sábado, 31 de octubre de 2009

A sustentabilidade ambiental

"Mencer no sotobosco". Dibuxo abstracto de Xesús López. Podemos pensar nun bosco primario ou nunha vella fraga das que xa case non quedan no noso país, de cada volta menos país.
-
Ponevedra, 31.10.2009
-
Entrada n. 1060 do blog
-
Artículo semanal pró 2.11.2009
-
A sustentabilidade ambiental,
por Xesús López Fernández
-
A sustentabilidade ambiental está, de cada volta máis, no discurso político-económico. Diversas leis foron xa promulgadas no noso país, especialmente en relación co mantenemento e amelloramento da base económica do medio rural, ó aumento da poboación e á recuperación do patrimonio natural e cultural, como expón algún dos textos accesibles. Sen embargo, o concepto de sustentabilidade parece non estar aínda debidamente comprendido e que ven resultar contraposto á idea de crecemento, de progreso; que debe estar basado antes en valores constantes: de producción, poboación e, sobre todo, en que o medio ambiente, a natureza, manteña vivas as súas capacidades e, sobre todo, nun respeto sagrado pola auga. Sen embargo, esas constantes están alteradas e, como consecuencia, a Terra está ferida como unha especie de Titanic que se afunde. Xa non queda tempo, parece, pra que todos poidamos sobir a un bote salvavidas. As cidades creceron máis do debido; os ríos foron convertidos, con toda impudicia, en cloacas, como se tiveran nacido pra esa función e non pra lle dar vida á paisaxe e posibilitar unha economía real.

Estes días atrás se daba a noticia, reiterada cada pouco, de que siguen a morre-las nosas aldeas, case sen xente algunhas delas; que incluso un de cada cinco homes de 65 anos vive sóo, nesa soedade aldeáa que representa a morte dun mundo que sí inventara a sustentabilidade no marco da economía de subsistencia. Diversos factores determinantes da emigración masiva das nosas xentes foron acabando cun país que non se recupera, que perdeu non poucos dos seus signos de identidade: agro, gandería, biodiversidade e vexetación clímax nunha especie de colonización salvaxe. E a agresión ó litoral en beneficio dunha acuicultura falaz. Polo menos un test recén ás nosas rías mostraba, nalgún caso, unha situación case terminal, xa sen capacide pra lle dar soporte á acuicultura tradicional. I é que non parece haxa vontade de rexeneración, así dito, porque a asunción do ambientalismo como política gubernamental ten que ser cousa de xa, de non perder máis tempo. E de non facer máis trampas. Non se pode ir á política sen ser ecoloxista cabal.

A agricultura progresou quedamente, ó longo de miles de anos. Hoxe permanecen aínda algunhas comunidades indíxenas, na Amazonia ou na Indonesia, que viven dunha agricultura primaria ou dos froitos dos seus boscos, os seus templos, pero que son obxeto dunha presión crecente por parte dos clústers que, nalgús casos, acabaron xa coa biodiversidade orixinal e a sustentabilidade deses pobos. O mundo empresarial vai seguir defendendo os seus intereses particulares anque eso poida significa-la fin do planeta, unha Terra deshabitada. E si queremos librar unha loita eficaz pola sustentabilidade, precisaremos dunha claridade de ideas certa, saber qué mundo nos espera. Polo pronto, a economía do despilfarro, coa fin próxima dos combustibles fósiles, con de cada vez menos boscos dos que obter madeira de forma sostible e menos terras de labor; cunha economía que nos leva de cabeza á contaminación e fin dos recursos, ¿cómo cubrirémo-las nosas necesidades?

