sábado, 27 de febrero de 2010

POL e PXOM, tempo de regueifas

Lourizán, antes e despois de Ence.
- -
Artículo semanal

Pontevedra, 28.02.2010
-
Entrada n. 1188 do blog
-

POL e PXOM, tempo de regueifas,
por Xesús López Fernández

Regueifa é palabra con significados varios. Podemos chamar así ó pan de vodas, a unha rebanada de pan de millo e doutras fariñas e a moitas outras cousas; pero desta volta ímonos referir á regueifa ou enchoiada, especie de diálogo sostido que cantan normalmente un mozo e unha moza, ou simplemente varóns, por medio de coplas improvisadas, a xeito de desafío ou retesía. Poden ser loitas de amor, de cortesía ou de agudeza, nas que cada cantor comeza a súa intervención, normalmente, polo último verso da improvisación do contrincante, e así vai a enchoiada, que pode estar marcada incluso por unha certa renartería ata demostrar cal das partes ten máis inxenio. Anque corresponden a concursos lexendariamente exclusivos da mocedade aldeáa, o certo é que podemos estimar que, na información do tempo político que vivimos, algús dos nosos representantes, nas súas informaciós e desinformaciós, actúan en clave de regueifa.

O POL [Plan de Ordeación do Litoral] e o PXOM [Plan Xeral de Ordeación Municipal] están neste momento no campo da regueifa política. Terán que nó-los explicar por activa e pasiva, con transparencia que de momento non vemos. E hai algo en ambos plans que o elector ten que ter moi en conta: a defensa do capital natural, porque o home non pode compromete-la fecundidade do chan, nen a do mar, algo a ter en conta con ambos instrumentos; mais parece que imos polo camiño de facer bo o discurso de Pérez-Reverte, que me permito traducir: “España é un país gozosamente inculto, deliberadamente inculto… […]” ou o que “España non é pola nosa estupidez de sempre”, algo que a nivel local está a acontecer no noso entorno, sen que nen POL nen PXOM mostren unhas auténticas claves de rexeneración ambiental. E se o BNG pontevedrés tenta promovere unha campaña de alegaciós contra o POL, o conselleiro de Medio Ambiente achégase á cidade pra acalmar ó persoal, quitar ferro ás acusaciós do concelleiro de Infraestructuras local.

O macronudo de Mollavao, unha das actuaciós máis agresivas [máis regresivas] en relación coa ría, parecía estar en fase de solución, pero o ministerio de Fomento [o mesmo que pulou polo tren d´Os Praceres sentenciado como ilegal] mantén o proiecto; está polo que se ve na línea do discurso de Pérez-Reverte e de xeito deliberadamente inculto quer incidir coesa obra en apoio de presuntos intereses contrarios á ría como espacio natural e ricaz. Ó mellor de xeito máis “explosivo” que o Xynthia que está a pasar cando fago este traballo. Pero da recuperación do litoral parece que soamente fala Telmo Martín, que propón a recuperación das marismas de Lourizán, da praia de Pontevedra, mesmo a retirada da autovía que esa rexeneración conlevaría. E tamén resulta interesante a idea de construire un metro lixeiro Pontevedra-Marín. Precisamente en tranvía acodía ás marismas de Lourizán na miña infancia, á que el propón como praia de Pontevedra, que sería un revulsivo na involución ambiental marcada polas distintas camadas políticas. Si fala en serio.

Nun dos seus tempos de regueifa, Mosquera perguntouse se o POL estaría realmente “cruzado” coa Lei de Costas, circunstancia que tampouco apreciamos en relación co PXOM, nen que teñan redactado a Axenda21Local. ¿Estamos na Europa das cidades sustentables, sí ou non?. A sospeita que temos diversos colectvos cidadáns é que nengún dos tres partidos está a actuare con seriedade i en clave de país e que, de cada volta, estamos máis lonxe de Europa porque as diversas políticas, a gobernación de España e a das cidades en xeral, conducíronnos a unha situación de insustentabilidade. Pode que non todo estea perdido, mai-la esperanza faise vouga e hai un certo medo que pode mesmo traducirse en pasión dominante. Cambiar de orientación demandaría confesión de culpas e unha eclosión de información sobre o POL e o PXOM. As regueifas pra outra ocasión. Están ben prá festa. Na aldea.

viernes, 26 de febrero de 2010

POL E PXOM, REGUEIFA

Tramo Pontevedra-Marín da autovía asentada en dominio público marítimo terrestre e que ampara un complexo presuntamente fóra da Lei.
-
addenda. 27.02.2010. Pérez-Reverte acaba de facer unhas novas declaraciós, esta vez en relación cunha novela que vai ser presentada este próximo mércores: El Asedio.
-
No curso da conversa o home analiza a situación actual do país e chega decir algo que ten unha especial aplicación no fondo do que aquí se comenta: "España es un país gozosamente inculto, que incluso alardea de ser inculto, y con gente así, hacer esa ley de memoria histórica es ponerle una pistola en la mano".
-
Con pistola ou sen ela, a situación de incuria da nosa caste política no tema medioambiental é pra se botar a chorar.
-
Pontevedra, 26.02.2010
-
Entrada n. 1187 do blog
-
POL E PXOM, REGUEIFA,
por Xesús López Fernández
-
Os partidos poden ter ante sí dúas armas dialécticas nas que non trascende, necesariamente, a democracia que debería estar presente en ambos casos:
O Plan de Ordeación do Litoral, que non está debidamente explicado e no que o BNG pode ter un arma demagóxica pra comezare a súa campaña electoral e a recolleren asignaturas contra o mesmo, aínda que suspendan en PXOM. Firmas son votos.
-
O PP podería ter gañada a partida do PXOM se denunciara o que nel pode haber de ilegal e mostrarse, de paso, máis ecoloxista que os estalinistas do BNG, que os meteron na Carta de Aalborg das Cidades Europeas con Susantabilidade, cando resulta que agora nos furtan a Axenda21Local, algo que neste blog tense dito moitas veces. A influencia dos clústers parece certa porque non se aprecia en nengún dos grupos unha transparencia clara cara a sustentabilidade ambiental. ¿Será capaz o PP de capitalizare unha oferta real de salvación da ría?. Firmas serían votos, porque o BNG xa non está pola recuperación das marismas de Lourizán, algo máis amplio que Ence, discurso distinto.
-
Pero é que ademais o ministero de Fomento non quere retira-lo proiectado macronudo da punta de Mollavao, a que se aprecia na fotografía de La Voz que ilustra este post, a mesma á que o BNG non lle fixo ascos, que mesmo comezaran a deseñaren unha nova ribeira.
-
Telmo Martín insiste en que hai que recupera-la praia de Pontevedra e retira-la autovía Pontevedra-Marín, a mesma á que eu accedía de pequeno en tranvía, idea que tamén Telmo quere recuperar; a edar tamén, por suposto. Ideas non lle faltan.
-
Noticias relacionadas:
-
-
-

