viernes, 30 de mayo de 2008

O CABALO TRABADOR [30.05.2008]


Pontevedra, 30.05.2008

Entrada n. 498 do blog

O CABALO TRABADOR,
por Xesús López Fernández

O cabalo trabador é realmente unha égoa, a da foto publicada onte por La Voz de Galicia. Agresivo o animal, anda polo espacio concurrido da Xunqueira d´Alba, a pastare, como se fose terra de folgado pró gando. Pero o certo é que alí acoden a recrearse, a faceren algo de exercicio, moitos veciños.[Outros van ó lugar a se proveer de droga, presuntamente do conocido hiper do Vao].

Esta égoa foi noticia en diversos medios, especialmente onte, 29.05.2008, cando se salientaba a agresión ó Xefe do Servicio de Xinecoloxía do Hospital Provincial de Pontevedra, Antonio López Portela, sobriño do titular deste blog. Por el souben que a trabadura que lle dou o animal deixouno ferido do brazo esquerdo e que, polo gran hematoma producido, non vai poder operar nuns cantos días. Pra máis precisión e según a súa opinión, se o ataque da besta fose a un neno, mesmo podería telo matado.

Según se vai sabendo, resulta que non se tiña tomado medida algunha en relación co animal, un peligro público, nen co seu propietario, identificado dende hai tempo. E que houbo outra serie de ataques, incluso contra coches e bicicletas. Pero accidentes reales. Os medios d´hoxe volven dar novas de máis ataques do cabalo adoecido, frecuentes, porque algo lle pasa ó animal e que non acontece con outros que mesmo poden andar pola zona.
Como acabo de meter varias entradas no blog sobre contaminación causada por mercurio en Minamata, e comentado de paso os vertidos de Elnosa á ría de Ponteedra, ocúrreseme pensar se o metal líquido non pode estar na raigaña do adoecemento do animal, pois tanto a Xunqueira do Lérez como a d´Alba, foron balsas de decantación dos vertidos do enclave colonialista de Lourizán, cos que chegaría o mercurio botado ó medio mariño. En Minamata pasou o que pasou, según poden ve-los interesados nos vídeos xa inseridos neste blog. E alí, antes de notaria-la ruína de vidas humáas, a natureza dou certos avisos, porque os gatos, os cans, os porcos e tamén as aves volvíanse tolos. ¿Pode, efectivamente, se-lo mercurio a causa da demencia da égoa noticiada?.

Outro peligro existente na zona é a cantidade de xeringas alí abandonadas polos yonkis que, como queda dito, acoden ó lugar, sitio de trapicheo, pra mercare ou aplicarse a dosis que precisan. Cando abandonan o lugar deixan alí a mostra da súa miseria, da súa derrota física e moral, un peligro prós que se solazan por alí, especialmente prós nenos.

Confío en que a denuncia do meu sobriño ha servir d´algo en relación coa demandada actuación da Policía.

jueves, 29 de mayo de 2008

O MERCURIO, UN VENENO [29.05.2008]

Ence i Elnosa, aí siguen, ata o 2018, salvo que prosperen as denuncias apresentadas ante a Xusticia, porque hoxe, presuntamente, ambas factorías carecen de concesión. A ría, envenenada, tamén por mercurio.

Pontevedra, 29.05.2008Entrada n. 497 do blog.
O MERCURIO, UN VENENO [29.05.2008],
por Xesús López Fernández

Os interesados poden atopar información sobre o mercurio e os seus efectos neste mesmo blog. Aconsello, non obstante, que recurran á información seria do Worldwatch Instituto, á súa publicación "A Situación do Mundo 2007", editada en España por Icaria.


En You Tube han encontrar vídeos diversos, información viva. Pero, ¿a qué ven traer esa información a un blog pontevedrés?. O porqué está xa explicado no blog, en entradas recentes, con sendos vídeos sobre Minamata. Ademáis d´esas referencias poden atopar, precisamente neste blog informativo, referencias diversas a Elnosa, a fábrica de cloro instalada en Lourizán, presuntamente fora da Lei anque os políticos non queiran asumi-los seus deberes e se convirtan en cómplices da súa permanente ameaza. En "iberica2000.org" existen diversos traballos relacionados co envenenamento da ría de Pontevedra, mesmo coa morte da cidade, degradada ó tempo que o ecosistema que lle daba soporte.


Aínda hai pouco lembraba a cuestión dos vertidos constatados polo estudio Escorp [Estudio da contaminación da ría de Pontevedra], o que nos debería axudar ós pontevedreses a desconfiar dos productos da ría, que xa non é garantía de nada. E tamén coidarse doutros contaminantes, como o endrín ou as dioxinas, antre elas a TCDD, que pode estar no noso medio acuático, formada no proceso de branquexado da pasta de papel por medio do cloro. Hai un video en You Tube sobre o desastre de Seveso, precisamente por causa desa TCDD maldita, que aquí tamén pode estar agachada nas nosas augas, coa posibilidade d´afectare mesmo ós que nos fiemos das bandeiras azules das praias ou das clasificaciós que ven facendo a consellería de Carmen Gallego das distintas zonas de marisqueo. Non podemos esquece-las lecciós do pasado. Nunca. Nen podemos consentir que os políticos xoguen coa nosa saúde. "If we refuse to look back History...", dise no vídeo; pero os nosos políticos non queren sabe-lo que pasou i están condenados a repeti-la historia das agresiós ó noso medio, á nosa saúde....., a se convertir en presuntos delincuentes. Ou estatuas de sal ante a catástrofe...

A NOVA SAN ROMÁN [29.05.2008]

Praza da Ferrería [ése é o seu nome e non o de Ferraría como o Bloque pretende], de noite, case un espello pola abondosa chuvia caída momentos antes de tira-la foto. Ó fondo, a entrada a San Román.

Pontevedra, 29.05.2008

Entrada n. 496 do blog

A NOVA SAN ROMÁN,
por Xesús López Fernández

Cando comezaron as obras na rúa San Román, a xente agardaba a actuación como unha ameaza, porque as pedras da mesma estaban en aceptable estado. Abondaría con renovar unha media ducia. Pero renova-la infraestructura era necesario e así, os veciños que ousen permaneceren na mesma como residentes poden dispoñer de telefonía de cable, de gas. Confiemos en que tamén han proceder ó soterrado dos outros servicios e que, desta vez, terán quedado debidamente colocáda-los servicios de alcantarillado, separadas fecales e pluviales.

Tiña intención de mostrar algunha outra fotografía, pero algo me pasou que non puiden. Quería mostrar outras fases do que me pareceu unha obra ben feita, ben prantexada. Que non se diga que soamente somos críticos pra sinala-lo mal feito, como por exemplo o arraso da praza da Verdura, prá que terían que pensar igualmente nun plan Renove: na devolución dos bancos e na corrección da inclinación ladeada ideada polo tandem Mosquera-Fole, dous "xenios" do urbanismo, da conversión en Gulag da zona vella, algo que, por desgracia, non remedian as actuaciós puntuales de San Román e Manuel Quiroga, outra obra ben feita, que dubido poidan servire pra fixar poboación.

Na realización da obra, especialmente pra colocaren os adoquís, estiveron presentes obreiros portugueses, como nos anos 1940 no adoquinado das rúas Real, Curros Enríquez, etc., obras ben feitas. A nova rúa Real está xa precisada de Plan Renove, esgazadas moitas tapas-trampa e lousas mal asentadas, "timbre de gloria" do tandem Mosquera-Fole na planificación da ruína total da zona vella. Estafa urbanística. De escándalo. De xuzgado de garda. Cómo se ve que non gastan do deles.

