domingo, 31 de marzo de 2013

NOVAS DO PAPA

Papa Francisco no momento da bendición Urbi et Orbi ante os concentrados na praza de San Pedro, o 31.03.2013, co desexo de chegare ó corazón de todos  (enlace do ABC). Temos un papa ecoloxista. Que conste.

Pontevedra, 31.03.2013
Entrada n. 1636 do blog
Artículo semanal


Novas do Papa,
por Xesús López Fernández
           
            Dend´o primeiro momento e como xa temos comentado, o Papa avisou que o poder só ten carácter de tal si é servicio. Ante as xentes congregadas na praza de San Pedro, tamén na misa de iniciación. “¿De qué poder se trata?”, e aclara que o Pontífice debe “acollere con afecto e tenrura a toda a humanidade, especialmente ós máis pobres, ós máis débiles, ós máis pequenos”, servicio homilde que ten a súa cima na cruz. Nese sentido ten precisado que aí radica o servicio que o Bispo de Roma ten de realizar: “Custodiar a Xesús con María, custodiare toda a creación, a todos, especialmente ós máis pobres”.. Pero tamén deixou apuntado que é un servicio ó que todos están chamados [os gobernantes tamén], “pra facer brilare a estrela da esperanza”. “Protexamos con amor o que Deus nos dou”, rúbrica ecoloxista á súa aceptación do leigado de San Francisco, o namorado da natureza. Por eso escolleu o seu nome.
           
            O Papa estáse a revelare como un gran comunicador e parece renacida a esperanza en moitos cristiáns que se mantiñan tépedos na súa fe. E o sector progresista que puido malinterpreta-la súa mensaxe de que lle gustaría unha Igrexa pobre ó servicio dos máis pobres, está advertido de que a Igrexa non é unha ONG e que o seu soporte fundamental é Cristo Xesús. Así, a imaxe do acontecido na última cea en relación co lavatorio dos pés dos apóstolos, explicaballo  ós asistentes á misa celebrada nun presidio de menores de Roma, Casal de Marmo, o pasado Xoves Santo, un acto que marca o estilo do Papa Francisco. Durante a misa lavou os pés de doce xóvenes escollidos antre diversas nacionalidades e relixiós. “Amo facelo porque o Señor así mo ten ensinado”, dixo o Papa. Outros trinta mozos participaron na celebración. A ministra de Xusticia comentou que os mozos estaban arelantes da visita papal, porque están necesitados de esperanza, particularmente nun cárcere no que se recolle tanta dolor. Houbo momentos de verdadeira emoción e, xa despois da misa, no ximnasio, reuniríanse de novo. Os internos fixéronlle agasallo ó Papa dunha cruz e un reclinatorio, sinxelos, de madeira, feitos por eles no obradoiro do centro.

             Se con Xohán Paulo II e con Benedicto XVI o medio ambiente faise un lugar común, pode que co Papa Francisco se vaia á defensa da natureza con verdadeira afouteza. Precisamente por ter sido San Francisco un amante da creación escolleu ese nome. Temos, pois, un Papa ecoloxista. Neste sentido poden servir aquí parte das declaraciós de Pérez Esquivel, premio Nóbel da Paz, que foi recibido polo Papa Francisco, no sentido de que o Pontífice afirmou que “temos que adiantar na verdade, na xusticia e na reparación do dano feito polas dictaduras”.  Claro que, en canto a definire as distintas formas de dictadura hai que ter en conta as que están arraizadas no relativismo e lastran ó noso país que, por culpa desos poderes siniestros,  non parece capaz de restaura-lo orde natural, defendere ás familias, acabare co aborto, ou sacar da escea pública ós traidores do medio ambiente.

            Citemos tamén a celebración do tradicional Vía Crucis no Coliseo román, que este ano contou coa novedade de que, nas diversas estaciós, incluíronse plegarias redactadas por xóvenes libaneses, baixo a supervisión do Cardeal maronita Béchara Boutros Raï, unha encomenda de Benedicto XVI. Inserimos aquí unha parte da meditación da primeira estación:  “Ante Pilato, que ostenta o poder, Xesús debía ter obtido xusticia. Pilato tiña o poder de reconoce-la inocencia de Xesús e de liberalo, pero o gobernador [….] sométese ás presiós políticas e sociales. Condenou a un inocente pra agradare á xente, sen secunda-la verdade. Entregou a Xesús ó suplicio da cruz, aínda sabendo que era inocente… antes de se lava-las mans”. E hoxe sigue a acontecer: cos homes que levan a cruz e coa natureza matricial. Os novos Pilatos parecen estare en contra da creación defendida polo Papa. Lávanse as mans.

viernes, 29 de marzo de 2013

Loitadores pola xusticia [26.03.2004]

Defensores do Estado de dereito son atacados pola policía que parece actuar como exército particular do clúster portuario. O artículo que sigue, do ano 2004, está escrito en relación co Día Internacional da Auga daquel ano. E,  curiosamente, a Plataforma prá Defensa da Praza d´Os Praceres, que obtivo sentencia favorable do TS ordeando o levantamento do ferrocarril, leva pulando tamén polo tema dos recheos portuarios, sobre o que foron dictadas tamén diversas sentencias. E nen a Administración local nen a central estiveron á altura das circunstancias, como intentando legalizare a actuación de forzas depredadoras cando non foron elas mesmas as causantes do desgarro ecolóxico desta ría, asunto no que, nestos momentos, é evidente o contubernio existente antre Benito Suárez Costa, presidente da Autoridade Portuaria, e a súa muller, Ana Pastor, ministra de Fomento, que consumou certas burradas de infraestructuras urbanísticas, presuntamente pra salvare a obscena ocupación de 370000 mt2 de lámina de mar, como se comenta na entrada anterior. Curiosamente, a Plataforma prá Defensa da Praza dos Praceres, protagonista na entrada anterior, érao tamén neste traballo recuperado do ano 2004. Non entendo por qué, como opción política, a Iniciativa Cidadá dos Praceres, non chegou a se convertire na principal forza política pontevedresa. Sería cousa de insistir, de predica-lo seu evanxelio polas parroquias todas, de lle poñer nome e apelidos ós traidores. 

Pontevedra, 29.03.2013
Entrada n. 1635 do blog
Artíkculo do 2004 


Loitadores pola xusticia, [26.03.2004]
Por Xesús López Fernández
    O pasado 22 de Marzo foi o Día Internacional da Auga. Dous días antes e no Palacio de Congresos de Jaca,  a Fundación Nova Cultura da Auga celebrou asamblea anual, acto no que  entregaron os premios individual e colectivo a xentes destacadas na aposta por unha nova cultura da auga. Os premios así denominados [“Nova Cultura da Auga”] corresponderon á Asociación Río Aragón, en categoría colectiva, e ó coordinador de Os Verdes na PE, Gianlucca Solera, en individual. Tamén foron agasalladas no encontro cinco mulleres, grupo encabezado por Danielle Miterrand, viuda de François Miterrand, no que figuraban a portuguesa Margarita Feijoo, a galega Paloma Fernández, portavoz das xentes de Caldas, loitadora contra o embalse do Umia, Pilar Madina, a mestra de Palacios de la Sierra, posicionada contra o encoro de Castrovido, e a bióloga murciá Julia Martínez. Homenaxeadas por seren representantes da nova cultura hídrica que pide a  FNCA, que o pasado 22 tiña previsto entregar en Madrid ós responsables do PSOE, como futuro goberno, as propostas elaboradas na súa asamblea. Piden a paralización da política hidráulica de feitos consumados e a apertura dun periodo de reflexión e dunha moratoria nos proiectos máis conflictivos. Danielle Miterrand asegurou que o trasvase do Ebro é unha inxusticia.

