martes, 30 de septiembre de 2008

SKATERS EN PONTEVEDRA

Chan da Casa da Luz. Unha mostra da pegada dos skaters, qu´a Policía Local non ve. (Foto do autor)
-
Pontevedra, 1.10.2008
-
Entrada n. 610 do blog
-
[SKATERS EN PONTEVEDRA],
por Xesús López Fernández
-
O propio título, no que debedes picar, corresponde a un enlace de YOUTUBE. I é indicativo do que xa temos anticipado nun traballo anterior sobre a desfeita da vella balaustrada do Museo [a nova, polos distintos niveles que leva, mostra un efecto tsunami], no sentido de que o espacio profanado podería face-las delicias dos skaters. Pouco tardaron.
-
Esta é unha mostra. E ó ve-lo video, aparecen referencias a outros de piruetas da rapazada do monopatín. Nalgún caso parecen menores de edade, pode que algún dos que me denunciaron cando tomei constancia cunha cámara da súa agresión no baixo da Casa da Luz, que mostra non poucas das súas lousas, finas, esnaquizadas a consecuencia, antre outras cousas, dos brincos que fan coas súas piruetas.
-
A Policía Local xa non acode a maioría das veces, non atende as denuncias dos veciños que non soportan o ruído case infernal que fan. Pero sí viñeron á miña casa cando os rapaces me denunciaron, por seren menores de edade. Non queren que os fotografíen, pero eles están decote filmando as súas acrobacias que despois, vanidosos, penduran na rede, en YOUTUBE. Os axentes non viron o que todo o mundo ve: un chan deteriorado. Os axentes non lle deron importancia ó feito de que os skaters tumbaran un contenedor pra usalo como rampa. Os axentes non apeciaron danos, según me dixeron. Política de avestruz a ordeada polo concellal responsable de seguridade cidadáa. De vergonza.
-
Pero ésa é a Pontevedra que queren Lores e Mosquera: a da accesibilidade, sobre todo prós skaters e, últimamente, prás bicis, que o propio Concello vai brindar en réxime de aluguer. Aldeanismo en estado puro, porque skaters e ciclistas son un peligro real e non poden compartir espacio cos peatós. Os urbanistas non tiveron a decencia de pensar en sendas urbáas prás bicis, nen nun espacio prós skaters. E xa ten habido algún accidente. [Fractura de nocello a unha señora, na Ferrería.]
-
Pero, tempo ó tempo, que o peor pode estar por pasar. Nese momento, as víctimas deben ter claro que hai un responsable principal: o señor Lores, que lle está a dar áas ós dous colectivos, brindándolles os espacios públicos. Nalgús, xa non se pode pasear, nen descansar. I é vergonzoso ver cómo os viluricos do monopatín se concentran diante do hiper de Froiz, a molestar ou a escachar nartellos d´algún ou d´algunha siareira do centro comercial. Seguro que os skaters non chegan a Carrefour.
-
¿Accesibilidade? ¡Pra eles!.

NOTICIA CELULÓSICA DO URUGUAI

Ence, en Lourizán. Madeira astillada posiblemente de orixe uruguaia.
-
Fray Bentos: "No se sabe de dónde viene el mal olor" [El País, Montevideo,Uruguay]
-
Pontevedra, 30.09.2008
-
Entrada n. 609 do blog
-
NOTICIA CELULÓSICA DO URUGUAI,
por Xesús López Fernández
-
A noticia que encabeza esta entrada foime remitida dende o Uruguai por medio dun e-mail de Horacio Álvarez, nesta mesma data. Agradecido. Malas noticias. Nada que non estivese na axenda de Ence-Eufores ou de Botnia, que están cambiando a forestación daquel país a base de conformar máis e máis hectáreas de deserto verde, de colonización eucalipteira, esas árbores que, como dí Eduardo Galeano, avanzan como soldaditos ou, como teño dito eu nalgún artículo de hai moitos anos, avanzan como un exército de ocupación sobre a paisaxe que van desnaturalizando.
-
Diversos grupos do país ou da veciña Arxentina manteñen a súa resistencia, pero o aviso que agora chega do Uruguai do pestazo ambiental apoderándose das súas vidas, significa que as industrias de enclave están a gañaren a partida.
-
¿Lémbranse da visita do anterior presidente uruguaio, Batllé, a Lourizán, da man do señor Fraga? Don Manuel, situados ambos na fábrica dixéralle d´aquela: ¿Cómo diría que huele?, Yo diría que como a marisquería, foi a resposta de Batllé, ¡Pues allá aún va a oler mejor!. Xa cheira a drama.-
-
Seguro que tanto no Grupo Guayubirá [cuia web figura relacionada á dereita deste blog], como nas xentes de Gualeguaychú, Arxentina, aínda deben estar vivas as palabras dunha carta remitida dende España, que comezaba así: "¡Menuda maldición os ha caído!". Era un preaviso. A maldición xa está concretada gracias a Batllé e a Taberá Vázquez.
-
Nas poboaciós próximas xa deben ser evidénte-los casos de enfermedades do tracto respiratorio, bronquitis asmatiforme fundamentalmente; talvez tamén conxuntivitis; pode chegar, dentro duns anos a hora dos cánceres de colon e do mal de Krohn; tamén a da morte das augas.
-
Consumada a traición política, o clúster celulósico ha seguir traballando as conciencias das xentes pra que vexan o negro branco. E, tristemente, pode que de pouco valan as protestas dos citados grupos ou a pedagoxía de Carrere.
-
Que lles quede como constancia que aquí, Ence, coa concesión presuntamente caducada, aínda está. E as forzas da sinrazón empresarial queren mantela. Como se non existise outra forma de agradece-la producción da natureza que a de dar morte a unha ría ubérrima, parece que acochambádo-los políticos de diversa etnia. Todos.

