lunes, 28 de marzo de 2011

O idioma derrotado

O meu icono do caos normativo ou, se queredes, do esmorecemento do idioma.

Pontevedra, 29.03.2011
Entrada n. 1414 do blog

O IDIOMA DERROTADO,
por Xesús López Fernández

El Gato al Agua, a tertulia de Intereconomía, celebrouse onte en Ourense. Ademais do tema da crisis, da cuestión dos xenéricos que explicou o presidente Núñez Feijoo, do caso faisán e o presunto pacto do Goberno con banda terrorista denunciado polo periódico El Mundo do 28.03, houbo un momento no que Mario Conde dirixeuse ó seu parente Alfredo Conde, presente na sala, pra lle perguntare pola situación do idioma galego, qué é o que realmente está a pasare coa nosa lingua.

Alfredo, que actualmente parece terse decantado, maiormente, por escribi-las súas colaboraciós periodísticas en castelao, por un problema de micrófono non puido completare o que parecía unha resposta interesante. Despois de ter enumerado que os problemas non eran xa d´hoxe, que Rosalía, Cunqueiro ou Eduardo Blanco Amor tíñanse atopado con interquinencias no seu traballo; despois de afirmar que o problema principal do idioma galego derivábase da entrada na fala, convertíndoa en arma política, de xentes de diverso pelo: lingüistas, políticos, etc. Pero aí se cortou o discurso de Alfredo, deixou de ser audible. Síntoo.

Entón, tentaremos poñer algo de luz neste asunto, que no meu blog está denunciado en diversos posts que levan como título común o de "o esmorecemento do idioma" e no que se contan as cousas dun e outro xeito. En definitiva, o idioma está desnaturalizado como consecuencia do nacionalismo fracasado do BLOQUE, antre outras forzas involutivas, que forzou unha obra de enxeñería social estalinista, forzando a creación das normas da deriva pra un posible ensamblaxe co portugués, língoa claramente diversa da nosa fala, creación social do pobo.

Creen os inventores que os idiomas poden sofri-los cambios que se lles vaian ocurrindo a eles, cando as linguas son creación social, como acontece no caso do inglés, que por non ter non ten Academia, e goza de boa saúde. Ademais de que facer "gramática de creación" non é cousa de cadaquén que se poña a escribir na nosa fala. Podería facelo e, de seu, fíxoo Álvaro Cunqueiro, aínda que coido qu´o seu discurso está luxado polo traballo editorial.

Aquí adoutaron unha actitude crítica co tratamento normativo dado ó idioma dende a RAG homes como Ánxel Fole ou Uxío Novoneyra, que chegaría alcumar ó galego saído das normas do 1983 (as últimas son peores), a lingua da non-patria. Na súa actitude crítica coa AS-PG, cos reintegracionistas, co ILG e cos desertores da lingua das aldeas, chegaría a lle chamar traidores ós escritores que non asumisen ese leigado. E aquí deixo este apunte, por hoxe.

Tristemente, o galego das normas é chamado hoxe, comunmente, galegués ou galizo, pero xa nada ten que ver coa fala enxebre, xa non sabe a pan fresco, a virtude que Cunqueiro lle pedía ó idioma, que hoxe cheira xa (o dos políticos e o de moitos escritores) a peixe aballoado, ó peixe que comeza o proceso de descomposición.

Difícil restauración, difícil tarea prá RAG de Méndez Ferrín, que coido algo ha intentar.

domingo, 27 de marzo de 2011

A encomenda esquecida

No gradante evolutivo pontevedrés hai que face-la lectura ó revés. Ata se lle pode poñer nome a algún dos preomínidos que aparecen no gráfico. Un póster pra enche-la cidade cara ós comicios do 22.05.
Esta fotografía aérea presenta, con efectos especiales, a ría convertida xa en areal, en gran solar, polo menos como gran tentación. A demanda de Río Janeiro e a doutros Cumios e Acordos, quedou no esquecemento. E desta volta os partidos carecen xa de discurso ecoloxista, aínda que haxa doudos que sigan picando. O porto, berce de mariños ilustres: Chariño, Sarmiento de Gamboa, os García Nodal, etc., estaba situado ó fondo da panorámica aquí mostrada, todo prostituído polas Administraciós, políticos locales incluídos. -

Pontevedra, 27.03.2011
Entrada n . 1413 do blog
Artículo semanal.