            A loita das xentes de Caldas é conocida. As presiós sobre elas exercidas, a ocupación das súas terras, a constancia daquel colectivo e a confianza en que, finalmente, a Xusticia había poñe-las cousas no seu sitio, son dignas de citar. A día de hoxe o encoro permanece como realidade insultante, pendentes os veciños da execución da sentencia do Tribunal Supremo que declarou a obra ilegal. Estamos afeitos a ver casos así, de obras condenadas que permanecen como algo irreversible porque faltan arrestos pra lle poñer ese punto de perfectibilidade que os fallos do alto tribunal precisan, momento ese no que a Xusticia sería plena. E a semá tróuxonos outra sentencia do T. Superior de Xusticia [Sala de lo Contencioso Administrativo, Sección Sexta], de data 5.2.2004, dada agora a conocer e contra a que a Administración ten un prazo de dez días pra recurrir. Esta noticia, que foi dada en primicia polo Diario de Pontevedra [26.3, a catro planas], refírese ó recurso apresentado por Eladio Torres Castro e mai-la Asociación Plataforma Defensora da Praza dos Praceres contra a resolución da Dirección General de Ferrocarriles do 25.10.2001, denegatoria da petición de medidas necesarias prá supresión dos pasos a nivel da praza dos Praceres con ocasión da execución do Proiecto Relativo ó “Ramal de Acceso Ferroviario ó Porto de Marín”.

            Con motivo da roda de prensa ofrecida pola dita plataforma, o seu portavoz, Eladio Torres Castro, analizou algús dos aspectos da sentencia. E inda supoñendo que a Administración poida recurrir por simple inercia o fallo do tribunal,  os veciños estarían dispostos a pedi-la a execución cautelar da sentencia que declara ilegal ou ilegablizable un tramo de aproximadamente 250 metros de vía. O home insisteu en moitas cousas. Lembrou os días de resistencia e loita e que mallaran neles; as acusaciós vexatorias de que foran obxeto; de que houbo penas de cárcere pra xentes do colectivo que resulta que tiña razón; que eran eles precisamente os que estaban a defenderen o orde e non a forza pública. O home agradeceu os apoios que recibiran dalgús políticos, así como lembrou que a Administración local non estivera con eles e que por esa razón principalmente crearan un partido político, a Iniciativa Cidadá dos Praceres, da que asegurou que é hoxe unha forza crecente.

            O colectivo está pendente de diversos contenciosos, nos que deberá pronunciarse o Tribunal Superior de Xusticia de Galicia. Van alá catro anos de espera, pero a sentencia do Tribunal Supremo, que pode prosperar, abre un portelo certo á esperanza, porque o famoso “ramal” que non é ramal non valería de nada si se quedase sen o tramo dos Praceres. Eladio Torres afirmou que había outras soluciós e que eles teñen equipo técnico pra poñelas en marcha. Si llo piden, claro. Fomento e a Cotop quixeron obvia-lo estudio de impacto ambiental e non se privaron á hora de entraren no dominio público marítimo terrestre. Os pasos a nivel, prohibidos por lei, impuxéronos de forma brutal “porque a praza dos Praceres non era tal,  era un descampado”. Pero agora ordea o alto tribunal á Administración a supresión dos pasos a nivel alí establecidos. O capítulo pode non estar aínda cerrado, pero no grupo dos Praceres, como nos que loitaron en Caldas contra o encoro, conservan a moral necesaria pra faceren que a Xusticia triunfe. A sentencia aludida doulles nova moral e a confianza de que, na fin do túnel, o Tribunal Supremo pode poñe-las cousas no seu punto.

jueves, 28 de marzo de 2013

Ana Pastor e Benito Suárez Costa

Tren inaugural pola praza d´Os Praceres (foto do Faro de Vigo). No tren van catro axentes da presunta corrupción que acaba coesta ría: Fraga, Cuíña, Tonecho e Lores. No comezo das obras, os veciños d´Os Praceres fixeron resistencia. Neles mallou a policía, cando realmente as xentes d´Os Praceres defendían o Estado de dereito. O tempo e a Xusticia darialles a razón e por sentencia do TS de marzo do 2007 declárase o tendido do ferrocarril pola praza como ilegal. Pero a día d´hoxe, a vía sigue estando aí pra un servicio mínimo, tendo sido construída esta infraestructura parece que soamente ó servicio do clúster portuario de Ceferino Nogueira. 

Pontevedra, 28.03.2013
Entrada n. 1634 do blog

Ana Pastor e Benito Suárez Costa, 
por Xesús López Fernández 

"Seguimos coa milonga litoral, o baile de vodas do matrimonio Suárez Pastor". O día 23.03 vencía o prazo pra ter levantado os recheos do porto de Marín, uns 370000 mt2 de lámina de mar ocupada, unha actuación antiecolóxica de descerebrados. Esa ocupación estivo promovida dend´hai moitos anos pola Autoridade Portuaria, da que foron presidentes Tomás Iribarren (o gran amigo de Rajoy), María Ramallo (actualmente alcaldesa de Marín), Surís (do PSOE) e agora Benito Suárez Costa, o home de Ana Pastor, que inda hai pouco acometeu a realización de infraestructuras contra-natura pra favorecere o tránsido portuario pola autovía de Marín, asentada en dominio público marítimo terrestre. Pero aquí non pasa nada, que os políticos, presuntamente, embuchan, tragan, antes de asumi-la defensa da natureza. A cousa é tan demencial que non se entende que Urdangarín  intentara cargarse a Albufera valenciá, un espacio protexido, cun proiecto que contemplaba a construcción de 5800 vivendas. Vése que ó home lle faltou información, porque aquí, na ría de Pontevedra e cos políticos catetos que temos, daríanlle toda clase de facilidades prá realización de obra tan golosa.  

Pero hoxe é noticia en diversos medios que Fomento, é decir Ana Pastor, sigue a marea-la perdiz pra non buscar unha solución en relación co tema do ferrocarril, sobre o que se inclúen enlaces, sendo de lamentar que doutra volta La Voz de Galicia non inclúa na web cousas sustanciales. Pero o máis interesante das noticias aparecidas ven sé-lo dito por Eladio Torres, o presidente da Plataforma prá Defensa da Praza d´Os Praceres, asociación que leva promovido diversas sentencias que os nemigos do Estado de dereito queren aplacar: Fomento, a Autoridade Portuaria, Concellos de Pontevedra e Marín, tamén responsables.

Eladio  Torres di que o tema das pasarelas polas que queren meter ós veciños no canto de levanta-la vía é unha simple maniobra de distracción porque non queren comprire co levantamento dos recheos ordeado polo TSXGalicia. 

No seu día, Saramago, que tomara partido polos veciños d´Os Praceres, afirmaría que a derrota das xentes da parroquia era momentánea. O tempo darialle a razón, pois as sentencias cantan en contra do que intentan os enquistados na corrupción. E reproduzamos o que nesta hora dí Eladio Torres, en declaraciós a Pontevedra Viva, da que tomamos parte das ditas declaraciós:

"Torres recorda que dende que se dictou a sentenza contraria do Supremo a proposta de alternativas á supresión dos pasos a nivel"é un capítulo que se recupera cada pouco. Cada vez que os veciños demostran a mentira de todas as actuacións que fixeron, esta xente recurre ao amedrentamento, a que vai pasar algo malo si non se lles fai caso".. Malia todo, eles siguen firmes na súa postura de que a única solución para Os Praceres pasa por enterrar as vías que cruzan a praza da vila, pois "a praza tal e como está atenta contra ou máis sagrado que ten unha persoa, que é a vida".