MARISQUEO NA RÍA DE NOIA



Pontevedra, 30.09.2008

Entrada n. 608 do blog.

MARISQUEO NA RÍA DE NOIA,
por Xesús López Fernández

A ría de Noia, aínda hai pouco tempo, era unha das que mellor se conservaban a efectos do marisqueo. A degradación daquel espacio, por influencia da contaminación urbáa crecente, faise evidente cada día que pasa.

Cando son recentes as noticias sobre o marisqueo furtivo de vieiras e ameixas, sobre todo n´O Ferrol, con acusaciós a certos restauradores por comercializa-los mariscos procedentes da captura furtiva, sería cousa de perguntar, só perguntare, se a gran culpa, máis que ó marisqueo ás escondidas ou en zonas calificadas como C, non corrresponde realmente ás autoridades que non vixían a situación ambiental das augas.

Eso é así. E o que non sería posible con homes como aquel comandante de Mariña de Vigo, o señor Ozámiz, home incorruptible que controlaba as vedas incluso valéndose dos helicópteras da Escola Naval; o home que presuntamente estorbaba en Pontevedra e que impediría a situación sobrevida na súa ría co enclave da Empresa Nacional de Celulosas, con concesión nula "ab-initio"; como digo, Ozámiz sería destinado ó Ferrol, onde tamén descobriría cousas. Un mal día, aparecería morto, no seu despacho, suicidado. ¿Investigouse ben o tal "suicidio" no que moitos non creemos?

Lembremos aquí novamente que xa no 1978 estaban avisádo-los franceses de que o mexilón da ría de Pontevedra non era apto pró consumo humán.... ¿O mercurio, as dioxinas, os bifenilos policlorados? ¿E quen os tería avisado pra que nas operaciós de importación estableceran como condición "sine qua non" a esixencia dun certificado do Instituto Español de Oceanografía acreditativo de que a mercancía non procedía da ría de Pontevedra, nen dos sectores de Meloxo e mái-lo Grove, na ría d´Arousa, obviamente pola contaminación das empresas de enclave colonialista?. Teño proba documental.

¿Ata cándo se ha poder seguir mariscando na ría de Noia? ¿E non sería asignatura de obrigatorio comprimento prós políticos a do coidado do medio ambiente, fonte de riqueza, solución pró condumio das xentes todas da ría, que actualmente ven ronda-lo espectro, como en Minamatta, da parálisis cerebral? ¿Culpables? Os gobernantes.

A PONTE NOS SALÓNS DO LÉREZ



Pontevedra, 30.09.2008

Entrada n. 607 do blog

A PONTE NOS SALÓNS DO LÉREZ,
por Xesús López Fernández

A fotografía mostra o "pacto de estado" local, ós agresores do capital natural pontevedrés dispostos a se cargar un espacio natural que ten reconocida a protección máxima. [Aquí nin se respeta a memoria do Padre Sarmiento].

Lembremos que, aínda que non se lle pode tocar ó lugar, abondou un encontro, con nocturnidade e aleivosía antre Louzán e Mosquera, pra chegaren ó acordo de pasa-la ponte por onde non se debe facer.

Como estos landrús hai tempo que se cargaron a cidade e a súa infraestructura viaria e xa poucas esperanzas quedan alén do aldeanismo do grupo de goberno e adláteres [todos] pra que Pontevedra dispoña dun verdadeiro servicio de bus urbán ou pra que as ambulancias poidan chegare a Montecelo sen atrancos de bádenes.

Os da foto, metidos no pasteleo do "Ence, sí; Ence non, pero sí", avalan a nova agresión, nunca a recuperación do capital natural como recomenda a Axenda21Local, que deixaron aparcada pra que non lles atrique as outras agresiós previstas ó noso entorno, a consolidación da morte da ría, a gran chafuldra que eles queren. 

E nesa lotería están todos, xa pensen en praias fluviales inviables, xa en macronudos pra definiren solares e consolidar agresiós, incapaces ó tempo de pensar nun futuro distinto prá ría que o de gran sentina pra navegaren cos seus barcos, porque no fondo nunca quixeron o mar. Diríase que pra eles o lema é "¡barcos sen mar!", no canto do de "¡queremos un mar vivo, rico en peixes i en dornas!". Algús han ter que levar, en poucos anos, o seu barco prá terraza da casa. Tempo ó tempo.    
No mercurio, nas toxinas, xa non pensan. Os mexilós, de Chile; as ameixas, de Inglaterra ou Escocia, etc.    

domingo, 28 de septiembre de 2008

OS ATLETAS PRANTAN ÓS NAZIONALITARISTAS

Rafa Nadal, un fito do deporte español e mundial, o número un.