UNHA BANDEIXA DE MERDA PRÓ SENADO

Montoro en La Razón: Pra valorar xenerosamente a talla política do noso presidente, o mellor é comparala coa súa talla moral (coa Lei do Aborto como telón de fondo).
O do aborto pode que tamén sexa unha ocurrencia que ZP non puido reformar. ¿Ónde está a masa crítica asesina que fai posible a Lei do Aborto? (Caín, en La Razón)
O nasciturus que vai ser abortado pergúntase se pode servir dalgo que el estea contra a pena de morte, como ZP. Viñeta de Esteban, en La Razón.
-
Pontevedra, 26.02.2010
-
Entrada n. 1186 do blog
-
UNHA BANDEIXA DE MERDA PRÓ SENADO,
por Xesús López Fernández
-
Unha bandeixa de prata con caca de gato e a fotografía dun neno abortado, sí, foi o regalo remitido por unha asociación antiabortista, defensora da vida, ó Senado, por ter votado a Lei do Aborto. Son numerosas as críticas producidas en todo o país contra a dita lei.
-
A organización contra o aborto Unidos por la Vida depositou este Venres no Senado unha bandeixa de prata "chea de merda de gato", que incluía ademáis a foto dun neno abortado, "un nasciturus asesinado". A lei de prazos é unha caca, manifestou a presidenta da asociación, Pilar Gutiérrez, xustificando así o envío en especie ó Senado da nación. "Matar nenos é caca, así que cómana vostedes".

A asociación protesta contra a recente aprobación no Senado da Ley del Aborto. O obxetivo do acto era entregar unha carta e o "catering representativo" ó presidente do Senado, Javier Rojo, pero "non lles foi permitido". De tódo-los xeitos a noticia fíxose pública i eso vale pra que o país recapacite sobre a vileza moral dos sesudos senadores que descargan a súa valentía, o seu falaz ardentío, na lexitimación do que algún día ha ser conocido como un período triste da nosa Historia, no que se puxo en marcha o peor dos holocaustos, a morte en serie dos máis indefensos. Faise un chamamento a toda a sociedade, porque o país todo está moralmente ferido se non ten forza pra limpa-las instituciós da caterva actualmente gobernante que debe ser desparasitada a conciencia.
-

JOAQUIN MONTERO, ABANDONA O PSOE

Fotografía de Joaquín Montero (tomada do blog de Elentir/Contando Estrelas), que se dou de baixa do PSOE por non acepta-la política abortista dos socialistas.
-
Pontevedra, 26.02.2010
-
Entrada n. 1185 do blog
-
JOAQUÍN MONTERO, ABANDONA O PSOE
-
deixa o PSOE por "lexitima-la morte dos inocentes" con "leis inxustas"
Sigue o texto do post de Elentir/Contando Estrelas, de data 26.02.2010
-
Joaquín Montero, concejal socialista y segundo teniente de alcalde de Paradas (Sevilla), ha comunicado su baja al PSOE en protesta por su política abortista. Montero ha escrito una carta a Zapatero y a Leyre Pajín en la que critica la falta de democracia interna en el partido y denuncia el engaño al electorado socialista al aprobar esta reforma sin llevarla en el programa del PSOE para las Elecciones Generales 2008 ni mencionarla en el XXXVI Congreso Federal del partido. Montero califica esta reforma abortista de “hecho antidemocrático sumamente grave” y recuerda que “no hay en nuestros días una afirmación más reaccionaria que la del derecho de una persona sobre la vida del hijo no nacido”. Por su interés y por su valentía, copio aquí íntegra su carta:
-
“A/A Secretario General del PSOE, José Luis Rodríguez ZapateroA/A Secretaria de Organización del PSOE, Leire Pajín Iraola
-Tras la aprobación esta misma tarde de la futura ley del aborto, ley Aído, en el Pleno del Senado con una ajustada mayoría de voluntades compradas a golpe de concesiones, este partido, el Partido Socialista Obrero Español, da un paso adelante en la conquista de la sinrazón en la que tanto camino tiene recorrido. Esta ley ha sido posible gracias a los males anteriores que ya habían sido asumidos:
-
Por un lado, la falta de libertad dentro del partido es un signo característico e inconfundible para percibir hasta dónde se han traicionado los valores democráticos que siempre caracterizaron a la Izquierda. No sólo acudimos a las anteriores Elecciones Generales de 2008 sin llevar en el programa electoral mención alguna a la ley que hoy se aprueba, sino que meses más tarde, en la ponencia marco del XXXVI Congreso Federal tampoco se hacía mención expresa a promover una nueva ley del aborto donde se considerase este como un derecho.
-Hemos engañado al electorado al que representamos y hemos obviado el diálogo interno dentro del partido sobre un tema que, no sólo es contrario al humanismo universal que históricamente caracterizó al socialismo, sino que además divide a la sociedad dramáticamente. Este es un hecho antidemocrático sumamente grave.
-
Pero además, hemos contemplado estupefactos como se ha consensuado con los sectores nacionalistas más reaccionarios que el aborto sea un derecho sin límites, manteniendo el supuesto coladero hasta la 22ª semana. Aprendí de viejos y verdaderos militantes socialistas, que dieron hasta el último aliento de sus vidas por los ideales en los que creían, que “No hay en nuestros días una afirmación más reaccionaria que la del derecho de una persona sobre la vida del hijo no nacido. Es el derecho de propiedad más absoluto concebible, más allá del derecho del amo sobre el esclavo”. La propiedad sobre las personas ya fue abolida en la historia de la humanidad.
-
Es evidente que el socialismo, dentro de este partido, no puede ya superar los 40 años de vacaciones disfrutados durante la dictadura franquista, no ha sido capaz de conectar con el espíritu socialista de la clase obrera pobre que lo creó, por lo que pido que desde este mismo día conste mi baja como militante del PSOE. Así mismo pongo a disposición del partido los cargos electos que ocupo en el Ayuntamiento de Paradas (Sevilla). Jamás permitiré que mi nombre aparezca junto al de una organización que legitima la muerte de inocentes mediante la aprobación de leyes injustas.
-
En Paradas, a 24 de febrero de 2010Fdo.: Joaquín Manuel Montero Navarro”
-
Desde aquí quiero dirigir un fuerte aplauso a Joaquín Montero. En momentos así es admirable que un político sea capaz de enfrentarse con su partido por una cuestión de principios y de respeto a los derechos humanos, mientras la mayoría calla y mira hacia otro lado (y no sólo en el PSOE). Ojalá pronto veamos a más valientes dar ese paso en defensa de la vida.
-