"Aquí o que pasa dígoo eu moi fácil, que un dos actores que queren levar a cabo isto se mete na mesma cama que a ministra de Fomento"



"O voceiro veciñal tamén insiste en que a proposta actual, publicada este mércores no Boletín Oficial da Provincia (BOP), "non é novo, é unha proposta que nós xa sabíamos que tiña a Autoridade Portuaria e que agora conta co consentimento dos alcaldes de Pontevedra e Marín. O señor Lores e a señora Ramallo séntanse no Consello do Porto e isto coñéceno" e non ten ningún reparo en facer acusacións persoais para criticar o proxecto, en concreto, contra o actualpresidente da Autoridade Portuaria, José Benito Suárez Costa, e a súa relación persoal como marido da ministra de Fomento, Ana Pastor."


O contubernio existente antre Benito Suárez Costa e Ana Pastor está claro. Son matrimonio e non parece honesto que ambos participen dun proiecto de morte prá día que debería estar condenado pola vía penal. Pero Eladio dío moi axeitadamente: Benito Suárez métese na cama de Ana Pastor, naturalmente.


"Como o presidente da Autoridade Portuaria é o marido da ministra de Fomento pode permitirse facer iso", cuestiona. E pide expresamente que se considere esta reacción súa. "Aquí o que pasa dígoo eu moi fácil, que un dos actores que queren levar a cabo isto se mete na mesma cama que a ministra de Fomento. E estaría encantado de que mañán me chamaran dun xulgado para revatirme isto", indica ao respecto.



Eladio Torres tamén incide en que a opción pola que optan os veciños de enterrar a vía do tren non só é a recomendada polo Tribunal Supremo, senón tamibién a máis económica, de aí que reitere paréceme surrealista" cando fala da actual proposta de Fomento."O Tribunal Supremo despois de analizar as múltiples propostas dixo que a mellor é a desaparición da linea férrea en superficie porque é un espacio urbano, pero agora volve aparecer isto, vólveno sacar a exposición pública, creo que é a terceira vez. O soterramento é máis barato e dá cumprimento á sentencia, os técnicos de Fomento recomendan o soterramento porque é o máis rápido, o máis seguro, que cumpre coa sentencia e é o máis barato", sinala. E tamén lle marca o camiño ó Concello: "que non aleguen, que vaian a un contencioso-administrativo como foron eles".



"Torres critica ao Concello de Pontevedra e insta ó alcalde a que non dea permiso de obra pra acometer a actuación ou presente un recurso contencioso-administrativo contra esta."

"O voceiro tamén se mostra crítico coa actitude do Concello de Pontevedra, que este mércores anunciou que alegará contra a proposta de Fomento, e recorda aos responsables municipais que "sen permiso de obra do Concello non se pode facer". "A praza é pública, do Concello de Pontevedra e está nas súas mans decidir, pero xa no seu día o alcalde, este mesmo alcalde, permitiu a actuación. No seu día fixéronlle a ponte das Correntes e agora se volve baixar os pantalóns para que lle fagan un paseo de Pontevedra a Marín", valora.

"De feito, insta ao Concello de Pontevedra a que se en realidade está en contra desta proposta que non supón enterrar as vías "pode emprender un contencioso-administrativo contra esta resolución". " Se non o fai é porque isto é unha trama organizada na que se intenta confundir ao cidadán e na que estes actores din: nós mandamos e nós ímonos rir da Xustiza e do Estado de Dereito", critica.

Na súa opinón, as críticas públicas do Concello de Pontevedra por boca do concelleiro Cesáreo Mosquera son"unha trama organizada para desautorizar á plataforma, esta xente debe vivir nos mundos de Yupi, esta xente vai por un camiño diferente do procedemento xudicial" e cre que "o Concello ten dúas opcións: poñerlle collóns e non dar licencia de obra ou presentar un contencioso ou senón pode pasarnos a nós a tutela da praza dos Praceres e xa verás como esa actuación non se fai". Cuestiona, ademais, que "o alcalde di que xa se reuníu cos colectivos sociais, pois con nós non; gustaríanos que o fixera".

Enlaces:

Faro de Vigo, 28.03.2013.Unha loita que apoiou Saramago 

miércoles, 27 de marzo de 2013

¿Mares vivos ou mortos?[28.05.2004]

Esta foto, aínda recentemente presentada, mostra o que foi a praia de Pontevedra, hoxe ocupada polo exército da morte: Ence-Elnosa, os recheos portuarios. Recuperamos este artículo do 2004, na línea de presentar cousas xa escritas no pasado que teñen vixencia plena e que valen pra notaria-la falta de intención política de recupera-la línea litoral, de lle dare ó mar o respeto que merece.  Pero, non, aquí vence a corrupción, que aínda hoxe, no que é unha tomadura real de pelo, o ministerio de Fomento de Ana Pastor envioulle ó Concelo pontevedrés un novo plan prá construcción de dous pasos soterraños na praza dos Praceres e pra salva-lo ferrocarril sentenciado polo TS en marzo do 2007. Lembremos en canto post faga falta que a ministra de Fomento está casada co presidente da Autoridade Portuaria e que o que está a acontecer aquí é resultado dunha corrupción continuada que está a convertire o noso mar nun mar morto, descomposto. 

Pontevedra, 28.03.2013
Entrada n. 1633 do blog

 ¿Mares vivos ou mortos?, [28.05.2004]
Por Xesús López Fernández

            O título está tirado do lema establecido polas Naciós Unidas prá celebración do Día Mundial do Medio Ambiente 2004, o próximo 5 de Xuño. O tema seleccionado está concretado nun berro que debería chegar a toda a Terra. Éste é: “¡Se Buscan! Mares e Oceanos - ¿Vivos ou Mortos?”, o que prantexa a decisión de futuro que deberemos tomar, de cómo queremos trata-los mares e oceanos do planeta azul. E se nos pide a todos que actuemos, que nos perguntemos se realmente queremos  mante-los mares e oceanos saudables e vivos, ou contaminados e mortos. Moitos dos actos, das celebraciós de carácter internacional que van ter lugar con motivo da citada data, terán lugar en Barcelona, en colaboración co Foro Mundial das Culturas, do que a ONU tenta facer escaparate de temas ecoloxistas, de dar ós mesmos unha cara máis humáa pra veren de que as persoas se convirtan en axentes do desenvolvemento sustentable i equitativo, ó tempo que se busca actúen como estímulo pra promoveren a comprensión das comunidades [información, ecoloxismo empresarial] como detonante no cambio de actitudes cara os temas ecolóxicos.

            Diríamos, pois, que a ONU quere promove-la actuación cidadáa á que nos temos referido nun traballo anterior. O mundo está, certamente, nunha situación que pode parecer de non retorno e precisa de grupos vivos que actúen como “despertadores”, que urxan un compromiso real do poder coa Ecoloxía. Algunhas sociedades están a reaccionaren, a dar pasos firmes cara unha veneración medioambiental certa, como acontece en Islandia, un exemplo pra todo-los países que xa ten establecido prazo cara o protagonismo do hidróxeno como combustible, e outras enerxías non perecibles. Outros países [Finlandia, Noruega, Alemania, Inglaterra, Irlanda] están a adoutaren medidas cada vez máis rigorosos, sempre coa meta dun desenvolvemento sostible real, comprometidos con políticas conservacionistas, tamén coa paisaxe. É decir, ábresenos ante nós o que se estima como  “Medio Ambiente, Territorio Sagrado”, no que o home vive integrado nunha relación claramente osmótica. O home ten a capacidade de destroi-la Natureza e, cando tal fai, destrúese a si mesmo, razón pola que deberá coida-la súa relación co entorno con respeto aristocrático.