Pontevedra, 29.09.2008

Entrada n. 606 do blog. 


Os atletas e os nazionalitaristas,
por Xesús López Fernández

Témonos ocupado deste tema, pero o tratamento dado polo periódico La Razón con data d´onte deixa as cousas axeitadamente centradas.

Tanto o caso de Nadal, como o de Gasol e o de David Cal, antre outros, son sabidos. A reacción nazionalitarista foi, nos casos citados, dun certo e desmedido aldeanismo, fascistoide ou estalinista, que tanto ten. Pero mellor leéde o artículo de La Razón, picando no enlace seguidamente indicado:  



QUINTANA, VENDEDOR DE FUME

Quintana vende fume de Ence, ante o seu público. ¡Mentireiro!. [Foto do Faro de Vigo.]!

Pontevedra, 29.09.2008

Entrada n. 605 do blog

QUINTANA, VENDEDOR DE FUME,
por Xesús López Fernández

Anda o Quintana coa súa cruzada mediática, aparecendo retratado tódo-los días en diversos medios. Coido que en gran parte non é outra cousa que propaganda pagada. Últimamente volveuse, en certas cousas, como un clon --ou clawn-- de Fraga, á procura dos votos dos vellos e das vellas. E aparece o home nos distintos escenarios, sempre co seu forzado e mecánico sorriso, a falar desa patria que estos nazionalitaristas fracasados queren construir: Galiza, o lugar que non existe e ó que lle queren buscar sitio no mapa.

Como están xa en campaña, andan a xogaren co cimbel publicitario de Ence, novamente noticia, precisamente polo fracaso das políticas e dos políticos, por seren todos eles "neocóns" ó servicio dos clústers. E non ten razón Quintana, porque Ence está aí porque eles queren. O malo é que, neste desgraciado país co que están a acabaren, se a clase política perdeu toda a credibilidade, tampouco o TSXG demostra ter moitas luces.

Sigue unha noticia do Faro de Vigo, 28.09.2008, pra constancia de cómo agora adobía a trola o home.

OS NEOCON, [29.09.2008]

McCain, candidato republicán con claro discurso en economía, que parece non ser do gusto de Zapatero. Os neocon, no sentido que se lles dá no traballo semanal, semellan estar en todas partes. Donos da Administración, diríase que non lles preocupa outra cousa que mantela como empresa privada, caixa rexistradora, cazo, pra eles ben vivir.
-
Pontevedra, 29.09.2008
-
Entrada n. 604 do blog
-
Artículo semanal remitido a diversos medios.
-
Os neocón,
por Xesús López Fernández
-
Os neocon, os neoconservadores. A definición, sen embargo, non é tan simple aínda que a Zapatero llo pareza e contra eles arremeta afoutadamente coa súa dialéctica pra lle bota-la culpa dos problemas españoles, da recesión finalmente acaída despois de teren negado a crisis que, in crescendo, vai mallando no tecido económico e social do país. E aínda está recén a afirmación do señor Solbes no sentido de que “nunca hemos negado la crisis” e a conseguinte risotada parlamentaria, porque os síntomos eran evidentes dende facía máis de ano e medio, como tamén resulta evidente que non se están a adoutare as medidas precisas pra mendala. ¿De cántos altos cargos, da Administración central ou das autonómicas, non se podería prescindir nestos momentos?.Son xentes que están sobrepagadas nas súas funciós, incluídos concelleiros de non poucos axuntamentos. Aferrados ó conservadurismo das súas prebendas e sinecuras resultan incluso máis ultraconservadores que os neocon dos que fala Zapatero.
-
Aínda o 21.9, no discurso de clausura do congreso do PSOE en Castilla-León, o presidente, novamente ignorante da crisis, ousou botarlle a culpa das dificultades que están a viviren os traballadores i empresarios españoles a José María Aznar e ós “neocons”, como “responsables ideolóxicos do maior fracaso dende hai moitas décadas”. Incluso resumeu o modelo económico dos neocons do seguinte xeito: “Deixemos que as cousas flúan mentres gañamos moito, pero que interveña o sector público, o diñeiro de tódo-los contribuíntes, si é que temos grandes perdas”. Non descartou tampouco que Mariano Rajoy fose tamén responsable do colapso financieiro dos EEUU. “Despois de nos ter culpado da actual situación económica en España, só falta que culpe tamén ó Goberno da crisis norteamericáa. Tampouco o descarto”. Chegaría a informar que “os bancos e outras entidades españolas resisten gracias ó control e vixía do Banco de España”, cando a fin do modelo económico do país pola excesiva inversión no ladrillo estivo financiada, en gran parte, con fondos procedentes de bancos extranxeiros, según lembraba Esperanza Aguirre hai escasos días. Volvamos ó movemento neocon, realmente fundado por Irving Kristol, un xudeo americán que fora en tempos militante trostkista, e aínda que as súas ideas arrimaban á socialdemocracia, foi no 1979 cando cristalizou o seu programa neoconservador. Outro teórico neocon foi Podhoretz. Editor da revista Comentario ó longo de 35 anos, do 1960 ó 1995, denominaríase “neoconservador” cara ó 1982 nun artículo publicado no New York Magazine.
-
Aseguran algunhas crónicas que os neocon agrupados en torno a Bush foron, con certeza, os impulsores da guerra de Irak, circunstancia ésta que non lle pon as cousas fáciles a McCain que no primeiro debate con Obama saeu airoso, na medida na que este último non entrou decididamente no tema dos progresos de Irán en materia nuclear. ¿Un tic islamista da súa educación xuvenil?. Durante a súa estancia en Nova York, Zapatero mantivo diversos encontros. O celebrado co empresariado americán non pareceu estar ben “deseñado” e non abondou co seu optimismo antropolóxico e defensa do sistema financieiro español, cando as relaciós antre La Moncloa e a Casa Blanca ó longo destos últimos catro anos decantaron nun real desastre de incomunicación.
-
A política de Zapatero cara a Presidencia de Bush non é un aval certo pra atraer inversiós de empresarios norteamericáns ó noso país, maiormente cando informes de carácter internacional sobre a corrupción ou o do Banco Mundial sobre os países máis interesantes pra invertire están a penalizaren fortemente a España, salvada polo magnífico papel de diversas empresas. Outra penalización do país son as nóminas e dietas dos nosos políticos, que non queren que nada cambie. Convertida a Administración nunha empresa, a actuación desa xente defíneos como “neocóns”. No peor dos sentidos.