O devandito non é nada máis que un boceto, un achegamento a algús dos problemas que nos afogan. Pode haber perspectivas máis esperanzadoras, pero eso vai ser soamente se os gobernos se poñen a traballaren nunha nova dinámica de respeto medioambiental, lonxe da corrupción e influencia dos clústers que se creen donos do planeta. Pero xa non hai tempo e hai que condicionar ós gobernos pra que elaboren novos plans enerxéticos, novos sistemas de tributación, industria e actividades económicas que promovan o desprazamento cara unha sociedade sustentable i, en definitiva, máis satisfactoria. Unha boa medida podería sé-la de retira-los incentivos a empresas que fomentan a desfeita dos recursos da natureza. Son necesarias medidas que eviten a ruína dos sistemas que dan soporte á vida.

sábado, 24 de octubre de 2009

REXENERACIÓN ECOLÓXICA

Ence, cando presuntamente ten perdida a concesión, sigue matando a ría. Por falta de vontade política.
-
Pontevedra, 24.10.2009
-
Entrada n. 1059
-
Artículo semanal. Volvo despois de máis dun mes de convalecencia.
-
Rexeneración ecolóxica,
por Xesús López Fernández
-
Parece como se o tema do ecoloxismo estivese últimamente na axenda dos diversos partidos. Non sei se de forma franca ou por puro marketing. Nunha cidade como Pontevedra, que acaba de remiti-lo borrador do seu PXOM á Xunta, que ademáis está adherida á Carta de Aalborg en relación coas cidades europeas que escolleron un desenvolvemento sustentable, tería que ser un instrumento de primeira magnitude a chamada Axenda21Local, documento de elaboración democrática, explicado porta a porta á par que debatido con total transparencia con vistas á recuperación do capital natural. E aínda hai poucos días que en La Estrella Digital, nunha serie de cinco artículos sobre cidades sustentables, insistía Ramón Tamames na importancia da citada Axenda, de redactar un documento intelixente prá elaboración do PXOM. Aquí parece que no-la esconderon no canto de explicala polos barrios i expoñela claramente ás asociaciós como un claro instrumento pró debate.

Pontevedra, que foi porto de mar, xa non-o é, parece que abocada a se convertir nunha triste cidade de secano. A ría é de cada volta menos ría, máis canal, máis solar gratis total pra industrias que poderían estare noutras partes, ou nen eso: simple porto seco, depósito de contenedores. Reconócese, sí, que se ten actuado mal no tema do saneamento e nen con novas promesas se vai remedia-lo noso destino, imposible un rexeneracionismo ambiental certo se non vai precedido dunha rexeneración política real que se propoña como norte ideal o da reposición da legalidade. Que estes pasados días se teña producido un certo debate en relación coa pretendida construcción da nova ponte d´As Correntes, que non dispón de permiso de Costas, parece positivo; que ademáis propoña o PP a construcción do macronudo de Mollavao máis pró interior, pra non consolida-la ocupación da avenida de Marín, resulta esperanzador e representaría un paso máis na liberación do espacio definido como dominio público marítimo terrestre de Lourizán-Mollavao. Porque xa non está claro quén ten concesión en vigor.

Si que non é legal a edar d´Os Praceres, nen o emisario; tamén que, liberado de concesiós o terreo de Mollavao por sentencia firme do TSXG, o ministerio de Medio Ambiente ten orde, dende o pasado 14.09.2009, da execución da sentencia e de adouta-las medidas necesarias prá recuperación do espacio como dominio público marítimo terrestre. Outros espacios poden estare en lista de espera. E parece oportuno citar aquí un oficio de Cristina Narbona, sendo ministra de Medio Ambiente, no sentido de que non procedía a declaración de innecesariedade que chegou tentar Ence: que o espacio todo era dominio pùblico marítimo terrestre e como tal inembargable, inalienable, imprescriptible e insusceptible de desafectación. Investiga-la situación das concesiós é o deber dos partidos. E demanda-la reposición da legalidade, a rexeneración das marismas de Lourizán e a zona de Mollavao como espacios pró uso público. Cunha Axenda21Local todo sería máis doado.