            Pero como o título vai de mares vivos ou mortos nós, veciños do mar, teremos de lembra-la nosa responsabilidade na involución da parte do Oceano que nos tocou administrar.  Os franceses pódennos estar a marcar un camiño coa obra que van acometer e que tenta recupera-lo Mont-Saint-Michel como illa na costa de Normandía. Á noticia que manexo fáltanlle datos, pero sí afirma que a gran rocha vai reconquistar 15 hectáreas de areales e que tamén está prevista a eliminación de parte do dique-estrada construído no 1879 pra comunicaren o continente coa abadía, acceso que, cando as obras culminen, farase a pe, por medio dunha pontella, ou por mar gracias a unha pequena frota de lanzadeiras... O exemplo ven a conta cando aquí se comeza a falare dun posible cambio de infraestructuras e da recuperación do dominio público marítimo terrestre de Lourizán, asunto no que dalgún xeito pode incidi-la orde da Dirección General de Costas á Demarcación Provincial pra que proceda a “incoar expedientes de modificación das concesiós de Ence i Elnosa”, asunto que se deriva tamén da acción pública de Salvemos Pontevedra de data 2.3.2004 ante Costas.

            E non quero deixar de comenta-la charla celebrada o 27.5 no local da C.G.T. de Pontevedra, claramente posicionados no tema medioambiental, que interesa defender en todo momento, ata o punto de se ter afirmado que  o traballo que contribúe ó seu deterioro ou á perda de riqueza ven decantar nunha forma de escravitude, de perda da dignidade. No caso concreto de Pontevedra esto ven moi a conto co afirmado na Mensaxe do Director Executivo do progrma das Naciós Unidas pró medio ambiente con ocasión da celebración do 5.6.2004. I é particularmente interesante o listado de “Cincoenta datos básicos encol dos mares e oceanos” como que: 2.“Máis do 90 por cen da biomasa vivinte do planeta atópase nos oceanos”; 3. “O oitenta por cen da contaminación de mares e oceanos orixínase en actividades realizadas en terra”.; 9. “As criaturas mariñas que morren a causa do plástico descompóñense, mai-lo plástico non. O plástico permanece no ecosistema e sígueo a matar”...En fin, lecciós que xa non caben aquí... O que sí, debemos ter claro é que un mar vivo, unha ría viva, son fonte de riqueza e que ninguén debe ter medo a face-las cousas ben. As autoridades non poden asumir outro compromiso que a expulsión da contaminación das nosas augas e a restauración  litoral. É un reto poder afirmar: “¡Aquí temos unha ría viva!” Pra que a Terra non morra

lunes, 25 de marzo de 2013

domingo, 24 de marzo de 2013

UN TEMPO DE ESPERANZA

 Primitivo coro franciscán, en Greccio. 
 O 19.03.2009 celebramos aquí unha eucaristía, oficiada polo padre Castro, en Greccio. Foi unha misa de Nadal e, curiosamente, comezou a nevar. O día 21.03, despois de ter pernoctado en Asís, a Cidade da Paz, continuamos camiño de La Verna, ónde non puidemos sobir por culpa da neve. ¿Quén nos diría daquela que o actual Papa Francisco, tan namorado da obra franciscáa, ía invitare ós frades de La Verna, no monte Alverna, a estar coel na misa de iniciación do seu Pontificado?.

Pontevedra, 24.03.2013
Entrada 1632 do blog
Artículo semanal.

Un tempo de esperanza,
por Xesús López Fernández


            Co Papa Francisco parece se abre un novo tempo de esperanza, unha maior apertura da Igrexa cara unha sociedade dela necesitada. Sobre esa necesidade e aceptación venme agora á memoria o caso do padre Michel Marie Zanotti Sorkine, hoxe conocido como o novo cura de Ars da Marsella agnóstica, ó que lle encomendaron a parroquia de San Vicente Paúl á que arribou no ano 2004. O home ten un pasado de cantante de éxito en cabarets de París e Montecarlo, pero o seu amor á Virxe levouno a se consagrare á vida relixiosa, tendo pasado polas ordes de dominicos e franciscáns. Sería ordeado sacerdote no 1999. E dend´o primeiro momento foi o seu lema o de “traer tantas almas pra Deus como posible fose”. Hai que ter en conta que o barrio no que traballa é de maioría musulmáa e que soamente o un por cen da poboación é católica practicante. Así as cousas, o templo parroquial abría soamente os domingos e con asistencia mínima á santa misa, na cripta: unhas cincoenta persoas.

            I estaba prevista a clausura e demolición do templo. Pero xa non, porque hoxe é a parroquia con máis vida de Marsella. Cando un templo permanece coas portas cerradas pode que xa nada teña que ofrecer. Esa filosofía cambiou, estando abertas actualmente, durante case todo o día, as cinco portas do templo, porque a Igrexa ten que facilita-lo encontro do home con Deus. O padre Michel Marie, que comezaría por oficia-la santa misa no altar maior, iría marcándose outros obxetivos: o coidado da liturxia, a limpeza extrema que alí se aprecia, a reposición do rosario cotián, e a confesión, pasando el non poucas horas no confesionario. En definitiva que, pouco a pouco, foi convertindo o seu apostolado nun fenómeno de masas conocido en toda Francia e hoxe asisten a misa unhas setecentas persoas, sendo necesarias sillas suplementarias. E polas mañás, antes de abri-las portas do templo, os fieles fan cola pra se confesare. Numerosos adultos foron bautizados, 34 na última Pascua. Michel Marie, tamén compositor musical, coida especialmente os cánticos litúrxicos.

         O bispo mandárao a esta parroquia como última esperanza, e fíxolle caso cando lle pideu permiso pra mante-las cinco portas abertas. O crego viste ademáis de sotana e así móstrase públicamente, acodindo ós cafés pra face-lo seu desaxún ó tempo que conversa con xente diversa que nalgús casos acaba por frecuenta-la parroquia, tendo sido numerosos os casos de conversión. Incluso os seus sermós son agardados, ata o punto de que algús fieles pendúranos en internet. E mantén, afirma en relación coa súa parroquia, que 90.000 coches e numerosos viandantes e turistas reparan en que o templo está aberto e con sacerdotes á vista, sendo éste parte do seu método: a presencia de Deus e da súa xente no mundo secularizado. O sacerdote debe estar atento ós que a el acodan. Por éso, tamén, é importante a recuperación da práctica da confesión porque, en certo sentido, o sacramento pode facer posible a sanación das conciencias e menos necesarias as consultas ó psiquiatra.

       Coido que o evanxelio do Papa Francisco, o de que o poder só é válido si se fai servicio, conecta co estilo do novo cura de Ars, o padre Michel Marie. Vanse conocendo datos da pastoral do bispo Bergoglio, en Buenos Aires, agora bispo de Roma, Papa Francisco, que se dispón a oficia-la misa de Xoves Santo nun reformatorio román, perto dos máis necesitados. Unha nova reevanxelización do mundo, especialmente dunha Europa que hoxe pasou a ser terra de misión, parece vai comezar. A frase pronunciada na misa de iniciación ante os representantes de non poucos estados, a citada de que o poder é servicio, ven sere unha crítica soave pero firme contra a corrupción, contra aqueles gobernos que non sirven ós seus países, nos que a clase política está hoxe desprestixiada, trufada de políticos do trinque, en moitos casos nemigos da propia Igrexa. Que entendan o poder como servicio é algo que lles debemos demandare pra marcar ese tempo de esperanza, posible xa en Marsella.

sábado, 23 de marzo de 2013

UN SUEÑO.... ¿O NO?