viernes, 26 de septiembre de 2008

A DEPENDENCIA DA AUGA [8.09.2003]

Parte baixa de San Roque, na Moureira. Traíñas prá pesca artesanal. A ría viva.
Desembocadura do río Gafos. As gamelas están remansadas antes de saír a pescar.
Foto xa reiterada no blog. O "mono do garrote" comezaba a destroí-lo medio ambiente nos primeiros anos do século XX.

Pontevedra, 26.09.2008

Este traballo agora inserido no blog é do 2003. I é complementario doutro titulado "O Cambio Climático", que os interesados poden encontrar antre os incluídos no mes de Xullo do pasado ano.

Rogaría ós que reparen nestes traballos que procurasen facer unha lectura en clave pontevedresa, porque a irracionalidade sigue instalada nas Administraciós, "o mono do garrote" do que fala Galeano sigue coa intención de arrasa-la nosa historia, o noso medio ambiente, a memoria dos nosos mariñeiros e da ría toda. Xa me entenden. Neste blog hai xa información que, de momento, non quero reiterar. Información grave.

Entrada n. 603 do blog

A dependencia da auga [8.09.2003]

Por Xesús López Fernández

No traballo anterior, [“O cambio climático”, cara a fin do mesmo] incluía algús avisos sobre a necesidade dun cambio a enerxías alternativas, de poñer en práctica unha economía real no uso da auga, mesmo tomar en serio o respeto á mesma e ás chamadas reservas da biosfera. Sobre esta e outras cuestiós que afectan á sustentabilidade do planeta acaba de edita-lo Banco Mundial un informe que pon especial acento no papel da auga, da que depende o noso futuro. Ó que lle interese o informe ó completo deberá procurar unha lectura do mesmo. Aquí só podemos tocar algús dos seus aspectos, como o da posible administración da auga pra todos, e a interdependencia existente antre a conservación dos boscos como asignatura necesaria pra ter unha auga barata e depurada.

Porque eso é algo que moitas veces esquecemos, metidos no noso autismo de cidadáns instalados na cidade que entendemos, inordes, que pra nos fornecer do líquido e vital elemento abonda con abri-la billa pra dispoñer de auga en cantidade. ¿Pero de ónde a recibimos, cómo se fai posible ese suministro? No cumio de Johannesburgo falouse da súa escaseza, dos millós de habitantes deste mundo que carecen dela pola crecente desertización e pola desaparición de boscos primarios, algo do que avisan o Banco Mundial e a organización ecoloxista WWF. Porque moitas das grandes urbes e megaurbes teñen a auga fácil de que falabamos porque se surten de algún río que na súa cabeceira e no seu curso dispoñen de boscos primarios ou de espacios protexidos que hai que preservar á toda costa e que forman parte dese activo social no que non queremos reparar.