A encomenda esquecida,
por Xesús López Fernández

O medio ambiente convirteuse en cuestión de importancia internacional no ano 1972, cando a celebración en Estocolmo da Conferencia das Naciós Unidas sobre o Medio Humán. Anos despois confeccionaríanse diversos plans de desenvolvemento e iríanse poñendo en marcha distintos procesos prá adoución de decisiós que no plano nacional non habían chegar moi lonxe. Sí que se foi adiantando en cuestiós científicas e técnicas, pero o medio ambiente permaneceu como asignatura menor pola falta de intelixencia política e os problemas seguirían a se agravaren: na capa de ozono, no quecemento da Terra ou na degradación dos boscos. Cando as Naciós Unidas estableceron a Comisión Mundial sobre o Medio Ambiente e o Desenvolvemento no 1983, evidenciouse daquela que a protección da natureza era xa unha cuestión de supervivencia pra todos, e a Comisión estableceu normas pra "satisface-las necesidades do presente sen compromete-la capacidade das futuras xeneraciós". -

Nesa escalada da toma de conciencia dunha defensa ambiental planetaria, o Cumio prá Terra, a Conferencia de Rio Janeiro de Xuño do 1992, representou un momento decisivo prás negociaciós de carácter internacional sobre a cuestión do medio ambiente e do desenvolvemento económico. O equilibrio antre as diversas necesidades (economía, sociedade, ecoloxía) e o obxetivo de senta-las bases pra unha asociación mundial antre países, con vistas a acorta-las diferencias existentes, en canto á riqueza, educación, etc. I en Río, os 172 gobernos alí reunidos aprobaron tres grandes acordos pra rexe-lo labor futuro: o Programa 21; a Declaración de Río sobre Medio Ambiente e Desenvolvemento, nos que se definían os deberes dos Estados, e unha Declaración relativa ós boscos, pra facere máis sustentable a floresta da Terra. O Programa 21, cristalizado na Axenda21Local das cidades que apostan pola vida, fixaba xa unha serie de pautas sobre producción e consumo, demografía, conservación e ordeación dos recursos do medio natural, protección da atmósfera, dos oceanos e a diversidade biolóxica, dos boscos e a agricultura sustentable.

Hai unha noticia destos días que pode acair na filosofía nacida do Cumio de Río Janeiro, de salvación do planeta, i é a actuación local que se está a completar no concello galego d´As Pontes: o gran lago que Endesa está a conformar sobre a que fora explotación a ceo aberto da mina do lignito que a central térmica d´As Pontes queimaba e convertía a Galicia en potencia emisora de CO2, máis que Alemania en términos per cápita. Pero o tema deste comentaraio é ese lago chamado a ser un referente comarcal, que ten 18 kilómetros de contorno e vai dispoñer dunha praia de 370 metros, actualmente en preparación. Endesa vai cedere esta infraestructura ó Executivo autonómico cando estean concluído-los traballos, que o alcalde d´As Pontes considera como unha iniciativa de todos; que cun peso decisivo no futuro do concello non poden ser só as decisiós do goberno as que teñan peso. Os diversos traballos acometidos parecen enmarcados nunha Axenda21Local, herdeiros do mandato de Río. Futuro prometedor pró lugar no que Endesa vai prantare 4000 árbores. Con fantasía, a nova arboreda pode ser un digno remate deste traballo de rexeneración.

Pero a encomenda de Río está esquecida en Pontevedra, sen ecoloxismo na política. O exemplo d´As Pontes pode servir. E volvo sobre a falta de discurso dos partidos aquí representados. ¿Rexeneración da ría? Algo sí poderían estar a faceren, na vella concesión de José Malvar, novamente terreo demanial por sentencia do 14.09.2009 do TSXusticia de Galicia. E agardemos que tamén no terreo ocupado por Holcim e según a sentencia da Audiencia Nacional do 17.02.2011. Non se comprende que agora Costas, tantos anos calada, recurra en casación ante o Tribunal Supremo, xusto cando outras concesiós están na lista de espera da Aud. Nacional. Agardémo-los acontecementos. Aguilar dixo que debe prevalece-la Lei de Costas.