10:07 Plataforma Ciudadana "Recortes Para Todos". 0


Pontevedra, 23.03.2013

UN SUEÑO.... ¿O NO?


Después de tres largas décadas de una lucha democrática, logramos por primera vez conquistar el corazón y las voluntades de una nueva mayoría de españoles, una nueva mayoría que nos permitió llegar a esta casa de Gobierno y que nos dio el tremendo privilegio, pero también la inmensa responsabilidad, de conducir los destinos de nuestra patria, por un período de cuatro años. 

Ese día comenzó algo mucho más grande que un simple cambio de Gobierno, porque ese día entramos a este Palacio de La Moncloa con una misión, una misión por la cual habíamos luchado tanto tiempo, grande, noble y, al mismo tiempo, muy exigente. Nos propusimos lograr lo que nuestros padres y nuestros abuelos durante tanto tiempo habían anhelado, pero que nunca habían logrado. 

Nosotros no nos dejamos quebrar y llegamos con esa misión, transformar a España, a nuestra patria, durante esta década, en un país que logre derrotar la pobreza y que logre alcanzar el desarrollo. Al mismo tiempo, nos propusimos darle un contenido y un sentido más humano y racional a esta sociedad que queríamos construir. Y nos comprometimos a construir una sociedad de oportunidades, para que todos pudiesen desarrollar sus talentos, de seguridades, para que todos pudieran vivir con dignidad, y de valores, porque en la vida los valores son importantes. Y nuestro Gobierno está profundamente comprometido con ciertos valores esenciales, como la libertad, como la vida humana, como la dignidad de todos los seres humanos, como la familia, como la justicia, y muchos más, que han inspirado todas y cada una de las acciones de nuestro Gobierno. 

También, con una promesa que los españoles comprendieron muy bien: cambiar para mejor la vida de todos y cada uno de los españoles, pero con un compromiso y una preocupación muy especial, porque igual como un padre de familia se preocupa de todos sus hijos, pero con un compromiso y dedicación especial por aquel que más lo necesita, lo mismo debe hacer un buen Presidente y lo mismo debe hacer un buen Gobierno. Y ese compromiso especial era con los más humildes, con los más vulnerables y con nuestra clase media, parados, pensionistas, de forma tal de permitirle a todos nuestros niños, cualquiera sea la calidad de la cuna que los vio nacer, tener la oportunidad de volar tan alto y llegar tan lejos, como sus sueños, sus talentos y sus esfuerzos se lo permitan. Y esa misión grande, noble, pero también exigente, requería no solamente un cambio de Gobierno, requería mucho más que eso, requería un cambio de ritmo y también exigía un cambio de rumbo (…). 

Adicionalmente, tuvimos que enfrentar una economía internacional cuya crisis comenzó el año 2008 y que todavía está lejos de terminar, y que tiene a muchos países, entre ellos los países más poderosos del mundo, viviendo en medio de la recesión, el desempleo y muchas veces la desesperanza. Pero nada de eso nos quebró ni tampoco quisimos utilizar esos argumentos para no ratificar nuestro compromiso con el programa de Gobierno que le habíamos prometido a los españoles; derogamos las pensiones vitalicias, ajustamos los PGE, quitamos todas las subvenciones salvo algunas destinadas al bien social y común, declaramos la independencia de los tres poderes del Estado, obligamos a pagar a la Hacienda Pública y tributar a Fundaciones y aquellas otras entidades que estaban exentas, prohibimos la creación de empresas con dinero público, instauramos un nuevo modelo de partidos, valorando al candidato, instauramos las primarias, fijamos un techo de salario a los políticos electos en función de su responsabilidad y circunscripción, modificamos el funcionariado dando más protagonismo a las Direcciones Generales y sus funcionarios, creamos un solo Estatuto General de los Trabajadores común tanto para la empresa pública y privada. 


Hemos recuperado nuestro valor histórico de España, fijando una Nación común en donde nadie se sienta discriminado, reforzando el papel de las regiones como antaño. Estos ajustes nos han permitido ahorrar el 14 % de nuestro maltrecho PIB aún así ciento cuarenta mil millones, nos permite, mejorar las pensiones, crear nuevas guarderías y mejorar las escuelas, la sanidad, etc. 

Por eso, frente a esta adversidad, lejos de quebrarnos, los españoles nos unimos y hemos dado un verdadero ejemplo de valor, de coraje y de unidad, que es reconocido y admirado en el mundo entero. Por ejemplo, cómo no sentirnos orgullosos que en sólo 3 años, un país pequeño como el nuestro, haya logrado reconstruir un 87% una nueva nación Cómo sentirnos orgullosos que simultáneamente con ese proceso de reconstrucción, que ha sido difícil, hayamos logrado, al mismo tiempo, recuperar ese liderazgo y ese dinamismo que como país habíamos perdido, y haber logrado duplicar nuestra capacidad de crecimiento y crear más de cuatro millones nuevos y mejores empleos para los españoles. Y, al mismo tiempo, mejorar los salarios y crear trabajos más dignos y de mejor calidad, con contrato, con previsión social, con seguro de desempleo, y la mayoría de ellos, para nuestros jóvenes y mujeres, que querían y merecían incorporarse en plenitud al mundo del trabajo. 

Ustedes saben la diferencia entre un país que vive en el desempleo, como lo conocimos nosotros, y un país que se acerca al pleno empleo, como lo estamos viviendo hoy en día. En el primero, son los trabajadores los que todas las mañanas salen, a veces con esperanza, a buscar trabajo, y se encuentran con esos letreros que dicen “no hay vacantes”, y vuelven en las tardes con el dolor y, al mismo tiempo, con la angustia de tener que enfrentar a sus familias y decirles que a pesar de sus esfuerzos, siguen estando sin trabajo. En cambio en un país con pleno empleo, como hoy día lo estamos logrando, ocurre justo lo contrario, toda española y español que hoy día quiere trabajar, sabe que va a tener la oportunidad de encontrar un empleo digno, de ganarse la vida con su propio esfuerzo, de sentirse útil y digno frente a su familia y frente a la sociedad. Y son los empleadores los que andan o tienen que andar buscando a los trabajadores, ofreciendo mejores condiciones para poder alcanzar sus objetivos. 

La diferencia entre un país y otro, la sabemos no solamente por lo que significa desde el punto de vista económico, sino porque el trabajo es mucho más que un sustento o una forma de ganarnos la vida, es una manera de sentirnos útiles a la sociedad, de sentirnos dignos. Por esa razón, uno de los objetivos que hemos logrado que más nos llena de orgullo y satisfacción, es poder haber creado esos cuatro millones nuevos y mejores empleos Pero además de eso, cómo nos sentirnos orgullosos que después del retroceso que hubo en materia de pobreza creada por los gobiernos anteriores desde el 2.008, en nuestro Gobierno hemos logrado volver a tener la capacidad de reducir la pobreza y de reducir las desigualdades excesivas que cruzaban a nuestra sociedad. durante estos tres años, dos millones de compatriotas lograron superar la pobreza extrema.

Cómo no sentirnos contentos de haber podido lograr hacer renacer ese espíritu de innovación, de creatividad y de emprendimiento tan propio del alma de los españoles, y que estaba adormecido, al haber logrado crear en estos primeros tres años 150 mil nuevos emprendedores, que ahí están, desarrollando sus talentos, cumpliendo sus sueños, creando trabajo, creando oportunidades. 