O informe insiste en que case a mitade da poboación mundial vai vivir problemas graves antes do 2025, especialmente en África, no Medio Oriente ou en Asia Meridional. E fai unha especial insistencia no necesario manexo dos recursos de auga e o seu suministro ás áreas urbáas de rápido crecemento, ás comunidades do campo, á industria. Censura a política de alto gasto, a falta de visión no pasado á hora de fixa-lo precio dos recursos hídricos e afirma que moitos países en fase de desenvolvemento deberán facer inversiós considerables en infraestructura se non queren perde-las súas reservas. Quero incluir aquí dous datos, un deles recollido dunha noticia da televisión en relación co problema: a perda de auga en países como Kenya, que na reportaxe [como aviso especial prás xentes de todo o mundo] mostraba a protección dun grifo por medio dun candado, despois de os rapaces e rapazas recibiren a súa parca ración. Outro exemplo podería se-la actuación dun neno saharaui aquí acollido, que veía con asombro o sobreabuso que se facía na casa e procuraba, en todo momento, que as billas non quedaran abertas. Pero tornemos ó tema dos boscos, porque deles pode depende-lo futuro, porque supoñen un sistema eficaz de conserva-la terra, a auga, e de garantizar unha depuración barata. ¡Qué razón ten Greenpeace na súa constante denuncia do sobreabuso nas talas e da desaparición de boscos primarios! A voracidade da sociedade urbáa non ten límites neste eido, á procura sempre de madeira de calidade procedente de países que, coa súa venta, están a acabaren, posiblemente, co seu principal activo. Despóis virá algo que non van comprender: unha desertización voraz, perda de acuíferos, a conseguinte fame, talvez tamén a emigración en pateras, pra moitas daquelas xentes a súa última viaxe, en beneficio do “mono do garrote” ó que alude Eduardo Galeano.A afirmación do autor é resposta á súa cuestión de quén se queda coa auga. Ou por qué o mono desarmado morre de sede. Unha lección de prehistoria.

O que Galeano nos comunica é que o mono non evolucionou tanto e que agora só sigue a pensar en favorece-la industria armamentista [o garrote], como argumento de futuro, como nos cansamos de oir a Bush, o home que quere tamén reduci-los boscos dos EE.UU. Por eso parece moi oportuna a argumentación de Galeano: “As potencias donas do planeta razoan bombardeando. Elas son o poder, un poder xenéticamente modificado, un xigantesco Frankpower que humilla á natureza, que exerce a libertade de converti-lo aire en merda e o dereito de deixaren á humanidade sen casa; que chama erros ó seus horrores.......” E como aviso de futuro dí: “Álzase o mar, as terras baixas quedan por sempre asolagadas. Esto parece unha metáfora, pero non: trátase dunha fotografía do mundo tal como vai ser, [...]. Un futuro previsible según [certos] científicos.” Según o autor, pode a terra escasear en moitos países; a area do deserto entrar polas fiestras. Por eso hai que gastar máis na defensa dos boscos e da auga, como garantía de futuro

jueves, 25 de septiembre de 2008

O IMPOSTO SUCESORIO [22.09.2003]

Embaixada de España, en Roma. A escultura representa ó mal. Podemos decir que tamén á Administración que non perdoa ós herdeiros, nas testamentarías.

Pontevedra, 25.09.2008

Entrada n. 602 do blog.

Como complemento do traballo semanal do día 22.09.2008, titulado "Madrid como deslocalizador", remito ó lector a dous traballos do ano 2003, que xa foron incluídos neste blog con data 17.07.2007 e que se titulan: "O Imposto Sucesorio" e "O Imposto Sucesorio, de novo".

Son traballos que van sobre o mesmo tema que o do 22.09.2008, o imposto confiscatorio, un imposto que se mostra rebelde a desaparecer nun país que a opinión pública, decote nun maior porcentaxe, define como solar da corrupción política. Eso inflúe no sistema fiscal, evidentemente. Os políticos fanse multimillonarios; as familias arruínanse pra que os "donos da Administración" poidan embuchar aínda máis, mante-la súa maraña.

Só así podemos entender, pola cobiza da clase política, que se manteña vivo un imposto sen xustificación, suprimido xa en países como Xapón [1953] ou recentemente en Austria e Dinamarca, según comentabamos nos traballos do ano 2003, ós que remitimos ó lector por estaren máis argumentados doctrinalmente que o titulado "Madrid como deslocalizador" e incluídos, como dixemos, neste blog.

martes, 23 de septiembre de 2008

STEPHEN HAWKING, PEREGRINO DA LUZ

Stephen Hawking, o físico de renome mundial, na súa visita a Compostela. (Foto do Faro de Vigo)
  
Pontevedra, 23.09.2008

Entrada n. 601 do blog

STEPHEN HAWKING, PEREGRINO DA LUZ,
por Xesús López Fernández

Santiago está afeito a recibi-la visita de peregrinos famosos. Pero desta volta, coa chegada de Stephen Hawking, o físico de renome mundial ó que lle foi outorgado o Premio Fonseca, como peregrino, visteu as súas mellores galas. Debeu resultar emocionante pra tódo-los presentes asistir ó acto da "invocación" deste home enfermo ó Apóstolo Santiago, ó que pideu, nun texto leído pola súa filla Lucy e despois de se definir como "peregrino do universo" que abra o corazón da humanidade "á esperanza, á xusticia e ó amor".