¡E aínda lles dan a oportunidade de presumir da obra mal feita, porque Pontevedra acaba de ser premiada --un premio menor, certo-- pola remodelación efectuada na zona vella! ¿Remodelación? ¡Remodelación e ruína á par que destrozo patrimonial de espacios a conservaren, convertidos agora en espacios roxos prá bullanga e os malabares ou prá demasía decibélica! ¿Pero ónde coño está unha asociación veciñal seria e con poder pra inicia-la xudicialización das denuncias tantas veces feitas?
Repárese en que, desta volta, colocaron nas arquetas tapas de fundición, que levan á súa vez encastañádo-los adoquís, obra fina confiada ó persoal portugués.
Vista parcial das obras. Apréciase o novo deseño. Discutible, pero non está nada mal.
Así quedou a obra, vista na noite e con chuvia, a falta dalgún pequeno remate. En principio, parece obra ben feita e con outra asistencia técnica. Parece. Porque si a asistencia técnica fose a mesma do resto da zona vella, que dalgún xeito permanece solapada no Concello, é evidente que algo deberon aprender. A non ser que o mérito corresponda á empresa constructora, coido que subcontratada e con persoal portugués, que cumpreu escrupulosamente os prazos. Non estaría mal retirar tamén a luminaria, os candiles-supositorios de Fole, e poñer de novo farolas de forxa, máis d´acordo co entorno.

miércoles, 28 de mayo de 2008

SITUACIÓN DE INCERTEZA [13.07.2002]

Pontevedra, 28.05.2008

Entrada n. 495 do blog

Recupero un traballo do 2002, escrito a raiz dun pleno de escándalo. O que nel se describe permanece como crónica válida. Podemos rubricar unha vez máis o fracaso da peatonalización, a posta en marcha da ruína da cidade, como xa ventabamos daquela. Agora, co plan Renove das tapas-trampa, estáse a reconocer implícitamente que todo foi obra mal feita. A palabra BOA máis parece referirse a "boa constrictor", convertida a vila en gran prisión á par que ruina comercial total.

Os mosquerós do paseo Antonio Odriozola foron sustituídos polas letras que se aprecian na foto, BOA, descontextualizadas da VILA, o cerre que puxeron ó pé da Fernández Villaverde. A inauguración foi incluso con concerto de música, ocasión pra lle dar unha maior solemnidade á obra mal feita, pra se afirmaren na idea que Pontevedra vai seguir sendo, polo menos mentres eles manden, unha cidade choída, cerrada.

O plan Renove das tapas-trampa. Algunha debeu ser sustituída ata sete veces. Outras agardan a súa sustitución dende hai máis de dous anos, en César Boente. Esto ven ser unha mostra máis da impotencia e falta de ideas, da carencia tamén de asistencia técnica. Os ideólogos da peatonalización están tamén a cambiaren os mosquerós por barrotes de aceiro ou por barreiras de aceiro como a que se mostra na foto anterior do titular do blog.

Situación de incerteza [13.07.2002],
por Xesús López Fernández

De incerteza e caos. Despois do pleno extraordinario é posible que nada volva ser igual no debate político da cidade. O calificativo de “batasunización” do pleno aplicado por Roberto Taboada está refrendado polo vídeo que pasou Localia no seu informativo das 9,30 P.M. do mesmo día. As imaxes nel recollidas mostran a unha serie de persoaxes coa carantoña do papeliño das 15.000 asinaturas. E digo carantoña porque máis parece que querían tapa-la súa face que demostraren a presencia virtual dos suscritores do manifesto de apoio á “peonalización”. ¿Por qué estaban no teatro xentes de fóra do concello, de Vilaboa concretamente?. “Cando foi do da empacadora apoiáronos; por eso viñemos agora, pra lles botar unha man”, foi a resposta dun dos presentes. Así, con extras chegados de fóra, reventouse un pleno no que, vergonzosamente, PSOE e PP abandonaron. O vídeo sirve pra notaria-la presencia crispada dos violentos que semellaban dispostos a algo máis que palabras.

En definitiva, o proceso de paralización da cidade sigue sen que se teña producido esa reacción salvífica que algús cidadáns agardaban. ¿Qué se pode facer? Porque moitos están desencantados dos nosos políticos e --polas decisiós tomadas tanto no PP como no PSOE— parécelles que éste sería o momento de crear unha candidatura cidadáa cara ós próximos comicios, cun programa claro de revitalización da cidade e sinceramente ecoloxista, algo que moitos creen non poden ofreceren xa nengún dos tres partidos presentes no concello, que perderon xa a súa oportunidade. E aínda que xa existe unha candidatura cidadá –a dos Veciños d´Os Praceres— suponse que precisaría dunha maior base social. En fin, a ver cómo concretan a súa oferta e buscan apoios e xentes con carisma. Os Praceres, parroquia mártir, podería ser un bo bandeirín de enganche. ¡Quén sabe!

Este pasado 11 de Xullo fun dar unha volta a Portugal. Parei en San Benito de Seixas –San Bento de Seixas-- onde coincidín cun amigo, home de ideas claras, que semellaba convencido de que o PP vai perde-las próximas elecciós por non ter sabido facer oposición nen se ter preocupado de asuntos como o da desfeita da cidade –comezada xa por eles--, o gasto disparatado, o endebedamento crecente do Concello, a indefensión na que foron deixando ó comercio, e que nestos momentos había no partido falta de ideas. Seguín a miña viaxe ata Camiña, onde sempre me perdo vagando polas súas longas rúas cara á igrexa matriz, arestora en fase de restauración. Parei, como sempre, na praza central, intacta dende a súa restauración de cando aquí se enlousou a Ferrería. Parece que as obras alí teñen outras garantías, asignatura pendente prós nosos políticos. Locen como entón os espléndidos tilos e a fonte monumental ou a torre porticada. En Camiña i en Valença seguen a entraren os coches mentres aquí e según reza unha pancarta, “o César pontevedrés” prohíbeo.

Como dato esperanzador digamos que as obras da cubrición do mercado avanzan, sen data de finalización. Cando parece que o parking vai quedar cativo é urxente que os políticos creen máis zonas de aparcaxe, posible con boa vontade. Convén acelera-la obra interior e consegui-la paralización da orde de Pesca de cancela-la lonxa que aquí viña funcionando dende tempo inmemorial, legalizada hai poucos anos. ¡Abonda xa de atrancos!. Porque chegou coa política seguida por Patrimonio e despois por Fomento, causas tamén da demora acumulada, na que moitos non resistiron. Se queremos un mercado de calidade é preciso que funcione integrada no mesmo a lonxa que permita ós vendedores un maior descanso, a posibilidade mesmo de mante-la súa actividade pola tarde, vital se pensamos no futuro. Mellor sería potencia-la recollida de asinaturas en defensa da lonxa que non as do “manifesto da peonalización” que tende a paraliza-la cidade e que moitos deberon asinar varias veces, nenos e xentes de fóra tamén. Hai medo e incerteza, evidente.

martes, 27 de mayo de 2008

OS BOMBEIROS DE PONTEVEDRA [27.05.2008]

Pontevedra, 27.05.2008

Entrada n. 494 do blog.

Os bombeiros de Pontevedra atópanse nunha situación límite. Despois dos intentos de aclara-las cousas, de ver de interesar nos seus problemas ó alcalde Lores, decidíronse a facer publicidade das circunstancias e carencias que viven. O video que sigue aclara algús aspectos, sobre todo en relación coa precariedade coa que traballa o persoal, corto en demasía.

Estos días atrás tiven a oportunidade de me solidarizar con eles por medio da miña sinatura, como moitos pontevedreses directamente informados, na praza da Peregrina, do que realmente están a aguantar.

Naturalmente, eu pergunteilles algunhas cousas. Porque, de certo, non se pode manter operativo un servicio coas carencias por eles descritas. Pero... ¿Qué pasa co gran problema da accesibilidade a moitos puntos da nosa xeografía urbáa, hoxe prohibidos pra eles, prohibidos incluso prás ambulancias? Pode ser unha forma segura de morrer na zona vella, privados da necesaria asistencia destos servicios nunha situación extrema.

¿Cómo poderían opera-los bombeiros no caso dun accidente industrial non desexado, qué coño de plan de emerxencia existe pró caso dun escape masivo de cloro?