Cómo no sentirnos orgullosos si fuimos nosotros los que hemos denunciado y enfrentado como nunca antes en nuestra historia, los abusos que algunos malos políticos, jueces y empresarios cometían en forma muy impune, contra nuestros consumidores y contra nuestros trabajadores. 

Hemos desarrollado unos nuevos tribunales limpios de anteriores compromisos, poniendo a disposición judicial a todos aquellos que se enriquecieron ilícitamente, embargando todos sus bienes con el fin de devolverlos a las arcas públicas. 

Cómo no sentirnos contentos con haber cumplido ese compromiso de crear una nueva política social, no solamente con un nuevo Ministerio de Desarrollo Social, cuya sede está aquí, en el corazón de La Moncloa, sino que también implementando una nueva filosofía, que no castiga el esfuerzo, sino que premia el esfuerzo de aquellos que sufren muchas veces de falta de oportunidades, a través del ingreso ético familiar, que constituye el instrumento más poderoso para derrotar la pobreza extrema en nuestro país. 

Cómo no sentirnos también contentos de que fue nuestro Gobierno el que logró, por fin, después de 30 años de promesas, extender el posnatal de tres a seis meses y ampliar su cobertura, porque el posnatal cubría a sólo una de cada tres mujeres trabajadoras de nuestro país, necesitamos hijos y debemos hacer todo lo posible por incentivar la natalidad y hoy día podemos decir, con legítimo orgullo, que no solamente duplicamos de tres a seis meses su período de beneficio, sino que también extendimos de una de cada tres, a todas las mujeres trabajadoras españolas, el acceso a ese beneficio. 

Cómo no estar contentos que durante nuestro Gobierno aprobamos una ley contra la discriminación, para hacer de España un país más respetuoso con la diversidad y con la diferencia, y un país también más respetuoso con aquellos que piensan o sienten distinto. Porque digámoslo con todas sus letras, nuestros compatriotas tienen derecho, en primer lugar, a saber en qué se gastan los impuestos con los cuales ellos contribuyen, y por eso hemos hecho un enorme esfuerzo en transparencia, y también a saber qué hacen las autoridades que ellos eligen con sus votos. Además, también, a pesar de que todavía no hemos logrado llegar y hacer comprender al país el esfuerzo gigantesco que estamos haciendo en materia de la gran reforma a la educación pendiente.

Artículo de mortalcontribuyente, administrador del blog http://mortalcontribuyente.blogspot.com.es/ 


Posted in:

viernes, 22 de marzo de 2013

Apuntes celulósicos [27.12.2003]

Fotografía das marismas de Lourizán  de comezos do século XX. Esta podería ser hoxe a praia urbá de Pontevedra, ademáis do banco marisqueiro máis importante de Galicia. O autarquismo franquista  trouxo a fábrica de celulosas, industria de vertedeiro, e cercou o espacio coa autovía a Marín, agresiós ambientales que serían consolidadas pola nova casta política parasitaria, da man da presunta mafia portuaria. Hoxe é todo ese espacio un dominio público marítimo terrestre a recuperar. Difícil, porque non hai vontade por parte de nengún partido político de demanda-la aplicación da Lei de Costas, que acaba de ser cambiada presuntamente ó servicio dos clústers. Non só eso, senón que tentan facere novos paseos polo norte da autovía a Marín, o que demostra a súa traición e falta de sentimento ecoloxista, porque o litoral está definido pola parte baixa da vella estrada a Marín. Sí parecen estaren nerviosos ante as sentencias do TS dictadas mercede a acción popular dos veciños d´Os Praceres, e a orde de execución da sentencia de levantamento dos recheos deshonestos do porto de Marín, máis alá do fondo da foto, da línea na que se aprecia a igrexa d´Os Praceres do arquitecto Sesmeros, póñeos aínda máis nerviosos. O prazo dado polo TSXGalicia vence nun par de días. A ver qué responde desta volta a inicua Autoridade Portuaria, que tivo presidentes do PP (aquel Tomás Iribarren, amigo de Rajoy, que presuntamente pulou pola construcción do ferrocarril que hoxe invade 55000 mt2, e outros que seguiron no cargo), que mesmo o actual é o home da ministra Ana Pastor, cuio ministerio promoveu obras de consolidación da avenida que aínda non estaba no tempo desta foto, pra favorece-lo tránsito de mercancías ó espacio que administra, como queda dito, o seu marido. 

Pontevedra, 22.03.2013
Entrada n. 1631 do blog 

O artículo é do ano 2003. Paréceme oportuno inserilo desta volta porque hoxe é o Día Internacional da Auga e que, do estado da ría no tempo da foto ó día d´hoxe, sirve pra demostrare a traición permanente dos grupos políticos, incluso dalgún grupo ecoloxista que veu actuando, realmente, non na defensa da ría, senón como simple baraza do BNG, tamén traidor en Pontevedra. Por certo, a foto que presentamos é mérito das pescudas de José Valero Casal e no seu blog i en Facebook está presentada. Deámoslle gracias porque pode valer de luz prós políticos "iluminatti". 


Apuntes celulósicos, [27.12.2003]
por Xesús López Fernández

          No último pleno do ano entraron de novo xentes de CC.OO., pero menos que no da fama, uns cincuenta. A por algún deles chamada revolución permanente  estase a desinflar. Parece que incluso as conclusiós que trouxeron da súa viaxe a Madrid non foron ben explicadas. Alguén lles colocou o invento de que Lourizán podería ser transferido á Autoridade Portuaria. I en Marín parece que as cousas tampouco andan ben, aínda que algús manteñan a afirmación de que aquel “polígono industrial” debe seguir medrando. Pero, en fin, non polo feito de afirmaren unha e outra vez que os recheos alí feitos gozan de estudio de impacto ambiental debe ser dada a cousa por certa. E parece que molesta a existencia dalgún colectivo que demanda os preceptivos estudios e a aplicación da lei, así como o funcionamento crítico da comisión recentemente creada, porque algunhas das industrias ubicadas no espacio portuario poderían estaren noutra parte, sen lesionar máis ó mar. Recordemos que, en relación co que se leva feito fálase de presunta trama. 

            Tamén existe unha certa preocupación cidadáa pola pretensión da UGT de poñer en marcha un referendo sobre a cuestión da papeleira que non dispón de terreo concesional. Temos xa analizado moitas das cuestiós, das ilegalidades que se dan en torno ó tema de Lourizán. Pero esto do referendo que non sería vinculante, ¿con qué intención?, parece totalmente desaforado, porque a filosofía do mesmo, a pergunta sintética, poderíana concretar doutros xeitos.  ¿Cargármonos o Estado de dereito? Porque mutila-la Lei de Costas, que naceu precisamente pra limpa-lo litoral de presencias urbanísticas non xustificadas, ou de horrores como Ence, a día d´hoxe superamortizada, que sigue a envenenar un espacio sensible que debemos recuperar, equivale a dar un salto involutivo de tal magnitude que os políticos que non queren chegar ó fondo das cousas e poñer en marcha a fin do tormento, nen recupera-la harmonía que moitos reclaman, merecerían un calificativo, o de franquistas, coa particularidade, lembrémolo unha vez máis, de que no 1973 o goberno de Franco, ó nega-la calificación de urbán ó chan de Lourizán-Placeres, afirmaba que as industrias alí presentes foran un erro, do que soamente se poderían derivar problemas prá saúde e prá convivencia humáas. (Esas enfermedades sobre as que existe un ocultismo que non se entende, empeorado co incendio dos expedientes almacenados en Alba.).