Emocionante tamén o discurso do deán da catedral, José María Díaz, que recibeu ó popular cientifico cun discurso no que o calificou como "peregrino da luz". Sí, emocionante. No honor do científico funcionou o botafumeiro.

Axenda apretada a do home, que se identificou co Camiño. Previsto o recorrido dun tramo do mesmo, Hawking irá tamén ó cabo Finisterrae. Deixémolo así, en latín, como lingua máis universal. E lembrémo-lo dito por Dante Allighieri: "palmeiros son os que van á Terra Santa, romeiros os que visitan Roma, pero só son peregrinos os que van a Compostela". 

No honor de Hawking foi inaugurada unha placa no parque de San Lázaro, perto doutra adicada a Paulo Coelho. Reitero, todo emocionante.  

O DECRETO DA SUPRAMUNICIPALIDADE DE LOURIZÁN.


O espacio que está á vista, Santa María mirando á ría, merecería unha verdadeira praia antes que permanecer coa agresión viaria sobre o mar, á que Mosquera lle está a impoñer novas variantes, como  a nova ponte das Correntes que xa ten deseño. Levantaron o porto román do Burgo, pero permanecen as agresiós ó medio natural, que o emperador Adrián soubo evitar. 

Espacio roubado ó mar, en Lourizán, o solar que algús cobizan antes que lle devolve-la vida á ría, a idiosincrasia perdida, da que é testimonio a foto anterior. (Nota do 26.02.2013:¡E pensar que Fraga, a cambio de monte Gaiás, dictou o decreto de supramunicipalidade en favor de Ence/José Luís Méndez, pra asentare aí unha papeleira, Tisú de Lourizán!)

Pontevedra, 23.09.2008

Entrada n. 600 do blog.

O decreto da supramunicipalidade de Lourizán,
por Xesús López Fernández

O recurso da APDR en relación co decreto Fraga de supramunicipalización pra lle achanza-lo terreo a Georgia Pacific, Tissú de Lourizán, a empresa que se chegou constituir sen dispoñer de terreo, foi desestimado.

Xa que logo, abriríase, parece que xa fóra de lugar, a posibilidade pra completa-lo ciclo do papel en Lourizán, pra dunha vez por todas rubrica-lo holocausto da ría. Malo cando os políticos xogan a empresarios ou a recibiren favores dos mesmo

Naturalmente, APDR vai recurrir ante o Supremo porque a decisión do TSXG parece pouco argumentada. Teñamos en conta o fracaso da pretensión de Ence de declarar como innecesario o espacio todo que fora declarado como dominio público marítimo terrestre por decreto do ministerio de Medio Ambiente de dona Isabel Tocino, con data 14.11.1996. Non está lonxe o recordatorio do ministerio de Medio Ambiente, sendo desta volta ministra dona Cristina Narbona, antes de ser dinamitado o ministerio polo goberno socialista. Pero a definición, conforme á Lei de Costas, quedou 
clara: os dominios públicos marítimo terrestres teñen o carácter de "inalienables, inembargables, imprescriptibles e insusceptibles de desafectación".

Así as cousas, fan mal os partidos en no se pronunciar radicalmente pola salvación da ría. Xa se sabe, o PSOE minteu en campaña; o BNG sigue coa súa especialización de vendedores de bolas de neve, abandeirando un ecoloxismo de mentira, que si eles quixeran e levando oito anos como levan coa súa propaganda de cornetín e malabares, Lourizán estaría liberado. Pero, difícil, porque parece estar tamén o grupo pola conversión en solar do dito espacio, como xa temos apuntado neste blog.

E finalmente, o PP volve carecer de mensaxe cun Alberto Núñez Feixóo ó que habería que informar ampliamente dos disparates que aquí se levan feito. E a mensaxe de Telmo Martín, por cambiante, tampouco vale. 

Teñamos presente que o TSXG dictou recentemente outra sentencia, instando do ministerio de Medio Ambiente a cancelación da concesión, en Mollavao, dunha bolsa de terreo comprendida no espacio deslindado por medio do decreto citado, de Isabel Tocino, do 14.11.1996.

domingo, 21 de septiembre de 2008

MADRID COMO DESLOCALIZADOR [22.09.2008]

Perséntase, ademáis, pola súa brillante xestión, como alternativa ó Goberno sectario de Zapatero.
Ático de Pepiño Blanco, en VillaPSOE, na Illa d´Arousa, valorado en €.360000.
En España están abandonados 2800 pobos, a maioría en Galicia e Asturias. A supresión do imposto sucesorio podería favorece-lo retorno da riqueza a algús desos lugares. Son 1200 os que quedaron deshabitados en Galicia.