Son perguntas que quedan aí, que podemos sumar á demanda de máis persoal que fan os nosos bombeiros. Lores debe disfrutar co video, ben deseñado, ben realizado. Didáctico. Pedagóxico.


lunes, 26 de mayo de 2008

CONCERTO DE MENDELSSOHN [26.05.2008]


Pontevedra, 26.05.2008

CONCERTO DE MENDELSSOHN

Entrada n. 493 do blog

Hoxe finalizou a temporada de concertos da Sociedade Filarmónica de Pontevedra. Foi protagonisa desta volta a Orquesta Filarmónica de Pilsen, dirixida por Jaroslav Krcek.

Un programa ben escollido, con obras de:
Rossini, Obertura do Barbeiro de Sevilla; o Concerto n. 2 de violín e orquesta de F. Mendelssohn e, na segunda parte, a Sinfonía n. 7 de L. van Beethoven.

Concerto grato, vexo que na nosa Sociedade Filarmónica perdeuse un certo poder de convocatoria e que, unha orquesta importante como a que hoxe nos visitou, non foi quen de concitar no Teatro Principal á maioría dos socios, algo que sí acontecía nos anos 40. Polo menos gardo memoria da miña asistencia a non poucos concertos, aínda neno, ano 1945.

Chamoume a atención a suprema facilidade i expresión coa que o violín solista, Stepán Prazák, executou o concerto de Mendelssohn, unha obra na que de vez en cando me apetece solagarme, perderme nela, soñar.

Por eso non me resistín a baixar de YouTube, unha mostra desa inspirada obra, o tempo primeiro case completo, executado por unha violinista norteamericáa de orixe asiática, excepcional, Sarah Chang, nada o 10.12.1980, que si foi unha figura precoz e concertista ós 8 anos, hoxe ten gran renome e vasta discografía. A ver se así motivamos a algún que outro dos bloguistas que entran neste meu retiro. Un certo toque de melomanía nunca ven mal. Ó mellor ata podía ser bo prós que, en política, non reparan en que hai outros mundos posibles, máis harmónicos, nos que se pode procurar unha maior felicidade da que dan as súas engordadas nóminas e traiciós no cumprimento dos deberes.

Pero quero comentar tamén a situación de acoso a que está sometido o noso Teatro, con sempiternas catas de arqueoloxía no seu entorno, bloqueádo-los accesos incluso por Manuel Quiroga. ¿Cómo coño conseguirían os músicos leva-los seus instrumentos ata o escenario? Porque costa traballo maxinar cómo fixeron pra levaren ata aquel lugar os instrumentos todos: violíns, violas, fagots, cellos ou contra-baixos, ademáis da percusión...

Tamén me agradaría saber qué coño están a urbanizaren ante a fachada do Teatro, qué novo espacio cerrado, polo que se ve, queren conformaren alí, como pra afundir aínda máis, urbanísticamente, a cidade, nova carga "ideolóxica", o aldeanismo acrisolado polo Concello e certo asesor técnico áulico, o gran experto en accesibilidade, en ruínas. Vamos, en promover ruínas. Outravolta fodidos.

domingo, 25 de mayo de 2008

AS PALABRAS DA AUGA [26.05.2008]

O Brado, de Münch. A corrupción dun medio sensible. A figura que aparece no primeiro plano pode representa-lo subconscente colectivo que adquire conciencia da desfeita da nosa ría. Pola pasarela de Ana Pastor --Os Praceres-- que podemos maxinar xa acrecida polo tramo que proiectan Lores e Mosquera --ata As Corbaceiras--, parecen camiñar dous persoaxes --¿un concellal, un capo mafioso, un contratista?--, valorando talvez as posibilidades de convertiren en solar a chousa, a cerrada marismeña de Lourizán, hoxe ocupada por Ence-Elnosa; en seguiren apropiándose dun medio sensible, do dominio público marítimo terrestre.

Pontevedra, 26.05.2008

Entrada n. 492 do blog.

Este é o traballo remitido esta semáa a diversos medios. Propóñome, ó longo do mes de Xuño, seguir facendo diversos comentarios en relación co tema da auga, seguindo un pouco o guión, no posible, marcado por algunha das persoas citadas no traballo. O tema da corrupción política ó que se refire Garrigues Walker é algo que ós pontevedreses non se nos escapa; que comprendemos que esa descomposición ven sendo unha especie de conxunto intersección no que converxen os diversos partidos e mai-los grupos de presión.

As palabras da Auga [26.05.2008],
por Xesús López Fernández
-
Con motivo da próxima Expo de Zaragoza está prevista a edición dunha colección “especial”, “Palabras da Agua”, que vai incluir 17 relatos de xentes do mundo da política, a ciencia, a poesía e o dereito, de diversas sensilidades. Algús dos escritos van ser presentados polos autores durante a celebración da Expo, presentes eles no pabellón da Tribuna da Auga. E citaremos en primeiro lugar o relato colectivo titulado “Auga prá paz”, participado por Mijail Gorbachov, Shimon Peres, Stavros Dimas, Anna Tibaijuka, Loic Fauchon, Michel Rocard e Mahmoud Abuzeid, que abrangue referencias a iniciativas de carácter internacional que nas últimas décadas contribuiron realmente a que a auga sexa un elemento de paz antre certos pobos. Os diversos autores fan novas propostas prá prevención de conflictos e fomentaren tamén a cooperación e a solidariedade internacional en relación cos recursos da natureza, sempre tendo en conta a idiosincrasia particular da problemática no diverso mundo.
-
Esta colección vai ser un referente, un plan pedagóxico pra nos familiarizar coa realidade de que sen auga nada somos, posiblemente máis fáciles de entender unhas mensaxes que outras aínda sendo todas avisos urxentes. Sen auga non hai sustentabilidade; sen auga, esto se acaba. Así, Vandana Shiva, Premio Nóbel Alernativo, titula a súa aportación “A auga e a biodiversidade do Planeta”, na que apunta novas ideas e perspectivas pra unha máis respetuosa relación dos homes con Natura: que cambiémo-las nosas conductas coa auga e resolver así a perda de biodiversidade e outros problemas… Rigoberta Menchú fala no seu ensaio, “A auga e a Humanidade…”, das técnicas indíxenas, ó longo da Historia, pra aproveitaren os recursos hídricos sendo respetuosos co medio; que mesmo nos diversos pobos nativos que cita, de América, África, Asia e Oceanía, as culturas indíxenas manteñen [en relación coa auga] identidades propias, pese a teren sofrido procesos de colonización que mesmo arrasaron co uso case sacral da cousa polos nativos.
-
Marina Silva, a protagonista do meu relato de hai sete días, “Malas novas da Amazonia”, tamén fai a súa aportación, “Novas estratexias pra frea-la deforestación amazónica”, centrada no ecosistema amazónico, do que depende o equilibrio ecolóxico do conxunto do Planeta, e propón ideas e decisiós coa fin e reverti-las tendencias deste momento na línea dun desenvolvemento social, económico e ambiental equilibrados daquela rexión... Wangari Maathai, Premio Nóbel da Paz, contribúe cun documento, “Novos retos pró desenvolvemento sustentable, especialmente en África”, no que reflexiona sobre as grandes encrucilladas do futuro no seu continente: a probeza, o crecemento demográfico exponencial, a degradación dos recursos, a paz, un canto á esperanza de África e do conxunto da Humanidade, onde a auga funcione como símbolo de transformación, progreso e xusticia social.
-
Citemos tamén a Antonio Garrigues Walker, que cun enfoque pragmático contribúe á colección con “Transparencia e loita contra a corrupción na xestión dos recursos naturales”. Refírese ás prácticas necesarias pra unha xestión máis eficaz, xusta e limpa dos recursos hídricos a escala local, rexional e global. A corrupción, afirma, e a falta de transparencia na toma de decisiós –deshonestas ás veces-- son atrancos certos que poden mesmo atrica-la boa xestión da auga en amplias rexiós do mundo, algo que os pontevedreses sabemos dende hai anos, sen ver que se cambien pautas ou apliquen leis máis alá da farsa institucional como norma pra resolve-las cousas, promesas que leva o vento… Outros autores importantes entran na colección, sobre a que volverei. Citarei hoxe o ensaio de Riccardo Petrella, politólogo i economista, “O manifesto da auga do século XXI”, a cuia obra procurarei achegarme nun próximo traballo por sé-lo autor unha figura de renome mundial, que conclúe o seu documento cunha afirmación optimista: a auga como ben común e dereito universal.
-
ILUSTRACIÓN TRABALLO.
-
Novamente o mal de Minamata ou Minamata disease. Aínda que os falantes se expresan en xaponés --un europeo faino en francés--, seguro que os entendemos. Téñase presente que, a día d´hoxe, aínda hai uns 10000 xaponeses afectados polo envenenamento pendentes de seren indemnizados. A cousa está clara: cando se corrompe a auga ou se ataca á vida, con mercurio, zinc, cadmio ou endrín e dioxinas, sobrevén o peor. A biodiversidade vese ferida, parte d´esa ferida maior recibida pola auga. I esa ferida instálase de xeito implacable nos humáns. Pode ser unha consecuencia da corrupción política existente aínda que os políticos queiran mostra-lo seu mal, en Pontevedra, como zona C, como acontece en Lourizán a efectos do marisqueo, como si eles non tivesen culpa cando son os causantes reales do mal notariado e que agora, lonxe de teren capacidade pra unha rexeneración certa están a consideraren a posible reconversión das Marismas de Lourizán en gran solar prás inmobiliarias amigas. O cadro de Münch parece ilustra-lo que aquí acontece a consecuencia da corrupción que denuncia Garrigues Walker e que nós percibimos.

THE MINAMATA DISEASE.

viernes, 23 de mayo de 2008

ANTES FOI MINAMATA


Pontevedra, 23.05.2008
Entrada n. 491 do blog

Antes foi Minamata, Xapón, onde existía unha importante industria, Chisso Corporation, que no 1932 comezou a verter á auga, libremente, compostos mercuriales. O que aconteceu está no video, relatada a historia en castelán, o que facilita o noso traballo.

En Pontevedra temos unha fábrica de cloro, Elnosa que, usando a tecnoloxía basada no mercurio, leva transferido cantidades incalculables do metal ó medio mariño; que si na fase primeira do Escorp --Estudio de contaminación da ría de Pontevedra-- fora cuantificada en 13g. por tonelada de cloro fabricada, na segunda fase do citado estudio concluiríase que, lonxe de remiti-la cifra en principio estimada, pasarían dos 17g. E as autoridades mirando pra outra parte, excepto cando á Xunta lle dou un ataque de sentidiño común, na época de Dositeo Rodríguez, anos 1991 ou 92, que pouco durou. D´aquela parecía que todo se ía resolver, "porque chegaran xusto no momento de evita-lo peor",..pero non. Volveron esquece-los deberes.

Elnosa carece presuntamente e nestos momentos, de concesión, como tamén Ence. Que a consellería de Medio Ambiente da Xunta de Galicia lles teña outorgado a AAI --autorización ambiental integrada-- pra tres anos máis, non deixa de ser unha falacia. Por eso é pertinente traer a este espacio a lembranza de Minamata, porque a existencia en Pontevedra dun colectivo denominado Amencer, de paralíticos cerebrales, pode ter que ver co consumo de peixe ou de marisco da ría, medio sensible, atacáda-las criaturas víctimas polo metilmercurio, pola vía trófica.

Resulta ademáis vergonzoso que a consellería non teña dado resposta ós demandantes en contra da citada concesión de AAI; que se teña limitado a pendurar na súa web a notificación das autorizaciós a Ence, a Elnosa e á inexistente Tisú de Lourizán. Como tamén é vergonzoso o papel do Concello que agora dí, agora sí, que vai recurrir pola vía xudicial. ¿Quén o cree?. Nen os da súa freguesía ideolóxica.

VIOLENCIA FESTIVA [10.08.2001]

Mosquerós en Concepción Arenal, agora desaparecidos. Esos mosquerós, xunto con outras actuaciós urbanísticas do BNG, trouxeron como consecuencia, seguro, unha maior caída dos nazionalistas nas elecciós municipales de hai un ano, nas que perderon tres concellales. Lembremos que cando foi agredida a praza da Verdura, desfeita talvez a máis fermosa praza de Galicia, os nazionalistas perderon daquela mil votos na zona vella. Que conste. 1188 asinaturas de protesta polo urbanismo vandálico alí imposto orixinaron aquela primeira cura de humildade.
Levantádo-los mosquerós en principio colocados como atrancos na Glorieta de Concepción Arenal, agora locen, --de noite como se fosen lucernas, efecto do flash da cámara--, esos testigos d´aceiro, materialización dun certo delirio carcelario. Pontevedra, ¿campo de concentración?

Pontevedra, 23.05.2008

Entrada n. 490 do blog

Nada teño que cambiar no traballo agora pendurado, coido que o último que tiña por recuperar do 2001. Comezarei con outras tandas. Pero hoxe vai este, "Violencia festiva", a modo de recordatorio de cómo se foi deteriorando a vida, a convivencia, nunha cidade na que co equipo de goberno do BNG entrou o urbanismo aldeán no máis puro estilo. A cidade sigue sofrindo novas agresiós urbanísticas desta volta, como se as acometidas so pretexto dunha peatonalización non querida, levada ata o delirio, non foran causa dunha ruína total e dunha involución residencial, que só poden xustificaren mentes perversas. Como a sociedade, en Pontevedra, carece xa de resortes pra demandare soluciós certas, a cidade como un todo está a morrer.

VIOLENCIA FESTIVA [10.08.2001],
por Xesús López Fernández

Sen preocupación pola normativa sobre ruídos nen protección cidadáa na zona vella, o medo vai en aumento. As xentes saben que esto non hai quen o pare e que estamos no momento quente das festas, cando algús optan por marcharen da cidade; outros, por non saire da casa, limítanse a estaren en contacto telefónico con amigos e familiares. O pasado día 5 falei con dúas amigas que marchaban cara ó seu lar, temerosas de que lles cortasen a retirada. Había touros e xa se sabe que ó seu abeiro –sen culpa dos touros-- dispárase a violencia: viño, licores, tal vez pastillas das que van anulando o cerebro... Unha das amigas contou que o ano pasado, cando acodía á igrexa, un “gracioso” librara unha xarra de viño sobre o seu vestido e que estimaba que este ano estabamos máis indefensos, con menos policía, como si se telumbrara que en Santa María estaba acontece-lo que se sabería pouco despois: que foi preciso cerra-la igrexa porque as forzas “progresistas” --a mocedade liberada polo alcohol e algo máis-- comezaban cunha nova variante de insulto: guindar vasos e botellas contra o templo do Señor, especie de “kale borroka” inspirada polo demo.

As miñas amigas dispoñen de garaxe, i ese día terían saído de Pontevedra, pero optaron por permaneceren aquí, porque o retorno podería ser traumático, o acceso á súa propiedade resultarlles imposible, o coche escachifado polos garulos, quén sabe. Pero é que ese domingo foi sonado de gamberradas, violencia, ataques contra a propiedade e as persoas...As xentes do Campiño viviron unha noite tremenda e, xa na mañá do luns, algús saían do fogar cun caldeiro de lexivia, pra faceren un lavado de urxencia do seu espacio inmediato, alagado de vasura humáa. A policía ausente, a indefensión é total como tamén denunciou o administrador do Parador de Turismo, onde houbo intentos de roubo de mobiliario da terraza en tres noites consecutivas. Por medio dun escrito ó señor alcalde, o administrador solicitaba a protección da policía local, mentres a outros –desconozo con qué intención— parece non lle preocupa a violencia festiva con agresiós a establecementos mercantís.

Dende algús sectores están acusando á festa nacional, pero o certo é que as peñas violentas pouco teñen que ver cos touros. Algús aproveitan o día pra faceren caixa e mellora-la conta de resultados ó tempo que “privatizan” un espacio que é de todos. Alguén puido facer unha caixa nunca soñada. ¿Pero por qué non se investiga qué está pasando e por qué a ledicia dunha tarde, dunha festa, se convirte en abuso? Entendo os medos das miñas amigas, e sei de quen o pasado ano tivo que se meter por dirección prohibida co seu vehículo, porque a rúa por onde tiña que pasar estaba totalmente bloqueada por centos e centos de rapaces e rapazas incapaces xa de razoar. E o malo é que a situación vése agravada por momentos, convertída-las prazas da zona vella en terrazas, novos atrancos pró acceso a moitas casas. ¿Cómo ousan falar de uso residencial, vital, único que salvaría a cidade vella?

En certa ocasión propuxen un verbo pra defini-la situación que, pouco a pouco, imos vivindo en diversos barrios do casco vello: o de “charinizar”, porque Chariño era, por definición, a noite en vela. Na madrugada do día 6, algunhas xentes da zona tiveron que marcharen cara ó traballo sen case ter dormido. Non sóo Chariño ou o Campiño, tamén outro lugar recentemente inaugurado ó máis puro estilo do Luar da TVG estáse a cargar de miseria. Unha peña celebrou alí os touros ata ben entrada a madrugada. Cara ás tres chegaron os do bongo. A policía, como no Parador, ausente. Que algús que parece buscan un lugar na política disculpen o caos producido --por eles non viviren na vila-- sóo demostra que carecen de ideas ou de honradez pra propoñeren soluciós que acaben coas actividades que conlevan o deterioro neuronal e psiquiátrico de mozos e mozas. Alguén hase beneficiar, seguro, desa escalada de violencia festiva e de perda de valores. Dígoo a día 10, pero o peor pode estar por vir.

jueves, 22 de mayo de 2008

VEN O EURO [29.12.2001]

Efecto Zapatero, en Mondoñedo, nunha cafetería do Rei das Tartas. Alí tomei, o 21.04.2007, un exquisito café a 0,80 euros. Aínda o comentei en alta voz: "Mirade cómo aquí chegou o efecto Zapatero". Coido que todo o mundo estaba enterado da afirmación do presidente nun programa de televisión de que ése era o precio por el estimado como normal pra un café. O certo é que, con sorte, pódese atopar algún establecemento que, co seu particular plan de estabilización, cobre o café a 0,60. Sobre todo en Portugal.

Pontevedra, 22.05.2008

Entrada n. 489 do blog.

Cando estamos no séptimo ano da imprantación do euro miro pr´atrás cunha certa nostalxia da peseta. O euro veu representar unha maior carestía, unha menor polifonía monetaria, unha situación límite das economías débiles. Como na bolsa do euro entran as economías da UE, dos países que a configuran, en España vivimos unha situación dun certo afogo, cunha moeda forte á par que grandes sectores da nosa sociedade andan decote a pasaren maiores privaciós. E non é frivolidade decir que si un café, por citar un exemplo, valía daquela cen pesetas ou menos, actualmente vale 166,386 ou máis, aínda que nalgún que outro sitio se poida dá-lo efecto Zapatero: un café €0.80, como no exemplo da fotografía.

VEN O EURO [29.12.2001],
por Xesús López Fernández

Hai uns días que me atopei na rúa cun vello amigo dos meus tempos de empregado de banca, profesión da que levo tempo xubilado. A amistade á que aludo fórase forxando ó longo de anos. E puntualmente, nestas datas de Nadal, o home regresaba de Alemania –mellor d´Alemania, pra evita-lo hiato--, onde sigue a traballar. É unha de tantas criaturas que levo conocido ás que, dun día pra outro, van cambiar parte da súa cultura, afeitos a conviviren con diversas moedas, coa experiencia longa de ver cómo unhas divisas sobían e outras baixaban. E falamos algo destas cousas, de cómo algús emigrantes salvaron os seus aforros por mantelos nunha divisa determinada, de cándo os francos suizos sobiran en relación coa peseta un 52 por cen de xaneiro a xaneiro, da posibilidade prós residentes no extranxeiro de manteren daquela contas en pesetas convertibles, etc. Sinto saudade daquel mundo.

Ese tempo acaba hoxe nos paises que adoutan o euro, o que significa, cecáis, a morte dun mundo máis poliédrico e máis culto en aras da globalización. Coido que os ingleses fan ben en manteren viva a libra esterlina, o que non lles vai impedir sentírense europeos. Curiosamente, a equivalencia do euro, 166,386 pesetas, en canto ó valor representa como unha especie de volta atrás, como se prescindindo de nomes a peseta regresara ó seu valor dos anos cincoenta, cando unha familia podía pasa-lo ano con menos de trinta mil pesetas. Agora un pode cuestionarse por qué nalgunha volta, con motivo dalgunha transmisión, lle cobraron un imposto de plusvalía sempre discutible e cun certo perfil de estafa social, inmoral, como se lle roubaran a carteira. De tódo-los xeitos, a creación do euro pode traer consigo algún beneficio prá xente común e prá transferencia e salvagarda dos seus aforros; non só prás grandes fortunas dos que mandan no sistema.

En Internet pode esta-la solución dentro da globalización. Falta cultura, pero os mecanismos pra defende-lo patrimonio en divisa están xa na “rede” que crece sen parar e na que hai un par de días encontrei uns datos interesantes en relación coa marca do piano da casa, un Rud. Ibach Sohn, de Barmen, Alemania. Según a páxina web dos fabricantes, son artesáns que siguen a elaboraren novos modelos, algús de auténtica avangarda; e o que temos na casa foi fabricado no 1.885. Ten, pois, unha edade similar á da peseta, pero neste Nadal quedou perfectamente afinado. Agasallei ó afinador coa audición dunha obra de Tomás Luís de Victoria, O Magnum Mysterium, interpretada polo Coro da Abadía de Westminster. É un motete pra este tempo de Nadal que tamén canta a Polifónica de Pontevedra dende os seus primeiros tempos, cando comezou o revival da obra do autor de Ávila, da que hoxe son os ingleses uns grandes especialistas. Prefiren compartir polifonía que non moeda única.

Quebrada a sociedade –a familia, o mundo rural, o maxisterio da Igrexa--, o euro perfílase como unha moeda deseñada polos líderes do sistema na defensa dos seus intereses. A presión fiscal ha seguir pra atender máis bocas e máis reventadores de dogmas, incapaces de manteren un orde moral. ¡Qué importa que lexislen, se todo vai a peor!.. A saúde da Terra está máis comprometida; as mafias pulan polo control da riqueza. Moitos crimes quedan impunes e Jürgen Roth dubida dos encontros no Cumio, dos acordos antre Gobernos. Chega a perguntar: “¿Por qué ninguén fala dos grandes negocios coas drogas como parte da política exterior e de seguridade tanto dos estados de Occidente como dos do Leste?”. Contra o crime non vai pode-lo euro, que nos vai devolve-la cultura do patacón e da perra chica. Como nexo de unión pode funcionar, pero non máis alá dos vellos dogmas, dun Magnum Mysterium cantado en Westminster ou aquí, onde viñera no 1950 --como estudioso de Victoria e peregrino a Santiago-- Leopoldo Stokowsky, buscador da verdade que o euro non nos vai dar. En tanto que medio de pago significa, como sabe o amigo “alemán”, cambio de cultura.

martes, 20 de mayo de 2008

A LINGUA AZUL [20.05.2008]

Ovella afectada pola enfermedade da lingua azul, apreciable a cianosis (perda de osíxeno) causante da color que lle dá nome á enfermedade.