            E por preocupación, a propia afirmación de Cristina Narbona,--que xa debe ter información dunha fin distinta prós nosos problemas de tipo medioambiental--, de que a concesión é improrrogable máis alá do 2018, algo que sabemos pola propia lei e sobre o que sobran perguntas. Cuestiós como a da nulidade radical, de obras efectuadas sen concesión estatal, ou sen licencia, deberían estar no discurso dos políticos antes que a frivolización dun referendo sen valor. O que sí podería ter valor é outro posible referendo, algo do que xa teño oído falar: A posible segregación de Lourizán-Placeres e a súa constitución en Concello. A ver que nos trae o tempo. E imos dar un salto ó Uruguai, onde Ence tamén ten intereses e pode que problemas, que finalmente se quede sen concesión prá pasteira.

A pranta loxística de M´Bopicuá comezou a traballar e a Marín está chegando madeira de eucalipto esnaquizada, daquela procedencia. É decir, en certo sentido, os postos de traballo de Lourizán son agora “inducidos” de M´Bopicuá. Pero a fábrica de celulosas de Ence, no Uruguai, está sendo moi cuestionada polas xentes do país e polos arxentinos de Entrerríos. O fiscal Enrique Viana Ferreira  entende que a concesión  a M´Bopicuá está caducada e con data 21.11.2004 emprazou ó goberno do señor Batlle prá súa anulación. Un medio daquel país, EL GLOBO, anunciaba con data 17.12.2004 que unha comisión especial ía estudia-la viabilidade ou non da terminal de M´Bopicuá. E ROSARIO NET, na mesma data, declaraba como inadmisible o discurso de Batlle, a rebufo do requerimento fiscal e a súa recomendación ós opositores de que viaxaran a Pontevedra, pra conoceren este “paraíso”. O que non sabía o presidente é que aquelas xentes xa estiveran aquí e saben ben da maldición que lles cae enriba. No Uruguai están a cambiaren as cousas e, coa nova lexislación sobre a auga, pode haber sorpresas. Os grupos ecoloxistas do país están razoablemente esperanzados pola actuación do fiscal. A denuncia foi admitida xudicialmente. Esa debía se-la preocupación de UGT aquí, o imperio da lei antes que puxaren ós partidos a un involucionismo necio. 

jueves, 21 de marzo de 2013

Triángulo de corrupción.... ambiental

Vista parcial da Cidade da Cultura, no monte Gaiás, do que hoxe se sabe foi causa da gran extracción de pedra que destrozou as entrañas da serra do Xistral, un espacio natural, según a acusación que fai a fiscala que interveu no caso. (Foto de La Voz de Galicia, 21.03.2013)

Pontevedra, 21.03.2013
Entrada n. 1630 do blog

Triángulo de corrupción....ambiental,
por Xesús López Fernández 

A Xunta quer salvare os recheos do porto de Marín porque carece de sensibilidade ambiental. Sobre eso informaban hoxe tanto o Diario de Pontevedra como La Voz de Galicia, pero esa información, salvo erro, non aparecía nas súas páxinas web. Debe ser un dos silencios pactados co poder. En todo caso, haberá que consulta-las versión pdf dos xornales a partir de mañán, supoño. Pero a actuación da conselleira do Mar Quintana, parece inicua cando se pronuncia pola salvación de algo que está sentenciado. Certo que a corrupción, neste caso, non comezou coa conselleira, que deso deben saber máis Tomás Iribarren e María Ramallo, e o propio Lores, que todos eles están presuntamente na trama, parece que con obediencia xurada ós clústers portuarios.

Pra aforrare palabras lembrémo-lo meu artículo "Sobre lucro cesante", no que suxería que a autovía a Marín tendida por terreo demanial e que podemos calificar como ilegal, pero que foi mellorada por Ana Pastor en favor da Autoridade Portuaria de Marín que preside o seu propio home, podería servir prá arrancada da gran caravana de vehículos pesados que levanten os recheos declarados ilegales por sentencia do TS da nación e sobre cuia execución hai agora vinte días que se pronunciou o TSXGalicia, emprazando á Autoridade Portuario pra que concretasen o plan de actuacións previsto. Os veciños d´Os Praceres parecen decididos a ir á vía penal, algo que xa debería estar concretado hai tempo se realmente fósemos un Estado de dereito. 

Pois ben. Pra eses recheos habería un posible destino, varios en realidade, moitos dos montes engulidos por canteiras sobreexplotadas, especialmente na serra do Xistral, en Lugo, onde foi arrasada unha superficie de 1.2 has, según informa La Voz de Gqlicia, co que se danou un espacio natural. A fiscala, que cerra o xuicio con un conto, mantén a petición de cinco anos de cárcere pra cada un dos tres acusados do arraso, que negan ademáis ser conscentes do dano que causaban. É máis,declaran sere alleos ós destrozos causados. ¿Cómo se come?

Temos aí, pois, o triángulo da corrupción: Porto de Marín, polo tema dos recheos; Arraso no Xistral a beneficio da Cidade da Cultura; a Cidade da Cultura, o monte Gaiás reconvertido en monstruo que non se pode concluir porque esta autonomía non ten cartos pra tanta obra. Pero é que ese monte foi doado, como xa temos dito, a Don Manuel Fraga pra mausoleo a cambio, presuntamente, do decreto de supramunicipalidade pra poñer nas máns do Grupo Empresarial Ence, S.A., as Marismas de Lourizán. 

O triángulo da corrupción parece claro, aínda que hai moito máis que ver e investigar en Galicia. 

martes, 19 de marzo de 2013

La libertad se pudre desplumada....



La libertad se pudre desplumada en la lengua de quienes son sus siervos más que sus poseedores
Aquí no se pelea por un buey desmayado, sino por un caballo que ve pudrir sus crines, y siente sus galopes debajo de los cascos pudrirse airadamente.
Limpiad el salivazo que lleva en la mejilla, y desencadenad el corazón del mundo, y detened las fauces de las voraces cárceles donde el sol retrocede.

La libertad se pudre desplumada en la lengua de quienes son sus siervos más que sus poseedores.


Romped esas cadenas, y las otras que escucho detrás de esos esclavos.


Esos que sólo buscan abandonar su cárcel, su rincón, su cadena, no la de los demás. Y en cuanto lo consiguen, descienden pluma a pluma, enmohecen, se arrastran.


Son los encadenados por siempre desde siempre.Ser libre es una cosa que sólo un hombre sabe: sólo el hombre que advierto dentro de esa mazmorra como si yo estuviera.


Cierra las puertas, echa la aldaba, carcelero. Ata duro a ese hombre: no le atarás el alma. Son muchas llaves, muchos cerrojos, injusticias: no le atarás el alma.
Cadenas, sí: cadenas de sangre necesita. Hierros venenosos, cálidos, sanguíneos eslabones, nudos que no rechacen a los nudos siguientes humanamente atados.
Un hombre aguarda dentro de un pozo sin remedio, tenso, conmocionado, con la oreja aplicada.


Porque un pueblo ha gritado, ¡libertad!, vuela el cielo.


Y las cárceles vuelan.








Estas han sido las indignas palabras del Presidente del Tribunal Supremo y del Consejo General del Poder Judicial, CUYO ÚNICO MÉRITO ES HABER SIDO NOMBRADO A DEDO por un Ministro de Justicia no menos indigno, NOMBRADO A DEDO POR UN PRESIDENTE QUE PROMETIÓ JUSTICIA a las víctimas del terrorismo, indigno, indigno, indigno..!!!


Porque, miren vds.., se pongan como se pongan los que aún no han perdido toda esperanza ante las puertas del infierno, lo que les ha hecho el PP a las víctimas del terrorismo es una auténtica canallada. Bueno..una entre tantas, seamos justos.