viernes, 25 de marzo de 2011

ROSA AGUILAR I ENCE

Parece que Medio Ambiente non está moi d´acordo coas declaraciós que días atrás fixeron Louro e o seu número 2 da lista de Pontevedra en relación cunhas afirmaciós de Rosa Aguilar sobre o caso Ence.
-
Pontevedra, 25.03.2011
-
Entrada n. 1412 do blog
-
ROSA AGUILAR I ENCE,
por Xesús López Fernández
-
En definitiva, siguen sen concretare. E o discurso de Rosa Aguilar, á que non sei se realmente lle importa un pemento o medio ambiente, pode ter diversas lecturas. Pero sexamos positivos: "non vai haber café pra todos", aínda que se estudie caso por caso. E que si Ence, por ser anterior á Lei de Costas, ten como vencemento o ano 2018, haberá que ve-lo que dá de sí o estudio do seu caso particular no marco competencial da citada Lei, e que a sentencia que se poida producire polo seu caso non demore máis da conta, que non-a enfríen.
-
Ofende qu´agora Costas recurra en casación a sentencia sobre a fin da concesión de Holcim, que sempre careceu dela e que si se mantivo no lugar varios anos foi a consecuencia da deixadeza da Delegación Provincial de Costas, presuntamente sometidos ó dictado do poder do capital, e á inhibición ou prevaricación do propio concello, que endexamáis ll´outorgara licencia de primeira instalación.
-
O caso Ence está pendente de sinalamento prá correspondente sentencia que Costas quer agora paralizar un tempo co seu alegato contra a sentencia da Audiencia Nacional, en relación co caso Holcim. Nada, que aquí hai unha situación de corrupción xeneralizada, que afecta ós propios partidos, ós tres, agora xa sen discurso ecoloxista. Todos estiveron a mentir, a mantere un conturbernio claro, presuntamente a cambio d´algo. Corrupción, en definitiva, que habería que investigar. E sancionar.
-

jueves, 24 de marzo de 2011

Desastre en Río Cruces, en Chile

Río Cruces, en Valdivia, Chile. As augas están tinguidas polos vertidos da Celulosa Celco, causante da mortandade de máis de mil ciños de gola negra neste espacio, no ano 2005, nun santuario Ramsar das aves, especialmente dos citados ciños. Limito o interese desta entrada a algús enlaces e videos.
-
Pontevedra, 24.03.2011
-
Entrada n . 1411 do blog
-
Desastre en Río Cruces, en Chile,
por Xesús López Fernández
-
Eduardo Israel conta (en Valdivia en Alerta) de cómo unha noite de febreiro do 2004 espertou polo pestazo que producia a celulosa Celco, a 54 kilómetros ó norte da súa casa. Comezaba pra eles a maldición da que en Pontevedra sabiamos dend´o ano 1963. E curiosamente, aínda que melloraran as cousas, non estamos libres de que, unha noite calquera, o pestazo entre nas nosas casas de novo e nos desperte, asustados.
-
Ó lector halle resultar fácil atopar novos enlaces. Deixo aquí os de dous vídeos, pero hai como 15 localizables. Atentos ás descripciós que fan as xentes. Os metales pesados están, parece, na raiz do mal causado, como tamén sabemos en Pontevedra.
-
-
-

Costas, ¿a gran ramera?

Holcim nunca tivo concesión nen licencia municipal. Costas tiña información, pero a corrupción soterrada en principio na Delegación e no propio Concello de Pontevedra, fixo posible o miragre da súa permanencia en terreo demanial. Costas vai recurrire en casación ante o Tribunal Supremo a sentencia da Audiencia Nacional ordeando o cese de actividades de Holcim e a recuperación do dominio público marítimo terrestre. A Corrupción parece estar a marca-las pautas prá neutralización da Xusticia, pra acabare co Estado de dereito. Non se entende a actitude da cúpula do ministerio, que tenta salva-la deixadeza dos seus corruptos. ¿É corrupta tamén a cúpula?
Vista da autovía a Marín, tamén en dominio público marítimo terrestre. Costas quer salvare o complexo industrial que veu encanallando a convivencia e saúde humáas da poboación do entorno. E despois, sí, moita celebración do Día da Auga, do Día das Árbores, do Día da Vida, cando queren converti-la nosa mar nun gran tremedal.
-
Pontevedra, 24.03.2011
-
Entrada n. 1410 do blog
-
Costas, ¿a gran ramera?,
por Xesús López Fernández
-
A asociación Salvemos Pontevedra denunciou hai tempo a corrupción ambiental da ría de Pontevedra, corrupción acaída como consecuencia da presunta corrupción política das diversas administraciós e do propio concello pontevedrés. ¿Pode ter Costas unha certa semellanza coa gran ramera da que fala o Apokalypsis? Polo pronto, aquí ten culpas claras, polo seu abandono, na fin da Creación do que foi un verdadeiro paraíso.
-
Que as denuncias presentadas polo colectivo ecoloxista fosen contestadas co silencio administrativo, un silencio permanente, a calada por resposta, foi o que levou ó citado colectivo a procedere na vía xudicial. Xa digo, por estare a gran puta calada, mirando pra outro lado, ¿atenta ós aloumiños dos clústers?
-
¿É que a Delegación Provincial de Costas non ten funciós delegadas de policía medioambiental, de vixía permanente pra que os clústers, tamén as urbes, non se fumen como un porro o texto da Lei de Costas? ¿Cómo Costas, que estivo calada como gran puta, recupera agora a voz, só agora, despois de se ter producido a sentencia en relación co caso Holcim? ¿É que Costas ten acciós en ENCE ou Elnosa, é que Costas e Medio Ambiente, en contra da súa doutrina de defende-la aplicación da Lei son escravas das mafias portuarias e urbanísticas?
-
Os enlaces inseridos de noticias de La Voz aclaran moitos particulares da problemática desta ría, que parece abandonada de Deus, eso que a leenda dí que as cinco rías baixas galegas foron deseñadas pola súa man: a de Vigo, a de Marín (non-a cito como de Pontevedra, xa cidade de secano), a d´Arousa, Muros-Noia e Cee. En fin, ¡que Deus confunda ós corruptos!
-
-
-

