían facer no terreo da vella concesión de Malvar, recuperado como demanial. ¿Por qué non consensúan a súa restauración como pequena enseada, por qué non comezan coa permeabilización da autovía nese punto? ¿Por qué non actúa o Concello no tema Holcim, sen concesión nen licencia municipal? Pero hai moito que aclarar en canto á recuperación ambiental e residencial da cidade. Moitas culpas parecen claras. Mentres non se axusten contas, Ence e o “modelo de cidade”, non son máis que fume electoral.

miércoles, 4 de mayo de 2011

DESIRÉ, O CURA NEGRO DE MAZARICOS

Un hórreo de Mazaricos, na Costa da Morte galega. Desiré, o cura negro de Mazaricos, como lle chaman, é conocido de todo o mundo do entorno. Atende cinco parroquias.

Desiré, oficiando a santa misa. Mazaricos síntese irmanada, en certo sentido, con Costa do Marfil, o país de procedencia do sacerdote.

Pontevedra, 4.05.2011
Entrada n. 1426 do blog


DESIRÉ, O CURA NEGRO DE MAZARICOS,


por Xesús López Fernández


Quero traer a este blog unha noticia que daba La Voz de Galicia do pasado Domingo: a de que na Costa da Morte vive un crego negro, de nome Desiré Kouakou Tanoh, de 38 anos, orixinario da Costa do Marfil. E dende que chegou invitado por un seu amigo, José Manuel Pensado, tamén crego, ambos conocidos da súa época común de universitarios en Madrid, a vida parece que cambiou nas cinco parroquias que atende; que o cristianismo tomou no lugar unha nova dimensión e que ás súas liturxias acode decote máis xente: xente nova e xente vella, que incluso, según comentan, os homes comulgan.


Dende que chegou, o home veu labrando amistades, facéndose amigo de tóda-las xentes, portador parece que dunha permanente sonrisa. E así, as portas das casas ábrense pra lle dare acollida. O home conta que en África a misa se vive doutro xeito que aquí, como unha festa, e con el as misas son agora máis participativas i enriquecedoras.


Xa lle propuxeron o traslado no ano 2007, pero as xentes clamaron pola súa permanencia, como os veciños de San Tirso de Muíño, que lle pediron ó señor arzobispo que desistira do seu traslado.


O home fala moito de Costa do Marfil e das necesidades e problemas alí existentes. E con vistas a remediar algunha cousa daquel país no que é analfabeta o 40% da poboación, de crear si é posible un centro formativo, ven laborando na Asociación de Cooperación Exterior Egueire, que mostra talvez o seu aspecto máis solidario. Nos veráns celébrase unha festa africáa. E polo que se ve as xentes das parroquias atendidas por este home querido colaboran na medida do posible. Pero mellor, vede as noticias dos enlaces nos que se fundamenta este post, de La Voz de Galicia.







domingo, 1 de mayo de 2011

Política e rexeneración

Éste é o icono do partido REGENERACIÓN, de Enrique de Diego, que sí ten un claro programa de rexeneración, palabra ausente dos discursos da maioría dos candidatos d´outras agrupaciós.

Pontevedra, 1.05.2011
Entrada n. 1425 do blog

Política e rexeneración,por Xesús López Fernández

A política que se ven practicando no país é a principal causa de que, cara ás próximas elecciós, haxa unha sociedade incrédula. Lévase traballado tan mal a súa gobernanza que así estamos con case cinco millós de parados e máis dun millón de familias nas que xa nengún dos membros percibe ingreso algún. Situación de emerxencia na que son fundamentalmente os comedores relacionados coa Igrexa o amparo de moitas persoas que nunca pensaran que chegarían a viviren tal situación. ¿Cómo o goberno socialista non foi capaz de reinstaura-lo Auxilio Social? Porque unha vez reventádo-los discursos do pleno emprego, da verde gomariza, de que o peor xa tiña pasado, dunha certa recuperación; cando algús analistas falan dunha caída aínda maior da nosa economía e da incapacidade de xerar riqueza como fan outros países (Alemania crece un 3,70%) aquí estamos nunha situación agónica. ¿Haberá que lembrare novamente o debate de Pizarro con Solbes, de cómo o primeiro aseguraba que sen un crecemento do 3% non se creaban postos de traballo? Pero parece que a lección de Pizarro non-a soubo aproveitare nen o seu partido./

As distintas tramas de corrupción, o imparable gasto público, o feito de que os políticos perciban unhas remuneraciós case deshonestas, inflúen tamén na situación creada que é fundamentalmente culpa deles. Daí que sexa moita a xente que xa non se sinte motivada pra votare este próximo 22 de Maio, porque o noso sistema electoral é dubidosamente democrático. Nun sistema de listas abertas aínda se podería confiar nalgunha persoa, pero non temos esa opción e como non se nos está a brindare un plan de auténtica rexeneración, de lle devolvere a independencia ó poder xudicial como garantía do Estado de dereito, ábrense tres posibles opciós prós descreídos da actuación dos partidos: voto en branco, voto nulo, abstención. Aínda habería outra opción: a de meter no sobre unha mensaxe: “Quixera votar, pero con listas abertas e a persoas conocidas; non a unha lista cerrada de persoaxes desconocidos, postos a dedo polos partidos”./

Como quen dí xa estamos en campaña e nos diversos medios recóllense discursos e debates falaces a dúas ou tres bandas. A gran e acalorada deboura, insultos, os políticos como peligro se nos seus discursos non falan da rexeneración que moitos desexamos, se todo vai resultare á fin unha farsa electoral na que se van gastare cartos a esgalla pra favorecere a medios afíns, cartos que deberían ter como fin a creación de empresas ou a restauración do medio natural como xerador de riqueza, non unha campaña de marketing pra convertire ó cidadán nunha criatura xangal, douda, que lles outorgue o seu voto. E mentres tanto cada novo día nos sorprenden os polítidos con presuntas novas malversaciós, sen que nengún deles vaia ó cárcere, á par que adiantamos en falta de libertade, de democracia e probeza, cara a cola de Europa. (En quince provincias españolas a cifra do paro ronda un 30%)./

Ben está que no discurso político se faga inventario de canto poida resultar públicamente censurable, pero a rexeneración como norma da nova gobernanza non pode estar ausente das súas intenciós, e non abonda con falare de paro ou da creación de novo emprego. A rexeneración ten que estare forzosamente no cerne dos discursos, e vai ser imposible se mantémo-lo poder xudicial políticamente instrumentalizado. A sociedade civil ten escollido esa vía como última esperanza prá solución de moitos problemas: leis inxustas, agresiós ós dereitos humáns, presuntos delitos ecolóxicos./

De nada vale que os políticos inclúan a cuestión do Estado de dereito na súa perorata porque non existe como tal, e a súa restauración pasa pola indicada rexeneración: listas abertas, poder xudicial independente, sistema fiscal xusto, educación libre, etc. En fin, que co panorama á vista, sen termos a capacidade de modifica-lo sistema, inxusto en demasía, votar pode parecer unha parvada.

addenda: O Diario de Pontevedra, non sei se por problemas de maquetación ou qué, suprimeu a última parte do artículo, a que agora está en caracteres claros. Eu reafírmome en que non podemos aceptar como normal que nos vendan discursos políticos que poden estar, ás veces, baixo sospeita ou carecen de mensaxe rexeneracionista. Vale.