jueves, 25 de febrero de 2010

EDIFICIO DEZ

No edificio Pirsa, ó fondo, á esquerda, apréciábase o 1 de Maio do 2009 que non todo estaba vendido. Dous letreiros anunciaban "se vende", pero poden ser máis os aínda por vender. O edificio Pirsa é un edificio 10 que resulta non ten garaxe, que ademáis fanno inhabitable cando se montan os espectáculos da Ferrería con exceso de decibelios. Non hai quen aguante. E os propietarios, naturalmente, denunciaron a situación de abuso e ruído excesivo ante a Xusticia. (Clicade sobre a foto pra agrandala e ve-los anuncios de SE VENDE)
-
Pontevedra, 215.02.2010
-
Entrada n. 1184 do blog
-
EDIFICIO 10,
por Xesús López Fernández
-
Parece que todo eran facilidades cando se acometeu a restauración do antiguo edificio Rocafort. Unha das condiciós imposta polos promotores da obra foi a de que terían que contare con garaxe. Pero finalmente non foi posible. Patrimonio non accedeu á posibilidade de arbitrare un aparcamento con acceso por medio de plataforma, dende a súa San Sebastián.
-
Por outra banda, os que nel viven, dúas persoas ou dúas familias, non aguantan os ruídos dos espectáculos da Ferrería. Eso non hai quen o soporte. E denunciaron a situación ante o TSXG, que acaba de dictar unha sentencia denegatoria. Parece como si volveramos atrás e que esas situaciós non se resolveran se non é por vía do Tribunal de Dereitos Humáns de Estrasburgo, ou ben do Tribunal Supremo do Estado Español.
-
¿Lémbranse de cándo Mosquera decía que os pisos todos estaban vendidos en obra e que incluso había lista de espera por se alguén abandonaba?
-
¿Quén está disposto a invertir 100 millós de pesetas, ou máis, na compra dun piso-tortura?
-

A AVENTURA TERMAL DE CASIMIRO GÓMEZ

Xosé Manuel Pereira, historiador local que leo con franco interese, especialmente por ter denunciado públicamente a reconversión do idioma galego en galegués. Se antes escribía en galego agora faino normalmente en castelán. Hoxe persenta un libro sobre "A aventura termal de Casimiro Gómez". Na fotografía de La Voz de Galicia, Xosé Manuel Pereira ante as ruínas do vello balneario de Monteporreiro, que se chamaba realmente Balneario de Villa Buenos Aires.
Antigua fotografía do balneario que no seu tempo de esplendor era visitado por Montero Ríos, González Besada, Vincenti e Bugallal. O lugar tamén foi visitado por Canalejas, pola infanta Isabel de Borbón, o Sultán de Marrocos, Muley Haffid, así como médicos, periodistas i escritores ingleses, según inventario aproximado que fai o seu historiador. (Foto de La Voz de Galicia)
-
Pontevedra, 25.02.2010
-
Entrada n. 1183
-
A AVENTURA TERMAL DE CASIMIRO GÓMEZ,
por Xesús López Fernández
-
Hoxe será persentado un libro sobre a gran figura de Casimiro Gómez, o creador da finca de Monteporreiro, que eu conocín no seu devalo, pero que funcionaba como parque e pulmón da cidade. Nos últimos trinta, o balneario era xa unha ruína, pero se mantiñan algús dos usos da granxa con galiñas de diversa caste: as brancas Leghorn, as case roxas Rode Island, pedresas, as negras casteláas, etc. Asombraba o paseo central con eucalilptus de diversa especie, que remataba no edificio do mirador-biblioteca, aínda aceptablemente conservado.
-
Por moitos anos Monteporreiro foi espacio de camiñatas, cos puntos de encontro citados, ademais do desembarcadeiro, lugar de baño obrigado. Na campa frente ó convento de San Benito había unha casa, coido que morada dun guardabosco ó que conocín persoalmente. Agradáballe falare do pasado da finca; mesmo me mostrou en certa ocasión unhas bandas de papel, etiquetas que quedaran sen uso unha vez suspendido o embotellado das augas mineromedicinales de Monteporreiro.
-
Xosé Manuel fixo un verdadeiro labor de investigación que vai servir pra nos achegar á figura de Casimiro Gómez, un daqueles espíritos emprendedores dos que a nosa cidade quedou privada. A persoalidade que nos descobre Xosé Manuel é a dun verdadeiro titán que soupo emigrar, aprender e construir un imperio con renome internacional.
-
Traballo serio o de Pereira; nada que ver coa ópera bufa do "purolérez.com" do BNG. Pero mellor leé-la noticia de La Voz de Galicia desta data.
-

miércoles, 24 de febrero de 2010

OUTRO 23F

Montoro en La Razón. ZP acórdase de que o Goberno tamén fai ben as cousas, ás veces; que si Aznar nos levou a Irak ZP é responsable da presencia das nosas tropas en Afganistán, onde a Otan mata civiles.
Goberno e sindicalistas liberados montaron onte, en plan subliminal, un 23F, no 19 aniversario do golpe de Antonio Tejero, do que permanecen aínda sen aclarar certas claves. (Dibuxo de Montoro, en La Razón.)
Caín, en La Razón, vainos mostrando as súas viñetas-filosofía, como a anterior, na que os sindicatos, neste 23 F, amagan de forma lilaina pra que non-os esquezamos deles. Á fin, os cidadáns desconfían dos gobernantes que, en definitiva, carecen de carisma e credibilidade. (Caín, en La Razón.)
Unha boa instantánea dun nacionalismo máis basado no brutalismo que nas ideas democráticas (Caín en La Razón)
Un bo retrato da especie de oligofrenia funcionarial que padece o país, que provén da oligofrenia política enferma de corrupción. (Caín en La Razón)
-
Pontevedra, 24.02.2010
-
Entrada n. 1182 do blog
-
OUTRO 23F,
por Xesús López Fernández
-
Descafeinado, bufo, no que Goberno e Sindicatos montaron unha parodia de manifestación. ¿Cómo poden presumir de representantes sociales a caterva de 300000 liberados pra lle faceren máis fácil o paseo a ZP?
-
Non faltan artículos que analizan nos medios d´hoxe a intentona de Antonio Tejero hai 19 anos. A democracia era débil daquela; pero hoxe parece decote máis enferma: enferma de partitocracia e de corrupción, ou dun revisionismo falaz que nos quere conta-la historia en clave estalinista ou trostkista.
-
-

MUSEO DA HISTORIA, EN PONTEVEDRA

Así permanecen as excavaciós, asolagadas, do que foi porto román pontevedrés. (Fotografía de La Voz de Galicia)
-
Pontevedra, 24.02.2010
-
Entrada n. 1181 do blog
-
MUSEO DA HISTORIA, EN PONTEVEDRA,
por Xesús López Fernández
-
Aparelladores e arquitectos poñen en solfa a viabilidade, a legalidade incluso, tanto do Museo da Historia (que se prevé máis como gran tapón prá cidade) como do realizado na recuperación soterrada da fosa das Torres Arzobispales. Todo xustificado sen plans planimétricos, con dous planiños de coña; todo por capricho de Mosquera.
-
-
-

7 DE MARZO, DEFENSA DA VIDA.

¿Quén lle pode explicar a un neno en qué consiste o aborto? Que o fagan Bibiana ou ZP, se son capaces, se teñen entrañas!
Anuncio da manifestación convocada por DAV, Dereito a Vivir, pra o próximo 7.03.2010. Unha cita prós defensores da Vida.

