sábado, 19 de septiembre de 2009

A Nova Escola das Artes

Antiguo cuartel de San Fernando, en Pontevedra, actual facultade de Bellas Artes.
-
Pontevedra, 19.09.2009
-
Entrada n. 1054
-
Levo días esquecido do blog, no que só poderei meter algunha corta entrada. Teño un problema de vista do que non dou saído. Aproveito a que hoxe é noticia en La Voz de Galicia en relación coa futura nova escola das Artes, en parte do que foi solar de Tafisa.
-
A NOVA ESCOLA DAS ARTES,
por Xesús López Fernández
-
Sendo alcalde Cobián tentouse procura-la integración de diversas facultades na cidade, máis alá da subnormalidade de reconvertire en campus a Xunqueira do Lérez ou a vila nun "todo taberna vale". A facultade de Bellas Artes estaba asentada, daquela, no edificio no que estivera antes a imprenta do Fogar Provincial. Qué facer con Bellas Artes, era unha das cuestiós máis urxentes no tema educativo.
-
Un bo día escribín unha carta a Radio Pontevedra, ó programa de La Opinión. Propuxen entón como lugar idóneo pra acolle-la facultade o edificio do antiguo cuartel de San Fernando. Inmediatamente entraron no programa diversas opiniós, unha delas a de Daria García González, que aprobaban a idea. Pero o máis curioso foi que, pouco despois, era o propio Cobián, un alcalde democrático, o que quería opinar sobre o asunto.
-
Estaba viaxando cara Pontevedra pola recta de Caldas. Falou cun mans libres e dixo que lle gustaba a idea, que a levaría a comisión pra trata-lo asunto e pulsar outras opiniós. En definitiva: aí está a facultade, no lugar por min proposto, gracias a un alcalde que quixo apostar polo tema universitario.
-
Pero San Fernando gustáballe a Juan Luís Pedrosa, o valedor de Carrefour, pra albergare o consistorio. E agora gústalle tamén a Lores e ós seus adláteres, que queren arrinca-la facultade nun lugar increíble: contra o fondo da Seca, por tra-la marisma que sofreu a invasión de Tafisa, como parque de madeiras. Parece que xa estaba a cociña-lo caldo recalificador, nada de recupera-lo humedal que xa sabemos por ónde van estos tipos.
-
E agora resulta que é o propio rector da Universidade o que dí que non se pode construir alí, porque non hai cartos nin existe solar.
-
Nota.- Nunha hora contestaba Lores, decindo que é un edificio moi necesario prá cidade. ¿Por qué coño, Lores? ¿Porque soñades con San Fernando como novo consistorio? ¿E as outras cousas necesarias, a vosa ecoloxía, non me fagas rir, ónde vai?

lunes, 14 de septiembre de 2009

En Terra Santa, 9 (última)

Panorámica do Deserto de Xudá
Vista parcial do sicómoro de Xericó, como a árbore á que se sobira Zaqueo
As furnas de Qumran nas que apareceron as escrituras dos esenios.
Un cíbercafé, no zoco de Xerusalén.
-
Pontevedra, 14.09.2009
-
Entrada n. 1053 do blog.
-
Artículo semanal. Posiblemente hei introducir máis fotos en entradas posteriores.
-
En Terra Santa, 9,
por Xesús López Fernández
-
(fin) 14.07.2009. Última xornada intensiva en Terra Santa. Se cabe, madrugamos máis que outros días porque o noso guía nos tiña reservada unha propina especial: a sobida a un monte pra que tiveramos unha visión amplia da dureza do deserto de Xudá. Curiosamente, nada máis para-lo autobús pra nos poñer a sobir aquel terreo tan costaneiro, apareceron tres nenos beduínos. Pedían chocolate. Difícil naquel momento e menos a 45º. Fomos ascendendo ata o cumio. E alí, novamente, dous beduínos vendedores de bisuteria; outro, ofrecía os servicios dun camello, un euro. E despois de ter disfrutado da panorámica comezámo-la baixada. Por outro lado do monte sobía unha moto, a do recaudador que ía recolle-lo importe do vendido polos ambulantes.