Pontevedra, 22.09.2008
-
Entrada n. 599 do blog
-
Sigue o artículo correspondente a esta semáa, enviado a diversos medios.
-
Madrid como deslocalizador [22.09.2008],
por Xesús López Fernández
-
Acaba de se celebra-lo congreso do PP en Madrid. Esperanza Aguirre foi elexida de novo presidenta do mesmo. Según as crónicas, a muller arrasou e o partido, a nivel nacional, pode ter nela unha firme esperanza de triunfo, dona dun discurso claro, directo, didáctico. Enténdese moi ben o que dí, tamén algús dos seus movementos na configuración do equipo do que agora forma xa parte Manuel Pizarro, que pode ser un dos verdadeiros activos do PP madrileño, reclamado con fervor polos asistentes ó congreso. Tamén, por ser un exemplo de política integradora, o feito de que incluíra no seu equipo a tres inmigrantes: Washington Tobar Padilla, do Ecuador, no Comité Executivo, ademáis de contar tamén coa rumáa Anka Moldovan e o cubano Toni Guedes. Do ecuatorián dirémo-lo que recollen as crónicas: que emigrou a Madrid no 2001 pra se reunir coa dona e un fillo chegados un ano antes. Xa aquí, traballou na construcción e noutras actividades. Actualmente é presidente da Asociación de Pobos do Ecuador en Madrid. No seu país, fora auditor; tamén xogador de fútbol profesional.
-
No congreso valorouse o triunfo de Aguirre contra a crisis, acertada nas súas medidas de tipo fiscal: a supresión do Imposto de Patrimonio, pero tamén, sobre todo, a reducción nun 99% da cuota a pagar no de Sucesiós, dende o 1 de Xaneiro do 2007. A presidenta do PP de Madrid non lle tivo nunca medo a esa exención, porque as cantidades a percibir polo imposto representarían un 2% dos ingresos orzamentarios; pero os beneficios da renuncia a esa cobranza [e outras medidas liberalizadoras] traerían como efecto a deslocalización de patrimonios doutras autonomías nas que se mantén vivo o poder confiscatorio do imposto, a tal punto que esa deslocalización multiplicouse por sete nestos dous últimos anos, xerando unha acumulación de riqueza na autonomía madrileña que compensa dabondo a renuncia a ingresa-las cuotas do imposto “da morte”, ó que nos temos referido en máis dunha ocasión.
-
Poderiamos traer aquí argumentos diversos: Imposto anticonstitucional que, en certo sentido, mutila ou anula o dereito á herdanza previsto na Carta Magna; a serie de agravios comparativos coas xentes doutras autonomías que están exentas; a recomendación colexiada da supresión do imposto feita polos asesores fiscales, incluso polos Notarios. E nun artículo de Félix Bornstein publicado en El Mundo do 28.01.2007, titulado “El tirón del Impuesto sucesorio”, o autor afirmaba que a exención inaugurada nese ano podería equivaler a un terremoto fiscal “que na escada de Richter acadaría un grado superior a 7”, porque o imposto corresponde ás autonomías nas que resida o causante, nas transmisiós “mortis causa”. E un exemplo pode mellor aclara-las cousas, porque se no caso da transmisión dun patrimonio de €.2196950,-, en Madrid, os herdeiros terían que pagar unha cuota de €.2165,- [aplicada a minoración do dito 99%], no caso de Barcelona a cuota a ingresar ascendería a €207251,-. Son datos dun suplemento de La Vanguardia, TOGAS, de data 25.10.2007.

En Galicia e do I. Sucesorio estannos a decir que, en adiante, quedarán exentos o 90% dos galegos, sobre a base da non tributación dos patrimonios inferiores a €.125000,-, cifra que non precisa de máis comentarios. No caso de Cataluña e polo efecto da deslocalización comentada, polo tirón de Madrid, entenden o Imposto Sucesorio como discriminatorio, [que vulnera o principio de igualdade contido no artículo 14 da Constitución], que debería ser causa dunhas mesmas consecuencias xurídicas en todo o país. Digamos, si acaso, que foi Mariano Rajoy no 2002/3 o que comezou coa campaña da reducción autonómica nas cuotas a ingresaren, algo que algunhas das autonomías gobernadas polo PP souberon facer. Pero faltou convicción á hora de promover, a nivel estatal i en campaña electoral, a supresión do imposto. Pero Madrid pode ser un destino bo, como deslocalización, pra evitar que coa morte dos causantes se inauguren ruínas familiares. En non poucos fogares.

miércoles, 17 de septiembre de 2008

COLORES NA FEIRA FRANCA

Pontevedra, 17.09.2008

Entrada n. 598 do blog

Fotografías do titular do blog en relación coa feira franca pontevedresa, asunto tratado nunha entrada anterior, no n. 593.

Están seleccionadas algunhas de varias colores, palabra femenina que prefiro, como Carlos Casares, e que está no diccionario. De color ven colorado, colorín ou colorete, meras caricaturas se as reducimos a "corado, corín, corete", a risada que producen os diferencialistas.
A xente camiña no entorno da porta e rúa das Trabancas, palabra analizada na aludida entrada.

Demostración dun ferreiro na vella praza da Ferrería que os nazionalitaristas queren convertir en praza da Ferraría, así, abrindo a boca.