Senatores: Audite populum. Defendite vitam. Máis dun millón de signaturas foron entregadas pra ver de conseguire evita-la lei que vai poñer en marcha o asesinato libre dos nasciturus. España tingue de sangue ó vello continente se non se neutraliza o intento bastardo de matare ós máis indefensos. O Senado disponse a votar. Un grupo de DAV Madrid avísaos, transmítelle o que pide o pobo coas signaturas millonarias: "Escoitade ó pobo. Defendede a vida".
-
Pontevedra, 24.02.2010
-
Entrada n. 1180 do blog
-
7 DE MARZO, DEFENSA DA VIDA,
por Xesús López Fernández
-
Lembrémonos do noso compromiso na defensa da Vida. O 7 de Marzo toda España debería protestar contra a promoción do holocausto dos nasciturus ó que se lle quer dar patente de legalidade.
-
Información e fotos de Fotelias ou de DAV Madrid.

martes, 23 de febrero de 2010

ITINERARIO CULTURAL DE MONTERO RÍOS

O monumento a Colón tivo como asento orixinal o pazo de Montero Ríos, en Lourizán. Agora leva máis de medio século nos xardíns de Vincenti, notablemente deteriorado.
Esta verxa cerra o Centro Forestal de Lourizán na súa parte máis baixa. Mide douscentos metros e, prá súa construcción, Montero Ríos solicitara un préstamo.
-
Pontevedra, 23.02.2010
-
Entrada n. 1179 do blog
-
ITINERARIO CULTURAL DE MONTERO RÍOS,
por Xesús López Fernández
-
Catro colectivos sociales de Lourizán-Praceres [Asociación Estriceres, Plataforma prá Defensa da Praza d´Os Praceres, Comunidade de Montes de Lourizán e Asociación San Andrés de Estribela] están solicitando a reposición da memoria histórica do lugar, especialmente o bo facer de Montereo Ríos.
-
Restaauración do pazo de Lourizán, do arboreto, da verxa que lle dá cerre pola parte baixa ó Centro Forestal de Lourizán, recuperación do monumento de Cristóbal Colón, hoxe en Pontevedra, e integración, no Itinerario que propoñen da igrexa de San Andrés de Lourizán, o edificio da punta d´Os Praceres, [hospedeería prás visitas que recibía Montero Ríos], e tamén a illa de Tambo, antigua propiedade do noso político.
-
Están traballando ben as xentes de Lourizán-Praceres. Pero difícilmente han consegui-los seus propósitos nen por mediación de sentencias do TS, que parecen inútiles ante o tremedal de corrupción, a gran chafuldra na que se convirteu o noso patio político. Acaso sexa o momento pra estas xentes de pensaren nunha segregación territorial, na creación dun novo Concello.
-
(As fotos son de La Voz de Galicia)
-

lunes, 22 de febrero de 2010

NOVOS CONTOS DE REIS [4.01.2003]

Das mil e unha noites. Dibuxo informático de Xesús López.
-
Pontevedra, 23.02.2010
-
Entrada n. 1178 do blog
-
Artículo recuperado do ano 2003, que ten que ver coa estratexia da involución comercial planificada en Pontevedra e cos beneficios dos subvencionados, mentres se xoga coa estabilidade artesanal e familiar dunha vendedora. Deso van os "Novos contos [tristes] de Reis]. Houbo un certo intento de solidariedade, pero non clamor social pra evita-lo abuso, o dereito de pernada conducido a través de certa asociación, a ASCZM. -
NOVOS CONTOS DE REIS.....,[4.01.2003]
Por Xesús López Fernández
--
O tesouro dos contos das Mil e Unha Noites recolle os relatos que Sherezade vai narrando noite tras noite á súa irmá Dunyazade, serie de historias incacabadas, que se retoma na noite seguinte. Dunyazade desposara cun Sultán que tiña por costume matar ás súas noivas despois da primeira noite, pero a moza tiña por costume non dormir sen antes oi-lo conto, o novo conto da súa irmá, e casou coesa condición: que non podía falta-la narración de Sherezade, ó que accedeu o Sultán. Total que cada relato deixaba un cabo, o comezo doutra historia, imposible naquel momento porque Dunyazade non podía máis co sono. E así, a noite de vodas foise demorando, ata que o Sultán perdoou a vida da súa desposada. Así, cando os Reis do Greenpeace suplen o carbón polo chapapote –nada de castañas cocidas, leite fresco e bica quente, como dí a panxoliña--; cando o fuel arriba á costa atlántica de Francia --da que chegan noticias dunha maior coordinación, presencia política e inmediata actuación da Xusticia— están a agromaren novos contos da marea negra.


Son momentos tensos, con mil historias cruzadas, portador cada voluntario da súa particular, cargada cada día que pasa de novas experiencias. Os medios siguen a traer decote novas e dramáticas noticias e máis dun escritor ha estar a recoller datos pormenorizados pra convertire en persoaxes literarios ós mariñeiros e percebeiros que tiveron que toma-la iniciativa, ós políticos e medios que malinformaron ou estiveron ausentes, ós que tentan agora rentabiliza-la miseria derivada da catástrofe. E así, o vicepatrón da Cofradía de San Francisco de Vigo acusou á plataforma “Nunca Máis” de se aproveitar da imaxe dos afectados polos vertidos do Prestige en beneficio propio, opinión contestada dende outras cofradías. De momento, quédome coa historia de Man, Manfred, o alemán de Camelle, historia xa contada polos que tentaron ver no home a un ser en evolución, a Vida retornando ó mar, a un mar no que se contan moitas baixas, unha delas a do propio alemán cada vez máis identificado coas rochas, coa area, coa escuma do ardentío. En Camelle.