Na retesía política destes días falouse novamente de Ence, que xa debería ter data de caducidade na ría de Pontevedra, que dabondo leva sofrido. Cumpreuse o dito polo ministerio da Vivenda no ano 1973, ó desbota-lo PXOM pontevedrés do 1970 e nega-la recalificación como industrial das marismas de Lourizán. No seu comunicado ó Concello afirmaba que o enclave das fábricas de celulosa e cloro foran un erro do que soamente se poderían derivar problemas prá saúde e convivencia humáas, como así foi, e que habería que pensar no traslado das mesmas. É máis: tamén recomendaba ó Concello que xestionase outro trazado prá autopista, en evitación do brutalismo urbanístico da ponte da Puntada e o seu impacto, brutalismo que outros querían reiterar agora co macronudo de Mollavao, prá consolidación da avenida de Marín e do solar de Lourizán, pra perpetua-lo horror.

miércoles, 21 de octubre de 2009

VISIÓN TRIDIMENSIONAL SANTO SEPULCRO

Interior da basílica do Santo Sepulcro. Foto de Xesús López Fernández.
-
Pontevedra, 21.10.2009
-
Entrada n. 1058 do blog
-
VISIÓN TRIDIMENSIONAL DO SANTO SEPULCRO,
por Xesús López Fernández
-
Retomo a actividade no blog, se ben de forma light en principio, aínda non recuperado de todo do herpes zóster no ollo esquerdo que me tivo baldado.
-
Presionando o botón esquerdo e xirando, podemos ve-las fotos en 360º, coa roda do rato achegamos ou alonxámo-las imaxes.
-
Clicade en "pantalla completa" pra mellor ver.
-

sábado, 17 de octubre de 2009

EN CONTRA DO HOLOCAUSTO DOS NASCITUROS

Pontevedra, 17.10.2009
-
Entrada n. 1057
-
EN CONTRA DO HOLOCAUSTO DOS NASCITUROS,
por Xesús López Fernández
-
Inclúo un enlace do blog "DE LA VIDA Y NADA MÁS QUE POR LA VIDA", porque hoxe é o día no que poden comezar a cambia-las cousas. Contra os Mengueles e as Menguelas (por aquelo de "miembra"). Defensa da Vida en Madrid, i en todas partes.-

lunes, 12 de octubre de 2009

ACUEDUCTO DE ALBARRACÍN

Acueducto de Albarracín.
-
Pontevedra, 13.10.2009
-
Entrada n. 1056 do blog
-
ACUEDUCTO DE ALBARRACÍN,
por Xesús López Fernández
-
O interese desta entrada está na información á que se accede clicando o seguinte enlace, de iberica2000.org. Digamos que se trata dunha web na que o curioso vai atopar non poucas sorpresas, información exhaustiva sobre temas como o dos aeroxeneradores, antre os que existe algunha aportación miña. Como tamén algún traballo sobre Pontevedra, especialmente un títulado "Pontevedra muere", no que se describe cómo a caste política lle foi póndo acoso e derribo ó noso paraíso. Pero esta entrada vai sobre o acueducto román de Albarracín, en Teruel. Información amplia e con diversos enlaces.
-
http://www.iberica2000.org/Es/Articulo.asp?Id=3950

Ver tamén:http://www.facebook.com/home.php?#/profile.php?id=1667700451&ref=mf

sábado, 10 de octubre de 2009

Entradas en facebook

Río Verdugo, cando se dispón a pasar por Pontecaldelas. Foto de Xesús López.
-
Pontevedra,10.10.2009
-
Entrada n. 1055 do blog -

Entradas en Facebook,
por Xesús López Fernández
-
Levo máis dun mes sen pode traballar de forma franca, escribir artículos, repescar algún dos vellos, de pasados anos; mesmo incapacitado pra mellora-lo blog. Todo por culpa dun herpes zóster nun ollo, que non desexo a ninguén.
-
Pero encontrei a forma de facer algo, de ir entrando no meu espacio en Facebook artículos diversos que coido de interese: artículos de firmas importantes ou ben noticias, especialmente as que se ocupan de chequea-la situación do noso litoral.
-
Buscade en FAcebook: