jueves, 28 de febrero de 2013

ESPAÑA VAI MAL [6.02.2004]

Esteban, en La Razón. O tipo de corrupción que se denuncia na viñeta era xa conocido no 2004, ano no que foi publicado o traballo que incluímos. Artículo recuperado.

Pontevedra, 28.02.2013
Entrada n. 1617 do blog


España vai mal, Pontevedra vai mal....[6.02.2004]
Por Xesús López Fernández

            Coido que somos moitos os que entendemos que España vai mal, que a convivencia está en peligro como consecuencia da mediocrización da nosa clase política ó longo dos últimos tempos.  O estado das autonomías parece nestos momentos unha falacia, como se a propia Constitución non deseñara a  posibilidade de autogoberno que os vascos queren pra sí, que os cataláns tamén reclaman, que moitos galegos entendemos como irrenunciable. E nestas circunstancias, como se España non fose plural, están a espertar vellos sentimentos; andan algúns cunha especie de cruzada unitarista, antiseparatista; de nacionalismo ibérico á usanza do noso pasado próximo. Por outra banda, os discursos de Aznar en defensa da guerra de Irak son un novo factor de crispación [no momento no que  Bush  e Blair, sabedores de que non había armas de destrucción masivas, queren culpar ós seus informadores]. En fin, que o ambiente está cada vez máis raro no antroido electoral que estamos a vivir. E quero traer aquí a referencia a unha intervención de Felipe González no programa de Fuentes na Tele5, o pasado 1.2.2004:

            Os que viron o citado programa terán comprobado que Felipe González [con independencia da querencia  política de cadaquén] sigue a ser un home con carisma, ata o punto de que a Zapatero abondaríanlle uns minutos desa presencia, dese saber estar do expresidente, pra modifica-la intención de voto do país, se é que son certas as enquisas. Ó longo do programa abordáronse tres temas, asuntos tocados por Aznar cando era o xefe da oposición: O precio dos pisos que sobía imparablemente sen que o PSOE promovera unha política de protección oficial ante a dificultade da xente moza pra accedere a unha vivenda; a demanda de que a posible intervención na guerra de Iugoslavia fose debatida no Congreso antes de enviar un só continxente de “presunta axuda humanitaria” e que se respetasen as resolucións da ONU; que era unha vergonza cómo o PSOE tiña convertido TVE nunha cadea de propaganda manipulada. En definitiva, que en tempo de elecciós vale todo; que unha vez no sillón da Moncloa esquécense as promesas e que, no fondo, pouco importa quen goberne. Pero  quero salientar algo que dixo González ó falar das luces roxas que se están a acender.

            Dixo o expresidente que os pasaxeiros dun avión poden non saber da situación que se vive na cabina, na que a tripulación teme un accidente fatal. E que el tiña unha certa experiencia como comandante de vóo e que avisaba de que, sí, estaban acendidas as luces roxas, algo que volveu repetir nun recente mitin, con Zapatero, ó que animou a que asumira o papel de centralidade que ve “brumoso” actualmente nos socialistas. Non me preoocupan moito as batallas dialécticas que haxa antre os diversos partidos, se ben entendo desexable unha clara alternancia, o compromiso dunha renovación social en profundidade, algo que na situación de entropismo que viven certos grupos parece difícil. O entropismo fala da corrupción como algo irremediable nun entramado social choído, que non se renova. E algo deso veu decir estos pasados días Rivas Fontán, o ex alcalde pontevedrés que parece irremediablemente caído da lista do PP ó Congreso, cuestionando a persoas e actitudes, descalificando ó PP a nivel galego. É decir, que Pepe Rivas semella querer morrer matando.

            O que fora alcalde, posteriormente convertido en tiro electoral do partido, está alporizado porque parece quería seguir no Congreso. I é triste que veña agora con historias, que nos diga que a Lei de Supramunicipalización da Xunta é un fraude de lei. Así a vemos moitos dos que entendemos que España vai mal, que Pontevedra vai mal, e que os alcaldes son a autoridade máxima en cuestión de licencias urbanísticas. ¡Qué bonito non sería que o pasado día 5.2, ó chegaren a Lourizán os señores Fraga e Batlle se encontraran o recinto industrial precintado pola autoridade local!. Os homes atopáronse con que alí non había  nadie, senón unha realidade estordegada, ata o punto de que se permitiron certos chistes. Pero da realidade de Lourizán ten o señor Batlle información comprida no seu país. E si se encontrou co que se encontrou é porque houbo algún alcalde que asinou licencias non respaldadas por concesiós de carácter gubernamental. Rivas Fontán, que como diputado pasou desapercibido [Pontevedra estivo representada fundamentalmente por G. Vázquez e Arrate Varela], debería reconsidera-las súas palabras de Lourizán como fondo de saco, porque nun informe oficial que conoce a Xunta se define a zona como dominio público marítimo terrestre e, como tal, inalienable, inembargable, imprescriptible e indesafectable. España vai mal, Pontevedra peor, pero alguén aínda parece disposto a defende-lo imperio da Lei. Pra que esto mellore.       


martes, 26 de febrero de 2013

MÉNDEZ FERRÍN DIMITE

Méndez Ferrín dimite como presidente da RAG. A noticia sóubose onte, 25.02.2013. Pouco durou o seu mandato que eu esperaba como un intento claro de restauración do idioma galego, hoxe deturpado polos galizos que procuran a integración da nosa fala no portugués. 

Pontevedra, 26.02.2013
Entrada n. 1616 do blog


MÉNDEZ FERRÍN DIMITE,
por Xesús López Fernández

Os últimos tempos do mandato do meu amigo Méndez Ferrín víronse pexados por unha serie de trampas e campañas asumidas, incluso, por periódicos de gran tirada. Unha entrevista outorgada polo secretario da RAG, Axeitos, deixa aclaradas algunhas cousas, pero parece que Méndez Ferrín non se vai  polas acusaciós que sobre el botaron, incluso de nepotismo (o ABC), nen polo tema do Audi, vehículo cedido pola presidencia da Xunta, sendo a RAG responsable do seu mantemento. Contrataran un chófer a media xornada e o vehículo estaba a disposición de tódo-los académicos. Pero Ferrín vaise mais pola actuación dalgún sector crítico e cainita dentro da propia RAG, apoiado dende fóra.

 Extráñame que mentres o secretario acusa ó ILG e ó Consello da Cultura de tentaren coloniza-la RAG, se esqueza de que esa colonización ven de tempo atrás, de cando á RAG lle colaron  os dous últimos paquetes de normas alóglotas presuntamente dictadas polos comisarios da fala do BNG, que nunca acataron outras normas que as por eles inventadas. E aí siguen bradando en canta manifestación ou publicidade poden o nome de "Galiza", sitio distinto, un de tantos diferencialismos zafios nos que se asañan o BNG e os reintegracionistas (a mesma tropa). 

Algún comisario político do reintegrado comezou xa a insultare a Méndez Ferrín, que sabía que é ese sector, o do reintegrado, o que pensa en nos levare, como nun gran éxodo, ó mundo da lusofonía e ó acordo ortográfico de Lisboa; ese sector, digo, é o gran nemigo do noso idioma lar, definición na que coincide Ferrín có que decía Novoneyra cando acusaba ós forxadores da "lingua da non-patria": O ILG, a AS-PG, os reintegracionistas... E o escritor caurelao definía tamén como traidora á propia RAG, na que hoxe mandan os comisarios políticos e os representantes dos lobbies editoriales que traballan a deformación da lingua pra veren se poden entrare no mercado portugués, aínda que se carguen a lingua do país.