Hai nerviosismo. O Prestige pode pasar factura política. E parecen evidentes certos intentos de obnubilar con este asunto ós votantes dos comicios de maio. Os xestores da cousa municipal terán que dar conta do que non fixeron ou do que fixeron mal. Hai unha sociedade crispada porque lle cambiaron a cidade –“referente urbanístico”--, máis incómoda que no 1999, e que non se consola coas bandeiras do “Nunca Máis” que ve penduradas das fiestras ou expostas nos escaparates, mesmo na feira artesanal da Praza do Teucro, na que circulaban como programas de man uns folios coas “frases felices” dos nosos políticos en relación co fuel. Pero homildemente, sen bandeira, cinco ou seis stands contaban outra historia: “Nos solidarizamos con María Quintáns, ceramista de Pontevedra, excluída por la organización de la zona monumental de este mercadillo “Pontenadal 2002”, como castigo al manifestar su desacuerdo por la falta de espacio para los clientes en la pasada edición.”


Algús han ter fresca a lectura da historia contada neste medio [Diario de Pontevedra] pola víctima, que vive do seu traballo. Na pasada edición protestara pola apretura existente –un pasillo de metro e medio de ancho por corenta de longo prá atención ó público, sen saída de emerxencia— e gracias á súa denuncia habilitaron dúas saídas... O relato de María Quintáns ten todo o necesario prá construcción dun conto clásico, un conto (triste) de Nadal: a confección dos artículos pró seu stand, medio de vida da súa familia, a esperanza de bós resultados, tres fillos a dependeren dos mesmos, e o gran chasco final porque María Quintáns non ten cabida nesa feira por decisión dos organizadores da mesma –ACZM--. Miserias e insolidariedade coa denuncia xusta de María, mentres algún grupo tenta sacarlle ó drama da marea negra máis partido que Sherezade ós contos das Mil e Unha Noites, como novos contos de Reis..

BALTASAR GARZÓN MOLINA, NOTICIA

Baltasar Garzón, o xuez estrela, talvez en horas baixas. E non sóo polo seu parcialismo á hora de entrare no tema das "fosas comúns", senón polo que se dirá nesta entrada.
-
Pontevedra, 22.02.2010
-
Entrada n. 1177
-
BALTASAR GARZÓN MOLINA,
por Xesús López Fernández
-
Baltasar Garzón Molina, fillo do xuez estrela, conducía o pasado 3.07.2009 un vehículo pola A-6, de regreso á súa casa. Polo que se ve a noticia mantívose no refrixerador dende aquela. Do que pasou, da intervención da Guarda Civil, da sanción con perda de catro puntos, multa e suspensión de carné por un mes, e de novas dilixencias con sanción doutros seis puntos, nova multa e privación de carné informaba hoxe La Gaceta, así como do presunto intento do xuez de desactiva-las denuncias por medio da súa escolta, dous policías nacionales, ó que se negou a Benemérita. Sigue o texto da noticia:

El 3 de julio de 2009, Baltasar Garzón Molina, hijo del juez de instrucción de la Audiencia Nacional, conducía de vuelta a su casa por la A-6. Eran las siete menos cuarto de la mañana de un viernes y una patrulla de la Guardia Civil le da el alto. Le impone una sanción de 300 euros, la pérdida de cuatro puntos y la retirada del permiso de conducir durante un mes.

El expediente, al que ha tenido acceso LA GACETA, explica el motivo de la multa: “Conducir de forma negligente, creando riesgo para otros usuarios. Circular por el carril izquierdo, no guardando distancia de seguridad con el vehículo que le precede, cambiando bruscamente de carril sin señalizar con las advertencias ópticas correspondientes y coger súbitamente la salida a la derecha”.

-Esto es lo que dio de sí el Opel Astra que conducía el hijo de Garzón a aquella temprana hora de la mañana. Puesta esta primera sanción, la pareja de la Guardia Civil le insta a hacerse la prueba de alcoholemia.

-0,54 miligramos


A las nueve menos veinte de esa misma mañana, y todavía retenido en el arcén, a Baltasar Garzón Molina se le abre otro expediente y se le impone una nueva multa. El motivo es “circular con tasa de alcoholemia en aire expirado superior al 0,25 miligramos por litro. Sobrepasando 0,50 miligramos en la primera prueba y 0,54 en la segunda”. El hijo del juez Garzón ha infringido el artículo 20.1 del Código de Circulación y se le impone una sanción de 600 euros, la pérdida de otros 6 puntos y, de nuevo, la retirada del carné de conducir.

-Conducir en estado de embriaguez, como delito que es, supone la apertura de diligencias penales, aunque es un delito que no se “reseña”; esto es, no se ficha al que lo comete; pero sí supone la imposibilidad de volverse a subir al vehículo. En ese momento, el hijo de Garzón hizo una llamada y, poco después, dos de los escoltas de su padre se personaron en el punto kilométrico en el que estaba retenido.

De acuerdo con los testimonios de la Guardia Civil, estos dos escoltas, policías nacionales de profesión y destinados como funcionarios públicos al servicio del juez para salvaguardar su vida, intentaron “arreglar” el asunto, aunque sin éxito, ya que los miembros de la Benemérita no accedieron.

-Finalmente, uno de los escoltas sube al chico al coche con el que han acudido a recogerle y se lo lleva a casa. El otro es el encargado de conducir el Opel Astra y alejarlo de la A-6.

La segunda de las sanciones todavía puede encontrarse hoy en Internet, en una de las páginas de empresas que se ofrecen para la gestión y posible retirada de las multas de tráfico.

No parece que fuera ésta la primera vez que los escoltas de Garzón se ven obligados a obedecer peticiones peculiares. A finales de 2008, varios medios de comunicación se hicieron eco de otra situación: un matrimonio increpó al juez en la calle, preguntándole porqué no se ocupaba de cosas importantes en lugar de investigar el “alzamiento del 36”, y dejaba ya “en paz a los muertos”. Tres de los escoltas siguieron al matrimonio al interior de un comercio y les presionaron hasta obligarles a identificarse.

Enlace.- La Gaceta, 22.02.2010. Garzón utilizó a sus escoltas para librar a su hijo de la Guardia Civil. (ver vídeo)

sábado, 20 de febrero de 2010

A dinamización que non foi

A praza da Verdura, hoxe costa ladeada, o día do estreo dos novos bancos, anti-Peprica.
-
Pontevedra, 21.02.2010
-
Entrada n. 1176 do blog
-
Artículo semanal
-
A dinamización que non foi,
por Xesús López Fernández

A zona vella de Pontevedra sigue apagada. A aplicación do proiecto Urban na nosa cidade non sirveu de reactivo prá devolución ó barrio vello do seu tono vital, pra acada-la sustentabilidade que o Urban establece como obxetivo. Sí, renováronse as fachadas de diversos edificios, pero faltou a reforma en profundidade pra face-la zona máis habitable, sendo esa asignatura, a de conseguiren fixar poboación, unha cuestión pendente, porque coas actuaciós levadas a cabo liquidouse en gran parte o modelo de cidade aquí existente, residencial e comercial, ó non haber unha verdadeira sociedade civil forte defensora dos seus dereitos, capaz de se encarar co cerco das grandes superficies que poden cuestionar incluso o futuro do Mercado de Abastos. A creación dun Centro Comercial Urbán, herdeiro da ACZM, que por medio do seu portavoz declaraba no 1997 que se oporían a unha peatonalización salvaxe, pasa completamente desapercibida.