Seguimos cara Xericó. Quedaba á dereita o monte da Cuarentena, onde nun convento ortodoxo grego, os monxes siguen facendo oración. En Xericó existen ruínas de non menos de catro distintas Xericós. A moderna está baixo administración palestina. Hai poucos cristiáns. Os franciscáns, de tódo-los xeitos, manteñen alí unha parroquia, na que celebramos unha eucaristía. Tamén teñen un centro escolar. Xericó é un oasis, formado a partir da fonte de Eliseo, discípulo do profeta Elías. Na encrucillada onde está a fonte existe tamén un exemplar de sicómoro, a árbore á que se sobira Zaqueo, home baixiño á par que xefe de publicáns, pra poder ver a Xesús cando o Señor entraba na cidade. É conocida a pasaxe evanxélica na que Xesús o chama “¡Zaqueo, baixa, que hoxe quero pousar na túa casa!”. Na nova Xericó existe un centro comercial de certa importancia, especialmente centrado en productos de perfumería e xabróns elaborados a partir dos lodos do Mar Morto, que ese día estaba moi concurrido. Xericó parece axustarse á definición dada por Yahvé a Moisés, no monte Nebo, en Xordania, prometéndolle as mesmas terras que lle tiña prometido a Abraham e a Xacob, nas que manan leite e mel. Por certo, os figos de Xericó parecen, efectivamente, de mel.

Cruzamos un gran palmeiral, interminable, camiño da Qumran dos esenios, cos que se ten relacionado a Xohán o Bautista. O sitio onde apareceran os célebres manuscritos permanece aparentemente intacto. A arqueoloxía fixo alí, como en Xericó, un traballo importante. Enredamos un rato pra deseguido achegarnos á auga. Algús ían preparados. Tal como recomendaba o programa da peregrinación, cabía a posibilidade de se dar un baño terapéutico naquel mar que está a case 400 metros por baixo do nivel do Mediterráneo, o de máis salinidade da terra. Son terapéuticos os baños na medida na que os lodos do fondo parecen ter propiedades curativas. Recomendan incluso unha aplicación ó corpo enteiro, cabeza incluída. Unha ducha permite sair da negritude temporal causada pola bulla.

E regresamos a Xerusalén. Tarde libre pra nos perder na cidade vella. Entramos pola porta de Damasco, ante a que existe un gran mercado de fruta e hortalizas, especialmente activo naquel momento. Seguimos pola arteria principal do zoco, que comeza por ser un continuo de tendas palestinas pra enlazar, finalmente, con tendas xudeas. Nunca se sabe cál é o precio final dun artículo, que aínda que estea marcado a 150 euros pódeno vender finalmente a 50. Pero había comerciantes máis sensatos. Moitísima xente, o lugar resultaba un tanto caótico. Cando pasamos de novo, de volta, pola porta de Damasco, tiñamos a sensación de ter aproveitado unha ocasión única ó participar na peregrinación organizada polo arzobispado. E regresamos ó hotel, pra prepara-la viaxe do 15.07, de TelAviv a Santiago. Novo día de madrugar pra nos dirixir ó aeroporto internacional de Ben Gurion, moderno e o máis seguro de Israel. Paseamos polos diversos espacios e instalaciós. Catro controles antes de embarcar. Ás 5 da tarde estabamos en Santiago.


jueves, 10 de septiembre de 2009

O ESMORECEMENTO DO GALEGO (20)

Presentemos de novo o icono do caos, que ven moi a punto co enlace que hoxe incluímos nesta entrada, do blog "Soy español ¿y qué?".
-
Pontevedra, 10.09.2009
-
Entrada n. 1052 do blog