domingo, 20 de marzo de 2011

Camiño do 22 de Maio.

Éste é o espacio que non queren recuperare. Na foto aparece xa enchousado o espacio que fora, cecáis, o máis grande banco d´ameixas e croques de Galicia. Pero os partidos (atendamos ben ó seu discurso) non están polo labor. Asumida a Carta de Aalborg como escaparate, esqueceron, como levamos dito por activa e pasiva a Axenda21Local, coa que se podería falare de recupera-lo espacio que aparece na foto. Pero, non, queren o solar pra sí ou prós clústers ós que renden pleitesía, ou mafia portuaria se así a preferides denominar.
-
Pontevedra, 20.03.2011
-
Entrada n. 1409 do blog
-
Artículo semanal.
-

Camiño do 22 de Maio,

por Xesús López Fernández

-

-

Parece como se os representantes dos diversos partidos políticos estivesen dos nervios ante as vindeiras elecciós. E así, todo se volven descalificaciós cando hai un PXOM enquistado que a Xunta non quer aprobar, cando falta tamén transparencia á hora de asumir certos deberes con Ence, novamente cimbel electoral, e menos mal que hai consenso á hora de instar á Xunta prá cancelación do proiecto de incidencia supramunicipal que contemplaba a construcción da pranta de papel tisú en terreo concesional de Ence, daquela. Lembremos que a pretendida desafección do terreo demanial foille desestimada a Ence polo ministerio. Sobre este tema, como sempre, os partidos queren vender fume e quedan non poucas fiarazas nos discursos do BNG e do PSOE á hora de non querer interesare do ministerio de Medio Ambiente a confirmación escrita da improrrogabilidade da concesión de Ence, porque as palabras de Rosa Aguilar deixaron dúbidas. Aínda que Louro desminta o seu discurso.

-

Por certo, o candidato socialista, que pideu ás outras forzas o máximo consenso posible en relación co PXOM, parece ter claras as ideas sobre o futuro da pasteira, porque “hai unha clara e meridiana lei de Costas […] que regula os usos do litoral…”; que falou tamén con Rosa Aguilar e que ésta confirmoulle que non existe vontade, no seu departamento, de cambia-lo ordeamento xurídico; que, ainda entendendo que Ence baralle diversas posibilidades, a súa solución pasa pola reubicación do complexo coa colaboración posible, ou non, das administraciós e da Xunta en particular. E Telmo Marín tamén ten o seu discurso en relación co scalextryc de Mollavao, unha infraestructura que nos alonxa da sustentabilidade coa definitiva ocupación das marismas, que el promete frear se chega a tempo. E aquí hai algo que os partidos políticos esquecen: que non están a faceren os deberes da Axenda21Local que, como concello comprometido coa Carta de Aalborg terían que elaborare no canto de se perdere en debouras (ou debourias), lonxe do debate acougado.