Non se consigueu dinamiza-la zona. A receta europea non funcionou. A excesiva peatonalización trouxo a seca vendedora, negocios en regresión, evidentes tamén fóra do barrio histórico ó seren engulidos pola “mancha“ peatonalizadora en expansión. Resultaron proféticas as palabras do arquitecto Álvaro Siza, de renome mundial, no sentido de que unha coidada circulación sería beneficiosa pró comercio local. Ademais que, por medio das obras dun Peprica discutible, desnaturalizaron non poucos espacios do conxunto histórico artístico e acabaron co tipismo dalgunha das súas prazas por teren usado material pouco noble á hora de face-las obras de “renovación”. O chan de adoquíns que resistía eternamente, foi sustituído por un tipo de pedra [ou por terrazos e baldosas], que esgazan con facilidade, particulamente as tapas-trampa das arquetas.

Teresa Casal, a concellala de Urbanismo da zona vella, que no seu día posicionárase en contra da reforma da praza da Verdura, hoxe desalmada, falou estes pasados días en relación cunha posible reducción de cargas e descargas na zona. ¿Qué acontece, que o novo material non resiste como o vello? ¡Será por teren utilizado unha pedra pouco noble ou que foi mal asentada; que fallou a dirección técnica da obra ou foi desacertada a decisión política! ¡Pero que non culpe ás cargas e descargas!. ¿A quén se lle ocurre pavimentar con baldosas, como se fosen patios de luces, rúas polas que necesariamente terá de pasar algún que outro vehículo?. ¡E ignoráronse os obrigados servicios pra manter viva a cidade!

Nesta última parte do artículo quero inclui-la noticia de que se xubila Luís Paisa Gil, un histórico da zona vella. Como lección. O outro día fixo unhas declaraciós sobre a súa vida laboral. Traballador dende os 12 anos, estableceuse na rúa Sierra no ano 1964. Comezos difíciles, pero vagariñamente iríase facendo con clientela. Nos 45 anos que mantivo aberto o negocio pasou por trances duros [un roubo e un atraco], pero logrou remonta-las dificultades. Según el, a mellor época foi a dos setenta, fantástica, na que non cambiaría o emprazamento da súa xoiería nen prá Oliva ou Benito Corbal. “Polas mañás viña moita xente a mercare e pola tarde había menos movemento, polo que podía traballar no obradoiro”. Logo, con altibaixos, foi baixando o negocio, especialmente dende hai dez anos. I el coida que se debeu á “reforma urbáa”. “Quitaron os aparcamentos e todo son prohibiciós; a praza de abastos estivo prácticamente cerrada cinco anos e perdeuse todo o movemento”. Calquer negocio con clientela do rural notou o duro golpe. E Urban e Peprica non funcionaron como revulsivo. Total que, quebrado o modelo de cidade existente, non se actuou na debida dirección. Con parodias de malabares ou facedores de burbullas nas diversas prazas, non se recupera o pulso económico. A lección de Luís Paisa é de manual. Pasou o que pasou. E o problema non se resolve con menos cargas e descargas.

viernes, 19 de febrero de 2010

RAVACHOL, MENOS PLUMAS

Ravachol, de policía municipal. (Fotografía de La Voz de Galicia)
-
Pontevedra, 19.02.2010
-
Entrada n. 1175 do blog
-
RAVACHOL, MENOS PLUMAS,
por Xesús López Fernández
-
No blog de Don Filiberto fálase de lume purificador: San Xohán, San Roque. E cuestiona se a cremación do loro Ravachol, cada vez máis personificación do goberno local; prantexa a posibilidade de que a pira funeraria de Ravachol ou Ravacholov (ocúrreseme a min) non vaia significa-la morte do sistema, a fin do modelo de cidade imprantado hai agora uns dez anos, que trouxo consigo a gran perda de capital social e patrimonial da boa vila.
-
Estou agora oíndo a tamborada dos que queren anima-las honras fúnebres do loro, exposto neste xusto momento ante a Casa da Luz, Torres de Pontevedra, aínda sen inaugurar. Esto non é unha tamborada fúnebre; corresponde máis ben a un dos aquelarres que saben montar éstes pra mante-lo seu carimbo de opresión na zona toda. Pero a xente, de verdade, vaise cansando. Ás oito do serán apenas había xente. Dispoñíanse a faceren diversas tomas prá tele dende a parte baixa da praza, case toda ela baleira, coa intención de, seguramente, aparentar máis asistencia da real, a presencia de máis persoal.
-
Poucas viúdas, algún viúdo, pero non se oen laios de nengún tipo. Ravacholov, por certo, loce con menos plumas, como se dí no título, un loro menos artesanal que cando se comezou coa súa conmemoración, ano 1985. De cada volta o sistema bolchevique vai caíndo máis e máis. Mentres cerro este post volven os tambores. Pero vale o dito: menos plumas.
-
addenda. Finalmente parece que sí houbo quorum e que chegaron diversas tribus ante a insistencia da tamborada pra acompañare a Ravacholov ó seu lume funeral. A ver se con el se vai igualmente o modelo de cidade. En previsión deso, pra que o lume non fose a maiores, insisto no dito ó comezo: Ravachol, menos plumas.-
-

jueves, 18 de febrero de 2010

NOVA ETAPA [16.06.2003]

A partida que non vai. Alguén creeuse en Pontevedra como o persoaxe de Stefan Zweig que chegara memorizar 150 partidas e partía coa moral do gañador. Finalmente, non foi así, a cidade, o taboeiro das súas partidas infernales, é difícilmente reconocible. Pódese poñer, se cabe, unha nota de maior dolor: unidireccionalismo, peatonalización salvaxe, ruína comercial, a cidade como gran cerrada, primeiro cos mosquerós como remedo do muro de Berlín, agora sustituídos por bolardos. Xa só falta a cerca de alamio de espiño. Cidade derrotada.
-
Pontevedra, 18.02.2010
-
Entrada n. 1174 do blog
-
Artículo recuperado do 2003, que visto agora parece profético. Tódo-los disparates estaban calendados.
-
Nova etapa, [16.06.2003]
Por Xesús López Fernández


Con pacto ou sen pacto comezan a nova andaina os distintos concellos. Nalgús acabaron con certa forma de facer política, como en Ponteareas, onde catro concelleiros do PP votaron polo candidato do PSOE, por un dos dous concelleiros do PSOE. Mentres, en Vigo foi finalmente posible o pacto PSOE-BNG, coa renuncia dos nacionalistas a Urbanismo, área onde estaban a traballaren mellor que en Pontevedra. Aquí temos máis noticias do que pasou despois da rotura das negociacións, o 12.6. Cada unha das partes [Lores, Casal], a conta-las cousas ó seu xeito. Pero como os contactos seguiron no curso da fin de semáa, a xente xa non sabe a quén facer caso, porque máis alá das conversas posibles está o pacto global a nivel de Galicia, e ó mellor tócalle a Pontevedra perder de novo se os socialistas van finalmente pactar como no 1999, cando o PP foi a lista máis votada. ¿Por qué o PSOE non insiste en quedar pra sí a área de Urbanismo, tal vez outras, se poden incluso negocia-la alcaldía? Porque aquí, como en Ponteareas, pode haber outras opcións.

¿Qué foi da campaña do PSOE? Porque foron diversos os colectivos que demandaron soluciós ou compromiso formal en que, pola vía da participación no goberno local ou pola de exerceren unha oposición implacable, serían revisadas certas cuestiós no tema circulatorio, nos atrancos e ameas agora dispostas como trampas, no exceso peatonalizador forxador de ruínas e ausencias, etc. etc. Pero arrancado o novo periodo, a moita xente se lle encolle o corazón, temerosa de que nos atopemos ante unha reedición da etapa anterior, de perda de libertades, de cidade en estado de sitio, cando aínda non se finou coa situación anterior: a indefinición como permanente enroque, na que as ameas afloraron no último momento como forma sintética do que ven funcionando como unha especie de férrea muralla ou de despótico “muro de Berlín”, fin dun cúmulo de ecuaciós finalmente despexadas, entendibles dende unha linguaxe matemática, pero non no día a día das relaciós antre cidadáns e comerciantes; nen polos turistas que nos queren visitar e non poden.

Non sabemos se aquí [despois de tanto ter xogado con plaquetas, terrazos e paralepípedos] non terá acontecido algo similar ó que lle pasou a un persoaxe de Stefan Zweig, un xogador de xedrez, home que estivera detido pola Gestapo e sen outro contacto co mundo que un libro con 150 partidas de xedrez, que o home chegaría a memorizar. Eso permitiríalle gañar incluso a un campeón porque o seu cerebro traballaba como unha máquina, procesadas todas e cada unha das partidas célebres aprendidas no libro: cadro branco, cadro negro, branco, negro, branco....Pró home perdérase o sentido da realidade e non había outras colores que as dos circuítos do taboeiro de xedrez, todos eles con esquinas, montados en base ós sesenta e catro cadrados do espacio de xogo. Cando paseo polas rúas da nosa vila, lémbrome do persoaxe de Stefan Zweig; pergúntome se aquí non terá acontecido algo así co redeseño de certas avenidas i espacios, porque somos moitos os que vemos que esto non funciona, imposible xa un plan de emerxencia. E parece haber unha certa megalomanía nas palmeiras integradas nos alcorques-muralla, como se fosen realmente damas de xedrez, convertida en taboeiro a propia cidade.

Moita xente agarda do PSOE unha actitude firme na defensa dos valores democráticos e do noso patrimonio histórico, artístico e ambiental; tamén que non van consenti-la degradación da Ferrería, e que van traballar pola recuperación de certos lugares. Ese colectivo de cidadáns agarda que, se van exercer como oposición, en nengún momento se atopen atados como no mandato anterior á hora de suscribiren a moción de censura que poida ser necesaria nun momento dado. Ó longo dos pasados catro anos houbo mostras dunha clara ingobernabilidade, algo que Teresa Casal defineu como “sistema de áreas autistas”, do que dixo que, naturalmente, non é bo. E de autistas viaxaron os socialistas no pasado mandato, reféns dun equipo de goberno que perdeu as claves democráticas. Coido que así o entenden moitos cidadáns que queren ver en todo momento a un PSOE non cautivo de nadie. Parece que, nese sentido, hai descontento incluso nas bases do partido.

NOTICIAS DE ECOLOXÍA [9.06.2003]

Algunhas veces tamén El País se ocupa dos nosos temas. Esta fotografía corresponde á súa noticia do mal feito en Marín, sentenciado polo T.S. Os recheos deshonestos pra xeraren, se cadra, solares gratis total. Vaia como ilustración das loucuras que o home anda a facer co medio ambiente.
-
Sobre ecoloxía vai o artículo que sigue, recuperado do ano 2003, publicado poucos días despois do día mundial do Medio Ambiente.
-
Pontevedra, 18.02.2010
-
Entrada n. 1173 do blog.
-
Noticias de ecoloxía, [9.06.2003]
Por Xesús López Fernández

Pasou xa o Día do Medio Ambiente, preñado de noticias, ás veces dun certo optimismo, ás veces preocupantes. No bloque das primeiras cabe anota-la participación dos nenos de diversos lugares de Galicia na prantación de árbores autóctonas. En Caldas, os rapaces traballaron nese labor nos montes de Saiar; en Monteporreiro e animados pola asociación de veciños puxeron os primeiros exemplares do que pensan pode ser un futuro parque botánico. I en Verducido, simpáticos, os nenos e nenas do grupo escolar comezaron a aventura do que pode ser un bosco persoalizado, no que cada neno ou nena teñen que se identificar coa árbore que lle tocou en sortes “espichar”, coidala, segui-lo seu crecemento. O lema de “cada neno unha árbore, todo-los nenos un bosco” pode funcionar a pouco que cada un se preocupe do seu bídalo ou sobreira, do seu carballo ou castiñeiro, ameneiro ou cerdeira, freixo, acebo, abeto, érbedo....Coidalos nos primeiros tempos, regalos se preciso fose, sentírense máis que compañeiros amigos ó longo dos anos.