Unha muller vende, na súa trabanca, pandeiros de diverso feitío. Licores de diversa color, agasallo prá vista e prá boca. Un verdadeiro escaparate de trabanca. Fabricando tintes por medio da cocción de prantas i herbas. O grifón do pasado ano, que volveu. Na seguinte foto, outro detalle do mesmo, nos xardíns de San Francisco, condenados según o cuaderno de bitácora de Mosquera e Fole.

A porta de Rochaforte ou Santa Clara, outra fantasía engadida este ano. Por ela entraba o viño que chegaba polo camiño vello de Castela, escea que se recreou este ano.










Video propio. O colorido do posto das cabazas e do millo corvo, antre outros.

domingo, 14 de septiembre de 2008

A DERROTA DA HUMANIDADE

Giuliano Ferrara mantén a súa cruzada pro-Vida a nivel mundial.
Terceira fase do aborto, cando se apuntilla ó feto. O traballo que sigue é o artículo correspondente a esta semáa, remitido a diversos medios.
-
Pontevedra, 15.09.2008
-
Entrada n. 597 do blog
-
A derrota da Humanidade [15.09.2008],
por Xesús López Fernández

-
Bibiana Aído, a “miembra” do Goberno socialista, anunciou o 4 de Setembro a creación dun comité de expertos pra traballaren no texto dunha nova lei do aborto, que agarda poida estar preparada prá fin do 2009 ou pró comezo do 2010. Non entrou en detalles da que, según algús analistas, vai te-la configuración dunha lei de prazos, nos que a nai xestante podería dispoñer libremente sobre a “interrupción do embarazo”, decidi-la morte dos nasciturus en contra da Constitución. A ministra fala dunha lei que garantice os dereitos fundamentales e a seguridade xurídica do profesional que interveña na morte do feto. O aborto está definido como delito. Pero é que ademáis parece se está a usa-lo asunto como cortina de fume pra que a sociedade española non pense na gravedade da crisis que está a sofri-lo país, no fracaso da economía socialista, daí que o presidente do Goberno teña usado a tribuna parlamentaria pra lle chamar hipócritas ós opositores á lei que queren promover.
-
Naturalmente e aínda existindo casos de dobre moral, o insulto non é de recibo. Pra un home como Fernando Sánchez Dragó, a morte do nasciturus non deixa de ser outra cousa que un acto terrorista. Miguel Durán, o home da Once, naceu cego como é sabido. Despois de explica-la relación que sempre tivo coa súa nai, chegou afirmar que pode estar no colectivo dos discapacitados ó que pertence, a maior oposición á lei que nos anuncia a “miembra” e da que Zapatero se vale como cimbel pra que non pensemos na realidade de estarmos en números roxos, de que o país ten un PIB negativo según a propia UE acaba de anunciar; máis negativo se temos en conta o que se perde en unidades de capital natural, que non se computan á hora de falar do crecemento económico. Citemos tamén o gran paso dado por Francia, onde o nasciturus que perda a vida pode ser incluído no libro de familia, “como fillo nacido morto”. Evidentemente, é un país diferente, incluso no tema da laicidade, como se ten posto de manifesto no encontro de Benedicto XVI con Sarkozy da pasada semáa.
-
Unha reacción social forte contra a actitude do Goberno pode estar en marcha. Autores diversos xa se pronunciaron en contra. Máis dun oitenta por cento dos médicos declararíanse, con temor, obxetores, porque saben que a partir dese momento pasarían a integrar “unha lista negra”. Pero é que “lexitima-la morte dun inocente por medio do aborto mina e destrúe o fundamento da sociedade. A xeneralización nos nosos días do aborto legal….[máis de cen mil cada ano en España] …constitúe unha grandísima derrota da humanidade”. Son afirmaciós do Cardeal Antonio Cañizares Llovera, Arcebispo de Toledo, que publicou un interesante artículo en La Razón do 11 de Setembro de título “El aborto, una derrota de la Humanidad”, do que está tomado o que encabeza este traballo de aproximación ó tema. Naturalmente, o cardeal tamén comenta o dito en diversos foros, de que a anunciada lei tería como finalidade tapar outros temas de carácter social. Pero discrepa por unha razón de calado, porque estariamos a meter algo tan sagrado como é a vida na danza das estratexias e a supeditala a certos intereses.
-
Remato con algo máis do dito polo cardeal Cañizares, que afirma que non só queda cuestionado o dereito fundamental á vida, senón tamén o concepto da persoa mesma. A partir daí xa non se sabe quén é o suxeito do dereito fundamental á vida: ¿o ser humán en canto tal ou o que decidan os lexisladores, as maiorías parlamentarias, o poder, en suma? Pergunta tamén o cardeal por unha cuestión de fondo derivada do devandito: quén, cándo e cómo se é home. ¿Quén o decide?¿Ou é que está nas mans do home –do poder—decidir cándo se é persoa, algo que ten consecuencias no terreo da concepción dos dereitos humáns?. Por eso o tema do aborto é tan decisivo que podemos velo como o máis grave que ten acontecido na historia da humanidade, unha quiebra do home e a sociedade nunca acaída anteriormente.