-

Case no comezo da Carta de Aalborg+10 faise a declaración de que “desempeñamos un rol esencial na garantía do desenvolvemento sostible así como na cooperación doutros ámbitos da gobernación. Este papel demanda un achegamento enérxico e global á práctica política local e require a armonización ambiental, social e cultural cos intereses económicos. Tamén teremos de nos asegurare de que os nosos esforzos pra mellora-la calidade de vida local non poñan en peligro a doutras comunidades do mundo e das xeneraciós vindeiras. Somos o nivel de goberno que máis perto está do día a día dos cidadáns europeos, e temos unha oportunidade única pra dirixi-lo comportamento individual cara a sustentabilidade por medio da educación e a concienciación”. Poderiamos seguir con outros aspectos da Carta, que é un documento básico. Os concellos poden expoñe-los seus plans, pero tamén a sociedade civil pode suxerir vías de recuperación do capital natural, de apuntar vieiros de sustentabilidade anoxados polo poder. Nese sentido a sociedade civil, ante as administraciós cegatas, ten non poucas veces que acodir á Xusticia.

-

Cabería citar aquí non poucos casos conocidos incoados polos cidadáns burlados e, con sentencias firmes pendentes de execución, sen que os partidos se mollen na restauración da legalidade. Unha Axenda21Local debidamente participada tería evitado non poucos problemas á Administración. Mais parece que aquí foi furtada, que non está pra afrontare os grandes desafíos: creación de traballo, combati-la probeza i exclusión social, protección do medio ambiente, minoración da pegada ecolóxica, resposta ós cambios demográficos e xestión da diversidade cultural e consolidación dunha paz duradeira en zonas arrasadas polas guerras. Polo que se ve, a confección da Axenda21Local conlevaría unha sociedade con protagonismo na gobernación real, contra o discurso falaz e proiectos de infraestructura contra natura.

viernes, 18 de marzo de 2011

Pirineos en panorámicas de 360º

Pirineos oscenses.
Pirineos oscenses. Parque de Ordesa. Estoupido de color. Envidia dende Galicia, onde a paisaxe toda está contaminada por eucaliptos e aínda dende Ence, a abandeirada da Europa eucalipteira, nos invitan a ter outra visión destas árbores que sabemos son pirofíticas, causa principal dos grandes incendios que se dan na nosa terra, factor tamén importante este lume na súa multiplicación.
-
Pontevedra, 18.03.2011
-
Entrada n . 1408 do blog
-
PIRINEOS EN PANORÁMICAS DE 360 GRADOS,
por Xesús López Fernández
-
Quero agradecer dend´o meu blog o envío recibido de iberica2000.org dos seguintes enlaces que vos van sorprender. Vistas fantásticas do Pirineo oscense, en panorámicas de 360 grados.
-
Móvete co rato pra riba e pra baixo, achégate e alónxate, disfruta!
-
-
http://www.abaco-digital.es/virtual.php?src=pineta (O Val de Pineta forma parte do Parque Nacional de Ordesa.)
-
-
-

miércoles, 16 de marzo de 2011

A falsa campaña electoral

Esta fotografía ilustra o meu post anterior, o que recolle o artículo titulado "A rexeneración de Lourizán". Apréciese á esquerda da foto outra das traiciós pendentes de resolvere, o tendido do ferrocarril que vai ó porto de Marín, que ocupa 55000 metros cuadrados de terreo demanial, algo que denunciaba o ministerio de Medio Ambiente do Goberno Aznar en contra da postura de Fomento, ministerio no que debe haber unha camada de serpes ó servicio de interses bastardos, como agora acontece de novo co ministerio que está nas máns de Pepiño Blanco, coa construcción que queren levar adiante na punta de Mollavao, dun scalextryc a tres niveles. Todo pra consolida-la ocupación do dominio público marítimo terrestre. E os partidos todos, traidores. Fotografía do complexo Ence coa que o Faro de Vigo d´hoxe ilustra a noticia de que o Concello de Pontevedra solicita a caducidade do decreto de supramunicipalidade de Fraga, ano 2003, polo que se tentaba poñer en marcha a construcción dunha pranta de papel tisú, de Georgia Pacific.
-
Pontevedra, 16.03.2011
-
Entrada n. 1407 do blog
-
A falsa campaña electoral,
por Xesús López Fernández
-
No fondo deben estar rabiosos, adoecidos, porque a idea d´eles non é a de rexeneraren as marismas de Lourizán, senón a súa ocupación, a consolidación da autovía de Marín, etc.
-
Aínda a estas alturas non se enteraron nen Núñez Feijóo nen o dúo da bencina Lores&Mosquera, nen Louro, de que a desafección do terreo demanial que solicitaba Ence foi desestimada polo ministerio de Medio Ambiente e que, sobre ese espacio, Cristina Narbona decretou que, como terreo demanial que é, é inalienable, inembargable, imprescriptible e insusceptible de desafectación.
-
E todo gracias ó labor calado de Salvemos Pontevedra, un grupo menor de xente que non claudicou ant´os embates dos partidos e dos clústers mandantes.
-
E así as dúas sentencias existentes, que apuntan un futuro de recuperación, polo menos en Mollavao e nos terreos ocupados por Holcim, empresa okupa que non dispoñía de concesión nen de licencia municipal, sen qu´os partidos promoveran nengunha actuación xudicial nen actuaran administrativamente no caso de Holcim, ó non existir licencia, como queda dito. ¿Prevaricación, corrupción? Máis ben corrupción.
-
Lembremos qu´a vía que aparece na foto foi inaugurada por un tren tirado por unha máquina Mikado na que ían catro xinetes do Apokalypsis (escribámo-la palabra como fai Leonardo Castellani), do Apokalypsis local: Fraga, Cuíña, Lores e Tonecho, o alcalde de Marín. Sí, eles catro, e lembremos que Lores, o "ecoloxista", urxira a construcción do ferrocarril por medio de carta no ano 2000, coido que no mes de Maio.
-
No fondo, dóelles a estos prevaricadores e corruptos que unha asociación como Salvemos Pontevedra estea a lles marca-los deberes, como xa fixo por medio de carta ó Concello o 14.01.2004. Que busquen esa carta os outros grupos se realmente están pola rexeneración, que non creo.
-
Siguen dous enlaces de risa sobre a campaña:
-

domingo, 13 de marzo de 2011

A rexeneración de Lourizán

Vista parcial das instalaciós de Holcim, asentadas en dominio público marítimo terrestre, sen concesión estatal. Cabe inserir aquí un corto relato antes do artículo semanal que vai seguido. O relato é o seguinte:
Cóntase que un bo día entrou nas instalaciós un inspector de Costas, e comezou a formulare perguntas: ¿Teñen concesión?, Non, foi a resposta. ¿Teñen licencia municipal?, Non, foi a nova resposta. Pero a pesar desa inspección non entraron no tema nen a Delegación Provincial de Costas nen o Concello de Pontevedra, sumidos na prevaricación ou na corrupción.
Se agora está actuando a Xusticia é gracias ás denuncias formuladas por Salvemos Pontevedra, asociación ecoloxista non comprometida nada máis que co orde legal, non avincallada a nengún partido político, a diferencia doutras que funcionan como simples barazas do BNG.
-
Pontevedra, 13.03.2011
-
Entrada n . 1406 do blog
-

Artículo semanal
-

A rexeneración de Lourizán,

por Xesús López Fernández

--

A Asociación Salvemos Pontevedra naceu cunha clara vocación de colaborare na restauración da legalidade, especialmente nos casos nos que as Administraciós calan ou miran pra outra parte, ou parecen levare a disciplina marcada pola Lei de Costas a un total colapso, o que conleva unha crecente ruína do capital social, especialmente salientable no sector do marisqueo, perdida hoxe gran parte do seu potencial e riqueza. Factores como a degradación ambiental por industrias de vertedeiro e a consentida ocupación do dominio público marítimo terrestre trouxeron a situación ó estertor actual. Salvemos Pontevedra ten fe en que sí se poden recupera-las marismas de Mollavao-Lourizán, auténtico plan B de salvación, de rexeneración da praia de Pontevedra e amelloramento da ría, aínda que a sociedade civil teña que litigar coa propia Administración. E contra a Administración local, na que tamén están acobilladas as forzas da involución, insensibles ante a situación aquí creada.

-

-

Poderiamos facer algo de historia, de cómo as denuncias que a Asociación foi presentando ante a Xusticia por presunta caducidade de concesiós nos casos Ence, Elnosa, Malvar e Holcim, foran xa enumeradas ante o Concello de Pontevedra con data 14.01.2004, coa idea de aporta-lo escrito a unha reunión plenaria, asunto no que se tería de insistir meses máis tarde, sen resultado. E, xa sabemos, a Xusticia vai lenta, e así un recurso interposto o 3.02.2005 contra desestimación por silencio administrativo doutro de alzada pola presunta caducidade da concesión de Malvar en Mollavao sería estimado polo TSXusticia de Galicia en parte e contra o Ministerio de Medio Ambiente, dictando o 14.09.2009 unha resolución pola que se require á parte demandada a fin de executa-la sentencia en debida forma no prazo dun mes, e de notifica-las medidas adoutadas en orde á execución, coa indicación ó TSXGalicia do funcionario responsable do control dos traballos prá recuperación da condición de dominio público marítimo terrestre en Mollavao.

-

O pasado 17.02.2011 a Audiencia Nacional dictaba unha sentencia condenatoria contra a Administración do Estado (Ministerio de Medio Ambiente y Medio Rural y Marino) ordeándolle incoa-lo expediente de caducidade da concesión outorgada a Ángeles Dios López, ocupada máis tarde por HORPASA e actualmente por HOLCIM (sen que éstas obtivesen título concesional), así como tóda-las medidas legalmente previstas prá paralización das actividades e suspensión do uso i explotación das instalaciós. Como se afirma no comunicado de prensa de Salvemos Pontevedra, esta asociación ve na sentencia un novo paso prá recuperación, uso e disfrute tranquilo do dominio público marítimo-terrestre nas marismas de Lourizán, e o que semellaba unha quimera hoxe non é tal gracias á constancia e rigor do colectivo ecoloxista. Téñase presente que a reclamación prantexada por Salvemos Pontevedra é do 6.08.2004, dentro da campaña da asociación prá recuperación da titularidade pública e rexeneración das marismas de Lourizán, algo que pode resolve-la Xustiicia; non os políticos que esqueceron a sustentabilidade á que obriga a Carta de Aalborg.

-

Como xa queda enumerado, ésta ven se-la segunda iniciativa do colectivo resolta xudicialmente, na que a Audiencia Nacional afirma que o “silencio sobre silencio” da Administración é “favorable á parte” no último caso citado, como nos de Ence i Elnosa, pendentes de sinalamento prá votación e fallo. O Servicio Provincial de Costas, en primeiro lugar, i en segundo a Dirección General de Costas non contestaron ás demandas da Asociación de incoa-lo expediente de caducidade. Tamén está en lista de espera a cuestión da Edar, ilegal según a Lei de Costas (art. 44.6) e aí si que a Audiencia terá de entrar no fondo do asunto. Pola contra, o Concello (adherido á Carta de Aalborg como ben sabemos) está a forzar novas agresiós na ribeira da ría, non a arelada restauración desos espacios.


jueves, 10 de marzo de 2011

Os defensores do Estado de dereito.

Complexo dantesco asentado nas marismas de Lourizán, do que o propio franquismo se lamentaría decindo que da súa permanencia aí soamente se poderían derivar problemas prá saúde e convivencia humáas, como así foi. Pero, acabado o franquismo, parece que aínda se acentuanos abusos de poder.
-
Pontevedra, 10.03.2011
-
Entrada n. 1405 do blog
-
Os defensores do Estado de dereito,
por Xesús López Fernández
-
Levo tempo decindo que, con vistas ás próximas elecciós, nengún dos partidos establecidos no Concello pontevedres, instalados na gobernación ou na oposición, están moralmente capacitados pra inserire no seu discurso a afirmación dunha falaz defensa do Estado de dereito.
-
Estamos agora nun momento especialmente sensible, no que a ría pode ter dediante súa unhas actuaciós promovidas polo Goberno central e Xunta autonómica, que nos van deixare aínda con menos ría: a construcción do scalextryc de Mollavao, a posibilidade de que Ence poida permanecere nas marismas de Lourizán, como acaba d´apuntare a vella militante do Partido Comunista e actualmente ministro do MARM que se caracteriza pola súa non-actuación... A non execución das sentencias en relación cos crimes de lesa natureza aquí cometidos, deberían servir pra catapultare ó pequeno partido ICPraceres, o grupo promovido pola Plataforma prá Defensa da Praza d´Os Praceres, (que foron os que, por medio de diversas sentencias do TS), demostraron seren o único partido, repito, que aquí pode falare d´Estado de dereito. E pódeo facer coa forza moral de lle pedire ós demáis que se retiren da campaña.
--
Seguidamente inclúo o enlace dun vídeo de cando, alá polo ano 2000/1, comezaban coas obras ilegales do ferrocarril. A policía acodeu alí, a mallare nos veciños e veciñas, pero resulta que esa policía, a tenor da sentencia do TS, non estaba a defendere o Estado de dereito, senón a actuare como exército privado da mafia portuaria, a mesma que seguiría despois cos recheos e outros excesos.
-

domingo, 6 de marzo de 2011

Os Báculos da Moncloa

A Ferrería. Vista parcial coa iluminación das farolas fernandinas.
A Ferrería, no momento da inauguración dos báculos. As xentes que asisten á inauguración poden representare o "poder" de convocatoria do BNG. ¿Vinte persoas, trinta? Non máis.
-
Entrada n. 1404 do blog


Pontevedra, 6.03.2011

Artículo semanal.