Cando Méndez Ferrín foi nomeado presidente tiven ocasión de falare con el, có que manteño amistade dend´o seu primeiro galeguismo. E na nosa conversa afirmou que, efectivamente, algo habería que facere, que non se podía consentir unha maior degradación da lingua. Pero non tivo ocasión de face-lo labor pró que parecía chamado.

Con independencia do que se terá aínda de saber inclúo desta volta un par de enlaces que podo complementar se o vexo oportuno.

Enlaces:


lunes, 25 de febrero de 2013

ELECTORALIA, [31.01.2004]

 Traemos novamente ó blog dous chistes de Caín, de La Razón, pra refrescare o traballo desta entrada, publicado xa no ano 2004, o 31.1. Os políticos fan eso, vendernos bisutería ideolóxica. Eles aforran, de certo que sí, ó tempo que arrasan o país.
Este político parece xa un probe, así presentado á hora de pedi-lo voto, a ver se alguén se compadece e pensa que non se fixo rico coa política. Leva posto un disfraz, que coa súa roupa normal de "caceador" xa non gaña votos, xa non pode convencere ó persoal nunha campaña de 15 días 

Pontevedra, 26.02.2013
Entrada n. 1615 do blog



Electoralia, [31.01.2004]
Por Xesús López Fernández

            Non sei se entramos nun tempo ou nunha gran carpa na que todo é susceptible de se convertir en producto que debe render uns xuros, un resultado  do que botar man na campaña electoral, moitos dos políticos máis pendentes do posible triunfo que de restaura-lo imperio da lei ou de defende-las libertades. Todos temos a posibilidade de nos informar a través dalgún medio, de formar incluso opinión, de anoxarnos máis e máis da política dos partidos, como acaba de acontecer con varios asuntos, por exemplo o xa tristemente famoso do alcalde de Toques, na Coruña, en principio ninguneado polo propio Fraga nunha intervención que a moitos nos pareceu calamitosa, defendendo a presunción de inocencia dunha persoa condenada por sentencia xudicial, por abusar sexualmente dunha rapaza menor de edade. I eso está castigado polo Código penal con penas de prisión. Pero tal parece que nas présas por salva-la situación do partido en Toques, unha moza foi a gran esquecida e só agora, tardos de reflexos, lle brindan protección.

            Outro asunto grave desta campaña é o das conversas de Carod Rovira coa cúpula de ETA, que ademais foron grabadas polo CNI. Terá que dá-lo político catalán as explicaciós que lle pidan, porque non se entende ese diálogo. Pero, en fin, as cousas son así e xa anteriormente houbera conversas con ETA [Corcuera, Vera], que naturalmente erosionaron ante a sociedade española ó partido daquela no goberno, como agora ó tripartito catalán. Pero como en Política nunca dúas e dúas son igual a catro, piden agora o PSOE, IU, PNV e Grupo Mixto explicaciós ó Goberno de por qué [se tiñan conocemento das conversas antre ETA e o político catalán] non aproveitaron a circunstancia do encontro pra deteren á cúpula da banda. E Iñaki Anasagasti, que acaba de publicar “Agur Aznar” [memorias dun vasco en Madrid, de 18 anos de traballo ó servicio do PNV] tamén cree que o asunto demanda unha explicación clara de por qué se “espía” a “dirixentes políticos democráticos” e non se detén ós terroristas, algo que tamén denuncia e pergunta Carod, asombrado como moitos, de que Aznar diga que “lo relevante es lo que se conoce, y es de lo que hay que dar cuenta”. Ou sexa que sabían da reunión, grabaron..., i ETA que siga. Aznar tamén está obrigado a falar con claridade..

            O que teñen as noticias todas deste tempo é que van estar na prensa nacional se son susceptibles de marcar unha deriva electoral, de condiciona-lo voto da sociedade toda. E mesmo xógase coa promesa de acada-lo pleno emprego nun horizonte de dez anos cando en moitos casos non se están a creare as condiciós obxetivas necesarias. Creáronse  postos de traballo, sí,  pero as cifras de paro siguen a ser altas e Galicia foi a comunidade autónoma na que máis sobeu no terceiro trimestre do 2003, 23.800 en todo o ano, cando a baixada arancelaria pódese traducir no textil galego nunha cifra aínda maior que a citada, sen que por eso as nosas industrias  perdan cuota de mercado.  Os traballadores téñeno crú e quédalles a posibilidade de se convertiren en inducidos por deslocalización, emigrando a outros países nos que funcionan xa [Marrocos, Rumanía, China] obradoiros que traballan pra algunha das nosas marcas. Aí está a cuestión dos inducidos por emigración, que sería algo que ó mellor non se lle ocurreu ós que tratan de magnifica-la presencia de fábricas que apenas xeran postos de traballo, pero que meten no cóctel ós famosos inducidos: transportistas, proveedores de materias primas, cando sabemos o moito que hai de trola no manexo dalgús deses datos.

            Malos tempos estos da globalización, co Foro de Davos que  acaba de dá-la alerta de que o alto déficit americán ameaza á economía mundial, mentres no IV Foro Social Mundial de Bombai “denunciaran días antes a continua fuxida de capital dos países do Sul, o despoxo da biodiversidade, o roubo de cerebros....”, como dixo Ignacio Ramonet, “situación escandalosa e inaceptable que nadie debe esquecer.....e que cada vez hai máis altermundialistas que se perguntan si [con exclusión da violencia] non haberá que inventar unha fórmula nova de combinar propostas e protestas. Con máis imaxinación e radicalidade”. Certo que sí. Eso é algo que debemos ter presente os que o 14 de marzo imos votar ou non votar forzando ós partidos pra que se responsabilicen co presente e co futuro. Estamos afeitos ás mentiras, a ter que soporta-los discursos de moitos vendedores de crecepelo metidos na Política. Na España varia danse situacións de opulencia e de miseria e, como estamos na globalidade, vale o discurso de Ramonet. En Galicia, agora, faría falta un auténtico partido comprometido radicalmente co país. Dificilmente van cambia-las cousas o próximo 14 de marzo, cando a nosa clase política, como en Toques, convirte en discurso de carpa o alí acontecido. 







domingo, 24 de febrero de 2013

DESPOIS DO DEBATE

 Tres chistes de Caín, en La Razón, tres instantáneas da situación que vive o país, na que non parece se volva acadare unha certa coherencia social mentres os poderes executivo, lexislativo e xudicial non recuperen a súa independencia. 
 Esta frase case resume os discursos do presidente da Nación e os dos diversos representantes dos partidos da oposición, transudados de demagoxia. 
Si, a ver qué nova sorpresa de corrupción nos trae o  mañán. Ou non nos trae , porque sabemos dalgún caso aínda non inventariado. Sabemos, sí, que España está considerada como un dos países máis corruptos do mundo, sona merecida. 