Simpático rapaz participando na farsa montada pola Mesa pola Normalización Lingüística o día 17.05.2008, o Día das Letras Galegas, do que xa non se fala. A Santiago chegaron varias ducias de autobuses pra concentraren alí din que 8000 persoas, en representación de 500 agrupaciós. Foi toda unha montaxe, mentres na praza da Verdura de Pontevedra tentaron enaltece-la data cunha actuación de terrorismo decibélico e bravú en estado puro. Así morre o idioma, agora tocado da endemia da chamada "lingua azul".(Fotografía Diario de Pontevedra)

Detalle da festa dos "maios", na Ferrería de Pontevedra. "Aquí ven o maio de frores cuberto...."/puxéronse á porta cantándome os nenos/ i os puchos furados pra min extendendo/ pedíronme crocas do meu castiñeiro.... Hai que volver ó galego de Rosalía e Curros, deixarse da "lingua azul", porque a fala non ten color, non depende de bandeiras. Sí ten moitos rexistros, ten melodía, pero a "lingua azul" que promoven dende a Mesa pola Normalización é unha vergonza. Suspenden.

Exposición sobre os Iberos e a súa cultura, celebrada na praza da Ferrería, recentemente. Os paneles e obxetos estaban ilustrados en castelán i en galegués, a caricatura que, con carácter de obrigatoriedade, están a impoñeren dende a Xunta. As trazas desa "lingua azul" que están a inventaren estaban alí e sobre esas burradas tiven ocasión de falare coa monitora, unha filóloga con certo sentido do humor. Mellor así. Defendía o uso de probábel, posíbel, como recomendan os novos diccionarios o uso de palabras portuguesas, non galegas. É a propia RAG a que asumeu a bandeira da traición.

Entrada n. 488 do blog.

A LINGUA AZUL [20.05.2008],
por Xesús López Fernández

A enfermedade da lingua azul afecta normalmente ás ovellas, cabras, a vacas e búfalos, ós camélidos como camellos e dromedarios. Afecta incluso ós elefantes. Está instalada como un algo endémico en Sudáfrica. Un dos puntos de penetración en España é Cádiz, seguramente traidos polos ventos dominantes os mosquitos que a transmiten. O que queira unha información cabal do mal pode atopala en internet, ampliamente ilustrada e documentada.

O que o Bloque está a facer coa lingua, a desfeita do galego tradicional, creer que incluso un pode falar máis galego pintando a lingua de azul --¿por qué non de chapapote negro?-- é unha completa estupidez. A ver si por asimilación ese pintado de azul acaba por presenta-lo aspecto cianótico que se dá na lingua, na boca, nas nefras dos animales afectados. Polo pronto e pola forma de falar moitas das xentes que presumen do seu mandiño en galegués, parece, polo cambio de fonética neles apreciable, que algo serio lles pasa na boca, privados de osíxeno a lingua e mái-los beizos, como lle pasa á ovella da ilustración. Algunhas ovellas e cabras morren ós 14 días de contraeren a enfermedade. Co idioma galego está a pasar algo semellante.

domingo, 18 de mayo de 2008

Malas novas da Amazonia [19.05.20008]

Marina Silva, fotografía de Reuters/El País. Dimitida, a Amazonia perde a súa máis afervoada defensora.

Outra fotografía de Marina Silva de Lima, a exministra brasileira do Medio Ambiente dimitida por Lula ter abandonado a "axenda ambiental". As cousas póñense mal, como consecuencia, no Brasil e no mundo enteiro. Salvando as distancias, teñamos presente que, aínda que non se loceu durante a súa xestión, a ministra española Cristina Narbona tamén se marchou, según din, pola porta d´atrás do goberno de ZP.

Pontevedra, 19.05.2008

Entrada n. 487 do blog.

Artículo semanal remitido a diversos medios. Prá sensibilización coeste tema recomendámo-la lectura do libro de Javier Moro, Senderos de Libertad, no que se relata de forma exemplar a loita de Chico Mendes, e a súa morte, asesinado vilmente. Morreu ás portas da casa de Marina, o anxo da Amazonia agora dimitido.



Malas novas da Amazonia [19.05.2008],
por Xesús López Fernández

Acaba de dimiti-la ministra brasileira de Medio Ambiente, Marina Silva de Lima. A muller, feita a si mesma, sería co tempo colaboradora de Chico Mendes, do que o seu pai fora un home próximo, seringueiro como el e igualmente comprometido na loita conservacionista do mundo que lles daba sustento. Os pais de Marina, Pedro Augusto e María Augusta, vivían nunha aldea de seringueiros, en Breu Velho, en Acre. Tiveran unha descendencia de once fillos, ós que que sobrevivirían pouco tempo, oito anos. E con todos eles traballaba, aínda nena, Marina, na roza ou na sementeira, ou no sangado das heveas, as árbores do caucho. Tamén cazaba, pescaba, e axudaría ó seu pai a paga-las débedas que tiña co dono do seringal. Foi ós 14 anos cando aprendeu as catro operaciós básicas de matemáticas, pois onde ela moraba non había escolas. Aprendeu a leer ós 16 anos. Matricularíase na Universidade Federal de Acre, no 1981. Alí descobriría a loita de clases. Marcada ademáis polo activismo de Chico Mendes, compañeira como dixemos na súa loita, con el fundaría a CUT de Acre, a Central Única de Traballadores do Brasil.

Comezou a súa carreira política como concellala de Río Branco, en Acre, no 1988, comprometida xa na loita social e ambiental. En contra dos que non participaban da súa idea ecoloxista, gañou en pouco tempo unha sólida reputación, ata o punto de que dous anos máis tarde era diputada por Acre e no 1994 senadora estatal con só 36 anos. En pouco tempo e, pola súa comprometida defensa da Amazonia e dos traballadores sen terra, acadaría unha crecente popularidade. A súa carreira política estaba lanzada. E foi secretaria de medio ambiente do Partido dos Traballadores, ó que estaba afiliada, antre os anos 1995 e 1997. O presidente Lula apostou por ela como valor seguro, daí que a nomeara ministra de Medio Ambiente ó acceder ó poder no 2003. E chegaría informar daquela que a Amazonia sería tratada de distinta forma. Nefecto, gracias á xestión da ministra ecoloxista, a deforestación reduciríase nun 75% ó tempo que vastas áreas serían entregadas ás comunidades indíxenas.

Marina Silva asumeu a necesidade de comprometer terras na producción de biocombustibles. E tamén procurou axuda internacional prá conservación da Amazonia, por ética e solidariedade. E obtivo diversos premios: Goldmann, Champions of the Earth…. Pero o seu goberno optou por unha política distinta. Lula chegaría a decir que a Amazonia non ten por que permanecer como santuario do planeta. Coas presiós dos latifundistas, gandeiros e cultivadores de sóia, dende que foi anunciado o Programa de Aceleración do Crecemento --PAC--, un plan que prevé a realización de infraestructuras e obras en zonas sensibles, parece marcada a fin da Amazonia como bosco primario e pulmón da Terra. Marina Silva, que chegou ser considerada por The Guardian como unha das 50 persoas que máis poderían facer pola salvación do planeta, que prantou cara ós facendados culpables da deforestación de millós de hectáreas da Amazonia, por coherencia, veuse obrigada a dimitir. Cun Lula distanciado das súas políticas, non podía facer outra cousa.

O ecoloxismo universal acaba de recibir un forte golpe coa dimisión do “anxo da guarda da Amazonia”. O Instituto Socioambiental –ISA-- lembra a incansable batalla de Silva a favor do desenvolvemento sustentable; que a súa marcha é unha gran perda pró Goberno e pra Brasil. Greenpeace declarou que “as forzas máis destructivas do Brasil demandaban a saída de Marina Silva”. E según a secretaria xeral de WWF-Brasil, Denise Hamú, “trátase dunha clara demostración de que a área ambiental non ten espacio neste Goberno”. Está claro que ó exsindicalista Lula xa non lle interesa o tema ecolóxico; que está disposto a entrega-la Amazonia. De tódo-los xeitos, nervioso, acaba de lle pasa-la carteira ministerial da dimitida a Carlos Minc, do Partido Verde, que asegura vai segui-la política de Marina Silva.

miércoles, 14 de mayo de 2008

ESTOUPA UN GASEODUCTO. [11.05.2008]

Maxinalo é fácil. Buscade en Google a información da Cruz Roxa. Cen mortos en Nixeria. 16.05.2008.