O ESMORECEMENTO DO GALEGO (20),

por Xesús López Fernández

A filosofía do enlace incluído, en relación co desexo dos brasisleiros de aprenderen a falar español foi xa recollida neste blog nalgunha ocasión. Suscribo o texto do enlace; pero preciso algo máis.
-
Os portugueses, cando un lles fala en galego póñense normalmente á defensiva ...... e falan español. Curioso. Únicamente cando existe unha relación de confianza e perciben que un non anda de coña a botar man do galegués ou do galego deformado pola RAG do señor Barreiro, manteñen o uso do seu idioma.
-
Non se trata de decir moito máis. Sí que non poucos brasileiros, cando viaxan a Portugal, atópanse cun problema semellante, porque o brasileiro está máis próximo ó galego que ó portugués, comezando porque din Galicia e non o Galiza que Quintana quixo impoñer por decreto. Total, que en moitos casos, os portugueses responden ós brasileiros .... en español.
-
¡Atádeme polo robo o acordo marco ortográfico unificador de Lisboa, pró luso-galaico-brasileiro-caboverdiano e de Timor, Angola, Mozambique e Macao!
-
Saúdos a "Soy español, ¿y qué?"
Soy Español ¿y qué?: Los brasileños quieren hablar español

lunes, 7 de septiembre de 2009

O ESMORECEMENTO DO GALEGO (19)

O debate do idioma encanállase. E desta volta parece que como gran culpable, na súa línea de promociona-lo galegués, permanece o señor Barreiro, o presidente da RAG.
-
Pontevedra, 7.09.2009
-
Entrada n. 1051 do blog
-
O ESMORECEMENTO DO GALEGO (19),
EN CELANOVA,
por Xesús López Fernández
-
Váleme un comentario sobre o acontecido en Celanova, que tomo do foro d´El Correo Gallego, de autor anónimo, desta data:
-
"Hai que decilo de novo, por activa e pasiva.
O idioma foi creado polo pobo. Os idiomas son creados polas sociedades, incluso por sociedades ágrafas.
A RAG non ten unha tan longa tradición e, sobre todo dende os anos oitenta pasou de ser conciliadora, de procura-las fontes limpas do idioma, a ser deconstructora.
Malas as normas do 83 ou 84; peores as do Diktatt estalinista, as mesmas ás que lle dou corda o señor Barreiro que, si realmente amase a lingua, onte debería ter pedido perdón; porque foi a súa decisión a que xerou a posta en escea do "galegués", como idioma patrio, o mesmo que fala G. Vázquez, o novo líder do Bloque.
Coido que Feijoo non debe tender pontes, senón voalas. E botarlle unha de gaseosa á argumentación do señor Barreiro, lembrarlle que os ingleses non teñen Academia, que non-a precisan. Nós, galegos, tampouco precisamos unha RAG que está a traballare na deconstrucción da verdadeira fala do país.
Mágoa que onte, en Celanova, non comparecesen alí os espíritos de Rosalía ou Curros, cando xa a RAG non marcha polo seu carreiro, que nunca soubo tratar científicamente o leigado cultural, o gran inventario do idioma feito por estos dous autores, según decía Vicente Risco, xa non 1910."
-
Puideron terlle dado á retesía un certo aire de regueifa. Sería máis orixinal ver a un Barreiro cos seus insultos e a un Feijóo con verdadeiras propostas.
-
Enlaces:
Xornal.com: Reprimenta da RAG a Feijóo por sementar "crispación" coa lingua galega. Perguntamos: ¿Quén é o gran crisparador, deconstructor do idioma?
-
O que queira encontra máis acusaciós pode buscar en internet. Entendo que hai moito medio subvencionado e pouco crítico co nefasto labor da RAG nestes últimos anos.