Pontevedra, 25.02.2013
Entrada n. 1614 do blog
Artículo semanal


Despois do debate,
por Xesús López Fernández

Despois do debate do estado da Nación, permanece un ecoar social de disconformidade con tan longos discursos de vougas promesas. Coinciden algús analistas en que Rubalcaba fixo posible a superioridade dun Rajoy que entraba sonado despois de tanto escándalo como o país, sumido na corrupción, vive. Por momentos parecía que Rajoy estaba, máis ben, a pronunciare un novo discurso de investidura. Pero a oratoria de ambos contrincantes resultou un tanto vacua, pouco resolutiva, sen compromisos creíbles; discursos descalificatorios por momentos que no-nos van sacar da crisis (principalmente de valores), na que nos atopamos… Pero a xente, nas súas casas, bota outras contas de por qué non cadran as contas da macroeconomía: España, 400.000 políticos, Alemania, 200.000, co doble de poboación, polo que sobran no noso país 300.000 políticos. E aí, de momento, non se aplica nengún tipo de medicina. 

Rajoy falou dos seus obxetivos: crecemento económico, financiación de pymes, créto bancario, emprego xuvenil (que no noso país presenta unha cifra de paro do 55%). E, claro, a xente pergúntase si se están a tomare as medidas precisas á procura de nichos de riqueza, riqueza que podería ser evidente se algús políticos non estivesen a expoliaren o país. Parece que só se pensa na economía das urbes, mesmo nun relanzamento doudo do ladrillismo, mentres a economía do rural permanece abandonada. E teñen gracia certas frases do noso presidente do Goberno tales como: “Non me foi posible cumprir con algús compromisos, porque tiven que cumprire co meu deber”, “Ten gracia que me recriminaran as miñas promesas electorales”, “Nada de brotes verdes, nen nubes pasaxeiras, nen anticipos primaverales”, ”A corrupción alarma i erosiona a imaxe de España”. Frases, disculpas, impotencia pra relanzar unha Xusticia independente, pra crear novos postos de traballo mentres non haxa un crecemento anual do PIB de máis dun dous por cen.

É curioso que Rajoy, que no seu discurso de investidura sí falou do medio ambiente, desta volta non-o fixera, cando realmente é aí onde radican unha serie de factores de posible crecemento, de enerxías alternativas e de sustentabilidade. Así o denuncian diversas ONGs, disconformes co discurso do presidente…  Amigos da Terra critica esa ausencia de mención no discurso de Rajoy, porque a saída da crisis débese facer pensando na preservación do medio ambiente porque “ésta é unha crisis sistémica, estamos a consumire máis do que o planeta nos pode facilitar e pra que a economía resulte viable a medio e longo prazo, ten que se encadrare nos límites do planeta”. Aínda máis, a ONG citada afirma que “o que deberían ter claro os gobernantes é que nesta transición a unha economía respetuosa co planeta hai un enorme potencial pra creare emprego”, algo que non queren ver. Paco Segura, de Ecoloxistas en Acción, afirma que se ve “que a prioridade deste Goberno co Medio Ambiente non existe”.

O peor está por vir se a nova Lei de Costas vai significar unha desprotección do litoral. A lei anterior era moito mellor, e se coela non se notaron grandes avances foi porque os políticos miraban pra outra parte, ou…. Foi o PP o que creou no seu día o ministerio de Medio Ambiente. Na época de Isabel Tocino fíxose o deslinde litoral na ría de Pontevedra. Outra ministra do Medio Ambiente, Cristina Narbona, definiría as marismas de Lourizán como dominio público marítimo terrestre e, como tal, inalienable, inembargable, imprescriptible e insusceptible de desafectación, definición coa que debería quedar desactivado o decreto fraguián de supramunicipalidade. No segundo goberno de ZP suprimiríase o ministerio que pasaría a denominarse MARM, xa sen color ambientalista. Pero o sistema PSOE-PP sigue e non vemos que, con Arias Cañete, as cousas vaian mellorar. E cando nos acaba de visitare unha comisión de eurodiputados pra verifica-las denuncias sobre contaminación das rías galegas, resulta moi sospeitoso que non visitara a de Pontevedra, onde permanecen as ameazas prá saúde e convivencia humás.  Nada, o Apokalypsis que avanza. 

EN CAMPAÑA [24.01.2004]

Caín, en La Razón. Os electores xa nos conformariamos con conocere a media verdade que propón o humorista, pero a corrupción manda sobre a coherencia; o relativismo político vai estar sempre en contra da sociedade. Onte houbo unha marea de manifestaciós por toda España. Nalgús casos houbo actos previos, prédicas de políticos contra o "sistema cruel e corrupto", de políticos instalados presuntamente no chapapote da corrupción. 

Pontevedra, 204.02.2013
Entrada n. 1613 do blog
Artículo vello, do 2004, repescado.

                                                             En campaña, [24.02.2013]
Por Xesús López Fernández

            Están xa en campaña os partidos cara os comicios do 14 de marzo, cun electorado ás veces insatisfeito polo traballo levado a cabo nos últimos catro anos polo equipo de goberno. Quedan atrás promesas incumprimidas mesmo en temas que interesan á familia, como é o do Imposto Sucesorio, que debería estar xa abolido, asunto éste no que tampouco se descobren, de momento, promesas firmes de construiren un sistema impositivo máis eficaz e menos atafegante pró cidadán que ve a cotío máis merada a súa capacidade adquisitiva, o poder subsistir lonxe da precariedade laboral que como unha manta van estrando sobre o país todo, aburados moitísimos homes e mulleres coa imposición dunha prexubilación non querida, coa idea sempre de mingoar costos, de mellora-los beneficios dos grupos de presión que queren privatizalo todo, reventa-lo Estado do benestar. E pró que teña sensiblidade que afine o oído i escoite o laio dos pensionistas, algúns como o dun cidadán que impedido, escribía hai uns días unha carta pedíndolle ás autoridades que lle aclarasen cómo se pode vivir cunha pensión de 409 euros, 412 despois da sobida.

            ¿É que un home inválido, nunha silla de rodas, é tal vez menos home, menos digno de ser home?. Ese é, evidentemente, un tema quente no que os partidos todos deberán definirse. Pra algús pode ser tarde, estar fóra do tempo de rectificación. Os pensionistas, claro, agardan discursos sinceros pra exerceren o seu dereito de voto, avergonzados de que no seu entorno próximo os políticos se fixen uns ingresos sen sentido, por exerceren os seus cargos moitas veces dende a cobiza, dende o abandono do compromiso establecido por lei. Os electores teñen que estar atentos porque en moitos nichos do poder poden anda-los prevaricadores, os chacaritas que entendan que o seu non é tanto fixarse na lei e o seu comprimento como na forma de mellora-la súa nómina. ¿Non é vergonzoso que un parlamentario, polo feito de estar catro anos no Parlamento, poida retirarse da Política cunha pensión vitalicia que dobra practicamente a máxima reconocida pola Seguridade Social?. ¿Qué se lle pode responder ó pensionista inválido?. Porque pola claridade da súa exposición podería talvez exercer como diputado con honradez e intelixencia, que son as cousas que pedímo-los electores. 

            Outra das patacas quentes que os políticos poden ter cara os ditos comicios é o tema do Medio Ambiente, cuestiós quentes que se manteñen caladas en certos medios porque a Ecoloxía parece non ser outra cousa que unha especie de gran bandeira publicitaria que se usa pra tapa-la merda. Vexamos, senon, algunhas cousas tratadas nas anteriores colaboraciós: a agresión urbanística e litoral. E chegan noticias de novas obras que requerirían unha intervención inmediata  de Costas. Unha desas noticias chegou por medio dun e-mail ilustrado con fotografía en color: un muro sobre unhas penas, nunha praia, coa intención de modificar talvez a línea litoral, a franxa de dominio público marítimo terrestre, algo no que as autoridades, si están aí, terán de entraren. E non esquezamos que a franxa marítimo terrestre nen tan siquer é do Estado, senon que é o que se chama “conmunis omnibus hominibus”, de todo-los homes, e que sobre ela non poden os concellos outorgar licencias se antes non media unha concesión do Goberno central.