Pontevedra, 18.05.2008. Addenda. Aínda que o vídeo reproducido a continuación corresponde ó estoupido dun gasoducto nos Estados Unidos, 1994, desgracias asimilables acontecen acotío. Por exemplo, as fotos que agora incluímos corresponden ó reventón e deflagración conseguinte dun oleoducto en Nixeria, ó Norte de Lagos, a capital económica do país, o pasado 16.05.2008. Houbo máis de cen mortos. O país aínda lembra dous accidentes similares, o pasado ano 2007, e outro no 2006, con douscentos mortos carbonizados. Non convén frivolizar con estes temas, nen basa-la seguridade na prepotencia falaz do esquecemento das leis, da presunta delincuencia arribada ó poder, ou da súa capacidade pra lle marca-la folla de ruta ós gobernantes.

(Se o video non está operativo buscade en Xornal.com artículo do mesmo título e autor.)


Pontevedra, 15.05.2008

Entrada n. 486 do blog.

O que reproduce o vídeo refírese ó estoupido e conseguinte deflagración dun "pipeline" da compañía Edison Natural Gas, en Durham-Woods, USA. Tamén ó escenario de ruínas no que se convirteu o lugar. Curiosamente, non houbo nada máis que un morto, dun ataque de corazón, e máis de cen persoas quedaron sen fogar. Suponse que é o autor do video o que chega afirmar, con certo humor: "Tiven sorte d´aquela".

As esceas poden servire a modo de reflexión do que esos accidentes, atentados ou actuaciós terroristas poden traer como consecuencia por onde queira que pasen gaseoductos, circulen cisternas ou haxa depósitos de gas natural, d´algún tipo de pesticida, de cloro, etc.

Maxinemos que acontece algo así, que sería moito peor, en Mugardos; que acontece en Pontevedra.... ¿Cántas víctimas, qué horrores habería que contabilizar? ¿Poden os políticos, coas súas decisiós culpables, garantizarnos que nunca vai pasar nada cando acaban de nos traicionar no asunto da "autorización ambiental integrada" de Ence i Elnosa? ¿Podemos falar de corrupción? Teñamos presente que nun informe dos 80 sobre posible plan de emerxencia prá fábrica de Pontevedra afírmase que, no noso caso, non habería posibilidade de evacuación nen de confinamento, máxime agora, tendo en conta o laberinto urbanístico no que foi reconvertida a cidade. Sería bo que a consellería de Medio Ambiente, no canto de lle dar carpetazo ó asunto da AAI, reconsiderase o dito no tal informe, como tamén os caciques locales, igualmente culpables.

En fin, o ínterese desta entrada está na visión dantesca do acontecido en Durham Woods, no ano 1994. Se logro recoller outros testimonios prometo inserilos no blog.

Acordémonos de Seveso, de Bophal e outros casos dos que non se informa axeitadamente. En Minamatta témo-los pontevedreses un atencedente do que está a acontecer coa nosa ría.

martes, 13 de mayo de 2008

AS FORZAS DO MAL [13.06.2006]

"Mencer no sotobosco", pintura informática do autor. En Valdedeus, Armenteira, San Ero, si o éxtasis de séculos llo permiteu, puido ser testigo de máis dun abrente como o que o autor quere propoñer, de forma abstracta, por medio desta pequena creación.

Pontevedra, 13.05.2008

Entrada n. 485 do blog

Hai uns días que me solicitaron, dende unha bitácora [a bitácora de Meis] información sobre unha misa en galego celebrada na igrexa d´Armenteira, nos sesenta, posiblemente a primeira da nosa terra. O solicitante facía alusión a un traballo meu, "As forzas do mal", do que tirou a información primeira. Amablemente, envioume un e-mail pra que vise o tratamento dado ó tema, algo co que non estou d´acordo: por redundante na información e polo tratamento sesgado que se fai do artículo citado, do que insire soamente o primeiro parágrafo, pra de seguido e despois da información por min facilitada sobre as xestiós feitas ante don Manuel Fernández Ramos, párroco d´Armenteira, incluir un ataque a Galicia Bilingüe, que non comparto, e que aparece na bitácora como un contínuum do por min dito. Non me parece ética a introducción de equívocos. Non, e hai que ter en conta que en Galicia Bilingüe saben moi ben que a persecución ó noso idioma estáse a facer tamén, de forma asañada, dende a propia normativa de concordia, que xa non participa da psicoloxía da fala galega, ata o punto de que ós rapaces instalados no idioma, cando chegan ás escolas, defróntanos coa "realidade" lingüística inventada polos novos iluminados. I eu, naturalmente, non me privo de decir que a morte do idioma ven, en gran parte, desas normas, da Lei pola Normalización Lingüística, da Mesa, que ten un protagonismo supurante. E da propia RAG, por inane, por ter tragado as normas do Diktatt.

 Como na bitácora está incluída tamén a miña fotografía, tomada obviamente do meu blog, presento novamente o traballo completo, á par que me solidarizo públicamente coas xentes de Galicia Bilingüe, en desagravio, porque galego e castelao son idiomas próximos cuia aprendizaxe é posible simultanear, entender que son amigos, que si o galego nos vale como lingua lar e prós afectos, prós agarimos, prá poesía e literatura, o castelao fainos máis universales, ensancha a nosa cultura. Sigue o traballo:

As forzas do mal [13.06.2006],
por Xesús López Fernández

Non teño dúbidas de que as forzas do mal están aquí, moi achegadiñas, xa tra-los mítines en forma de intenciós non ditas, xa como forza incendiaria disposta a acabar cos nosos montes, especialmente cruel en Poio e Armenteira. ¿E qué terá sido do paxariño que interrompira a meditación de San Ero sobre a eternidade, polas frondas d´Armenteira? O canto do paxaro abstraeu ó monxe que se supón fundador daquel convento por un momento, un chisco de eternidade ou eso lle pareceu, que cando regresou ó mosteiro resultou ser un desconocido, igual que pra el os frades. O nome do santo estaba nos libros do convento, pero pasaran trescentos anos, nada menos, según se recolle na cantiga. E a San Ero dedicamos unha misa en lingua galega no ano 1968, sendo párroco don Manuel Fernández Ramos, misa na que participaron Torres Queiruga, Espiña, Morente, se a memoria non me traiciona, na esperanza de que a nosa lingua participara tamén no concerto da Eternidade .... Suponse que a paxariña pode seguir pola zona, andar por algunha vagoada ou valiña de Meis, fraga, souto, bouza ou candorsa....Ou que andaría ata o terrorífico incendio destos pasados días, cen hectáreas, porque ese lume pode defrontarse tamén coa harmonía da Creación, coa eternidade mostrada pola paxariña ó noso santo, porque andan soltas as forzas do mal.

O abandono do campo é a causa primeira dos incendios. Esto é ben sabido, pero pouco se fai por conseguir fixar poboación máis alá das promesas dos retiros da Xunta ou agora en campaña. O campo, o monte, requiren a man coidadosa do home, e conservan valor de profecía as palabras de Curros Enríquez a Mariquiña Puga, o recado que lle dá prós emigrantes: “Pombiña mensaxeira, de branca pluma, fálalle ós emigrados da patria súa....Dilles que prós seus lares tornen axiña, que sen eles non queren pinta-las viñas, rega-los regos, madura-las castañas nos castiñeiros....” Eu non sei se Galicia perdería a capacidade de chorar esas ausencias e coido que a perda de dignidade sí está, en moitos dos nosos ámbitos, máis que demostrada. Non parece decente pedir agora, nunha especie de fraude, os votos a tantísima xente desconectada da nosa realidade, de cómo aquí se forzou á natureza, posta ó servicio dos colonizadores. E foi a estúpida política reforestadora dos 50 a causa principal da emigración á que lle piden o voto. As forzas do mal tiveron daquela un protagonismo certo.