Os Báculos da Moncloa,
por Xesús López Fernández

Comezou o Antroido, parece que con forza, como si estiveramos a vivir unha situación de bonanza económica. Do "Introitum", a entrada á Coresma, derivou a palabra Antroido (ou Entroido). Pero o sentido de preparación á Coresma foi esmorecendo a o Antroido convirteuse en catalizador da subversión dos costumes e do enaltecemento das comilonas e dos disfraces, da libertade, como se outro mundo e outro rol social fosen posibles: Don Carnal contra dona Coresma. Trufado o cristianismo dos hábitos que viñan da vella paganía, asumidas moitas das súas festas, a despedida dos longos e duros invernos mesturouse coa despedida da carne antes do enceto da Coresma, o Mércores de Cinza. O Antroido foi así, pois, amolecendo do seu sentido relixioso pra se convertir en días de comer e beber e rir, de máscaras e disfraces que nos nosos días subsiste como festa que invita a todos sen prexuicios nen distinciós.

Na nosa terra o Antroido ven de tempos antiquísimos, especialmente en Ourense e parte de Lugo. Son moi conocído-los Cigarróns, de Verín, cos seus rechamantes disfraces e máscaras policromadas que se prolongan nunha especie de mitra; as Pantallas, que amolan ós camiñantes con dúas vexigas cheas de aire, comúns no Antroido de Xinzo da Limia; os Peliqueiros (como en Laza), caracterizados pola súa animalización: non falan, levan chocas, zorregan e levántanlle a saia ás mulleres; en zonas do Ulla fan presencia os Xenerales (como alí lles chaman), e os seus Correos van polas aldeas coa proposta de que os Xenerales canten ante as diversas casas a cambio dun donativo. Van vistosamente vestidos, con sombreiros, medallas e fitas que lembran os uniformes do século XIX. No mundo rural, os disfraces foron sempre moi variados e simbolizan como unha volta do mundo ó revés. Resultan curiosos os nomes citados e comentabame un amigo o outro día que un nome que non viría mal pra esta nosa cidade é o dos Báculos da Moncloa, con alusión á nova luminaria da praza da Ferrería, na que desapareceron as farolas fernandinas pra dotala dos omnipresentes báculos que, alá no alto, parecen portar unha gran choca.
-
O cambio de luminaria no ámbito da praza e xardíns de San Francisco foi posible gracias ós fondos do Plan E, téndose gastado na profusión de puntos de luz que agora hai alí ó redor de cento cincuenta millós das vellas pesetas. Incluso luz solagada na restaurada fonte da Ferrería, onde por momentos sona a música de Händel, un detalle elegante; luz tamén no estanque da praza da Estrela. Pero os báculos coas chocas parecen unha demasía e gasto innecesario. A praza non gañou en relación coa iluminación anterior das farolas fernandinas que daban un empaque especial ó lugar. ¿Pero non tería Sebastián, o ministro que fixo a cruzada das bombillas de baixo consumo, unha solución pró caso pontevedrés? Porque si é que querían baixa-la factura da luz non había que cambiar de farolas, senón de bombillas. Non se xustifica o despilfarro. E Sebastián, tan aforrador, tería a solución.
-
En Guadalajara están tamén a acometeren o cambio de luminaria. Pero alí hai un PSOE que está na oposición. O alcalde, do PP, retirou as fernandinas e o PSOE montouse na protesta. I eso cae dentro da visión do mundo ó revés propia do Antroido. ¿Tería que estar na oposición Teresa Casal, aquí en Pontevedra, pra denuncia-lo sobregasto producido e a perda de elegancia da praza? En Guadalajara, os socialistas non teñen reparo en calificare como “soportes modernitas e de mal gusto” os novos focos que estordegan a estética do centro da cidade. ¡E son 43000 euros a cambio de 33 luminarias horrendas!. O 3.03, con escaso público [¿20 persoas?], inaugurouse a nova luminaria da Ferrería, co Antroido xa ás portas. E Cigarróns, Pantallas e Peliqueiros teñen agora, en Pontevedra, un novo referente: Os Báculos da Moncloa, porque si están situados na Ferrería, xigantes, coa súa gran choca, é gracias ó Plan E.