            Que Costas mostre como emblema a súa actuación na Mariña lucense, o uso da dinamita no derrubamento dunha estructura hoteleira en Foz [2002], no complexo de Caixa Galicia en Benquerencia, en Barreiros [2003] ou no esponxamento litoral [que en Sanxenxo promove Telmo Martín, ¿?], pero en  Viveiro, coa desaparición do edificio Barro, actuación que se está a completar, cousas éstas que a xente agora agradece porque mellorou a franxa costeira, algo que nos forza a falar de claro agravio comparativo en relación con outros sitios nos que Costas parece poñer en práctica outra doutrina, outro tipo de disciplina, pero nos que os concellos, como no caso de Pontevedra, teñen moito que facer. E así están esas licencias outorgadas pra actividades sen concesión estatal que, como deciamos no noso traballo anterior son nulas de nulidade radical. E mentres esto acontece chega outro aviso dun grupo ambientalista, “Ecoloxistas do Salnés”, que acaba de recoller máis de trinta aves mortas na beira norte da ría pontevedresa [araos, alcas, corvos mariños, gaivotas], que non relacionan co chapapote, pero que sí poden ter que ver con certas escorrentías que se supón están a investigaren dende o Seprona. Así as cousas, os partidos entran en campaña. Hai moita ferida que sandar e non valen prevaricaciós nen o Ecoloxismo como simple bandeira.

A RECUPERACIÓN DE LOURIZÁN [16.01.2004]

Fotografía do Faro de Vigo, 22.01.2013. Ence, parte do Apokalypsis pontevedrés dend´o 1963. Presuntamente tentan darlle corda a unha concesión que xa non existe (Grupo Empresarial Ence, S.A. carece de concesión), por 75 anos máis. É evidente que Rajoy carece de sensibilidade ecoloxista e que non ten valor nen pra defendere a ría de Pontevedra, espacio sensible. As bandeiras azules, unha farsa, non contrarrestan os vertidos de mercurio, zinc, cadmio, dioxinas, bifenilos, endrín; e tampouco, claro, os casos de parálisis cerebral, existindo en Pontevedra  un colectivo que acolle a estos enfermos posiblemente relacionados coa inxesta de mercurio pola vía alimentaria. Moita xente do seu partido estaría aquí, presuntamente, tocada da corrupción.

Pontevedra, 24.02.2013
Entrada n. 1612 do blog

O artículo que sigue é do ano 2004. Lourizán volve estar d´actualidade porque os tres partidos no mandiño local queren acabare coas marismas, vía un PXOM que carece de Axenda21 Local, ou vía a nova Lei de Costas, unha traición a todo o litoral español, un mandato dos lobbies portuarios i especuladores urbanísticos, os que buscan recalificaciós pra relanzare, loucamente, o ladrillismo. Presuntamente, claro. Unha forma de acabare co país.


A recuperación de Lourizán, [16.01.2004]
Por Xesús López Fernández

            Existe preocupación en Costas pola situación das praias da ría, pola súa rexeneración. E nesta hora andan a estudiare os fondos areosos do propio esteiro porque o árido luso do que botaron man prá recuperación de Silgar non dou o resultado apetecido, ademais de resultar caro e de difícil transporte. I está a ser cuestionado tamén polos ecoloxistas, que alertan de que a area portuguesa pode mesmo altera-lo ecosistema local. Como sexa, Costas [ésa é a noticia] busca unha zona estéril en augas interiores que non afecte ó marisqueo. Na lista dos areeiros comprometidos están varios: Pescadoira, Beluso, Aguete, Ardán, Baltar, Silgar, Os Barcos, Panadeira, Lavapanos, Carabuxeira. Uns por deteriorados, outros por se mante-la restauración neles intentada condicionada por actuaciós diversas, como a praia principal de Sanxenxo, máis víctima agora nos días de temporal, modificada a dinámica das augas, favorecido, potenciado o efecto arrasador dos vagallóns.  Na noticia sobre esta actuación de Costas non se fala de Lourizán, de  recuperación  posible nun futuro inmediato.

            Pode parecer unha utopía a alusión a esa posible restauración do areal pontevedrés, máxime no momento no que alí se están a levar a cabo unha serie de actuaciós, que están a traballaren os “limpiadores”, palabra ésta correspondente ó argot de que se bota man cando se fala da recuperación de terreos contaminados, como fai Mijail Gorbachov na súa “Carta á Terra”, ó conta-los traballos levados a cabo en Chernobil prá recuperación de miles de kilómetros cadrados de terra contaminada pola radioactividade, os traballadores comprometendo a súa vida, incluso a súa herencia biolóxica como se sabe hoxe en día, no seu incesante laborar pra soterraren a terra; é decir, abrindo grandes zanxas, furando o chan pra ver de levantaren terra boa e fixar no máis fondo posible a terra contaminada. Tema longo éste, e dramático. E a actuación que nestos momentos levan a cabo en Lourizán, a maquinaría alí presente, con vistas a xerar novo chan industrial pra unha serie de actuaciós non ben explicadas ou non ben entendidas, pode significa-la non recuperación do areal da miña infancia e acentuar aínda máis os medos do sector bateeiro que, co anuncio de que a ría segue cerrada á extracción de mexilón, pode telumbra-la fin próxima do seu medio de vida.

            Quero te-la vontade de ver un futuro máis harmonioso pra  todos nós, alén do zafarrancho electoral que está a marcar este xaneiro do 2004. Agora é o propio Telmo Martín, o home que vai ou ía esponxa-lo litoral en Sanxenxo, o que acusa a Miguel Fernández Lores de non ter sabido xestiona-lo traslado de Ence  ó tempo que xudicializa a cuestión do suministro da auga  que recibe de Pontevedra e que ademais non pagan. Son momentos tensos nos que, según como se manexen as cousas, as posibles actuaciós van ter un premio ou un coste electoral, convencido de que a recuperación de Lourizán podería ser unha victoria de todo-los pontevedres, á marxe de banderías políticas ou de demagoxias que deben ter unha resposta clara por parte de certas Administraciós. E tanto en Costas como no Concello [e logo noutras instancias] teñen xa a información rigorosa do camiño a seguir pra esa rexeneración arelada por este articulista. No escrito presentado por rexistro en exercicio da acción pública [do que deberá ter conocemento igualmente o Ministerio Fiscal] exponse con total claridade  o paquete de medidas que deberán ser inmediatamente incoadas.

            A acción pública estaba aí como unha posibilidade aberta a todo-los cidadáns de demanda-lo imperio da Lei. E a clave está no propio Raminp e na Lei de Costas, como na  Constitución, na lei de Ordeación Urbanística e Protección do Medio Rural de Galicia. Ou na Lei da Xefatura do Estado 6/2001 sobre o Medio Ambiente na C.E. E tamén conta o P.G.O.U. de Pontevedra. O escrito, de vinte folios, enuncia os casos de licencias do Concello nacidas con vicio de nulidade radical. Téñase presente que hoxe se desenvolven en Lourizán sobre unhas vinte actividades e usos de tipo industrial ós que se lle pode pendura-la etiqueta de “ilegal” ou de “ilegalizable” [polo vicio de nulidade radical], sempre ó abeiro da lexislación vixente. Non quero entrar no estudio do escrito que deberán facer nas diversas instancias. Simplemente citar que no mesmo queda trazado o carreiro dunha actuación urxente no ámbito urbanístico e que, tal como están as cousas, coa aparente disposición do Concello, cae de caixón. Téñase en conta que “en nengún caso vai pode-la Administración deixar de actuar pra restaura-lo orde urbanístico [...], de repoñe-los bens [Lourizán] ó estado anterior á producción da situación ilegal”. Polo ben dos que  así o queremos; polo  ben tamén dos bateeiros que viven unha situación case terminal; polo ben do propio Telmo Martín, de Sanxenxo.  



viernes, 22 de febrero de 2013

ESPONXA-LO LITORAL

Hotel do Algarrobico, un dos pecados contra natura, no litoral, ó que non se lle quer poñer remedio. A nova Lei de Costas, a punto de ser promulgada, non parece vaia remediar nada, antes ben, telúmbrase como unha ferramenta ó servicios dos clústers, do arraso litoral, do que en Pontevedra sabemos bastante. A corrupción está aquí presente, en tódo-los partidos. O artículo hoxe incluído é do 9.01.2004. Vaia como refresco da memoria. Teñamos tamén presente que no debate do estado da Nación, pra vergonza de todos, non se tocou o tema do medio ambiente. 

Pontevedra, 22.02.2013
Entrada n. 1611 do blog


Esponxa-lo litoral, [9.01.2004]
Por Xesús López Fernández

            Despois dunha serie de novas en relación con actuaciós contra natura, de mesmo outorgaren dend´o poder  patente de corso pra que outros [o poder tamén] arrasen aínda máis o noso litoral e nos deixen sen vistas ó mar, parece que as cousas volven ó rego e que dend´a Xunta están a promove-la reactivación do papel dos auténticos vixiantes da costa [ou da praia, si se quer], e aí está a denuncia contra o alcalde de Oleiros, Ángel García Seoane [ó que lle ordearon a paralización das obras da súa vivenda por estar situada a 99 metros do litoral]; o aviso ó concello de Caldas de que o Umia é como o ancho mar e pra construire nas súas beiras haberá que facelo a máis de cen metros de distancia; a promoción que Telmo Martín, alcalde de Sanxenxo, fai da expropiación e derrubamento do edificio Herpi [que xa hai 30 anos fora un verdadeiro escándalo], pra así participar no plan de “esponxamento” do litoral, do que é curioso que nos falen agora, cando o mar é o gran secuestrado en zonas como a sobida á Granxa [concello de Poio] que antes era un extraordinario mirador. Ou en Lourizán. E tamén en Vigo falan de mellora-lo litoral cara os eventos do ano 2005, co PP unido como unha piña. .

            O alcalde de Oleiros foi de sempre un adiantado, practicando un tipo de urbanismo que fixo do seu concello un referente en todo o país, residencia escollida por moitos coruñeses. ¡E quéreno presentar agora enmerdado por cuestión dun metro! Pero o home, ó que intentaron abater en máis dunha ocasión, sabe contestar. E contestou cunha carta aberta aparecida no mesmo medio [La Voz de Galicia] no que a Xunta fixo pública a súa acusación. E di García Seoane, no exercicio do seu dereito de réplica, que o están difamando. “Difaman, calumnian, criminalizan..., todo vale con tal de eliminar ó adversario”, son as súas palabras. Porque está a construi-la súa casa nunha tenza dun plan parcial aprobado polos técnicos do Ministerio de Medio Ambiente, e as Consellerías de Ordeación do Territorio e a de Medio Ambiente. O escrito contén algunhas afirmaciós moi fortes que os curiosos xa terán leído, pero talvez o punto principal do seu comunicado é cando dá noticia dos movementos existentes no seu entorno e no de ducias de persoas preocupadas polo futuro do país, que están vendo de construiren un novo partido político que permita a Galicia corta-las amarras do aparato caciquil “que coacciona, atemoriza, manipula e emprobece as nosas comunidades”.

            Non sei se o aviso recibido no concello de Caldas terá que ver tamén coa petición que os afectados polo encoro están a promoveren pra que o Tribunal S. de Galicia ordee a execución da sentencia do Supremo que declarou improcedente a ocupación das terras asolagadas. O devandito fai prever un tempo tenso, preñado de denuncias ante a Xusticia, que agora parece que tamén a Xunta [preocupada polo metro de quebranto regularamentario que se poida dar en Oleiros e a ver, se tal acontece, quen é o  realmente responsable] quere intentar. E confiamos que as respectivas consellerías non han baixa-la garda, a pesar do acontecido noutros casos. As novas noticias de Sanxenxo presentan un litoral máis esponxado no horizonte do 2007, según as palabras do seu alcalde [o edificio Herpi vai locir, de momento, sobre peares]. E o equipo do PP, en Vigo, tamén se dispón a adecenta-la fachada atlántica. Veremos, veremos cómo a Xunta pretende xustifica-lo suspenso que lle corresponde pola súa permisión e potenciación do disparate noutros lugares.

            E inda que non vai de litoral sí vai de augas sensibles o que vou citar seguidamente: o problema das bateas da ría de Pontevedra, a única que permanece totalmente cerrada á extracción de mexilós. ¿Haberá tamén que esponxar aquí, bota-las bateas fóra da ría como xa foi suxerido por alguén ó tempo que anunciaban os ensaios de cultivos en alta mar?. ¿Qué está pasando realmente? Porque resulta que os bateeiros pontevedreses que queiran seguir no mercado teñen que sanea-la súa producción transferíndoa a bateas situadas ó norte da ría d´Arousa. Pesca confía en que este mes se recupere a normalidade tras unha intensa marea roxa. ¿Cal é a verdade? Porque tódo-los que temos  memoria de mareas sabemos daquelas  roxas que se producían na fin do verán, un episodio de corta duración. Pero esto dagora cheira a algo máis que a  toxina diarreica.  En fin, parece que interesa máis sanea-lo litoral de “infractores” como o alcalde de Oleiros. Ou pasarlle o preaviso ás xentes de Caldas mentres Telmo Martín se apresta a facer de salvador do urbanismo de Sanxenxo, a esponxa-lo litoral. Pero o turismo de excelencia terá que pasar en breve a súa factura. A conservación do litoral é, de momento, unha asignatura despreciada. Obviamente, non por García Seoane, que pode dar clases de esponxamento  litoral se llas piden,  de cómo  cumprir coa lei de Costas.  

miércoles, 20 de febrero de 2013

A Fortaleza, modelo de cidade

 A Fortaleza de Valença do Miño, Portugal, está a completare  unha serie de obras pra mante-lo burgo medieval vivo, un dos recintos mellor conservados de Europa. Apréciense os paralepípedos cortados (reutilizados?), como a mitade do volume que tiñan os mosquerós de Pontevedra, usados desta volta como linde do aparcamento alí existente. Os coches entran na Fortaleza cando non aparcan no gran foso antre murallas. 
O 12.10.2012, as rúas que converxen na praça da República estaban así de animadas. Modelo de cidade a imitar, incluso as rúas máis estreitas están doutadas de galerías de servicios de dous metros de altura, algo que os ceporros da política pontevedresa non souberon facer. 
 Unha panorámica da gran muralla da vila medieval.  
 Vista urbá, do lado da praça da República.
 Outra panorámica da muralla deste burgo que no comezo do século XVI tamén usaba, según se aprecia en escrituras notariales, a letra "ll", que os garulos reintegracionistas tentan cambiare no galego d´hoxe en día polo "lh".De loucura. E así morre a lingua. 
 Os coches entran ordeadamente na Fortaleza.
 Vista xeral do parking ó aire libre.
Este é un dos espacios emblemáticos daquel burgo. A parede está coberta permanentemente por unha lámina d´auga. Nesta rúa, galería de servicios de dous metros de altura. Por ela van as augas; pola súa parte alta os suministros de luz, gas, telefonía. 

Pontevedra, 20.02.2013
Entrada n. 1610 do blog

A Fortaleza, modelo de cidade,
por Xesús López Fernández

A salvación deste modelo de cidade comercial depende da entrada dos posibles siareiros, do uso do coche que, como recomenda o arquitecto portugués de renome mundial, Álvaro Siza, pode ter efectos benéficos pró comercio de vilas e cidades. Nas obras alí efectuadas vagariñamente hai algo importante a ter en conta: o sentido común. 

Curiosamente e como consecuencia do marketing que se montaron os estalinistas pontevedreses, Pontevedra é hoxe modelo de cidade en canto a accesibilidade (a gran falacia), e outras caralladas. A cidade vella está practicamente morta porque os nosos mandiños quixeron que primase a "protección dos peatós", agora ameazados por bicis i skaters, ademáis de irse deshabitando a vila convertida nunha especie de parque temático: tabernas prós visitantes, horror prós residentes, que van marchando.

E Pontevedra recibe premios: un deles outorgado pola ONCE, que coincideu coa recalificación municipal duns terreos da organización; outro premio pra esta cidade sucia conocido como o da "vasoira d´ouro", que lle costou ó concello pontevedrés 25000 euros; e agora quixeron disfrazar de premio da UE o Intermodes de movilidade, algo que os pontevedreses non entendemos.

Mentres que Pontevedra morre, parece que a Forzaleza de Valença se salva; non así a Valença extramuros, eso que o 12.10.2012 puiden apreciar que era tamén obxeto dalgunha obra salvífica.

Ben. Resulta que o 11.10.2012 unha comisión do concello de Aveiro visitou Pontevedra, pra estudia-lo noso modelo de cidade. Unha carallada. Puiden ver cómo o alcalde Lores paseaba por un par de lugares, praza das Galiñas e praza da Verdura, dous entornos funerales da cidade, onde o urbanismo brutal dos estalinistas acabou cunha cidade que foi modelo comercial e administrativo, e porto de mar (que xa non). Polo feito de ter visitado Valença precisamente o día seguinte da viaxe da comisión de Aveiro a Pontevedra, puiden estimar que esa comisión se pasou uns cantos largos, que o modelo de cidade que precisan pode estar en Portugal, na Fortaleza de Valença do Miño, cun urbanismo máis respetuoso que o modelo granichán aquí practicado, modelo fracasado.  

lunes, 18 de febrero de 2013

TEMPO DE SARDIÑAS





Grabado que ilustra no Faro de Vigo o traballo de Juan Juega Puig que se cita nesta entrada .

Pontevedra, 19.02.2013
Entrada n. 1609 do blog

TEMPO DE SARDIÑAS,
por Xesús López Fernández

Un artículo do historiador e amigo Juan Juega titulado "Las Cuaresmas y Vigilias, tiempo de sardinas", publicado no Faro de Vigo de onte 18.02 e do que incluímos enlace explica polo miúdo a importancia da sardiña, do comercio da sardiña nas nosas rías. Remítenos a un tempo anterior, hoxe traicionado porque practicamente non se pesca sardiña nas nosas rias. 

Nen as outonizas ou setembriñas, grasentas, propias pra arencare, nen as de inverno están hoxe presentes nas nosas augas. Eu, vigués de nacemento, lembro vougamente que na ría de Vigo da miña infancia a sardiña era unha das riquezas principales, ata que comezaron coa pesca con dinamita, algo que remediaría en parte un comandante de Mariña, o señor Ozámiz que, preocupado por resolve-lo problema, embarcaría secretamente nun barco de pesca (ó mellor no Sanxenxo que inda era porto pesqueiro, simulando ausentarse a Madrid) e, ó longo da noite iría descobrindo non poucos casos nos que era común esa práctica asesina.

O home acabaría por poñer orde na cousa e, curiosamente, despois das súas "purgas", a trescentos metros do peirao de transatlánticos, na propia ría, a sardiña volvía caer nas redes como a gran riqueza doutros tempos.

Na ría de Pontevedra houbo moitas actuaciós que acabaron coa presencia da sardiña en Marín ou en Raxó. ¡Pero se hai noticia histórica de cando se pescaba ese peixe na propia zona da Barca! Pero a desecación das xunqueiras e mái-lo estreitamento da ría, foron acabando coesa riqueza, modificaron a dinámica das augas e hoxe, no fondo lodoso e d´augas negras da nosa ría malviven os muxos, que fan, certo, unha descontaminación primaria.  

Teño noticia dun oceanógro alemán que pasou por Pontevedra i estudiou a nosa ría de que el estimaba que a sardiña podería volver se acometerámo-la rexeneración das xunqueiras e a recuperación da dinámica das nosas augas, algo que parece difícil cando se dan noticias como a da recén visita dun grupo de europarlamentarios que advertiron da contaminación xa sabida de rías como a de Vigo, A Coruña, Ferrol.... E un deles, gracioso, perguntaría de quén foi a idea de colocare en Mugardos os depósitos de gas natural, a ameaza de morte alí servida por presunto capricho de Fraga, como outras cousas. Pero, coño, en relación coa ría de Pontevedra, nada de nada, cando sabemos que a actuación contaminante nas nosas augas é posiblemente a máis grave de tóda-las rías.

Pero a maiores da culpa dos mañufes responsables da política local, está o abandono doudo, parvaxolo da Xunta e tamén a actuación do Estado-Leviatán, que non quer asumire a execución das sentencias dictadas polo TS e tolera que, pouco a pouco, se siga acabando coa ría, que consinte a inversión de fondos europeos na construcción de depuradoras como a d´Os Praceres, en zona de marismas, en dominio público marítimo terrestre. 

En fin, fomos derivando do tema das sardiñas ata a denuncia dos políticos irresponsables solagados na presunta corrupción que vale pra impulsare non só a desaparición das sardiñas, senón o cerre de Pontevedra ó mar, a súa conversión en cidade de secano. A Corrupción manda e prostitúe a paisaxe. Os partidos carecen de conciencia e se burlan das leis. 

Artículo de Juan Juega Puig, Faro de Vigo, 18.02.2013: "Las cuaresmas y vigilias, tiempos de sardinas".    

domingo, 17 de febrero de 2013

A RENUNCIA DO PAPA



Unha aparición recente de Benedicto XVI, imaxe similar, a da súa figura, á que ilustra a portada do libro "Deus e o Mundo".

O día do anuncio da renuncia caeu un lóstrego, o da foto, sobre a cúpula de san Pedro, que saeu indemne da proba. ¿Unha imaxe do relativismo nemigo da Igrexa e do home? As profecías de San Malaquías de Armagh están de novo sobre a mesa: "De gloriae olivae" (Benedicto XVI). Agora están en lista de espera "De persecutione" e "Petrus Romanus", o último según a dita profecía. 

Pontevedra, 17.02.2013
Artículo semanal
n. 1608 do blog.

A renuncia do Papa,
por Xesús López Fernández

            A renuncia de Benedicto XVI como Papa, anunciada pró día 28.02, é de supoñer que sí estaba na axenda do Santo Padre, según se deduce da conversa que hai dez semáas mantivo co seu biógrafo Peter Seewald. Este autor publicou, cando menos, tres libros de entrevistas co Papa: Sal da Terra, Deus e o Mundo, Luz do Mundo…, tres best-sellers. Son libros de lectura refrescante nos que se descobre, nas diversas conversas que flúen con toda naturalidade, a un Papa moi próximo, moi aberto e comunicativo. Pero o home non aguantaba máis, tendo escrito o último dos libros sobre Xesús, o que vai da súa infancia, cando levaba tempo agotado. O biógrafo non relaciona a súa decisión co escándalo Vatileaks; di que si a traición do seu axudante, o maordomo Paolo Gabriele, causoulle unha decepción, non foi “nada semellante á desesperación”. O periodista afirma que o Papa comentoulle: “Xa non se pode agardare moito máis de min. Son home ancián; as forzas déixanme; coido d´abondo o que levo feito”. Afirma Seewald que nunca vira a Benedicto XVI tan canso.

            Moitos fanse agora as cuestiós de  se non é vitalicia a encomenda de se-lo sucesor de Pedro, de si o Papa non acaba o seu pontificado cando morre. Pois é certo que non e o anuncio do Papa tampouco é novo. Tamén se sabe que Xohán Paulo II prantexouse dimitire como Papa poucos anos antes de morrer, aínda que sigueu no cargo, sen dúbida presionado pola curia, tendo el decidido, por amor, aferrarse á cruz heroicamente. Mai-la decisión de Benedicto XVI non é menos cristiáa que a do seu antecesor, antre outras cousas porque existe unha base legal que posibilita esa renuncia, (que non é a primeira na historia da Igrexa) e que foi actualizada polo propio Xohán Paulo II no Código de Dereito Canónico (1983), e que dí así: “Se o Pontífice Román renunciase ó seu oficio, requírese prá validez que a renuncia se faga en libertade e se manifeste formalmente, sen sometela á aceptación de nadie”.

            Vai haber, seguramente, comentarios negativos sobre forzas contrarias que forzaron a devandita renuncia. Pero non se pode negare o leigado deixado por este Pontífice sabio i estudioso, simpático e comunicativo que incluso ten entrado en twitter; escritor e divulgador do leigado de Cristo, entregado á Humanidade e á Igrexa.  Pra Ignacio Arsuaga, de “Hazte Oir”, e pra moitos de nós, ten especial relevancia a batalla frontal contra o relativismo que impera nos nosos tempos e que Benedicto XVI defineu así: “O relativismo poderiámolo vougamente definir como a teoría según a que tóda-las opiniós son verdadeiras, ainda sendo contrapostas”.  Ou cando describe a dictadura do relativismo como “unha sociedade basada nun acordo xeral de amoralidade, onde non hai xa espacio prós que siguen tendo un xuicio moral de conciencia”. “Efectivamente, o relativismo ten chegado a sere o problema central prá Fe na nosa época; é o problema máis grave da nosa época”.

            O noso Papa, enfermo, renuncia por esa razón, e anunciou a súa decisión precisamente o Día Mundial do Enfermo, dando a entender que a enfermedade non é só participar da dolor de Cristo, senón tamén manter unha lucidez que nos fai, dend´a debilidade en homildade, pasa-lo testigo, en cargo de responsabilidade, a quen o poida facer mellor. E así, na súa carta de renuncia reconoce que “Pra anuncia-lo Evanxelio é necesario tamén o vigor, tanto de corpo como de espírito, vigor que, nos últimos meses, ten mingoado en min de tal xeito que debo reconoce-la miña incapacidade pra exercere ben o ministerio que me foi encomendado”. Mais xunto a estas afirmaciós obxetivas pode que ventos insalobres, dentro da propia Igrexa, teñan que ver coa crecente laminación da súa saúde. Entendámo-la renuncia como un gran acto de servicio, polo ben da propia Igrexa.  Papa non “ad vitam”, senón “ad vitalitem”, é decir, mentres dure a vitalidade. Agora culmina o seu pontificado. Místico como é vaise retirar a un convento pra orar, meditar, escribir e interpretar a Mozart.   

martes, 12 de febrero de 2013

DISCURSOS PRÓ ANO NOVO [2.01.2004]



Pontevedra, 11.02.2013
Antroido pontevedrés. A frivolidade, a ledicia, a parodia e o xarabaldo apodéranse das rúas, reventan o silencio e o descanso dos que queremos dormir. Nada que ver co tema do artículo que sigue.

Artículo do 2004
Entrada no blog n. 1607

Dispóñome a recuperare unha serie de artículos do ano 2004, coido que aínda non entrados no blog. Son artículos que penso non perderon actualidade. 

Discursos pró ano novo, [2.01.2004]
Por Xesús López Fernández

            Arrancada de discursos dirixidos a unha Humanidade que parece agardar un ano máis solidario pra  todos, mesmo cos países nos que as xentes sofren por causa da guerra ou como consecuencia dos cataclismos que se suceden: primeiro, en Bam, no Irán, onde parece que aínda non temos cifra final da traxedia na que se telumbran  ó redor dos 40.000 posibles mortos. E cando non está levantada a acta definitiva do  acontecido, novos movementos de terra de gran magnitude acaban de se produciren en México e Indonesia, méntre-la guerra segue. En definitiva, a Terra está enferma, en malas mans, e quéixase nunha especie de estertor final potenciado pola actuación dos homes, culpables do desequilibrio climático no que os responsables da cousa pública non queren reparar, e veñen co seu contacontos insolidario, tan lonxe do que nestos momentos nos acaban de conta-lo Santo Padre, Riccardo Muti, Mijail Gorbachov, ou Kenichi Michimata, un xaponés que chegaba ó Cebreiro no primeiro día do ano. [Comezado o camiño a Santiago en San Jean de Pied de Port, confesaba o home que estaba facendo a ruta por Javier de Navarra, en referencia ó introductor do cristianismo no Xapón].

            É importante   converte-lo ano xubilar nun referente espiritual do continente. Santiago, faro de Europa, representa ó longo da historia unha gran concentración cultural. É importante que Michimata, un profesor de secundaria, chegue a nós no albor do ano, ó remate dun camiñar que representa espírito ecuménico e solidariedade, algo ó que os xaponeses nos teñen afeitos porque algúns deles mesmo fixeron morada por anos en terras de Pantón ou establecéronse na Costa da Morte con vontade férrea, loitando contra o chapapote,  lección  na que moitos aínda non repararon. I eso tamén se nota nos discursos. Pero son palabras e xestos como os descritos os que realmente nos conmoven e que nos fan creer que outro mundo é necesario. E neste orde de cousas deberemos agradece-las palabras de Riccardo Muti, director de orquesta, con motivo do concerto celebrado pola Filarmónica de Viena, este ano adicado a Johann Strauss pai. As súas palabras deberon sorprender a moitos cando, antes de comeza-la execución do Danubio Azul, pideu un ano de paz e un futuro mellor pra todos, especialmente prós nenos

            Riccardo Muti salientou a forza igualitaria da música, porque o concerto, que estarían oíndo millóns de persoas de todo o mundo, era entendido por todos con independencia de raza e color.  ¡Claro que a Música é unha lingoaxe universal, como a  Ecoloxía, por onde van outros discursos, como o de Mijail Gorbachov! A súa Carta á Terra está preñada de avisos de urxencia. ¡Xa me gostaría a min que, na serie de actos organizados ó abeiro do ano xubilar, estivera previsto algún discurso do promotor da perestroika que ó mellor tería que reconta-la historia de Chernobil ou  a dos lagos Baikal e Aral, ou dun Danubio hai pouco envenenado  con cianuro, e que por esa vía acabaremos con todo! E na súa proclama de solidariedade, o presidente da ONG Cruz Verde Internacional [que tamén apoia o desarme e a liquidación das armas de destrucción masiva] aposta por unha nova educación ós nenos, porque se lles ensine a seren cidadáns do seu país á par que cidadáns da Terra. En fin, que o libro, de lectura fácil, pode servir de manual prós responsables do poder que  manteñen unha política industrial fundamentalista contra a Natureza, como Bush coa súa intención de realizar prospecciós de petróleo na Reserva Natural do Ártico en Alaska, proposta de momento derrotada no Senado [52 a 48], como consecuencia da reportaxe fotográfica de Banerjee.