"Estarás contento" - dijo Gallardón a Zapatero- "he evitado que un ultraconservador presida el Supremo"


Sin grandes alharacas..Sr. Moliner, pero no por pudor ante tamaña traición a las víctimas, también a los que confiamos nuestro voto al PP para que se impartiese JUSTICIA -entre otras- , sino -es un suponer- para intentar esconder su felonía tras esas palabras que, queriendo aparentar prudencia, solo destilan bajeza de espíritu y miseria moral...






Pero quiero decirles que no olvidaremos. No olvidaremos que, escondidos bajo las faldas de una sentencia de Estrasburgo, y por medio de ese mezquino y patético personajillo, Moliner..., que lamentaba tener que volar en turista porque "no daba buena imagen", pretenden eludir su propia responsabilidad de Gobierno, van a aceptar la revocación de la doctrina Parot, cuando todos sabemos que -de la misma forma que incumplieron las normas de la UE en cuestión crediticia- pueden no aceptar su decisión sobre la mencionada doctrina, porque es POTESTATIVO.

O, en su caso, haber tenido la decencia de, antes, legislar e implantar la cadena perpetua para los 60 asesinos, etarras y varios violadores que -de rebote- no solo conseguirán la libertad, sino una suculenta indemnización que -por supuesto- saldrá de nuestros bolsillos.

Ustedes son responsables de mancharse la toga y el escaño con el polvo del camino, sus manos están tan manchadas de sangre como las de los asesinos. Ustedes nos han engañado, nos han estafado..porque si llego a saber que con mi voto me convertía en cómplice de toda esta mierda, antes, me la hubiese cortado..

Quedan, no llega a tres años. Más les vale que, para las próximas, aún les quede dinero para comprar voluntades, pagar propaganda institucional y votos paniaguados...más les vale.






domingo, 17 de marzo de 2013

Camiños de ida e volta [9.04.2004]

Chiste de Caín, en La Razón. Pepe foi emigrante a Alemania; agora parece que, nun país arrasado como España, o neto de Pepe vai ter que emigrar, como fixera o seu avó, porque sí  pode ter oportunidades de traballo en Alemania. Parece como se aquí non tiveramos economistas e, cun poder satanizado, todo se volve solar, esperanza de que volva a burbulla inmobiliaria. Nada de recupera-lo sector primario da Economía, no que sí se poderían crear postos de traballo. Pero non se pensa, como se no Goberno non fosen máis que unha panda de descerebrados.

Pontevedra, 17.03.2013
Entrada n. 1629 do blog

Presentamos un traballo do ano 2004, Camiños de ida e volta, outra forma de entende-la economía.

 Camiños de ida e volta, [9.04.2004]
Por Xesús López Fernández

            Gaviotas, Colombia. É outra das  historias [como as tres restantes] que nos brinda a “Situación do Mundo 2004”, do Worldwatch Institute. Trátase dunha comunidade de 200 persoas que viven nunha zona rural, preocupadas pola calidade de vida e o medio ambiente como determinantes do seu desenvolvemento. Satisfeitas as súas necesidades básicas, os veciños non teñen que paga-lo seu sustento, nen a educación nen a vivenda, nen a atención médica. Non teñen alcalde, encargándose a presión social de mante-lo orde. Tódo-los adultos teñen traballo, xa nos negocios nos que fabrican paneles solares ou xeneradores eólicos, en cultivos ecolóxicos ou na cousa forestal. Como traballan xuntos, fan habitualmente o xantar nun espacioso refectorio. Teñen as necesidades de tipo social ampliamente cubertas, formando parte do seu traballo cotián. Prós veciños de Gaviotas o benestar significa deixar no entorno unha pegada apenas perceptible. Son excedentarios en enerxía, fundamentalmente eólica e solar e tamén aproveitan o metano xerado polo esterco do gando. Gaviotas, co seu hospital hoxe reconvertido en depuradora de augas, é  núcleo do maior proiecto reforestador de Colombia. Árbores pra permaneceren productivos, non pra seren esquilmados. ¿Non sería posible imprantar en Galicia, nalgunha aldea, ese modelo de producción e convivencia?

            Usar e deixar.  Dende que no ano 1895 o vendedor ambulante King Camp Gillette tivo a idea de vender folliñas de afeitar desbotables, as súas ventas sobirían vertixinosamente. No ano 1915 as cifras chegaron ós 70 millóns de dólares. E o que comezara sendo unha fonte de ingresos dun negociante pra se asegurar un fluxo de ventas contínuo tería de se converter nun concepto universalmente aceptado e hoxe son moitos os productos que, cando se compran, teñen xa unha data de caducidade prevista. Pero foi Gillette, que actualmente factura uns 10.000 millóns de dólares, a creadora desa filosofía á que sucumbimos case todo-los humáns cada vez que mercamos algún producto que supón o necesario abandono dalgunha das súas partes despois de usado. No libro citado se denuncia: “o culto compulsivo ó deus consumo ten conducido á humanidade ó borde do abismo ambiental: agotando os recursos, esparexendo sustancias contaminantes, degradando ecosistemas e ameazando con trastorna-lo equilibrio climático do planeta”.  Nen vemos no noso entorno unha política intelixente na xestión dos residuos. A reciclaxe segue sendo unha asignatura pendente.

            Os porcos de Willis. No estado de Iowa prodúcense do orde dos 15.000.000 de marraos en auténticas fábricas. A todos eles lles gosta o millo. Pero os cochos da granxa de Paul Willis son distintos porque non viven en pocilgas de cemento, senon que teñen unha dieta e vida diferentes. O home comprométese a sacar adiante 200 animaliños nada máis, ós que decote lles dá a correspondente ración de millo; pero dispoñen ademais de espacios abertos, de prados na propia granxa nos que poden retozar, desenvolve-lo seu comportamento instintivo, fozando no chan á procura de raíces e outros alimentos, enredando e facendo encames. Así, a carne que producen é máis san e de mellor sabor que a dos porcos procedentes das grandes granxas. Os porcos de Willis son máis vigorosos e o home pode abandona-lo uso de antibióticos e  hormonas de crecemento, co que aínda pode rebaixar costes. O home non vende o seu producto ás grandes empresas controladoras do mercado, senón que llo fai a unha compañía californiá, Niman Ranch, que dende o 1982 distribúe productos cárnicos de porcos [e outras procedencias] criados con normas de respeto.

            O papel. Foi mercancía escasa que hoxe inunda o planeta. O  nome ven de “papyrus”, un xunco que os exipcios esmagaban e prensaban pra obteren as láminas nas que reproducían os xeroglíficos. Pero o papel que hoxe conocemos inventouse en China hai uns 2000 anos, sendo o cáñamo e os trapos as fibras máis usadas na súa fabricación. O método pra fabricalo a partir da madeira foi concebido no 1850, por G. Keller, e actualmente non pensamos noutra fonte que esa, da que procede o 93 por cen do papel fabricado. Poden os boscos estar nun continente e as fábricas  a miles de kilómetros de distancia. I en todo o proceso de transporte e producción consúmense moitísimas enerxías e auga. E son precisos pasos inmediatos pra reduciren ese impacto. Unha reciclaxe ben planificada significaría un aforro certo. Como tamén o uso doutras fibras que poden ter un rendemento por hectárea e ano superior ó das prantaciós de eucaliptus, como é a kenaf [unha malvácea], e a palla do cereal, mondas de plátano ou residuos das desfibradoras de algodón, que poden nun futuro próximo ser materia prima preferente na fabricación do papel. Polo ben dos montes e dos ríos. No camiño de volta.