A noticia contrasta coa de que só 6.000 hectáreas das 400.000 de bosco que ten a nosa comunidade autónoma gozan de protección. Sorprendente. ¿Pero non se dou a nova, tempo atrás, de que o 40% da provincia de Lugo fora declarada reserva da biosfera? ¿A qué se está a xogare cando as cámaras agrarias solicitan que se deteña a reforestación de terras de labor, porque eso implica perda de postos de traballo, emigración? ¿Qué criterios de actuación existen pra rete-la xente no campo, pra que non se desertice máis a terra, pra reconquistar esas 261 aldeas da provincia de Ourense que se quedaron orfas, sen nadie? E a reforestación segue, en moitos casos, cargada de irracionalidade. Xa me entenden. E algo pode ter que ve-lo asunto co que comentaba hai algúns días Alfredo Conde no Correo Gallego, que se as abellas da Mahía morreran todas (decían que se polo uso dun insecticida as flores dos eucaliptus se convertiran en trampas de morte deses insectos). E tamén decía Alfredo que tampouco se sinte ás rás croar ou que morreron as ponlas novas dos seus arces, “porque entrara un mal vento”, según lle comentaran. Un pergúntase se o Seprona foi avisado.

Que Pesca teña encargado ó clúster a ubicación de once parques acuículas ten tamén importancia: tres nas Rías Baixas, catro na Costa da Morte, outros tantos n´A Mariña. Lembrando o meu traballo “A acuicultura imposible”, de hai uns anos, case aposto porque na ría de Pontevedra non vai ser posible como non-o foi en tempo anterior, porque poden estar a dárense as mesmas circunstancias ou peores, que convertirían a empresa en ruinosa. ¿E ven o que está a pasar neste momento? ¿Qué pode aportar ó noso medio ambiente a construcción da papeleira por Ence?. ¿É que non podemos pensar en recupera-la ría prá pesca, pró turismo, pró deporte, pra que Pontevedra teña unha praia urbá e un aire máis limpo? Obviamente, cando se anuncia unha nova fase de recheos no porto e os partidos non presentan alegacións é que non teñen vontade de actuar como ecoloxistas. E ó mellor aínda son capaces algúns dos políticos de faceren novas degustacións de mexilóns cando a depuradora dos Praceres non está a funcionar e volven os vertidos directos, máis concentrados, que coido comezaron hai xa algúns días. ¿Pra cándo a política medioambiental?

Porque cando se anuncia unha nova marcha sobre Lourizán (esta vez co apoio de Nunca Máis e da asociación de amas de casa) hai que analizar moitas culpas. Como din as xentes do BNG, o medio ambiente é algo máis que o tema dos contenedores. Certamente. Pero é que tamén suspenden en moitos dos frentes que poidamos maxinar e, na marcha do próximo domingo tería que haber pancartas en contra dos recheos e dos partidos que consentiron, que non alegaron; e pancartas contra o tema dos vertidos, que non resolveron nen van resolver coa ampliación da depuradora, porque eso está mal concebido e hai que partir de cero novamente. Os da Iniciativa Cidadán dos Praceres, Eladio, dixeron na campaña que ó mellor algún día podía non funciona-la depuradora e que ó mellor o César nos recomendaría como solución non usa-los retretes. A tanto non chegou, pero a profecía de Eladio ¡qué pouco tardou en se comprir! Era simple cuestión de sentido común. Estase deteriorando máis e máis aquel espacio e se algún día houbo un claro culpable ó que non se lle puxeron cancelas nen obrigaron a cumpri-la lexislación ambiental, nestes momentos hai unha culpa certa dos líderes. Esta é unha democracia sen transparencia, todo se solapa. E non abonda con facerse o ecoloxista. Haino que ser de verdade. Creo máis na vontade dos nenos que prantaron cada un a súa árbore, que aprenderon talvez unha importante lección. Os políticos suspenden.

O DO REI

Federico Jiménez Losantos contesta en El Mundo a Alfonso Ussía, por alusiós.
-
Pontevedra, 18.02.2010
-
Entrada n. 1172 do blog
-
O DO REI,
por Xesús López Fernández
-
Coido que se trata dun artículo de lectura imprescindible o que Federico Jiménez Losantos escribeu onte en El Mundo, texto que inclúo neste meu blog. No panorama de ruínas que veu construíndo ZP, desacreditado o seu goberno ata os forros, é comenente recurrir á lectura dun periodista crítico como Federico Jiménez Losantos, pra leer o que outros calan ou disculpan.
-
Lo del Rey
por Federico Jiménez Losantos
17.02.2010

«Algo peor que un cortesano del palacio de La Zarzuela es un regio cortesano de La Moncloa»
-
HAY COLUMNAS a las que resulta imposible no contestar. Aunque sean una provocación, hay que ponerse en guardia o retirarse a la Gascuña. Y como no tengo intención de expatriarme, tomo el acero, calo el chapeo y al toro, digo al diestro. Alfonso Ussia ha titulado El Rey una columna razonita que empieza así: «La verdad -y eso lo tiene que reconocer hasta Federico Jiménez Losantos- que ser Rey de España no es fácil (…) si calla porque calla, si habla porque habla (…) Una crítica positiva es menos rentable -incluso en publicidad- que una negativa. Arrearle al Rey es facilísimo».
-
Pues no, querido Alfonso, criticar al Rey no es fácil si uno no es de izquierdas o separatista. Ni acepta las críticas de la Derecha ni carece de cómplices -albértigos, azadones o agentes perdiceros- para vengarse. Pero dejemos eso a un lado.
-
-Me preocupa que el victimismo regio sea servido por un satírico de talento. El satírico se estropea y el Rey se parece esos separatistas a los que («hablando se entiende la gente») tanto ha cultivado y cabe temer recultive en la línea quebrada: pactos con la Corona y deslealtad a España.
-
Dices, Alfonso, que el Rey tiene «auctoritas», no «potestas». Será con ZP. Los que le vimos respaldar la negociación con ETA («si sale, sale», dijo), admitimos el brumoso poder que le otorga la Constitución, pero difícilmente le concederemos autoridad moral.
-
Ansón casi me convence de que el Rey, hablando con los sindicatos y obedeciendo al Ejecutivo, cumple con su obligación. ¿Y por qué ante la farsa judicial del 11-M, la persecución del uso de la lengua española, el Estatuto de Cataluña o la Ley de Memoria Histórica no la cumple? ¿Sólo porque Zapatero no se lo pide?
-
Lamento recordar lo que el Rey dijo a EL MUNDO sobre ZP en Mayo de 2008: «Es un hombre muy honesto. Muy recto. Que no divaga (…) O sea, la gente cree que hace cosas así como divagando, pero no hay nada de eso. Él sabe muy bien hacia qué dirección va y por qué y para qué hace las cosas (…) Es un ser humano íntegro» (…) «Bueno, quizá por la forma de las cejas, el gesto, los ojos, esa sonrisa particular… pero lo importante es lo que hay detrás de todo eso: un hombre recto».
-
Y cuatro millones y medio de parados. Y la nación en ruinas. Peor que un cortesano de La Zarzuela es un regio cortesano de La Moncloa. Anteayer soñé que los juanistas («por España, siempre por España») estaban más por la monarquía que por el Rey.
-
Ayer soñé que soñaba.