Xohan Paulo II, ó que me teño referido en “O Papa ecoloxista”, deixou moitos escritos que poden aclarar ós ignaros o que é lícito no uso da Creación. Retomarei algún dos textos incluídos na súa obra “Paz co Deus Creador, paz coa Creación toda”, urxente chamamento á corresponsabilidade ecoloxista: con nós mesmos e cos demáis. A paz está ameazada por diversos factores, dí no comezo, antre eles a falta de respeto á natureza e a explotación desordeada dos recursos, o que trae formas de egoísmo colectivo, cobiza e prevaricación. O Papa dí que os políticos están preocupados polo tema e que “se está a conformar unha conciencia ecolóxica á que non se lle deben pór interquinencias, antes ben favorecela......, madurala.....encastañala en programas e iniciativas concretas”. No punto 2 fala da relación dos valores éticos coa cuestión ambiental, da necesidade de ter unha visión moral do mundo, que pró cristián está xa nas convicciós relixiosas que aparecen na Revelación, “confiando que aqueles que non compartan as nosas convicciós relixiosas poidan atopar igualmente elementos útiles pra unha línea común de reflexión e convicción”.

O Papa fala da relación do home coa integridade da Creación e do sofrimento da terra pra incidir no estudio da crisis ecolóxica como problema moral. Fai un chamamento á nosa corresponsabilidade na tarea, “porque está constatado que a aplicación dalgús descobrimentos no campo industrial e agrícola teñen producido efectos negativos, incluso pró benestar das futuras xeneraciós.” E afirma que “os residuos de industrias, gases..., a deforestación incontrolada, uso de pesticidas......deterioran, como é sabido, o medio ambiente”. Denuncia os casos de dano irreversible e pide á comunidade humáa que se implique; tamén ós Estados e organizaciós de carácter internacional. Hai que supera-la visión reductiva e antinatural, que configura incluso un verdadeiro desprecio do home. E clama o Papa pola procura dunha solución. O traballo é longo. E conclúo coa cita do remate: “Desexo que a súa inspiración [refírese a S. Francisco] nos axude a conservar vivo o sentido da fraternidade con toda-las cousas –creadas por Deus boas e belas— e nos lembre o grave deber de respetalas e custodialas con particular coidado....” Paréceme un exercicio de hixiene mental o de tentar telumbar ónde se sitúan as forzas do mal que non descansan, que se puideron acabar coa paxariña d´Armenteira, tamén poden estar tra-los silencios culpables de moitos discursos.

domingo, 11 de mayo de 2008

FUTURO INCERTO [12.05.2008]

Portada de La Razón, que xunto con ABC (o que primeiro denunciou a existencia dunha mafia policíaca en Coslada, Madrid, de alcalde socialista), que con data 11.05.2008 informaba puntualmente de diversos temas, algús xa anunciados na portada, como o drama do paro; pero tamén incluía un clarividente artículo de Stanley G. Payne ó que, si se alude no artículo é por entender que se trata dunha aportación máis do hispanista norteamericán, de obrigada lectura. Que antre os días 11 e 12 de Maio do 1931 fosen queimados máis de cen conventos e templos é memoria histórica verdadeira que non debemos esquecer cando algús cantinflas falan de que a guerra civil comezou o 18.07.1936. Non, que xa viña d´atrás. (Uso o apóstrofo porque me peta, por necesario).

Pontevedra, 12.05.2008

Entrada n. 484 do blog.

Este artículo aparece hoxe en diversos medios. Realmente, hai nel materia pra tres ou catro traballos; que a síntesis ofrecida podería ter sido máis afortunada. Quedou como quedou, como unha especie de crónica de urxencias. O autor lamenta a falta dunha verdadeira política social, telumbra que se está a facer unha especie de sementeira de medos nun panorama políticamente ermo, sen un partido demócrata cristián ou social cristián que aviveza o debate e chame ás cousas polo seu nome; que faga de revulsivo, porque, en contra do dito pola Constitución, non somos un Estado Democrático, Social e de Dereito. Está claro.


Futuro incerto [12.05.2008],

por Xesús López Fernández

Confirmada a desaceleración, aceptado incluso polo señor Solbes que parece vai máis célere do que el pensaba, o común dos cidadáns ve confirmados os seus telumbres de que non vai haber unha solución a corto prazo. Á sobida de precios dos alimentos vaise agregar, según anuncio de Industria, unha enerxía eléctrica máis cara, un 20% a partir de Xullo. A Antonio, un inmigrante ecuatorián en paro, que nestos momentos percibe un subsido de mil euros, pero ten que pagar 1200 pola hipoteca do piso, non lle queda outro remedio que o de resolve-lo seu problema de mala forma e co obrigado retorno ó seu país. Son 500000 inmigrantes os parados polo estoupido da burbulla inmobiliaria. E CCOO estima que o drama non se manifestou aínda na súa verdadeira dimensión, barallando unha cifra que pode chegare ós 700000. É máis, críticos coa inhibición de Solbes, perguntan cómo se pode resolve-la crisis cando hai situaciós de suspensión de pagos.

Que a situación é complexa e dun inmenso calado pode explica-la suxerencia dos Bancos ó Goberno de que invirta os 50000 millós de euros da reserva pró pago de pensiós, en bonos. ¿Está o propio sistema financieiro tocado?. ¿Por qué o sector bancario se implicou máis da conta na economía do ladrillo? Porque aquí está a pasa-lo que moitos cantaban: que se estaba a impulsar un desenvolvemento insustentable, basado no ladrillo e con man de obra non especializada. Son anos de amparo ós especuladores, de ninguneo da política social, o que parece unha negación nun goberno que se define como socialista e ó que pouco lle queda pra xustifica-la súa definición de progresista, porque…,¿qué lle queda hoxe á esquerda pra xustifica-la adoución desa denominación?. ¿Qué lle queda, sí?. A promoción do aborto libre, a imprantación da Educación prá Cidadanía como arma ideolóxica, novos ataques de laicidade... “Políticas” que en nengún caso benefician ás familias.

Quizaves resulte oportuno traer aquí algo afirmado por Eclesialía Informativo do 6.5, no sentido de que “os cristiáns non somos seguidores dun lider relixioso. Seguimos a un Profeta laico; porque Xesús foi laico que non sacerdote nen funcionario da relixión, nen nada parecido, e que axiña entraría en conflicto cos dirixentes da relixión do seu tempo, os sacerdotes e funcionarios do Templo, os representantes oficiales do “relixioso” e “o sagrado”. A gran revolución predicada por Xesús consiste en ter aberto ós homes outras vías de acceso a Deus distintas do sagrado. E así, a relación co próximo non pasa pola Lei, nen a relación ética vivida como servicio ó próximo e levada ata o sacrificio dun mesmo”, sacrificio que hoxe sigue vivo nos seus seguidores. O cristianismo crítico sigue perseguido polo ancho mundo e decote sabemos de novos mártires. Poden algús renova-lo odio á Igrexa, sí. Pero Stanley G. Payne acaba de nos lembrar –memoria histórica non distorsionada— que despois do aniversario do 14.4.1931 sucedeu o do 11.05.1931, o da queima de máis de cen conventos e templos; que non era na Igrexa onde moraba o radicalismo.


Ante a actitude pasota do PP e os anuncios do Goberno de privación que pode ser anticonstitucional dunha serie de libertades –que afectan ás familias, á Igrexa, ós individuos— eu, laico, solidarízome con Josep Antoni Durán i Lleida, de CiU, que vai prantar cara á nova ofensiva “laicista” anunciada. Coa Xusticia empantanada, privada de independencia pra actuar como fialato das libertades, faría falta unha protesta social forte, talvez un novo partido político. O dito por Fernández Bermejo, que asegura que non existe caos cando o seu ministerio está paralizado e lle bota a culpa a Franco do que acontece; el, que ten falado da España negra, non comprende que a súa xestión vai ser memoria histórica dentro de poucos anos, e que a independencia xudicial é vital prá defensa das libertades. Se non se dá o paso dunha rexeneración pública real e de toma de decisiós, o futuro vai seguir incerto.