sábado, 5 de septiembre de 2009

EN TERRA SANTA, 8

Eucaristía do 13.07, na capela de Santa Magdalena, no Santo Sepulcro, prós grupos C e D.
Templo armenio de Santiago, perto do Santo Sepulcro.
Templo de Santiago, dos armenios, en Xerusalén.
Vista dende Emaús.
Retablo igrrexa de Emaús
Outra vista do retablo da igrexa de Emaús
Cedros do Líbano e templo, en Emaús.
Vista parcial dos restos arqueolóxicos do Emaús bíblico. O solar da casa de Cleofás está integrado na pranta do templo, á man esquerda según se entra.
-Pontevedra, 6.09.2009
-
Entrada n. 1050 do blog.
-
Artículo semanal
-
En Terra Santa, 8,
por Xesús López Fernández
-(continuacion). No último relato fixen mención a unha eucaristía na capela da Magdalena, cerre dos “deberes” da mañá do 13.07. Seguimos un pouco polo entorno, sí, visitando diversos templos e criptas e a facer fotografías. Demorei especialmente noutra igrexa armenia con moitísimo colorido, adicada a Santiago como a súa basílica-catedral. Xerusalén, o entorno todo do Santo Sepulcro estaba ese día moi concurrido, visibles tamén outras presencias cristiás: coptos, maronitas, gregos, sirios, armenios. Dentro da igrexa latina deberemos citar, polo seu valor testimonial, ós hebreos católicos, conversos do xudaísmo, que nestos momentos son uns 500 esparexidos polo país. Seguimos coa nosa retirada cara ó hotel, camiñando por diversas ruelas, facendo incluso unha primeira pasada polo zoco, tema que deixabamos prá noite ou prá tarde do día seguinte, o último da nosa viaxe.

Chegamos ó hotel ás dúas da tarde, pra xa ás tres continuar coa nosa axenda: Monumento ó Holocausto, mausoleo de Samuel i Emaús. As hemerotecas gardan memoria do discurso de Benedicto XVI no monumento á Shoah, no pasado mes de Maio, dous meses antes da nosa visita. E cito as seguintes frases do seu discurso: “Do mesmo xeito, [a Igrexa] posiciónase ó lado de cantos son perseguidos a causa da súa raza, da color, da condición de vida ou da relixión; os seus sofrimentos son os seus e tamén é súa a esperanza de xusticia. Como bispo de Roma e sucesor do apóstolo Pedro subraio, como os meus predecesores, o compromiso da Igrexa pra rezar e actuar pra asegurare que o odio non ha reinar nunca máis no corazón dos homes”, pra meditar alí, no impresionante monumento que visitámo-lo 13.07. Coido que a frase non está tirada de contexto e que fala da dolor con sentido non excluínte; que no discurso caben outras atrocidades contabilizadas ó longo da historia universal das que foron e son víctimas diversos países, etnias, cidades, conventos, seminarios, etc.
Parámonos un momento no mausoleo de Samuel, onde existen restos de arquitectura cruzada e dunha cidade bíblica. Pero o noso destino era Emaús, conocido o lugar como El Qubeibeh. A tradición franciscáa mantén que ése é o Emaús evanxélico, dacordo coa distancia de Xerusalén indicada nos Evanxelios, 60 estadios, que se traducen por uns 11 kilómetros. Ademáis que os restos de casas e dun templo alí descobertos non son anácronicos do Emaús evanxelico. Alí manteñen un convento os franciscáns e o parque arqueolóxico. Outro conventiño de monxas francesas mantén un centro prá atención de nenos enfermos irrecuperables, necesitados tamén da nosa solidariedade. A igrexa de Emaús ten un retablo que mostra a conocida escea de Xesús cos discípulos, no momento de parti-lo pan, que é cando eles descobren a súa identidade despois de teren camiñando onda el e incluso de que o Mestre lles fose aclarando as súas dúbidas, porque eles facían o camiño debatindo, confusos pola evolución dos feitos. Quixeran ver a un Xesús triunfante; e non entendían a súa resurrección, talvez porque os xudios creen na resurrección da fin dos tempos.

Pero Xesús foilles aclarando, á par de lles chamare insensatos, o verdadeiro sentido das Escrituras, do dito por Moisés e os Profetas. O discurso de Xesús vai acendendo os seus corazós, pero xa no seu destino e facendo o Mestre ademán de seguir, róganlle “¡Quédate Señor connosco, que a tarde vai caíndo…!”. Xesús queda e cea coeles. Na partición do pan conóceno. Ésa é a instantánea que recolle o fermosísimo retablo. Despois, Xesús desaparece e os discípulos, Cleofás e Simeón, regresan inmediatamente a Xerusalén i encóntranse cos Once e os que con eles están e que afirman: “¡É verdade, o Señor resucitou e aparecéuselle a Simón!”. Eles, pola súa banda, contan o seu relato, que o Señor os abordara no camiño e de cómo o reconoceran na partición do pan…. Deixamos Emaús, remanso de paz cun pequeno bosco de cedros do Líbano, pra regresare a Xerusalén. (concluirá)

jueves, 3 de septiembre de 2009

A CASA DA LUZ, TERRAS DE PONTEVEDRA

Praza da Verdura ou Feira Vella, actualmente solar de miseria. Na parte alta da praza apréciase a antigua fábrica da luz de Pontevedra, do século XIX. Seguirlle chamando Casa da Luz a este edificio xa non ten sentido. Foi cuartel da Policía Municipal antes de que o Bloque a desterrara a un recanto do Auditorio da Xunqueira. Despois pasou a sere obradoiro ocasional, mesmo laboratorio das "novas economías" do equipo de goberno local, das economías en torno ó Ravachol e ós traxes da Feira Franca. O baixo funcionou como campo prós skaters, horror do vecindario, que foron escachifando gran parte do enlousado, unha forma de agresión consentida polo mandiño local, como as exhibiciós que fan ante o hiper de Froiz, agresión contra o capitalismo. Parece de manual estalinista.
Turismo de Pontevedra, Terras de Pontevedra. Así se vai chama-lo ente que aí vai funcionar. Máis de cen millós das antiguas pesetas gastadas en derrubar e máis derrubar. A foto é de fins do pasado ano. As obras, que deberían estaren rematadas, comezaron hai uns seis meses.
-
Pontevedra, 3.09.2009
-
Entrada n. 1049 do blog
-
A CASA DA LUZ, TERRAS DE PONTEVEDRA,
por Xesús López Fernández
-
Mellor así, un título híbrido. Como a Política é movediza, un novo equilibrio municipal podería traere de novo á Policía a este lugar, pra ben dos propios axentes e tamén do propio barrio, no que o trapicheo pode estar a formare parte das "novas economías".
-
Sabe Deus o que se leva gastado neste comecartos, obra sen fin, crecemento económico pra alguén, eso é seguro. Por exemplo, ¿cánto non terá costado a permanencia en redor da casa dun enorme andamio ata hai poucas semáas? ¿E pra qué? ¿Pra chorrearen e desgracia-la pedra?.
-
Ó longo de meses diríase que a obra non progresaba. Saían cascallos pró volquete que ás veces mesmo parecían d´obra nova. Non parece que fose modificada a estructura da escadeira, que sí forraron de mármore que de novo están agredindo con obra tosca, escombros sobre o material novo. Non parece que haxa unha verdadeira supervisión dos trabballos. Veredes cómo vai haber un notable desvío dos costes sobre o orzamentado..
-
Pero hai máis. Forrada con falso teito a pranta baixa, as arcadas perden moito do seu locimento. E un aviso do Peprica, destos días, advertía que non se poden cerra-los arcos con perfiles de aluminio, como tiñan pensado. Así as cousas, en tres ou catro días de continuo furar, esmiuzaron o chan a sustituire, retiraron o volquete e disimularon as obras porque mañán (m) pola mañá (f) comeza a Feira Franca, dous días, outro dos motores da "nova economía", pra escarnio dos residentes ós que non-os queda o recurso de decir "¡auga vai!" pra disuadiren ós que queiran afuma-las nosas casas coas súas churrascadas e sardiñadas. Peste organizada.
-
Veremos cómo cerran finalmente o baixo asoportalado pra que non volvan os skaters. E ogallá a actividade que se vai desenvolver no local sirva de algo, que teño dúbidas, degradada como está a praza da Verdura, a praza da Feira Vella que se aprecia na primeira das fotografías.



miércoles, 2 de septiembre de 2009

SUSANA SEIVANE E FRANCISCO PARADELA

Francisco Paradela Rodríguez, Farruco, era gaiteiro xa antes da guerra. É un mito vivinte. Fotografía de La Voz.
-
Pontevedra, 3.09.2009
Entrada n. 1048 do blog
-
SUSANA SEIVANE E FRANCISCO PARADELA,
por Xesús López Fernández
-
Noticia bonita esta de La Voz. Susana Seivane unha das mellores gaiteiras do mundo, de estirpe de gaiteiros, achegouse á residencia na que actualmente reside Farruco Paradela, gaiteiro de sona, un dos nosos mitos vivintes. Centenario el, non lle faltou o saúdo humán e señardoso de Susana Seivane, que se achegou á residencia Padre Rubinos, n´A Coruña, onde actualmente vive o vello gaiteiro, pró agasallar con dúas pezas do seu repertorio. Acodiron tamén outros gaiteiros, como informa La Voz.Noraboa. Sigue a noticia de La Voz:
-
Tocaba la gaita antes de la guerra. Francisco, Farruco , Paco , Paradela Rodríguez (A Coruña, 3 de septiembre de 1909) es uno de los míticos gaiteiros gallegos. Hoy llega al siglo de vida y su avanzada edad ya no le permite tocar una muiñeira como hizo durante décadas por Galicia y por el mundo adelante. Ayer recibió la visita de varios gaiteiros como Pepe Temprano, que durante mucho tiempo trabajó con él; Raúl Barbeito o la mismísima Susana Seivane, que tocó dos piezas como regalo de cumpleaños. «Apenas oye», apunta Alejandra Fontela, directora de la coruñesa residencia Padre Rubinos, donde vive desde el año 2002. Sus limitaciones de audición hicieron difícil que entendiese lo que le comentaron los otros músicos, pero cuando la gaita de la nieta de Xosé Manuel Seivane empezó a sonar movió los dedos como queriendo tocar el instrumento que le acompañó en giras por Cuba, Brasil o Argentina a mediados del siglo pasado. Finalmente, Paradela esbozó una sonrisa.
-
«Saboreaba as notas, era moi sentimental. É solteiro, pero pode dicirse que estaba casado coa gaita», recuerda Temprano, descendiente de los fundadores del grupo Os Tempranos de Eirís, con los que también tocó Paradela en 1934. Formó parte de Cántigas da Terra, del grupo de la sección femenina, de Follas Novas y compuso algunas piezas que forman parte del folclore gallego. Trabajó en una fábrica de calzado y de pintor en el Ayuntamiento coruñés y llegó a grabar dos discos a finales de los cincuenta. Pertenece a una generación longeva de la que forma parte otro mito de la gaita, Emilio Corral, que el año que viene también se convertirá en gaiteiro centenario.

LORES, O GRAN PELIGRO

Anguilas mortas no río Verdugo por deficiencias, din, no funcionamento da depuradora de Pontecaldelas. 40 kilos de anguilas mortas recuperadas pola cofradía d´Arcade.
Lores está de volta, das vacaciós ou da convalecencia e xa lle tomou o relevo a Teresa Casal.
-
Pontevedra, 3.09.2009
-
Entrada n. 1047 do blog
-
LORES, O GRAN PELIGRO,
por Xesús López Fernández
-
Coas elecciós pasadas perdidas, pero gobernando na deconstrucción da cidade e do seu entorno co apoio do PSOE, o home acaba de se incorporar de novo á desgobernación da cidade. Como dixo, volve coas pias cargadas e quere ver obra, pró que xa comezou unha ronda de contactos, o día 1.09.2009 con Antón Louro, antiguo concellal da cousa económica local e actual Delegado do Goberno, como augadores.
-
Antre outras cousas, a Lores, o falso ecoloxista, que di nunca houbo en Pontevedra tal volume de obras como actualmente (de deconstrucción e arraso do modelo de cidade), quéimanlle diversos temas: o da construcción da ponte de Monteporreiro en paraxe protexida; as obras da ponte d´As Correntes; o paseo da Beiramar.
-
Estos chacaritas, que xa quixeron financia-lo traslado de Ence coas plusvalías do solar que se xeraría alí prá construcción de vivendas protexidas, como se lles mirou o rabo rizado e quedou patente o seu falso ecoloxismo; a eles, que propuxeron como novo asentamento pró complexo celulósico o de Barro-Meis, con fornecemento d´auga dende Pontillón do Castro pra seguiren a verter na ría; eles, digo, non queren que lles cambien os plans de recalificaren como solar as Marismas de Lourizán. Por eso queren construí-la pasarela pola ribeira e potencia-lo tránsito pola avenida de Marín coa construcción do macronudo de Mosquera, etc.
-
E ademáis, incapaces de prantexa-lo estudio dunha verdadeira Axenda21Local ó tempo que elaboran o seu críptico PXOM, veñen agora non coa salvación da ría, senón co deseño da morte final, como augadores, reconvertidores prá traída das augas do río Lérez, pra que poidan ter auga os concellos da ría; pra que tamén a poidan verter mal tratada, como sabemos acontece coas depuradoras, que todas, todas, acaban fracasando. Nalgún caso, ocúltase información; noutros, como acaba de acontecer no Verdugo, sábese. Finalmente, a ría gran sentina e, sen caudal ecolóxico do Lérez, convertida nunha gran rada, que non ría.
-
Enlaces:

A PONTEVEDRA DO TROLEBÚS

O último trolebús de España entra por Augusto González Besada, hai vinte anos. Foto Diario de Pontevedra.
O tranvía chegaba á praza de España por Michelena. Foto histórica.
-
Pontevedra, 2.09.2009
-
Entrada n. 1046 do blog
-
A PONTEVEDRA DO TROLEBÚS,
por Xesús López Fernández
-
Neste blog hai xa máis dunha referencia ás cuestiós do tranvía e do trolebús. Hoxe informa o blog de Don Filiberto, un verdadeiro referente prós que queiran recupera-la memoria pontevedresa local, da perda do tranvía e máis do trolebús (que foi o primeiro de España), da perda en definitiva da memoria á par que se vai deconstruíndo a cidade, como aquí decimos por activa e pasiva.
-
Non importa que de vez en cando lembren a cuestión do carril bus, unha necedade, unha parvaxolada. Os antiguos tiñan esa cuestión claramente resolta cunha solución de alcance: o tranvía ou máis tarde o trolebús como medio colectivo de transporte que recorría algunhas das arterias da cidade, que nunha descerebralización total do que é a política urbáa, están desaparecendo. ¿Pra qué novos parkings se en definitiva non se vai poder entrar na cidade?. Pra parkings xa están os dos novos colonizadores: os LiDL, DYAS e CARREFOUR, Froiz ou Mercadona que tampouco desagradan ó goberno estalinista na medida na que axudan a acabar coa cidade como marco de convivencia. Non sigo. Inclúo aquí o enlace citado do blog de Don Filiberto.
-
Enlace:
-
Don Filiberto, "Las calles del trole"
.