            O  traballo foi loubado por diversos naturalistas como tamén polo expresidente Jimmy Carter, outro home sensato, que afirmou que o petróleo que poidan sacar de Alaska equivalería ó 1 ou 2% do consumo cotián dos EE.UU. Pero Banerjee advirte, ademáis, que alí hai vida, e nos transmite a mensaxe dos indios Gwich´in e dos esquimales Inupiat, “os únicos poboadores desas terras, que me ensinaron que o home debe coexistir e non conquista-lo mundo natural”. Curiosamente, a mesma lección que reitera Gorbachov de “conserva-la Terra prós nosos fillos, un proiecto que implica unha vida máis frugal pra gañar en calidade de vida”, algo que non comprenden os homes da guerra [mesmo os sindicatos que perderon o discurso pola paz] e prós que vale a situación denunciada polo Papa que falou da urxencia “de forma-las conciencias na cultura da paz”, que tamén levantou acta  “da inxusticia e violencia que oprimen varias zonas do globo, algo moitas veces esquecido”. Nun discurso de síntesis das pequenas mostras aquí traídas, eu diría que a Humanidade está urxente [a Igrexa tamén], de promove-la creación de comunidades ecolóxicas de base, pra así facer posible a salvación da Terra. 

domingo, 10 de febrero de 2013

A LINGUA DA DERIVA




 O caos normativo.

O mapiña do premio carallada. Na UE desconocen que Pontevedra é hoxe un gulag.

O idioma está practicamente derrotado, todo consecuencia da penetración na RAG do BNG. A agresión á lingua está presente en tódo-los seus actos, incluso con motivo do premio que acaban de obter da axencia Intermodes, colaboradora coa UE, suponse que porque á tal axencia faltoulle información. No mapiña absurdo co que queren xustificare ese raro premio, cunha serie de rectángulos, aparece nomeada a praza de Galicia como "pza de Galiza", unha das fixaciós que teñen estos individuos, os forxadores da "lingua da non patria" que decía Novoneyra, que digo eu tamén. Queren incluso cambiarlle o nome ó país. E hoxe recorrín un tramo dese absurdo metrominuto: 9 mendigos (e algún puido pasar desapercibido) en cousa de 160 metros. Pontevedra, cidade de mendigos. Ese é o modelo.

Pontevedra, 10.02.2013

Entrada n. 1606 do blog, Artículo semanal

A lingua da deriva,
por Xesús López Fernández

            Hoxe é sabido que as linguas vanse formando socialmente, con vagar, que a oralidade é un factor principal e determinante; que incluso poden ser formaciós de evolución ágrafa. Nos castros galegos non apareceu nengunha palabra, pero sí podemos supoñer que os clans tiñan fala diversa que, dalgún xeito, deixaron un estrato definitorio, a ter en conta cando se consideran, no idioma galego, “a fala e as falas”, daí que existan claras diferencias incluso antr´as falas de parroquias que se tocan, que unha pode “sesear” mentres a outra non, marcadas esas diferencias mediante procesos de asimilación costosos por se tratar ó longo de séculos dunha sociedade maiormente analfabeta. O seseo leva séculos en regresión, que incluso en Pontevedra había constancia da súa presencia en Mourente, en Salcedo. E reparo nunha escritura notarial do século XIX no nome dun lugar, Candorsas, que no s. XX evolucionaría a Candorzas (Campo de urces, según o P. Sobreira), en Salcedo. Se incluso na propia Moureira debe quedar pouca xente instalada no seseo!     
           
            Rosalía, que era seseante, e Curros, foron os nosos principales guieiros na recuperación do idioma e o seu leigado cultural, algo do que Vicente Risco avisaría no 1910, non foi tratado científicamente. Pero ámbo-los dous autores citados notariaron, sen dúbida, o galego  da oralidade, algo que xa no século XVIII recomendaba o P. Sarmiento: “Facede o idioma a partir da fala”. Insistía na gran riqueza de palabras que nela se daban. I eso apréciase ben nos diversos diccionarios existentes, prescindindo dos últimos que máis parecen resultado dun capricho de laboratorio, un horror, con renuncia expresa de palabras cultas e co diferencialismo como norte, esquecendo que moitas palabras castelás levan séculos convivindo coa nosa lingua, como que tamén son moitas as palabras galegas integradas no castelán. Poderiamos traer testimonios de diversos autores: Ánxel Fole, Lugrís Freire, Eladio Rodríguez, Ferro Ruibal, etc. Pero a moitas xentes entroulle a presa da deriva, de librare sobre o noso caudal léxico gran número de palabras tomadas do portugués, un cálculo de extraterritorialización, de reconvertiren ós galegos en portugueses.

            Cando a RAG asumeu as normas do 83 houbo non poucas protestas, algús académicos posicionados claramente en contra delas “porque non foran redactadas pola Academia”. Franco Grande protestou daquela; Xesús Alonso Montero recomendaba acougo á par que nos lembraba que os franceses levaban máis de cen anos sen lle tocare ás súas normas. ¿Citamos outravolta a Uxío Novoneyra, oposto ás políticas da RAG, do ILG, da AS-PG, da Xunta? El, que nunha charla dada ós alumnos do Instituto Gelmírez, preparatoria pra unha visita ó Caurel daqueles rapaces, recomendáralles que gardasen unha actitude de respeto cos caurelaos, todos eles portadoras de palabras vivas, suxeitos activos na oralidade que marcara a pervivencia do idioma ata os nosos días. E chamaballe ó enxendro parido polo consorcio citado (RAG, ILG, AS.PG, a Xunta) “a lingua da non patria”, término que parece adecuado.
  
            Despois das normas asuso ditas viñeron outras, e máis cambios, que convertiron a lingua nun instrumento que xa non comunica, extraño á psicoloxía  creada pola oralidade. A RAG, se algún sentido ten, tería que notaria-los cambios inseridos pola sociedade: o que ven facendo a RAE, aínda non sendo necesária-las Academias, que os ingleses non teñen. Pero en base ás normas da deriva e de forza-la entrada no idioma de certos fonemas tentan, diríase, reconvertire o idioma galego en portugués, algo que non ten sentido. Lembrábao Moralejo, que botando temporadas en Ponte Barxas, Ourense, decía que cando se desprazaba a Melgaço era cando notaba o cambio de país. O idioma é a fronteira e non ten sentido ese esforzo en deturpa-lo galego pra reconvertilo en portugués cunhas normas espurias.